TREIXADURA "UNHA NOITE
NO MUÍÑO"
www.treixadura.com
Colaboradores:
Delio Domínguez:
voz en Unha noite no muiño.
Parrafadas: O Chirlo.
|
Xaquín Xesteira:
gaitas en Do e La, tamboril,
pandeireta, pandeiro, cunchas e coros.
Toniño López:
gaita en Re, tamboril, pandeireta,
cunchas, voz e coros.
Xoán López:
gaita en Do, Re e La, bombo,
voz e coros.
César Longa:
acordeón, bombo e coros.
Paulo Nogueira:
gaitas en Do, Re, La e bombo. |
1 e 2 .- Unha noite no muiño
Alalá e muiñeira populares.
UNHA NOITE NO MUIÑO
UNHA NOITE NON É NADA
UNHA SEMANIÑA ENTEIRA
ESA SI QUE É MUIÑADA
3.- O Merlo
Foliada ben coñecida por terras de Catoira,
onde grupos como Os Areeiras, ou Faiscas do Xiabre, adoitaban tocala.
O MERLO E MAILA MERLA
IBAN POLO PRADO ABAIXO
O MERLO COMO ERA PILLO
METEU A MERLA DEBAIXO.
O MERLO E MAILA MERLA
IBAN POLO CAMPO ARRIBA
O MERLO COMO ERA PILLO
BOTOULLE A PATA POR RIBA.
SAN ANTONIO DE CATOIRA
CASAMENTEIRO DE VELLAS
¿POR QUÉ NON
CASAS ÁS NOVAS?
¿QUÉ MAL CHE
FIXERON ELAS?
AÍ VOS VAI A DESPEDIDA
AÍ VOS VAI A DERRADEIRA
ACABOUSE O CHICULATE
ROMPEU A CHICULATEIRA.
4.- Ó pasar por Coruxo
Pasodoble composto por Enrique Otero Covelo,
co que o seu grupo, Os Cruceiros, despedían o verán polas
praias de Vigo e Coruxo
5.- Xota de Xosé
Xota de corte tradicional pertencente ó
repertorio de Os Montes, de Lugo.
6.- Vinde rapazas
Son dúas muiñeiras do repertorio
do Coro Aires da Terra, de Pontevedra, dirixido por Perfecto Feijóo.
A segunda delas foi aprendida dun famoso gaiteiro de Cangas chamado O Choqueiro.
TÓDOLOS QUE CANTAN BEN
TEÑEN POSTO NO MUIÑO
E OS QUE NON SABEN CANTAR
MIRAN POR UN BURAQUIÑO.
FUN Ó MUIÑO DE
ABAIXO
E VOLTEI POLO DE RIBA
O DE ABAIXO TEN FERROLO
E O DE RIBA CARAVILLA.
ANQUE CHE FUN Ó MUÍÑO
ANQUE CHE FUN MUIÑAR
ANQUE CHE FUN Ó MUÍÑO
NON TEÑO PAN QUE CHE
DAR.
NON QUERO SER MUIÑEIRO
NIN BARRE-LO TREMIÑADO
PORQUE DIN QUE NOUTRO MUNDO
PIDEN CONTAS DO ROUBADO.
A MUIÑEIRA MOE, MOE,
A MUIÑEIRA MOERÁ
A MUIÑEIRA ESTÁ
DE PARTO
A MUIÑEIRA PARIRÁ.
VINDE RAPAZAS TODIÑAS
CHEGAI
E VAMOS Ó ADRO PRA LOUCOS
BAILAR
PORQUE HOXE É FESTA,
RUADA HABERÁ,
POIS ÉVOS UN DÍA
DE MOITO TROULAR.
7.- Valses da Arousa.
De sempre foi práctica habitual entre
os gaiteiros, ofrecer unha versión persoal dos temas que tocaban.
Esta é a de Treixadura, dous valses de grupos tan enxebres como
Os Areeiras e Os Campaneiros.
8.- Esta noite. (Alalá de Meira)
Particular interpretación deste alalá
que figura nos arquivos do Coro Cántigas da Terra como Alalá
de Meira
ESTA NOITE HEI DE IR ALÓ
TERÁ-LO PUXIGO ABERTO
QUE SI CHO ATOPO PECHADO
O TEU QUERER NON É CERTO.
E SI É CERTO O TEU QUERER
RAPAZA NON TEÑAS MEDO
DÉIXAME O PUXIGO ABERTO
QUE HEIME DE MARCHAR CEDO.
9.- Marchas Procesionais.
Dúas marchas de procesión, recompiladas
no seu día por Castro Sampedro como propias de Xerve e Pontevedra.
10.- San Fins do Castro.
Foliada que se canta na parroquia de Cesullas
(Cabana). Fai referencia á romaría de San Fins do Castro,
célebre polo "berro seco" instaurado polo crego Saturnino Cuíñas.
PENSA MIÑA NAI QUE ESTOU
PESCANDO NA CARBALLEIRA,
ESTOU NO SAN FINS DO CASTRO
BAILANDO UNHA MUIÑEIRA.
A MIÑA NAI PORQUE PUIDO
FIXO UNHA CASA NA ILLA,
PARA VER ÓS DE NEAÑO
COMO PESCAN A SARDIÑA.
O CURA DE CORME É XASTRE
MALPICANO E MARIÑEIRO
O DE PAZOS LABRADOR
E O DE CESULLAS GAITEIRO
11.- Pasodoble de San Roque.
Con este pasodoble adoitaban facer a súa
entrada no recinto da romaría de San Roque, en Vigo, os gaiteiros
Os Morenos de Lavadores. Foi moi popularizado por tódolos grupos
da bisbarra e, de forma sobranceira, polos Irmáns Portela.
12.- Terra de Montes.
Tema coñecido con diversos títulos
(Foliada de Soutelo, Foliada de Santo Andrés de Teixido, Foliada
de Barro de Arén) que, polos lugares que cita - Barro, Arén
E Meilide no concello de Cerdedo ou no de Forcarei- lévanos á
Terra de Montes.
Dos seus orixinais intérpretes habería
que destacar, ademáis do Coro Cántigas da Terra, ós
Gaiteiros de Soutelo de Montes, pola súa calidade e porque en 1999
cúmprese o centenario do nacemento de Avelino Cachafeiro, mito,
lenda, norde e referencia de tantos e tantos gaiteiros.
VIVA BARRO, VIVA BARRO
VIVA BARRIÑO DE ARÉN
VIVA BARRO, VIVA BARRO
VIVA MEILIDE TAMÉN.
MORENIÑA POR MORENA
TÉÑOCHE O OLLO
BOTADO
HAS DE SER MIÑA MULLER
OU NON HEI DE SER CASADO.
MIÑA MONTEIRA GARRIDA
MIÑA MONTEIRA GARRIDA
MOITO ME TES ENCUBERTO
ALÁ POR SOUTELO ARRIBA.
OS SOLTEIROS VALEN OURO
OS CASADOS VALEN PRATA
OS VIÚVOS CALDERILLA
E OS VELLOS FOLLA DE LATA.
13.- Muiñeira do Seixo.
Esta é a aportación de Treixadura
ó repertorio de música para gaita. Seixos hai moitos por
todo o país. Este en concreto fai referencia ó da parroquia
de Marín.
14. Polca dos Matos.
Tema popularizado polo grupo da Coruña Os
Matos. Outro excelente gaiteiro coruñes, Ricardo Santos, a quen
hai que agradecer o seu interese e traballo a prol da música tradicional,
colaborou na súa divulgación.
TREIXADURA gaiteiros. Aptdo
76 36630 Cambados (Pontevedra)
Edicións do Cumio, S.A.
- Tel 986266272
Tfnos: 986414196 - 609805837
Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Treixadura
* Disco e libro con trece «cantigas» do Camiño
* Presentación do Cd e homenaxe ao Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán).
* Mouriño ou como quitar vida dun pau de madeira
* Longa vida ás tradicións en Santalla
* XX Xuntanza de Gaiteiros en Fene
Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista
|
Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:
youtube.com/watch?v=2puEBL7oJi8 :
(YouTube - Treixadura. Valses de Arousa) youtube.com/watch?v=2puEBL7oJi8&feature=channel :
(YouTube - Treixadura. Valses de Arousa) youtube.com/watch?v=2puEBL7oJi8&feature=channel_page.. :
(YouTube - Treixadura. Valses de Arousa) topmp3sdownloads.co.cc :
(Music analysis site, music mp3 down load, video mp3 download, movie downloads mp3, music downloads for mp3 players ) unlimitedmp3downloads.co.cc :
(Music analysis site, music mp3 down load, video mp3 download, movie downloads mp3, music downloads for mp3 players ) mp3actu.co.cc :
(Mp3 music online catalog, download mp3 music legal and unlimit) mp3re.com :
(Mp3 music archive, download mp3 music cheap) systempopuli.com/buscar.php :
(El buscador de System Populi) mp3seha.com :
(Download music mp3 cheap. Cheap music downloads.) mp3amor.com :
(Download mp3 music. Buy mp3 music online cheap) mp3cted.co.cc :
(Download mp3 music, new reliases, mp3 search catalog) mp3laguna.com :
(Download mp3 music, mp3 music, cheap mp3 downloads. ) mp3pe.com :
(Buy music easy. Easy music mp3 downloads) mp3da.co.cc :
(Buy cheap mp3 tracks, all genres mp3 music) buscar.hispavista.com/?cadena=%40petrobras%2ecom%2ebr&en=30.. :
(@petrobras.com.br) buscar.hispavista.com/?cadena=%40br%2dpetrobras%2ecom%2ebr&e.. :
(:: HispaVista: Buscar : @br-petrobras.com.br) icio.de/user/rpirilman :
(/user/rpirilman - icio.de) ep-seal.petrobras.com.br/DefaultConteudo.aspyoutube.com/watch?v=2puEBL7oJi8&feature=related info@ghastaspista.com