O programa das actividades das Xornadas de cultura mariñeira “Muros Mira ao Mar” trata de recoller unha oferta equilibrada en catro días de exaltación da nosa cultura. As diferentes actividades tratarán de dar cabida aos diferentes sectores de público e aos diferentes aspectos da cultura mariñeira.
O programa das actividades distinguirá dous espazos claramente definidos, por un lado o MAR e por outro a TERRA:
O MAR, medio imprescindible para programar as actividades, xa que as xornadas xiran aos redor deste, no que destacamos actuacións como: cursos de navegación, regatas, concetración de embarcacións tradicionais, certames de pesca, saídas cara a outros portos do municipio...
Mentres na TERRA a programación caracterizarase pola diversificación e pola atención aos diferentes públicos e intereses, contando con: exposicións, obradoiros, mercado tradicional, concertos, funcións teatrais, charlas, roteiros, degustacións...
“MUROS MIRA AO MAR” 2010
8 - 11 de XULLO, MUROS
ANTES DAS XORNADAS:
Luns, 5 de xullo: inauguración das exposicións
Do luns 5 ata o venres 9: Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros
XOVES, 8 DE XULLO
18.30 h. Pasacalles
18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo
19.00 h. Apertura oficial das xornadas, no Centro San Xosé
19.15 h. Debate no Centro San Xosé: “Mar e Mercadorías”
21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza
21.30 h. Teatro de rúa: Gostoso Pá, itinerante
VENRES, 9 DE XULLO
11.00 h. Pasacalles
11.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, no Curro da Praza
18.30 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na praia do Castelo
18.30 h. Pasacalles
18.30 h. Apertura do Mercado Mariñeiro
19.00 h. Debate no Centro San Xosé: “O Patrimonio Marítimo”
21.00 h. Teatro de rúa: Dynamogene con “M. Culbuto”, na Carpa Mariñeira
21.30 h. Teatro de rúa: Pista Catro con “Circo Expreso”, no varadoiro
23.30 h. Concerto: Os Cuchufellos, no Curro da Praza
SÁBADO, 10 DE XULLO
11.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais
11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros
12.00 h. Pasacalles
12.30 h. Animación no mercado: “Os Piratas Chascóns”
13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino”, na Pr. do Mercado
18.00 h. Concentración e navegación das embarcacións tradicionais
18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro
18.00 h. Animación no Mercado: “Chirinos e Chanfallas”
19.30 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”
19.30 h. Pasacalles: Os Tabernícolas do Leiradal
20.30 h. Teatro de rúa: Mago Teto con “O Afiador”
21.30 h. Teatro de rúa: Os Quinquilláns con “Arrieiros”
22.30 h. Animación no Mercado: “Os Monstros Mariños”
23.30 h. Concerto: Bonovo, no Curro da Praza
DOMINGO, 11 DE XULLO
11.00 h.Concentración e navegación das embarcacións tradicionais
11.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro e obradoiros
12.00 h. Pasacalles
13.00 h. O. Teatro de Muros con “O Bautismo de Aquilino” na Pr. do Mercado
18.00 h. Apertura do Mercado Mariñeiro
18.00 h. Animación no Mercado: “Deuses do Mar”
18.30 h. Entrega de premios dos concursos
18.45 h. Encontro Coral de Cantos Mariñeiros no Curro da Praza
19.30 h. Animación no Mercado: “Piratas Contistas”
20.00 h. Festival folclórico. Galanía de Muros
22.00 h. Animación no Mercado: “Akelarre de Meigas”
EXPOSICIÓNS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)
- No Muíño de Mareas do Pozo do Cachón
Marabilla Soa, mostra de artesanía
- No Centro San Xosé
“Motores Mariños en Movemento, Patelo” de José Mª Hermo
“O Mar da Memoria” do Museo do Mar de Galicia
“Reordenación da dársena interior”, de Portos
- No Centro Social
Fotografías de M. Longueira: “Xente no medio e memoria do IX Encontro”
- Na Fundación Comarcal
Cunchas de J. M. Porrúa e maquetas de Xubimar
Concurso de fotografías
DEBATES (no Centro San Xosé)
- Xoves ás 19.15 h.: “Mar e Mercadorías” coa intervención de: Afonso Touceda, Proxecto Amorodo. Antonio Portomuíños, Usos Alimenticios das Algas. Óscar Santamaría, A Orella de Mar. Coordina: Maika González García
- Venres ás 19.00 h.: “O patrimonio marítimo, embarcacións e navegación, museos do mar...” coa intervención de: Víctor Fernández, presidente da F.G.C.M.F. Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia. Uxío Allo, secretario da F.G.C.M.F. Coordina: Mar de Muros
OBRADOIROS (de 11h a 13h e de 19h a 21h)
- Nas prazas do Cristo e do Mercado e na Porta da Vila
Mostra do secado do congro, afumado da sardiña, reprodución dunha cociña e dunha taberna tradicional, cestaría, sancosmeiros, pan, cabullaría, ferraría e encaixe
- No Mercado Mariñeiro
Cerámica
- Na Pescadería Vella
Carpintaría de ribeira
- No Chalón
Mostra e obradoiro de Xogos Tradicionais (de 11.30 h. a 13.30 h.)
- Na praia do Castelo
Faluchos (horario: dende as 18h00)
- Na rúa Ancha
Mostra do Cascallo
VISITAS TURÍSTICAS GUIADAS (inscrición previa na Oficina de Turismo)
- Galicia Seadventure. Ruta do Mexillón: ás 12.00 h. e ás 18.00 h., de venres a domingo
- Casco antigo: ás 11.30 h. e ás 17.30 h.
- Moita vida no areal, ás 19.30 h., sábado e domingo
CONCURSOS
- De venres a domingo: I Certame de Tapas e Petiscos. 12.00 h a 14.30 h
- De venres a domingo: I Certame de Ambientación Mariñeira
- Sábado e domingo. VI Concurso de pesca a flote. 6.00 h a 13.00 h
NAVEGACIÓN
- Iniciación á vela tradicional na dársena de Muros. Inscrición previa na Casa de Cultura.
Concentración e navegación das embarcacións tradicionais, sábado e domingo. Mañá e tarde.
CARPA MARIÑEIRA
Aberta de 12.00 h - 15.30 h e de 19.30 h - 23.30 h
Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia), Johnston Pipe Band (Bretaña), Banda de Gaitas Viana - Manzaneda (Galicia), Dúo zanfona e voz (Óscar Fernández e Cristina Pico) e cuarteto de gaitas escocesas.
Escola de Gaitas de Ortigueira, Banda de gaitas de Ladrido, Banda de gaitas de AC Malante de Malpica, Banda de gaitas Viana- Manzaneda, Cuarteto Os Viqueiras (Galicia), Johnstone pipe band (Escocia), Bagad Karreg An Tan (Bretaña), Banda de gaitas El Enxambre (Asturias), Banda de gaitas Celturia (Valencia), Banda de gaitas mazikandú (Murcia)
Un ano máis, un fotoxornalista presenta a súa mirada sobre a cita folk. Nesta ocasión, o elixido é Ángel Manso, profesional ligado a La Voz de Galicia. A través das súas instantáneas sobre o ambiente, as xentes e os concertos poderase revivir o que foi a edición 2009 do Festival Ortigueira. A colección abriráse ao público días antes do Festival, no claustro da Casa Consistorial.
A Casa Consistorial (1ª planta) acolle esta exposición itinerante do Xacobeo 2010 que mostra, dende a óptica dos fotógrafos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino e Tino Viz, a riqueza que o fenómeno xacobeo xenera en Galicia. A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, os peregrinos visitantes e persoas que viven ao longo dos Camiños que levan a Santiago son rexistrados polas cámaras destes seis autores.
O Festival Ortigueira acolle a estrea dunha das películas galegas máis agardadas do ano: Os Crebinsky. Rodada en terras do Ortegal, esta comedia de aventuras de produción 100% galega, está dirixida por Enrique Otero e constitúe unha auténtica road movie.
O filme mostra aos irmáns Crebinsky (Miguel de Lira e Sergio Zearreta) no seu peregrinar á procura da súa vaca Muchka. Será unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e lembranzas borradas. Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen. Completan o reparto da película, entre outros, Luis Tosar e Celso Bugallo.
Pero o Universo Crebinsky inclúe ademais o animado espectáculo da
Banda Crebinsky, formación musical capitaneada pola estrela do leste, Vazdín Yukhknevich (voz e acordeón), que acompañará o xoves e o venres ao filme na súa estrea en Ortigueira.
Feira de artesanía
O Festival reserva espazo no paseo marítimo para a venda de produtos artesanais. Casetas e postos ambulantes ofrecerán aos visitantes diversidade de pezas únicas, produtos de reventa e artesanía do mundo. A organización primará a promoción de sectores en risco de desaparición e as propostas máis novas. Estará activa dende o mediodía e ata depois de acabados os concertos.
Curso gratuíto de zanfona, impartido polo mestre zanfonista, Óscar Fernández (12 prazas, á metade dos participantes prestaráselles a zanfona, grazas ao apoio do Concello de Narón). Requírese dominio dalgún instrumento, aínda que non sexa a zanfona. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Curso gratuíto de construcción de palletas, co mestre palleteiro Javier Pena Louzao (Bossa) (10 prazas)- Xoves, de 16 a 18 h; venres, de 11 a 13:30 h e de 16 a 18 h ; sábado, de 11 a 13:30 h. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Curso gratuíto de regueifa, da man de Luis "O Caruncho" e Benito Bieito (40 prazas)- Xoves, venres e sábado, de 11:00 a 13:30 h. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Curso gratuíto de baile galego con Xavier Espasandín, profesor de baile da Asociación Gamelas e Anduriñas (20 prazas de iniciación, 15 de perfeccionamento) - Iniciación: venres e sábado de 11:30 a 13:30 h. Perfeccionamento: venres e sábado de 16:30 a 18:30 h. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Curso gratuíto de bouzuki, impartido por Fernando Barroso (10 prazas)- Xoves, venres e sábado de 10:30 a 13 h. Requírese dominio suficiente do instrumento. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Curso gratuíto de guitarra folk celta, impartido por Fernando Barroso (10 prazas)- Xoves, venres e sábado de 16:30 a 19 h. Requírese dominio suficiente do instrumento. Inscrición: obradoiros@festivaldeortigueira.com (datos persoais e de contacto)
Radio en directo
Radio Galega Música emite, dende o Teatro de Beneficencia, sendos monográficos do programa Lume na Palleira sobre o Festival Ortigueira. Presentado por Emilio Españadero, realizaranse o sábado a partir das 16:00 horas e o domingo dende as 14:00 horas.
Durante o mes de xullo desenvolverase SON DE NOITE, ciclo de concertos en lugares singulares da cidade para gozar da música. PROGRAMA DE SON DE NOITE Venres 9 21:00 Escalinata da Domus TIRULEQUE Mércores 14 21:00 Xardíns Méndez Núñez (Diante do Kiosco) OMAR SOULEYMAN Venres 23 22:30 Castelo de San Antón MANECAS COSTA”“FRAN Pí‰REZ, NARF: “Aló irmao” Venres 30 22:30 Castelo de San Antón EMILIO RíšA (Cantautor)
A tradicional Foliada, que os últimos anos se viña realizando no paseo das Pontes, celebrarase este sábado no Parque de Sta. Margarida. Aínda que estaba previsto facelo nos Xardíns de Méndez Núñez, a programación de diversos actos impide que finalmente se realize alí.
O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia: O Fiadeiro de Vigo, Azougue de Betanzos, Pandereteiras da Pontragha de Tordoia, Magúa da Coruña, Traspés de Vigo, Iar da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela… acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.
O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer. Este acto dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas.O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, inkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación. Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.
A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.
Xa está todo a punto para celebrar a fin de curso deste ano escolar que remata. E para facelo por todo o alto temos un programa de eventos que non te podes perder: 17:00 h. - 18:00 h.: Curso de baile 18:00 h. - 18:30 h.: Monicreques 18:30 h. - 20:00 h.: Aulas das Especialidades Instrumentais 20:00 h. - 21:30 h.: Escenario aberto 22:00 h. Cea no Furancho da Balsa (Matamá). Agardámoste no Patio da escola. Lembra anotarte na secretaría da e-Trad se queres tocar ou vir cear ao Furancho Da Balsa!
Os GAITEIROS DE CECEBRE queremos festexar a tempada estival con todos os nosos amigos, é por isto que organizamos unha nova FOLIADA no Mesón-Cervecería-Restaurante "TÍA PEPA", unha fermosa, realmente pintoresca e ampla ubicación hostelera para gozarmos da Nosa Música e Bailador@s, para disfrutar de novo da FESTA RACHADA.
Desexando gozar unha vez máis da vosa compaña e participación: ¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS UNHA NOVA NOITE DE FOLIADA E AMIZADE!.
¡¡¡LUME AÍ!!!
*ENDEREZO "TÍA PEPA": Castelo, 35. Osedo-Sada (A Coruña). (Na beira da estrada Oleiros-Sada, ou Sada-Oleiros, segundo vexades).
DISPONSE DE: - APARCADOIROS, EXTERIOR E INTERIOR. - ÁREA DE RECREO INFANTIL.
Xurxo Souto: espectáculos e radio en galego. Luns, 26 de Abril ás 12:00 Na sala de exhibicións do IES Audiovisual de Vigo Rúa: Eduardo Cabello s/n. CP: 36208 Teléfono: 986246834
O luns 26 ás 12:00 o equipo de Normalización Lingüística do IES Audiovisual de Vigo organiza unha charla coloquio a cargo de Xurxo Souto sobre Espectáculos e radio en galego. Esta charla levarase a cabo na sala de exhibicións do instituto e a entrada é libre e a sala ten capacidade para 100 persoas.
La banda insignia de la música celta en Argentina Vuelve con más energía que nunca!! Sábado 24 de Abril de 2010, 21:30 hs. TEATRO IFT. Boulogne Sur Mer 549 (altura Av. Corrientes al 2900), Capital Federal. Tel.: (54 11) 4966 0173 Venta de Entradas en el Teatro de 16 a 21hs. Reserva de Entradas y Venta On line o Tel. al (54 11) 5236-3000 (PLATEANET): http://www.plateanet.com/Default.aspx?Filtro=sete%20netos
PROGRAMA 11.30h - Inauguración Exposición de Fotografías Antigas de Ramirás e Comarca no Bar Emilia de Vilavidal 17:00 h - Obradoiro de Xogos e Enredos Tradicionais. Desenvolto por Centro de Cultura Popular Xaquin Lorenzo 17:30 h - Campionato de Futbol-chapas. Desenvolto por Alternativas Sociais Ourense. 19:30 h - Animación de rúa con Lúcete Lecer - Animación co Grupo de Música Tradicional Rebulir 20:00 h - Chamada a Festa con Pasarrúas de Xigantes e Cabezudos e animación de rúa, acompañados da Charanga Tradicional Os Estoupapozas. 20.30 h - Apertura do torreiro do Fiadeiro cunha tirada de foguetes. 21:00 h - Comezo da IV Noite de Fiadeiro coa participación dos colectivos colaboradores entre outros. 00:00 h - Lectura do Esconxuro da Queimada e reparto entre os presentes.
Aínda que chova non se suspenderán os actos grazas a unha carpa que cubrirá a practica totalidade da Praza.
+ Info en www.rebulir.blogspot.com
Organiza: - Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
Patrocinan: - Concello de Ramirás - Deputación de Ourense
Colaboran: - Linho do Cuco (Lalín) - Cantigas e Agarimos (Compostela) - Escola Provincial de Danza - Castro Floxo (Ourense) - Os Chichisos (Pontevedra) - Atalúns (Pontevedra) - Pandereteiras Xestreu (Seixalbo - Ourense) - Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén) - Cantareiras da Bola (A Bola) - Gaiteiros Trisquel (Xinzo da Limia) - Pandereteiras Ediunra (Arnuide - Vilar de Barrio) - Airiños d´Arnoia (Arnoia) - Escola de Música Tradicional de Ourense (Ourense) - Pandereteiras Debanadoira (Maceda) - MaÇaeda da Limia (Maceda) - Lembranza-Solpor (Celanova) - Os Estoupapozas (Ourense) - CPR Sagrado Corazón (Celanova). Aportarán os Cabezudos a festa - Alternativas Sociais OU (Ourense). Traerán o Futbol-Chapas - Lúcete Lecer. (Ourense). Farán Animación de rúa.
ACoruñaSon é un certame de creación de canción popular organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña. Este Certame, que ten como obxectivo fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego, ábrese coa selección de dez autores. Os dez terán como premio a asistencia a un obradoiro de canción popular de cinco días de duración impartido por profesionais galegos de prestixio, onde traballarán as súas propias composicións.
Podes subir entre 2 e 5 cancións. O premio: un obradoiro de 6 dias (aloxamento incluído) con Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Carmen Rey e Xabier Díaz
Do 22 marzo ao 11 de abril: rexístrate e sube de 2 a 5 cancións.
Do 12 de abril ao 2 de maio: o público vota as cancións.
Do 10 ao 15 de maio: os 10 grupos/artistas gañadores reciben un obradoiro de 6 días (incluído aloxamento) e a continuación gravan un disco colectivo.
A 18ª edición das "Noites de Tasca" celebrarase en Mesía (A Coruña) o vindeiro venres 26 de marzo. Actuará Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde (Ordes) e os membros da Escola de Música Tradicional de Mesía. E despois, Foliada toda a noite con participación aberta a todos. Agardámosvos.
INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor Ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos.
Neste novo traballo Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e personal o tema popular galego Lela reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio. Así mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido as doce cancións que conforman Interior.
Como di o propio autor “Interior son os dous mundos que hai dentro de min e non se entende o un sen o outro: a miña música e a miña terra”.
Dispoñible nas tendas de discos a partir do 25 de Marzo.
Convocatoria: Cando se cumpre un ano do cambio de goberno da Xunta, comprobamos que goberne quen goberne, gaña o produtivismo. O goberno do PP, como os anteriores, segue o imposibel camiño do crecemento indefinido: producir máis para consumir máis, quimera inviábel nun planeta con recursos limitados.
Os recursos naturais son postos ao servizo dos intereses económicos e das grandes empresas, subvencionadas con cartos públicos, mentres que aumenta o desemprego e pechan os pequenos negocios.
Intentan manter un modelo que non serve, que nos espreme como persoas, destroza o medio ambiente e agranda as diferencias económicas entre os pobos e entre as persoas.
A nosa lingua e a nosa cultura son menosprezadas e atacadas por un goberno que se avergoña e renega delas. A Sanidade vai camiño da privatización total. O transporte público é escaso, caro, ineficaz e está en mans privadas. As infraestruturas viarias baséanse no transporte privado contaminante e insustentábel. O noso litoral entrégase ás construtoras para o seu grande negocio especulativo. As nosas rías seguen acumulando recheos e naves industriais en primeira liña de costa e uns alarmantes niveis de contaminación. Grandes zonas costeiras son cedidas ás multinacionais piscícolas, ao mesmo tempo que a pesca industrial arrasa os océanos e o marisqueo e a pesca de baixura tradicionais van sendo desmantelados. Cultívanse transxénicos nas nosas leiras, mentres se fomenta a desaparición do noso agro. A ordenación do territorio é inexistente, o que provoca graves difrerencias entre o interior e a costa. Louseiras e mineiras estragan as zonas mellor conservadas. A política forestal promove os cultivos de especies alóctonas e invasoras que sementan o país de incendios. O urbanismo caótico proxectase en función dos intereses económicos. A xestión de residuos basease na contaminante incineración. Industrias perigosas e contaminantes seguen funcionando irresponsabelmente…
É o tempo de unirnos todos e todas e paralizar as agresións á vida e á Terra!
É o tempo de esixir a participación da sociedade nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.
É hora de saír á rúa e reclamar outro modelo económico e social.
Tod@s a Compostela o domingo 21!!!
Pola defensa do litoral.
Por unha ordenación racional do territorio
Pola soberanía alimentaria e enerxética
Por outro modelo de transporte
Ese mesmo día ás 17:00 da tarde na Sala Nasa de Compostela, última parada da II Caravana reivindicativa de GNSV, na que actuarán: Pallasos en Rebeldía, Pandereteiras Bouba, Sacha na Horta e O Sonoro Maxín.
A Asociación Cultural Abelladeira organiza as “2as Xornadas de Música Tradicional” que terán lugar os días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril de 2010 en Ponferrada (O Bierzo). Hai 7 obradoiros: Canto e pandeireta: Montse Rivera Gaita galega: Dani Bellón Baile tradicional galego: Calixto Albán Laxe (Tito) Percusión tradicional: Lola Fernández e Miguel Fraguas Rabel: Xuacu Amieva Afinación e empalletado: Amado Cubero Chifla e tamboril: Diego Segura Taboada
Ademáis dos obradoiros das Xornadas, celebraráse catro días de concertos, actuando Brandal, a Banda de Gaitas da Escola Municipal de As Pontes, Galundum Galundaina, o Grupo de Danzas e Gaitas "El Castro" de Columbrianos, Os Roncos do Diabo, a Banda de Gaitas Abelladeira, o Cuarteto de Profesores Dani Bellón, Lola Fernández, Miguel Fraguas e Edelmiro Fernández e Os Carunchos.
Por otra banda, celebraráse unha exposición de artesanos e luthiers de instrumentos tradicionais participando X. Miguel Mosquera, Xosé Vazquez "Che", Diego Segura Taboaba, Cristóbal Prieto Otero, Miguel Blanco Álvarez, Fernando Sancho e Angel Pueyo , José Luís Reñón, Pablo Meiriño, Alex Meiriño, Xaime Rivas Dacosta, Victor Felix, Mario Estanislau e Paulo Prieto. Ademáis as Xornadas presentará a exposición de instrumentos medievais e tradicioais do Obradoiro de instrumentos populares da Deputación de Ourense.
Máis información en: http://jornadasmusicatradicional.blogspot.com/
O VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón organiza este ano o seu curso intensivo con Isabelle Pignol, artista de carreira internacional consolidada en proxectos coma Dedale ou a Viellistic Orchestra.
Terá lugar en Aldea Nova (Sedes, Narón) os días 20 e 21 de marzo con 11 horas lectivas e 60 €. O prazo de inscrición está aberto e o número de prazas é limitado. Hai posibilidade de estancia e xantar en réxime de albergue nas instalacións de Aldea Nova
INSCRICIÓN NO CURSO
Horario Curso:
Sábado 20: 10 a 13.30 h e 15 a 18.30 h
Domingo 21: 10.30 a 14.30 h
Prezo:
-Curso: 60 € (50 € para alumnado do Padroado e de aCentral Folque)
-Estancia: 42 €
Inscrición: (Padroado de Cultura de Narón)
Correo electrónico: d.canovas@naron.es
Teléfono: 981391144
Fax: 981384829
Enviar fax ou e-mail cos seguintes datos:
* Nome e apelidos * Correo electrónico * Nº de teléfono * Xustificante de ingreso na conta: 2091-0235-59-3110000031 de Caixa Galicia * Padroado da Cultura de Narón
Detalles de inscrición
- Curso con prazas limitadas
- O Curso inclúe entrada ao concertos + material docente
- Estancia: en réxime de albergue desde venres ás 17 h até o domingo ao serán (inclúen comidas)
- Transporte: bus entre Aldea Nova e o Pazo da Cultura
- Existen prazas para acompañantes (non atenden curso)
Cristina Pato continúa abrindo horizontes para a gaita galega. Durante a primeira quincena de Marzo Cristina encóntrase de xira pola India invitada polo Hum Ensemble e Sandeep Das. A xira, que tamén conta cos percusionistas Mark Sutter e John Hadfield (EEUU) e a estrela do Sheng chino Wu Tong, comenzará o 7 de Marzo no prestixioso Kamani Auditorium de Nova Delhi para logo viaxar a cidades como Patna e Calcuta. Cristina e Sandeep son membros do Silk Road Ensemble de Yo Yo Ma; a primeira vez que traballaron xuntos foi no ano 2006 co gallo do concerto do SRE no Carnegi Hall (EEUU), concerto ao que Cristina foi invitada a estrear a obra Air to Air de Osvaldo Golijov. Desde aquela, Cristina e Sandeep coincidiron tocando nas Nacions Unidas e no Lincoln Center, entre outros. Esta vai ser a primeira vez que a gaita de Cristina e a tabla de Sandeep se xunten na India...
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h
BASES 1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición
2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes
3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide[arroba]gmail.com, ou ben chamando o tlf: 699 173 568
4. O repertorio será preferiblemente tradicional
5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización
6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas
7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente
8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso
9. Establécense tres premios:
1º premio: cea nun reastaurante da vila
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos
10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores
As cancións serán colgadas nas páxinas Correlingua.org e Komunikando.netpara que poidan ser desfrutadas por todo o mundo.
Ademais do tema en formato mp3, mándanos a foto da banda e un breve texto de presentación.
Os temas deberán ser orixinais, quedando excluídas as versións. A temática das letras será completamente libre, pero ollo!non poderán ter contidos obscenos nin discriminatorios. Recordade que o Correlingua está dirixido a rapazas e rapaces menores de idade. Un pouco de sentidiño… ;) Importante: o prazo para enviar os temas remata o 10 de abril de 2010.
Os gañadores
Os grupos ou solistas gañadores serán elexidos baixo un sistema mixto de votación popular vía Internet, mais un xurado integrado por persoas vinculadas dunha ou outra maneira ao difícil mundo da música. Os nomes dos gañadores serán coñecidos ao redor do día 15 de abril.
Pero… ¿hai premio ou non hai premio?
Por suposto que o hai! Como sabemos o difícil que é para os grupos galegos facer concertos, ese será o noso premio: 11 concertos para o Correlingua 2010, que se repartirán os tres primeiros grupos ou solistas clasificados no concurso. Ditas actuacións terán lugar entre os días 3 e 14 de maio de 2010, e contarán cunha remuneración económica de 700 euros por actuación.
O primeiro clasificado tocará 5 concertos
O segundo clasificado tocará 3 concertos
E o terceiro clasificado tocará 2 concertos
Todos os concertos serán pola mañá e terán unha duración aproximada de media hora e deberán ser integramente en galego. No caso de que algún dos gañadores non puidese participar nalgún dos concertos, a lista iría correndo ata completar todas as datas cos grupos que queden entre os 10 primeiros.
E lembrade…
Aínda que soe a tópico… no Cantalinguao importante é participar. O obxectivo non é acadar un premio, senón espallar a música das bandas galegas -a vosa música- entre o maior público posible. Por iso vos pedimos a todos os grupos amateurs e profesionáis, aos rapaces e rapazas, profesorado... ¡PARTICIPADE! Axudádenos a dar a coñecer a música en galego entre os máis novos. Todos sairemos gañando.
Distintas persoas vinculadas ao mundo da música folque, desde a creación e interpretación, á xestión ou a crítica, conversarán arredor do que significa este estilo dentro do contexto musical do país. Entre outros, participarán Ugia Pedreira (A Central Folque), Quique Costas (Nordesía) e Xoan Manuel Estévez (autor de "Crónica do folk galego")
O proximo vernes dia 18 de decembro,no casco vello se inagura a galaicotaberna A REGUEIFA. a partir das 9 da noite, estades todos convidados a pinchos,viño da terra,queimada e a FESTA ESMORGA. Traede o voso instrumento para animar a festa.VEMONOS EIQUI!!!!! (a festa esmorga sera na rua san vicente nº1 baixo)
O próximo xoves 3 de decembro temos SERÁN NA NASA Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa. Os grupos que van poñer a música son:
1. Regueifa de Bembibre 2. Charanga e Pandereteiras de Vai de Roda 3. Os Folerpas
E TI POS O BAILE Patrocinado pola Concellería de Culturade Santiago de Compostela.
AchegArte é a feira da cultura que facemos, da cultura que queremos. Terá lugar na Coruña -en Palexco e no Kiosko Alfonso- os días 28 e 29 de novembro, e ofrecerá os seguintes contidos:
-Exposición e venda: sector audiovisual, asociacións culturais, software libre e empresas de xestión cultural, editoras, librarías, produtoras discográficas e axencias de representación, galerías de arte. Queres colaborar?
-Espazos para actos literarios e obradoiros. Queres colaborar? *As actuacións de música e artes escénicas alternaranse cos actos literarios e os obradoiros.
-Mesas de traballo sobre o estado da cuestión da Cultura galega. Cada mesa será moderada por unha persoa e outra encargarase de recoller por escrito unhas breves conclusións tiradas ao final da sesión. As conclusións serán publicadas neste mesmo blogue na semana posterior á celebración de AchegArte.
-Mesa da música: músicos, discográficas, empresas de representación, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?
-Mesa edición e literatura: autores, editores, libreiros, distribuidores e toda persoa interesada. Queres colaborar?
-Mesa artes escénicas: intérpretes, directores, autores, produtores, compañías, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?
-Mesa programación cultural: programadores, salas, empresas de xestión cultural, técnicos de concellos, asociacións culturais e toda persoa interesada. Queres colaborar?
-Mesa software libre: asociacións, colectivos, empresas e toda persoa interesada. Queres colaborar?
-Mesa audiovisual: creadores, produtoras, distribuidoras, programadores e toda persoa interesada. Queres colaborar?
Se queres colaborar na organización de AchegArte, podes facelo nas seguintes seccións:
-Secretaría e información. -Sala de prensa. -Reparto publi dentro e fóra de Palexco (programa de actividades) -Coordinación sala proxeccións. -Coordinación entradas e saídas escenario. -Coordinación comezo e final obradoiros. -Coordinación de salas. -Levantar acta de cada mesa de traballo. -Coordinación de voluntarios.
Con motivo das XXIV Xornadas Culturais da Asociación Cultural Galega "Rosalía de Castro", de Cornellà, o día 21 de novembro farase público o resultado do XXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellà. Realizarase unha Conferencia, a Cea e o veredicto do Xurado.
Intervirán: Veciñas e veciños de Neda que queiran contar, cantar e conversar Rimas populares, por Isidro Novo Lendas de Neda e arredores, por Antonio Reigosa Actuación do grupo de música tradicional "Zoar do vento"
ENTRADA LIBRE
Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) Patrocina: Consellería de Cultura. Colaboran: Concello de Neda e Casa da Cultura de Neda. __________ As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG, na súa Sección de Literatura Oral. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.?id=1258415777
Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. No Portal do Patrimonio que desenvolve o proxecto Ronsel, pódense ver fotografías e vídeos gravados pola TV da Universidade de Vigo en edicións anteriores na sección de videos e imaxes.
Esta mostra pretende reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico.
Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, reactivaranse para contribuír a un diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais. Esta mostra ten como fío condutor os valores do propio patrimonio cultural inmaterial. Entre os moitos que se poderían destacar escollemos reciclaxe, comunidade, utilidade e contacto. Deste xeito, na Praza Maior de Ourense acharán unha caseta especificamente dedicada a cada un destes valores onde se mesturan e interaccionan, de xeito indisoluble, os cinco ámbitos do PCI. Nesta Mostra do PCI acharán tamén exposicións, debates, producións audiovisuais realizadas polo proxecto Ronsel e por outros axentes culturais interesados na salvagarda do PCI así como a degustación de produtos ecolóxicos. Os máis cativos terán oportunidade de practicar na construción de simples instrumentos musicais e, por suposto, asistir aos concertos didácticos de Pablo Carpintero que con certeza os deixará abraiados.
Polas noites, ás 20.00 remataremos a xornada cunha actuación musical de grupos musicais de recoñecido prestixio no que agardamos contar coa vosa presenza: Coanhadeira (martes), Tinta Femia (mércores), Leilía (venres) ou os Carunchos (sábado) constitúen distintas formas de entender e facer chegar a nosa música tradicional. Podes consultar o programa completo da mostra premendo a continuación: Programa da mostra
As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos.A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio.
O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG, na súa Sección de Literatura Oral. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.
O 11 de outubro no auditorio de Cangas celebrarase o XXV aniversario da asociación cultural Lembranzas da Ria. Será as 20:00 horas, entrada de balde. Tamén haberá unha exposición fotográfica destes 25 anos anos. Está todo o mundo invitadp
VENRES 16 DE OUTUBRO • 17:00 h · Acto de inauguración, coa participación de Xosé Antón Bao, Vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, e Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG • 17:10 h · “Que vén o lobo!”, por Xabier P. Docampo • 18:10 h · “O personaxe do lobo na tradición vasca. De animal totémico a animal maldito”, por Antxon Gómez Lorente • 19:10-20:00 h · Mesa redonda: “O lobo, o mito que fascina” PARTICIPAN: Xabier P. Docampo e Antxon Gómez Lorente · MODERA: Antonio Reigosa
SÁBADO 17 DE OUTUBRO • 10:30 h · “Espazos lupinos de Galicia. Os foxos do lobo”, por Alberte Reboreda • 11:30 h · “Unha inquietante presenza: lobos e lobishomes no imaxinario galego e universal”, por X. Luís Garrosa Gude • 12:30-13:30 h · Mesa redonda: “Do lobo ao lobishome” PARTICIPAN: Alberte Reboreda e X. Luís Garrosa Gude · MODERA: Isidro Novo
COORDINADORES DAS XORNADAS Isidro Novo e Antonio Reigosa
I ENCUENTRO DE PANDERETERAS DE POLA DE LAVIANA Sábado 3 de Octubre 2009 Casa de Cultura de Pola de Laviana.
Ponencias y Clases a cargo de: Gritsanda (Llión) Soltxu R. Aguirresarobe (Cantabria) Coleutiu "L´ENGUEDEYU" (Asturies)
Exhibición en la Plaza del Ayuntamiento a partir de las 12:30h. Espicha y fin de encuentro en el Albergue de Tiraña a partir de las 22:30h. Precios: * Asistencia a ponencias y clases: 5 € * Asistencia a ponencias y clases + 1 noche Albergue (incluido desayuno) + Espicha: 20 € * Espicha: 18 €
Pago previo: 2100-4621- 49- 2200049305 (La Caixa) IMPORTANTE: Poner Nombre y DNI. También puedes dárnoslo en mano el mismo día. PLAZAS LIMITADAS PARA DORMIR EN EL ALBERGUE
ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL MOLÍN D´ENTRIALGO (LAVIANA)
PARA MÁS INFORMACIÓN: http://molindentrialgo.blogspot.com molindentrialgo@gmail.com
17.00 h repique de Campás, chamamento aos participantes pro inicio das actividades Presentación do libro “CAMPAS E CAMPANEIROS” por parte do seu autor o Etnógrafo Xerardo Dasairas.
17.30 h . DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Lino Míguez e Andrés Ferreira, campaneiros de Pazos de Borbén. 18.00 h “Campanario aberto PRA CAMPANEIROS”, repiques de diferentes zonas e lugares. 18.30 h “Campanario aberto PROS ASISTENTES, prácticas coas campás. 19.30 h ACTUACIÓN do grupo de música tradicional Os Chichisos.
Todos os toques e sinais serán gravados polo colectivo ESCOITAR Colabora D. Jaime, párroco de Pazos de Borbén ACTIVIDADES ABERTAS A TÓDOLOS PÚBLICOS
O Centro Cultural Simeón da Deputación de Ourense acolle a inauguración oficial da exposición “Sete voces para a Coral De Ruada” o xoves 3 de setembro ás 20.00 horas. A mostra, que se enmarca dentro dos actos de celebración do 90 aniversario da emblemática Coral ourensá, permanecerá aberta ao público desde o día 1 e até o 27 de setembro no Centro Simeón. “Sete voces para a Coral De Ruada” nace a partir dos fondos propios da Coral, do seu significado histórico e do seu alcance actual. Presenta unha viaxe polas apaixonantes memorias da agrupación narrada a través de sete palabras que definen a esencia de De Ruada: Palabra, Movemento, Innovación, Galeguismo, Talento, Momentos, Legado. Os obxectos máis relevantes obtidos e custodiados pola Coral nos últimos 90 anos, os cadros e obras de artistas relacionados con De Ruada, a proxección dun audiovisual e unha zona interactiva onde se poderán escoitar algúns dos temas fundamentais do repertorio da Coral conforman esta exposición que, en definitiva, é unha homenaxe ao valioso traballo realizado por De Ruada e por todas as persoas que xenerosamente contribuíron e contribúen a dignificar a nosa cultura desde Ourense. Con 90 anos de historia, a Coral de Ruada representa un sólido símbolo de identidade non só na memoria colectiva de todos os ourensáns, senón tamén dentro da nómina privilexiada dos grandes coros galegos. Desde a súa presentación oficial o 24 de xuño de 1919 e até a actualidade, a Coral vén desenvolvendo un inxente e extraordinario labor, que a consagrou xa como unha entidade clave na defensa e recuperación da cultura musical popular
O lúns día 10 comezan en Ourense as XXVI Xornadas de Folclore, que este ano contarán no seu programa cos seguites grupos:
- Portugal: Etnográfico da Areosa - Filipinas: Compañia de Danza Folklorico Filipino - Filipinas: Leyte Kalipayan Dance Troupe - China: Compañía de Canto y Danza Folklórica del Sudeste de Guizhou. - Taiwan: Taiwan Folk Music Ensemble - Índia: Shildagya - Romanía: Doina Timisului" - Arxentina: Gran Ballet Argentino - México: Ballet Folklórico de la Universidad de Colima - República de Daguestán: Grupo “Gergebil” - República de El-Mari (Rúsia): Conjunto Folklórico Mari El - Sudáfrica: Gauteng Provincial Troupe - Armenia: Nairi
Percorrerán durante 10 días as principais vilas da Provincia de Ourense e mesmo se achegarán as veciñas de Monforte (Lugo) e Chaves (Portugal).
Recomendámosvos que asistades porque é un espectáculo que realmente merece a pena, polo nivel dos grupos que veñen. Se queredes ter máis información do programa podedes consultalo en:
Martes, 28 de xullo 12:00 h.- Contacontos. "Os Soñoños" a cargo de Argallando. 11:00 h.- Concellos saudables. Charlas de hixiene dental, avaliación da condición física e beneficios da actividade física. 20:00 h.- Representación teatral da obra "A Aposta" a cargo do grupo Troula (Santa Comba). 22:00 h.- Cándido Pazó. "O falar non ten cancelas".
Mércores, 29 de xullo 11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas. 18:00 h.- Exhibición de Bailes de Salón. 19:00 h.- Restauración: Concurso de Pinchos. 19:30 h.- Exhibición de Taekwondo. 20:30 h.- Representación teatral no Auditorio do Concello da obra "Drácula" a cargo da compañía Feminino Plural (Baio). 22:00 h.- Concerto Folk a cargo de Bulla Timpánica.
Xoves, 30 de xullo 11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas. 17:19 h.- Obradoiro de artesanía con coiro e fieltro. 20:00 h.- Tarde Literaria. Presentación do libro "Xeometrías Máxicas de Galicia" con Bieito Romero, e da novela "Sidecar" de Alberto Lema. 22:00 h.- Música a cargo de A Requinta de Xián.
Venres, 31 de xullo 11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas. 16:19 h.- Obradoiros de artesanía: Fiado do liño, Swarovski, cestería, coiro e percusión. 20:00 h.- Pasarrúas. Batukada e capoeira. 21:00 h.- Música a cargo do grupo tradicional Arume.
Sábado, 1 de agosto do 2009 XXVI FESTA DA CARBALLEIRA
● A Rapa das Bestas: “ O sentir dun pobo: Sabucedo” ● O Mestre de Sabucedo
22:00 "Sons da Rapa", festival de música na carballeira do Campo do Medio. Actuacións:
● Os Tres Trebóns
● Os Chiquiliquatres
● Som do Galpom
-SABADO 4 DE XULLO-
06:30 Misa na alborada
07:00 Saída ó monte dende O Celeiro
11:30 Xuntanza das greas no Peón, no monte
12:00 Apertura das Exposicións e Pasarruas
15:00 Chegada das bestas a Sabucedo
16:00 Comenzo da ludoteca con xogos e actividades para os máis cativos ó carón do picadeiro. Durará ate as 20:00 horas
19:30 Primeiro curro *
22:30 Verbena no Campo do Medio
-DOMINGO 5 DE XULLO-
10:00 Pasarruas
11:00 Comenzo da Ludoteca con xogos e actividades para os máis cativos ó carón do picadeiro. Durará ate as 21:00 horas ininterrumpidamente
12:00 Segundo curro *
16:30 Serán na carballeira do Campo do Medio. Está aberto para todos aqueles que queiran vir bailar e tocar.
18:30 Concerto da Banda Cultural de A Estrada.
22:30 Verbena no Campo do Medio
-LUNS 6 DE XULLO-
12:30 Terceiro curro
18:00 Solta das bestas para o monte.
* As esntradas para o Curro poden adquirirse anticipadamente no Teleclube de Sabucedo ou na OMIX da Estrada (Oficina Municipal de Información Xuvenil). Tamén se poderá reservar a entrada chamando ó teléfono 652348477 e recollendoa logo na taquilla do Curro o mesmo día do acto.
O prezo das entrdas será de 5 € para os nenos menores de 13 anos e 10 € para todos os demáis.
Mañá venres 12 de xuño ás 18 h no Auditorio do convento de San Domingos de Bonaval en Santiago, haberá unha proxección audiovisual e un coloquio con Lia Marchi, a coordinadora do Projeto Tocadores, unha iniciativa de pesquisa, documentación e divulgación de tradicións musicais populares que leva rexistrando durante nos últimos 10 anos a obra de cerca de 120 artistas populares no Brasil e Portugal.
O acto consistirá no visionado das dúas últimas películas documentais: “Dias de reis” e “Divino:”folia, festa, tradição e fé no litoral do Paraná.
Ao finalizar haberá un coloquio pra debatir, comentar ou facer preguntas a Lía Marchi.
A literatura oral na canción galega contará coa participación dos músicos Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias ( Mini e Mero ) e desenvolveráse no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ( Travesía da Mariña ) O VENRES día 12 de xuño, ás 20 horas
Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini, nado en Begonte o 18 de xuño de 1951) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero, Vilalba, 27 de xuño de 1951), músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Ademais da súa produción discográfica cos devanditos grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega, como o Quiquiriqui producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla (creación e adaptación musical súa) e publicado diversos libros. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diveros libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario. En abril de 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio de 2009.
A Asociación Cultural Barbantia, a Colección Bourel e o Concello de Noia convídanvos á celebración do IV Encontro de Creadores no Barbanza, que terá lugar o xoves 30 de abril no Coliseo Noela de Noia ás 21:00 horas.
PROGRAMA
21:00 horas: Intervención de Antón Riveiro Coello, presidente da Asociación Cultural Barbantia, coa que abrirá o IV Encontro de Creadores no Barbanza. 21:05 horas: Intervención de Antonio Piñeiro, director da Colección Bourel, responsable da edición artesá d´As voces da Musa. 21:10 horas: Recital cos poemas que aparecen no libro As voces da Musa, froito do Encontro, cuxos autores son: Eva Veiga, Ana Romaní, Antonio Piñeiro, Xabier L. Marqués, Xesús Rábade Paredes, Íria Gestoso, María do Cebreiro, Anxo Angueira e Helena Villar Janeiro.
*Durante o recital, iranse intercalando as actuacións de Xosé Luís Miranda, PePe Romero e Sonia Lebedynski, coas súas respectivas aportacións musicais, elaboradas ex profeso para o Encontro.
22:00 horas: Inauguración da exposición dos gravados que forman parte do proxecto, realizados polos seguintes pintores vinculados coa comarca: Alfonso Costa, Xoán Fernández, Manuel Ayaso, Paola García, Nacho C. Beiro, Baldo Ramos, Julio Catalán, Fran Blanco Alcaide e Manolo Figueiras. 22:15 horas: Peche institucional a cargo do alcalde de Noia, Rafael García
Co gallo do 90 aniversario da presentación oficial da Coral de Ruada, a editora Ouvirmos está a organizar un programa de actos para a celebración da efeméride, entre os que figura a reedición das primeiras gravacións de 1929 realizadas polo grupo, a publicación dun libro que narra a súa historia, a inauguración dunha exposición sobre a súa traxectoria, un encontro internacional de coros e unha toda unha serie de visitas guiadas por Ourense.
A editora que dirixe Xosé Manuel Aldea organiza, en colaboración coa Deputación de Ourense, o Concello de Ourense e Caixanova, os actos do 90 aniversario da Coral de Ruada cos que se persegue exaltar o "valioso" traballo realizado polos membros da agrupación ao longo da súa traxectoria e reivindicar aquelas figuras que dende Ourense e a Coral contribuíron a dignificar a cultura como Prieto Nespereira, Faustino Santalices e Manuel de Dios.
Con estes obxectivos, editase o libro Primeira viaxe a Andalucía do Coro de Ruada de Xaquín Vales, investigador e membro deste Coro desde hai dezanove anos. A obra narra a primeira e exitosa xira que a agrupación realizou por terras andaluzas no ano 1927. Coa presenza destacada do virtuoso da zanfona Faustino Santalices, actuaron en maio nas cidades de Sevilla e Cádiz, mais o rotundo éxito que obtiveron obrigounos a pospoñer o seu regreso a Ourense até o mes de xuño.
Porase en marcha ademais a exposición do 90 aniversario da Coral de Ruada, un dos actos centrais da conmemoración. Poderá visitarse durante o mes de setembro no Centro de Exposicións do Edificio Simeón. A mostra está estruturada en tres espazos: un artístico con obras de creadores gráficos sobre De Ruada, un documental coas imaxes, portadas, documentos, bandeirolas e demais legados orixinais da Coral e un espazo didáctico, que propón unha viaxe pola historia de De Ruada a través de paneis informativos, audiovisuais e gravacións sonoras máis relevantes para a historia da Coral.
Coincidindo coa exposición realizaranse na última semana do mes de setembro visitas didácticas Ourense Musical, onde os escolares percorrerán lugares como a catedral, a praza Maior... até chegar ao Teatro Principal, sede da Coral.
Dentro dos actos tamén se reeditará unha selección das primeiras gravacións realizadas no ano 1929. Nelas recollíanse as harmonizacións sobre cantos populares do mestre Daniel González, quen, en colaboración co escenógrafo Camilo Díaz Baliño e con Javier Prado Lameiro, creou o que deron en chamar as Escenas Corais Galegas, a súa gran contribución ao coralismo.
En paralelo, dentro das Festas do Corpus 2009 no mes de xuño celebrarase o III Certame Internacional de Coros "De Ruada". Participarán os orfeóns galegos Cántigas da Terra, Cantigas e Agarimos, Real Coro Toxos e Froles e a Coral De Ruada, que contará coa participación especial de Cristina Pato. Ademais participarán os coros portugueses de Águeda e Vila Real, así como a Coral La Enseñanza de Valladolid.
Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias levan dende 1972 anos recollendo e transmitindo o patrimonio da tradición oral galega. A Fundación Pedrón de Ouro recoñece este labor de case catro décadas co premio Pedrón de Ouro 2009.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galiza "que máis destacase na defensa e promoción das facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou nunha traxectoria vital, como é o caso. Por outra banda, o Pedrón de Honra distingue unha personalidade ou entidade viva, galega ou non, mais residente fóra de Galiza, que destacase polas súas achegas ao "engrandecemento da Nación e a súa cultura".
Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu, filóloga romanesa que leva o Pedrón de Honra polo seu "labor de difusión" da lingua e cultura galegas no seu país, recibirán cadanseu premio o 24 de maio ás 12.30, nun acto literario na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.
Mini e Mero, membros do grupo de música tradicional 'A Quenlla', declaráronlle a Efe sentiren unha "gran satisfacción" por recibiren o Pedrón de Ouro, que supón para eles "un empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e expresións. Mini engadiu que o galardón é tamén para moitas persoas que desenvolven tarefas similares, "en silencio", e que nin el nin Mero "o merecen", xa que o seu traballo "é egoísta, é beber nunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos, transmisores dunha cultura oral e musical que doutro xeito se perdería, afirman que o mérito é "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai 37 anos. Levan todo ese tempo recompilando material por toda a xeografía galega, pero fundamentalmente na Terra Cha, a súa comarca natal, e nas zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen a docencia.
Afirman que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado, arquivos que queren "difundir" e "pór nun gran foro" porque "son patrimonio de todos". Teñen en marcha un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido dentro dun ano, aproximadamente.
A terceira edición do programa Revelando Voces levará aos centros socioculturais da cidade a sete novas agrupacións musicais. Serán en total 12 concertos, nos que se poderán escoitar diferentes propostas sonoras en pequeno formato.
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García, Conde, presentou este ciclo de concertos, acompañada dos integrantes dalgunhas das formacións participantes. Destacou "a ampliación do número de artistas convidados en relación a edicións anteriores, que recollen novas propostas sonoras achegadas ao jazz, o ska, a música tradicional e mesmo o rock".
A filosofía dente programa, indicou, "é crear público novo nos barrios da cidade a través de propostas próximas e de pequeno formato". Ademais, resaltou a oportunidade que supón para os grupos participantes a inclusión en Revelando Voces, pois moitos dos músicos e bandas que interviñeron en edicións anteriores do certame son xa artistas consagrados.
Revelando Voces 09 foi un programa artellado dende os propios centros socioculturais, contando con Adolfo Muíños, do CSC do Castiñeiriño, como coordinador. Deste xeito, tentou atenderse aos intereses e sensibilidades do público potencial dos barrios da cidade, que son os destinatarios últimos do programa. Os concertos terán lugar cada sábado ás 21:00 horas nos seis centros socioculturais cabeceira da cidade: Conxo, Fontiñas, Ensanche, A Trisca, Vite e Castiñeiriño.
Ska, jazz, folk, rock e punk Os concertos comezan o sábado 18 de abril, coa actuación de Sacha na Horta, un grupo de mulleres novas cuxa música definen como agro-punk. A seguinte proposta chegará da man de Lobalú, último proxecto artístico do guitarrista Héctor Lorenzo e a cantante Najla Shami, no que se mesturan bossa nova e jazz vocal.
A música tradicional virá da man de Verdegaio, dúo formado por Xabier Blanco Lado e Alexandre Cadarso, que pretenden homenaxear aos que no pasado contribuíron a enriquecer o patrimonio musical de Galicia. Doutro estilo ben diferente botan man Lucía da Fonte con Meiga do Norte, novísima banda de rock&roll que promete deixar gratamente sorprendido a máis dun.
Outro dos grupos participantes, Aló Django, conta xa cunha ampla experiencia nos escenarios da cidade. A banda parte musicalmente do jazz, o claqué e o gypsy swing para ofrecer un concerto cun amplo abano de xéneros musicais interpretados ao estilo dos xitanos centroeuropeos. Miñor Swing, pola súa banda, é un cuarteto de contrabaixo, violoncello e dúas guitarras inspirado no jazz francés e manouche que atopa en Django Reinhardt o seu referente. Para rematar, Ton Risco e Jacobo de Miguel forman un dúo de piano e percusión de gran solidez que ofrece unha perspectiva camerística do jazz.
Este xoves 16 de abril ás 19 h. no Centro sociocultural do Castiñeiriño (Compostela), a aula de música tradicional presenta a actividade: De contos e músicas, misturando contos e historias coa nosa música tradicional.
Este curso reedítase a colaboración coa participación docente de dous profesores de aCentral nas aulas regulares da de Historia da música e do folclore da Licenciatura de Historia do Arte, materia impartida pola Dra. Pilar Alén.
Serán dúas sesións, comezando esta semana:
Quarta 15 de Abril: “O acordeón diatónico como símbolo do cambio social” co profesor Ramón Pinheiro Almuinha.
Quarta 13 de Maio: “Os cancioneiros: compiladores e colectâneas” co profesor José Luis do Pico Orjais que versará sobre os inicios e evolucións das compilación de música tradicional na Galiza.
*As aulas impartiranse na Faculdade de Xeografia e Historia (Praza da Universidade s/n).
*Horario de 16:00 a 18:00h.
*A sesión será aberta tanto para o alumnado da materia Hª da música e folklore da Licenciatura de Historia da Arte da USC e na de Historia da Música Popular Galega de aCentral Folque.
Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que abrangue máis de 10 anos.
PROGRAMACIÓN:
• XORNADAS EDUCATIVAS
XORNADAS DIDÁCTICAS, “CICLO DO PAN” Realizaranse entre os días 16 ao 27 de marzo. As actividades que realizarán os escolares serán as seguintes: •Debullada: terán a oportunidade de subir ao hórreo e debullar as espigas de millo corvo; •Muíñada: o seguinte paso será a muíñada: roteiro de senderismo polos carreiros da aldea en dirección aos muíños do Canudo, observarán como os grans de millo corvo se converten en fariña grazas ao aproveitamento dos recursos naturais (a auga) que move a moa do muíño; •O ciclo do pan remata co peneirado, amasado e cocido da bola corva de porta aberta nun forno tradicional de leña da aldea, para o que se utilizarán fermentos naturais.
•OBRADOIROS
OBRADOIRO DE CESTERÍA TRADICIONAL: Realizarase o sábado día 21 de marzo de 17:00 a 20:00 horas. Materia prima: vimbia, codexos, etc. É necesaria inscrición previa. Prazas limitadas.
OBRADOIRO DE CESTERÍA DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: papel de periódico, revistas, etc.
OBRADOIRO DE RECICLAXE: Realizarase o día 29 de marzo durante todo o día. Materia prima: bolsas de plástico.
• VENRES 27 DE MARZO: MUIÑADA
Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu) Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada. Pola noite actuacións de música tradicional: Grupo de gaitas Airiños do Piñeiro, pandereteiras, etc. Ás 12:00 da noite lectura do Conxuro e queimada.
• SÁBADO 28 DE MARZO
18:00. Charla - coloquio: “Agricultura ecolóxica e desenvolvemento comunitario” Ponentes: Agatha Broeskamp-Gundín (horticultora ecolóxica) Mercedes Fernández Gestido (socióloga e experta en investigación social)
19:00. ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo. Actuación do Grupo de gaitas D’arrente a Parede.
19:30. Obradoiro de Elaboración de cervexa biolóxica. Impartido por David Middleton.
20:00. Festival “A PAN DE MILLO” Actuacións das escolas de gaita e baile tradicional: o Escola de baile do Grupo de Danzas Froles Mareliñas (Chapela) o Escola de pandereteiras Cacharelas (Chapela) o Grupo infantil Lembranzas da Ría (Aldán)
• DOMINGO 29 DE MARZO
XI ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
o 10:30. Roteiro de senderismo: "Medio natural: o patrimonio esquecido". Guiado polo grupo de anelamento Anduriña. o 11:00. Apertura das carpas gastronómica e de artesanía. o 12:00. Presentación da revista A Lingua do Corvo. o 12:30. Lectura do pregón: Avelino Pousa Antelo (presidente da Asociación Castelao) o 12:45. Actuación do gaiteiro XOSÉ MANUEL BUDIÑO o 16:30. Contacontos para nenos: “Contos nas orellas” de Beatriz Campos. o 17:00. Charla - coloquio: "Biodiversidade e patrimonio alimentario". Ponentes: • Josep Pamiés Breu (horticultor: herbas medicinais, stevia rebaudiana, etc., e defensor da biodiversidade) • Charo Sánchez Parga (secretaría medioambiente, terra e montes – SLG) • Antonio García Allut (emprendedor social, membro da “Arca del Gusto” de Slow Food – España) o 20:30 Actuación do grupo: Ruote.
DURANTE TODO O DÍA:
ECOTABERNA: Elaboración de receitas elaboradas co millo corvo. Venta de produtos da aldea. Degustación de alimentos elaborados co millo corvo. Talleres e obradoiros demostrativos e participativos de artesanía. Demostracións ao vivo: • Obradoiro de cestería tradicional: vimbias e codesos. • Obradoiro de cestería de reciclaxe: periódicos, revistas, etc. • Obradoiro de reciclaxe con bolsas de plástico. • Obradoiro de sombreiros coa palla centea (colmo). • Obradoiro de encaixe de horquilla e frivolité. • Taller de instrumentos de música tradicional. • Taller de madeira: elaboración dun balde de auga. Actuación dos grupos de gaitas Airiños do Piñeiro e D’arrente a parede. Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu). Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”. Proxección memorando de actividades. Exposición etnográfica.
Son os cegos os grandes cronistas, os contadores de historias, de feitos incríbeis que oíron e transmitiron, para engaiolar o maxín do seu público.
É na feira, na romaría onde os ouvintes escoitan as máis escuras, enredantes e retranqueiras coplas. Romances reelaborados e actualizados. Son mundos compartidos do imaxinario popular. Son muxicas e charamelas.
Os contos dos cegos andantes eran engalanados co chamamento dunha zanfona. A chamada de atención, o trebello musical que aínda nos segue a abraiar e sorprender.
Avant-garde en Narón
O Encontro coa Zanfona Contemporánea cumpre un lustro. Logo de catro edicións xa se consolida como referente deste instrumento milenario.
Anos anteriores acercáronse até Narón algúns dos mellores tocadores de Europa: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea, ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.
Nesta edición miramos de novo ao lugar que máis zanfoneiros concentra, ao máis vangardista e con máis viva tradición: o centro de Francia.
O mestre convidado é un deses novos valores:Grégory Jolivet.
Xarnege, quinteto transfronteirizo de Euskadi e Gascuña, compartirán palco na noite do venres.
Como novidade, presentaremos o Encontro na Feira do Trece na parroquia de Sedes. O dúo Sobre Rodas (Luís Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso) serán os responsábeis de que a zanfona volva a escoitarse na feira, na romaría.
Ademais…
para escolares:
concerto didáctico do dúo Sobre Rodas
panel de experiencias do obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo por Luciano Pérez, herdeiros do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galiza no século XX.
para músicos:
relatorio do investigador da Asociación Ibérica de la Zanfona, Xulio García Bilbao.
A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.
Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e propoñendo materiais, métodos e actividades que o acheguen, non só ao ámbito das asociacións culturais, senón ao mesmo ensino oficial público e privado.
As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas, en primeiro termo, para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
Para asistir a estas Xornadas de Baile Tradicional, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n), é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 4 de Marzo, a través do teléfono 986 847 074. Esta inscrición é totalmente gratuíta.
Unha visión renovada de Rosalía de Castro desde a música, o audiovisual e a poesía. Iso é o que ofrece este xoves 26 de febreiro ás 21 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela o proxecto multiartístico "Rosalía 21". Abe Rábade Quartet compuxo dez novos temas que poñen música aos versos da poeta e que se presentan en directo por primeira vez en Galiza, nas voces de Uxía Senlle, Guadi Galego e os recitados de Anxo Angueira.
O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, e a presidenta da Fundación Rosalía de Castro, Helena Villar Janeiro, presentaron hoxe en rolda de prensa os actos de conmemoración do Día de Rosalía. O 24 de febreiro cúmprense 172 anos do nacemento da poeta, e Consellaría e Fundación celébrano cunha serie de actividades ao longo desta semana. Na presentación participaron tamén Anxo Angueira e Abe Rábade.
A actividade principal é o espectáculo "Rosalía 21", que se estreou hai agora un ano en Cuba no transcurso da Feira Internacional do Libro da Habana. Trátase dun proxecto promovido pola Consellaría de Cultura e dirixido polo escritor e profesor Anxo Angueira, no que se mesturan música, poesía e audiovisual. O cuarteto de Abe Rábade actualiza desde o jazz e a música contemporánea a imaxe de Rosalía de Castro.
No espectáculo poderanse oír poemas como "A xusticia pola man", "Negra sombra", "Ladraban contra min", "tecín soia a miña tea", "Miña Santiña" ou "Alborada", entre outros. A música corre a cargo do cuarteto formado por Abe Rábade ao piano, Jesús Santandreu ao saxo, Nelson Cascais ao contrabaixo e Bruno Pedroso á batería. Os temas son nalgúns casos cantados por Uxía Senlle e Guadi Galego, e noutros recitados melodicamente por Anxo Angueira.
O espectáculo complétase cunha proxección audiovisual no que participan autores como a experta en Rosalía, Vitoria Álvarez Ruiz de Ojeda, ou escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, María do Cebreiro, Xabier Cordal, María Reimóndez, María López Sández, a historiadora Nancy Pérez e o propio Angueira. As súas declaracións están tomadas en paisaxes simbólicas da obra de Rosalía de Castro como A Coruña, Lugo, Padrón, Santiago, Vigo, Laíño ou o castro de Baroña.
A Consellaría de Cultura publicou ademais un libro sobre Rosalía de Castro no que varios escritores e estudosos da súa figuran escriben sobre a poeta. Contén artigos de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, María López Sández, Iria Sobrino, Nancy Pérez, Xabier Cordal, Daniel Salgado, María do Cebreiro, Iago Castro e María Reimóndez. O libro edítase en catro idiomas: galego, español, inglés e francés.
Actividades da Fundación Rosalía de Castro
A conmemoración do Día de Rosalía complétase cos actos da Fundación Rosalía de Castro, dirixidos a escolares da contorna da Casa da Matanza. Este ano alumnos e alumnas de primaria e secundaria de centros escolares de Padrón e Bertamiráns tomarán parte nas actividades programadas para o xoves 26 e o venres 27.
O xoves terá lugar a presentación do libro "Quen casa ten de seu. Contos na casa de Rosalía", no que participarán algúns dous autores e ilustradores do volume. O libro conta con relatos en torno á casa de Rosalía, realizados por Marilar Aleixandre, Miro Villar, Helena Villar Janeiro, Xosé Antón Neira Cruz e Fina Casalderrey, con ilustracións de Fausto Isorna, Miguelanxo Prado, Ramón Marcos, Iván Suárez e David Pintor.
O venres desenvolverase un recital poético a cargo dos alumnos e alumnas, coa participación tamén da vicepresidenta da Fundación Rosalía de Castro, Ana Blanco Gómez.
Nos próximos días 7 e 8 de febreiro celebrarase en Compostela a terceira edición do encontro do asociacionismo xuvenil de Galiza e o Norte de Portugal que anteriormente foi en Porto e en Vila Nova de Famalicão. Estes encontros teñen o obxectivo de crear un espazo onde compartir realidades, experiencias, problemas e solucións comúns no mundo asociativo e reducir as distancias entre realidades semellantes e próximas.
No encontro contarase con diferentes espazos. Na MOSTRA haberá tempos e espazos para que cada asociación xuvenil expoña e comparta as súas ideas, as súas actividades e os seus proxecto de futuro. Para iso contamos cun espazo de EXPOSICIÓN con stands para que as asociacións xuvenís interesadas divulguen os seus proxectos e actividades. Tamén teremos un ESCENARIO, aberto á participación dos grupos que queiran actuar diante dos visitantes da Mostra - Encontro.
Haberá tamén un ESPAZO MULTIMEDIA onde expoñer traballos de creación e divulgación realizados por mozos e mozas. En canto ENCONTRO haberá a oportunidade de convivir, relacionarse festexar con mozos e mozas asociados de ambas partes do Miño: SEMINARIOS formativos e de reflexión sobre a elaboración de proxectos conxuntos e sobre a vida asociativa, CONCERTO – festa para o sábado noite, ANIMACIÓN e actividades variadas. O aloxamento é gratuíto para as asociacións xuvenís interesadas que se inscriban con anterioridade ao 27 de xaneiro.
A Sala Nasa compostelá acolle un concerto solidario a cargo de tres históricos da música galega, Julián Hernández, Uxía Senlle e The Ellas, a favor da defensa de Lidya Cacho.
Un grupo de avogados internacionalistas levarán o caso de Lydia Cacho, xornalista e escritora mexicana, diante do Tribunal Internacional de La Haya en febreiro do 2009. Ela será a primeira persoa a quen a Fundación Lydia Cacho apoie na súa batalla legal contra un Gobernador e un empresario que pactaron a súa detención ilegal e a súa violación a cambio de dúas botellas de brandy. O seu delito: ter denunciado unha rede de pederastas con empresarios e políticos mexicanos implicados. A súa vida hoxe aínda corre perigo.
Axúdanos a financiar a súa defensa. O traballo de quen se arrisca para informar de asuntos infames compre ser defendido. A FLC dá apoio económico e legal a persoas e colectivos que tras denunciar delitos de corrupción e impunidade contra dereitos humanos, son ameazados e as súas vidas corren perigo.
A Concellaría de Cultura da Concello da Coruña abre as súas portas un ano máis ao Iberojazz, que dará comezo este xoves 15. A pasada edición estivo dedicada a reflectir os 60 anos de historia do jazz en España homenaxeando a figuras como Tete Montoliú a Pedro Iturralde. Por iso, esta nova edición vén marcada pola continuidade histórica, a través de músicos como o contrabaixista lisboeta Zé Eduardo que dirixira nos anos 80 a Big-band do Taller de Músicas de Barcelona acompañando ao propio Tete Monteliú e o saxofonista-frautista madrileño Jorge Pardo xunto ao guitarrista Antonio Carbonell, como comentou en Radiofusión o director artístico do festival, Alberto Conde.
A encargada de clausurar o festival o 31 de xaneiro é Clunia, que xa ten representado ao jazz galego en múltiples certames e festivais nacionais e internacionais ao longo da súa traxectoria, está a celebrar o seu vintecinco aniversario como formación e fará coincidir a súa presenza no Iberojazz coa gravación do seu próximo traballo discográfico.
Sen esquecer a filosofía que lle deu vida a este festival e en colaboración coa Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, esta nova edición do Iberojazz contará cun novo intercambio entre músicos de diferentes escolas superiores da Península, coa permanente presenza dun grupo da nosa comunidade. Este ano compartirán escenario un combo da Esmae (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Oporto) con outro de diferentes características do devandito Conservatorio Superior de Música da Coruña.
O Jazz Galego seguirá a ter gran presenza no Fórum Metropolitano coa presentación dun novo traballo discográfico da vocalista Terela Gradín e o pianista Manolo Gutiérrez co título de Pascala, un traballo que afonda no pop de Radiohead e nas creacións propias desde a estética do Jazz.
As novidades neste certame 2009 veranse reflectidas en dúas vertentes. A primeira, arredor dunha mesa redonda baixo o título “O Jazz en tempos de crise” que abrirá o Festival no Fórum e será conducida e coordinada por Juan Torreiro xunto a músicos, críticos e programadores da comunidade. Despois, darase paso a un concerto no mesmo Fórum do dúo Ton Risco e Jacobo de Miguel, dúo de vibráfono e piano que presentarán oficialmente en Galiza o seu primeiro traballo discográfico Duo. A segunda novidade, terá como orixinalidade a unión da música ao cinema nun espectáculo multimedia en clave de jazz a cargo do zanfonista Germán Díaz e o guitarrista Antonio Bravo, tratándose dun novidoso espectáculo que percorrerá o Cancionerio popular da Guerra Civil Española baseado nun material recollido no libro de Luis Díaz Viana.
Os clásicos clubs da cidade onde o jazz soa cada noite, non pasarán desapercibidos ofrecendo tres concertos, un en cada club, de tres grupos noveis que ofrecerán a súa visión do jazz actual. No Jazz Vides, o trío 3 Azoteas, presentará un repertorio de composicións propias da man do pianista Iago Mouriño o contrabaixista Pablo Pérez e o batería Miguel Queixas, que se verá reflectido no que será o seu primeiro traballo discográfico. O pub Garufa acollerá a presentación, por primeira vez na súa cidade, da cantante coruñesa Ángeles Dorrio que acompañada polo pianista-teclista Sergio Delgado, o baixista Octavio Vargas e o batería Miguel Cabana, amosarán un repertorio orixinal e de versións propias sobre diferentes cantantes do soul-jazz, en arranxos do propio Sergio Delgado. Xa para rematar, o Filloa será o club, onde o trío Citric presente o seu primeiro traballo discográfico. Citric é un trío que vén de participar no circuíto de jazz do Injuve 2008 e está composto polo saxofonista Luis Verde o contrabaixista Ander García e o baterista Hilario Rodeiro.
Venres 19 decembro 2008: - Banda de Gaitas "AGARIMO" Ferrol - "RONCOS DO DIABO" - Portugal Sábado 20 decembro de 2008 Trío VAAMONDE, LAMAS & ROMERO - Galiza
(todas as actividades nas salas anexas do Auditorio de Ourense):
16:00 a 18:00 Emisión de Lume na Palleira en directo con Emilio Españadero 18:15: a 19:00 Charla didáctica e audicións "O Acordeón diatónico na Galiza" con Félix Cástro e Xoán Pedro Blanco 19:00 a 19:30 Acto Homenaxe: a "Ermelinda Seguín Matías", cantareira de Sarreaus e Premio novas iniciativas o "Proxecto Ronsel" de salvagarda e Posta en valor do patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia 19:30 a 20:00 Antón Castro, "De Contar e de Cantar" 20:00 a 21:00 Actuación do Grupo "Tanto nos Ten"
As 21:30 Cea do Orgullo no Restaurante Oira Praia, (estrada de Oira nº 20) Precio da Cea 18€, (15€ para Alumnos e asociados da AOFT) Apuntarse antes do martes 9 de decemboro, inclusive, no teléfono: 654173524
O vindeiro xoves 4 de decembro, a partir das 19,30 horas, a Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación 10 de Marzo, realizará unha “Homenaxe a Voces Ceibes”
O Concello de Ferrol, a cidadanía e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego se unirán o mes que vén para rendir unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos. Será nunha gran gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partir das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta.
Así o explicaba esta tarde a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen destacou que a iniciativa de levar a cabo este recoñecemento partiu dun colectivo de cidadáns e cidadás, que non dubidaron en poñerse en contacto coa Administración local ferrolá e con outras institucións públicas para solicitar a súa colaboración. Deste xeito, o evento está patrocinado ademais polos concellos de Narón e Fene, polas Consellerías de Innovación e Industria e de Cultura e Deporte e pola Vicepresidencia da Igualdade, así como tamén pola Televisión de Galicia, que será a encargada de restransmitir a gala do día 4, como culminación dos actos previstos. Nesta liña, Mercedes Carbajales avanzou que Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán e María do Ceo serán algúns dos artistas que acompañarán a María Manuela na gala, e que interpretarán xunto a ela algunhas das pezas máis coñecidas do seu repertorio, como “Barco negro”, “Gaivota”, “Habemos de ir a Viana”, “Idioma Meu” ou “Miña nai e maila túa”, entre outras. Xurxo Souto presentará o evento, mentres que a dirección musical correrá a cargo de Nani García e Xurxo Varela, este último fillo da propia María Manuela. Outro dos seus fillos, Anxo Varela, foi o encargado de deseñar o cartel que ilustra a cita. Pola súa parte, o portavoz do colectivo que tomou a iniciativa de facer esta homenaxe, Xosé Lastra, explicou que a intención coa que se leva a cabo é sobre todo a de poñer de manifesto ante o público a carreira e o valor artístico incontestable de María Manuela, moi presente dentro do mundo da música e da pintura en Galicia dende hai varias décadas, pero que quizás non conta co recoñecemento que realmente merece. En definitiva, segundo engadiu Xosé Lastra, preténdese facer unha chamada de atención contra a ocultación dunha inquebrantable personalidade artística de primeira orde, sempre disposta a pór a súa voz e o seu alento en todas cantas causas foi requerida. Por este motivo, Lastra quixo agradecer o apoio prestado dende o primeiro momento polo Concello de Ferrol e o resto de entidades que fan posible que María Manuela reciba dos seus propios veciños e veciñas as mostras de cariño e admiración. Pero tamén, a todos os artistas que non quixeron perderse esta homenaxe, a maioría dos que foron invitados a participar. Os que non puideron, explicou, foi unicamente por motivos de axenda. Así mesmo, tamén están previstos unha serie de actos paralelos, como é o caso da exposición de pintura de María Manuela no Ateneo Ferrolán, que estará aberta ao público do 1 ao 14 de decembro, ou as mesas redondas que se abordarán, tamén no Ateneo, para abordar a figura artística da cantante. A primeira delas, o día 1, leva por título “María Manuela, a súa pintura no seu tempo” e conta coa participación de Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López. A segunda, o 2 de decembro, “María Manuela, a súa música no seu tempo”, contará con Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela.
As asociacións e outras entidades de cultura local galegas desenvolveron desde hai máis de vinte e cinco anos un insubstituíble labor de promoción dos estudos e divulgación dos coñecementos sobre a historia e os diferentes tipos de patrimonios locais. Este labor, ademais da función educadora que promoveu entre os cidadáns, serviu tamén para a conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que, sen este traballo, ficaría hoxe en parte desaparecido ou, cando menos, esquecido. Este labor foi especialmente salientable nas vilas onde a tradicional ausencia de institucións culturais foi particularmente solucionada polas asociacións de cultura local.
O Consello da Cultura Galega, consciente do importante labor destas asociacións pero tamén do feito de que as circunstancias sociopolíticas en Galicia mudaron moito nestes vinte e cinco anos, promove un foro de reflexión sobre o papel actual das asociacións de cultura local. Será un debate aberto entre os representantes das asociacións culturais galegas que nos permitirá reflexionar sobre experiencias actuais doutras comunidades autónomas, sobre os estudos sociolóxicos centrados no seu papel en Galicia e sobre os novos instrumentos de comunicación que as novas tecnoloxías ofrecen. Este debate tentará identificar con claridade o novo contexto sociopolítico no que se desenvolve o seu traballo, pero sobre todo definir novas vías, instrumentos e horizontes de actividade cara ao futuro. Deste xeito, o papel de interlocutor e promotor cultural que sempre desempeñaron estas asociacións non esmorecerá diante dos novos retos e poderá servir para encarar con eficacia e acerto o futuro.
aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.
Para esta 2ª conversa aberta o tema escollido é “Camiños musicais por transitar”
Ugia Pedreira Pablo Sax Xacobe Martínez Antelo Noel Feáns
Será este sábado 22 de novembro ás 19.30 h no Auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela.
Esta será unha conversa distendida na que se pretende debater sobre tendencias contemporáneas da música na actualidade. Ponentes de diferentes eidos musicais conversarán desde o seu punto de vista sobre novos roteiros, estilos, filosofías…a explorar na linguaxe musical.
Esta conversa pretende reunir na mesma mesa catro puntos de vista complementarios desde prácticas profesionais distintas. Ugia Pedreira coma cantora da nova corrente da música popular urbana e directora de aCentral Folque; Xacobe Martínez coma un novo valor consolidado do jazz galego; Pablo Sax, un veterano músico que leva explorado unha morea de estilos desde o blues até a improvisación libre; Noel Feáns coma un novo creador e produtor musical do pop e a electrónica en Galiza.
Está orientado a calquera persoa interesada nas novas correntes musicais e filosóficas que agroman e no futuro da linguaxe musical coma expresión artística individual e colectiva.
Biografías dos ponentes -
Noel Feáns -
Noel Feáns é un compostelán moi activo, músico desde moi novo e un dos pioneiros da música electrónica en Galiza e en galego coma o combo de finais dos 90 Fusquenlha. Actualmente é a metade do proxecto musical Fanny+Alexander, un dos mellores representantes do novo pop galego; responsábel do netlabel A Regueifa, unha plataforma sen ánimo de lucro para a difusión libre de creacións artísticas. Tamén é o coordinador da revista on-line de música galega Sono-Tone, referencia
Xacobe Martínez Antelo -
Xacobe Martínez é músico e compositor e un dos grandes intérpretes do contrabaixo en Galiza. Unha referencia no jazz que se fai no país en bandas tan carismáticas coma Sumrrá, Marcelino Galán Quartet, FAT, Imaxina Jazz Orquestra S.O.S. Trio ou membro de proxectos coma Marful, Ú-lo Trio, Clan Moriarti ou Victor Aneiros Blues Band. Ademais de facer música para teatro e dar aulas na escola Estudio.
Pablo Sax -
Pablo Sax, cidadán do mundo e pacifista, músico polifacético, inconformista, autodidacta e autocrítico cunha longa experiencia de máis de vinte anos tocando o saxofón. Comeza no 1986 a súa andaina, toca nas rúas de Compostela durante 6 anos e forma parte de bandas coma Morgana (jazz rock), Paranojazz e proxectos colectivos de blues. Actualmente mergullado na linguaxe da improvisación libre no dúo 2M8 co baterista LAR Legido e na Orquestra de Música Espontánea de Galicia OMEGa.
Ugia Pedreira -
Ugia Pedreira é directora de aCentral Folque e colaboradora da Radio Galega no programa “Tres peixes voando”. Ela é unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical galego cunha andaina de varios anos e tres discos editados con Chouteira e actualmente con Nordestin@s e Marful co revival da música popular de autor.
Sábado, 22 de novembro de 2008, ás 6 da tarde. Entrada libre
Coa intervención do músico ANTÓN CASTRO, Álvaro do Sixto, “O novo Laxe” e de VECIÑAS e VECIÑOS do concello de Friol.
Colaboran : Asociación de Mulleres Rurais "Fonte da Xonza" Asociación Cultural "Cova da Serpe" Rede Museística da Deputación de Lugo.
Divulgador: Antonio Reigosa
Recitador: Isidro Novo
Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Vicepresidencia Primeira, Área de Cultura da Deputación de Lugo. _____________________
POLAFÍA As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións. A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.
____________________
PRÓXIMAS POLAFÍAS -Sábado, 6 de decembro, ás 6 da tarde, en Riotorto (Lugo).
Será este mércores 19 de novembro, ás 19h30, no salón de actos da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela,
CONVERSA con Xurxo Souto baixo o título:
“Música galega, todo o mundo na fin do mundo. A relación da música popular galega con outras culturas musicais”
Xurxo Souto é licenciado en Filoloxía clásica, traballou sucesivamente como músico, vocalista e acordeonista dos Diplomáticos de Monte Alto, escritor (A aldea terremota, O retorno dos homes mariños…), guionista de televisión, director da programación da Radio Galega, director do programa de música “Aberto por reformas”. O seu obxectivo na vida: contar historias poderosa.
Este é un evento argallado polo equipo de normalización lingúística.
Música, obradoiros, magosto, demostracións artesanais, xogos populares de mercado de productos de outono enchen a praza da Verdura de actividade durante a fin de semana.
A tradicional Feira de outono celebra este ano a oitava edición. O programa, ademáis de conxuntar as actividades do Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, complétase coa música de Os Alegres e as Pandereteiras de Soutomaior, xogos populares e obradoiros, que se celebran na praza da Verdura ao longo do sábado e o domingo.
As castañas serán as protagonistas do Magosto popular que dará comezo o sábado ás 20:30. Ese mesmo día, de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:30 horas, quedarán instalados os postos do mercado de productos de outono, mentres que o domingo só estarán pola mañá.
A praza acollerá tamén as demostracións de oficios tradionais, así como a mostra de destilación de augardente e unha polbeira –o domingo-.
Xornadas gastronómicas Os productos típicos de outono presentados e cociñados de maneira innovadora será o que ofrecerán 7 locais de hostalaría que participan na Feira de outono. Trátase dos seguintes: Bago, Casa Filgueira, Restaurante Figueroa, La Tienda de Clara, Asador O Fanal, La Azienda del Vino e Ambrosia.
En cada un deles poderanse degustar diferentes pratos e postres, como chupachús de paspallás con mus de castaña, torata de noces, salteado de cogomelos, xamón e gambas, etc (Máis detallado no programa da Feira de outono).
CENTRO SOCIOCULTURAL "SANTA LUCÍA" Sábado, 15 de novembro de 2008, ás 5 da tarde. Entrada libre Coa intervención do músico XAVIER BLANCO e de VECIÑAS e VECIÑOS da comarca de Valdeorras Colaboran : Agrupación Cultural "Abertal" / Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila" / Xornal "O Sil" e concello de Vilamartín de Valdeorras Divulgador: Antonio Reigosa Recitador: Isidro Novo Organiza. AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Patrocina: Consellería de Cultura e Deporte, Dirección Xeral de Creación Cultural.
Nota: Ao remate celebrarase un magosto popular organizado pola Asociación de Mulleres Rurais "Cima de Vila" _____________________
POLAFÍA As polafías son unha proxecto da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), coordinado polo Vogal de Literatura de Tradición Oral, Antonio Reigosa, que conta coa colaboración de diversas asociacións e institucións. A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical, galego. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
O que suceda nas polafías será gravado e logo difundido a través da web da AELG. As polafías terán unha duración aproximada de arredor de 90 minutos.
____________________
PRÓXIMAS POLAFÍAS -Sábado, 22 de novembro, ás 6 da tarde no Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Friol (Lugo) -Sábado, 6 de decembro, ás 6 da tarde, en Riotorto (Lugo).
Seguindo a dinámica de dar a coñecer o patrimonio tradicional común a unha beira e outra do Miño, e transmitilo no contexto escolar, 'Ponte... nas Ondas!' organiza unha reunión lúdica e non competitiva.
No contexto dunha semana moi especial para o xogo tradicional (lembremos que "polo San Martiño, peóns ao camiño"), a asociación Ponte... nas Ondas! Organiza un día de convivencia entre rapaces e rapazas de escolas galegas e portuguesas, no marco dunha serie de actividades que se están a desenvolver para dinamizar e relanzar o patrimonio inmaterial galego-portugués.
O vindeiro venres día 14 de novembro, o Colexio Público Infante Felipe de Salvaterra de Miño acolle unha xornada de lecer e transmisión de xogos tradicionais. "Moitos destes xogos están a quedar en desuso e é necesario rememorar e transmitir ás novas xeracións como se xogaba e tamén todo o seu saber asociado", din dende a asociación.
Durante a mañá do venres, rapaces e rapazas das dúas beiras compartiran xogos e vivencias comúns para coñeceren a que xogaban seus pais e avós: birlos, chave, ra, truco, bólas (berlinde), chapas (caricas), chave, zancos (andolas), aros e elástico. As actividades rematarán cunha masiva tirada simultanea de peóns.
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional, equipamento dependente da Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, leva desenvolvendo dende a súa creación en 1999 un ambicioso programa de protección, recuperación e difusión do patrimonio etnográfico, atendendo con especial atención á artesanía tradicional.
Unha das súas prioridades é a de achegar a toda a cidadanía os valores deste patrimonio a través da organización do Seminario Galego de Etnografía, que nesta III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago Xavier Castro Pérez, que nos achegará aos modos de vida cotiá dos galegos na época contemporánea.
O seminario e gratuíto e con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse. O prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de novembro, establecéndose unha rigurosa orde de entrada das solicitudes.
El próximo lunes 10 de noviembre, en la sala Valle-Inclán del Círculo de Bellas Artes de Madrid, a las 19:30, tendrá lugar una mesa redonda que con el título "20 años sin Zeca Afonso", intentará analizar esta figura imprescindible de la música y del compromiso social. En esa mesa estarán Luis Pastor, Julio Pereira y Pedro Calvo, moderados por Luis Martín, y está enmarcada dentro de las actividades de la VI Mostra Portuguesa.
No es que nos haga falta ninguna excusa para dedicar un programa a Zeca Afonso, pero no ha parecido oportuno aprovechar esta cita para hacerlo. Así que os invitamos el próximo lunes 10, entre las 14 y las 15 horas a que escucheis nuestro programa, y compartais con nosotros 60 minutos de disfrute con la música de Jose Afonso, y sus innegables influencias en los artistas portugueses con sensibilidad hacia las músicas populares o hacia la sensibilidad social. En definitiva, mirar hacia Zeca Afonso.
Esta actividade, promovida pola AGG e patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Marín, pretende afondar no coñecemento dunha das formacións máis importantes dentro da nosa música tradicional como é o Cuarteto de dúas gaitas, tambor e bombo. A Mostra inclúe exposicións, debates, conferencias e actuacións musicais, que, no presente ano, xirarán arredor do grupo “Os Peruchos de Castrelos”.
AJA Norte e Tino Flores estarán mañá, venres, 7 de novembro ás 22 h, no auditorio da Xunta de Freguesía de Santo Ildefonso –Porto–, nun concerto para lembrar os homes e as cancións do Canto de Intervencíón.
Tino Flores, noutrora compañeiro de andanzas de José Afonso, Adriano Correia de Oliveira, Luis Cília e tantos outros artistas comprometidos, que fixeron da canción protesta a arma para loitar pola democracia do seu país, presta hoxe a súa arte para relembrar os compañeiros de sempre e as cancíóns que urxe non esquecer. A organización do evento é da responsabilidade da AJA Norte (Asociación José Afonso), que unha vez máis nos proporciona unha actividade de carácter cívico e cultural, pola manutención da memória e dos valores da liberdade. Actuará tamén o Grupo Poético Musical da própia Asociación, e, os interesados poderán aínda mercar CDs dos cantautores portugueses que formaron o movimento do Canto de Intervención, así como libros e outros materiais relacionados co tema.
O mesmo tempo, máis en Almada, o cantautor Francisco Naia presenta o seu último traballo discográfico co título De Sol a Sul. Francisco Naia naceu no Alentejo e moi cedo foi influído pola ética e pola estética do Zeca Afonso, de quen foi aluno no ensino secundário. Influencia ética, porque foi co Zeca que aprendeu a cuestionar as cousas da História maniqueísta da ditadura –el falaba de liberdade– a estética, porque o profesor cantaba con outras palabras e outros sons que o axudaron na construción das formas e sensibilidade musicais futuras.
De Sol a Sul é un traballo elaborado con instrumentos acústicos: percusións portuguesas e árabes, guitarra alentejana chamada "viola campaniça", cavaquiño, bandolín e contrabaixo, a que unha frauta e un saxofón axudan, na creación dun ambiente bucólico. Profundamente poético, cunha voz que inspira ó soño, histórias e sentimentos que aquí e alén lembran, o Zeca, a vida... A Saudade
Vindeiro 11 de novembro Brinquedia convoca a 4ª edición do Día do Peón. Despois da grande repercusión que tivo nos 3 anos anteriores (acadando arredor de 12.000 participantes na edición do ano pasado), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais, diríxese esta convocatoria non só aos centros de ensino (nomeadamente os maiores organizadores desta campaña), senón a concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño (11 de novembro) e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado (15 de xaneiro), substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
Será este sábado 8 de novembro ás 19.30 h na sé pedagóxica de aCentral Folque Compostela, no auditorio Escola Altos Estudos Musicais de Santiago.
Constará de unha mesa redonda denominada “Uxía e Emilio Cao no espello” e a presentación editorial de Etno-folk, revista galega de musicoloxía.
aCentral Folque, organiza unha serie de actividades que unen nunha tarde unha presentación editorial e unhas mesas redondas baixo a denominación “conversas abertas” na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, productores, comunicadores,… participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.
Para a primeira entrega se presentará Etno-folk, revista galega de etnomusicoloxía publicada pola editorial viguesa Dos Acordes, especializada en temas musicais e pedagóxicos. Un referente para interesados na música galega onde se recollen artigos de investigación de musicoloxía. Na 1ª conversa aberta serán dúas personaxes claves na evolución do folque galego: Uxía Senlle e Emilio Cao conversando da súa traxectoria vital e artística. Falarán entre eles e coas persoas que atendan este acto extraordinario que vai xuntar en Compostela a dous profesionais que representan a tradición contemporánea e proxectan a música de Galiza internacionalmente desde hai máis de 25 anos.
Ponte da Barca acolhe, nos próximos dias 07 e 08 de Novembro, o seu segundo Congresso Transfronteiriço de Cultura Celta, que tem como objectivo o estudo científico da presença e da herança da cultura celta não só nesta região mas em todo o noroeste peninsular. Com esta iniciativa pretende-se também a valorização dos respectivos vestígios e símbolos e o relançamento da riqueza patrimonial material e imaterial de toda esta área geográfica.
Ao promover a realização do terceiro Congresso versando sobre a Cultura Celta no Noroeste Peninsular (o primeiro teve lugar na cidade de Ferrol em 1997 e o segundo em Ponte da Barca em 2006) a Câmara Municipal de Ponte da Barca e a Comunidade Urbana Valimar, como organizadores do evento, tem como fito mais uma vez promover a discussão, num espectro mais alargado, de qual o peso da cultura celta na nossa herança cultural.
Saliente-se, também, o envolvimento dos estabelecimentos de ensino dos mais diversos níveis ( ensino básico ao superior ) neste evento, desenvolvendo trabalhos que vão desde a simples recolha de elementos, à execução de projectos e obras nos mais diversos contextos que procuram valorizar a temática.
O tema da presença celta tem sido acaloradamente debatido e investigado pela comunidade cientifica nacional, que se tem dividido nas suas opiniões, ora afirmando ora rebatendo, a possível celtização deste território e quais os seus vestígios.
Vários especialistas, portugueses e espanhóis, como António Martinho Baptista, Ramon Sainero ( Director do Instituto de Estudios Celtas - Espanha ), Fernando Alonso Romero e Nieves Herrero Pérez( Un. Santiago de Compostela ), entre outros, confirmaram já a sua participação neste evento que tem como coordenadora científica a Dra. Fátima Lobo da Faculdade de Filosofia da Universidade Católica Portuguesa de Braga.
A Concelleria de Festas organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as IX Xornadas de Danza e Música Tradicional de Galicia que terá lugar no Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 8 e 9 de novembro (sábado e domingo) as 20 horas.
En total participarán 3 grupos de danza e música galega: Agrupación Folclórica "Colexiata do Sar" de Santiago de Compostela; Asociación Cultural "Xirandola" de Bandeira e Asociación Folcórica "Noutrora" de Vigo.
O xurado valorará de 0 a 10 puntos a cada agrupación, e terá como base fundamental os seguintes criterios:calidade artística dos bailarins/as, o grao de dificultade e autenticidade das danzas interpretadas e vestiario utilizado, valor interpretativo do grupo de acompañamento.
O xurado estará formado por Xesus López, conselleiro de Festas; Luís Prego Fernandez, director do grupo "Bricadeira" de Santiago e bailarin; José Manuel Gil Rodriguez, profesor de música; Isabel García Quintela, profesora de baile; Enrique Dominguez Lino,directo do grupo "Celme" de Pontevedra. Actuará como secretaria do xurado: Carmen Chapela Meneo, funcionaria do Concello de Vigo.
PREMIOS:
1º premio: 1.500.- € medalla e diploma 2º premio: 900.- € " " 3º premio: 600.- € " " 4º, 5º, 6º clasificados: Diploma e accésit de 100 € Premio especial o mellor grupo de acompañamento: 200 €.
O comenzo dos actos será as 20,00 horas. As persoas interesadas en asistir ás xornadas debereán recoller as invitacións o sábado e domingo a partir das 18 horas no teatro.
O Ateneo Ferrolán dentro das súas actividades de promoción da música galega ven propiciando e celebrando, case continuo, tódolos anos (dende hai 20 anos) unhas Xornadas de Gaita, como un lugar de encontro para grupos ou xentes que utilizan a gaita como un dos instrumentos básicos nas súas actuacións e composicións.
Unha das súas características específicas é a participación de grupos de música folk galega, xunto con algún autor ou grupo invitado de fora de Galicia pero, que teñan tamén na súa estrutura de acompañamento a gaita como un elemento indispensable, servindo así de contraste e comparación da nosa música coa doutras culturas e músicas afíns.
As XXI Xornadas da Gaita serán os días 19 e 20 de decembro no Ateneo Ferrolán ás 20,30 h.
A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués celebrarase do 8 ao 11 de novembro en Ourense coa intención de dar a coñecer as manifestacións da nosa cultura tradicional. Na praza Maior da cidade reviviranse usos, representacións, técnicas e coñecementos tradicionais que conforman o noso patrimonio.
A mostra insírese dentro do proxecto Ronsel, nacido da colaboración das consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e as tres universidades galegas. Amosará a diversidade patrimonial da nosa comunidade, ofrecendo a todos os que se acheguen representacións da súa riqueza. Esta mostra é "unha exposición viva das nosas manifestacións culturais, onde a xente poderá participar nos distintos obradoiros de xeito activo", sinalou Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais de Universidade de Vigo. Area foi o encargado de presentar o programa de actividades dos catro días, no que se mesturan obradoiros tradicionais e de artesanía, actuacións de música e baile, conferencias e proxeccións audiovisuais.
Catro estacións
A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués ten como fío condutor o Ciclo do ano, denominación baixo a que se reúnen as actividades que os galegos facemos de xeito cíclico cada estación do ano. Por iso, cada día adicarase a unha estación, de xeito que o certame comezará o sábado 8 coa primavera, o domingo será o verán, o luns tocaralle ao outono, e a mostra rematará coa chegada do inverno o martes 11.
Ademais cada estación do ano contará cunha cabana permanente onde se poderán visitar diferentes exposicións. Nenos e maiores poderán participar de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.30, durante os catro días, en obradoiros como olería, fabricación de corozas, forxa, tornaría, fabricación de xoguetes e instrumentos musicais, ou destilación de augardente, entre outros.
A mostra conta tamén cunha Cabana das Palabras onde terán lugar diversos relatorios e proxección audiovisuais, ademais das I Xornadas de Hortofruticultura Ecolóxica. O remate final a este certame, o martes 11, virá acompañado de castañas, chourizos e viño novo, no magosto popular que se organizará ás 17:00 nos Xardíns Bispo Cesáreo.
Música tradicional
Aínda que todos os días haberá actuacións musicais e de baile tradicional protagonizadas por agrupacións da área Galicia-Norte de Portugal, a música darase cita de xeito especial as noites do sábado e do luns, xa que a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), que tamén colabora na organización da mostra, celebrará eses días o seu Festival de Música Tradicional. As Tanxedoras do Pandeiro, Joaquim Pereira "O Carriço", a Requinta de Xián, Pai da Cana ou Tanto nos ten, son algunhas das agrupacións que pasarán polo escenario. Durante as actuacións e para afastar o frío, poderase desgustarse gratuitamente queimada feita coas augardentes destiladas polo poteiro da mostra.
Proxecto Ronsel
Grazas á colaboración entre as tres universidades galegas, coordinadas pola Universidade de Vigo, xunto co patrocinio das Consellarías de Cultura e Deporte, Innovación e Industria e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), xurdiu o Proxecto RONSEL; que naceu pola imperiosa necesidade de salvagardar o patrimonio cultural inmaterial de Galicia. O proxecto, no que se insire esta mostra, pretende facer unha investigación e documentación minuciosa de todo o patrimonio galego, ademais da súa promoción, protección, difusión e transmisión.
Xa está preparada unha nova edición da Mostra de cuartetos tradicionais, que a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza en Marín coa colaboración do Concello, a AC Picuiña e a Dirección xeral de creación e difusión cultural.
Este ano o grupo homenaxeado, e que centrará os contidos da actividade, será "OS PERUCHOS" de Castrelos. O día 14 de Novembro, data na que se inaugurará a exposición no museo Manuel Torres de Marín, poderemos asistir a unha mesa de debate e concerto do cuarteto "Luvas Verdes". O día 29 do mesmo mes, en que se pechará a mostra, tocaralle o turno as charlas sobre o catálogo de músicas da Limia e o propio grupo "Os Peruchos".
En breve recibiredes máis información acerca da V Mostra de cuartetos tradicionais.
O vindeiro 15 de novembro as 19,30 horas A Buxaina celebra a XX edición da "Homenaxe o Gaiteiro" no Teatro-Sala de concertos Caixanova (non no auditorio como figura neste cartel).
A entrada será de balde mediante invitacións que se poderán recoller a partires do sábado 8 de novembro no Centro Cultural de Coruxo (unha semana antes para os socios do CRACC).Podedes contactar conosco no mail: a_buxaina@yahoo.com
Este ano estará presentado por Luís "O Caruncho" e nos acompañarán no recoñecemento ós homenaxeados:
Faíscas de Solobeira Cántigas da terra Asociacion Cultural "Lembranzas da Ria”
Ó rematares seguiremos coa festa no Centro Cultural de Coruxo donde estades convidados a vir tocar e bailar.
O s sábado 27 de Setembro de 2008, a partires das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XX Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracteriza por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.
Este ano a homenaxe vai dedicada ao grupo “Leilía”.
Leilía e un grupo que se pode considerar case que imprescindible, non so na preservación das esencias da tradición cantada, senón tamén na súa faceta de recolleita, a pé de campo, do repertorio tradicional. Foron as primeiras pandeireteiras ou cantareiras en gravar e tamén en normalizar (no que a recoñecemento, difusión e equiparación co resto da nosa música se refire) esa tradición oral transmitida de xeración en xeración.
Nesta XX Xuntanza de Gaiteiros participarán: “Treixadura Gaiteiros e Orfeón”, “Pradairo”, “Leilía” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”. A Xuntanza será presentada por Quico Cadaval.
A concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide, comprometido coa necesidade de recuperar a identidade propia do noso concello, está organizando a I Mostra do Traxe e Música Tradicional que terá lugar o 29, 30 e 31 de agosto de 2008.
O obxectivo primeiro desta mostra é exaltar e conservar unha parte importantísima da nosa riqueza cultural, como unha ferramenta de coñecemento do noso pasado e como un mecanismo de participación e comunicación entre particulares, asociacións e toda a poboación melidense en xeral.
Programa da Mostra
VERNES 29 DE AGOSTO
12.00 h -Inauguración da Mostra cos Regueifeiros de Galicia (Luis O Caruncho e Benito Lobariñas)
12.00 h: Obradoiro de BOTÓNS DE FÍO para maiores de 12 anos.
17.00 h.- Pasarrúas da REQUINTA DE XIÁN
Praza do Convento
19.30 h.- Actuación da REQUINTA DE XIÁN
Cantón de San Roque.
23.00 h.- Actuación de LEILÍA TRADICIONAL
Cantón de San Roque.
SÁBADO 30 DE AGOSTO
11.30 h.- Obradoiro de PASAMANERÍA para maiores de 12 anos.
Praza do Convento
12.00 h: Pasarrúas con OS MELIDAOS.
13.00 h - Conferencia "O Traxe tradicional galego" por CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas con "OS SANTIAGUIÑOS" de Boimorto.
18.00 h : Pasarrúas co grupo AXÓUXERE
18.00 h - "Xogos cantados e bailados" con LUIS PREGO
Praza do Convento.
20.00 h.- Actuación e desfile de traxes do grupo BRINCADEIRA
Cantón de San Roque
23.00 h.- Actuación musical co grupo PE DE BOI
Cantón de San Roque.
DOMINGO 31 DE AGOSTO
11.30 h: Obradoiro de COLARES para maiores de 12 anos.
12.00 h: Pasarrúas cos gaiteiros FROITO NOVO
Praza do Convento
12.30 h: "Xogando cos nosos instrumentos" por Lola Fernández.
Praza do Convento
17.00 h: Pasarrúas co grupo de música e baile tradicional "A MARISTELA" de Sobrado.
17.30 h: Concerto didáctico con PABLO DÍAZ e OLGA KIRK (Grupo Route)
Praza do Convento
18.00 h: Pasarrúas coa agrupación musical "BUXAINA" de Palas de Rei.
19.00 h: Conferencia e actuación de zanfoña.
Capela de Santo Antón
20.30 h: Actuación de música e baile tradicional co grupo ENTRECAIXAS
Cantón de San Roque
22.00 h: Actuación de baile e música tradicional co grupo CANTIGAS E AGARIMOS.
Explanada do Edificio Multiusos.
Ademais, exposicións de instrumentos tradicionais , e exposición fotográfica dos 35 anos de Froito Novo na Capela de Santo Antón.
Desde o 29 de maio do ano 2004 a Asociación de Veciños de Piñeiros vén realizando estes encontros de Bandas de Gaitas, un encontro que desde o falecemento do sempre lembrado e querido Manuel García “Lolete” leva o seu nome.
* Dias: 5 e 6 de Xullo 2008 * Lugar: Campo da festa de Piñeiros * Entrada á carpa: Gratuita (agás a churrascada) * Venta de Entradas para a churrascada: Local da A.VV. Piñeiros, Estanco de Piñeiros, Librería Nany, Estanco Penedo (O Feal), Casa Baltasar, Mercería Chandy. Prezo: 15 euros por persoa * Menú da Churrascada: mexilós, liscos, churrasco (a fartar), viño, pan, auga, xelado, café, bola e queimada.
SABADO DIA 5:
19:00h: pasarrúas das bandas de gaitas dende a rotonda do Ponto ata o campo da festa, onde comenzará o concerto. 23:00h: Gran churrascada e actuación de “CORAL”
DOMINGO DIA 6:
11:00h: Celebración actos “30 ANIVERSARIO” e actuación do “GRUPO NARON MUSICAL 70″ 20:00h: Actuación dos grupos “ZARES” e “ABASTO”
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o próximo sábado 31 de Maio o II Encontro de Tocadores de Trompa. As actividades levaranse a cabo durante toda unha xornada na localidade da Fonsagrada, lugar de especial interese na historia deste instrumento, xa que aquí se conservou o seu uso ata os nosos días.
Nesta segunda edición do Encontro, contaremos cos principais tocadores de trompa de Galiza, e tamén faremos un achegamento á presenza deste instrumento en outras culturas. Será a través do recoñecido músico e investigador John Wright, quen impartirá unha interesante conferencia, que se completará cunhas clases prácticas para aprender a tocar a trompa.
A asistencia ao encontro e totalmente gratuíta. Aqueles que desexen mercar unha Trompa para asistir ás clases de iniciación, poderán facelo ese mesmo día, previa reserva, a través do seguinte teléfono, Fax ou enderezo electrónico: Tlfno/Fax: 986 847 074 secretaria@gaiteirosgalegos.com
O programa do Encontro queda do seguinte xeito:
11:00h - “ A presenza da Trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundoâ€? Relatores: Natalia Regueiro, Luciano Pérez e John Wright 14:00h - Xantar 16:00h - Mostra de construción de Trompas: Oliverio Ã?lvarez 16:45h - Clases de iniciación e técnicas para tocar a Trompa. John Wright 18:30h - Concerto de Trompa: Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando, John Wright.
Venres, 9 de maio Saída ao campo para recoller flores. Ás 16:30 dende o local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2
Sábado 10 de maio Obradoiro de confección de flores, fiuncho e espadana para montaxe do noso maio e ornamentación da praza da Constitución. Ás 16:30 no local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2
Domingo 11 de maio, na Praza da Constitución Pola mañá, a partir das 10:30 • Confección do maio na farola Central da praza • Feira apícola. Demostración de labores apícolas e venda de mel (Asociación de apícultores de Pontevedra) • Obradoiro de flores para cativos • Obradoiro de Pan • Obradoiro de cestería para cativas e cativos de 12.30 h a 14.30 h (C.A.T.) Monitora Mª Jesús Barreiro • Obradoiro de pan, moenda do millo, amasado e cocedura.(Panadería Manuel Pereira)
Pola tarde, ás 17:30 • Recoñecemento a persoas e colectivos colaboradores • Entrada dos Maios convidados • Festa dramatizada • Concerto do grupo de música tradicional europea "Folear" (Portugal) coa colaboración nas danzas de Marta Coutinho.
A Asociación Cultural Cantigas e Frores organiza os vindeiros 15, 21 e 28 de Maio unhas xornadas sobre cultura tradicional galega. Os actos celebraranse no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, en Lugo.
Encontram-se abertas até dia 26 de Abril as inscrições para o Tocar de Ouvido - Encontro de Tocadores, que vai decorrer em Évora, de 1 a 4 de Maio deste ano. As oficinas de instrumentos incluem Gaita-de-fole, Concertina, Rabeca Brasileira, Harmónica, Canto e Viola Braguesa. Para além das oficinas de instrumentos, há oficinas paralelas: Construção de Instrumentos, Improvisação Musical, Estúdio de Dança e oficinas para crianças. O programa completa-se também com concertos, palestras, debates, mostra de artesãos e instrumentos e bailes nocturnos. Uma oportunidade de descobrir os segredos antigos dos Tocadores e das suas músicas, a não perder. Todas as informações e inscrições em
Baixo o lema Galicia do outro lado do Atlántico. Voces reunidas na Bahía, celébrase dende mañá na cidade brasileira a oitava edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A perspectiva deste encontro é afrontar a cuestión cultural galega dende unha perspectiva máis ampla posible, polo que mestura nas súas sesións estudos críticos e investigacións, con diversas manifestacións da creación literaria e musical.
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, abrirá mañá o congreso coa conferencia A proxección exterior da cultura galega; será presentado polo presidente da Asociación, Basilio Losada. O mércores, Craig Patterson abordará a identidade cultural galega na obra de Ramón Otero Pedrayo, e celebraranse dúas mesas redondas, unha sobre estudos de lingüística e outra sobre literatura e música. Nesta última participarán Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz e o músico de Luar na Lubre Bieito Romero.
Proxectos e publicacións
O congreso complétase coa presentación de proxectos e publicacións, ademais dunha nova mesa redonda sobre a visión da cultura galega na outra beira do Atlántico, coa presenza de Víctor F. Freixanes, Pilar Cagiao Vila e Camiño Noia Campos. Por último, a compañía galega Talia Teatro representará Bicos con lingua , de Avelino González, e a cantante Socorro Lira presentará o seu último traballo discográfico.
Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canción galega, reúnense na Coruña para honrar a Jose Afonso.
A. R..A Coruña
"Durante os últimos vinte anos, ninguén cantou á palabra en Galicia". É Miro Casabella, músico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un dos seus compañeiros no movemento musical da última década do franquismo, Benedicto, pequeno e de fala rápida.
Non é doado velos xuntos. Onte reuníronse na Coruña nunha homenaxe que o colectivo Urbano Lugrís rendeu á voz da Revolución dos Caraveis, Jose Afonso, na que tamén participaron, e cantaron, os fundadores de Fuxan os Ventos e actualmente integrantes de A Quenlla, Mini e Mero.