1.- Alalá das Mariñas
Tradicional
Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní e Sete Saias
Teño unha casiña branca,
Na mariña entre os loureiros.
Teño amores, teño barcas.
E estou vivindo no ceo.
Ai, le, le, lo...
Adeus á miña casiña,
Portelo do meu quinteiro
Auga da miña casiña
Sombra do meu laranxeiro
Ai, le, le, lo...
2. Bágoas de Azar
Letra e música de Clara Pino, inspirada nunha canción tradicional irlandesa
Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní e Clara Pino.
Arranxo voces:
Sete Saias
Dime, dime que ves
No espello de luar
No brillo sereno do ar?
Vexo a vida voar
Sen sentir as paixóns
Do meu, do meu amor.
Dime, dime que tes
No interior do teu mar,
No verde e lánguido ollar?
Teño bágoas de azar,
Teño sangue de sal,
Polo meu, polo meu amor.
3. Rompendo a Marea 
Rodrigo Romaní
Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní
Mirame dende a luz do teu ollar,
Mirame dende a sombra do solpor,
Fálame maino, que ao vida ao pasar
Morra e envexa por nós.
(Bis)
Cóntame contos vellos de alén mar,
De mañanciñas frescas na túa pel,
Cántame versos antigos de sal
Rimas dos elfos no Edén.
O teu cabelo nas ondas,
Vén a min, rompendo a marea
Asubiando mariñas
E vento suave
Aloumiño de terra
Vivo na cara e na cruz
Nun tempo de amor
Contemplando estrelas
Unha parte de mi aprende
O que outra parte de ti me deixa.
Armas disparan lonxe no mencer
Sons de acedos ecos a rancor
Bágoas que as pombas non poden beber
Fugas de opio e alcohol
(Bis)
Dime se aínda hai un espertar
No meu corpo teus dedos a vencer
Lévame a tempos que están por pasar
Enche os meus beizos de mel
(Bis)
O teu cabelo nas ondas,
Vén a min, rompendo a marea
Asubiando mariñas
E vento suave
Aloumiño de terra
Vivo na cara e na cruz
Nun tempo de amor
Contemplando estrelas
Unha parte de min aprende
O que outra parte de ti me deixa
4.- Maneo de ulla - Fandango de Redondela
Tradicional
Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní
5.- Menina das Sete Saias 
Tradicional
Arranxos:
Xosé Liz
Arranxo arpas:
Marta Quintana
Arranxo voces:
Sete Saias
Da miña ventana vexo
O fondo que ten o mar
Tamén vexo o meu amor
E non lle podo falar
Aparta loureiro verde
Deixa clarear a lúa
Se non vexo meu amor
Non vexo cousa ningunha
Ai ! a cinta de namorar
Ai ! a cinta namoradeira
Ai ! a cinta de namorar
Traiocha na faltriqueira
Sete bruxas se encontrarán
No luar das sete praias
Sete segredos que terán
Menina das sete saias
Aquí tes o meu corazón
Ai !, se o queres matar ben podes
Ai !, como estás ti aquí dentro
Ai !, se o matas tamén ti morres
Sete danzas se bailarán
Sete veces que desmaiarás
Sete lúas te ansiarán
Menina das sete saias
Heite de amar paxariño
Heite de amar gorrión
Heite de amar paxariño
De noite e de día non
Cantan os galos pro día
Erguete meu ben e vaite
Como me hei de ir queridiña
Como me hei de ir e deixarte
6. No Mar Ausente
Marta Quintana
Arranxo arpas e voces:
Sete Saias
Teño o amor no mar ausente
Pero a min non me quere
Pero a min non me quere
Cando o mar novas del me trae
Mal de amores sospiro
Mal de amores sospiro
Se eu fora escuma branca
Xunto a el estaría
Xunto a el estaría
Namorada estou dun bo mozo
Pero a min non me quere
Mal de amores sospiro
7. Solaina
Letra de Avilés de Taramancos e
música de Rodrigo Romaní
Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní
Arranxo voces:
Sete Saias
Fíos de ouro no ar
Tece a dona o sol da eira
E vén a bris silandeira
Abaneando o seu van
Recende a pan o silencio
A sombra do laranxal
Desafía a dona cantigas de namorar
¡Ouh a ferida do vento!
Zouzou a campana o val
Co seu amor recén nado din, dan
Fíos de ouro recendo de pan din, dan
Canta a dona na solaina esperando ó seu galán
8. Polos teus Ollos
Letra de Alvaro Cunqueiro e
música de Rodrigo Romaní
Arranxo arpas e voces:
Sete Saias
Polos teus ollos quen pasou amiga
Deixou unha ollada de amor perdida
Deixou de amor perdida unha ollada
Polos teus ollos quen pasou amada
Nos ollos teus, nos ollos teus.
Cinzas levas nos ollos amiga
Daquela ollada de amor perdida
Borrallo nos ollos levas amada
Que non mirache a quen te ollaba
Nos ollos teus, nos ollos teus.
9. Ramo Verde
Tradiional
Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní
Arranxo voces:
Sete Saias
Como queres que te queira
E que te teña afección
Se outro paxariño voa
Debaixo do teu balcón
Dime ramo verde
Dime onde vas
Que si vas de ruada
Quérote atopar
Ti no mare, eu tamén
Os dous andamos perdidos
Ti no mar dos meus amores
Eu no mar dos teus sentidos
Dime ramo verde
Dime onde vas
Que si vas de ruada
Quérote atopar
Non me tires con pedriñas nin con follas reviradas
Que se o ramo verde
Vés
a percurar
O ramiño verde
Has de atopar
10. The Girl I Left Behind Me Tradicional
Arranxo arpas:
Dewey Owens e Rodrigo Romaní
11. The Siglo Fancy
Tradicional
Arranxo arpas:
Dewey Owens e Rodrigo Romaní
12. Fía Na Roca
Tradiional
Arranxo arpas:
Rodrigo Romaní e Sete Saias
Arranxo voces:
Sete Saias
Críate vaite criando rosa branca do xardín
Críate vaite criando rosa branca do xardín
Críate vaite criando que te crías para min
Críate vaite criando que te crías para min
Nunha fiada de liño noutra fiada de lan
Nunha fiada de liño noutra fiada de lan
Unha noite me colleron e outra non me collerán
Unha noite me colleron e outra non me collerán
Fía fía fía na roca
Fía fía fai mazaroca
Fía fía fía na roca ai la ai lalala, ai la ai lalala, ai la ai lalala.
Fía fía fía na roca
Fía fía fai mazaroca
Fía fía fía na roca ai la ai lalala, ai la ai lalala, ai la ai lalala
Críate vaie criando rosa branca do xardín.
13. Rompendo a Marea
Rodrigo Romaní
Arranxo arpas e voces:
Rodrigo Romaní
|