Meigallo
(Moisés Quintas)
O meigallo está
no mundo
ou.. quixas ó reves.
Non, o meigallo está nos homes.
Os homes fixeron o meigallo, e
agora,
non son quen de o dominar.
E cando funga o vento
por entre as carballeiras,
abalando nos carballos
e rachando o que lle peta,
semella o demo e as meigas
que teñen nas súas mans a nosa terra.
|
|
Tarabela
(Moisés Quintas)
¡¡Calquera non foxe
tarabela!!
Non cómpre que fungue moito
que xa estás ti de espantallo.
Ás veces coido que ata
o vento
che ten medo
cando vos vexo man a man
á porfía un co outro.
Outras semella que estades xunguidos
que el che dá alento
e ti berras: ¡¡fuxide!!, ¡¡fuxide!!.
|
Viaxe
de ida e volta
(Moisés Quintas)
Quén sabe se
imos ou vimos.
Cando un se vai
sempre conta con voltar.
Quizais un nunca se
vai de todo,
xa que as cousas que deixa,
ó formar parte dun mesmo,
sempre están reclamando a outra parte.
Pode que ámbalas
dúas partes
xamais volvan atoparse;
materialmente, iso si,
xa que cando o querer é de lei,
o espírito... ese, volta seguro
|
|
Dor
Xorda
(Rosa Gayoso e Xosé Manuel Fernández)
Podo imaxinar bágoas desprovistas
de verbas
verbas carentes de paisaxes,
paisaxes privadas de moradores,
cores viuvas de obxectos,
obxectos baleiros.
Podo imaxinar nenos sen xoguetes,
xoguetes sen historia,
historias de dor,
dores volátiles e permanentes ó mesmo tempo
Tempo dorido.
Podo imaxinar un mundo sen maxín,
un maxín en branco e negro,
un branco e negro encerrado en cinemascope,
o cinemascope da vida,
a vida da música...
Podo imaxinar horror, bercalo,
choralo, cantalo
Podo predica-la dor, bicala, adormecela...
pero o que non podo é deixala quedar xorda.
|
|

|
Churumbele
(Xosé Manuel Fernández) |
Velocidade
de escape
(Rafa Cachafeiro)
|
 |

|
Entre
nós
(Moisés Quintas)
Norte dos camiñantes,
acougo de almas rasmundanas
alento dos desterrados,
sorriso cos ollos pechados,
ollar chispeante,
conversa de amizade,
segredo ben gardado,
tesouro do corazón,
utopía dos que están lonxe
|
Nana
(Tradicional - Moisés Quintas.
Letra: Rosa Gayoso)
Ceo oscuro cuberto de
ollos.
Ollos que ollan para a lúa
agardando o sinal que lles diga...
durme
Lúa branca, sorriso
sen cara.
Berce que me espera.
Doce camiña branca de luz...
cántame.
|
|
Na
noite
(Moisés Quintas)
Aliada de mentes inquedas.
Silencio e paz do corpo e da alma.
Feiticeira que alumeas vieiros no ceo.
Mentes inquedas que chegan a
ti
engaioladas polo teu brillo
na procura do mundo das ideas.
Corpos e aalmas rebulideiras
réndenseche pedindo clemencia
para fuxir do barullo do mundo.
Camiño longo, sen fin.
Ollar que se reflicte cara dentro.
Non queiras trabucarme, ti.. feiticeira.
|
 |
Camiño
de estrelas
(Rafa Cachafeiro. Letra: Moisés
Quintas)
Funga o vento e a choiva
rosma, rosma ó caer;
¿onde estás trasmundano?
dime.. o teu norte, ¿Cal é?
Pecho os ollos, tomo
alento,
comezo a ollar para dentro,
no arrepiar do corpo
penso que.. xa o atopei.
Ilusión e sentimento
que me rouban a razón,
un camiño de estrelas
alumea... o meu corazón.
|
|
Raianos
(Moisés Quintas)
|