Páxina anterior









CURSOS MONOGRÁFICOS 2002.
CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE DE LALÍN.



1.MONOGRÁFICO CORDAS FOLQUE.
GUITARRA,LAUDE,MANDOLINA,BOUZOUKI

Profesor: Dani Sisto (guitarrista, arraxista e compositor,foi guitarrista de Luar Na Lubre e responsábel do Projecto Ninguem)
Contidos:
- aprendizaxe das diferentes técnicas para instrumentos de cordas na música folque a partir dos anos 60, de tradición americana, bretona, centroeuropea...
-harmonización, rítmica e contrapunto
-arranxos e orquestación instrumental e para canto
-práctica de interpretación sobre repertorio tradicional e folque, galego e europeo
Duración: de febreiro a xuño
Horario: todos os venres en 2 grupos, de 18h e de 19h
Comezo: primeiro venres de febreiro
Prezo: 30.05 euros ao mes

_____________________

2.CURSO MONOGRÁFICO ESPECIALIZADO EN PANDEIRETA GALEGA.

Profesorado:Davide Salvado (alumno do Conservatorio Folque, cantador e pandereteiro e prof. de pandeireta)
Uxia Pedreira (directora e profesora de canto do Conservatorio Folque de Lalin)
Contidos:
- diferentes técnicas de pandeireta tradicional galega según os traballos de campo e as escolas galegas
-técnica de innovación para pandeireta galega
-improvisación
-acompañamento á gaita, ao canto
-cantos tradicionais e de composición actual
-acompañamento a outros géneros musicais
-dinámicas de aprendizaxe para o ensino musical do profesorado
Inclue tamén : *Serán e recollida de Campo *Seminario de tonada asturiana e percusión asturiana, imparte a musicóloga Araceli da Vila.
Duración: febreiro a xuño
Horario: sábados de 16h a 17h
Prezo:15 euros ao mes

______________________________

3.CURSO MONOGRÁFICO HISTORIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA 1850-2000.

Prof. Ramom Pinheiro "Chito"( músico e historiador, director do proxecto editorial "Historia grabada da Música Tradicional Galega" pendente de publicación)
Contidos:
- estudio do estado actual das investigacións sobre música tradicional galega
-presentación e crítica das fontes documentais:textos, grafismos, fotografia, rexistos audiovisuais e sonoros.
-interpretes e formacións: nomes propios, cuartetos de gaitas, coros, movemento folque...
-repertorio: transmisión, compilacións, composicións, edicións
-modificacións organolóxicas
-evolución do ensino da música tradicional
Este curso pretende ser un repaso pola evolución musical galega en relación co contexto sociopolítico con material de primeira orde co obxectivo de conseguir unha clara visión histórica da nosa música patrimonial.
Duración: mes de marzo
Horario: venres de 17h a 19 h. con descanso
Comezo: 1 de marzo
Prezo: 40 euros

_________________________________

4.CURSO MONOGRÁFICO DE GRAVACIÓN MUSICAL.

Profesor: Dani Abeledo (técnico de son do grupo folque Os Cempés)
Contidos :
- captación acústica (microfonia ,equipos de audio)
-gravación audio-midi (cubase VST)
-edición audio-midi (cubase VST)
Duración: febreiro a maio
Horario: 2º e 4º sábado de cada mes, de 15h a 18 horas.
Prezo: 30.05 euros

_______________________________

5. MONOGRÁFICO DE VIOLINO.

Profesor: Kim Farinha (violinista de Berrogueto)
Contidos: Coñecemento do instrumento, técnica e interpretación do repertorio tradicional galego. Estudio de arranxos folque para violino.
Duración: fin de semana (venres e sábado)
Horario: a tratar
Prezo: 30.50 euros

_____________________________

Pendentes para o mes de febreiro:
MONOGRÁFICO DE PERCUSIÓN con Zé Salgueiro (percusionista dos Gaiteiros de Lisboa).
MONOGRÁFICO DE HARMONIZACIÓN VOCAL con os cantores dos Gaiteiros de Lisboa.
Indica o teu interese no noso mail.
_________________________________________
Inscripción: conservatoriofolque@hotmail.com
tlf.630 455781 (historia da música, curso de gravación)
649 030531(cordas)
620 135680 (pandeireta)

Conservatorio Folque de Lalín

 

SUSANA SEIVANE E MERCEDES PEÓN
actuarán no

CELTIC CONNECTIONS DE GLASGOW
(Sábado 2 de Febreiro no Strathclyde)
http://www.grch.com/Royal/hall_events/celtic.htm

 

BERROGÜETTO nos CONCERTOS DA GALEGA



Presentando o seu novo disco, HEPTA

Será o Xoves 24 de Xaneiro ás 19 horas (cunha entrevista previa, arredor das 18:30h). O teléfono para conquerir invitacións é o 981540940. Pero, ademáis, lembra que estos concertos poden seguirse a través de internet, tanto en directo como en diferido.

 

 

Volta o ciclo 'Tribos ibéricas'

(Información tirada da páxina de www.vieiros.com)



A Universidade de Santiago, ou as cidades de Lugo e Compostela, acollen de novo o ciclo 'Tribos Ibéricas' de música que traerá por estes lares a Benito Cabrera, L'ham de Foc, Javier Ruibal, Oreja TX e Os Cempés.
Nestes tres anos de vida, Tribos Ibéricas é apenas o único ciclo que amosa a realidade plural e diversa da Península Ibérica con criterios que xiran entorno á idea de propiciar o encontro, o coñecemento e o diálogo entre culturas, cuestión ésta tan ausente como necesaria na sociedade dos nosos días.



Nesta edición 2001-2002, Tribos Ibéricas amósanos novas vertentes das culturas Ibéricas descubríndonos para o ciclo a creatividade de artistas que representan as culturas que acuden nalgún caso por primeira vez a esta cita; Benito Cabrera e a cultura canaria son un claro exemplo, un músico e creador que cun instrumento represantitivo da sua cultura como é o timple (instrumento de corda semellante ao cavaquinho) descubre para os nosos ouvidos sensacións e emocións que con acento canario ultrapasan fronteiras acadando un son particular e universal.

Dende as mediterráneas terras de levante chegarán a Lugo L'ham de Foc, unha formación que sintetiza sons da súa terra e do mediterráneo sen renunciar por iso a percorrer outros territorios sonoros para convertilos nunha das formacións mais xóvenes e frescas das que existen do estado.

Dende as terras andaluzas Javier Ruibal, un dos nomes máis relevantes e respetados do flamenco presentará en Lugo o seu último traballo discográfico que leva por título Las Damas Primero.

A sempre interesante cultura vasca, retorna ao ciclo cun dos proxectos máis interesantes dos últimos anos: OREKA TX; OREKA TX é a posta de longo dun dos instrumentos máis ancestrais en Europa: a txalaparta, proxecto que veu a luz en CD baixo a dirección e a producción do músico e compositor vasco Kepa Junkera; son precisamente os músicos que o acompañan quenes lideran a banda que nos trae o directo deste suxestivo e sorprendente proxecto.

Os Cempés, formación galega militante da alegría e do bon facer musical poñeran o fin de festa ao ciclo con sorpresas e novos temas que aínda non foron recollidos en ningún dos seus discos anteriores.

Velaquí a programación:

  • Benito Cabrera: 23 de xaneiro en Santiago (Auditorio da USC ás 21 horas) e 24 de xaneiro en Lugo (Auditorio Gustavo Freire) ás 21 horas.

  • Javier Ruibal: 20 de marzo en Santiago ás 21 horas e 21 de marzo no Gustavo Freire

  • L'han de Foc: 17 de abril no Auditorio da USC ás 21 horas e o 18 no Gustavo Freire á mesma hora

  • OREKA TX: 22 de maio en Santiago e 23 en Lugo.

  • Os Cempés: 12 de xuño en Santiago e 13 en Lugo.

 

 

 

 

 

 

Máis novas do Conservatorio Folque de Lalín...
CURSIÑO DE DESINIBICION VOCAL.

Data: 12 de xaneiro de 2002 as 16 horas ata as 18 horas
Lugar: Auditorio de Lalin
Organiza: Alumnado de 2º de canto. Conservatorio Folque

Contacto: 620 135680 (Davide Salvado)
Matricula: 18 euros (3000pts), alumnado do conservatorio folque de gratis

Obxectivo e contido: Realización de dinámicas de expresión corporal e vocal para un millor desenvolvimento da voz. Exercicios de técnica e educación vocal. Traballo de proxección, volume, resonancia, colocación.... Dinámicas vistas nos dous cursos de Canto do Conservatorio Folque coa profesora Uxia Pedreira.

Destinado a: cantantes en xeral, cantadoras/es e pandereteiras/as, profesores/as de canto, etc.


[ conservatoriofolque@hotmail.com ] . [ conservatorio@lalin.org ]

 


O Fiadeiro
presenta a 5ª Edición da gala
Esta noite hai unha fía

A 5ª edición da gala Esta noite hai unha fía de O FIADEIRO terá lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova de Vigo o próximo día 12 de Xaneiro de 2002 ás 20 horas.


"O FIADEIRO é unha asociación sen fin de lucro que ten por obxectivos a recuperación e a transmisión do folclore galego. Con este obxecto, percorremos a xeografía galega para recoller as cancións, as melodías e os bailes que logo utilizaremos por unha parte como material curricular na nosa escola e por outra como fonte para a elaboración dos nosos espectáculos.

O espectáculo Esta noite hai unha fía pretende mostrar o traballo de campo máis relevante realizado por O FIADEIRO nos últimos anos. En varias escenas meticulosamente preparadas, intentamos reconstruír as formas de divertimento dos nosos antepasados. Os nosos xenerosos informantes, que coñecemos nas nosas viaxes indo de recollida, tamén participan con grande entusiasmo na nosa gala. "


Para asistir a esta gala podedes reservar as vosas entradas chamando ao número 629.585.355.
Do contrario, tamén existe a posibilidade de seguir a gala mediante a súa retransmisión en directo a través do sitio web da asociación: http://www.ofiadeiro.com




 


 

 

 

Ver novas Nadal 2001

 

 

 

Atrás


gamallo@mundo-r.com