|
XABIER DÍAZ |
|
Músicas De Salitre |
|
 |
"As músicas de salitre ficaban na gaiola
dun soño compartido,
hoxe celebramos a súa salgada liberdade.
Unha guitarra do sul, unha voz nordestina,
cloro e sodio... química do Salitre
Pendurádevos do tempo, respirade, calma" |

|
1.- Laranxa
Laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
o pobo fica durmido
témolo que espertar laranxa, o teu laranxeiro
cantos anos ha medrar,
os anos que á mocedade
lle restan para...
soñar co mar, amar a terra
terra do seu laranxal
laranxa, verde laranxa,
non vires o teu madurar
xa só as pedras coñecen
o noso longo espertar
laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
un pobo
|
2. Pedra de Sal
|
.
|
| |
"A mellor cura
para todas as feridas:
sangue do mar ” |
|
Pedra de sal quen enviou
perto de min o teu corazón.
Salire de mar, doce licor,
enches o meu peito de paixón.
As cunchas de ouro
topei un tesouro
areas de prata
fixenme pirata
do teu corazón
a praia máis doce,
o mar máis fermoso,
o sol, as estrelas,
querechas coller.
Historias de amores
en illas soñadas,
tesouros que as ondas
achegan a nós.
Collemos camiño
dos mares do norte
e o vento murmura
salgada oración.
.
3. Labradas
|
| |
"O noso humilde réquiem a Manuel Prieto, sirva de homenaxe @ tod@s os galeg@s que descansan noutra terra que non sexa a que os viu nacer" |
|
Sachadeiras do meu millo
sachaime o meu millo ben
non miredes para o portelo
o xantar volo aí ven
Sachadeiras do meu millo
sachaime o millo redondo
non andedes a decer
raio de sol vaite pondo
sachade bn sachadeiras
sachade ben o meu millo
se non queda ben sachado
que farei para o san martiño
esta ano sementei millo
na restreba e no nabal
se me nace din que é sorte
se non non sei traballar.
|
4.- Consolo
Chora ben amada chora
non acougues a chorar
deixas as bagoas ir embora
que se bágoas vanse agora
pérolas han de voltar.
Laiate meniña laia
deixa os teus laios marchar
van para a lonxana praia
i-aló pola festa maia
cantigas han de tornar.
Se cantigas non tornaren
os laios do teu laiar
i-as bágoas, bágoas quedaren
outros laios, mais chorar..
|
5.- Chove 
|
Está chovendo en compostela,
está chovendo o teu país,
está chovendo en compostela
está chovendo o meu país.
Non quitaremos a chuva
mais mudaremos o gris,
gris bágoa da súa alma
por azul do seu porvir.
A súa códea éravos dura
fertilidade sen fin,
o mar que lle quere tanto
fixo nela bocas mil.
As xentes que a traballaban
morrían cando, ao partir,
sentían feridas fondas,
polos seus e para sí.
Non magoedes máis a súa alma,
crede envós e crede en fin
ela ten que se dar conta
entón tornará sorrir
e cando torne sorrir
deixaremos de agardar
non haberá máis longa noite
non terás que máis soñar.
6. Preciso tempo
| |
"Pés descalzos, areas que me falan,
paseniñamente escoito o leve tocar da orquestra
na miña cabeza..."
|
Preciso tempo se hei espertar sen ti
preciso tempo, a túa marcha, o meu sufrir
non me abandones vida, agarda,
pregareiche ata que poida ver o porqué
xa nada vale, non importa, ti tes que ver
eu quérote meu ben
Preciso que me ofreza un soño para vivir,
preciso tanto e tan só te preciso a tí
se ao espertar non estiveras eu pregunto
agardar ou morrer?
devala a lúa, o sol non quenta, só tristura,
inverno sempre ha ser.
pois o tempo é tan longo camiño
quen sen tí semella un castigo sen fin.
|
7. Salitre
| |
"Non o vedes?, escoitade, non ulides?,
agardade a que a auga marche...
Sempre estivo aí
" |
|
Tempos que mudan,
tempos que farán que voltemos alí.
Tempos de salitre do teu arrecendo.
Todos os camiños me levan a ti
Tempos de vento
vento que ha facer transportar o meu maxín
esperto soñando que tento teu corpo,
fartura de amor, teño fame de tí
O salitre trae outra vez
esa vida sen tí.
Arrecendo mortal, amor
perdo o alento sen ti.
Un anaco de vida
foise de min, non sei ben se por ti.
Un castigo sen fin.
Un eterno vivir sen amor,
sen sentir
|
8. Nubes
Nubes que ao vir a traición
nubes negras son
as cousas do corazón
non atenden a razón
Eu comenceille a falar
alá polo mes de abril
eran os tempos da fame
e marchei para servir
Agárdame prenda mía
dixo para se despedir
agárdame que algún día
hei de regresar por ti
Alma que sufre vivir
por un mal de amor
pena que me fai chorar
bágoas do corazón
Pasaron aqueles días
e as noites sen durmir
coñecín a soidade
A tristura de vivir
Os amores na distancia
son mui malos de levar
quérote con toda a ialma
devezo por te mirar
Vida querendo sentir
agarda temor
vida que fai suspirar
sentimentos de paixón
Mirando cara ás estrelas
o ceo quen anunciou
o amor que me gardabas
fuxiu de tí, rematou
Un pedaciño da alma
eaquina do corazón
un anaquiño da vida
morreu xunto ao meu amor.
|
9. Rapapote
(patas), moitas patas unha causa
(petas), moitos petas se fumaron
os que ían contra a causa non miraron, ou miraron?
viron praias simpas
prosigamos,
no indice vocal agora toca
pitas mouras que mancharon unha historia
esta historia continua en singular, singular o pote
convertido en magno chapapote, chapapote do diaño
e para proseguir omitiremos, a última vocal
pois disque podería acontecer algo dis(tinto)
o viño que beberon os dos petas
as cruces, o loito
xa somos plañideiras
enchemos os capachos de xenreira
patas, petas, pitas, potas
coas nosas putas mans
collemos esa merda
doime o corazón
de ver as nosas praias
manchadas de traición
doime o corazón
de ver paxaros mortos
por unha sen razón
o son, a música e as cruces
esmola para o mar
200.000 persoas berrando en compostela
nunca máis
a man
manfred perdónalles non saben o que fan
o man
nunca máis |
10. Flor Colorada
|
Tiña unha flor colorada
que se chamaba María
aínda que ela non falaba
facíame compañía.
Tiña unha flor colorada
que se chamaba María
nunca me pedía nada
soio un pouquiño de auguiña.
Pola mañán alegraba,
respladecente lucía
María sempre escoitaba
os contos que lle eu dicía
De tan bonita que era,
tan dereita, dereitiña,
parecía que miraba,
e ás veces que sorría.
Facía por que cansaba
e acabábase maría
e descansaba deitada
xunto á ventá da cociña.
. |
11. Camiño
No ceo muda o sol pola lúa
non sei se vou por onde eu quixera
se me dixera palabra calquera,
canto estes versos pola ausencia súa
Non sei se vou por onde eu quixera
agardo luz no medio do negro
trema o meu mundo gaña o meu medo
se me dixera palabra calquera
Sei dun camiño grande
cheo de pedras pequenas
sei dun grande camiño
onde están as miñas penas
Penas, pedras, camiño
un latexo paseniño
o voar do desalento
vai medrando
Como medra o sofrimento terra adentro
de un pirata sen navío
sen a luz deses teus ollos
sen ollar o teu sorriso
Sen a luz deses teus ollos
sen ollar o teu sorriso
non hai alento nen folgas
Camiñar non ten sentido.
|
12. Pastora
| |
"Sirva esta canción como
homenaxe a Uxío Novoneyra, e ó
seu verde océano." |
Baixando do monte
baixando baixando
baixando do monte
ó pechala noite
baixando do monte
baixando baixando
baixando do monte
polo monte abaixo
teño unha noiva pastora
delgada como un salgueiro
como unha abrariña nova
que fía para onde eu quero
pastora que andas co gado
onde che vai a calor
pouco a pouco foi marchando
como as folliñas ó sol
fiandeira namorada
que fías detra-lo lume
cós ollos postos nas chamas
roxiñas, brancas i azules
Fiandeiriña que fías
nas noites do longo inverno
as liñas mais delgadiñas
co fío do pensamento. |
|
|
Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Xabier Díaz * aCoruñaSon2010 * Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé * Radio 3 (RNE) retransmitirá en directo a actuación de Fuxan os Ventos en Lugo * Fuxan os Ventos presenta novo disco * 'TERRA DE SOÑOS', O VINDEIRO MARTES EN FERROL Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista
|
Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:
topmp3sdownloads.co.cc : (Music analysis site, music mp3 down load, video mp3 download, movie downloads mp3, music downloads for mp3 players ) unlimitedmp3downloads.co.cc : (Music analysis site, music mp3 down load, video mp3 download, movie downloads mp3, music downloads for mp3 players ) mp3actu.co.cc : (Mp3 music online catalog, download mp3 music legal and unlimit) mp3re.com : (Mp3 music archive, download mp3 music cheap) mp3seha.com : (Download music mp3 cheap. Cheap music downloads.) mp3amor.com : (Download mp3 music. Buy mp3 music online cheap) mp3cted.co.cc : (Download mp3 music, new reliases, mp3 search catalog) mp3laguna.com : (Download mp3 music, mp3 music, cheap mp3 downloads. ) mp3pe.com : (Buy music easy. Easy music mp3 downloads) mp3da.co.cc : (Buy cheap mp3 tracks, all genres mp3 music) bing.com/spresults.aspx?q=sachaime&go=%D0%9F%D0%BE%D0%B8%D1%.. : (Bing: sachaime) icio.de/user/rpirilman : (/user/rpirilman - icio.de) info@ghastaspista.com
|