Hammond e Programación Adicional no tema 2 , Sinte Ms20, programación, percusións e batería no tema 7 , programación, percusións, e tamboura no tema 9
Guillermo Fernández :
Guitarra eléctrica nos temas 4 e 7, guitarra acústica nos temas 9 e 11
Humanoid :
Programación adicional de percusións no tema 4
Nacho Muñoz :
Rhodes no tema 5, Scratch no tema 11, Minimoog.
Paco Dicenta :
Baixo Fretless nos temas 5 e 8
Roberto Grandal :
Acordeón no tema 7
Cesar Morais :
Baixo no tema 7
Luis Alberte Rodríguez :
Caixa no tema 7
Xosé Nine :
Saxo tenor no tema 9
Lilian Vieira :
Voz no tema 9
Coro infantil San Vicente de Mañufe :
Voces no tema 7
Paco Dicenta :
Baixo Fretless no tema 5
Julio Pereira :
Bandolín no tema 5
Jacky Molard :
Violín nos temas 1,5,8,10,12
Capercaillie : tema 2
Donal Shaw: Teclados Manus Lunny: Bouzouki Charli McKerron: Violín Ewen Vernal: Baixo Michael McGoldrick: Frauta
1. Nós Música: Xosé Manuel Budiño Alfonso Daniel R. Castelao (1941) Sample voz Fonopostal Cantareiras de Solveira (1952) Sample voces: estracto do corte Ay Rosiña do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)
2. Galo Galán Música: Xosé Manuel Budiño
3. Na liña da maré Música: Xosé Manuel Budiño
Letra: Uxía Senlle
O mundo era praia
e ti na varanda
sorrías ao pasar
igual que nun soño
Bañamos nas ondas
o noso desexo
varado frente ao mar
coa sede infinita do sal
Ven e saberás do meu querer
Ven e lavarei as mágoas na maré
Ven e lamberás o mel
Ven sobre a maré
Ven de vagar
As horas esvaran
na néboa da alba
e a auga baixa a man
da túa presencia
Aínda seremos
veleiros sen rumo
amantes sen aneis
golfiños que asoman do mar
Os faros sinalan
os lindes da alma
fiando sen parar
nas redes do infindo
Resoan os sinos
no espello dos ollos
na liña da maré
semella que estás a agardar
4. Xogo tolo Música: Xosé Manuel Budiño Xesús de Vilardemouros (Os Ancares) Sample voz extraido do disco Raiceiras Vol. 1 (Colección Disco Trompo)
5. Santiago - Lisboa Música: Xosé Manuel Budiño
6. Danza dos Arxinas Música: Xosé Manuel Budiño Canteiros de Faramontaos (1952) Sample voces estracto do corte Canción de Canteros, do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)
7. Meu Mar Música e letra: Xosé Manuel Budiño
O mar, que mar...
que non mo leven.
O mar, meu mar..
que non mo leven.
8. Arrieiros somos Música: Xosé Manuel Budiño Emilio Soto (1952) Sample voz estracto do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)
9. Quérome salvar Música: Xosé Manuel Budiño
Letra: Manuel Cortés
Que pouco me costa
atopar sol nada máis
por riba das nubes
se o quero buscar.
Desatar a forza
do vento do meu vendaval
sangue que me sube
luz que quece o mar.
Si, eu quérome salvar
No ceo non quero máis ficar
No lugar no que nacín
eu quérome quedar
Que pouco me costa
atopar ás para voar
por riba das nubes
eu heite de buscar.
Móvome coa forza
do vento do teu vendaval,
sangue que nos une
luz da miña nia.
Móvome coa forza
do vento do teu vendaval,
sangue que nos une
luz da miña nai.
Si, eu quérome salvar
No ceo non quero máis ficar
Non, non quero máis fuxir
eu eu quérome quedar
10. Desafío Música: Xosé Manuel Budiño Cantareiras de Solveira (1952) Sample voces; estracto do corte Coplas de Desafío do disco The Spanish Recordings: Galicia (The Alan Lomax Collection)
11. Burbullas á grella Música: Xosé Manuel Budiño Os Diplomáticos do Acordeón. Sample: voces estracto do disco Raiceiras Vol.1 (Colección Disco Trompo)
12. De Sol e Lúa Música: Xosé Manuel Budiño Samples: estracto do disco Raiceiras (Colección Disco Trompo)
Contratación: Nordesía Produccións
Telf: 981555930
Rúa Galeras, 17 2, º oficina nº5
15705 Santiago de Compostela - Galicia
Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:
vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=8&id=35424 : (Xosé Manuel Budiño presenta o seu terceiro disco "Zume de terra") : [15/03/2004 18:29] Xosé Manuel Budiño presenta o seu último disco, Zume de terra, o vindeiro 18 de marzo ás 22,30, no Centro Cultural Caixanova de Vigo, un traballo "feito con zume de terra e mel de tradición galega" que inclúe a canción oficial do Xacobeo 2004 A Galiza vente xa.
Neste disco, Budiño conta coa colaboración de Las Niñas, Mercedes Peón ou Karen Matheson (Capercaille), entre outros, e asume o labor de composición, arreglos musicais, producción e gravación.
Zume de terra non é só un disco de temas orixinais, é de algunha forma un novo concepto no contido da música en Galicia.
Neste traballo a tradición está presente en forma de "samples", en forma de memoria sonora da realidade doutros tempos. Gravacións como as realizadas polo norteamericano Alan Lomax nos anos cincuenta, a colección Raiceiras dirixida por Mercedes Peón, a fonopostal de Alfonso Castelao dirixida aos galegos de Montevideo no ano 1941, único documento sonoro que se conserva deste artista, político e intelectual e a recente marea negra do "Prestige" serviron, entre outros, de punto de partida e fonte de inspiración para a confección desta obra.
Zume de terra "é tamén zume que espremeron outras mans, mans amigas e cómplices, mans de cores e sabores diferentes". Así presenta a colaboración do músico bretón Jacky Molard, os escoceses Capercaillie e Michael McGoldrick, o músico e productor Júlio Pereira, as voces da caboverdiana Sara Tavares e da brasileira Lilian Vieira (Zuco 103) e dos letristas Uxía Senlle e Manolo Cortés.
Xosé Manuel Budiño é orixinario de Moaña (Pontevedra). Os seus primeiros pasos foron na escola de gaitas Semente Nova a principios dos anos 80 e no ano 1987 pasou a formar parte do Obradoiro de instrumentos populares da Universidade de Vigo.
Gaiteiro solista na banda de gaitas Xarabal, gañou o premio McCallan no Festival Intercéltico de Lorient (Bretaña) no ano 1991.
Despois de tocar no grupo folc Fol de Niu, publicou un primeiro disco como solista, Paralaia, no ano 1997. O seu segundo disco, Arredor, inclúe un tema composto por encargo da BBC para conmemorar a chegada do ano 2000.
vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50377 : (Máis de 50.000 persoas asisten aos concertos de Budiño en México e Arxentina) : [01/06/2006 11:51] Xosé Manuel Budiño congregou a máis de 50.000 persoas nos catro concertos que ofreceu en México e Arxentina. O gaiteiro, que rexistrou un cheo absoluto nas súas actuacións e que xa conta con numerosas ofertas para ampliar a súa xira por Latinoamerica, esgotou todas as copias do seu disco Zume de Terra e participará ante millóns de espectadores en "Animal Nocturno", o programa estrela de Televisión Azteca.
A xira que Xosé Manuel Budiño realizou durante as dúas últimas semanas por Arxentina e Bos Aires rematou a hai uns días cun multitudinario concerto no Zócalo da Cidade de México. Así, diante de 50.000 persoas, o do Morrazo, pechaba o Festival Internacional Ollin Kan, un dos festivais de "world music" de referencia en América. En termos xerais, a xira foi todo un éxito: catro concertos abarrotados de público, todos os exemplares do disco Zume de Terra esgotados, ofertas para ampliar a xira e actuación en directo no programa estrela de Televisión Azteca "Animal Nocturno".
Logo desta primeira toma de contacto,o gaiteiro ten pensado volver a México para "facer algo máis potente" da man do xigante Televisa. Segundo Budiño, chegou o momento de derribar novas barreiras para a nova música galega. "Creo que América é o seguinte paso logo de Galiza, España e Europa".
Contacto con outros músicos
A participación no Ollin Kan, permitiu que Budiño puidese estabelecer contacto con outros compañeiros de cartel ."O encontro con outros músicos tamén foi positivo e posibelmente del saian cousas no futuro, se cadra algunha colaboración".
galicia-hoxe.com/indexCanales.php?idMenu=112&idNoticia=77988.. : ("Creo que non aguantaría quince días sen estar facendo música") : 28.08.2006
Xosé Manuel Budiño, que xa está a preparar novo disco para o ano que
vén, continúa a súa xira dando a coñecer ‘Zume de terra’ por Galiza
SILVIA CANABAL
Xosé Manuel Budiño FOTO: M. Blanco
Xosé
Manuel Budiño leva un verán de non parar. Despois de dous "macro
concertos" coa xira do centenario de "Estrella Galicia", no Festival de
Ortigueira e en Compostela no Día de Galicia, continúa deitando por
Galicia o seu Zume de Terra.
Parece que tés un verán movidiño, en cantos proxectos andas metido agora mesmo?
Pois sobre todo na xira coa miña banda, co disco Zume de Terra, e compaxinándoo co novo disco que sairá o ano que vén, no que ademais se cumpren 10 anos da saída do meu primeiro traballo, Paralaia.
Quero que sexa unha celebración especial, cun disco un tanto especial.
Levo todo o inverno compoñendo e gravando no meu estudio. Sobre todo a
partir de setembro centrareime en serio, para facer un bo traballo.
Volves ser o teu propio xefe neste disco, gravando, producindo, compoñendo...?
Si,
xa non me deixan saír dese papel. Eu mesmo creo que me obrigo a ter esa
inquietude de investigar, de probar... E sobre todo, o poder ter o meu
propio estudio obrígame. Porque para min o meu traballo é un luxo;
poder ter o estudio, estar probando, compoñendo, gravando...
Pero supoño que non é fácil dedicarse á música, folk, galega, e por conta propia...
É
complicado, pero digamos que cando tes un terreo abonado detrás non o é
tanto como para un grupo que empeza. Porque hai xa tres discos detrás,
moitos festivais recorridos. A xente, non só de Galicia, coñece o
traballo de Budiño, e dalgunha forma sempre hai un público que está
esperando o novo disco. E os festivais están sempre moi pendentes para
facer xiras noutros países. Levamos unha boa andaina: este ano
estivemos en Bulgaria, na inauguración do Instituto Cervantes alá, en
Arxentina e México...
E que tal foi tocar na "Galicia Exterior"?
Pois
sorprendeume moito porque é un público moi distinto. En Arxentina
atopamos a toda esa xente que emigrara polos anos 40, 50, 60... Había
xente de todas as idades no concerto, desde 80 anos ata os seus
bisnetos con dous anos.
E por que a gaita, por que o folk?
Supoño
que formaba parte dese contorno musical que había na vila onde nacín.
En Moaña había moita tradición de gaiteiros, de corais, de bandas de
música, de grupos de baile... Crieime con toda esa música arredor de
min e creo que era inevitable que a gaita chegaría un día.