Páxina anterior

 

Xistra de Coruxo
T R E S     N U N

 

 


http://www.xistra.info

 

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

4 comentarios deste disco.....

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

Tres Nun

Non vos preocupedes. O do bote non é máis ca unha imaxe que resume o punto de vista dende o que está plantexado este novo traballo discográfico. Traballo que, por outra banda, ben se pode titular como "Xistralia. Vol II"; pois mantén a liña do volume anterior baseada no repertorio aprendido no sur galego e na zona minhota portuguesa.

A partir de agora "TRES NUN", ademáis dun bo e afamado lubricante, supón unha especie de catálogo do que realmente é capaz XISTRA DE CORUXO: interpretar e evolucionar a música popular.

"TRES NUN" son tres xeitos de entender a tradición musical nun só envase. É dicir, neste disco atoparedes tres bloques diferenciados no xeito de interpretación: unha aposta de actualización máis "folqui", unha continuidade do feito ata hoxe e unha mostra dos nosos directos, o que máis nos enche.

Tamén gustaríamos de que este novo lubricante servise para desengraxar algúns dos minifundios mentais que por desgracia marcan e hipotecan o futuro de Galiza, tanto no eido social como cultural e musical.

 

 

 

 

 

 

Xerardo F. Santomé
(cordas, gaita, voz, ..)



 

Patricia Cela
(percusións, ...)



 

Fernando Abreu
(clarinetes, voz, ...)



 

Xesús F. Santomé
(gaitas, percusións, voz, ...)



Pablo Glez. Alonso
(percusións, voz, ...)



Antón P. Segade
(acordeón, voz, ...
)

 

 

 

 

 

 
     

Colaboracións

 
 
 

 

 

Aurora Filgueira :


Voz en 7

 

 

Mª Xosé Lopez:


Voz en 7 e 8, gaita en 8

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contactos:

 

Asociación Folclórica
"Gaiteiros da Xistra"
r/ Ceán, 48 - 1º
36331 - Coruxo (Vigo)
xistra@xistra.info

 

 

Gravado e misturado en:
Blanca Records

Gravado e masterizado por:
Antón P. Segade
Fernando Abreu

Técnico de gravación en directo:
Pablo Carrera

Deseño gráfico e maquetación:
Xerardo F. Santome

 

 

 


ZOUMA RECORDS
Rúa do Paseo, 30 Of. 7
32003- Ourense
www.zoumarecords.com


 

 

 

 

 


1.- Polca dos Encantiños     

Esta polca aprendémola en Godos (Caldas de Reis) de Manuel Jamardo, quen conxuntamente co seu inseparable Francisco Santalla, forman a parella de gaiteiros da derradeira xeración do mítico grupo

"Os Encantiños do Umia". No seu facer aínda se conservan os xeitos herdados dos gaiteiros do Salnés.

O da entrada "tipo grego-búlgaro" é unha tolemia do noso clarineteiro axudado polo acordeoneiro; a quen tamén lle chove dabondo.

2.- O homem da gaita     
Esta é unha das máis lindas pezas cantadas por José Afonso e que foi arranxada polo grupo coa intención de incluíla nos nosos "Concertos para escolares" pola súa doada teatralización e como mostra da importancia da gaita e o gaiteiro na vida cotiá a ámbalas marxes do Miño.

Havia na terra
Um homem que tinha
Uma gaita bem de pasmar
Se alguém a ouvia
Fosse gente ou bicho
Entrava na roda a dançar.

Um dia passava
Um sujeito e ao lado
Um burro com louça a trotar.
O dono e o burro
Ouvindo a tocata
Puseram-se logo a bailar

Partiu-se a faiança
Em cacos c'o a dança
E o pobre pedia a gritar
Ao homem da gaita
Que acabasse a fita
Mas nada ficou por quebrar.

O Juiz de fora
Chamado na hora
"Só tenho Que te condenar
Mas quero uma prova
Se é crime ou se é trova
Faz lá essa gaita tocar"

O homem da louça
Sentado na sala
Levanta-se e põe-se a saltar
Enquanto a rabeca
Não se incomodava
A sua cadeira era o par

Pulava o jurista
De quico na crista
Ninguém se atrevia a parar
E a mãe entrevada
Que estava deitada
Levanta-se e põe-se a bailar

Vá de folia
Vá de folia
Que há sete anos
Me não mexia

Vá de folia
Vá de folia
Que há sete anos
Me não mexia

Vá de folia
Vá de folia
Que há sete anos
Me não mexia

3.- A Carolina     
A señora Concha de Luneda (A Cañiza) coida que existe outra Carolina que non é a que se fixo famosa co lagarto pintado na saia. A súa "Carolina" resulta máis coñecida polas súas pernas:

Dicen que van "ansanchar"
las calles de "l'Arghantina"
para que puedan pasar
las piernas de Carolina

O meu amor foise, foise;
pola Franqueira pasou-e,
moitas soidades levaba,
moitas máis "m'a min" deixou-e
Inda non perdín o brío

Cando marchou meu amor,
deu un tiro na portela.
As mozas quedan dicindo;
alá vai o ben da terra

"Algún" día para verte
abrí las siete ventanas;
ahora para no verte,
las siete tengo cerradas.

Xa te quixen xa te amei.
Xa botei augha no vaso,
xa tomei amores novos,
dos vellos non "fagho" caso.

Estribillo:
Que lindas pernas ten a Carolina
non son cortas, non son larghas,
non son ghordas non son finas.

 

4.- Linda Brejeira   
Melodía popular da zona portuguesa de Castelo de Neiva. Hai moitos anos que forma parte do repertorio dos admirados "Cantares do Minho", grupo adicado á recolla e á recuperación das cantigas e das costumes minhotas.


5.- Coruxo - Balingen     

Xa son moitas as viaxes a Balingen para participar na que, se cadra, é a meirande e a máis importante concentración internacional de gaitas; e onde, ademáis, gabamos de ter moi bos amigos e amigas.
Foi nunha destas viaxes cando Xerardo F. Santomé compuxo esta mazurca que agora Xistra mistura con "Friederike", mazurca de orixe centro-europea que habitualmente interpreta o colectivo Volkstanzgrouppe Frommera.
Con esta mistura musical queremos expresa-la nosa admiración e amizade para con todos os compoñentes e colaboradores de tan fabuloso grupo adicado a revitalizar uns instrumentos tradicionais e un colclore que foron suplantados por outros divertimentos.
 


6.- Barcelinhos     

Baixo deste título agáchase o noso presente de "50 Aniversario" de existencia artística dos nosos benqueridos compoñentes do "Grupo Folclórico de Barcelinhos".

Esta peza musical está composta por tres das melodías máis enxebres de Barcelos: "A Lima de Goios", "A Vareira" e mailo "Tau-Tau".

A interpretación corre a cargo da "IRREAL BANDA DE GAITAS DA EXCELENTÍSIMA REPÚBLICA INDEPENDENTE DE XISTRALIA", presentada publicamente no "XXIII Festival do Río", en Barcelinhos (Portugal)

7.- Rin - chim- pum     
Canción moi extendida polo sur galego; aínda que con diferentes coplas e algún que outro matiz na melodía. Esta "versión" é unha mistura entre as melodías recollidas en Cerdeira (As Neves) e o Morrazo, achegadas a nós por Aurora Filgueira e Xavier Blanco. As letras cantadas na parte dos coros masculinos son da nosa creación


Estribillo:
Rin - chim - pum, na carballeira dos Ensedos,
Rin - chim - mum, na carballeira do Sartal,
Rin - chim- pum, la - ra -la - la - ,,,
Rin - chim- pum, la - ra -la - la - ,,,

Mi madre no quiere yo vaya al molino
porque el molinero se mete conmigo;
se mete conmigo, me rompe la "saia".
Mi madre no quiere que al molino vaya.

Túa nai non quere que vaias ao muiño
porque o muiñeiro se mete contigo;
se mete contigo che rompe a saia.
Túa nai non quere que ao muiño vaias .

 

 

 

Mi madre no quiere, no quiere que vaya
porque el molinero me rompe la "saia";
me rompe la "saia", me rompe el vestido.
Mi madre no quiere que vaya al molino.

Túa nai non quere non quere que vaias
porque o muiñeiro che rompe a saia;
che rompe a saia, che rompe o vestido.
Túa nai non quere que vaias comigo.


8.- Chulita redondita     
Este valse, ao parecer, ten a súa orixe na época da invasión napoleónica: os músicos populares da bisbarra de Barcelos encargáronse de aprendelo e transmitilo durante cáseque trescentos anos.
As súas "quadras" descreben o nacemento e a vida dunha linda moza que se adicaba aos laboras do campo. Cabe suliñar o emprego dos diminutivos rematados en "ita"; xeito moi propio da expresión popular da súa zona.
A peza foi recollida polo "Grupo Folclórico de Barcelinhos" na freguesía de São Salvador do Campo

A Chulita redondita
nasceu à segunda-feira,
à luz do Sol, bendita, bendita,
a bater forte, bem forte na eira .

Foi em Salvador do Campo,
no concelho de Barcelos,
nasceu a Chulita
de sonhos tão belos .

No campo sachando o milho
ou então na espadelada;
tu tinhas, Chulita,
teu rostro em brasa .

 

 
 


9.- A Ruliña (I)    
Unha das muiñeiras máis coñecidas e máis bailadas nas festas e romarías da Xistralia. A nosa interpretación está baseada na que no seu tempo gravaron "Os Morenos de Lavadores"

10.- Rosas Brancas    
Tamén coñecida co nome de "Samba". Pero, en todo caso, é un dos grandes éxitos de murgas tan afamadas como "Os Terribles de Porriño". Os cambios de "ritmo lento de rumba" a pasadoble incita ó público a bailar con diferente impetu e paixón.

11.- Jota     
A melodía está no traballo de campo de Alan Lomax. As coplas son tres das moitas que existen na Xistralia e que fan referencia ás rondas que os mozos cantan na procura de certos favores das rapazas; aínda que nalgunha ocasión tiveran máis dun problema ao que tamén se canta. Por iso para nós esta peza chámase "Jota de Rondadores" e está adicada a todas e todos os que andamos na procura de informantes nas aldeas.

Se queres que vaia e veña,
meniña, ao teu lughar-e,
has de prende-la cadela,
que non fai senón ladrar-e,
Trailalala, trailalala,...

A túa porta, meniña
paseeina pedra por pedra;
aluméame, Manueliña,
da ventana cunha vela.
Trailalala, trailalala,...

Pasei pola túa porta,
escorreghei, caín na lama;
teño aghora de dormir-e,
nena, contigho na cama.
Trailalala, trailalala,...


12.- Pra festa do monte     

 
Pasodoble adicado ao monte Tegra na Guarda, e á festa que dende sempre se celebra neste enclave de orixen celta. Foi composto por Xosé Flores, gaiteiro e clarinetista do Rosal.
Xistra de Coruxo tamén ten outra interpretación, en directo, deste mesmo tema para quinteto tradicional a dúas gaitas que se atopa rexistrado no traballo discográfico "Sackpfeifen in Schwaben" editado en Alemania no ano 2000.


13.- Luisinha     

"Os Cavaquinhos de Lovelhe" son de Vilanova de Cerveira, veteranos nestas lides da cnción popular da zona norte de Portugal e supoñen un dos exponentes máis salientables da música enxebre minhota. E se realmente queredes coñecer esta música, non podedes perder a ocasión de participar e admira-la alegría e a naturalidade das súas actuacións.
Con eles cantamos e aprendemos esta cantiga. Cantiga que, segundo din "Os Cavaquinhos", pódese interpretar perfectamente con "quadras" galegas:

Noutronte marchei á feira
por mandado do teu pai
pra vender por quince pesos
á porca da túa nai.

Quen che me dera, meniña,
no canaval do teu pai.
Non che había de valer-e
ao chamar polo teu pai.

Tiveches catorce noivos
e quince máis vintenove.
O que se case contigo
traballadiña che colle.

Ao pasar por esta rúa
todo o mundo canta ben-e;
que á entrada hai unha rosa
e á saída un caravel-e

14.- A Ruliña (II)     
Esta repetición non é casual. Sinxelamente apetecíanos comprobar como sonamos no directo e así tamén nos poden escoitar os que nunca asistiron ás nosas actuacións.

15.- O Pericón     
Esta peza conxuntamente coas dúas anteriores forman un dos tres bloques que compoñen "TRES NUN". Ambalas tres foron gravadas en Matamá-Vigo durante a celebración do noso "XV Aniversario", o día 3 de maio de 2003.
E qué mellor xeito de cumplir quince anos de historia que sentirse arroupados por todos e todas aquelas persoas que amosaron sempre o seu apoio ao "proxecto xistra" asistindo a concertos, mercando discos, colaborando en gravacións e produccións, etc.
Para todas e para todos eles quixemos reflectir a súa presencia coa incorporación neste cuarto traballo discográfico nesta gravación en directo da peza máis emblemática do noso repertorio: unha versión actualizada, e con coro, do "Pericón"; que como sabedes foi aprendida por Xistra no ano 1992 en Lira-Salvaterra de Miño da man do gaiteiro D. Luis Soutullo.







< =Xiradela
( Xiradela )
Mestres da Gaita
( Xosé Lois Miguélez, Anxo Lois García, Juanjo Fernández, Xosé M. Budiño, Iván Costa, Xaquín Xesteira, Conchiña Castro, Edelmiro Fernández, Magoya Bodega, Iván Area, Bieito Romero, Xulio Amado, e Carlos Núñez )
= >


Voltar á páxina principal