Páxina anterior

Miro Casabella:

ORVALLO


.....

Ghastas Pista?

Falándoche de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]

2 comentarios deste disco .....

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

Porque nunca se fora

Dos anos de Voces Ceibes, tan fermosos que doen e laian, recordo con predilección o canto cheo de rexistros, timbrado como un río insurxente, de Miro Casabella, artista altivo, inspiración sabia, que ía e viña da balada ao folc con tempo para a canción belixerante xunguida ao carro popular.
Nestes anos, duros a tal diamantes, Miro Casabella non era soamente guitarra e voz afinada que era tamén gaita e zanfona, pulo vertixinoso de apañar o canto da terra, verde e inmenso.
E pois Miro Casabella ten a pacencia dos ríos, dos ríos clásicos xa se entende, os anos lonxe de menguar a súa ribeira non fixeron senón que esta medrase nun proceso de recolleita continua que sigue a chover a xeito de orvallo teimoso e productivo. E que hoxe fai que saia a luz neste Orvallo, alcendido e outorgado por algún deus maior, por algunha forza grande que ten por motivo esa causa namorada, ese don musical representado por Miro Casabella. Neto dun cego, cantante comprometido nos anos baldeiros, músico folc no grupo Doa cando a fusión era aínda entelequia, utopía, bagatela. Miro das metamorfoses, Casabella das artistas, Miro Casabella poliédrico nun rio diamantino que vai dar ao mar rebelde.
Orvallo é unha mostra posible; unha de tantas como pode dar e terá de darnos o cantante do Valadouro. Nesta entrega viaxamos con Miro Casabella - voz lizgaira, concepto meridiano polos camiños do folclore, pola esencia rosaliana revisitada, por poetas belixerantes e ben telúricos. En Orvallo Miro Casabella codifica unha canci´n de culto como é Adeus, de Auricho Pereira e Salvador García-Bodaño, na que tantos nacimos naqueles anos tan fermosos que doían e aínda laiaban.
Non é que Miro Casabella volva. Os que volvemos somos nós, enguedellados no engado deste canto búmeran, xardin aberto para moitos. E é que Miro nunca se fora.

Vicente Araguas

 

 

 

 

 

 

Á hora de interpretar a música dos Minnesanger apréciase unha relación coa música andaluza, xa que no sistema estrófico, se ven signos de imitación como o uso frecuente da cuarteta métrica do sistema andaluz, da quintilla, catro versos monorrimos e un quinto de rima común a dúas seccións .
Os Minnesanger utilizaron tamén o terceto (AAB) da métrica galega, o cal ten precedentes nalgúns poetas andaluces. A cuarteta métrica andaluza relaciónase co cuarteto árabepersa (Dubait) (AABA) que conservara como forma arcaica de estrofa musical. Esta estructura musical é a predominante en toda a música medieval que procede da mesma orixe: rondós, baladas, etc.
¿Onde aprenderon os Minnesanger a música andaluza? En moitas partes do mundo xograres e músicos ambulantes tocaban a música de Andalucía. A música galega ten un encontro importante co mundo árabe cando, por exemplo, Martín Codax, no século XII, viaxa a Andalucía co rei Fernando III, o santo, á guerra contra os mouros.

Pertencentes a este período interprétanse dúas melodías:
-Do Cancioneiro de Jenar, do músico Der Gutere (o bo) con ritmo de Ramel unha marcha lenta, artística e harmónica.
-Do Cancioneiro da Biblioteca de París e de autor anónimo unha bela melodía de tipo superior, arte exquisita e delicada de forte expresión. Melodía formada por unha frase melódica, que, ao irse repetindo, se transforma subindo de grao e destacándose o crescendo polas mesmas notas e modos, os cales van mudando até chegar, no punto máis culminante, á nota máis aguda e máis sentida desde a que se desce para repousar na máis baixa, que é a da cadencia final.

 

 

 

 

 

CREDITOS

 

 

Producción: Miro Casabella


Arranxos e guitarras: Jorge Labanca.


Voz, Zanfoña e Cítara: Miro Casabella


No tema "danza do Rosal":
laúde e guitarra Xan Piñón,
percusión
Bernardo Martínez,
cítaras
Miro Casabella,
guitarras contrapunto
Jorge Labanca

Técnico de son: Juan Lameiro


Feito en Cambre, A Coruña,
en Febreiro do 2003

 

 

 

Edita Picap S.L.
Tel. (34)93 747 11 00
picap@picap.com
Distribúe Actual Records

www.actualrecords.com

1. Fuco Perez     
Letra: Celso Emilio Ferreiro Miguez
Música:Xavier G. del Valle - Ramiro Casabella

Fuco Pérez sin segundo,
veciño de Gargamala,
viudo, maior de idade,
propietario dunha cabra
e dun terrón que produce
cinco ducias de patacas.
Fuco Pérez sin segundo,
furibundo iconoclasta,
pai dun neno engaranido
chantado diante a cabana.
Por teimoso inconformista
téñente fichado os gardas;
por herexe e descreído
póñenche a figa as beatas.
Fuco Pérez sin segundo
ninguén sabe o que che pasa.
Teso o día, tes a noite,
tes os paxaros da ialba,
tes as estrelas do ceo,
tes as rúas i as estradas.
Fuco Pérez sin segundo
¿qué che falta?...

 

2. Fiandeiriña     
Letra: Uxío Novoneira
Música: Ramiro Casabella

Fiandeiriña delgada
sempre metida a fiar
sempre a fiar e soñar
para logo non ser nada.

Para logo non ser nada
eso inda está por ver
e pois cas frebas do liño
ó torcelas de camiño
algo se ha de prender.

Algo se ha de prender
i afé que tiñas razón
que eu estábache mirando
Sin deñar que encantenón
ibame indo namorando

 

3. Adeus     
Letra: Salvador García-Bodaño
Música: Aurichu Pereira - Ramiro Casabella

Na branca sorrisa dunha onda,
camiña o adeus de escuma
que calquera día che dixen eu...

Olla cos teus ollos cansos
tódalas praias dese meridiano
onde quizais foi vagar paseniñamente.

Eu sei que terás de atopalo
no balbordo do mar
ou entre as sombras das lanchas na area.

Tamén poida ser que nalgunha cuncha esquecida
ou no ronsel inborrable da túa ausencia.

Eu sei que terás de atopalo.

 

4.- Anónimo   
(Cancioneiro do Arsenal)


5.- Cando penso que...     
Letra: Rosalía de Castro:
Música: Ramiro Casabella

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

 

6. Meu naranxedo     
Anónimo (S. XV)

Meu naranxedo non ten fruta,
mas agora ven,
no me le toque ninguén,
no me le toque ninguén.

El fruto no le es venido
mas agora ven,
no me le toque ninguén,
no me le toque ninguén.

Meu naranxedo frorido,
meu naranxedo granado,
el fruto no le es llegado,
mas agora ven,
no me le toque ninguén.

 

7. Der Gutere     
O bo (cancioneiro de Jenan)


8. Compostela     

Letra: Salvador García-Bodaño
Música: Ramiro Casabella

E as lembranzas igual cas ondas
veñen soltas
dende o fondo de nós
e todas
fan un mar que se alonxa...

Compostela é unha rúa longa
na memoria
onde vagan os nomes
e as horas
que cada quen recorda

E as lembranzas igual cas ondas

Tempo de eternidade nas sombras
case vougas
a caer polo días
e as cousas
maino como unha choiva.

E as lembranzas igual cas ondas

Van no libro da vida as follas
xa sen volta
pasando sobre o atril
das lousas
sen que un se dea conta.

E as lembranzas igual cas ondas
veñen soltas
dende o fondo de nós
e todas
fan un mar que se alonxa...

 

9. Bailemos amigas     
Letra: Airas Nunes
Música: Ramiro Casabella

Bailemos nós ja todas tres, ai amigas
so aquestas avelaneiras frolidas,
e quen for velida como nós, velidas,
se amigo amar,
so aquestas avelaneiras frolidas,
verra bailar.
Bailemos nós ja todas tres, ai irmanas,
so aqueste ramo d'estas avelanas,
e quen for louçana como nós, louçanas,
se amigo amar,
so aqueste ramo d'estas avelanas,
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr'al nom fazemos,
so aqueste ramo frolido bailemos,
e quen ben parecer como nós parecemos,
se amigo amar,
so aqueste ramo, sol que nós bailemos,
verrá bailar.

 

10. Por Antequera suspira     
Anónimo (s. XVI)

Por Antequera suspira
El rey Chico de Granada,
Porque tiene dentro en ella
Las cosas que mas amava.
Suspiros da sin consuelo,
Que el alma se le arrancava.
No suspira él por su tierra,
Qu'en otra mejor estava;
Suspira por una mora,
La flor de toda Granada,
Blanca, rubia maravilla,
Sobre todas agraciada.
Llorando de los sus ojos,
Desta manera hablava:
"¡O, alma del alma mía!,
¿di si estás aprisionada?
Yo sería en tu resgate
En dar por ti a Granada,
y si esto no bastare,
Daré toda el Alpuxarra".

 

11. The Prestige     
Letra e Música: Ramiro Casabella

Virxenciña de Muxía
ficou enchida de merda
ben poidera ser de ouro
si a virxenciña quixera.
Si a virxenciña quixera
ai la le lo ai la la lo,
Nin para ben
nin para mal
non o queremos no noso chan
nin para ben
nin para mal
non o queremos NUNCA MÁIS

Personaxes de prestige
veñen visitar Galicia
son os mesmos que nos trouxeron
a pobreza e a inmundicia.
A pobreza e a inmundicia
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...

Non has de esquecer Galicia
tanta ofensa e tanto engano
tanta burla e tanta morte
tanta rabia e tanto dano.
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...

Prepáranse grandes medios
Para combater a negrura
Voluntarios e mariñeiros
Corazón, enxeño e bravura
Corazón, enxeño e bravura
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...

A xuventude da morte
vaise pra as illas Canarias
traballar lonxe da terriña
por culpiña duns canaias.
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben...

Dicen que van poñer
Un ave que corre moito
Para ficaren na nosa terra
Paxariños quero dos outros.
Paxariños quero dos outros
ai la le lo ai la la lo.
Nin para ben
nin para mal
non o queremos no noso chan
nin para ben
nin para mal
non o queremos NUNCA MÁIS.

 

12. Danza do Rosal     
Adapta. X. Piñon - Bernardo Martinez - R. Casabella

 






Textos, videos, imaxes.. i enlaces relacionados e/ou que apuntan a esta páxina:


Apareceu un novo disco de Miro Casabella. Despois de tantos anos esa é unha noticia de primeira porque segue sendo a mellor voz daquel grupo de cantautores surxido nos anos 70 e agrupados en Voces Ceibes. Orvallo é o título desta presada de cancións, escolmadas de entre as 200 que Casabella ten prestas para grabar.

Por que pasou tanto anos sen grabar?
Non se deron as circunstancias. Foron moitos anos cantando, indo dun lado para outro, mobilizando pero despois dese periodo tiven un desencanto xeral, tamén político,e aparteime . Máis tarde en Doa experimentei todo tipo de musicas pero pretendia outras cousas. Como solista estaba tamén desencantado. Seguín traballando e despois de moitos anos sae este disco. Pero teño material para facer dez discose se o tempo axuda...

En Orvallo todo é guitarra e hai pouca orquestracion, pero xa fixo discos máis complexos?
Con esta música trato de achegar, facela íntima e faise millor con pouca ilustración para non distraer. O disco titúlase Orvallo, porque é miudiño, para calare chegar ben dentro.Os comentarios que recibo son positivos, pero doume conta que moitas cancións é preciso escoitalas varias veces. Non quería moitos arranxos para non enturbiar a comunicación.

Cambiou o público daquel tempo a hoxe?
Cambiou pero desta volta, en actuacións públicas, pouco catei ainda. Tiven uha actuación en Nigrán,cos Luar na Lubre,con oito mil persoas. Aacollida é moi boa pero a proba é pouca porque cantei poucas pezas. En Vigo estiven nun local pequeno, nun recital de Amigos da Repúblicas, cheo de xente a maioría nova que non me coñecia.

Voces Ceibes foi un movemento de sona, pero que pasou aquí para non termos un Lluis Llach.
Non o sei. A min parecíame que Galiza naquel momento non daba para máis. A repercusión e as actuacións eran boas. Pero Cataluña e Galiza son paises diferentes; alíempezaran antes e había un público máis feito, eo noso era maiormente universitario, de entrada, aínda que despois se ampliou pero a xente non se achegaba a este tipo de música. Viase como subversiva. Gostaba máis Andrés do Barro ou Xoán Pardo e en certo sentido utilizábanos para anular a nosa. A propaganda promovíao Canto a Galicia de Julio Iglesias e presentaba o outro como pura subversión. Para completalo non había difusión na radio e na TV e así é imposíbel.

Sen radio e tv a favor non hai música posíbel?
Fas música para difundila e o que non se coñecenon se ama. Se non saes non existes e menos nesta situación nosa. Os programadores demandan xentes que non moleste. Daquelaseriame mellor ser El Fary, Lolita ou Camilo Sesto para cantar na TVG, na quesae Luar na Lubre e algúns poucos máis pero quen non molesten demasiado.

Vostede ten na casa un estudo completo simplificado pola informática. Agora hai posibilidades pero menos difusión.
O problema é difundir. As casas de discos teñen un momento moi baixo e iso é un problema, porque ou es un crack ou as producións son moi persoais. Eles xa só poñen fabricación e distribción. E os riscos que teñendiminúen moito.

Non o afecta a piratería?
A industria só se ocupa dos que lle dan diñeiro rápido. Os bisbales son o produto que lle interesan e son os que máis os ocupan. A min non me piratea ninguén, sería un éxito estar no top manta! Os pequenos resentímonos só como reacción, pero non porque fosen apostar máis por nós.

Seica ten máis de 200 cancións esperando para editar.
Téñoas arranxadas e moitas xa grabada s. Falta que haxa interese por parte dalgunha editora. Hai música antiga, popular, folk, reinterpretacións, textos revisitados. Hai letras miñas pero musiquei moitos poetas, Celso Emilio Ferreiro, García Bodaño, Uxío Novoneyra, clásicos de letras poualres Manuel Antonio, Rosalía, Emilio Álvarez Blázquez.

Tamén se atreveu con Negra Sombra fora da música cuase canónica de Xoán Montes?
O disco ía de íntimo e fixen unha reinterpretación desde unha persoa que canta. A música de Montes, tan maravillosa, foi concibida para unha interpretación coral. Non foi un atrevimento, fíxeno como reinterpretación , sentina e expreseina asi.

O meu país é verde e neboento /saudoso e antergo... Como é o seu país, trinta anos despois?
Case nada é diferente. Cambiou o nivel de vida pero eu empecei cando sentía perseguida e ameazadaa miña lingua e cultura. Hoxe ninguén me vai levar preso por cantar , pero se non se difunde a nosa música non existimos.





youtube.com/watch?v=YVvOqJ05Vno :
(YouTube - Miro Casabella - A Morte Saiu á Rua) :




vieiros.com/gterra/nova.php?Ed=14&id=47390 :
<< Miro Casabella, unha das voces destacadas da nova canción galega, formou poarte de Voces Ceibes e logo desenvolveu unha consolidada traxectoria en solitario que comezou precisamente en Barcelona. Publicou en 2004 o seu último disco, Orvallo (Picap, 2004), animado por Paco Ibáñez, no que inclúe cancións sobre poemas galegos medievais, Celso Emilio, Rosalía, Uxío Novoneyra, García-Bodaño e un tema titulado "The Prestige".>>



bretemas.blogspot.com/2005/01/orvallo-e-outras-msicas.html.. :
Orvallo e outras músicas
Onte remexendo entre os discos de música galega do centro comercial atopei ao chou un novo cedé de Miro Casabella, Orvallo. Vaia sorpresa!!! O meu amado Miro, o de “O meu país” (o tema que hai pouco gravou Luar na lubre), quizais unha das mellores cancións da música galega, despois de non sei cantos anos, saca un cedé en solitario. Só sabía da súa participación nas gravacións de Doa, xunto ao músico e fotógrafo Xoán Piñón.
Escoitando o cedé de Miro comprobei que ten razón Vicente Araguas cando di que “non é que Miro Casabella volva, os que volvemos somos nós, porque el nunca se fora”. Emocionoume volver escoitar “Adeus”, canción sobre un poema de Bodaño, a quen lle puxeran música Aurichu Pereira e o propio Miro; e gustáronme os temas instrumentais, sobre todo “Der Gutere”, onde a zanfona soa cun aire mozárabe precioso.
Como é posible que Miro Casabella (un dos grandes de Voces Ceibes e do Movemento da Nova Canción Popular Galega) edite un cedé e non apareza esta noticia en case medio ningún? É incrible. Demostra que a edición de música galega é un mundo invisible, só recoñecible para os moi iniciados.(...)




agal-gz.org/modules.php?name=News&file=article&sid=2143.. :
O Nosso País nas Vozes de Sara Vidal e Miro Casabella
Foi o momento álgido do concerto dos Luar na Lubre no Festival do Mundo Celta. Primeiro entrou com força Sara Vidal, que ainda estava sendo avaliada polo público; depois surgiu a voz de Miro –um dos «precursores» da cita- e chegou o momento de silêncio para poder ouvir aquela voz tam bem conservada. Observar o grau de atençom do público era outro espectáculo. Por fim, o canto a duas vozes; a síntese Norte-Sul. Ganhárom a ovaçom da noite, claro. (...)




doa-music.com/histo/texto.html :
<<(...)Neste momento coñecemos a Miro, que está preparando un disco, e despois de traballar un ano aproximadamente O son da estrela escura coa formación de cuarteto e contribuíndo cun novo enfoque ás pezas, propómoslle a Miro traballar como grupo e co nome de Doa. (...) Miro Casabella, lonxe de ser un descoñecido, viña de desenvolver unha brilante carreira de cantor, durante algún tempo vencellado ao fato Voces Ceibes (...)>>



elcorreogallego.es:8080/periodico/20050413/Cultura-Sociedad/.. :
<< Miro Casabella fue la Voz Ceibe lejos de Galicia (...) Era una época muy difícil, pero en Barcelona había bastantes cantautores con los que coincidí en fiestas de los pueblos como Pi de la Serra, Raimon, Ovidi Montllor, Lluis Llach, María del Mar Bonet. También fui a cantar a Francia y canté en París, en un festival de la Mutualité, con Xerardo Moscoso, que llegaba de Galicia; Paco Ibáñez, que ya era muy conocido en Francia; y Amancio Prada, que estudiaba en París. Luego en otros recitales también con cantantes de ese país e incluso con Joan Baez. (...) Eran tiempos difíciles por la censura, ya que teníamos que solicitar permisos y presentar las letras y a veces no nos llegaba la autorización hasta la víspera del recital. Donde teníamos más libertad era en las fiestas que se organizaban en algunas parroquias y conventos o en colegios mayores, pues estaban libres de trámite. (...) Algunos terminaron la carrera y dejaron la música para buscarse un camino, como Vicente Araguas que se fue de lector a Glasgow; Xerardo Moscoso, que tuvo que exiliarse y acabó de médico en México; o Guillermo Rojo, que es catedrático y actualmente secretario de la Real Academia Española. Pero otros continuamos y solíamos cantar en actos políticos afines. Éramos los que servíamos de atractivo para la gente y luego los políticos leían un manifiesto o daban un pequeño mitin. Pero luego, estos mismos políticos lograron sus puestos en ayuntamientos, diputaciones y comunidades autónomas y ya eran ellos las figuras y a los cantantes nos ponían de relleno. (...) aun continué unos años con el grupo Doa, con Xoán Piñón y Bernardo Martínez. Con ellos grabé un disco que tenía en mente y que incluso había presentado a un editor, que fue O son da estrela oscura. Tuvo mucho éxito y algunos de sus temas todavía se cantan hoy. Recientemente Luar na lubre grabó O meu país, que era la canción que hice sobre un texto de Juan Manuel Casado y que era con el que abría todos mis recitales.(...) >>



barnasants.com/cas/index_artistas.php?artsetid=100.. :
<< La canción de autor en Galicia tiene con Miro Casabella un digno representante del aspecto más emocional y entrañable, y que no por ello evita la realidad social.
Su último álbum, Orvallo (Picap, 2004), hace que temas tan agrios como el del desastre del Prestige nos retornen a través de este antiguo cantautor a un presente más duro del que parece. En directo impresiona su voz -la mejor de la generación de Voces Ceibes-, así como la fuerza con que transmite los sentimientos. El nuevo disco mantiene la originalidad y el estilo propios del cantante, y surge de la necesidad de comunicarse otra vez a través de canciones de agitación galaica. La grabación es fruto del apoyo que le dio Paco Ibáñez para que volviese a grabar.>>




uva.es/ficheros/fich41f1059437440.pdf :
<< El encuentro de estío “La canción poética. Entre la subversión y la subvención”, que se celebra del 27 al 29 en el Paraninfo de la Universidad (Plaza de la Universidad) acogerá, por otra parte, al escritor Bernardo Atxaga. La participación del autor de “El hijo del acordeonista” asistirá mañana por la tarde a la jornada dedicada a mostrar la canción poética hecha en tres autonomías, referencia de la canción protesta de los años 70. Por Galicia asistirán el escritor Vicente Araguas y la poeta Maite Dono, así como el cantante Miro Casadella; Cataluña estará representada por el cantante Quico Pi de la Serra y el escritor Jordi García-Soler; mientras que Euskadi trae a Ruper Ordorika y Bernardo Atxaga. El colofón de esta jornada será el concierto de Miro Casabella, Ruper Ordorika y Quico Pi de la Serra en el Paraninfo de la Universidad de Valladolid a las 20,30 horas. >>



luarnalubre.com/saudade/ga/web/diccionario.php?ide=105.. :
02 OLLA MEU IRMAO
(...)
Este tema foi gravado por Miro Casabella no ano 1969 dentro do seu single “Cantigas de escarnho e Maldizer”.
<< Olla meu irmao honrado, o que acontece con Daniel
Os que o tiñan desterrado agora falan ben del(...) >>




luarnalubre.com/saudade/ga/web/diccionario.php?ide=78.. :
02 O MEU PAíS
O gran Miro Casabella, unha das máis emblemáticas “Voces Ceibes” que axitou a conciencia galeguista durante os estertores do franquismo, gravou en 1977 esta fermosa balada para o seu prmeiro LP, Ti, Galiza.Aquel disco xamais coñeceu edición dixital e hoxe en día é un tesouro de case imposible localización, pero segue ocupando un lugar privilexiado na moi notable colección particular de Bieito Romero.(...)




luarnalubre.com/saudade/ga/web/diccionario.php?ide=104.. :
01 DESTERRO
(Miro Casabella)
Tema feito no ano 1966 por Miro Casabella do cal el di:"Eran uns anos cheos de tristura para min, lonxe da casa e da terra, sentíame como nun desterro do que sempre quería fuxir. Anos duros, faltos de liberdade e cunha lingua e cultura marxinada e sometida. Só as cancións como un paxariño me achegaban á miña querida terra".




info@ghastaspista.com




< =O Niño do Sol
( Milladoiro )
Mondopétriz
( Mondopétriz )
= >



Voltar á páxina principal