Costureiriña bonita
dame unha agulla de prata
para sacar esta espiña
do corazón que me mata
E non te quero
teño falado
que teño outro máis bonito
noutro lado
E non che quero
téñoche dito
que teño outro máis bonito
noutro sitio
Non me tires con pedriñas
que eu case non chas aceito
mentres o mundo foi mundo
ti para min xa tes feito
E non te quero...
Pouco se me da que rías
pouco se me da que chores
non quero faguer contigo
o camiño dos amores
Non m'adoita que me mires
nin m'adoita que me fales
porque xa sei que t'estimas
en moito máis do que vales
E non te quero...
Se nalgún tempo soubera
o que me había de vir
tivera conta contigo
e non me deixara ir.
3. Paxaro de sal
Letra: Uxía Senlle
Música: Zezo Ribeiro
Arranxos: Zezo Ribeiro /Nani García
Un día presinto
o aroma do amor
no outro non raia o sol
revivo no soño
o rosto do teu corazón.
E agardo alomenos
un só sinal
nas horas lentas
do mar,
vestido de lúas
meu paxaro de sal.
Imaxino que o día
vai chegar,
mais nada
se ve de aquí,
mil enigmas
te envolven
e ó espertar,
avístase o vendaval
Fágome lume
tezo mares
regreso no sol
a arder.
Tórnome río
vou onde vas
nas azas do teu ollar.
4. Seiva
Letra e música: Uxía Senlle
Arranxos: Nani García
Bebo en fontes
onde nunca bebín
navego
en mares distintos
pérdome
en longas travesías
lonxe do teu camiño.
Lémbrome
dun anxo verde
e dun raio azul
Quedas atrás, moi atrás,
onde non te podo ver
pequeno e distante.
Muda e núa
engarabéllome alí
no infinito illó asulagada
vexo crecer as miñas azas
nado sen fin no abismo
Lémbrome
dun anxo verde
e dun raio azul
Quedas atrás, moi
atrás
onde non te podo ver
pequeno e distante
Teño nos ollos
prácidos coitelos
acedos versos nas veas
verco na area
todo o meu segredo
son seiva e sineira
Voume axiña
sinto a vida arredor
emigran as miñas mágoas
voan macías e isoladas
lonxe, ben lonxe soben
5. A rula
Letra: Uxía Senlle (Baseada en textos de María
Magdalena e Ana Romaní)
Música: Trad / Darío Moreira
Arranxos: Darío Moreira / Nani García
A rula que viudou
botou as penas ó ar
por ver se o mar levara
ou se habían de aniñar.
Bebeu auga tan amarga
que abafou de sal e pranto
sumiuse nunha mágoa
afundiuse no mar largo.
"A rula que viudou
xurou de non ser casada
nin pousar en rama verde
nin beber da iauga clara"
Por aquí pasou
a rula
por debaixo da oliveira
corazón de pedra dura
non ten a quen dar as queixas
¡Ai!, non esta quen
a quería
non está quen ela amaba
foi ceifar unhas estrelas
para a nova alborada.
6. Aquí em baixo
Letra e música: João Afonso
Arranxos: Marcos Teira
Aqui em baixo é tudo azul
o arco iris é azul
e é azul a chuva quando molha.
Aquí em baixo é tudo azul
o meu lugar é azul
em azul ate dançam as areias
só se vê estrelas no mar
num silencio tudo azul
e mais as bolhas de ar que nos rodeiam
Aquí em baixo é tudo azul
a lúa veste de azul
anémonas säo nossas caricaturas
E se a morte for azul
e durmir no fundo mar
onde os sonos nos confiam as lembranças
Aquí em baixo é tudo axul
o arco-iris é azul
e é azul a chuva quando molha.
7. A tribu máxica
Letra e música: Uxía Senlle
Arranxos: Nani García
Lambirón, home
das bubas
serpe, paxaro da morte
auroboro, pel de cobra
acompáñenme na sorte
Lumia, mariños,
sereas
lavandeiras e nubeiras
libeliña e cuco rei,
¿cántos anos vivirei?
Ímola
alboreando
a nubeira da auga
na beiramar,
na auga da amañecida
no abrollar deste día
voume lavar
Andoriña, paporrubio
vacaloura e biosbardos,
trasnos, perellos e tardos
me leven a porto salvo
Sabias, xanas e canouras
a dona dos pes de cabra,
máxica tribu dos mouros
librenme do mal que traia.
8. Pena Gabeira
Letra e música: Uxía Senlle / Guadi Galego
Arranxos: Guadi Galego / Nani García
Estou no cabo do mundo
estou no fondo da terra
traio a auga dos camiños
e o naufraxio dos navíos
E serei na vida a fonte
durmirá o sangue no mar
veño de ancorar a i-alma
na herba de namorar
Se me perdo asulagada
na varanda desta pena
desemboquen nas entrañas
todas as miñas arelas
Darei
cos tesouros certos
eu coa alma pasaxeira
irei co meu paso lento
a armar vela na Gabeira
Deixo o sol que me alumee
esa luz lava os meus ollos
brilla como o raio verde
a min nada me escurece
Aquí onde a terra
acaba
aquí onde o mar comeza
din chegar barcos de néboa
e ríos de auga clara.
9. Querome ire
Letra: Rosalía de Castro
Música: Trad / Uxía Senlle
Arranxos: Nani García / Uxía Senlle
¡Quérome
ire, quérome ire!
para dónde, non o sei.
Cégame os ollos a brétema
¿para dónde hei de coller?
N'acougo cunha inquietude
que non me deixa vivir:
quero, e non sei o que quero
que é todo igual para min.
Quérome ire, quérome
ire,
din algúns que a morrer van:
¡Ai!, queren fuxir da morte,
¡I a morte con eles vai!
10. O río
Letra: Uxía Senlle
Música: Trad / Uxía Senlle
Arranxos: Marcos Teira
"O río cando
vai cheo
leva carballos e follas
tamén podía levar
as linguas murmuradoras"
Río levame luida
ó pé das augas que corren
para ver se diluiron
os amores de algún día
Pesadelo do meu seo
fuxe, non me desordenes.
nada son, nada me queiras.
Xa me vou, non desesperes
Todo pasa, todo é fráxil,
o amor e a vida enteira
pasa como a miña dor
cando chega a primavera
Xa nas augas nace a calma
sombra clara derramada,
moitas voltas deu o río
pra afogar o seu feitío.
11. O mar anda
Letra: Tradicional
Música: Uxía Senlle
Arranxos: Nani García
Fum á fonte
beber auga
debaixo
dunha enramada
só para ver
ó meu amor
que a sede
non era nada
Arrimeime
a un pino verde
por ver si me consolaba
e o pino
como era verde
ó verme chorar
choraba
O mar anda
que desanda
anda que desaparece,
quen ten amores
non durme
quen non os ten
adormece.
12. Nai terra
Letra: Uxía Senlle
Música: Trad / Uxía Senlle
Arranxos: Nani García
Chegan, veladas chegan
as desfiadas e escuras voces
ó son da Terra
que cuspe a dor
e arreda a pena
Fía, amores fía
e só namora
a quen o quere.
No máis fondo
crávame as unllas
nesta pel.
Fía e desfía, sí
e volve a fiar
envolve arredor
esta voz, esta pel
que non soubo voar
Fía, amores, fía
e sobre a fronte
deseña estrelas,
sofre a mágoa
padece a pena
que golpea
O Terra,
fálame e di
se vou onda ti
devolver ou gardar
o que non é so meu.
13. No aire
Letra: Tradicional / Uxía Senlle
Música: Trad / Uxía Senlle /Darío Moreira
Arranxos: Nani García
Eu namoreime no aire,
aire me namorei
e o aire como é lixeiro
eu sen amor me quedei
Púxenme a contar estrelas
e a botalas no sombreiro.
Nunca lle puiden dar conta
Ata que veu o luceiro
Aluméame, aluméame
estreliña da fortuna
Aluméame, aluméame
antes de que saia a lúa
Eu polo mar, ti tamén
os dous andamos perdidos
ti no mar dos meus pesares
eu no mar dos teus sentidos
Aluméame, estrela da fortuna
mentres que non ven a lúa
O corazón e os ollos
son dúas cousas leales
cando o corazón ten penas
os ollos dan as señales
Queridiño, doenche os
ollos
tamén che me doen os meus
vainos a lavar o río
onde a troita lava os seus
O amor que ha de ser meu
ha de ter a mao lixeira,
tera de coller a rosa
sen abanar a roseira
Sae lúa, sae lúa
sae se queres sair
que che quero ver a cara
e estou no fondo do mar.
14. Altinho
Tradicional do Alentejo - Portugal-
Arranxos: Nani García
Eu quero ir
para o altinho
que eu de aquí
não vejo bem
Se el adora
mais alguem
se el me ama
a min sozinho
Eu quero ir
para o altinho
que eu de aquí
não
vejo bem
E a alegría
duma mãe
é uma filha solteira
casa a filha
vaise a rosa
da roseira
Eu quero ir
para o altinho
que eu de aquí
não vejo bem.
Contratación: Nordesía
Produccións
Telf: 981555930 / Fax: 981557276
Vía Sacra 3
15704 Santiago de Compostela - Galicia
Uxía Senlle
Entre cidades Estou vivindo no ceo A Danza das Areas Foliada de marzo
Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Uxía Senlle
brevesnoticias.blogspot.com/2006/04/uxia-galiza-no-porto-no-.. : Uxia, detentora de uma das mais interessantes vozes femininas da Galiza esteve no Porto, em concerto das comemorações do 25 de Abril acompanhando a Orquestra Son De Seu que presenteou a assistência com a música dos instrumentos típicos da Galiza. Para Uxia a cultura galega não difere em muito da portuguesa e assim se explica a emoção quando cantou a "Grândola Vila Morena" e disse que há anos costumava festejar o 25 de Abril na Galiza com amigos.
compostelacultura.org/musica/axendad.php?id_e=1694&lang=gal.. : Uxía Senlle, recén chegada do Brasil, celebra coa súa voz o encontro que se celebra estes días en Compostela co gallo da Mostra Aduciovisual da Lusofonía: Angola, Mozambique, Galiza, Portugal e o Brasil comparten olladas e cultura.
Logo de intervir no encontro de Niteroi, no Brasil, a cantante Uxía Senlle trae a súa voz dende outras latitudes lusófonas para celebrar este achegamento.
panorama-actual.es/noticias/not216945.htm : (Cultura | La cantante gallega Uxía actuará en el Aula de cultura de la CAM en Alicante) : El Aula de cultura de la Caja de Ahorros del Mediterráneo (CAM) en Alicante acogerá este viernes, 12 de enero, la actuación de la cantante gallega Uxía, según informaron en un comunicado fuentes de la entidad financiera.
PANORAMA-ACTUAL - 11/01/2007 20:55 h.
La cantante gallega ofrecerá un concierto a partir de las 20.30 horas, con entrada libre limitada al aforo del local, situado en la avenida Doctor Gadea de Alicante. Así mismo, los interesados en acudir a este encuentro musical pueden realizar sus reservas de invitaciones a través de ServiCAM, en el teléfono 902 444 300.
Uxía comenzó a cantar muy joven, "atraída por las más diversas expresiones musicales populares y manifestando una fuerte inclinación por la poesía gallega, de cuya divulgación se encargó a través de sus composiciones".
La trayectoria de Uxía "se enmarca en la búsqueda de un camino propio, de nuevos matices para su voz, de textos con los que construir canciones". En ese proceso "no ha cesado de encontrar por el camino artistas que se han convertido en compañeros de viaje y que dan a su música el sentido que ella siempre ha defendido que no es otro que ser elemento de comunicación".
Uxía "se ha convertido en catalizadora de culturas, músicas y artistas diferentes", como en el caso del espectáculo ´Cantos na Maré´, diseñado por ella misma y cuya segunda edición se celebró el pasado mes de agosto en Pontevedra. Este espectáculo fue concebido como "punto de encuentro de artistas de culturas de habla portuguesa" y contó "con las mejores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau", entre otros.
Después de dejar ´Na Lua´ grabó el disco ´Entre cidades´ y ya en el año 1995 ´Estou vivindo no ceo´, trabajo "aclamado por la critica y que afianza su proyección internacional". Editó el disco ´Danza das Areas´ en 2000, "un punto de inflexión fruto de la necesidad de implicarse más con composiciones propias en las que se deja seducir por sonoridades más contemporáneas".
En este trabajo, Uxía se rodeó de "un plantel de colaboradores abrumador: Dulce Pontes, María del Mar Bonet, Karen Matheson (Capercaillie), Joao Afonso, Xosé Manuel Budiño o Rosa Cedrón", según indicaron las mismas fuentes.