Páxina anterior

 

QUEMPALLOU
Polo Aire!!

 
 



www.quempallou.com

.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

5 comentarios deste disco .....

 

 

 

 

 


 

 

 

Quempallou segue polo aire, coma sempre coa lingua de fóra. Seguimos a dicir que pu, pu, pu ou o que sexa que nos pete no peito, sen nos importar demasiado que chova, namentres non nos leve o mar.

Seguimos a peneirar ao son das malladoras, á procura dunha nova vida para que ninguén nos obrigue a fi carmos sen ti, sen vós.

Temos un pouco de mel para quen nos acompañe nesta nosa frecuencia, de muiñeira tropical polas praias de Pantín, por exemplo.

Muller miña, meu cabaleiro, Quempallou segue nas ondas, Quempallou segue...

Polo Aire!!

 

 

 

 

Quempallou Polo Aire:

Xulio Coira
(gaitas, clarinete),
Xulio Abal
(mandolina, harpa, banjo),
Xosé Maceda
(bombo, percusións),
Roi Maceda
(acordeón),
Alfonso García “Eski”
(técnico de son),
Guillerme Ignacio
(gaitas, frautas, voz),
Isaac Millán
(bouzouki, guitarra acústica,
harpa en “Unha nova vida” e programacións en “Ninguén”),

Roi Adrio
(tamboril, caixa, percusións).

 

 


Músicos convidados:


Juansi
(contrabaixo en “Levados do mar” e “A malladora”),
Pablo da Lama
(saxo soprano en
“Rumba de Pu”),

Dios Ke Te Crew
(voces, bases e scratches en “Ninguén/Quempa-Hop”),
O Tear de Llerena,
(voces e pandeiretas en “Ninguén”).


Locutores:

Xurxo Souto e
Emilio Españadero.

 

 


Deseño gráfico:

Guillermo Martínez Lamosa.

 

 

 

Fotografías:

Manuel Varcárcel.

 


 

Gravado nos estudos “Desfase Sound” en Ourense e “A Lagharteira” en Arcade nos meses de Marzo e Abril de 2007.

Mesturado e masterizado en
“A Lagharteira” en Abril de 2007.

 

Tódolos temas arranxados por Quempallou, agás “Ninguén!!”, arranxado por Quempallou e
Dios ke te Crew.

 

 

Técnicos de estudo:
Alfonso García “Eski”, Isaac Millán.

 

 

 

 

 

 

 

 

1.- Que chova!!     
(Guillerme Ignacio/ Tradicional)

Así caian chuzos de punta no mundo namentres teñamos ese abrighiño no que ningún dos nosos males importa ren. Iso si, sexa auga a que nos molle...

Se chove deixa chover-e
Se orballa deixa orballar-e
Qu’eu ben sei das abrighadas
Onde m’hei d’ir abrighar.

Se queres que saia a Lúa
Fecha os ollos meu amor-e
Que mentres os tes abertos
A Lúa pensa que hai Sol

Pero que chova, que chova, que chova
Pero que chova
Que chova a cachón!
Máis que non mexen, non mexen, non mexen
Máis que non mexen
Por riba de nós!

Non te troco miña rula
Non te troco meu amor-e
Nin pola prata da Lúa
Nin polo ouro do Sol

O Sol prende nunha liña
As estrelas nun cordónhe
A Lúa con fío de seda
E ti no meu corasón!!

Pero que chova, que chova, que chova
Pero que chova
Que chova a cachón!
Máis que non mexen, non mexen, non mexen
Máis que non mexen
Por riba de nós!

 

2. Levados do mar    
(Roi Maceda)


Van os barcos galegos polo mundo, e algún nunca volve.
Para os levados.

Canto tempo xa pasou
que non podemos lembrar
desterrados deste mar.
la larala lara la
O mesmo que nos deu vida
tamén nola veu tirar
somos almas sen fogar
la larala lara la
levados do mar.
A cobiza das mareas
trae os ventos da súa man
non nos deixará voltar
la larala lara la
Chora a Terra a nosa falta
por un fi llo a súa nai
por iso somos levados
la larala lara la
levados do mar.



 

3. Muller miña     
(Tradicional/Roi Maceda)

Era un vintedous, feira no Incio. Fomos á casa de Josito no Viso, e alí, Xurxo e Teluca comezaron a cantar Muller Miña ...

Muller miña non bebas viño (bis)
Que ch’hei mercar unhos zocos (bis)
Iso non maridiño non (bis)
Os pés tortos non queren os zocos
Veña viño pr’ós nosos corpos!
Muller miña non bebas viño (bis)
Que ch’hei mercar unhas medias (bis)
Iso non maridiño non (bis)
Pernas negras non queren as medias
Os pés tortos non queren os zocos
Veña viño pr’ós nosos corpos!
Muller miña non bebas viño (bis)
Que ch’hei mercar un refaixo (bis)
Iso non maridiño non (bis)
O cu baixo non quere refaixo
Pernas negras non queren as medias
Os pés tortos non queren os zocos
Veña viño pr’ós nosos corpos!
Muller miña non bebas viño (bis)
Que ch’hei mercar un xustillo (bis)
Iso non maridiño non (bis)
Corpo feitiño non quere xustillo
O cu baixo non quere refaixo
Pernas negras non queren as medias
Os pés tortos non queren os zocos
Veña viño pr’ós nosos corpos!
Muller miña non bebas viño (bis)
Que ch’hei mercar a camisa (bis)
Iso non maridiño non (bis)
Barriga lisa non quere camisa
Corpo feitiño non quere xustillo
O cu baixo non quere refaixo
Pernas negras non queren as medias
Os pés tortos non queren os zocos
Veña viño pr’ós nosos corpos!.

 

 

4.- Rumba de Pu   
(Guillerme Ignacio)

A ilusión do comezo, a forza dos primeiros pasos. Na lembranza daquela paixón incontida, dun proxecto que agromou vizoso e festeiro no que hoxe somos: Quempallou.

 

 

 

5.- Unha nova vida     
(Roi Maceda)

Un valse feito para a banda sonora da curtametraxe Unha Nova Vida.
¡Quen non desexou algunha vez deixalo todo e comezar de novo?

 

 


6. ...un pouco de mel     
( Fernando Monroy/Guillerme Ignacio.
Letra: Fernando Monroy/Tradicional)

Un pouco de sal, un pouco de mel... évos así o conto; moito mel para tod@s!!.

Miña pandeireta nova
Ten ferreñas na varanda
Viva quen anda d’amores
Viva quen d’amores anda
Un pouco de sal, un pouco de mel
Un pouco de sal, un pouco de mel
Que teñen as mozas que saben tan ben
Que saben tan ben, que saben tan mal
Un pouco de mel, un pouco de sal...
Catro cousas hai no mundo
Que revolven o sentido,
Amar e non ser amado,
Querer e non ser querido,
Un pouco de sal...
Eu ben vin beillar a lúa
En campaíñas de prata
Tomar amores non custa
esquecelos si que mata
Un pouco de sal...
I-adeus que xa che me vou-e
Pero a onde non cho digo
Se che pegan as soidades
Avíate e vén comigo
Un pouco de sal....

 

 

 

7. A malladora     
(Roi Maceda)

Moitos anos pensando en facer un tema para a malladora, aquela que unha vez empallou.
Aquí o tedes.


 

 

8. Coa lingua de fóra     
(Guillerme Ignacio)

Aos novos... o futuro.

Xa levabamos ben tempo,
Fodidos por ben de anos,
Con aquilo de que había
Que falar o castejano

Pero o pobo nunca quixo
Que lle trocaran a fala
Dicindo que a súa é boa

E que a nosa é a mala
E que foi que foi, que foi qué será
Din que temos lingua, e será verdá?
E será verdá, e será verdá,
Sácalla pra fóra, non a agoches máis!!

Moito traballiño deu-e
Que trunfara a razónhe
pra poder usar a lingua
Que nos sae do corazónhe

E-aghora que xa podemos
con liberdade empregala
non llo falamos ás nenas
non sexa que saian parvas!!

Úsana na vila
e no Corte Inglés,
Usámola sempre,
como ten que ser
Úsaa o tío Xan,
e o avó Miguel
Usámola todas,
úsaa ti tamén!!

Que se a nosa Terra é nosa,
A nosa fala taménhe
Mira ti se somos ricos
Inda qu’algún non s’entere

Así que se hai quen che diga
Que non lle gusta o galego
Ti dille non te preocupes,
Que por ti x’o falo eu,
Pero inda é boa vergoña
Non saber o que é DE TEU.

Bótallela xa, non a agoches máis
Con todo o dereito queremos falar
Dilles que non foi como eles din

Qu’en galego sempre quixemos vivir
Qu’en galego agora podemos vivir!!!

 

 

 

9. Muiñeirada - Pasodobre tropical     
(Roi Maceda-Pablo López Torneiro)

A festa... a beillar!!

 

 

10. Fandango de Pantín     
(Roi Maceda)

Alí onde as ondas do mar baten con forza.
Con moito cariño..

 

 

 

11. Ninguén!! (Quempa-Hop)     
(Isaac Millán/Guillerme Ignacio/Dios ke te Crew)

Dios ke te Crew e máis Quempallou xunguidos pola forza da música e o amor á Terra. Hip-Hop e folc danse a man para que ninguén mate a nosa esperanza nun mundo mellor.

 

 

 

12. ...sen ti     
(Guillerme Ignacio/Roi Maceda.
Coplas tradicionais)

Alalá do desamor, porque con coplas
tan profundas sobran adobíos...

Sospirei botei un ai
Por un pé de millo arriba
Sospirei botei un ai
Olvidei a quen quería
Ai lele lo ai lela lo
Olvidei a quen quería.
Por ti olvidei a Deus
Por ti a ghloria perdín
i-aghora voume quedando
sen Deus sen ghloria e sen ti
Ai lele lo ai lela lo
sen Deus sen ghloria e sen ti...

 

 

 

 

 

Este traballo que tedes nas mans non sería posible sen a colaboración da nosa discográfi ca Zouma Records, -hai que apostar por este grupo!-. Queremos agradecer o traballo prestado a Juansi, Pablo da Lama; Marcelo, Xandre, Xito do Tear de Llerena; Jamas, Mou, García, Sokram, Dj Murdock de Dios Ke Te Crew. Grandes músicos e mellores persoas. Os marabillosos comentarios de Xurxo e Emilio, sempre polo aire!!! Grazas á Radio Galega por emprestarnos a estes dous, e aguantarnos na sesión de fotos. Se non fora por Piro e Ermo non nos habiades de ver tan ghuapos no disco, moitas grazas!! Como non a Eski e Millaguis por traballar tanto e tan ben. A Xosé Liz por estar aí para o que “fagha fl auta”, e por emprestarnos a ídem. A Pablo Torneiro e Fernando Monroy polas súas músicas. Ás nosas mozas e familias por querernos tanto. E graciñas mil a tod@s @s que nos seguides dende sempre porque... todos somos Quempallou!!! Isto é para vós.

 



 

 

 


Quempallou

Maqueta
Disco, Gañadores do II Certame Folk Radio Obradoiro
Estremonías
Polo Aire!!



Ultimas novas en Ghastas Pista relacionadas con Quempallou

* Quempallou en Begonte (Lugo)
* I Festival de Normalización Lingüistica en Portonovo.
* XVIII Esmorga Folk (A Bandeira. Silleda)
* Día da Gaita e Romería de A Xira de Santa Cruz (Ribadeo)
* Quempallou na Noite Celta da Veiga (Vegadeo - Asturies)

Busca máis información sobre este grupo en Ghastas Pista





Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:

info@ghastaspista.com




< =Estremonías
( Quempallou )


Voltar á páxina principal