|
1.- Pigarzos
Tradicional
Esta vai que rechispea (bis)
Viva o lugar de Pigarzos
E mais quen nel se pasea.
Debajo de tu barca
Dormido me quedé,
Tube un sueño contigo
Resalada, y olé.
Axúdame compañeira
Compañiriña leale,
Axúdame compañeira,
Non me deixes quedar male.
Debajo de tu barca... |
Este pandeiro que toco
Non é meu que é de María,
Que llo pedín emprestado
Para ir á romería.
Debajo de tu barca...
Se tivera unha laranxa
Contigo a compartía,
Pero como non a teño
Vou a da-la despedida.
Debajo de tu barca...
Ai lala lalalala... |
2.- Pasodoble do Mazo 
Tradicional
3.- Moscoso 
Autor: Luís Prego. Arranxos: Ardentía.
D'aquí do alto do cacho
Hei de dar un asubío,
Hei de dar un asubío,
Inda son quen era onte,
Inda non perdín o brío
Hei de plantar un piñeiro
No alto do teu tellado,
No alto do teu tellado,
Cando o piñeiro de piñas
hei de andar ó teu mandado. |
Loureiro, verde loureiro,
Mala rama che secara,
Mala rama che secara,
Inda non tomei amores
Xa me traen amarmurada.
Hei de ir ó río Miño
Busca-la iauga serena,
Para me lavar con ela,
Que me din que son morena. |
4.- Vals para Xulio
Tradicional
5.- Portuguesiña 
Tradicional
Portuguesiña,
Miña, miña pequeniña,
A mais bonita que naceu no portugal
Ten uns olliños que parecen dous luceiros
E unha boca que parece de coral.
Porque el amor
Es como el fuego,
Que cuando prende
Ya no hay remedio
¿a dónde vas portuguesiña?
¿a dónde vas tan tempraniño?
Mira que hai moitos truanes
E corres de grandes peligros. |
Porque el amor...
Levántate portuguesiña
Que son las dos de la mañana
Levántate portuguesiña,
Que ya han tocado diana.
Porque el amor... |
6.- Baitucada
Tradicional
7.- Baila arrebolos
Dúas muiñeiras: "Muiñeira de Ardentía" (Ardentía), "Baila Rapaza" (Tradicional)
8.- Domingo Ferreño en As Neves
Dous pasacorredoiras, o primeiro aprendido de Ramón González Bernal de Bos Aires e o segundo composto por Luis Prego e chamado Pasacorredoiras de As Neves.
9.- Xota de Laxoso
Tradicional
Ai que noite de luniña
Ai que noite de luare
Ai que noite de luniña
Para eu contigo estare,
Vámonos nena, vámonos xa.
Vamos ve-la herba verde
Que o teu moreno cortou;
se verde estaba, verde quedou.
O cura e mai-la criada
Ordenaron de cocere
Tiñan a leña no monte
A fariña sen moere,
Vámonos nena, vámonos xa.
Vamos ve-la herba verde.. |
Eu querer, quéroche ben,
Teñoche admiración,
Solo me falta sabere
Se ti me queres ou non,
Vámonos nena, vámonos xa.
Vamos ve-la herba verde..
Vou a da-la despedida
Por riba dunha peseta,
Aghora non canto maise
Que teño a gharghanta seca,
Vámonos nena, vámonos xa.
Vamos ve-la herva verde |
10.- Rumba de Emilio
Tradicional
11.- A6
Autor: Luis Prego. Arranxos:Ardentía
12.- No Curral de San Roque
Autor: Nazario Iglesias "Moxenas"
13.- Ireite ver
Tradicional
Maruxa ten boas pernas
Que llas vin no corredor,
Non vin pernas coma elas
Na filla dun labrador.
Ai, Maruxiña!
Do meu querere
Si estas doente,
Ireite ver,
Ireite vere.
Maruxa ten sete saias
Todas elas lle estan benhe,
Debaixo das sete saias
Leva a máquina do trenhe. |
Ai, Maruxiña!...
-Maruxiña dame un bico
Que ch'ei de dar un pataco.
-non quero bicos dos homes
Que me cheiran ó tabaco.
Ai, Maruxiña!...
Ábreme a porta Maruxa,
Se non, entro polas tellas;
Teño un neno comezado,
Só me faltan as orellas.
Ai, Maruxiña!... |
14.- Rumba de Barciademera
Tradicional
O loureiro bate bate
Eu ben o sinto batere
Coa folla no tellado
Pro meu amor entendere
Ai lala ailalalalalalala
Ai la la ai lalalalalalala
Ai lala
Axudádeme a cantare
Mociñas da miña aldea
Axudademe a cantare
Que estou en terra allea
Ai lala...
Barciademera caiue
Redondo xa está no chanhe
Aldeiña de seixedos
Esta non cae que ten manhe
Ai lala.. |
O pandeiro toca benhe
As ferriñas danlle o sonhe
As mociñas que o tocan
De Barciademera sonhe
Ai lala...
A porta do San Amaro
Hai dúas pedras de asento
Unha é pra namorare
E outra pra perder o tempo
Ai lala...
Vou a da-la despedida
Despedida dunha rosa
Como me vou despedire
Dunha cara tan fermosa
Ai lala... |
15.- No faro do Montedor
Cantiga popular portuguesa
Oh faro de Montedor, oai, oai,
Oh faro de Montedor,
Alumea ca pra baixo, oai, oai,
Alumea ca pra baixo, oai, oai.
Que eu perdín o meu amor, oai, oai,
Que eu perdín o meu amor,
E as escuras não o hacho, oai, oai,
E as escuras não o hacho, oai, oai.
Será que o mataron a el, oai, oai,
Será que el matou alguén,
O meu amor que não ven, oai, oai,
O meu amor que não ven, oai, oai.
? 
|