1.- Foliada de Luxán 
(Tradicional - Ernesto Campos)
Foliada tradicional pasada polo noso "filtro" particular.
Colabora: Alexandre Fernández (pandeireta e tarrañolas).
2.- Lagarto Pintado 
(Tradicional - Ernesto Campos)
Un tema de bossa nova para unha canción ben coñecida para todos: A Carolina.
Colabora: Kin García (baixo eléctrico) e Almu Janeiro (coros)
A saia da Carolina
ten un lagarto pintado,
cando a Carolina baila
o lagarto dálle ao rabo.
Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailache.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailei co meu amor.
Bailache, Carolina?
Bailei, si señor!
O señor cura non baila
porque ten unha coroa,
baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
3.- Tangalego 
( Ernesto Campos)
Un tango ao xeito arxentino interpretado con gaitas: Tan... Galego.
4.- O fillo da Teresa
(Ernesto Campos)
Un dos primeiros temas de Crema de Gaita, nado en Olite e medrado nestas terras, á beira da ría.
5.- Lembranzas do que Voltou 
(Ernesto Campos)
A equipaxe do emigrante torna chea de aromas, imaxes e ecos de ultramar.
6.- Mensaxeira do inferno 
(Cristina Macías - Ernesto Campos)
Unha canción adicada a todas aquelas vítimas da violencia de xenero.
Colaboran: Almu Janeiro (voz), Lucas Llumá (piano) e Luis Caballero (cello)
.
Viches no horizonte negras nubes
dende o primeiro golpe no teu peito.
do que xa non quero lembrar
co que cada noite
compartías leito.
Fuches quen de non ficar calada
logo de arrastrar esta condena,
nun berro contido
e cun paso firme e decidido,
demostraches ao mundo
que non eras tan pequena.
Ai, ai, ai..
Mensaxeira do inferno,
neste tempo
foi unha mestura de temor
e valentía,
na senda máis xusta e
perigosa
a túa verdade
custouche a vida...
custouche a vida...
Unha noite apareceu a besta
rematando coas túas esperanzas,
golpes navegando no alcol,
trocando a túa vida
nunha noite amarga.
Unha néboa invade a miña alma,
non deixo de pensar na túa morte,
noite repentina
que nos guía e que nos ilumina
e que representa
as que correron a túa sorte.
Ai, ai, ai...
Mensaxeira do inferno,
neste tempo
foi unha mestura de temor
e valentía,
na senda máis xusta e
perigosa
a túa verdade
custouche a vida...
.
custouche a vida...
A Ruth Villar, por saír do inferno.
7.- Noites de Lúa na Praia
(Ernesto Campos)
Un bolero ao xeito mexicano con gaita, entre outras cousas.
Colabora: Oriol Mula (frauta).
8.- Rumba para Susi
(Ernesto Campos)
As persoas que conviven cos músicos teñen que aturar as súas neuras, horarios e rarezas...
Que menos que lles adiquemos unha peciña!!
Colabora: Xosé M. Campos "Pete" (gaita)
9.- Non te Namores, Meniña!
(Tradicional - Ernesto Campos)
Incluímos nesta peza un instrumento algo descoñecido nestas terras, pero moi popular noutros países: o serrucho musical.
Colabora: Xosé L. Represas Carrera (saxo soprano)
10.- Muiñeira da Cascarexa
(Ernesto Campos)
Composición escrita orixinalmente nun gardanapos de papel na tasca Cascarexa de Candeán (Vigo)
Adicámola á memoria do que foi o seu primeiro dono, o inefábel "Guti", quen xunto coa súa familia sempre tivo as portas abertas á música e á cultura.
Colabora: Banda de gaitas Xarabal e Alexandre Fernández (pandeireta)
11.- Bonequiña
(Cristina Macías)
Colabora: Almu Janeiro (coros)
Tanto tempo xa,
lembrando con nostalxia
a miña bonequiña
coa que vivin a infancia.
Ela compartiu
as penas e as ledicias...
Que pasou?
Non o sei,
todo rematou!
Ficou no Alén,
na praia chorei,
a miña bonequiña
xamáis esquecerei.
Voou lonxe de min,
a pena non ten fin,
a miña bonequiña,
que xamáis esquecerei.
... A Mary
12.- Crema de Whisky
(Ernesto Campos)
Balada, giga e reel. Homenaxe á música irlandesa dende a óptica galega.
Colabora: Ioanna Pérez (violín)
13.- Carafuxa
(Ernesto Campos)
Outro bolero, inicialmente unha introdución a Café con Ghotas.
Colabora: Marcos M. Valcárcel (percusión)
14.- Café con Ghotas
(Ernesto Campos)
Seguindo coa nosa fusión de música galega e latina: un tumbao.
Colabora: Marcos M. Valcárcel (percusión)
15.- Regueifa de San Salvador de Pedreiro (Santa Comba) 
(Tradicional - Jesús Alonso - Ernesto Campos)
O album TanGalego non podía rematar sen unha mostra do noso folclore tradicional. Agora ben, sempre co noso "toque" persoal. Esta peza foi recollida por Leni Pérez no ano 1996 ás informantes Concepción e Florida, veciñas do lugar.
Colaboran: Tanxedoras do Pandeiro (voces e pandeiretas), Alexandre Fernández (voz e pandeireta) e José González "Zé" (voz).
Nosa señora da barca
ten un camarín de pedra,
inda o podía ter d'ouro
miña virxe se quixera
O cura cando marchou
deixoulle dito a criada:
veña tarde, veña cedo
déitate na miña cama.
O meu amor non me fala
que o ten nunha baixeza,
como é rapaciño novo
ten o airo na cabeza.
Tenho pulghas na camisa,
na saia teño piollos,
como teño tanto ben-he
ao mundo vánselle os ollos.
Imos da-la despedida
dende Ghalisia a Ghamaica,
imos da-la despedida,
nós e os de Crema de Ghaita.
|