Os galegos gañaron a súa batalla pola identidade, case perdida na Galiza, na emigración e no exilio americano. Descubriron neste continente a súa identidade prohibida, negada, e paradoxas da vida, aqueles que a prohibían, que a negaban, perderon a súa ao chegaren a América, onde todos, pasaron a ser chamados "gallegos" .
Aseguraba Unamuno que España non se podía entender sen América; eu engadiría, e América, podería entenderse sen España? Coido que si, aínda que tamén coido que Galiza e América non se poden entender unha sen a outra, e proba diso é o exemplo anterior no que séculos de colonización castelá só serviron para chamar ao resto dos españois polo que non eran: "gallegos" .
Rosalía chamáballes a atención aos feros casteláns, que trataban aos galegos que ían á sega como negros. Como negros e negras marcharon os galegos/as por millóns a América. Como exiliados políticos e económicos. Pero ao bo dicir dun amante incondicional de Galiza como Alejo Carpentier , non é senón en América onde por vez primeira a palabra liberdade tomou entidade real, para deixar de ser unha entrada enciclopédica na Francia do racionalismo, atribuída á capacidade de facer algo e non a podelo facer, tal cal fixeron os americanos e os galegos en América.
A obra deste exilio é impagábel. Agasallaron a Galiza cuns sinais de identidade que non tiñan, unha bandeira e un himno saído do maxín dos galegos en La Habana, Río de La Plata e Caracas , símbolos que sabían que nunca verían nin escoitarían na súa propia terra. Porque nunca volverían nin vivos nin mortos todos eses milleiros de exiliados que levaban no fardel un fuxido político, un mozo prófugo da guerra de África, unha nai solteira, un desherdado, un pai de familia que deixaba atrás aos fillos, a muller... toda a súa vida.
Chegaban con fardeis baleiros de pesada carga para ir enchéndoos de bandeiras, de himnos, de clases nocturnas, de libros en galego, de música, de xornais na emigración que nunca terían soñado na súa propia terra.
Velaí a cita de Carpentier , a liberdade feita día a día. A obra dos nosos emigrantes mantense firme nos seus descendentes, que enchen a palabra liberdade dunha valoración positiva.
E Galiza vestiu o verde-oliva do Che nas selvas de Bolivia e na Serra Mestra . Tamén foi cholo peruano e tango riopratense. Galiza soubo, como ningún outro pobo da Península, saber o que era o danzón, a guaracha, o mambo, o punto e a chacarera.
Non é casualidade que este traballo, pioneiro, non teña outros precedentes no noso país. Esquecemos a débeda que temos con nós mesmos cada vez que vemos a bandeira azul e branca que veu de tan lonxe e o himno que lle serve de acubillo.
Tiven a sorte durante moitos anos de ser emigrante en América, continente-país no que sempre fun chamado "gallego" . Descubrín a miña identidade, a miña lingua, os meus sinais de identidade. Fun valorado polos outros por iso, atopei un recoñecemento que nunca soñara e tamén me fixen fondamente americano, deses que procuran unha causa xusta pola que loitar, falar e amar, deses que entenden, como José Martí , que toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo e que só a cultura nos fará libres.
Entendo este disco coma unha homenaxe aos milleiros de homes e mulleres do noso país que, pobres, analfabetos e nun réxime de semi-escravitude, nos agasallaron co máis importante que pode ter un ser humano: a súa identidade, a súa dignidade. Grazas a eles e grazas aos americanos que os acolleron, temos un país que comeza a florecer, para ser, martinianamente, máis culto e máis libre.
Xurxo Martínez Crespo |
XULIO VARELA
Bouzouki, tarrañolas, trompa e pandeiretas. |
 |
|
BIEITO ROMERO
Gaitas e acordeón diatónico. |
EDUARDO COMA
Violín |
 |
|
PATXI BERMÚDEZ
Bodhram, darbuka, pandeiros e tamboril. |
PEDRO VARELO
Guitarra acústica |
 |
|
XAVIER FERREIRO
Percusións latinas,africanas i efectos. |
XAN CERQUEIRO
Frautas e teclados |
 |
Cida Airam (Brasil)
Voz ( 10 )
Pablo Milanés (Cuba)
Voz ( 13 )
Lila Downs (Mexico)
Voz ( 5 )
Adriana Varela (Argentina)
Voz ( 3 )
Emilio Cao (Galiza)
Arpa ( 12 )
Grupo de cantareiras "Raigañas" de Cerqueda (Galiza)
Voces e pandeiretas ( 10 )
Francisco Rosa (Cuba)
Tres ( 11 )
Rubén Montes (Galiza)
Chekeré, bombo e pandeiro ( 2 , 4 )
Nani Garcia (Galiza)
Teclados ( 8 )
Farruco Sesto (Venezuela)
Recitado vocal ( 7 )
Miguel Cabana e Miguel Queijo (Galiza)
Tambores batá ( 4 , 11 )
Alfonso Morán
Contrabaixo ( 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 10, 11 )
Xurxo Lobato
Fotografía
denetik
Grafismo
|
|
1.- Desterro (Miro Casabella)
Tema feito no ano 1966 por Miro Casabella do cal el di: "Eran uns anos cheos de tristura para min, lonxe da casa e da terra, sentíame como nun desterro do que sempre quería fuxir. Anos duros, faltos de liberdade e cunha lingua e cultura marxinada e sometida.
Só as cancións como un paxariño me achegaban á miña querida terra". |
corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
dille que eu quero volver
e de novo nas túas rías
nalgun espello me ver
quero outear as campiñas
arrencender teus airiños
antes que poida morrer corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
|
dille que eu quero voltar
e de novo nas tuas rías
as maus e ialma a lavar
quero voltar branca flor
que neste desterro maldito
estou morrendo de amor
corre, voa o paxariño
levalle o meu corazón
pendorado no biquiño
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son
dille que eu seu fillo son |
2. Olla meu irmao Lendo certo periodo menstrual
(C. E. Ferreiro - Miro Casabella - LNL)
|
|
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o alcumado Ghandi galego, intelixente, irónico, artista universal. Exiliado na Arxentina. No ano 1944 fundou o consello de Galiza no Uruguai que ademais foi onde se lle erixiu o primeiro monumento no ano 1975. Este é un poema de Celso Emilio Ferreiro dedicado a todos aqueles que aldraxaron a súa imaxe. Este tema foi gravado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.
|
Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del
O palurdo de alma lerda
O tendeiro desertor
O vinculeiro da merda, disfrazado de señor
O lerdo carca refrito, o monifate de entroido
O aprendiz de señorito, marqués de quero e non poido
O badoco endomingado
O franquista pousafol
O forricas desleigado, o pequeño burgués mol
O devoto do onanismo
O feligrés de pesebre
O tolleito de cinismo, o que dá gato por lebre
O rateiro do peirao
O refugallo incivil
Válense de Castelao para esconder a caste vil
Escoita puto nefando
Criado na servidume
Non pasará o contrabando dese teu noxento estrume
Grotesco escriba sandez
Inxertado nun raposo
Castelao nunca foi teu, porque Castelao é noso
I anque a ti che importe un pito
Sabrás que é cousa sabida
Que estás incurso en delito de apropriación indebida.
3. Cantiga do neno da tenda
(Federico G. Lorca - B.R. - LNL)
A sensibilidade de Lorca cara Galiza vén en boa parte do seu amigo Eduardo Blanco Amor. No ano 1935 escribiu os seus poemas galegos, intensos e auténticos. Para el Galiza estaba incompleta sen os millóns de galegos da "quinta provincia galega" (Bos Aires).Este poema está dedicado aos galegos que viven nesta inmensa e fermosa cidade
Bos aires ten unha gaita
sobre do Río da Prata
que a toca o vento do norde
coa súa gris boca mollada.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Aló, na rúa Esmeralda,
basoira que te basoira
polvo déstantes e caixas.
Ao longo das rúas infindas
os galegos paseiaban
soñando un val imposíbel
na verde riba da pampa.
¡Triste Ramón de Sismundi!
Sinteu a muiñeira d&dgoa
mentres sete bois de lúa
pacían na súa lembranza.
Foise pra veira do río,
veira do Río da Prata
Sauces e cabalos núos
creban o vidro das ágoas.
Non atopou o xemido
malencónico da gaita,
non viu o inmenso gaiteiro
coa frolida dálas:
triste Ramón de Sismundi,
veira do Río da Prata,
viu na tarde amortecida
bermello muro de lama. |
4.- Danza dos esqueletes
(B.R. - LNL)
Moitos gaiteiros tiveron que marchar da terra e con eles levaron a súa música. Este tema é unha homenaxe a xentes como Manuel Dopazo (Bs.As.), Castor Cachafeiro (Caracas), Antonio Mosquera (Nova Iork) entre outros … Grazas a eles é que a nosa música máis tradicional se expandiu polo mundo. |
5.- Domingo Ferreiro 
(Raúl Glez. Tuñón - B.R. - LNL) |
Galiza non é Galiza sen gaiteiros. Así Chinto Murás entre 1776 e 1786 fundando cidades na Arxentina, así o misioneiro Basilio Barral evanxelizando indíxenas waraos en 1935 coa súa gaita no Delta do Amacuro (Venezuela). Pero a gaita calou ante a carraxe e a aldraxe da guerra civil do 1936.
|
|
Este é un poema do poeta porteño Raúl González Tuñón dedicado a un gaiteiro chamado Domingo Ferreiro do que algúns din que pode ser o que se deu en chamar “gaiteiro de Texas”. |
Toca a gaita Domingo Ferreiro
Toca a gaita… "non quero, non quero!"
Porque están cheas de sangue as rías
Porque non quero, non quero.
E xa secaron os ramos frolidos
Que ela traguía na saia do vento
Que ela traguía ao seu noivo soldado
Ou pescador, labrego, mariñeiro.
Sobre Galiza xa caiu a peste
Ai! Os escuros sarxentos viñeron
Xa dos piñeiros colgan os homes
Toca a gaita: non quero, non quero.
E o que está vivo andará polo monte
E nas aldeas os bons xa caeron
Ai! Que non vaian os lobos ao monte
Toca a gaita, non quero, non quero.
Toca a gaita… que baile o bispo
Toca a gaita.. non quero, non quero
Porque non é hora de festa en España
Porque non quero, non quero, non quero.
Toca a gaita, que baile a cobra
Toca a gaita, non quero, non quero
Porque a gaita non quere que toque
Porque morreu Domingo Ferreiro.
6. Miña nai
( Tradicional -2 B. Romero- LNL)
Castelao aseguraba que Galiza máis que patria era matria, Galiza nai antes que calquera cousa, dadora e receptora de vida. Rosalía de castro, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Sofía Casanova, amosan que Galiza é un mundo feminino… Este é un tema que evoca unha viaxe musical polas terras que tantos dos nosos irmàns percorreron.
Miña nai, miña naiciña
Como a miña nai ningunha
Que me quentou a cariña
Co calorciño da súa.
Co calorciño da súa
Ai la le lo ai la la la. |
7. Pandeirada do Che
(X. Formoso - Farruco Sesto)
O primeiro L.P. en galego, 1969, é venezolano. O gran Celso Emilio Ferreiro tocou o pandeiro neste tema a carón de dous fillos do exilio, Xulio, fillo do xornalista Julio Formoso, membro do Directorio Revolucionario Ibérico (DRIL) e Farruco, fillo de Xosé Sesto, fundador do Partido Galeguista. Xulio e Farruco, vigueses, encheron a súa vida de Latinoamérica. E Ernesto “Che” Guevara está en todas partes. “Dá vergoña vivir coa conciencia acribillada” dicía Benedetti.
|
Dende o profundo da serra
Polo ar un vento ven
Un vento dun pensamento
Que leva o teu nome Che
Sen morte algunha que o pare
Morte que o poida conter
Corre libre pola xente
E leva o teu nome Che
Un vento coma unha estrela
Coma unha fouce de pé
Coma unha fouce afiada
Que leva o teu nome Che
Un vento cheio de ganas
De queimar e revolver
Un vento de lúa nova
Que leva o teu nome Che
O sangue que lle antecede
Co que xurde detrás del
Forma un feixe de rosas
Que leva o teu nome Che
E cando os nemigos fuxen
Ou comezan a morrer
Quen os abate é un vento
Que leva o teu nome Che
Un vento coma unha estrela
Coma unha fouce de pé
Coma unha fouce afiada
Que leva o teu nome Che
Un vento cheio de ganas
De queimar e revolver
Un vento de lúa nova
Que leva o teu nome Che. |
 |
 |
8. Lonxe da terriña
(A.J.Pereira - X.Montes)
Letra de A.J.Pereira e música orixinal de Xoán Montes, un dos grandes compositores de música galega. Nós coñecemos este Alalá a través da gravación “A Zanfona” de Faustino Santalices e polo sorprendente que nos pareceu decidimos facer unha versión exaltando a personalidade vocal de Sara.
lonxe da terriña
lonxe do meu lar
que morriña teño
que angústias me dan
non che nego a bonitura
ceiño desta terriña
ceiño da terra allea
ai quen che me dera na miña
ai meu alala
cando te oirei
chousas e searas
cando vos verei
son as frores dises campos
frorentes e bonitiñas
ai quen aló che me dera
entre pallas e entre ortigas
lonxe da terriña
que angustias me dan
os que vais pra ela
con vós me levai
os que vais pra ela
con vós me levai
os que vais pra ela
con vós me levai |
9. Nova Galicia
(Manuel Mª Ponce - Tradicional)
Manuel María Ponce foi un dos grandes compositores para guitarra a nivel internacional. Este mexicano ilustre arranxou este tema tradicional de Galiza seguramente influenciado pola presenza dos galegos no seu país. |
|
10. Teu nome, Amarante
(X. Cordal - X. Cerqueiro - LNL)
Amarante chámanse varias aldeas do noso país. Nesta canción ben pode ser calquera delas ou calquera outra das que foron quedando abandonadas a causa do envellecemento e a emigración. A historia de Amarante quere falar dos futuros posíbeis e do dereito á vida digna. Amarante, tamén, é o noso idioma que por outro lado é un dos nexos máis importantes que temos con Portugal e con Brasil.
|
Abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as mans no balde
Da unha volta á aldea
Chamábase Amarante.
No amencer só quedan
O nome e a soidade.
Meu namorado vai no río
Buscando a neve.
Meu namorado vai no río
Calmar a sede.
Lembrou as trabes de ouro
De cando nena.
E ergueu as grades altas
Onde caeran.
Marcharon todos de alí,
O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar.
E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,
E inventoulle outra historia
a Amarante
Para contar a unha meniña. |
Abre a porta vella
da casa dos seus pais, e
tórnalle as xanelas
e lava as maos no balde.
Da unha volta á aldea,
Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces.
Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si.
Meu namorado, vira o río
E volta a verme.
Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas
O viño e os amantes
Fálalle aos sen terra
Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade.
E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente.
E así foi que aguantou
dos camiños
Teu nome, Amarante. |
11. Galego guajiro
(Tradicional - B. Romero - Xan Cerqueiro - LNL)
Suite formada por 3 temas: unha alborada galega, un punto cubano e unha pandeirada de novo galega para completar o que pretendemos sexa unha lembranza dos milleiros de Galeg@s que estiveron e seguen a estar en Cuba. De Cuba viñeron os nosos principias sinais de identidade: a Academia galega, a bandeira e o himno. En 1906 estreábase no teatro “Tacón” de La Habana o himno galego.

|
12. Saudade
(Tradicional - LNL)
Saudade non ten tradución a ningunha lingua. Compartida por galegos e portugueses, ten unha diferenza entre ambos. Para os portugueses é ausencia de calquera cousa; para os galegos só da terra, de Galiza, presenza que, aínda estando nela, non é completa. Dicía Rafael Dieste que unha vez nela (Galiza) a terra pide máis, algo que un non sabe o que máis é. |
13. Tu gitana
(Tradicional - J. Afonso)
O Zeca Afonso é unha das referencias máis importantes da música popular portuguesa e ao mesmo tempo un home recoñecido internacionalmente pola súa condición humana. Esta é unha homenaxe que nós, dende Galiza, pretendemos facerlle nesta ocasión coa colaboración especial doutro grande, neste caso da música latinoamericana como é Pablo Milanés.
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se
si saldré desta aventura
o si nela moriré.
O si nela perco la vida
o si nela triunfare,
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se. |
|
|