Ghastas Pista?

Falándote de música galega dende o Século XX
info@ghastaspista.com

[ Discos ]-[ Historia..]-[ Novas ]-[ Concertos ]-[ Radio ]-[ De copas ]
[ Foro ]-[ Actualizacións ]-[ Videos ]-[ Outras ]


Publicacións
(Libros, discos, revistas,..)

[ OUTRAS NOVAS ]- [ ALÉN ] - [ CLASES ] -[ SERÁNS, FOLIADAS, JAMS.. ] - [ XORNADAS, HOMENAXES,..]- [ ENTREVISTAS, REPORTAXES ]

O Canto do Pobo
http://www.ocantodopobo.com/
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 12 )


Vaia por diante que este é un traballo de recolla levado a cabo por Xosé Luís Rivas Cruz, “Mini”, e Baldomero Iglesias Dobarrio, “Mero”, entre os anos 1972 e 1998. En libro viron a luz diversos traballos, que agora alcanzarán dimensión universal ó pasar a formar parte dos contidos de GaliciaDigital (www.galiciadigital.com) estas páxinas recollidas por toda Galicia da máis xenuína literatura popular, conservada e cantada polos cegos, nos ambientes máis populares, que se en tempo foron material de lecer das clases máis humildes acadarán con esta iniciativa o valor de propiedade colectiva, ó dispor da comunidade galega de todo o mundo.

Agora que, baixo o noso criterio, as recollas que se poidan facer teñen un valor moi escaso debido a factores que non son para analizar aquí, decidimos pasar a sistematizar, ordenar e clasificar os arquivos para devolvelos á xente de onde saíron.

Isto e para Mini e Mero unha obriga contraída desde o principio. A recolla sempre foi feita, e así se lles facía saber ós posibles informantes, para que a nosa cultura tradicional non se perdese. O compromiso foi de que algún dia se farían os posibles por devolvela a luz, e niso estamos.

O andar Mini e Mero cantando por toda Galicia, e mesmo a súa profesión de mestres no rural, abriulles portas e corazóns facilitando un traballo que foi sempre un pracer e un xeito de droga que consideran deber en boa maneira ás boas ensinanzas do amigo e mestre nestes labores Xesús Mato e Mato, quen sutilmente lles mostrou, hai xa moitos anos, estes tesouros e o xeito de conseguir riquezas, non en cartos, con eles.

Seria necesario nomear a centos de persoas, moitas delas xa non están connosco, que se ilusionaron con ese traballo de recolla e colaboraron nel. Uns fixérono cantando, outros aportando datos, outros abrindo portas e rompendo desconfianzas e ofrecéndolles a Mini e Mero o salvoconduto necesario para poder entrar nesta cova de Alí Babá, outros foron en fin os que recolleron e depositaron neles o material. Pero todo xiraba arredor dunha única idea: recuperarmos entre todos a nosa memoria colectiva.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

(texto engadido o día 6/ / 9/ / 11 )


(Información e fotos extraída de diversos xornais e a web do Facebook de Berros do Castro)



Este CD pode mercarse nos concertos, no obradoiro de Antón Varela (r/San Francisco de Ferrol) ou no correo electrónico berrosdocastro@gmail.com, e o seu precio (5 euros) busca sufragar os costos da súa edición, parte da cal foi pagada a través do programa "Outra+Outra".

A Deputación de A Coruña e a Fundación Paideia, a través do estudio de gravación Mans, veñen convocando nos ultimos anos o programa "Outra+Outra", que ten como obxectivo a promoción e difusión de formacións musicais da provincia.
Apoiados por este programa, a Agrupación Berros do Castro, de San Sadurniño, está a desenvolver, dende comezos do 2008, o proxecto de investigación etnográfica e cultural "Unha imaxe, unha melodía, un recordo..", proxecto que ten como finalidade «recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos dá música popular de Ferrolterra». recompilando imaxes e todo tipo de documentación dos solistas e conxuntos que deron pulo á música tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.


Este proxecto, que levou a Berros do Castro a conquerir o premio de investigación “Ferro Caaveiro” do Museo Etnográfico da Capela, conta cunha serie de ferramentas para poñer en valor este patrimonio, como é unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións e músicos tradicionais, e unha serie de concertos didácticos.

Durante estes anos rescataron melodías que doutro xeito quedarían esquecidas na memoria e nas partituras de mestres e intérpretes pois xa non formaban parte do repertorio de ningún grupo (polas dificultades ou a reticencia que houbo noutras decadas á hora da transmisión). E se xa no seu momento Berros do Castro foi introducindo estas músicas no repertorio das súas actuacións, chega por fin a «plasmación sonora de "Unha imaxe, unha melodía.. un recordo» coa gravación dun disco "Eirexado s/n", no que buscan unha maior divulgación e dignificación dos músicos de antano, ao tempo que poñen todo este material (partituras, audio, fotos..) a disposición de aqueles grupos que tamén queiran reinterpretar algun dos temas.

Ademáis destas melodías interpretadas polo grupo (algunhas delas gravadas cunha gaita restaurada por Antón Varela, cunha sonoridade moi especial, procedente dun obradoiro que que existiu en Lago, Valdoviño, e que Berros do Castro sitúan nas décadas dos anos 20 e 30) o disco inclúe «dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da bisbarra»: - unha gravación do ano 83, cedida pola asociación Donas e Galáns, de Dionisio Rodríguez, «afamado acordeonista dá parroquia de Doso», - e outra do ferrolano Manuel López Vergara «un dous gaiteiros máis representativos e activos dá bisbarra, tanto na súa faceta de intérprete como de mestre de gaiteiros», rescatada dun casette que gravou a propia familia a finais dos 70 ou principios dos 80.

Eirexado s/n é en realidade o enderezo postal, na parroquia de Naraío, da Asociación Berros do Castro, e representa o destinatario dun paquete de música, envolto en papel de estraza -así ven representada a capa do CD-, que remiten os músicos do pasado cun selo no que figura o mestre e compositor Constantino Bellón, figura que aparece resaltada non só nesta estampa, senón tamén ao contaren o disco coa colaboración da formación Os Raparigos, .
Todo no disco é por tanto unha homenaxe: portada, fotos, datos dos grupos rescatados.. «un disco modesto», segundo apunta Bruno Casal, «pero que cumplirá co seu obxectivo se serve para preservar e transmitir o gran traballo que fixeron os músicos populares antigos das nosas comarcas».



Berros do Castro son:
Antón Varela e Bruno Casal: gaitas e frautas.
José E. Rodríguez: acordeón e gaitas
Xosé L. Loureiro: clarinete
Marcos Gómez: bombo e pratos
Ramón Dopico: tambor e caixa
Sabela Folgar: Baile e percusión

Colaboracións:
Alexandre Cadarso: frautas
Víctor Collazo: trombón
Os Raparigos (Xan R. Silvar e Xabier R. Fariñas nas gaitas e Rafael Victoria ó bombo).

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante”
http://mas.laopinioncoruna.es/canales/musicafolk/2011/07/18/liorna-%E2%80%9Cna-editora-dixeronnos-que-o-disco-soaba-a-liorna-e-iso-e-importante%E2%80%9D/
(texto engadido o día 20/ / 7/ / 11 )


Escrito por Oscar Losada
–Semella que sacan disco cada lustro. Como vai resistindo o seu grupo neste complicado panorama musical?
–Resistimos porque non temos pretensións, non nos marcamos obxectivos de facer un número concreto de actuacións ou vender unha cantidade determinada de discos, senón que deixamos fluír as cousas e así seguiremos ata que o corpo ature.
–Nótase un momento máis complicado para unha banda como Liorna que hai uns anos?
–O momento é difícil e nótase bastante, pero para nós, polo xa comentado anteriormente, ven sendo o mesmo dende o 2005. Tamén cremos que un grupo bo, de auténtica calidade, acaba por vencer as dificultades e sae cara adiante.
–Alberto Lago é o autor das pezas. Cando compón pensa moito xa na banda ou déixase total liberdade creativa e logo adaptan o mellor posible o tema?
–Sempre teño na cabeza as características musicais dos meus compañeiros para tentar amoldar as pezas o mellor posible a eles e logo non ter que realizar arranxos raros para que o tema funcione ben. Na voz cómpre ter un coidado grande e adoito compor pensando na tesitura da nosa cantante, para que non teña que forzar a voz e cante coa maior naturalidade posible.
–En dúas pezas contan co acompañamento da Orquestra Sinfónica de Melide. Como se deu esa colaboración?
–Pouca xente do folk galego gravou cunha orquestra e parecíanos orixinal facer uns temas con eles. Tivemos a sorte de que a Fernando Arias, director da orquestra, lle gustasen os nosos temas e incorporounos ao espectáculo Gallaecia, un proxecto que naceu hai xa bastantes anos e que por fin se puido realizar. Algúns de nós tiñamos certo respecto a traballar cunha orquestra, xa que impón contar con todos eses instrumentos, pero logo comprobas que é una auténtica pasada poder escoitar os temas de Liorna dese xeito.
–Alberto, vostede sempre aportou as pezas instrumentais da banda e dotoulle dunha sonoridade moi súa ao grupo.
–Tamén penso no grupo cando as fago, posto que teño composicións gardadas na casa que considero non van ben coas características da banda. Cando comezamos na música dixéronnos que o importante era acadar un son propio e cando presentamos este disco a Cumio, a nosa editora, comentáronnos que soaba a Liorna e iso é importante. Temos coidado en tentar non repetirnos á hora de realizar os temas. Mesturamos as instrumentais coas pezas cantadas xa que pensamos que unha obra toda instrumental pode chegara a ser, nalgún momento, un pouco dura para o ouvinte.
–E nunca perderon de vista na súa traxectoria botar un ollo á música tradicional.
–É verdade que nunca a esquecimos e neste disco metimos un canto de vodas que nos parecía precioso e daba xogo para incorporalo ao repertorio.
–Por outra banda aparecen catro pezas con derivas pop moi diferentes ao resto do álbum.
–Non cremos que esas composicións soen tan pop, aínda que resultan diferentes ao canto de vodas e son, evidentemente, menos tradicionais, aínda que non deixan de ter unha base folclórica de fondo. Aseméllanse máis ao que fixemos na nosa ópera prima que ás do disco anterior. Non existe intención de chegar a un público diferente con elas. Sabemos que non facemos un xénero musical de masas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=19191
(texto engadido o día 28/ / 6/ / 11 )


Achegar o galego aos campamentos de verán que organiza a Xunta este verán. Esta é a proposta de O galego campa, a iniciativa que a Dirección Xeral de Política Lingüística presentaba esta mañá. A proposta, destinada a rapaces e rapazas de entre 9 e 12 anos artéllase a partir do disco Desaparafusador de gominola, no que participan artistas como Pedro e Pablo Pascual, Guadi Galego, Najla Shami, Ramón Bermejo, Germán Díaz ou Quim Farinha interpretando temas de diferentes estilos. A partir do CD a campaña propón unha serie de actividades lúdicas que pretenden favorecer a expresión oral e escrita na nosa lingua dentro de dinámicas colectivas. O disco está dispoñible integramente e coas súas letras no web de Política Lingüística.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte
http://www.folmusica.com/gl/artistas/549/talabarte
(texto engadido o día 16/ / 6/ / 11 )


TALABARTE é un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional contemporánea.

Neste proxecto únense tres músicos veteranos e indispensables dentro da escena musical galega: o violín de Quim Farinha (Berrogüetto) , o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

Este é o seu primeiro álbum, un traballo que respira frescura, de factura impecable, cheo de matices e de arranxos imaxinativos. O conxunto aporta un novo son que os diferenza e os identifica, o son propio de Talabarte no que destaca o virtuosismo dos músicos e a elegancia musical.

Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias, todo aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz e do folk, pasando polo tango, ata a tradición musical máis europea.

Contemporaneidade e tradición, xuntas, nun concerto diferente, sen deixar de mover os pés nin de ser indiferentes aos sentidos.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos
http://www.ouvirmos.com/?p=2767#more-2767
(texto engadido o día 10/ / 6/ / 11 )


Ouvirmos publica a “Guía didáctica de instrumentos galegos”, un libro-CD no que o autor Moisés Quintas presenta unha exhaustiva clasificación e descrición dos instrumentos galegos e as súas partes, coa súa etimoloxía, orixe e evolución.

Ilustrada con máis de 100 fotografías e acompañada de 40 pistas de audio con todos os instrumentos, esta guía preséntase como unha excelente e práctica ferramenta de apoio para o coñecemento e ensino da música galega. O CD inclúe ademais unha pista interactiva en formato web con múltiples recursos e un obradoiro para a construción de instrumentos sinxelos.
En palabras do mestre artesán Antón Corral, quen asina o prólogo do libro, supón “un legado de coñecementos históricos e actuais, a piques de desaparecer sobre os instrumentos populares e tradicionais galegos. Unha base para que os rapaces e rapazas sintan curiosidade polo pasado, presente, e sexan así mesmo, posibles continuadores e enriquecedores de futuro”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS
http://osviqueiras.blogspot.com/2011/05/presentacion-do-1-disco-dos-viqueiras.html
(texto engadido o día 6/ / 5/ / 11 )


O grupo OS VIQUEIRAS DE ORDES teñen o pracer de convidarvos á presentación do seu primeiro traballo discográfico títulado, como non, NOITES DE TASCA, gravado nos Estudios Mans da Coruña, dentro do programa "Outra + Outra 2010".

Será o sábado día 14 de maio, ás oito da tarde na Casa de Cultura de Ordes. Non faltedes!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos"

(texto engadido o día 25/ / 4/ / 11 )


A VENDA O 26/04/2011

O mítico grupo DOA, precursor do folk progresivo e do rexurdimento da música antiga, vennos obsequiar cun novo traballo dedicado enteiramente á lírica galega medieval, despois de máis de trinta anos da edición do seu primeiro disco O Son da Estrela Escura.

Os integrantes da formación son tres dos fundadores do grupo, Xoan Piñón, Xaquín Blanco e Bernardo Martínez, artistas polivalentes de ampla traxectoria tamén nos campos da música experimental, a fotografía, a pintura, o teatro, e a poesía, Oscar Fernández, unha das figuras máis importante no panorama do novo folk, fundador dos grupos Os Cempés e Bonovo. E a impresionante voz da prestixiosa soprano Susana de Lorenzo, posuidora de gran técnica, emoción e matices.

Con este novo traballo, o grupo indaga na simboloxía da floresta antiga, dando mostra, unha vez máis, da súa mestría e orixinalidade.


DOA musica de Galicia por xoanpinon

DATAS DE PRESENTACIÓN:

SANTIAGO mércores 4 de Maio, 18h. SANTO DOMINGO DE BONAVAL ENTRADA LIBRE
A CORUÑA venres 6 de Maio, 18.30h. AUDITORIO MUSEO DE BELAS ARTES. ENTRADA LIBRE
PONTEVEDRA sábado 7 de maio, 20.30h. IGREXA DA PEREGRINA. ENTRADA LIBRE

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Aberto o prazo de inscrición dos CURSOS FOLK FERROLTERRA

(texto engadido o día 18/ / 2/ / 11 )


Escribide un mail a cursosfolkferrolterra@gmail.com cos vosos datos (nome, Dni, tlf de contacto.... ) e o curso ou cursos nos que queredes participar. Deste xeito queda reservada a vosa praza e vos iremos indicando como pagar as matrículas e demáis. Unha aperta a todos dende Ferrolterra !!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Quempallou presenta “Once Anos Mallando”

(texto engadido o día 9/ / 2/ / 11 )


O grupo folk Quempallou celebra os seus once anos de festa enriba dos escenarios cunha recompilación co mellor da súa discografía. Cinco cortes de cada un dos seus discos que fan que quen escoite este Once anos mallando (Zouma Records 2010), se poida facer unha boa idea do espírito e a evolución do grupo.

Foi aló polo ano 99 do século pasado, cando un fato de mozos de Bueu se xuntaba con outros dous do Incio para darlle forma a un proxecto que agromou vizoso de festa en festa por toda a Galiza e parte do estranxeiro. O proxecto chamouse Quempallou, palabra sonora cunha historia que contar e que chegou incluso a coller mestiza forza naquel aturuxo en galinglish co que os teñen agasallado @s máis ferventes seareir@s no fragor da foliada: “let’s go, Quempallou!!”.
Unha tropa que tivo que ir mudando por circunstancias naturais, mais que sempre buscou un camiño claro e dereito: a festa e o folk galego sen complexos, con calidade e orixinalidade.
Quempallou convídate a compartir estes once anos de camiño a través dunha compilación que da boa conta do que foron, do que son e do que queren seguir a ser.

XA Á VENDA!!!
Quempallou – Once Anos Mallando. 2010 Zouma Records. ZRCDO064.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


As cancións perdidas do pazo
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=18329
(texto engadido o día 2/ / 2/ / 11 )


O CANCIONEIRO AYES DE MI PAíS AMOSA UNHA NOVA FACETA DA RECUPERACIóN DA MúSICA POPULAR NO XIX

Recentemente, a editorial Dos Acordes tiraba a luz Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares. A obra, cun estudo crítico de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim, recupera o traballo deste coñecido autor do Rexurdimento e amosa un novo aspecto do seu traballo. E é que Valladares foi un pioneiro na recuperación da música popular galega, e na súa obra atopamos a fusión entre o mundo pacego e as cancións tradicionais.



Ayes de mi país é unha colección de 29 pezas distintas de música popular que están transcritas e contan cun acompañamento para piano elaborado polo propio Marcial Valladares. Para alén, varias das pezas presentan dúas versións desa notación con diferentes dificultades, polo que en total pódese falar de 34 pezas distintas, divididas en alalás, cantinelas, cantares do pandeiro, muiñeras, e cancións do ciclo do Nadal. Para alén da importancia intrínseca das cantigas que recolle Valladares neste traballo, segundo explica Isabel Rei “este é o cancioneiro de música tradicional máis antigo que coñecemtos ata o de agora”, xa que o caderno orixinal que recolle a obra está datado en 1865 polo autor e permanecera ata o de agora sen unha edición completa. Esta condición, canda á existencia do acompañamento para piano en cada unha das pezas revela un xeito inédito de achegamento a música tradicional naquela época. Como exemplo, Rei sinala que “José Inzenga foi un español que comezou a obra Cantos y bailes populares de España pero que finalmente só realizou a parte dedicada a Galicia. El tamén incluía acompañamento para piano ás pezas que recolleu, pero Valladares fíxoo case vinte anos antes do que el, recollendo a música e a letra”.

Recollidas
O interese de Valladares por este campo insírese no Rexurdimento e, de xeito mais amplo, no movemento que naquela altura do século estaba a se dar por toda Europa de cara á recuperación de linguas, tradicións e culturas tradicionais. Do mesmo xeito que se preocupou por escribir artigos, teatro, novela, e diferentes traballos sobre lingua e outras materias, Marcial tamén abordou a recuperación dos cantos tradicionais desde a súa formación musical. “Non era profesional pero sabía o que facía”, explica Isabel Rei, “ademais era bastante catastrofista sobre situación da lingua e da cultura do país e tentaba moverse”. Desde a casa grande que a súa familia mantiña en Vilancosta (Berres, A Estrada), preocupouse por facer recollidas. “Tiña moito contacto coa xente do lugar, se non falaban galego entre os membros da familia si que o farían coa xente da casa. Polas memorias da familia sábese que se xuntaban todos arredor da lareira e que ali se contaban historias e se cantaba”, explica esta investigadora.

Cantigas no salón
Pode resultar curioso aos nosos ollos a idea de facer un acompañamento de piano para pezas tradicionais, pero naquel momento esta proposta supuña introducir os cantos tradicionais nos salóns pacegos, onde eran habituais as veladas nas que se interpretaban con este instrumento pezas de todo tipo. “A obra supón unha achega á música tradicional desde a música culta. Valladares buscaba revitalizar a música popular e inserila nos salóns dos pazos” explica Rei. “Pensaba que esas pezas se podían cantar en calquera lugar tal e como estaban. Hai traballos como o de Marcial del Adalid que se inspirou no seu cancioneiro nas melodías folclóricas e a partir delas elaborou as súas propias pezas musicais. Pero Valladares non as reformou, quixo presentar limpamente a cantiga, e despois como lle debeu parecer que el podía achegarlle algo, fixo un acompañamento sinxelo que pode tocar calquera persoa sen necesidade de ser profesional e que non interfire na música”.


Unha familia musical
Para os responsables desta edición, a propia idea da interpretación da música popular nos salóns pacegos do XIX “supuxo unha sorpresa. Nas memorias da familia dise que ían tocar a pazos de amigos e familiares, como Simonde ou Ribadulla, e aínda que non temos probas de que o fixesen é moi probable que tamén tocasen estas pezas”. E é que todos os Valladares tiñan formación musical. “Na casa aínda se conserva o piano forte, que debeu de ser os primeiros que chegou á Península e que se trouxo desde Zamora nun carro de bois. As partituras do cancioneiro estaban alí mesmo, no caixón. Tamén había unha guitarra que non se conserva e unha flauta de Serxio Valladares moi curiosa”. Segundo os responsables desta edición do cancioneiro, é posible que os traballos de compilación das pezas que logo Valladares seleccionaría para formar o cancioneiro comezasen cada cara a 1840, o que fai aínda máis pioneiro o seu labor. “Daquela comezaron os estudos de música na casa, e pode ser mesmo que o fixesen un pouco tamén para iniciar este traballo de recuperación”.


O outro achado da casa grande
Precisamente este amor familiar pola música está detrás do outro achado destacado que fixeron Isabel Rei e José Luís do Pico. “Onda o cancioneiro había un dos maiores arquivos musicais que se achou na historia de Galicia e que se conserva sen editar”, explia Rei. Trátase de pezas manuscritas, algunhas de creación propia e noutros casos transcricións de composicións alleas acumuladas por diferentes membros da familia. “Pode haber cerca de seiscentas para piano, voz, guitarra, flauta e violín. Temos por exemplo unha peza de Avelina Valladares, que era guitarrista, e tamén hai pezas de autor anónimo. Pensamos que se trata de música recollida desde comezos do século XIX e poida mesmo que desde finais do XVIII. Hai moitas mans diferentes e pola letras vese que algúns escritos son moi antigos. Pensamos que xa o pai de Marcial, que estivo nas guerras napoleónicas, debía ter formación musical”, explica, e adianta a posibilidade de achados deste tipo se poidan multiplicar no futuro. “As bibliotecas dos pazos non están estudadas nin catalogadas. En moicos casos mesmo se achan a perder. Aínda recentemente no Pazo de Tor, en Monforte, aluciamos coas partituras que se conservan”.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO

(texto engadido o día 14/ / 1/ / 11 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES

(texto engadido o día 5/ / 1/ / 11 )


O 15 de xaneiro ás 19:00 h na Casa Dopeso de As Pontes terá lugas a Presentación do Disco de Freixo coa participación de Bicarelo.

NON O PERDADES!

Noticia enviada por erea

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Unha cáscara de noz convertida en barco
http://www.elidealgallego.com/index.php/periodico-impreso/a-coruna/12171-noticia-coruna
(texto engadido o día 17/ / 12/ / 10 )


“arrolos de salitre” xabier díaz e guillerme fernández

Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández presentaban onte no centro escolar Andaina o seu novo traballo “Arrolos de salitre”, no que se agocha un traballo de investigación polo que a parella andivo na búsqueda de cancións para nenos, ás que lles sumaron composicións propias e a voz de nove amigos. O resultado é sinxelo, igual que un barco feito cunha noz.

Reportaxe de marta garcía márquez

Proba de que os arrolos de sempre son máxicos é que unha nena se quede durmida en medio dunha actuación en directo.

E pasou. Os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández non podían presentar o disco “Arrolos de salitre” noutro sitio que non fora un colexio. Así foi como unha guitarra e un acordeón soaron no centro escolar Andaina para dar paso ás interrogantes, que saen dos nenos por un conducto directas. Isto fai que todos levanten a man. E pregunten.
Os pequenos quixeron saber se eses dous estraños que tocaban melodías suaves na súa clase tiñan algún día do ano vacacións para facer castelos na area e interesáronse tamén no por que do disco. Quixeron saber se lles gustara facelo.
Guillerme Vázquez explicáballes que si, que estaban encantados porque lles parecía moi importante o contacto dos rapaces coa música en galego e “que escoitasen cantar no seu propio idioma”. O guitarrista introducía aos pequenos o álbum xustificando o seu título. Dicía que se chamaba así porque son cancións para nenos que beben do salitre, que é inherente aos dous que comparten grupo –Berrogüetto– e selo discográfico, Músicas de Salitre.
Os autores falaban do proceso de selección dos temas, que foi máis ben un rescate dun cancioneiro popular que doutro xeito, se perdería na memoria. Xabier Díaz e Guillerme Fernández percorreron distintos puntos da xeografía galega coa gravadora na man para sacarlle ás mulleres de idade avanzada todos aqueles arrolos que regalaban a seus fillos. Trátase por tanto dunha volta aos cantos populares para recoller, por exemplo, unha composición pensada por un pai, que foi quen de inventar gaiteiros de vainilla para facer adormecer a seu cativo co fin de que soñara cousas bonitas.

Nenos e maiores > Pero lonxe de ser un disco exclusivo para os máis baixiños da casa, “Arrolos de salitre” está tamén feito para os maiores, que contan xa cun material para cantarlles en galego. Desta forma, explicaban atenden a unha franxa de idade un tanto apartada do repertorio de grupos tradicionais.
Por outro lado, os autores aportan composicións propias e o conxunto de once temas entre novos e tradicionais aparecen no CD interpretados por “amigos cantantes, que non son excesivamente coñecidos”, explicaba Díaz aos nenos.
As voces son Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Cribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño. Ademais da guitarra e o acordeón, está tamén o instrumento inventado de Quim Fariña, xunto a Pedro Lamas e Suso Iglesias, e un conto da escritora Lupe Gómez. O traballo publícase en dúas edicións: unha sinxela co disco e outra especial composta por unha caixa reutilizable coa imaxe da portada, un babeiro e unha postal. Aínda que non teñen datas pechadas para presentalo en directo, os dous prometeron unha nova parada na cidade, na que naceu Xabier Díaz.
Foi aquí onde soplou forte por primeira vez para encher o fol dunha gaita e case que desiste no intento, sinalaba, pero pillou o truco a tempo para regalar sons a este país. Nesta produción, os cantos miúdos son grandes á vez igual que unha simple cáscara de noz, feita barco cun trozo de plastilina e un palillo a modo de vela.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’
http://www.kalandraka.com/blog/2010/11/26/pre-lanzamento-de-napuntadope/
(texto engadido o día 27/ / 11/ / 10 )


A próxima semana chegan ás librarías e bibliotecas de Galicia e de Portugal o libro-cd-dvd “Na punta do pé” -que na súa edición en portugués se titula “Pezinhos de lã”- para animar a bailar e a cantar a público infantil, xuvenil e adulto. O grupo Pesdelán é o autor desta obra, ilustrada por João Vaz de Carvalho, que xa se pode ver no stand (C3) de KALANDRAKA en Culturgal. Este domingo a partir das 17:00 horas, Pesdelán impartirá un obradoiro de música e baile nesta Feira das Industrias Culturais que se celebra no Recinto Feiral de Pontevedra.




Textos: MERCEDES PRIETO e MONTSE RIVERA
Prólogo: SUSA HERRERA
Ilustracións: JOÃO VAZ DE CARVALHO
PESDELÁN: Uxía Cribeiro, Mercedes Prieto, Montse Rivera,
Xan Pampín, Carlos Freire, Miguel Flores, Amando Gottardi
COLABORACIÓNS: Bea Díaz, Guadi Galego, Pedro Pascual,
Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, Miguel Barriga,
Patricia Rivera, Julián Romero, Iago Carro, Mariña Vidal,
Jairo Quitiá, familia Paz Noya, Centro Cultural A Ponte Vella,
Concello de Teo, Fundación Cidade da Cultura de Galicia



“Na punta do pé” é un libro-CD-DVD que anima a
aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio
tradicional galego e portugués dun xeito ameno,
divertido e participativo. Comprometidos coa
recuperación da cultura lúdica e activa das festas e
verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á
creación desta obra para que sexa compartida por
público de todas as idades, logrando ademais un
material cunha potente dimensión educativa para o
seu aproveitamento nas aulas.
No repertorio hai 12 temas en galego, portugués e
mirandés -mesmo algún de orixe brasileira- con
arranxos musicais orixinais. O CD tamén inclúe 4
versións instrumentais para seren cantadas. O DVD
contén explicacións dos pasos e demostracións dos
bailes. En conxunto, trátase dun traballo feito para
enriquecer o tempo de lecer, cantando e bailando.
Pesdelán xorde en 2008 da unión de prestixiosos
músicos, bailadores e mestres de coñecidas
formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía,
Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai,
Pula-lle-o-pe). Trascendendo o concepto do grupo
musical convencional, Pesdelán fai unha proposta
novidosa e atrevida, valéndose da música en vivo e
do ensino de xogos e bailes sinxelos, substituíndo a
idea do público espectador e pasivo pola dun público
activo e participante, e pasándoo ben.
João Vaz de Carvalho (Fundão, 1958) é un dos
ilustradores máis relevantes do actual panorama
artístico en Portugal, cunha traxectoria inzada de
premios internacionais. A súa achega plástica
apórtalle colorido, frescura e simpatía a esta obra
multidisciplinar.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Berrogüetto filma unha actuación histórica
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6588.html
(texto engadido o día 18/ / 11/ / 10 )
Finalistas dos Grammy e gañadores dunha ducia de garladóns, Berrogüetto é unha das bandas do país con máis éxito internacional. Porén, non logran actuar en Galicia tan a miúdo como lle gustaría aos seus seareiros. Este sábado estiveron en Santiago para grabar un DVD. Unha actuación histórica que recolle en primicia a cámara de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Vídeo no interior con declaracións en exclusiva dos músicos nos camerinos.
Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/11/2010

Kosmogonías, o último traballo editado polo grupo Berrogüetto foi presentado no Auditorio de Galicia coa resposta favorable dun público que case encheu o aforo e que aprobou o novo son da banda con Xabier Díaz encargado de poñer a voz.

O disco  contén  un cd con once pezas cunha letra  de Manolo Rivas e un dvd no que traballaron man a man coa videocreadora Olaia Sendón. Rosa Aneiros colabora aportando un texto descriptivo do conxunto.

A banda  tocou en Compostela, a cidade que os viu debutar oficialmente no festival Cidade Vella hai 15 anos. O sábado amosáronse fortes e seguros do que fan, logo de presentar  por todo o mundo este disco editado neste 2010. Kosmogonías  mostra a súa nova faciana logo de abandonar Guadi Galego a formación.

A BSO de The Way, creada por Tyler Bates, responsable, entre outras, da música de 300 e protagonizada por Martin Sheen,  inclúe as cancións de Berrogüetto Nadal de Luintra e Fusco, as únicas achegas nacionais a un filme no que tamén participan artistas do talle de Coldplay, Alanis Morissette ou James Taylor.

Apoio do conselleiro de Cultura

Berrogüetto é un grupo consolidado e que entra nos circuitos internacionais cada ano.

Coa chegada da nova voz, aseguran sentirse coa mesma ilusión e gañas dos seus inicios e así o demostraron neste recital ao que non faltaron innumeraveis persoas relacionadas coa cultura galega, e mesmo o propio conselleiro de cultura da Xunta no medio dun amplo despliegue técnico da TVG que grabou o concerto íntegro e que posiblemente sea editado en formato DVD.


Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


"Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO"
http://open.spotify.com/track/6p0BBGArgWAw9WjBGHpq7z
(texto engadido o día 17/ / 11/ / 10 )


Neste enlace, e a través de Spotify (agora con versión gratuita e sen precisar de invitación) podedes escoitar o primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre.

Ademais, o grupo ten prevista unha actuación en acústico no programa "Abierto hasta las 2" o día 1 de Decembro, de 16h30 a 18h30, nos estudios de Radio Nacional de España, en Pozuelo de Alarcón, Madrid. Para asistir como público enviade un mail cos vosos datos (nome, dni e tlf de contacto) a acusticos.rne@rtve.es ou chamade ao contestador do programa 91.346.14.1

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Trasmundi pon son á nosa mitoloxía

(texto engadido o día 12/ / 11/ / 10 )


“En tempos que se foron…”. Con esta expresión, iniciábase antigamente o ritual da narración oral de contos, lendas ou historias. Hoxe, Trasmundi recupera estas palabras para convidarnos a facer unha viaxe sonora a través do imaxinario colectivo galego.

En tempos que se foron… é o título do novo traballo discográfico do grupo Trasmundi, formado por Moisés Quintas nas frautas, guitarra e mandolina, Xosé Manuel Fernández no piano e acordeón e Rosa Gayoso no violín. O trío galego compón a súa música, nesta ocasión, inspirándose en seres máxicos da nosa mitoloxía como o Trasno, as Lavandeiras ou a Maruxaina. Trasmundi consigue crear composicións que nos ofrecen a descrición de cada un destes seres, mergullándonos nun mundo de fantasía que perdura nas xentes do noso pobo desde hai moitos anos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.)
http://www.youtube.com/watch?v=hmF6BTKk4P8&feature=channel
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 10 )


"A esperanza ten faciana de muller..."

SóS é un álbum sorprendente: intenso, creativo, forte, suave, único no mundo; unha forza da natureza creada por Mercedes Peón, artista comprometida co seu tempo e o seu pasado. O discurso intelectual e primitivo da súa música é un faro de luz que alumea os escenarios internacionais que visita. Edición limitada nunha caixa metálica de luxo condeseño contemporáneo


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Arquivo das Daníças do Alentejo
http://arquivodancasalentejo.wordpress.com/
(texto engadido o día 27/ / 10/ / 10 )


Temos o prazer de convidar a todos e todas para os lançamentos do Caderno de Danças do Alentejo, Vol. 01
*Terça-feira – Dia 26 de outubro – Melides e Castro Verde – Entrega de livros aos dançadores entrevistados
*Quarta-feira – Dia 27 de outubro – Évora - 19 horas na Sala 131 – Auditório do Colégio Espírito Santo da Universidade de Évora
*Sexta-feira – Dia 29 de outubro - Monte Estoril – 18h30 no Museu da Música Portuguesa
*Sábado – Dia 30 de outubro – Lisboa – Oficina de danças alentejanas com Lia Marchi e Celina da Piedade – Festival Tradballs

Noticia enviada por Tiago Coimbra

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PIPOTAZO MACEDA 2010

(texto engadido o día 26/ / 10/ / 10 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos
http://www.ghastaspista.com/galicianos.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
Os Sólidos Galicianos eran unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia.

Moedas como estas, ademáis doutros moitos tesouros, se agochan seguindo a mitoloxía popular, baixo os castros e as mámoas onde os seus donos, eses seres extraordinarios chamados mouros, viven e manteñen tratos cos homes.

Esta é a ficción, pero estes tesouros existen como metáfora dun patrimonio, do que forma parte a música tradicional.

A música tradicional de Galiza é unha realidade que asiste e contempla con curiosidade o paso das diferentes modas a través do tempo. Asimila, transforma e fai súas todas aquelas influenzas que, cribadas na peneira popular, enriquecen un patrimonio xa de por si moi importante e que chamou a atención dalgún cronista romano que se refería a Gallaecia como unha terra con cantos e danzas estrañas.
A música reflicte a nosa identidade nun mundo plural e intercomunicado.

Presento o meu terceiro traballo discográfico Sólidos Galicianos que ten como referente a música tradicional da Galiza.
No mesmo desenvolvo o meu particular contorno. Sintetizo a miña bagaxe musical en trece pezas coas que me mergullo nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades mesturando zanfona, violín, viola de gamba, bouzouki, mandolina, cuatro, guitarras, percusión, concertina, acordeón, etc.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Cuarteto Caramuxo - Tiruriru
http://www.ghastaspista.com/caramuxo.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
O cuarteto Caramuxo e a música

O camiño que percorreu Caramuxo dende a súa formación ata este traballo foi moi diverso, comezando dende o máis clásico ata chegar ao repertorio actual - de carácter popular - co que gozan plenamente, dándolle ós seus concertos un aire festivo que contaxia ó público e que intensifica o seu valor. A súa coidada posta en escena tende máis cara a un espectáculo teatral cá un concerto ó xeito tradicional. Esta teatralidade vese reforzada nos últimos anos grazas á colaboración co actor Avelino González no espectáculo Vento Mareiro - polo que recibiron no ano 2006 o premio de teatro María Casares á Mellor Música Orixinal-, e a participación no espectáculo didáctico infantil O Calcetín Amarelo en 2007, ou á produción do seu novo espectáculo (en preparación) A RAtiña Laranxa.

Actualmente, o repertorio do Cuarteto Caramuxo vira claramente cara á reinterpretación da música tradicional galega, tomando como base as melodías recollidas nos cancioneiros populares galegos e algunhas composicións de autores contemporáneos de Galicia (Nacho Muñoz, Antón L. Pulido, Jesús González ou Ernesto Campos), feitas expresamente para o grupo. Así e todo, Caramuxo non renuncia ás interpretacións doutras melodías, ben sexan doutras culturas, do jazz, ou da música pop, sempre adaptadas ó seu discurso musical.

As claves da singularidade do Cuarteto Caramuxo residen en dous feitos fundamentais: por unha banda, a instrumentación e, pola outra, os arranxos. Catro intérpretes de clarinete -que abranguen toda a familia do instrumento-, unha percusionista tradicional e un acordeonista, todos eles cunha variada formación académica que vai dende a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. A mestura de todos estes elementos nuns arranxos colectivos onde cada un achega a súa propia personalidade e bagaxe musical, dan como resultado unha música fresca e orixinal que non persigue estilos nin referentes musicais alleos. A filosofía dos Caramuxos resúmese na interpretación da música sen présa e sen maior pretensión cá de gozar coa música.

Tiruriru quere ser unha mostra de que o Cuarteto Caramuxo está a facer na actualidade, coa humilde intención de que a escoita deste traballo sexa tan gratificante para o oínte como o foi para o cuarteto a súa creación, interpretación e gravación.

Este traballo forma parte do premio recibido polo Cuarteto Caramuxo como gañador do Festival Folk Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, celebrado no mes de marzo de 2008 e no que o xurado salientou a súa orixinalidade e posta en escena na reinterpretación dos cancioneiros populares galegos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Lizgairo - Diacroní­as
http://www.ghastaspista.com/lizgairo.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
‘Diacronías’: as melodías tradicionais en clave acústica

Lizgairo é unha palabra galega que designa unha persoa con mente áxil i
enxeñosa. Pero musicalmente falando, Lizgairo é unha concepción orixinal e criativa que nace de conxugar as melodías da tradición oral con tres instrumentos tan pouco usuais neste eido como son a arpa, a zanfona e o bozouqui. E, ao mando deses co garante dun trío de persoeiros referenciais na música galega contemporánea.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero)
http://www.ghastaspista.com/engado.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
A prensa di:

"Gozoso y excitante". EP3 - El País
"Otro derroche de calidad y buen gusto". Faro de Vigo
"A naturalidade por bandeira". Galicia Hoxe

A música de Engado (Falcatruada, 2007), concebida por Xosé Lois Romero para o espectáculo homónimo da compañía Nova Galega de Danza, é unha boa mostra do brillante momento que está a vivir na actualidade a música feita en Galiza. Trátase dunha proposta na que a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para refundarse nun novo estilo, propio e ben definido.

O disco aporta unha sonoridade fresca e sorprendente que abrangue dende a gaita galega até o vibráfono, o acordeón ou a voz, interpretados por músicos do prestixio de Pedro Lamas, Xabier Díaz, José Belmonte, Miguel Queixas, Miguel Castro, Suso Iglesias e Richi Rozas. Unha mestura de talentos para un produto sen fisuras: un traballo esquisito; puro ritmo e poesía.

O anterior traballo (e ópera prima) de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza,Alento(2005), foi recoñecido como Mellor Disco Galego do Ano (V Premios Opinión), Mellor Disco de Folk (Revista Efe-eme) e finalista aos Premios Max á Mellor Canción en Galego. Agora, lonxe do conformismo, renóvase cun disco gravado ao vivo nos Estudos Mans da Coruña, que ofrece a calidade, a emoción e a forza das súas interpretacións en directo nas representacións da Nova Galega de Danza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Tiruleque
http://www.ghastaspista.com/tiruleque.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
Cando deron o seu primeiro concerto non tiñan nome mais, dun xeito inconsciente, aquel día producíuse a xestación dun proxecto que os levou a percorrer un longo camiño. Pasaron sete anos daquela. Durante este tempo foron evoluíndo dende un repertorio totalmente tradicional até acadar un son propio que agora frorece en forma de álbum. O Cebreiro, Bretoña. Castro d´Ouro, O Viso, Pardiñas, Vigo, Burela, Couso, Ortigueira e, coma non, A Coruña son algúns dos lugares do noso país polos que Tiruleque levou a súa música.

Tiruleque é un grupo que, como tal, creeu nutríndose das actuacións en vivo. A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia. Consecuentemente, este álbum que tes nas túas mans é un traballo de estudio, mais coa esencia do directo, na procura de transmitir a verdadeira natureza da súa música.

Seica haberá quen os acuse de se afastar da tradición; mais so aqueles que ignoran que a tradición foi vangarda. Partindo da instrumentación con sons tradicionais (cómpre lembrar que os seis integrantes do grupo son gaiteiros), Tiruleque abríuse a outras músicas e ritmos que enriqueceron o seu repertorio. Neste traballo atoparás composicións de seu e pezas tradicionais arranxadas ao seu xeito, nas que os verás viaxar dende as muiñeiras, xotas, pasodobres ou rumbas do noso país até o klezmer, a bossa nova ou mesmo o ská.

I é que os Tiruleques, como boas personaxes teatrais, non so teñen unha cara, senón que poden mudala ao seu antollo. Así que ista é unha obra poliédrica para disfrutar na casa, no coche, na tasca... dende o mencer até o luar. Déixate engaiolar. Tirulequízate!


Bruno Sanxurxo.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Susana Seivane - Os Soños que Volven
http://ghastaspista.com/volven.php
(texto engadido o día 17/ / 10/ / 10 )
Alá polo 1999, vía a luz o meu primeiro traballo discográfico en solitario. Dez anos xa, mi madriña!, se mo din daquela seguramente non o crería.

O certo é que, dende aquel momento, sempre tiven na cabeza poder facer este traballo que agora vos presento: “Os soños que volven”.

Quería que “volvesen” ós días de hoxe, parte daquelas melodías que me acompañaron no camiño, a Banda Sonora da miña vida. Como se soe dicir, non están todas as que son pero si son todas as que están.

Afortunadamente temos un patrimonio envexable, riquísimo, e tiven que facer unha selección entre uns douscentos temas cós que me xuntei, aqueles que máis me gustaban deste repertorio que toco dende os tres anos.

Dez anos dan para moito, persoas importantes para min ás que lles agradecer tanto…, moita xente á que quero, uns que se van e outros que veñen… Ben sabedes os que sodes e… sodes moitos! Gracias ós que me apoiastes sempre, ós que me queredes, animades e admirades o traballo que fago con tanto orgullo. Á miña familia, ós meus amigos… e a ti. Gracias ós meus músicos e ós equipos de traballo que me acompañastes durante todos estes anos. A todos os que me axudastes na información e recompilación dos temas.

Aquí tedes “Os soños que volven”, estas son as melodías da miña infancia, da miña vida, é como se as levara na alma. Aquí tedes parte de mín.

Gracias a todos, de corazón.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón
http://www.anosaterra.org/nova/sos-titulo-do-cuarto-traballo-de-mercedes-peon.html
(texto engadido o día 5/ / 10/ / 10 )


Mercedes Peón ultima a saída ao mercado do seu cuarto traballo discográfico, titulado 'Sós'. Esta nova suporá un punto de inflexión na súa carreira.

Con este novo traballo, que sairá á venda o vindeiro 22 de novembro, Peón da un paso máis como produtora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras da música de raíz para situarse á vangarda da música. O traballo será presentado este mes no festival Womex de Dinamarca.

Segundo a discográfica, Fol Música, 'Sós' é “un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo, agarima”, no que, a través dunha intensidade sonora non agresiva, lanza mensaxes poderosas, elevadas e fai crítica social e pensamento construtivo.

Creado, tocado, producido e mesturado pola artista, este cuarto traballo preséntase como un exercicio de microcomposición, cun resultado final, formado por un conxunto de capas e unha investigación incansábel de novas formas de expresión para chegar o que lle interesa:
emoción, sensibilidade, transmisión e comunicación.

O traballo sairá á venda cunha edición limitada presentada en caixa serigráfica e distribuirase en Francia, Alemaña, Reino Unido, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal e Xapón.

Noticia enviada por Xan Rolei

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22
http://www.museolugo.org/documentos.asp?mat=11&id=1291
(texto engadido o día 23/ / 6/ / 10 )


COLABORAN NESTE NÚMERO

Fernando Arribas Arias
Profesor de EXB e Licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e Historiador de Cine, leva publicados diversos traballos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da Cultura Galega.

Laura Branco
Naceu en Foz en 1984. Licenciada nas Filoloxías Portuguesa e Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro do grupo de investigación GALABRA (sobre os sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africanos de língua portuguesa) desde 2006. En cualidade de investigadora en formación desenvolve a súa tese de Doutoramento sobre a construción discursiva e os procesos culturais no período histórico da Ilustración na Galiza. Combina esta faceta co hábito da escrita, desde a adolescencia, tendo publicado algúns poemas en revistas, e participado en diferentes recitais poéticos en diferentes lugares da xeografía galega, principalmente na Mariña de Lugo. Os tres que se presentan nesta entrega fan parte do seu libro inédito Doenças dum espelho.

Escola de Arte e Lecer: Teatro
A Escola de Arte e Lecer Fingoi é unha escola aberta de arte e cultura, onde se mestura a vangarda e a tradición. O seu obxectivo é dar unha oferta de calidade, organizando obradoiros moi diversos, dirixidos a nenos/as, xoves e adultos, fóra do horario lectivo, coa fin de que os participantes poidan adquirir novos recursos para o seu tempo libre e de lecer e para que desenvolvan a súa creatividade e sensibilidade estética. O grupo Palimoco dirixe as actividades de teatro e danza nas que se pretende mellorar a expresión corporal e vocal, fomentar o diálogo e a creatividade dos nenos, romper coas tensións do corpo e da mente e desenvolver a atención nun mesmo. Progresivamente, os rapaces aumentan a súa expresividade e creatividade, coñecen o seu propio corpo e o movemento no espazo, participan na procura do ritmo individual e grupal, e aumentan a concentración e confianza nun mesmo. A obra “Non quero crecer”, inspirada na historia de Peter Pan, é unha adaptación do Grupo Trasnadas baixo a dirección de Paula Buján coa intervención de arredor de 20 actores e actrices de entre 5 e 14 anos.

Manuel Fernández “Lolo”
Naceu en Anseán, o Corgo (Lugo) en 1956. Graduado en Artes Aplicadas, talla en madeira e cerámica. Despois de pasar por diversas experiencias escultóricas (madeira, pedra, cemento) iníciase no campo da cerámica, formándose en numerosas técnicas. En 1999 recibiu o 1º Premio do Certame Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña. Expuxo con regularidade desde 1983 en Sarria, Lugo, Madrid, Oviedo, A Coruña e Lorian. Actualmente amosa a mostra “As cores da terra, as cores do ceo” na Sala Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, ata o 31 de xullo.

Mini e Mero
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), nado en Begonte o 18 de xuño de 1951, e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Vilalba, 27 de xuño de 1951, músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicional de Galicia, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Ademais da súa produción discográfica con estes grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega como o Quiquiriqui (2006) producido pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla e publicado diversos libros. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). No campo educativo son autores de diveros libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario. En abril de 2009 foilles concedido o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical.

Xornadas Interxeneracionais Rurais
As Xornadas Interxeneracionais Rurais nestes seis anos pretenderon seguir constituíndo un espazo de reflexión e debate dirixido, fundamentalmente, ós nosos maiores aos que se lles ofrecen charlas, presentación de ofertas de programas, visitas e festas culturais. Tamén están pensadas para os xoves e así poder desenvolver un traballo conxunto xa que un dos grandes legados dos nosos maiores é que sexan escoitados trasmitíndonos todo o que aprenderon ó longo da sua vida. Estamos ante unhas xornadas abertas nas que queremos contar cos máis novos e ofrecerlles un camiño para seguir avanzando na súa formación, nunha formación baseada tamén na aprendizaxe do no noso patrimonio que tan preto está de nós e moitas veces nin o vemos.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Noitarega, "XXI" novo disco

(texto engadido o día 12/ / 6/ / 10 )


Logo de dez anos dende o lanzamento do derradeiro disco, Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o noso novo traballo discográfico, un disco conmemorativo dos 21 anos de existencia do grupo. Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.


Como adianto á saída deste traballo, no seu myspace xa podedes ver e escoitar o tráiler promocional e seis das pezas que compoñen "XXI".


1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


Foliada en Ponteareas o domingo 16-05-2010
caseirinha@hotmail.com
(texto engadido o día 11/ / 5/ / 10 )


Este domingo 16 de maio haberá foliada a partires das 20 horas na sala Isabella, en Ponteareas (na estrada xeral 120 dirección Ourense).
Animádevos!

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


IX ROMARIA RAIGAME
http://www.romariaraigame.es/
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 10 )


Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.

Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...

http://www.youtube.com/watch?v=wRymZD0yTYE
http://www.youtube.com/watch?v=GOlR42PQHnQ&feature=related

Para máis información: http://www.romariaraigame.es/



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Dous + Tres = Folkfusión
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=16820#
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 10 )


“Hai xa tempo que Diego Maceiras e mais eu queriamos traballar este tipo de sons”, explica Dani Bellón o nacemento de Folkfusión o seu último traballo. Dous nomes recoñecidos da nosa música tradicional reúnense con outros tres músicos nun quinteto no que a gaita e o acordeón se atopan co contrabaixo, a batería e mais a guitarra para dar forma a un álbum no que o noso folk é só un elemento máis. Habaneras, blues e os ritmos do país danse cita nesta obra do Bellón Maceiras Quinteto, que está a comezar esta primavera a súa xira polo país e que promete un bo feixe de chiscadelas ao público.

VIDEO | Licantropía - Bellón Maceiras Quinteto

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé
http://www.galiciae.com/nova/50503.html
(texto engadido o día 21/ / 3/ / 10 )


''Berrogüetto ten unha visión da música do país e do propio país, e iso é o que queremos reflexar''

''Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible''. Rosa Aneiros.


Hai xa quince anos que Berrogüeto viu a luz xuntando baixo o mesmo paraugas seis músicos cunha única finalidade; levar a música tradicional do país cara ao futuro, combinandoa con novas sonoridades. O seu propio nome será a caixiña na que gardar a alma do grupo. Berrogüeto é unha sorte de neoloxismo formado polas palabras, berro (do verbo berrar), guetto (minoría marxinada) e Soweto (barrio do sur de Iohannesburgo, expoñente da oposición ao 'apartheid'). Seguindo está lóxica nominal, dar voz e berro aos máis desfavorecidos será unha razón de existir na música para Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e o novo vocalista, Xabier Díaz.

'Kosmogonías' é, polo de agora, o último berro do grupo folk, a quinta peza creada para a banda sonora de Galicia. Este disco sairá a venda o próximo seis de abril e virá acompañado dunha xira polas principales cidades galegas e españolas. Composto por once novos temas, 'Kosmogonías' achega de novo un matiz de innovación e experimentación á música tradicional. Anxo Pintos (zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado) esfiaña a súa esencia.     

Pregunta:
'Kosmogonías' é o nome do último traballo. Buscan as respostas ás preguntas do ser humano, aos enigmas cósmicos?

Resposta:
O nome vén da necesidade que sempre tivo a humanidade de buscar as respostas de por que estamos aquí. É unha reflexión que trata de mirar en vértical para despois poder facer unha mellor ollada en horizontal, entre nós.

É tamén unha chamada cara un sistema organizativo máis xusto na sociedade global e local. Pensamos que nisto pode axudar o feito de mirar cara ese espazo que nos sitúa nun horizonte máis humilde que o que agora mesmo temos. Somos unha especie depredadora co resto de habitantes e de materiais que ten o Planeta e con nós mesmos. É unha reflexión, pero sempre nunha clave optimsta, humilde e nada presuntuosa, aínda que poida parecer moi pomposa toda esta teoría.

P: Que ofrece de novidade este traballo? Segue esa liña reflexiva?

R:
Desde o punto de vista teórico e no traballo gráfico vanse notar estas reflexións. Dende o punto de visto musical este traballo ten a vagaxe de quince anos acumulada por Berrogüeto e a novidade principal de que vai ser o primeiro disco grabado con Xabier Díaz ao frente da voz. Sobre este alicerce teórico estético e na novidade de Xabier Diaz é no que se fundamenta.

Cambios internos
P:
Como foi a incorporación de Xabier Díaz á banda?

R:
Desde que se foi Guadi Galego plantexábasenos a necesidade de buscar unha nova voz e el xa traballara nalgunha ocasión con nós, nalgún directo. A verdade é que cando llo dixemos mostrouse encantado. Sempre comentamos que daba a sensación de que Xabier levaba moitos anos no grupo e apenas pasaran tres meses.

A nós veunos moi ben. Calquera novidade humana nun grupo no que xa levabamos moitos anos de convivencia pode supoñer certo reequilibrio de órbitas, e a ese nivel as ganas e a forza coa que entrou Xabier viñéronlle moi ben ao grupo. Ademais as súas aportacións e puntos de vista musicais sempre caen ben.

P: Botase de menos a Guadi Galego?

R: Non dende o punto de vista do que é o traballo. Pero evidentemente, Guadi ten unha personalidade como vocalista insustituíble. Seguimos tendo todos unha boa amizade e somos camiñantes de fondo, nunca se sabe como rematarán as traxectorias de cada un de nós ou de xeito colectivo. Hai membros do grupo que seguen traballando con Guadi noutros proxectos. Eu creo que agora mesmo o grupo está compensado e consolidado coa aportación de Xabier Díaz.

O son do país
P: Cal é o segredo da sonoridade do grupo? E esa asociación tan directa con Galicia?

R: Esa toma de terra permanente coa música tradicional galega ten que ver con que parte dos músicos de Berrogüetto provimos deste hábitat da música tradicional, aínda que despois a formación sexa máis extensa noutros xéneros musicais.

O mergullamento da música popular vai facer que despois poidas trasladar todo ese perfume sonoro e o vaias colocando gota a gota nas túas composicións. Toda esa paisaxe sonora ao final tamén está traspasando os poros da túa creatividade e ao final es un transmisor máis dentro de toda esa cadea da tradición musical.

P: É fácil innovar na música tradicional de xeito que non renxa?

R: Nunca tes a certeza de facelo coas garantías de que o que fas renxa ou deixe de renxer. O que si é certo é que un bo saber da música tradicional permiteche saber canto te achegas e canto te alonxas dela e iso podelo facer con coñecemento de causa, o que che permite ser honesto en todos os pasos que vas dando. A ese nivel eu creo que Berrogüetto sempre actuou con moita honestidade, sempre fixo o que quixo sen mirar o aspecto máis comercial e neste coidou moito o apartado artístico.

O grupo ten unha visión do que é a música do país e unha visión do que é o país e queremos que iso tamén saia reflexado nos nosos traballos, pero co compromiso de ser persoas que nacen, viven e conviven cunha determinada cultura no territorio que habitan. Ese é o plantexamento desde o que partimos.

P: Como traballa internamente Berrogüeto? Hai líderes?

R: Non. Unha das características deste grupo e que é unha especie de ente no que os músicos somos como formigas que actuamos sempre pensando no beneficio da comunidade. Todos os egos están ao servizo dun fin común que é o de facer música.

Eso creo que é algo que todos os compoñentes entendemos desde o primeiro momento, e ademais é o segredo da nosa lonxevidade, e non só porque un pode chegar a vello senón porque podemos facelo con boa calidade de vida creativa colectiva. Ese, quizais é un dos puntos que máis destacamos, porque non é demasiado fácil chegar así aos quince anos con ganas de seguir outros quince.

O mañá para 'Kosmogonías'
P: Que esperan deste disco? Que xiras teñen pensado facer?

R: Temos moitas ilusións postas neste disco porque estamos convencidos que é un moi bo traballo desde o punto de vista gráfico e tamén desde o punto de vista musical. Sempre intentamos coidar moitísimo todo o deseño e ademais terá algún tipo de agasallo para quen queira levalo á súa casa.

P: É difícil vender discos en tempos de crise?

R: Creo que nos momentos de crise é cando máis falta fai seguir traballando con todas as ganas, dando o mellor de ti mesmo e sen deixarte caer no pesimismo.

Parte probablemente desta crise é unha sorte de estado de ánimo colectivo que ao final leva a que todos deixemos de levar a man ao peto para comprar ou para consumir como se viña facendo antes. Pero das crises tamén se pode salir beneficiado e reforzado. É boa para reflexionar por que e como se producen. No noso caso está claro que houbo certos actores que tiveron un factor tremendamente especulativo e iso pode servir para que todos sexamos un pouco máis cabais á hora de consumir.  Probablemente haxa que encamiñarse cara a outro modelo produtivo e non ao ladrillo, como se fixo ata agora.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


"A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo
http://agalegainfo.crtvg.es/
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Outonalidades: inscrición para o 2010
http://folque.com/actualidade/nova.php?id=301&lg=gal#
(texto engadido o día 17/ / 3/ / 10 )


Em 2010, à 14ª edição, o OuTonalidades consolida a sua rede de parcerias, num circuito que dá palco à música ao vivo nas noites de Outono. Eis uma grande rede dedicada ao pequeno formato, em Portugal e na Galiza.

D’Orfeu Associação Cultural de Portugal colabora cos grupos galegos interesados en formar parte desta programación, que se desenvolverá no último trimestre de 2010 en salas de música portuguesas, deben formalizar a súa inscrición ata o 20 de marzo a través da páxina web

Consideracións a ter en conta por parte dos grupos


-Existen catro tramos de cachés: 300€-400€-500€-600€


-A d’Orfeu Associação Cultural, en colaboración coa AGADIC, garante por cada concerto o pago do caché do grupo contra recibo legal (impostos engadidos) e os gastos de desprazamento (0,19€ km e pago de peaxes).


-As salas portuguesas garanten o aloxamento, xantar e rider técnico para os músicos e técnicos do grupo.



Selección e programación

Unha vez realizada a inscrición dos grupos, farase unha selección previa que se achegará ás salas.
-As salas realizarán a súa programación poñéndose en contacto coa d’Orfeu Associação Cultural, que centralizará o proceso de programación e, á súa vez, contactará cos grupos para o peche de datas.



Máis información sobre o funcionamento desta programación:

-AGADIC. Departamento de programación: programacionagadic.1@xunta.es
-d’Orfeu Associação Cultural: joca@dorfeu.pt


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega"
http://ronsel.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=87&Itemid=40
(texto engadido o día 9/ / 2/ / 10 )


Na actualidade estanse a facer presentacións por todo o país, que
comezan este xoves día 11 de febreiro de 2010 ás 18.00 h no auditorio
David Russell do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Trátase
de actos nos que se mesturan as intervencións por parte dos autores,
coordinador do proxecto e editores, cun breve pero intenso concerto
didáctico de Pablo Carpintero que permite comezar a saborear os
contidos do libro.

Outros actos que xa están programados son:
- xoves 18 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no salón de actos da
Excelentísima Deputación Provincial de Lugo
- sábado 20 de febreiro de 2010 no programa Lume na Palleira na
sintonía da Radio Galega 2 de 16 a 17 h
- sábado 20 de febreiro de 2010 na cidade da Coruña, lugar e hora por determinar
- xoves 25 de febreiro de 2010 ás 20.00 h no museo municipal de Ourense

Noticia enviada por Lucas

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Furancho Matamafolk, Vigo

(texto engadido o día 13/ / 1/ / 10 )


Dende o día 8 deste mes xa esta aberto o furancho MATAMAFOLC na plaza de San Amaro de Matamá (Vigo) ó carón da capela.

Estará aberto tódolos fins de semana ata o segundo de febreiro con actuacións programadas os venres e os sábados....

NON FALTES!!!

Lembrade que os cartos recaudados neste furancho empregaranse íntegramente para financiar o día do "matamafolc" do festival "Sons da lameira" 2010


Ver mapa ampliado

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Así­ fan os bailadores...
http://www.dosacordes.com/bailadores/
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 09 )


Presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…”


O vindeiro Venres 11 de decembro terá lugar a presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…” no salón de actos do Museo do Pobo Galego.

De 17 a 19 horas haberá unha sesión de iniciación ao baile e de 19 a 19.30 horas celebrarase a presentación do libro; todo a cargo dos autores da publicación: Xabier Iglesias, Juan Parga, Sergio de la Ossa e a editorial Dos Acordes.

Non é preciso ter coñecementos previos de baile para asistir ao acto.

Pódense formalizar as preinscricións (a efectos de estimar nº de asistentes) escribindo a sgdelaossa@gmail.com

Organiza a Editorial Dos Acordes e O Museo do Pobo Galego.

Noticia enviada por foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


"Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto

(texto engadido o día 26/ / 11/ / 09 )







Podedes descargalo de balde dende a web de R

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Programa completo de AchegArte
http://acorunacultura.org/tag/achegarte/
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 09 )


O vindeiro fin de semana o Palexco e o Kiosco Alfonso acollerán unha cita importante coa cultura galega, AchegARTE: A Cultura que facemos. A cultura que queremos impulsada pola Concellaría de Cultura que dirixe a nacionalista María Xosé Bravo.

A convocatoria partiu dun colectivo de persoas que reclamou da Consellería de Cultura a reedición do Culturgal, un acontecemento que reuniu a miles de persoas na cidade arredor das distintas manifestacións da nosa cultura.
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña fíxose eco desta iniciativa colectiva e desinteresada, achegando o seu apoio e sumando tamén o apoio da Área de Promoción Económica da Vicepresidencia da Deputación da Coruña para facermos realidade entre todos e todas esta proposta. “Unha iniciativa importante para dar visibilidade á nosa cultura, para difundila e sobre todo para demostrar que ten un peso decisivo na economía do país” tal e como destacou a Concelleira de Cultura “porque a cultura xera riqueza e emprego e porque o investimento en cultura é sempre rendíbel a longo prazo”. Nesta feira/festa da cultura ao longo da fin de semana haberá espazo para as artes escénicas, as artes visuais, a música, o libro, o audiovisual, a danza e os servizos socioculturais.

AchegARTE está pensado como un espazo de encontro, de intercambio de experiencias e difusión da cultura que facemos. Unha oportunidade para coñecermos unha mostra da ampla oferta cultural galega. Nesta cita coa cultura galega poderase gozar do noso teatro, a música, as artes plásticas, o audiovisual, a danza, a palabra cantada e falada.... mais tamén será o lugar onde mercar o libro que buscas, a música que che gusta, a película que non viches, os agasallos do Nadal; ou a ocasión para facer un obradoiro de ilustración, de danza, de música, de teatro, de pintura ou maxia, para grandes e pequenos. Unha programación para todos os públicos.

Programa completo de AchegArte (PDF, 1042 KB)


Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


XORNADA INTENSIVA DE ZANFONA CON ANXO PINTOS EN MONTERROSO
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=1051
(texto engadido o día 23/ / 11/ / 09 )


O dí­a 28 de Novembro de 2009 terá lugar unha xornada intensiva de Zanfona a cargo de Anxo Pintos en Monterroso (Lugo) que está organizada pola Asociación FALCATRUEIROS.
A xornada terá o seguinte horario:

10.00 Presentación
10.30 Comezo das aulas
14.00 Xantar
16.00 Aulas
20.00 Actuación
22.00 Cea.

Lugar de celebración:
Centro Sociocultural de Monterroso.

Prezo: 25 €, incluido xantar e cea.
Matrí­cula e información TLF:666232236
Colabora:
Concello de Monterroso
Xunta de Galicia. Consellerí­a de Cultura e Turismo.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


e-trad: Convocada a inscrición no Obradoiro de Danzas e Músicas do Mundo. Prorrogado prazo de inscrición ao 25 Nov.
http://e-tradvigo.blogspot.com/2009/11/convocada-inscricion-no-obradoiro-de.html
(texto engadido o día 20/ / 11/ / 09 )


Para todos os interesados no mundo da danza e das Músicas do Mundo, estean ou non matriculados na e-Trad, abrimos este obradoiro dirixido por Suso Cancelas, dentro do programa de actividades extraescolares e organizado en colaboración coa Fundación Sondeseu. A cita terá lugar os venres 27 de Novembro e 4, 11 e 18 de Decembro no Salón de Actos do CENTRO MUNICIPAL DE FORMACION EN NNTT (CITIC) na rúa San Vicente, 3 (Esq. Méndez Núñez) de Vigo.
Para matricularse, hai que dirixirse á oficina da Fundación Sondeseu, os Luns, Mércores, Xoves e Venres, de 10 a 14 h. na rúa Colón, planta 3ª, oficina 11.  O prezo das catro sesións é de 20 €. Haberá un mí­nimo de 20 inscricións para poder celebralo. Máis información no Plano de Actividades Extraescolares, ou no teléfono da Fundación Sondeseu, 886138187.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


I Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra)

(texto engadido o día 20/ / 11/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O goberno do PP retíralle o apoio ao ensino e difusión da música tradicional galega
http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=16392&id_cat=5
(texto engadido o día 19/ / 11/ / 09 )


A portavoz de Cultura do BNG, Ana Pontón, denuncia que "o Goberno do PP, segundo a súa política antigalega, estalle a retirar o apoio ao ensino e difusión da música galega". "O máis grave é a xustificación: non é de interese para Galiza", dixo o Goberno.
En concreto, a deputada nacionalista refí­rese á decisión da Consellarí­a de Cultura e Turismo de retirar o seu apoiio ao proxecto da Central Folque, "un proxecto que nacera no concello de Lalí­n, que dera un paso importante coa súa implantación en Santiago, mais que este goberno decide abortar".

Ana Pontón subliña que "o máis grave é a xustificación que se da dende o Goberno de Feijóo: non é de interese para Galiza".

"Non sabemos, pois, para que precisamos unha Consellarí­a de Cultura, senón é para promover, dignificar e normalizar a cultura galega; non sabemos como os máximos responsábeis culturais da Xunta afirman que non ten interese promover estudos encamiñados a dignificar e promover a nosa música tradicional", advirte a parlamentaria nacionalista.

Ademais, a deputada do BNG denuncia que "a fobia ao galego do Goberno do PP non o leva só a retirar o apoio económico á Central Folque, senón mesmo a impedir que use os espazos da Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, das que viña desfrutando até o momento".

Para Ana Pontón, "esta actitude da Consellarí­a de Cultura evidencia a deserción do actual Goberno de Feijóo coas súas obrigas no terreo cultural e lingí¼í­stico e a intención clara de evitar que os nosos sinais de identidade se normalicen e sexan un elemento de cohesión e orgullo de todos os galegos e galegas".

Ante esta situación, a deputada do BNG esí­xelle á Consellarí­a de Cultura que concrete cales son as razóns que a levaron a retirarlle o seu apoio á Central Folque.

Pregunta tamén se "considera a Consellarí­a de Cultura e Turismo que apoiar proxectos destinados a promover, estudar e divulgar a música tradicional galega non forma parte dos obxectivos deste departamento".

Por último, demándalle ao Goberno do PP se vai estender esta posición a outros proxectos deste tipo que contaban co apoio da Xunta de Galiza.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards'
http://www.anosaterra.org/nova/a-musica-de-pradolongo-nominada-aos-hollywood-music-in-media-awa
(texto engadido o día 3/ / 11/ / 09 )


Zeltia Montes, a compositora da banda sonora de Pradolongo, está nominada aos premios 'Hollywood Music in Media' na categorí­a de Mellor Composición Novel polo seu traballo nesta longametraxe rodada en Galiza. A propia organización dos HMMA (Hollywood Music in Media Awards) foi a encargada de darlle a nova á compositora galega.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música
http://www.falcatruada.com/_site_/grupos/caramuxo/central_cc.html
(texto engadido o día 29/ / 10/ / 09 )


Frescura, orixinalidade e esmero. É o que nos regala o Cuarteto Caramuxo nos trece temas que forman Tiruriru. Felipe Agell (clarinete en Si bemol), Xoán Carlos Vázquez (clarinete en Si bemol), Óscar Prieto (clarinete en Si bemol e baixo), Fernando Abreu (clarinete baixo e requinto en Mi bemol), Patricia Cela (percusión) e Alonso Caxade (acordeón) súbense ao escenario para reinterpretar melodías tradicionais recollidas nos cancioneiros galegos, xunto con composicións de autores contemporáneos de Galicia feitas expresamente para o grupo, e melodías inspiradas noutras culturas, no jazz e no pop.

Dende o 13 de outono esta á venda un disco gravado ao vivo nos meses de xullo e agosto, tras gañar por unanimidade o premio do Festival Folk Cancioneiros organizado no 2008 pola Fundación Pedro Barrié de la Maza.

O Cuarteto Caramuxo formouse en 1990; case vinte anos de mestura de formacións académicas e bagaxes musicais moi variadas, que van dende a música clásica ata a contemporánea pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. Os seis compoñentes deste experimentado grupo ofrecen unha posta en escena festiva e singular repleta de acenos de coidado ao público.

E agora, Tiruriru, a declaración do pracer de facer música.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI
http://www.pai-musica.com/ipai/index.htm#
(texto engadido o día 8/ / 10/ / 09 )


O galego Alexandre de Fisterra foi o primeiro en idear e fabricar o que se convertiría anos despois, no invento galego máis popular do mundo, o futbolín.

Dende PAI Música tamén tiñamos a nosa teima de querer promocionar para todo o mundo, o mellor da música feita en Galicia. E finalmente demos feito :)

PAI Música convírtese, según a información que dispón o distribuidor multinacional de música dixital "The Orchard", na primeira discográfica de España en lanzar todo o seu catálogo musical nunha aplicación para iPhone e iPod Touch.

PAI Música presenta así a súa App gratuíta chamada iPAI. Unha aplicación que aglutina toda a información dos grupos e artistas pertencentes ao selo discográfico. De forma gratuíta os seguidores e amantes da música feita en Galcia poderán ter no seu móbil toda a nosa música.

Dende escoitar, ver vídeos, consultar novas, seguir a axenda de concertos, consultar a discografía, escoitar Radio PAI online,... así como poder opinar sobre todos os contidos da aplicación e publicalos nas redes sociais.

Soa ben, non si ?


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas
http://www.ouvirmos.com/?p=1822#
(texto engadido o día 7/ / 10/ / 09 )


Co obxecto de divulgar masivamente as primeiras gravacións ourensanas da historia, un total de 14.000 exemplares coas pezas interpretadas polo Coro De Ruada en 1929, serán distribuídos de forma gratuíta.

Esta iniciativa, que se integra nos actos de celebración do 90 aniversario da Coral De Ruada, presenta ao público un CD con 10 temas históricos especialmente restaurados para esta ocasión. A Pandeirada de Trives, a Foliada de Entrimo ou o Alalá de Ourense son algunhas das pezas que reúne o disco e que avalan a histórica implicación do Coro na preservación e difusión do patrimonio musical ourensán.

A distribución gratuíta dos 14.000 exemplares, que será promocionada durante toda esta semana, realizarase única e exclusivamente o luns día 12 de Outubro co periódico La Región.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel
http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2009/08/29/novos-cursos#
(texto engadido o día 2/ / 10/ / 09 )


CURSOS 09-10

dança tradicional para quem nom sabe nada (impartido por chus caramés; 3ª feira das 20h às 21h) Começa 13 de Outubro (14€)

dança tradicional para quem sabe um pouquinho (impartido por carme campo; 2ª feira das 20h15 às 21h15). Começa 19 de Outubro (14€)

pandeireta e canto iniciaçom (impartido por jara ortiz; 5ª feira das19h30 às 20h30). Começa no 15 de Outubro (17€)

pandeireta e canto aperfeiçoamento(impartido por jara ortiz;5ª feira das 20h30 às 21h30h). Começa 15 de Outubro (17€)

tamboril iniciaçom (impartido por sandra tamayo; 3ª feira das 20h às 21h). Começa 13 de Outubro (20€)

acordeom cromático (impartido por sandra tamayo 3ª feira das 21h às 22h). Começa 13 de Outubro (20€)

cursos monográficos:

Curso de Pandeireta de Acompanhamento a outros instrumentos (impartido por Aitana Cuétara; 2ª feira das 19h às 20h. Duraçom de 3 meses). Começa 19 de Outubro (14€)

Introduçom à língua e cultura Galegas para pessoas estrangeiras (impartido por Eduardo Sanches. 3ª feira das 19h a 20h; duraçom de 2 meses). Começa 3 de Novembro(14€)

Curso de Sobrevivência Doméstica:
(6€ por módulo / 18€ todos)

Módulo1: "Como nom morrer de fame" (elaboraçom de pratos básicos e singelos)
sábados 24 e 31 de Outubro

Módulo 2: "biscates e trabalhinhos caseiros" (truques para arranjar cousas na casa)
sábados 7 e 14 de Novembro.

Módulo 3: "Remendar, remendarei" (aprendizagem básica de costura para o dia a dia)
sábados 21 e 28 de Novembro.

Módulo 4: "Economia doméstica" (truques para poupar dinheiro e os recursos nas cousas de casa)
Sábados 12 e 19 de dezembro.

Obradoiro de alouminhos, com Bea Busto e Miguel Salas
13 de Novembro às 19h00 (gratuito com inscriçom prévia)

Cursos impartidos na Gentalha por outras associaçons:

Capoeira Angola
(mestre Boca de Rio; 4ª das 20 às 21h). COMEÇA 14 DE OUTUBRO

Esgrima Antiga (impartido pola Associaçom Galega de Esgrima Antiga; professor Tomás martinez ahola 3ª das 21 às 23h). COMEÇA 13 DE OUTUBRO


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido”
http://bit.ly/2NQ9U3
(texto engadido o día 22/ / 9/ / 09 )
O Proxecto Ronsel, creado polas tres universidades galegas e a Consellería de Cultura, leva dende 2007 traballando para salvagardar, preservar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia, un labor que nunca terá fin, pero que é necesario para lembrar o que fai único a un pobo. Iván Area, coordinador de Ronsel, explica os obxectivos desta iniciativa.

Que é o patrimonio inmaterial?
Significa un xiro respecto da idea convencional de patrimonio. O que se fai non é ocuparse de prácticas supostamente non materiais, senón introducir unha nova maneira de considerar o que pode ser patrimonio: chamar a atención sobre prácticas contemporáneas que sexan protagonizadas por calquera membro vivo da sociedade, en vez de limitarse só ao conxunto de bens –monumentos, memoria de personaxes históricos, arquitecturas– que unha entidade autorizada nomea como patrimonio e que son obxecto de contemplación pasiva.

Algún exemplo concreto?
A lingua, a música, o baile e a danza, os oficios, os coñecementos tradicionais para traballar a terra e o mar, os xogos... As prácticas máis doadas de observar e de propoñer como patrimoniais son as tradicións porque son formas que se repiten e nas cales participa un sector representativo da sociedade. Estas prácticas teñen un denominador común: compóñense de contactos sobre todo tipo de soporte, de xestos, de movementos e de interaccións.

E se alguén lle preguntara que utilidade práctica ten?
Desde a nosa perspectiva o patrimonio inmaterial de todos os pobos, no que están incluídos os coñecementos necesarios para vivir da terra, dos mares, en fin, da interacción coa natureza, son os que han ocupar o lugar que deixará esta sociedade devoradora da natureza, construída sobre o usos e o abuso de recursos naturais non renovables. Por iso débense mobilizar e logo patrimonializar aquelas prácticas que teñan utilidade para os humanos, agora ou no futuro. Unha sociedade construída a partir dos PCI locais sería, sen dúbida algunha, unha sociedade máis pacífica, segura e sustentable.

Non adoita este tipo de patrimonio ser máis rico no mundo rural?
Foi a Unesco a que consensuou un concepto de patrimonio inmaterial pensado para recoñecer as achegas de moitos grupos humanos que non dispoñen de obras arquitectónicas visibles. Esta é a razón pola cal adoita asociarse ao ámbito rural, mais esa distinción é enganosa, pero calquera espazo da nosa sociedade, nas cidades tamén, produce patrimonios que teñen igualmente carácter material e inmaterial. Hai que explicar que se Ronsel privilexia neste momento as accións sobre o espazo rural e mariñeiro, porque desexa contribuír ao desenvolvemento económico e cultural dos lugares máis fráxiles.

Pois, que precisa unha tradición para que se lle outorgue a categoría de patrimonio?
Entre todas as opcións que recolle a Unesco na súa definición só quedan excluídas as tradicións, prácticas, etc. que non respecten a declaración universal dos dereitos humanos.

Cal é a meta do Proxecto Ronsel?
Ante todo, a salvagarda do patrimonio inmaterial, que segundo explica a Unesco, pasa por asegurar a súa viabilidade social e económica, incluíndo a súa identificación, documentación, investigación, promoción, difusión, protección e transmisión. A integración do PCI galego nos currículos do ensino obrigatorio en primaria e secundaria é un dos nosos obxectivos máis sobranceiros.

Non hai moitas iniciativas que teñan detrás ás tres universidades e á Xunta…
Non estou moi de acordo no feito de que resulte complicado integrar as distintas administracións nunha iniciativa como esta. Máis ben diría que, polo seu carácter integrador, o patrimonio inmaterial abrangue campos moi diversos da cultura galega e por iso resulta interesante para administracións de calquera natureza.

Chama a atención tamén que partan vostedes de estudos como unha análise DAFO, de puntos fortes e débiles. Bota a faltar esta perspectiva noutros proxectos culturais?
Evidentemente para levar a cabo un bo traballo hai que facelo empregando a metodoloxía máis integradora, que permita a participación sexa cal sexa o nivel científico e hoxe en día esta é a que propón a Unesco. Ademais, a análise DAFO, realizada por máis de 60 prestixiosos activistas e científicos culturais sobre o patrimonio, foi unha achega orixinal. Non imos falar doutros proxectos culturais pois neste país cada un fai o que pode. Nada se lle pode reprochar a quen traballa por amor á súa cultura.

En que proxectos están traballando actualmente?
Xusto vimos de rematar un libro en galego, castelán, francés e inglés sobre instrumentos musicais galegos que continúa na liña dun anterior sobre contos, e temos moi avanzados outros dous, un sobre oficios e outro sobre xogos tradicionais. Tamén traballamos na edición de tres grandes estudos, un sobre os oficios tradicionais, outro sobre a menciñaría e outro sobre a gaita de fol que será o tema dunha tese de doutoramento que se lerá a finais do ano que vén e que está financiada desde o proxecto Ronsel. Este ano programaremos tamén a terceira mostra de Patrimonio en Ourense e tamén comezamos un obradoiro de extensión universitaria. En fin, non paramos! E, por suposto, nunha colección de fichas que publicaremos neste xornal sobre construción de instrumentos, que irán acompañadas de vídeos que publicaremos no portal ronsel.uvigo.es.

Terá fin algún día o seu labor?
Ronsel é un proxecto realmente orixinal que fornece posibilidades de interpretación da diversidade das prácticas sociais para que as entidades se fagan cargo delas en políticas patrimoniais. Como tal, xamais esgotará o repertorio desas posibilidades, porque as prácticas sobre as que traballa son vivas, mudan e se transforman. Ronsel é un lubricante entre os poderes públicos e a actividade dunha poboación que lle busca saídas eficaces, dignas e rendibles ás manifestacións que deben ser transmitidas ás xeracións máis novas.

Non é utópico o seu papel?
Si, pois o patrimonio muda e adáptase constantemente, pero o que nunca se empeza xamais se remata. Aínda así, gustaríame incidir na utilidade que teñen este tipo de iniciativas, que contribúen á posta en valor da nosa cultura así como a transmisión dun legado cultural que, doutro xeito, pasaría desapercibido e que a sociedade non debe esquecer. Ronsel é fornecedora de posibilidades, que logo as distintas institucións e entidades deben aproveitar. Por iso buscamos traballar cun número elevado de prácticas, para que ao final algunhas delas cheguen a ser políticas patrimoniais definitivas.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Búscase profesor de gaita en Barcelona

(texto engadido o día 19/ / 7/ / 09 )
A Aula de Formación do Centro Galego de Barcelona ten intención de cubrir unha praza de profesor de gaita e outra para director/profesor de banda de gaitas. As clases teñen carácter semanal. A xente interesada pode enviar o curriculo a info@cgb.cat. Precísanse coñecementos de solfexo e valorarase o dominio da lingua galega.

Equipo Dirección Aula de Formación
Centro Galego de Barcelona

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Ben Falado ! ! !

(texto engadido o día 8/ / 7/ / 09 )

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


Once máis 15, poemas musicados

(texto engadido o día 7/ / 7/ / 09 )


17/7/ 2009. Presentación do libro-disco "Once máis 15" na Feria do Libro de Vigo. Concerto acústico de varios dos participantes. 20.30 hrs. Entrada gratuita.

17 /7/2009. Concerto no Cafe Uf (R/Pracer, 19, Vigo). Presentación de "Once máis 15". Concerto de varios dos participantes. 23 hrs.


Dende a Asociación MusicARTE queremos facervos partícipes dunha boa nova: Acaba de ser publicado o novo traballo producido pola asociación, o libro-disco "Once máis 15", editado por Edicións do Cumio (http://www.cumio.com/).

A relación entre a poesía e a música é evidente (non só na música galega). "Once máis 15" trata de rachar tódolos estereotipos ó redor da musicalización de poemas. Música de autor, pop, electrónica, rock... ¿alguén da máis? Algúns dos músicos máis representativos da actual escea musical galega e outros que claramente representan o futuro da nosa música musican a algúns dos poetas máis representativos da poesía galega pasada e presente. 15 músicos, 11 poetas.
Dentro de moi pouco, comezaremos a presentar este traballo en directo. Imos facer ruido. Moito ruido...

Set-list do disco:

1- Zimmer103 - Se has de chorar (poeta: Alfonso Pexegueiro)
2- Miguel Alonso - Nos ollos teus (poeta: Álvaro Cunqueiro)
3- Ataque Escampe (Galegoz Remix) - Ningún lugar seguro (poeta: Antón Lopo)
4- Miguel A. Suárez - Longa noite de pedra (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
5- Xurxo Mares - Non (poeta: Celso Emilio Ferreiro)
6- Fanny e Alexander - Autopoética in progress (poeta: Daniel Salgado)
7- Anxo Rei - Cantarche hei amiga (poeta: Darío Xohán Cabana)
8- Roberto Sobrado e banda - A dama que fala (poeta: Grupo de Comunicación Poética Rompente)
9- Snail - Cunetas (poeta: Luis Pimentel)
10- Meiga do Norte - Ai! (poeta: Curros Enríquez)
11- Julian Ross - A Rosalía de Castro (poeta: Curros Enríquez)
12- David Taboada - Outono (poeta: Manuel María)
13- Elanor - Canción para cantar todos os días (poeta: Manuel María)
14- Fucoxabier - Cantan os galos pro día (poeta: Rosalía de Castro)
15- Nao - A xustiza pola man (poeta: Rosalía de Castro)
Podes compralo xa en http://www.cumio.com/ ó prezo de 15 euros. Nuns días (aproximadamente o 6 de xullo) estará xa dispoñible en tendas. Agardamos que vos guste!!

Noticia enviada por Leonardo Gris

+ 9 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven»
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/07/03/0003_7824837.htm?idioma=galego
(texto engadido o día 6/ / 7/ / 09 )


O cuarto traballo da gaiteira, que sae á venda o luns, rescata da memoria familiar temas tradicionais

A gaiteira Susana Seivane decidiu presentar o seu cuarto disco, Os soños que volven, na contorna familiar que lle proporciona o Obradoiro de Gaitas Seivane, ou sexa, na súa casa. A súa familia estaba alí, desde o seu avó Xosé Manuel Seivane ata o seu afillado, o pequeno Brais, co que se inicia a cuarta xeración e xa ten a súa propia gaita feita polo seu bisavó.

Entre fotos familiares, roucos, farrapos punteiros e palletas abriuse o acto de presentación da man do dúo cómico Mucha e Nucha, composto por José Touriñán e Marcos Pereiro, coñecidos polas súas aparicións nas noites de Luar , quen fixeron un breve e divertido repaso da traxectoria desta gaiteira, que comezou a tocar aos tres anos.

Décimo aniversario

Tras esta intervención, Susana Seivane explicou que «este é un traballo moi especial para min», xa que con este cuarto disco celebra o décimo aniversario da publicación do seu primeiro álbum. A gaiteira non puido ocultar a súa emoción ao recordar o inicio do proxecto: «Son as cancións da miña vida, todas pezas tradicionais recuperadas da memoria familiar que me traen moitos recordos, que tratei de adaptar a un son contemporáneo», apunta Seivane satisfeita mirando ao seu avó, quen comentou ao escoitalo: «Aquí haiche músicos».

Criba

Susana Seivane barallou máis de 200 temas para Os soños que volven, para ao final quedar con catorce cortes. «Foi un traballo laborioso e aínda así contén setenta minutos de música», afirmou Seivane, que adiantou que Os soños que volven será un disco barato, «o luns estará xa na rúa a un prezo de 10 euros».

Susana Seivane agradeceu a entrega dos músicos do seu grupo, que tamén participou na gravación: Brais Maceiras, Xurxo Iglesias , Iago Rodríguez, Carlos Freire e Carlos Gándara.

Noticia enviada por Leonardo Gris

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco

(texto engadido o día 3/ / 7/ / 09 )


A banda ourensá Brañas Folk ultima xa os preparativos para o lanzamento do seu próximo disco "Alalá do Cebreiro" (PAI - Música 2009) que verá a luz próximamente. Un traballo que recolle entre outros, arreglos de temas tradicionais e medievais como o Canto das Chirimías da Catedral de Santiago de Compostela.

Este novo traballo conta con importantes colaboracións de músicos e cantantes como Pancho Álvarez, Uxía, Laura Amado ou Sonia Lebedinsky.

O CD deste traballo contará cunha pista interactiva multimedia con contidos adicionais: fotografías, e catro video clips de temas do propio disco.

Máis información do grupo en www.branhasfolk.com

Noticia enviada por Leonardo Gris

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas
http://www.ghastaspista.com/13luas.php
(texto engadido o día 2/ / 7/ / 09 )








A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome "Trece Lúas". As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Convidámosvos a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena.
"Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24", trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura.


Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.

Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude.

Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva.

Así elaboramos "Trece Lúas", dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxías das que dispoñemos.

Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.
Esperamos que vos guste..

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez.

(texto engadido o día 24/ / 6/ / 09 )


Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo
e-Trad
Rúa García Barbón, nº 5
VIGO

O xoves 25 de xuño, ás 19:00 horas, preséntase no Auditorio da e-Trad, a publicación O BERCE DAS PALLETAS: Método de construción de palletas e pallóns.


Este traballo, con textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín, enmárcase dentro da liña de difusión e posta en valor da tradición cultural galega na que traballa a Asociación de Gaiteiros Galegos. A dito acto asistirán Xoán Ramón Marín, autor do traballo e membro da Xunta Directiva da AGG; Cándido Meixide, en representación da distribuidora Arnoia; e representantes da Asociación de Gaiteiros Galegos, para falar do traballo e contestar ás preguntas dos asistentes.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´
http://conjuntocentrogallego.blogspot.com/2009/06/lanzamiento-2do-disco-de-leira-do-son.html
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


SUSPENDIDO

En razón de la medidas tomadas por el Gobierno de la Provincia de Santa Fe, por la gripe A, donde se interrumpen las actividades oficiales con público masivo y el pedido de extremar medidas de distanciamiento social , decidimos reprogramar para fecha futura la presentación del CD “A Nosa Maneira”, que se realizaría el 4 de julio del corriente.
De todas formas se realizará el lanzamiento para la venta.
Los CDs podrán adquirirse en el Centro Gallego a partir del lunes 6 de julio en el horario habitual de secretaría.

Ya informaremos de la nueva fecha.


Leira do Son presentará su nuevo trabajo “A Nosa Maneira”, este nuevo trabajo más “moderno”, con sonidos celtas incluye temas tradicionales gallegos, irlandeses, escoceses e incluso un tema tradicional inglés puramente medieval. En este trabajo se ve plasmada la evolución del grupo y el trabajo de estos años.

Gracias al aporte de la Xunta de Galicia, el sábado 4 de julio a las 19:30hs, los invitamos a todos a participar de este lanzamiento. La cita es en el Centro Gallego de nuestra ciudad (Buenos Aires 1137), la entrada es libre y gratuita. Allí disfrutaremos de los temas del nuevo cd y luego brindaremos juntos por este sueño cumplido.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Proximas Presentacións de Caminantes de Finisterre
http://caminantesdefinisterre.blogspot.com/2009/06/promias-presentaciones.html
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Rodrigo Romaní, director da e-Trad, invitado a dar unha conferencia no festival de Lorient
http://e-tradvigo.blogspot.com/2009/06/rodrigo-romani-director-da-e-trad.html
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano e Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


aCentral folque » regueifa.org, nova web
http://vello.folque.com/cmn-wp/?p=1714
(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )


A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop, o poetry slam ou os match improvisadores.
Así se presenta esta web:

“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.

A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.

Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar.
Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.

Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.

Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional.
Contacto

Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Estrada Xeral de Valladares, 261
36315 Vigo - Pontevedra
Telf.: 986 467 053
Fax: 986 467 052

Correo-e:
oral@regueifa.org
cvallada@ctv.es

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´

(texto engadido o día 20/ / 6/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño.
http://e-tradvigo.blogspot.com/2009/06/presentacion-na-e-trad-do-volume.html
(texto engadido o día 17/ / 6/ / 09 )


Este xoves día 18, ás 19:00h na e-Trad terá lugar a presentación do libro Agustín Lorenzo Loroño, O Gaiteiro de Catoira, escrito polo músico Xosé Ameneiro e publicado por Edicións do Cumio dentro da súa colección multimedia. A obra é un percorrido pola vida e a música deste gaiteiro, fundador do grupo, aínda activo, Brisas do río Ulla. Agustín foi ademais unha figura fundamental para xeracións posteriores de gaiteiros, chegando a súa influencia ata grupos como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesmamente Milladoiro. A publicación deste libro complétase con partituras das pezas que popularizou, unha guía de audición e un DVD, materiais a través dos cales achegarse á traxectoria deste músico tradicional.

Durante a presentación, que terá lugar no Auditorio da e-Trad na Avenida García Barbón nº 5, estarán o autor do libro, Xosé Ameneiro, Agustín Lorenzo fillo, que continúa co grupo fundado polo seu pai; e Cándido Meixide, respondable da Colección Multimedia de Edicións do Cumio. Ao final do mesmo actuará o grupo Brisas do Río Ulla, que interpretarán as melodías máis coñecidas do gaiteiro.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


CONVOCADA A PREINSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO DO CURSO 2009-2010
http://e-tradvigo.blogspot.com/2009/06/convocada-preinscricion-nas-probas-de.html
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 09 )


Cónvocase a preincrición das probas de acceso para o vindeiro curso. Se queres saber a oferta educativa, clica aqui
Se queres consultar os horarios do vindeiro curso, clica aqui
Se queres facer a preinscrición nalgunha especialidade, clica aqui
Lembra que tes ata o 9 de setembro para facer a túa preinscrición!
O alumnado que non remata este ano o seu itinerario ten que facer a reserva de praza para o vindeiro curso en secretaría (horario de atención ao público, de 16 a 19h de luns a venres) antes do 30 de xuño.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional
http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=64634
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 09 )


O vindeiro sábado 13 de xuño ás 17 hs. presentaráse no Museo da Limia de Vilar de Santos o libro-cd “Os sons da Limia: Música tradicional”, nova publicación da Difusora de Artes, Letras e Ideas para o Museo da Limia.

Consta dun cd de 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá (coplas de fiadeiro e de ronda, cantos de reis, romances de cego, temas instrumentais de gaita, acordeón, frauta) e interpretados polos portadores: Juan Ferreiro de Laroá, Hermelinda do Muíño, Laura Lorenzo Seguín, música de Vilar, orquesta Sinola, Delfín García de Trasmiras, Paco de Escornabois, Francisco de Cualedro, Dámaso de Carpazás, Delfín de Nocedo…

- Libro de 50 páxs. cunha parte introductoria sobre a música limiá a cargo de Pablo Carpintero e comentarios aos temas de Cástor Castro.

Promovido polo Proxecto Ronsel, Universidade de Vigo, Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, e Xacobeo.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero.
http://www.youtube.com/watch?v=vTFVPxKXZdU
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 09 )


Presentación o día 16 de Xuño de 2009 ás 20.30 horas na Aula Socio Cultural Caixa Galicia de A Coruña (Rúa Médico Rodriguez 2-4)

No acto intervirán Xabier Cordal, Miro Casabella, Xosé Mª Bello, Bieito Ledo e o propio autor.


+ 5 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
http://folque.com/cmn-wp/?p=1710
(texto engadido o día 12/ / 6/ / 09 )


Como en anteriores ocasións, Edicións do Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio). Neste ano, o certame chegará á súa cuarta edición e a organización agarda unha participación semellante ou superior á da pasada edición.

www.cumio.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco
http://caminantesdefinisterre.blogspot.com/2009/06/nuevo-disco.html
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


Nos vindeiros días sae á venda o primeiro traballo discográfico do grupo, titulado Caminantes de Finisterre. O disco consta de 15 temas entre os que aparecen arranxos sobre temas tradicionais de Galicia, Asturias, Irlanda i Escocia, xunto a tres temas de autoría do grupo. O material foi rexistrado e mesturado durante distintas sesións ao longo dos primeiros anos de vida do grupo nos estudios Argot de La Plata e masterizado en Steps Ahead de Buenos Aires a finais de 2008.

Así que despois de moito tempo i esforzo demos por pechado este proceso para poñer o resultado a disposición dos que se interesaron ou se acheguen á nosa proposta.

O disco estará á veda nas nosas vindeiras presentacións en vivo e comunicándose a traves do enderezo: caminantesdefinisterre@yahoo.com.ar. En breve informaremos sobre novos puntos de venda ao público.

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Festival con V de Valarés 2009
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1646/62/
(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


O sábado 27 de Xuño, celébrase o festival Con V de Valarés, no que estarán:

La Pegatina (Barcelona)
Los Albertos (Reino Unido)
The Thurre´s Band (Galiza)
Skarallaos (Galiza)
Three Monkeys Again (Galiza)
Dave Cristiansen (Galiza)
Nonhodelorecaos (Barcelona)
Dj Xabi (Galiza)

Mais info:
www.convdevalares.com

Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´

(texto engadido o día 11/ / 6/ / 09 )


Promovido pola Asociación Toque Pechado, Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Deputación de Ourense e polos Concellos de Verín, Riós e Monterrei, coa colaboración de Radio Galega

A Editorial Dos Acordes invítavos á presentación do seu novo libro


Venres 12 de xuño ás 20:15 h., no Salón de Actos da Casa de Cultura de Verín
Relatorio-presentación do libro O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical,
de Oscar Ibáñez e editado por Dos Acordes, e visualización do programa Alalá nº 91 da TVG titulado
Rodolfo Posada e o Quinteto Monterrey de José Posada.


Sábado 13 de xuño ás 22:30 h., na praza José García Barbón de Verín
Concerto-recreación do "Quinteto Monterrey".


Información e pedidos:

http://www.dosacordes.com

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A «galecidade» do Brasil (segunda entrega)
http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/06/09/0003_7772893.htm
(texto engadido o día 10/ / 6/ / 09 )
O gaiteiro Carlos Núñez narra para La Voz as semellanzas que atopa entre a fala do interior do país tropical e o galego

Se damos unha volta polo Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo atoparemos un vídeo no que Caetano Veloso nos di que o portugués do Brasil é a mellor lingua do mundo para cantar. ¿Lembrades cando na escola nos contaban aquilo de que o rei Alfonso X o Sabio, mentres utilizaba o castelán para as leis, escribía as cantigas en galego?

Alí sorpréndenos unha xigantesca árbore xenealóxica das linguas na que aparece o nacemento do portugués, fillo do latín vulgar coma o francés, o castelán, o catalán e o provenzal. E atención: nin rastro do galego...

Afortunadamente, tras o noso desencanto, na «sala interactiva» deste museo, xenialmente concibida polo meu amigo o erudito e artista José Miguel Wisnik, descubrimos como os meniños e os estudantes xogan e cantan a ritmo de rap o Ondas do mar de Vigo do noso Martín Códax, facendo unha ponte co Rúas do meu São Paulo do seu Mario de Andrade. Había tempo que eu intuía que a utilización do RAP ( rhythm and poetry ) permitiría a reinterpretación dunha canción que levaba esperando máis de cen anos: a Alborada de Rosalía de Castro. Naquel museo comprendín que ninguén mellor que os brasileiros para facer con mestría esa «poesía ritmada».

Calquera galego ao aterrar no Brasil ten a sensación de chegar a outro planeta, cunha paisaxe tropical e humana moi diferente. É a lingua a primeira en abrazar ao novo visitante... En poucas horas, esqueceremos que o que falan non é galego, senón un portugués sorprendentemente próximo ao galego. Tamén no museo achamos que a explicación disto parece ser que o portugués do Brasil ficou aferrado a unha versión arcaica da lingua, conservando variantes hoxe rexionais en Portugal. Se cadra, xusto como moitos portugueses perciben hoxe o galego.

Polo que ata agora me explicaron, aínda non están estudadas as posibles conexións entre o portugués do Brasil e o galego, porque oficialmente son dúas linguas diferentes. Pero tamén hai lingüistas que consideran que realmente son tres linguas: portugués do Brasil, portugués europeo e galego. E hainos que consideran que son só unha, malia que na actualidade haxa diferenzas importantes, especialmente na escrita.

Outra maneira que teñen de chamarlle a este suposto arcaísmo brasileiro é medievalismo. Esta idea está moi espallada no Brasil. Alí gustan de pensar que nalgúns recantos no mítico Sertão segue viva a Idade Media europea ou ibérica.

É sorprendente como aínda hoxe no Nordeste -a primeira rexión do Brasil en ser colonizada- seguen vivos moitos costumes medievalizantes: os romances, a literatura de cordel coma a dos nosos cegos nas romarías, os improvisadores e repentistas como os das nosas regueifas.

Modernistas e xeración Nós

Esta herdanza tivo tamén o seu reflexo na alta cultura , sobre todo a partir dos modernistas nos anos 20. Eles foron os grandes creadores do imaxinario brasileiro tal e como hoxe o coñecemos, baseado na misciginaçao -a mestura de indíxenas, africanos e europeos-. Interesáronse moito polo folclore e a música. E tamén estudaron esta parte medievalizante do Brasil. Como vimos no museo, os seus grandes poetas como Mario de Andrade e Manuel Bandeira, mesmo escribiron á maneira dun Meendinho ou Martín Códax, como fixeron aquí os neotrovadoristas.

Como nos comentou o antropólogo António Medeiros, «modernista adora arcaísmo». El salientou as semellanzas entre o Manifesto modernista no Brasil do 1922 e o galego de Nós, do 20. Un membro daquela xeración, Guilherme de Almeida, visitou Galicia no ano 33 e chegou a publicar un artigo na revista Nós , titulado Galliza, pátria da Canção . Non debemos esquecer que as cantigas galego-portuguesas eran poesía mais tamén música, e un brasileiro non ía pasar iso por alto... O seu cicerone en Galicia foi Valentín Paz Andrade.

E chegamos á tese dun dos nosos pioneiros, Paz Andrade: no Brasil consérvase moito da vella Gallaecia, que estaría aínda ben presente na cultura dos portugueses cando estes desembarcan no Brasil. Posteriormente, o galaico diluiríase en Portugal coa influencia de Lisboa, do sur, e na costa do Brasil, mais ficaría vivo no interior.

Paz Andrade estudou a galecidade, moi especialmente na obra do para moitos máis importante escritor brasileiro do século XX: o mineiro João Guimarães Rosa, quizais pouco coñecido fóra do Brasil por non tratar na súa obra a cultura do carnaval, praia e samba, senón a dese descoñecido interior. Minas Gerais é un estado máis grande que España. Culturalmente, mesmo na paisaxe, é do máis próximo a Galicia que achei alí. Os mineiros son parecidos a nós mesmo nos tópicos: son desconfiados, responden a unha pregunta con outra pregunta, son conservadores e calados, misteriosos?

No seu impresionante rastrexo, Paz Andrade atopou palabras e expresións tan galegas como: lusco-fusco, aquí e acolá, sol-se-por, arco da vella, demo, lobisomen, orballo, corozas, queixume, vagalume... E costumes como os toques das campás ou sinos, as alfombras de flores no Corpus, o carro de bois, a coca, as penlas, as fogueiras de San Xoán? Eu, que estiven alí, pódovos asegurar que todo isto é verídico. Incluso non puiden resistirme a gravar dúas cancións mineiras no disco de tan galegas como soaban.

O segredo de que a cultura de Minas sexa tan parecida á nosa é aparentemente sinxelo: cando no século XVIII se descubre a riqueza mineira no interior brasileiro os principais poboadores foron os miñotos, ou sexa, os galegos de Portugal. Lembremos que o Miño era o sur da Gallaecia histórica, que se parte en dúas, dando orixe a Portugal. O Miño, como Galicia, disfruta da revolución provocada polo millo chegado de América, a riqueza que se ve aínda nas construcións barrocas pero que provoca un exceso de poboación que ten que emigrar.

É curioso que este éxodo de miñotos a Minas está dalgún xeito na orixe da emigración galega ao Brasil. Os galegos emigran a Portugal desde sempre. Pero moi especialmente enchen este baleiro deixado polos miñotos e de aí pasarían ás cidades, Porto e Lisboa. Nelas escoitan as historias de riqueza dos brasileiros retornados e comezan a emigración galega a partir do XIX e XX que coñecemos.

¿Terá todo isto o seu reflexo na música?

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto
http://www.xornal.com//artigo/2009/06/01/cultura/xoan-eiriz-inaugura-espazo-aberto/200906011653
(texto engadido o día 2/ / 6/ / 09 )


Comeza unha nova edición deste ciclo no Forum Metropolitano da Coruña e aproveitará o recital do mércoles para gravar en directo o seu novo traballo 'Vintencinco anos e unha cantiga de amor'


O mércores 3 de xuño Xoan Eiriz inaugura unha nova edición do ciclo Espazo Aberto, creado para presentar novos proxectos e acoller novas propostas do mundo das artes escénicas e musicais. O cantautor galego Xoan Eiriz non só ofrecerá un concerto coas pezas máis significativas da súa traxectoria o vindeiro mércores 3 ás 21 horas no auditorio do Fórum, senón que aproveitará a ocasión para facer a gravación en directo do seu novo traballo discográfico que titulará Vintecinco anos e unha cantiga de amor. No seu recital no Fórum acompañaranlle os músicos Nacho Goris ao piano e Alfredo García á guitarra eléctrica
Xoán Eiriz é cantautor de música lixeira e popular. Leva vinte anos adicados a cantar na fala de cunqueiro, intentando dignificar e universaliza-la fala galega por medio da linguaxe mais universal, a música. Aló polo ano 1988 naceu o seu primeiro disco Sentimentos, comezando un novo estilo tan diferente dos tópicos ó uso empeñados en facer do idioma unha barreira e da creación musical en galicia un último reducto de folklórica resistencia ó castelán. para él sempre foi todo máis sinxelo, canta en galego tanto temas propios coma temas populares e universais e por vez primeira, en galego ersionou grandes temas coma My way, Granada, Feelings, amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calqueira tema.
Coa súa música, que intenta escapar dos modismos, intenta sempre ser fiel ás costumes do noso pobo, aportando o seu "grao de area" a dignificación do idioma e, en consecuencia, á tan necesaria normalización lingüística do noso benquerido país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos Sentimentos, A RTVG e os músicos galegos, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, Amiga, amada, Na miña fala, Galicia, Eu voute amar, Azul, Amores ei e o seu último traballo Lelías, cantos dun namorado da súa fala no que canta ás tres almas musicais de Galicia: ó seu riquísimo folklore popular (pandeiradas, foliadas, romances, alalás, ...), as súas grandísimas cancións universais ( Unha noite na eira do trigo, Negra sombra, ...) e por último a algúns dos poetas máis sobranceiros (Federico García Lorca cos seis poemas galegos, Álvaro Cunqueiro, Fermín bouza brey, ...), constituíndo o seu traballo máis autóctono, máis enxebre, no que queda amosado unha vez máis o seu grande amor pola lingua e pola cultura dun pequeno país chamado galicia.
Actualmente, está a preparar o seu próximo disco, que vai a ser en directo, e será unha recopilación de temas dos seus dez traballos editados, con tres temas novos, e que levará como tiduo "Vintecinco anos e unha cantiga de amor".

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Programación na Casa das Crechas en Xuño
http://www.casadascrechas.com/info/080409joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=15
(texto engadido o día 1/ / 6/ / 09 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO
http://www.casadascrechas.com/info/080409joomla/index.php?option=com_content&view=article&id=15
(texto engadido o día 31/ / 5/ / 09 )



Noticia enviada por Foliadeiro

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA
http://www.fianaroca.com/ga/web/noticias.php?id=13
(texto engadido o día 19/ / 5/ / 09 )


Gravado no Teatro Principal de Compostela

Agora si, a saida definitiva do DVD Quince MAIOS será o 28 de Maio. Venderase con A NOSA TERRA (xornal) por 12€ durante os seguintes días: 28 de Maio, 4, 11 e 18 de Xuño.

Noticia enviada por Xan Rolei

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


`Benzón´ de Guadi Galego
http://folque.com/cmn-wp/?p=1617#more-1617
(texto engadido o día 18/ / 5/ / 09 )


NOTA: Na web de Guadi Galego podense escoitar cortes do novo disco

Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.

Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.

Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a
súa revolucionaria irrupción.

Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.

Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.


Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto.

O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén.

Noticia enviada por Xan Rolei

+ 3 noticias relacionadas

5 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista
http://www.ghastaspista.com/aovivo.php
(texto engadido o día 18/ / 5/ / 09 )


Como é un CD/DVD, desta vez o que atoparedes na web son anacos da grabación do concerto i, en breve, tamén algún extracto do documental.

``Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… Era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.´´


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde
http://blogs.crtvg.es/mu/diariocultural/2009/05/06/introterra-novo-disco-de-pepe-vaamonde/
(texto engadido o día 12/ / 5/ / 09 )


Pepe Vaamonde preséntanos “Introterra”, un disco que resume os oito anos de traxectoria profesional do grupo que lidera o gaiteiro coruñés. Aquí podemos escoitar fragmentos de “Introterra” e as opinións de Pepe Vaamonde.


1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


`O Berce das Palletas´
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=863
(texto engadido o día 10/ / 5/ / 09 )


O novo traballo editorial da Asociación de Gaiteiros Galegos, 'O berce das palletas', xa está dispoñible para socios cun prezo reducido de 5 € + gastos de envio. Pode conseguir este libro solicitándoo a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, 7 en Pontevedra, ou na Tradescola (Pintor Corredoira, 4) en Lugo.

'O berce das palletas' é un método de construción de palletas e pallóns para gaita de fol elaborado por Xoan Ramón Marín Martínez; unha obra que contribuirá a que os gaiteiros e gaiteiras teñan a man unha ferramenta que lles permita coñecer a fondo cal é o proceso de construción da peza que constitúe a alma da gaita. Sabendo como construíla, será entón doado manexala e adaptala ás propias necesidades tímbricas e de afinación.

Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos agardase que esta nova publicación sexa de gran utilidade e contribúa a afastar do esquecemento outro anaco do coñecemento tradicional.

Noticia enviada por EDUardo

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip
http://www.fannyalexander.net/2009/05/estreando-disco-e-videoclip.html
(texto engadido o día 5/ / 5/ / 09 )



Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.

Aqui vai o texto promocional do disco, coa lista completa de colaboracións, que non son poucas. Mil grazas a tod@s:

FANNY+ALEXANDER – Alfaias (A Regueifa Discos, 2009)
Os composteláns Fanny + Alexander están de volta co seu terceiro disco, Alfaias, de novo editado baixo licenza Creative Commons tanto en formato físico a traves de A Regueifa Discos coma en formato mp3 no netlabel A Regueifa Plataforma. Ao longo de once novos temas o duo percorre as distintas aristas do poliédrico Pop contemporáneo, indo dende o pop indietrónico de temas coma Setecentos e Espida de credo até o pop acústico e canónico de músicas coma Tardes de domingo e Na febre dos incendios, sen renunciar nunca á atitude experimentadora e permanente vontade de penetrar en estilos aínda inéditos na nosa lingua, coa firme vocación de levar o pop galego aos sons do século XXI.
Continuando coa liña dos seus dous primeiros traballos, as letras de todos os temas son adapatacións de textos de autores galegos da súa xeración (Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugris, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estibaliz Espinosa, Daniel Salgado e Alberte Momán), contando ademais coa colaboración das voces de Carlos Valcárcel de Projecto Mourente en Artefacto Burbur, Martin Wu de The Homens en Toda esa enerxia escura, Alex Charlón de Ataque Escampe en Vigo ou Berlin e o hammond de Banin de Los Planetas en Tardes de domingo.


+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


`Seremos muitos, seremos alguem´ - JOSÉ AFONSO A VOZ DA LIBERDADE

(texto engadido o día 2/ / 5/ / 09 )
LOCAL: Verbum, “A Casa das palabras”
Avda Samil,Vigo
Inauguración-clausura: Do 5 ao 31 de Maio
Cartazes: 64, material: pvc.
Autoría exposición: André F. Places
Organización:S.Cultural Na Virada
Coordinación actividades: Xico de Carinho
Producción: Verbum/Concelleria de Cultura de Vigo

INAUGURACIÓN
5 de Maio ás 20 h.
Presenta André F.Places

MESA REDONDA
Xoves 14 Maio ás 20 h.
Participantes:
• Alipio de Freitas, Ex-Presidente da Ass. José Afonso de Setúbal.
• Henrique Marques, directivo e cofundador da Ass.J.Afonso de Setúbal.
• Francisco Fanhais,Presidente da Ass. J. Afonso,cantor e compañeiro
de J. Afonso en múltiples actividades .
• Arturo Reguera, colaborador con Benedicto nas 1ªas actuacións de J.
Afonso na Galiza.
Presenta: Xico de Carinho, músico, socio da Ass.J.Afonso dende a súa fundación e coordinador das actividades.

TRIBUTO A JOSÉ AFONSO”
Xoves, 21 de Maio ás 20 h.
Participantes:
POESIA:
-Xosé María Alvarez Cáccamo
-Maria Xosé Queizán
-Manuel Forcadela
- Adelaide Graça. (Portugal)
MÚSICA:
-Grupo Na Virada
-José Pumar
-Tino Baz
-Ana Ribeiro (Portugal)

CONCERTO HOMENAGEM A JOSÉ AFONSO
Xoves, 28 Maio ás 20 h.
Actuación de “COUPLE COFFEE” , con
Luanda Cozzeti, canto e percução
Norton Daniello, Baixo eléctrico.
Repertorio tirado do seu CD, “Com as tamanquinhas do Zeca” e outros.


Noticia enviada por Xico

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira
http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=526
(texto engadido o día 1/ / 5/ / 09 )


Edicións do Cumio pon ao noso dispor a descarga gratuita dun fragmento da obra

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose –ademais– de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar.
Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla.
Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa.
A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


`Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1570/62/
(texto engadido o día 27/ / 4/ / 09 )


Os Cuchufellos, presentam "Lume Forestal", um tema que presenta o que será o seu novo trabalho, a piques de sair.

 Escoita "Lume forestal"

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


TRECE LÚAS XA Á VENDA
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=854
(texto engadido o día 27/ / 4/ / 09 )


Xa se pode atopar nas tendas, distribuído por A Lonxa Cultural, o novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros Galegos Trece Lúas. Como en anteriores publicacións, os socios e socias da AGG poden mercar o seu exemplar cun prezo reducido de 10 € + gastos de envio, solicitándoo a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, nº7 en Pontevedra, ou na Tradescola: Pintor Corredoira, 4 en Lugo.

Trece Lúas é un libro-CD-DVD que nos convida a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción e co ciclo do ano como fondo da escena. É unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente (“O Quiquiriquí” e “Pelo Gato 24”), trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura. Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude. Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva. Así elaboramos Trece Lúas, dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxías das que dispoñemos. Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional.

Este novo traballo, editado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, conta có patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e da Universidade de Vigo.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009)
http://aregueifa.blogspot.com/2009/04/xurxo-romani-escarnho-e-maldizer-2009.html
(texto engadido o día 21/ / 4/ / 09 )


Un dos nosos zanfonistas máis arriscados, o galego afincado en terrás catalás Xurxo Romaní, está de volta co seu xa terceiro traballo. Na compaña do guitarrista-baixista catalano-xaponés Koichi Tanehashi e co apoio no audiovisual do arxentino Osvaldo Ponce, mestura rock, pop, funk, electrónica e folk cunha atitude decididamente progresiva nun disco no que pon música -e por vez primeira a súa propia voz- a dez cantigas de escarnio e maldizer coa intención de levar a nosa máis satírica tradición trobadora medieval aos sons do Século XXI.

Coma sempre, máis info e descarga do disco en www.aregueifa.net

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=14472
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


En Arxentina, falar de galegos é falar de españois. Sen embargo, malia a importancia demográfica e cultural que supuxeron, non hai moitos estudos sobre as súas representacións no imaxinario colectivo. E iso é o que fai o libro Os galegos no imaxinario arxentino. Literatura, sainete, prensa. Unha publicación editada pola Fundación Barrié que será presentada por Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, naquel país. Con ela finaliza o intenso programa de actividades desenvolvido por Arxentina do máximo mandatario do Consello da Cultura Galega que supuxo dúas conferencias, a presentación de tres libros e a inauguración de exposicións en Bos Aires e Rosario

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Labazada de estrea [CD e formazom]
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1534/62/
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


Labazada, o grupo de HiperCore de Kompostela e Pontecesures, estará presentando o novo CD e a nova formazom, o próximo Venres 24 de Abril.

O concerto é o premio que ganharom no certame de Nsaio Xeral pola Rede Galega de Música ao Vivo, e será no Zona Zero de Caldas às 23:00hs.

Labazada em Komunikando.net

Noticia enviada por Viktor

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=14502
(texto engadido o día 16/ / 4/ / 09 )


Cun concerto na Coruña comezan a xira de promocíon de Introterra





Durante os últimos días do presente mes de abril, o que será o terceiro traballo discográfico de Pepe Vaamonde Grupo Introterra estará dispoñible nas principais tendas de discos de Galicia. O disco gravouse entre os Estudios PKO de Madrid, Estudios Bruar da Coruña e Metrópolis de Vigo. Introterra está autoeditado pola banda e distribuído por Lonxa Cultural, nel reúnese, de xeito condensado, a esencia da banda. Pepe Vaamonde Grupo inicia estes días unha pequena xira promocional por terras galegas que os levará a actuar, nas próximas semanas, nas cidades de A Coruña, Pontevedra, Santiago de Compostela e Lugo, comezando o vindeiro venres 17 de abril, no Forum Metropolitano de A Coruña (Rúa Río Monelos s/n). En Introterra ofrece 11 temas cos que resumir, de xeito conciso, o que é a traxectoria e o estilo da propia formación nestes últimos 8 anos e ollando, de xeito claro, cara ás raíces da mesma.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´
http://acseixebra.blogspot.com/2009/04/as-voces-dos-nosos-nenos-en-trece-luas.html
(texto engadido o día 14/ / 4/ / 09 )



O pasado 3 de abril a Asociación de Gaiteiros Galegos presentou o seu novo traballo audiovisual Trece Lúas. Isto significa que os pais e nais de Seixebra xa poden escoitar as voces dos seus fillos nas cancións que se corresponden cos meses de xuño, xullo e novembro. Ademais tamén temos a oportunidade de velos falando sobre os distintos meses do ano no DVD que acompaña o CD.

O mes de Xuño con Flor da auga é un solo de María que merece a pena escoitar. En xullo xa podemos sentir as voces dos outros protagonistas cantando ao ritmo da Palmeira: Xián, Ana, Diego, Pedro,Miguel, Lucía, Marta e Nuria. Eles todos tamén prestan as súas voces para cantarlle ao San Andrés no mes de novembro.

Dende Seixebra aplaudimos a todos os nenos e nenas que participaron no disco, porque este traballo é un exemplo para achegar aos máis novos un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
A qué esperades para escoitalo?

Noticia enviada por Xan Rolei

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino
http://www.galiciae.com/nova/28719.html?lang=gl
(texto engadido o día 8/ / 4/ / 09 )
O grupo de folk galego Luar na Lubre e o cantautor madrileño Ismael Serrano reuníronse para dar o seu apoio ao pobo palestino. Para iso versionearon a canción 'O dereito de vivir en paz' do cantautor chileno Victor Jara.



A escollida foi unha de tantas cancións que ao único que realmente canta é á liberdade. Victor Jara, pai da canción protesta, foi asasinado e torturado por letras como esta, na que só pedía 'O dereito de vivir en paz'.

Noticia enviada por Xan Rolei

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O novo disco dos Carunchos xa está no forno.
http://www.pai-musica.com/es/component/content/article/18-proximos-lanzamentos/214-o-novo-disco
(texto engadido o día 2/ / 4/ / 09 )


Os Carunchos xa teñen novo disco.

Así é, amigos festeiros, Luis "Caruncho" e toda a banda xa teñen no forno o seu próximo traballo que se chama "En Galego" e está editado por esta casa PAI Música.

Aquí os temos. Aquí están dispostos a entrar polo torreiro adiante e armala. A poñelo de patas-pa-riba.”Ala, que vai!”. A bailar todo o mundo. “Que dirán por aí? Os Carunchos estamos aquí”. E veña quilómetros de troula, aturuxos, punteiros - … esas gaitas non están ben … de todo-, insomnio e … licor café. E “tenerifes”.



Mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está o traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país; da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan “que nin dios”, senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, “¡Sen tempo non era!”. Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas … sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, democrática, descomunal, rotunda … ¡rachada!. De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a “Montealegre”. CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: “pra vós estamos nós”, que diría o Ghaiteiriño de Aldán. E como xa sabemos que …

Todo o mundo toca a gaita
moitos bailan que dá medo
pero á hora da verdade
poucos falan en galego

¿Sabedes o que vos dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? “Ti, pa min, xa vales”. Sempre en Galiza. Sempre … ¡EN GALEGO!.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´

(texto engadido o día 31/ / 3/ / 09 )


Con tal motivo, e de xeito temporal, podedes escoitar aquí algúns dos temas que veñen recollidos no doble CD.









E video:

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista
http://www.ghastaspista.com/camaxe.php
(texto engadido o día 27/ / 3/ / 09 )

A arte atópase alí onde a innovación prende pulo en experimentos que extraen as ensinanzas do pasado. En Airexa, a tradición chama pola renovación e constitúe un cóctel que xunta en receta engaiolante apostas anovadoras en equilibrio de tradicción. E iso mesturado cunhas pingas de brisa importadas da benquerida praia de Camaxe, alí onde as ondas bican a area que noutrora pisara Ulises, e alí onde se grabou este traballo exemplar.



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo

(texto engadido o día 25/ / 3/ / 09 )


"Ao Vivo" recollerá as 18 cancións que se interpretaron o 22 e o 23 de xaneiro no Teatro Colon de A Coruña. Tódo-los seus temas clásicos ("Tu gitana", "O son do ar", "Chove en Santiago"...), un tema inédito ("Axeitame a polainiña") e tres colaboracions moi especiais de amigos como LUZ CASAL ("Camariñas") , DIANA NAVARRO ("Romeiro ao lonxe") e PEDRO GUERRA ("Memoria da noite"). Ademáis, "Ao vivo" recolle un documental, un DVD co concerto completo e un bonus track con ISMAEL SERRANO cantando xunto a LUAR NA LUBRE "El derecho de vivir en paz" en solidaridade co pobo de Gaza.

+ 1 noticia relacionada

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


`Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1437/62/
(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


Dende Machina queren anunciar que xa teñen completamente grabado o novo traballo que levará por título "Post-Bravú". O disco está conformado por 13 temas máis un regalinho, grabados en Océano estudios de Nigrán con Xavier Abreu, e coas colaboracións de Xabier Díaz, Mourón (Dios ke te crew) e GendeBeat. A data de lanzamento está prevista para mediados de Abril, antes da cal publicaran un primeiro adianto no seu "MySpace " onde também podedes ver o video de como se cocinhou este novo trabalho.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom

(texto engadido o día 20/ / 3/ / 09 )


(vía sono-tone.net)

SOM DO GALPOM
Xa está nas tendas 'Em Terra de Ninguém', o debut discográfico de Som do Galpom, os gañadores da última edición de Nsaio no Camiño. Trátase dunha recompilación de trece temas montados sobre as bases do funk, do reggae e do rap, trece cancións que falan da amizade, da naturalidade e, sobre todo, da perda de atributos humanos, sociais e naturais básicos na sociedade de hoxendía. Gravado nos estudos Casa de Tolos, de Segundo Grandío, durante o mes de xaneiro, e cun elaborado deseño gráfico que reivindica a volta ao orgánico, nesta era das máquinas, os Som do Galpóm presentan a súa alternativa.

http://www.falcatruada.com/somdogalpom


GALEGOZ
Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bon humor... E, por suposto, sen esquecerse da festa. GalegoZ estrea o seu novo disco a mediados de marzo do 2009.

http://www.myspace.com/galegozstyle


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía

(texto engadido o día 19/ / 3/ / 09 )


MONOGRÁFICO á cargo do Instituto de Etnomusicologia-Centro de Estudos
em Música e Dança da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas, Universidade
Nova de Lisboa.


Coordenadoras convidadas:
Salwa El-Shawan Castelo-Branco
Susana Moreno Fernández



SUMARIO:

• A categorização da música em Portugal: política, discursos, performance e investigação,
por Salwa El-Shawan Castelo-Branco.

• A música na construção do Douro Litoral: coleção, estudo e divulgação de
práticas polifónicas de música da tradição oral em Portugal (1947-1959),
por Maria do Rosário Pestana.

• A edição de música impressa e a mediatização do fado: o caso do Fado do 31,
por Gonçalo Antunes de Oliveira, João Silva e Leonor Losa.

• Devoção, fartura e transgressões na festa de São Gonçalinho em Aveiro,
por Daniel Tércio.

• O baile popular no Baixo Alentejo no início do século XXI,
por Carla Nunes.

• A música na festa da Pocariça,
por Carla Minelli.

• Descolonização do corpo e do imaginárioA reinvenção da dança na África lusófona contemporânea,
por Luisa Roubaud.

• “Isso também é criar”: os covers no repertório de músicos brasileiros em Lisboa,
por Christine Dettmann.

• Música y danza en el Centro Galego de Lisboa. Entre la representación de la galleguidad y la utilidad pública,
por Susana Moreno Fernández.

• Recensões.


Noticia enviada por Dos Acordes

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA
http://folque.com/cmn-wp/?p=1391
(texto engadido o día 11/ / 3/ / 09 )


O V Encontro coa Zanfona contemporánea 2009 que terá lugar esta fin de semana en Narón, formará parte da filmación dun documental sobre o instrumento que está a realizar Wolodymir Smishkewich. Un equipo de colaboradores desplazarase até as actividades organizadas para tomar imaxes, facer entrevistas e contribuir á difusión deste instrumento.

O documental, titulado “SINFONIA, A Zanfona en España: a través de tempos e terras” é un documental escrito e dirixido por Wolodymyr Smishkewych.

É un proxecto de investigación e documentación da historia e situación actual da zanfona en España. Combinando investigación en arquivos e en centros etnográficos, entrevistas a luthieres e artistas, relatos persoais, e concertos—e cunha banda sonora que incluirá os mais prestixiosos intérpretes deste instrumento na actualidade—este documental presentará un resumo representativo do panorama da zanfona.

Este proxecto realízase grazas a unha bolsa de IEE Fulbright e o apoio contínuo da Comisión para o intercambio cultural, educativo e científico entre os Estados Unidos e España.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Fundación Xeito Novo - ESCUELA DE CANTO Y BAILES TRADICIONALES DE GALICIA
http://www.xeitonovo.org.ar/rss.php?nombre=17
(texto engadido o día 9/ / 3/ / 09 )


Abierta la inscripción



Sábados:
De 16:00 a 17:00Hs Grupo Niños.
De 17:00 a 18:30Hs Grupo Intermedio.

Viernes
De 19:30 a 20:30Hs Grupo Adultos

En nuestra nueva sede: Av Independencia 1722 - Ciudad de buenos Aires

Para inscrbirse acceda al siguiente formulario Formulario de Inscripción

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


`En Galego´, Novo Disco dos Carunchos
http://www.pai-musica.com/lang-gl/inicio/10-novas-pai-tradicional-world/197-xa-podes-ver-e-esco
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 09 )
"En galego", o novo traballo dos Carunchos, xa está a piques de saír á luz despois do proceso de grabación nos estudios de Casa de Tolos en Gondomar.
O grupo segue achegándonos a música de raíz neste disco para que podamos afondar un pouco máis na nosa tradición.

"Galicia" é o nome do tema principal e adianto deste novo disco:


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música
http://www.paitunes.com/index.php?page=shop.product_details&flypage=flypage.tpl&product_id=73&c
(texto engadido o día 24/ / 2/ / 09 )


Adiántate ao lanzamento do disco e mércao en formato dixital. Xa podes mercar este disco en formato dixital a alta calidade antes de seu lazamento oficial.

Trece pezas musicais, coas que o artista se mergulla nos ritmos galegos para atopar diferentes sonoridades, contando para elo coas colaboracións de Álvaro Iglesias ao contrabaixo e a voz de María Solleiro.

O título do traballo fai referencia a unhas moedas acuñadas na época do antigo Reino de Galicia. Estas moedas, ademais doutros moitos tesouros, agochábanse segundo a mitoloxía popular baixo os castros e as mámoas, onde os seus donos os mouros vivían e mantiñan tratos cos homes.

Pancho Álvarez, músico recoñecido na escena galega, é un multiinstrumentista que domina os instrumentos de corda, ademais dun excelente cantante. Nos seus traballos combina a tradición coa súa propia bagaxe musical, dándolle a todos eles un son fresco e cheo de matices e ofrecendo unha espectacular visión das vellas tradicións, pero dun xeito moderno e actual.

O músico porriñés deuse a coñecer como violinista do grupo “Na Lúa” a comezos dos anos 80. A partir de 1993 entraría a formar parte do desaparecido grupo “Matto Congrio”. Ademais de ser un asiduo colaborador de Carlos Núñez, no ano 1998 publicou o seu primeiro traballo en solitario, “Florencio, o cego dos Vilares”, onde recollía a tradición dos cantares de cego facendo unha sentida homenaxe ao último dos violinistas cegos. No 2001 sairía o mercado o seu segundo traballo, “Nas cordas.”

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Lar Gallego (Chile): Inscripciones Clases
http://www.largallego.cl/?p=575
(texto engadido o día 23/ / 2/ / 09 )


Todos(as) los(as) que estén interesados(as) en integrar alguno de los grupos de la colectividad, escribanos a clases@largallego.cl para responder sus inquietudes y requisitos para participar.

Las clases empiezan la primera semana de marzo, asi que aún queda tiempo para inscribirse.

Direción: Estadio Español de Las Condes: Nevería Nº 4855. Santiago, Chile

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´
http://www.luarnalubre.com/
(texto engadido o día 19/ / 2/ / 09 )


O novo Cd/Dvd "Ao vivo" sairá á venda no día 24 de Marzo, e recollerá as 18 cancións que se interpretaron nos días 22 e 23 de Xaneiro, no Teatro Colón da Coruña.

Todos os temas clásicos ("Tu gitana", "O son do ar", "Chove en Santiago"...), un tema inédito ("Axeitame polainiña") e tres colaboracións moi especiais de amigos como LUZ CASAL ("Camariñas") , DIANA NAVARRO ("Romeiro ao lonxe") e PEDRO GUERRA ("Memoria da noite").

Ademáis, "Ao vivo" recolle un documental, un DVD co concerto completo e un bonus track moi especial con ISMAEL SERRANO cantando xunto a LUAR NA LUBRE "El derecho de vivir en paz" en solidaridade co pobo de Gaza.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


30 anos da publicación do único álbum de N.H.U.
http://folque.com/cmn-wp/?p=1314
(texto engadido o día 3/ / 2/ / 09 )


N.H.U. só editaron un álbum, pero o seu rock progresivo en galego segue sendo obxecto de culto. Esta fin de semana o seu vinilo chegou aos 240 euros en eBay.


En 1978 o folk, a música de raíz celta estaba de moda en toda Europa, principalmente grazas ao éxito do bretón Alan Stivell, de Gwendal ou Pentagle, e ao fío dese éxito Galiza viu o nacemento, entre outros, de Milladoiro ou o importantísimo disco Fonte do Araño de Emilio Cao. Un día Nonito Pereira, produtor destes álbums, recibiu a visita de Xoán Piñón, que lle falou dun grupo de rock compostelán chamado N.H.U. A clave para vender o disco ás produtoras madrileñas era incluír algún elemento de folk, unha gaita, como xa fixeran ese mesmo ano Goma2, primeiro grupo galego que mesturara sen complexos a guitarra eléctrica coa gaita.


A gravación do álbum

Con esa encomenda marcharon N.H.U. a Madrid, aos estudios de Zafiro. Pero non fixeron caso, no lugar do son prometido, gravaron un excelente e pioneiro álbum de rock sinfónico e progresivo. Recibiu moi boas críticas, pero non tivo unha boa distribución: “había tendas en toda España que tiñan o noso disco no escaparate, pero só a caixa, non lles chegara exemplar ningún, non nos axudaron a movelo”, lembra Xosé Ferreiro, batería da banda. Canda a Xosé, N.H.U. formábano o seu irmán Xulio Ferreiro, Roberto Abal, Xurxo Pérez, Xosé Ferreiro e Tino Grandío, coas colaboracións eventuais de Ricardo Máiz e Cuchús Pimentel, fillo de Alonso Montero. Por certo que o nome da banda non responde a un afán reintegracionista, aínda que moitas veces ao pronuncialo, en moitos lugares aparecese escrito “Ñu”. En realidade N.H.U. é o acrónimo de “Una Noche Hermosa”.



O grupo formárase en 1974, “tocando pachanga nas salas de festa”, pero entre 1975 e 1976 os membros da banda foron chamados á mili. Ao seu regreso comezou a aventura de gravar o disco e de buscar locais nos que tocar: “non era doado que nos deixasen tocar en certos sitios, a xente non estaba afeita a esta música, así que lle dicíamos que ademais de guitarras eléctricas tiñamos instrumentos clásicos, como violíns e frautas, o que era certo”, di Xosé. Así conseguiron actuar, por exemplo, na Aula de Cultura de CaixaGalicia de Compostela, un concerto presentado por Benedicto e no que se xuntou tanta xente que mesmo romperon as portas do local. Os seus concertos eran basicamente instrumentais, moi densos, con longuísimas cancións cunha gran parte de improvisación, a constante presenza dun órgano hammond e guitarras psicodélicas.


240 euros en eBay

O álbum é unha alfaia para coleccionistas de todo o mundo, un disco e un grupo de culto, non só no Estado Español, senón en Alemaña, Canadá ou Xapón. Como informa Sono-tone pechouse unha subhasta no eBay do Reino Unido do que xa é o disco galego máis valorado a nivel internacional, cunha poxa final (realizada por un coleccionista de Canada) de 240 euros. “Nin eu teño o disco orixinal”, di Xosé, “manda carallo”. O disco é agora propiedade da multinacional BMG Ariola, que mercara RCA, que antes adquirira Zafiro. E alí está, no fondo dun catálogo, á espera dunha nova reedición. No ano 2000, de feito, reeditouse xa en Alemaña, recollendo de novo fantásticas críticas.


Tiñan material para un segundo álbum que nunca chegaría: “era difícil darlle saída a esa música en Galicia”. De feito a banda continuou tocando en salas de festas e algúns dos seus membros, coma o propio Xosé Ferreiro, seguen na música, no grupo Os Apóstoles. O seu disco homónimo contiña cancións como “Na terra do verde chan”, “A Titiritada”, “Friki & Alexo”, “Doente”, “Hay un tren” ou “A trancas e barrancas”. E cantaban en galego, como destacaban no texto de presentación do álbum: “Tratamos de facer camiño e cantamos en galego porque é un idioma que nos gusta. A nosa música para vós”.





Engadido á nova orixinal: Podes escoitar parte do disco en http://ghastaspista.com/historia/nhu.php

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=752
(texto engadido o día 16/ / 1/ / 09 )
Tralo éxito acadado polos traballos O Quiquiriquí e PeloGato24, a Asociación de Gaiteiros Galegos está rematando unha nova proposta audiovisual, que verá a luz en Febreiro e levará por título Trece Lúas. Coas tradicións relacionadas cos ciclos do ano como fío condutor, Trece Lúas preséntase nun formato que inclúe un libreto de 64 páxinas, un CD e un DVD. No disco atoparanse 12 temas elaborados sobre melodías tradicionais, cunha temática correspondente a cada mes do ano, interpretados por músicos de recoñecido prestixio na música tradicional galega e cantados por voces infantís. O libreto contén textos explicativos do traballo e contidos didácticos para a súa aplicación nas aulas, ademais dos créditos e letras das cantigas. Por último, o DVD inclúe unha peza de monicreques, un documental sobre os ciclos do ano, entrevistas ós participantes e ‘como se fixo’, vídeos musicais e pistas de karaoke. Todo este traballo non sería posible sen a colaboración da Universidade de Vigo e da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

A Asociación de Gaiteiros Galegos segue apostando, deste xeito, pola edición de material de uso didáctico orientado principalmente aos máis novos, para conservar e difundir a nosa música tradicional e con elo a nosa lingua e cultura.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009)
http://aregueifa.blogspot.com/2009/01/projecto-trepia-projecto-trepia-2009.html
(texto engadido o día 13/ / 1/ / 09 )


PROJECTO ['TREPIA], primeiros
clasificados no certame GZcrea 2008 en música e segundos
en videocreación, veñen de editar o seu primeiro traballo no netlabel
A Regueifa. Os do Morrazo son un colectivo multidisciplinar
artellado arredor do que eles denominan "os tres pés" -o son, a
imaxe e a danza- combinando no musical a música tradicional
galega
-froito en grande parte de recolleitas de campo propias-
cos novos sons que proporciona a electrónica cunha atitude
decididamente vangardista, levando ao século XXI cantos
tradicionais, pandeiretas, pandeiros, sachos, caixas de pementón e
zanfoñas ao mesturalos con unha base rítmica de batería electrónica,
samples e baixo eléctrico.

Coma sempre, máis info e descarga de balde do disco en www.aregueifa.net


+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras
http://www.gaitadefoles.net/noticias/livroroque.htm
(texto engadido o día 10/ / 1/ / 09 )


Joaquim Roque
"O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras"
Livro com CD e DVD, sobre a vida de um dos mais emblemáticos gaiteiros portugueses.
Lançamento a 17 de Janeiro de 2009, em Torres Vedras.

“Joaquim Roque: O Último Gaiteiro Tradicional de Torres Vedras” é um livro único em Portugal, da autoria da Associação Portuguesa para o Estudo e Divulgação da Gaita-de-Foles, sendo assinado por Francisco Pimenta e Henrique Oliveira. Editado pela Tradisom, tem lançamento marcado para 17 de Janeiro de 2009, no Teatro-Cine de Torres Vedras.

O Gaiteiro
Joaquim Roque, de 72 anos, é o último guardião de uma estirpe de antigos gaiteiros estremenhos. Este livro relata as suas memórias de vida: desde a sua aprendizagem com os velhos mestres gaiteiros da Estremadura, à sua ligação duradoura e ininterrupta às importantes romarias da região, não esquecendo a presença frequente no Carnaval de Torres Vedras.
A figura de Joaquim Roque torna-se também especial por ser dos mais exímios gaiteiros de tradição oral actualmente em actividade em Portugal.

O Livro
A obra, de imagem cuidada, é ilustrada por uma fotobiografia deste tocador, conseguindo reunir imagens inéditas de investigadores de referência como Michel Giacometti, Ernesto Veiga de Oliveira e Benjamim Pereira e José Alberto Sardinha, finalmente dadas a conhecer.
Com Prefácio deste último investigador, o livro inclui um capítulo introdutório que a Associação autora da obra dedica à História da Gaita-de-fole em Portugal, com a publicação de imagens de iconografia inédita por si captadas ou especialmente cedidas por Museus Nacionais e Municipais, Arquivos Municipais e outras entidades, fruto da pesquisa da própria Associação.

CD e DVD
O livro é acompanhado por um CD contendo registos sonoros realizados a Joaquim Roque pela Associação Gaita-de-Foles e por José A. Sardinha, cujos fonogramas são assim tornados públicos, alguns, ao fim de 30 anos.
O livro contém ainda um DVD com um Documentário sobre a vida e a importância de Joaquim Roque como um dos derradeiros gaiteiros da Estremadura.
Entre as entidades que apoiam esta edição contam-se a Câmara Municipal e a Caixa Agrícola de Torres Vedras.






 

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A música tradicional de Ferrolterra en imaxes
http://www.nsaio.org/grupos/galerias.php?r=31&id=729&lg=gal
(texto engadido o día 8/ / 1/ / 09 )


Berros do Castro está a traballar na recopilación de fotografías de todos aqueles grupos e
entidades das comarcas que estiveron relacionadas coa música tradicional, para a posterior edición
dun álbum no que se recollan de maneira gráfica a evolución da música nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO
http://www.sono-tone.net//novas/noise-project-estrean-dous-temas-de-adianto-do-seu-vindeiro-disco.html
(texto engadido o día 8/ / 1/ / 09 )
Os shoegazers de Valga van quentando motores de cara á saída do
seu moi agardado primeiro disco longo coa estrea de dous temas de
adianto, A Madalena e Sempre me toca ser poli, no seu Myspace. O
album, aínda sen título, será gravado nos estudos Círculo Polar do
Grove e verá a luz este mesmo ano da man de A Regueifa Discos.

http://www.myspace.com/noiseproject

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma
http://ghastaspista.com/isolma.php
(texto engadido o día 29/ / 12/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião
http://ww1.rtp.pt/noticias/?article=379153&visual=26&tema=5
(texto engadido o día 24/ / 12/ / 08 )
(vía chuza.org)

`A Quinta das Lágrimas`, o mais recente trabalho do grupo galego Milladoiro, é a "banda sonora" da euroregião Norte de Portugal/Galiza, numa iniciativa inédita na Europa que pretende usar a música como veículo de transmissão da cultura.


"Apetecia-nos que os Milladoiro tratassem a relação entre a Galiza e Portugal", salientou hoje Xoán Vazquéz Mao, secretário-geral do Eixo Atlântico, que teve a ideia inicial do projecto, já adoptado como hino da euroregião.

Os Milladoiro, um grupo galego de folk, com influências da música celta, formado na Corunha há mais de 20 anos, são os protagonistas desta iniciativa pioneira que pretendeu criar uma obra emblemática, que permitisse divulgar junto da população a história e a cooperação entre a Galiza e o Norte de Portugal.

Nesse sentido, `A Quinta das Lágrimas` surge como um relato musical centrado nesta euroregião, a antiga Gallaecia dos romanos.

A obra, que tem como base os dois eixos principais que articulam as duas regiões fronteiriças, o mar e a língua e cultura, recorda os grandes momentos que, através dos tempos, construíram a história do Noroeste Peninsular.

A história da galega Inês de Castro, que veio a ser raínha de Portugal depois de morta, está na origem do título desta obra, que conta com a colaboração da fadista portuguesa Mafalda Arnauth.

O disco inclui temas próprios dos Milladoiro, assim como versões de temas galegos e portugueses, entre os quais uma canção de Zeca Afonso e a musicalização de um poema de Fernando Pessoa.

Os Caminhos de Santiago, a independência de Portugal, os Descobrimentos, as ditaduras ibéricas e a chegada da democracia são alguns dos muitos episódios históricos referidos neste trabalho dos Milladoiro, que não esquece a adesão europeia e, claro, o futuro da euroregião.

O Eixo Atlântico do Noroeste Peninsular é uma associação criada em 1992, que reúne actualmente 34 concelhos da Galiza e do Norte de Portugal.

Os municípios portugueses são Barcelos, Braga, Bragança, Chaves, Famalicão, Gaia, Guimarães, Lamego, Macedo de Cavaleiros, Matosinhos, Mirandela, Penafiel, Peso de Régua, Porto, Viana do Castelo, Vila do Conde e Vila Real.

A associação tem como membros galegos os concelhos de A Coruña, Barco de Valdeorras, Carballiño, Carballo, Ferrol, Lalín, Lugo, Monforte de Lemos, Ourense, Pontevedra, Riveira, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Viveiro.

O Eixo Atlântico, que tem uma presidência rotativa assumida alteradamente por municípios da Galiza e do Norte de Portugal, é actualmente liderado por Luís Filipe Menezes, presidente da Câmara de Gaia.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación do libro O vestido de onte
http://www.tangarano.org/modules/news/article.php?storyid=20
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 08 )


(vía blogoteca.com/malmequer)

A A. C. Tangaraño vén de escribir o libro O vestido de onte en
colaboración co museo Liste. Nel recóllense fotos e información sobre
o vestido tradicional galego, e para facer a súa presentación, que
mellor xeito ca un desfile da roupa da que estamos a falar.


Domingo, 21 de decembro ás 18:00 horas no C.E.E. Escravas da Virxe
Dolorosa (Rúa Estivada, 5. Petelos- Mos)


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba
http://www.culturagalega.org/mega/noticia.php?soportal=rcg&id=13708
(texto engadido o día 18/ / 12/ / 08 )
O proxecto ten un investimento de 56.000 euros

Un acordo entre a Consellaría de Cultura e a Fundación Roxelio Groba permitirá dixitalizar os fondos bibliográficos e musicais deste compositor. A iniciativa enmárcase no Programa de Dixitalización de Fondos do Arquivo Nacional e contará cun investimento de 56.000 euros a cargo da Fundación Cidade da Cultura. Entre as 534 composicións a dixitalizar inclúense algunhas tan destacadas coma a ópera Floralba, as cantatas Xacobea e Un pobo sen destino ou o Concerto Confidencias entre outros.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/modules/news/article.php?storyid=731
(texto engadido o día 11/ / 12/ / 08 )


A presente publicación nace da tese de doutoramento feita por Xaime
Estévez na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago
Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da
Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram
acordaron a edición dunha parte deste traballo polo seu grande
interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural.
Entre dúas e tres mil horas, cando menos, fixeron falla ao longo de
seis anos para chegar a esta edición sobre a música galega
gravada.

O máis salientable deste traballo de máis de
400 páxinas, é sen dúbida que cuantifica obxectivamente o
impresionante legado da música galega gravada só nun marco
temporal de 26 anos. Analizáronse 774 gravacións que deixaron o
descuberto preto de 500 agrupacións ou artistas (468), preto tamén
de 500 horas de música gravada (485), case 10.000 temas (9.289) .
Esta investigación aporta datos obxectivos sobre
Intérpretes,Compositores, Editoriais, Referencias xeográficas,
Letristas, Instrumentos, Formas musicais... Ofrécense tamén análises
cronolóxicas, cuantitativas e estilísticas que nos descobren, por
exemplo, máis dunha ducia de tipoloxías e matices diferentes para a
música galega, os temas máis gravados, a evolución da edición
discográfica ou as agrupacións e compositores máis relevantes neste
marco temporal, así como datos concretos sobre as particularidades
da música galega.
Facilítanse 200 páxinas de índices e informes
ordeados para a súa consulta, incluido un índice gráfico, e ata 32
táboas analíticas e gráficos demostrativos.Toda esta información e
datos van acompañados dun marco teórico sobre a música galega :
nomes propios, recompilación, conexións con outras músicas, fontes,
estilos,... que fan desta edición unha referencia imprescindible dende
agora para afondar na realidade e na verdadeira dimensión da música
galega gravada quizais insuficientemente coñecida e valorada pola
inexistencia de traballos musicolóxicos e científicos deste calibre.
A presentación feita polo profesor Rodrigo Romaní e o prólogo da
Dra. Pilar Lago serven de pórtico perfecto e acorde á categoría dun
traballo tan necesario como de referencia imprescindible no futuro
para a posta en valor e a difusión axeitada do noso patrimonio
cultural inmaterial.

Enlace para mercar o Libro en Andel Virtual

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´

(texto engadido o día 10/ / 12/ / 08 )


O xoves día 11 de decembro ás 20.30 horas no Liceo de Ourense.

O acto contará coa presenza do tenor ourensano César del Caño e a
soprano Anna Feu que, acompañados ao piano por Daniel García,
interpretarán pezas de poetas ourensanos musicadas por recoñecidos
compositores foráneos.

Os Itinerarios Histórico-Musicais son un proxecto de I+D aplicado á
cultura. Unha idea concebida e desenvolvida por Ouvirmos co fin de
transformar o patrimonio músico-cultural de 14 localidades, entre elas
Ourense, nun potente motor turístico tanto para os habitantes do noso
país como para os visitantes foráneos.

Unha equipa multidisciplinar presenta en cada libro disco unha
proposta de visita xunto a textos complementarios, que analizan a
interrelación da música coa sociedade e coas artes a través da nosa
historia.


Noticia enviada por Ouvirmos

1 comentario
:: Enlace a esta nova ::


A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar
http://www.galicia.ccoo.es/f10m/cronica/benedictogarciasonatadeamigos.html
(texto engadido o día 10/ / 12/ / 08 )


NOVA ACTUALIZADA
“O vindeiro venres 12 de decembro, ás 19.30 horas, presentarase no Salón de
Actos da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19; Santiago de Compostela) o
libro de “Sonata de amigos”, de Benedicto García Villar, editado por Edicións
Xerais de Galicia en colaboración coa Fundación 10 de Marzo

Tomarán a palabra Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia,
Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de Marzo, Emilio Pérez Touriño,
presidente da Xunta de Galicia, e o autor, Benedicto García Villar. Durante o acto
Marcos Teira interpretará unha peza musical”.



Benedicto (García Villar)
Naceu en 1947, en Santiago de Compostela. Estudante antifranquista que
coñeceu o 68 compostelán, fundador de Voces Ceibes, compañeiro de José
Afonso, cantor con tres discos ás súas costas (Eu son a voz do pobo, Pola unión,
O nome das cousas), militante comunista contra a ditadura, mestre vocacional,
sindicalista, animador de mil causas, amigo dos seus amigos… Son aspectos moi
variados dunha traxectoria vital que se pode resumir nun sinxelo título: cidadán por
un mundo máis xusto.

Sonata de amigos
“Non está de máis botar unha ollada serena para atrás. Iso pretendín con estas
notas, subxectivas e apaixoadas ata o tormento, das que o único responsable é
quen isto escribe, que exerce libérrimo o dereito da memoria, conscientemente
selectiva e neuroticamente teimuda”. Son as palabras coas que Benedicto (García
Villar), un dos fundadores de Voces Ceibes, presenta Sonata de amigos.
Benedicto abre ao lector a intimidade da súa memoria cunha mirada ao pasado
que busca, como cada un dos pasos dados polo autor ao longo da súa vida,
contribuír á mellora do presente.
Nas páxinas deste volume Benedicto rememora as súas orixes familiares, que o
unen para sempre a Santiago de Compostela, cidade universitaria onde viviu a
revolta estudantil de 1968, orixe dos variopintos compromisos cívicos do autor:
dende a loita antifranquista ata a construcción do sindicalismo democrático; dende
a música entendida como instrumento de intervención social ata o ensino como
palanca de transformación; dende o uso da palabra escrita ata a reivindicación da
amizade como elementos dun mundo máis humano.
Por Sonata de amigos desfilan acontecementos e personaxes claves da nosa
historia. Sen eles tanto a historia recente de Galicia como o noso presente serían
distintos.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´
http://www.radiofusion.eu/rfusion/contidos/vicente_araguas_revelara_o_que_non_contei_en_voces_ceibes
(texto engadido o día 9/ / 12/ / 08 )


Erguéronse a voz en canto hai corenta anos contra o franquismo, nun
concerto inesquecible na Facultade de Medicina da Universidade de
Santigo. A lenda de Voces Ceibes reconstruíuse a pasada semana nun
recital de homenaxe no escenario orixinal ao que asistiron os
membros orixinais daquela aventura musical e reivindicativa. Entre
eles, o poeta e escritor Vicente Araguas, quen anunciou en
Radiofusiòn que a celebración deste novo recital serviralle de punto de
partida a un novo libro que continuará o seu ensaio do ano 1991
sobre Voces Ceibes, e que editará Xerais. Ao respecto da vixencia do
ideario de Voces Ceibes, Araguas considera que a canción de crítica, a
canción de sátira que el mesmo puxera en práctica, sempre debe
estar presente. O autor natural da vila coruñesa de Neda rastrexa a
pegada dese verso reivindicativo na poesía actual galega, "que se
nutre desa tendencia sociopolítica", e entre a que salienta o nome de
poetas como Daniel Salgado

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


`Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane

(texto engadido o día 27/ / 11/ / 08 )


Durante o vindeiro mes de xaneiro, Susana Seivane comezará a
gravar o que será o seu cuarto traballo discográfico. Despois de
‘Susana Seivane’, ‘Alma de Buxo’ e ‘Mares de Tempo’, ‘Os soños que
volven’, que así se vai chamar o novo disco, será unha homenaxe á
música tradicional galega. A primavera de 2009 será testemuña do
nacemento desta nova achega de Susana chea de melodías
pegadizas e acordes sorprendentes.

A súa paixón pola tradición, a súa longa experiencia de máis de 10
anos nos escenarios do mundo, e a súa propia inquietude artística,
conducen agora a Susana á recreación dos temas que interpretaba na
súa infancia. Vellos sons rescatados desde unha perspectiva actual
que é froito da forza dos seus directos dos últimos anos.

Estas pezas ‘de toda a vida’, de engaiolante sinxeleza, son
debuxadas, do xeito máis enxebre, pola gaita e a voz de Susana
sobre un lenzo revestido de harmonías, ritmos e concepcións musicais
contemporáneas e atrevidas. Unha nova cor xurde desta mestura que
ven a demostrar que a música tradicional está viva, e casa á
perfección cas tendencias e arranxos máis evolucionados.

Noticia enviada por enavies produccions | 27 Nov 2008 , 14:15

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Kastomä: Novo disco en Nadal
http://kastoma.blogspot.com/2008/10/estamos-chegando.html
(texto engadido o día 25/ / 11/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA

(texto engadido o día 25/ / 11/ / 08 )



Noticia enviada por Falcatruada

+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional
http://www.lavozdegalicia.com/sociedad/2008/11/23/0003_7337418.htm
(texto engadido o día 24/ / 11/ / 08 )


En dez volumes reuniranse os temas máis coñecidos dos sons populares con guías culturais das comarcas

La Voz de Galicia inicia o próximo domingo 30 de novembro unha colección inédita ata agora en Galicia. Baixo o título de O son e a terra , dez libro-discos reunirán os douscentos temas máis coñecidos da música tradicional galega, que irán acompañados por unha completa guía que debuxará un percorrido xeográfico-cultural polas comarcas do país. Este ambicioso proxecto está patrocinado polo Banco de Sabadell.


Cada libro-disco incluirá un compacto con as dez cancións máis representativas da historia sonora de cada un dos espazos físicos que reflictan as 68 páxinas de cada volume, que se encargarán de contar os elementos culturais, sociais e naturais máis destacados de cada zona do país en cuestión. Este produto editorial irá profusamente ilustrado con decenas de fotografías.


A música, gravada por músicos especialistas na interpretación de pezas tradicionais, incluirá dez melodías, que estarán interpretadas en dúas versións diferentes: unha que respecta a forma histórica en que eran tocadas con instrumentos como a gaita, o tamboril e o bombo; e outra que se interpreta dunha forma máis evolucionada cos sons do acordeón, a frauta, o violín ou o bouzouki. Os temas gravados están extraídos dos grandes estudos musicolóxicos que contribuíron a fixar a historia sonora do país, como son o Cancionero musical de Galicia , de Casto Sampedro, e o Cancionero gallego , de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay. Nos dez cedés que forman O son e a terra tamén aparecen temas procedentes de séculos de saber popular, que foron recollidos de diversas fontes orais de todo o país.


Os sons incluídos nos discos ofrecen melodías tan coñecidas e definitorias da cultura galega como son as muiñeiras, foliadas e alboradas máis famosas da historia de Galicia.


«Muiñeira de Chantada»


Un exemplo é unha das pezas que aparecen no primeiro libro-disco, que será entregado xunto co periódico o domingo 30 de novembro por 5,95 euros, e que está dedicado ás terras da Ribeira Sacra, Valdeorras, Trives, Viana e Caldelas. Nese volume pódese atopar a celebérrima Muiñeira de Chantada . Sobre esta melodía, quizá a máis coñecida do corpus sonoro tradicional do país, realizáronse recentemente unhas investigacións que atribúen a súa creación á banda dos Ferraias, unha agrupación musical formada nas terras chantadinas en 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández. A peza sería pasada a partitura por primeira vez por Victoriano, fillo de Manuel. A mesma investigación, realizada polo colectivo Barcas do Minho, explica que os Ferraias estrearon en público a peza en 1916 nas festas da parroquia chantadina de Veiga. Para esa ocasión, os Ferraias contaron coa colaboración do grupo de gaitas máis famoso da historia de Galicia: os gaiteiros de Soutelo de Montes. A mítica banda que dirixía Avelino Cachafeiro colaborou na súa difusión coa gravación que fixo da Muiñeira de Chantada en 1928. Estas e outras historias son as que se poderán atopar na colección O son e a terra .


+ 4 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación do CD Son de Rianxo
http://www.barbantia.org/cont/index.php/2008/11/13/presentacion-do-cd-son-de-rianxo/
(texto engadido o día 13/ / 11/ / 08 )


O venres 14 de novembro ás 20.30 h.
no Colexio Público Brea Segade
de Taragoña, presentación do CD
Son de Rianxo, editado polo Museo
Castelao do propio centro público
e a Asociación Cultural Barbantia, co
patrocinio de varias entidades públicas.
No acto do venres participarán
o coordenador do proxecto
José Luís Dopico, os directivos de
Barbantia, Milagros Torrado e Adolfo
Muíños e Milagres Lantes,
Delegada Provincial da Consellaría
de Cultura e Deporte.

Na presentación haberá diferentes
actuacións musicais dalgúns dos
grupos de Rianxo participantes nesta
colectánea que recolle e
reinterpreta o repertorio de vellos
gaiteiros do Concello.

+ 6 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas
http://www.pai-musica.com/lang-es/component/content/article/18-proximos-lanzamentos/154-roi-cas
(texto engadido o día 11/ / 11/ / 08 )


Ver video, audio e fotos

+ 9 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero
http://www.vaamondelamaseromero.com/
(texto engadido o día 11/ / 11/ / 08 )


`Composición´ feita con fotografías de Paula Toral
e textos enviados por Falcatruada

+ 5 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro
http://www.milladoiro.com/index.html
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


(Pinchar en + páxinas relacionadas para máis información)

+ 7 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo
http://www.ouvirmos.com/ga/index.php?activo=2
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


Os tres últimos volumes dos Itinerarios Histórico-Musicais -Lugo,
Ourense e Vigo- serán presentados oficialmente nas súas respectivas
cidades o próximo mes de decembro.


Os actos de presentación, que contarán coa presenza do director xeral
de Turismo terán lugar o día 1 de decembro en Lugo, o día 11 en
Ourense e, por último, o día 18 na cidade de Vigo.


Estes tres libros-discos veñen a unirse aos outros catro itinerarios xa
editados por Ouvirmos: Pontevedra, Celanova, Rianxo e Mondoñedo,
todos eles dispoñíbeis na nosa web.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13412
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


AS OBRAS FAN PARTE DA COLECCIóN GALICIA EXTERIOR


A Galicia antillana: formación e destrución da identidade galega en
Cuba, 1899-1968" e mais Los "gallegos" en el imaginario argentino.
Literatura, sainete, prensa son os dous títulos da colección Galicia
Exterior que se presentaban esta mañá na sede do Consello da
Cultura Galega. A primeira destas obras, editadas pola Fundación
Barrié e mais polo propio Consello, céntrase nos procesos de creación
da identidade dos emigrados galegos en Cuba e adéntrase de xeito
pioneiro na relación dos nosos emigrantes coa revolución neste país.
O segundo volume, pola súa banda, fai unha análise da figura do
galego na literatura e en manifestacións culturais coma o teatro, a
zarzuela ou o humor gráfico en Arxentina no comezo do século XX.


+ 2 noticias relacionadas

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas
http://www.ouvirmos.com/ga/index.php?activo=2
(texto engadido o día 7/ / 11/ / 08 )


Ouvirmos e a productora Control Z organizan un casting co fin de
seleccionar artistas para un novo proxecto musical e multimedia
dirixido ao público xuvenil. Os mozos e mozas que queiran formar
parte desta aventura deberán cumprir os seguintes requisitos: ter
entre 18 e 25 anos e saber cantar e/ou bailar.Aquelas persoas que
teñan este perfil e desexen participar na selección, deberán enviar
antes do 14 de novembro un vídeo ─cunha duración non superior aos
dous minutos─ xunto aos seus dados persoais ao enderezo ftp:

Sevidor: ftp.ouvirmos.com
Usuario: videocasting
Contrasinal: video2008casting

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña
http://www.otabuleiro.es/
(texto engadido o día 4/ / 11/ / 08 )
O próximo Mércores dia 5 de Novembro ás 20,00h. terá lugar na Biblioteca de Estudios Locais (R/Durán Loriga) de A Coruña a presentación do libro "Miro Casabella e a nova canción galega"

A dita presentación asistirán o autor do libro (Xan Fraga), a concelleira de Cultura de A Coruña MªXosé Bravo, o proprio cantautor e o Director da Editorial Galaxia Victor Freixanes.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Isolma. CD e DVD de GS21
http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=507
(texto engadido o día 29/ / 10/ / 08 )


Visto en blogoteca.com/malmequer

GS21 é unha compañía galega de baile
e música que nace no 2005 da man dunha
serie de músicos e bailadores formados na
tradición galega pero cunha visión atemporal
e moderna da mesma. No seu espectáculo,
"Isolma", achegan infinidade de recursos
sacados da tradición aos que se lle aplican
novas lecturas intentando producir no
espectador sentimentos e emocións que
veñen do máis fondo da alma.

"Isolma" está dispoñible en CD e en DVD,
nunha gravación onde se recolle unha das
primeiras postas en escena desta compañía.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´
http://www.editorialgalaxia.es/actualidade/nova.php?id_noticia=753
(texto engadido o día 18/ / 10/ / 08 )


Volve Miro Casabella

Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a Nova Canción Galega. Xan Fraga escribe a súa biografía ("Miro Casabella e a Nova Canción Galega") e repasa un período importante e emocionante da nosa cultura contemporánea: dende os anos 60 para acá. Anos contra a ditadura de Franco e a prol da esperanza.

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro acontecemento, co auditorio cheo de xente e arredor de dúas horas e media de actuación. Na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, o escritor e historiador Xan Fraga propón unha viaxe pola biografía do músico galego e polos últimos anos do franquismo e os primeiros anos da democracia, sempre da man da crónica da canción galega.

Dende as primeiras grabacións en galego de Jacinta ou Luis Olivares, editadas por Edigsa/Galaxia, ás grabacións de Voces Ceibes (Edigsa/Xistral), o concerto de Raimon na residencia de estudantes de Santiago en 1967, a aparición do Movemento da Canción Popular, o nacemento da nova música folk, as colaboracións cos cantantes e a música portuguesa, a explosión do pop, etc., ata os nosos días, a crónica da música popular (e da "canción protesta", como se denominou durante algún tempo) é tamén a crónica dunha xeración.

Xan Fraga amosa, no libro dedicado a Miro Casabella, unha capacidade obxectiva para contextualizar os movementos sociais, artísticos e políticos. Nada se explica fóra do seu tempo. Manuel María, Alonso Montero, Lois Diéguez, Alfredo Conde, Xavier Alcalá... Os compoñentes todos de Voces Ceibes... Jose Afonso, Luis Cilia, Jose Mario Branco... Raimon, María del Mar Bonet, Pi de la Serra, Paco Ibáñez, Mikel Laboa...

Entre outros documentos, o libro desenterra un informe da policía política do franquismo, datado na Coruña en 1970, no que se fai un reconto miúdo da significación deste movemento cultural (Voces Ceibes e a Nova Canción Galega), con referencias concretas ás persoas máis directamente implicadas no mesmo. Tamén se inclúen, nun CD complementario, algunhas das grabacións máis significativas de Miro Casabella.

+ 1 noticia relacionada

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
(texto engadido o día 12/ / 10/ / 08 )



...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Xa está online A Grileira Nº10
http://www.agrileira.com/
(texto engadido o día 10/ / 10/ / 08 )


Revista de musicología y archivo histórico
de la Fundación Xeito Novo

Música gallega : Tradiciones del Siglo XXI.

Follas Novas:
- Certamen de poesía y narrativa corta Xeito Novo.
- Xeito Novo lanza su sello editorial.
- Ingreso a la Irreal Academia Española.

Dossier: Los discursos de la memoria histórica en España.

Escriben: Gustavo Fernandez, Facundo Reyna Muniain,
Pedro Ruiz Torres.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


GZ POP! na revista catalá ENDERROCK
http://aregueifa.blogspot.com/2008/10/gz-pop.html
(texto engadido o día 9/ / 10/ / 08 )




No número de novembro da revista catalá ENDERROCK vai sair un
amplo reportaxe sobre a nova escena galega. Xunto coa revista
sempre ven un CD, desta volta monográfico da nosa escena, unha
boa foto fixa do que se coce por estas terras.


(O CD ven con música de: Loretta Martin, The homens, Capitán Furilo,
Lamatumbá, Victor Aneiros, Nao, Som do Galpom, Dios Ke Te Crew,
Mencer Vermello, Zënzar, Ruxe-Ruxe, Galegoz, Safari Orquestra, O
Sonoro Maxín, Ataque Escampe, Narf, Projecto Mourente, e
Fanny + Alexander)

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos
http://www.casadetolos.com/diario/index.php/2008/09/30/presentado-o-libro-cd-dvd-de-cantos-en-c
(texto engadido o día 30/ / 9/ / 08 )


Xa está á venda o libro CD-DVD
“Contos en Cantos” de Almudena
Janeiro co editado por
PAI Música - OQO Editora e que foi
grabado e mesturado en Casa
de Tolos. Un libro CD-DVD ilustrado
que mestura contos, música e video
e que mestura distintos estilos
musicais como a música popular
portuguesa, bossa nova, sirtaki,
tango, rock&roll, soul, gospel e
mesmo cantos africanos. Todos eles
baixo o eixo comun o idioma galego
como nexo entre estas distintas culturas.
Os 13 temas do CD ofrecen amplas
posibilidades didacticas para facer
xogos, dramatizacións ou danzas
simples para nenos de infantil e
primaria.
Almudena Janeiro interpreta ao
son de gaitas, guitarras, percusión,
frauta, tambores,… Os distintos
graos de dificultade favorecen a
atención a discriminación auditiva
e a memoria en diferentes idades.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


PAI Música editará Cantos na Maré
http://www.pai-musica.com/
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 08 )


PAI Musica editará Cantos na Maré un CD que incluirá unha escolma dos concertos ao vivo feitos na praza da Ferraría e no Pazo da Cultura de Pontevedra dos anos 2004, 2005 e 2006. Nas 5 edicións xa feitas participaron artistas de Galicia, Portugal, Brasil, Angola, Guinea Viau, Cabo verde, Mozambique...

Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un evento internacional pioneiro que nace en Galiza como unha aposta musical singular: trazar un mapa común entre os diferentes territorios da lusofonía a base de ritmos, sons e melodías. O espectáculo caracterízase por ser un proxecto de aproximación de culturas e fomento da diversidade, que abre novas oportunidades de proxección á creación artística. Un dos eixes principais é o seu formato innovador, baseado na súa construción colectiva, onde artistas de diversas orixes conviven preparando un repertorio exclusivo que interpretan en conxunto. Este intercambio cultural activo é a base da filosofía do festival, resultando como valor engadido un produto musical exclusivo de altísima calidade artística.

Cantos na maré naceu coa intención de render unha homenaxe ao mar como lugar de encontro, como fonte de vida e de morte, de lendas e de tradicións. Naceu para celebrar o encontro de voces-sereas do Atlántico que contan, cantan e suman; as voces de poetas, letristas e escritor@s galeg@s, portugueses/as e brasileiros/as que están unidos polos sentementos e valores culturais deste fecundo universo galego-portugués.

Así, Cantos na maré significa unha ocasión para fundir e difundir o alalá, o fado, a morna, o samba, o forró e a marrabenta e destilar así un único sentir con perfumes moi variados de países como Brasil, Mozambique, Guiné Bissau, Cabo Verde e como non, de Galiza. Un paseo polos ambientes e polos ritmos destes fascinantes lugares imprimindo sempre un aire festivo e de intercambio, de afinidades que veñen dadas por este contacto atlántico e tamén pola lingua que nos une.

Supón tamén unha autoafirmación, unha necesidade de prenderse á terra, ás lendas que aínda están vivas, ás terras atlánticas máxicas e míticas, que se corresponden cunha certa e determinada visión do mundo, unha cosmovisión, que conteñen importantes elementos de comprensión das pautas culturais e psicolóxicas destas terras ricas en contrastes e moi atractivas aos ollos do mundo.

A banda base, formada por músicos dos países lusófonos, enriquecen a proposta musical con cavaquinho, percusión africana e instrumentos galegos máis universais.

Cada edición, os artistas ceden os seus dereitos a unha ONG.


...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Eclectica/Ensemble/saca/nuevo/disco/fusion/elpepiautgal/
(texto engadido o día 17/ / 9/ / 08 )

Producido por Ramom Pinheiro e Nacho Muñoz, o CD sae á venda co el selo Falcatruada nunha edición dobre (vinilo e cd) e limitada a 900 exemplares. Tódo-los temas están dispoñibels para descarga libre no portal web de Eclectica Esemble (www.eclecticaesemble.com)

Levan dez anos xogando a mezclar a música tradicional con calqueira tipo de linguaxe artístico. Froito delo nace un disco co que poñen o punto e a aparte a unha traxectoria sen plans de futuro coñecidos.
Ecléctica Ensemble naceu en 2004 no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín da man dun grupo de artistas formado por Ugía Pedreira, Ramom Pinheiro, Richard Rivera e Davide Salgado.

"Somos unha rede, un contexto para a improvisación artística a partir das formas da cultura tradicional", explicou onte Pinheiro durante a presentación do disco no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Co paso dos anos, ao lema fundacional Música pola supremacía estética uníronse artistas plásticos e audiovisuais, escritores e mais músicos de jazz ou electrónica, ate conformar unha reunión dunhas 30 persoas. Salgado apela a certo espírito romántico como motivación principal:
"Guíanos o interese colectivo e aproveitamos as sinerxias, pero facemos o que a cada un nos apetece, por eso o disco é un agasallo para nós mesmos".

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


Buscando poemas musicados (en galego )

Ola a todos!
Son Miguel Alonso, da Asociación musical MusicARTE. Xunto con Edicións do Cumio, estamos a argallar un cd con poemas musicados de diversos poetas galegos.
Se tendes temas dese tipo, enviádemos a contacto@miguelalonso.tk ou a miguel_alonso_fdez@hotmail.com . A calidade de grabación non é o máis importante.
Un saúdo!

miguel alonso


Noticia enviada por MusicARTE

4 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto
http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070222132642

Na presentación do quinto número da revista Cartafolk, unha revista que realiza monográficos sobre artistas folk e que, nesta ocasión se adicou ao grupo galego Berrogüetto, o seu director Óscar Losada, autor tamén do texto, comentou que xa tiña ganas de facer un número sobre un artista do país e salientou que Berrogüetto é un conxunto do que sentirse orgulloso dada a súa traxectoria e calidade. A banda acadou nesta década de vida un prestixio musical gañado a pulso co seu traballo "e non só a nivel galego, posto que Berrogüetto é recibido no estranxeiro con moito respecto e concita a atención dos medios especializados".

(jueves 22 de febrero de 2007)

XORNAL I Santiago.- En canto á estrutura da revista, o autor clarexou que nesta ocasión se espiu da roupaxe de crítico musical para se centrar en dar a palabra aos músicos. "Ao longo destes anos realicei varias entrevistas cos membros do grupo e ao revisalas decateime que as súas respostas daban unha boa medida do que opina a banda sobre a súa traxectoria, os seus temas e o negocio da música en xeral e decidín apostar por iso en troques de avaliar cada álbum da banda en formato de crítica. Iso fíxeno coa revista dos Capercaillie, pero cómpre pensar a visión que mellor se axusta a cada artista segundo o material do que se dispón".
Pola súa banda, Guadi Galego expresou que Berrogüetto naceu nun tempo fantástico, "onde a música galega se atopaba nun momento emerxente". A cantante considera que o gran éxito da banda "é poder vivir da música", e salientou que a clave da formación era a súa tímbrica, "que aporta un son propio, algo difícil de acadar".

Guillermo Fernández amosou o seu agradecemento a que existan proxectos como Cartafolk "porque os músicos atopamos moitas dificultades para difundir o noso traballo, polo que estas iniciativas son moi benvidas". O guitarrista do grupo dixo que na revista se recollen os momentos máis significativos da formación e que o autor do texto non amosa unha actitude complacente, "senón que opina con claridade sobre o que lle parece a nosa obra".

Finalmente, Losada lembrou que Milladoiro non foi a banda que inaugurou a revista porque naquel tempo saíra ao mercado unha biografía escrita por Xoan Manuel Estévez "e o que non tiña sentido era realizar dous traballos semellantes". Agora, pasados xa uns anos e con novas obras de Milladoiro no mercado, o director de Cartafolk marca o ano do trinta aniversario da mítica formación como un momento excelente para publicar o seu monográfico.

Tamén adiantou que este ano saíra á venda a revista adicada á banda ferrolá Ós Cempes, disolta recentemente.

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::


Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=5393647
«O quiquiriquí», grabado no estudio Casa de Tolos de Gondomar, presentouse onte en Vigo

No traballo participan artistas como Uxía ou o ex Siniestro Total, Miguel Costas



A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asociaronse para facer un documento audiovisual onde se reflexaran diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia, que foi bautizado como O quiquiriquí . O proxecto, iniciado a mediados do ano pasado, comezou a tomar forma no mes de setembro, cando se grabou no estudio Casa de Tolos, en Gondomar. En outubro fíxose a postprodución e o día 1 de decembro saíu á venta pensando, obviamente, nas súas posibilidades como producto destinado de consumo preferente nas datas navideñas.

Interese docente

Ademáis, o traballo ten un claro interese docente e está dirixido principalmente a alumnos do ensino primario, ainda que é apto para tódolos públicos.

presentouse en varias localidades galegas dende o seu lanzamento, e onte tocoulle o turno a Vigo. A presentación ao público do libro-disco-DVD O Quiquiriquí: Cantos para o Nadal , tivo lugar nos almacéns El Corte Inglés e tivo como protagonista ao regueifeiro Luis Caruncho, que xunto a outros artistas participantes no proxecto falaron dos contidos deste producto que quere difundir e poñer en valor a rica cultura tradicional galega relativa ao Nadal.

O libro, de 64 páxinas inclúe fotos e textos que documentan os diferentes movementos culturais e tradicionais do Nadal en Galicia, escritos por Mini, Mero e Carlos Rey, así como os datos relativos aos temas gravados. O CD componse de villancicos e cantos de reis, en total trece cancións tradicionais e de recente composición, interpretadas por músicos e artistas do actual panorama musical galego: Guadi Galego, Xaquín Xesteira, Uxía, Charanga O Fiadeiro, Ugía Pedreira, Pablo Carpintero, Pilocha, Mini, Mero, Miguel Costas, Alfonso Franco e moitos máis. O disco, ademáis ten unha pista interactiva con información imprimible (letras, partituras e documentación extra) e xogos instructivos musicais en versión flash . Pola súa banda, o DVD contén o making off , (tamén chamado Cómo se fixo ); un divertido documental no que un abó (papel que encarna o actor Paco Barreiro) embarca aos seus netos nunha apaixoante viaxe polo noso Nadal; e un vídeoclip promocional.

O proxecto realizado por Casa de Tolos, coeditouse coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e PAI-Música.

2 comentarios
:: Enlace a esta nova ::


Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929
http://www.lavozdegalicia.es/ed_ourense/noticia.jsp?CAT=115&TEXTO=5371313
A editora galega Ouvirmos foi a encargada de recompilar máis de vinte temas musicais

O traballo contén un libro que conta a historia da coral e mostra fotografías da época

(Firma: Cándida Andaluz | Lugar: ourense)


O Centro Cultural da Deputación é escenario ás 19.30 de hoxe da presentación ao público de parte da historia da cidade. Da man da editorial Ouvirmos editáronse un total de 12 gravacións realizadas por o entonces coro De Ruada -agora coral De Ruada- para a casa Regal en 1929.

Ramón Piñeiro, director artístico da editorial Ouvirmos, visitou onte a capital ourensana para presentar o traballo discográfico incluído na serie de recuperacións de gravacións históricas galegas encadradas na colección A tira colo . «É a primeira vez que facemos un traballo vinculado con esta provincia. O facemos co antes coro De Ruada que entendemos que son as gravacións máis importantes do pasado século vinculadas con esta terra e con Galicia», explicou Piñeiro.

A investigación foi realizada polo ourensán Javier Garbayo, profesor da Universidade de Santiago coa colaboración fundamental pola actual xunta directiva e socios de Coral de Ruada, de onde partiron as fotografías, os libros e o material fonográfico. «Eran discos de gramófono, de pasta, que a día de hoxe e con as carencias que temos en Galicia dun centro especializado de documentación musical, tivemos que facer un traballo moi lento e arduo. Levamos moitos anos para localizar disco a disco (cada uno solo ten dos temas)», explicou Ramón Piñeiro. Relatou que a música do coro era tan importante que acercou á Casa Regal de San Sebastián -a máis importante- ata Ourense para recoller as gravacións do coro. «Estes discos (os gravados en 1929) ademais de comercializarse en Galicia e España foron tamén obxectos de edicións en América. Falamos dunha difusión para música galega totalmente sorprendente inusitada», dixo.

Noticia enviada por nestor

...comentarios..
:: Enlace a esta nova ::



OUTRAS NOVAS

 


 






:: O Canto do Pobo ::



:: Berros do Castro: "Eirexado s/n". Música tradicional das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal ::



:: Entrevista a Liorna: “Na editora dixéronnos que o disco soaba a Liorna e iso é importante” ::



:: O 'galego campa' achegará a música en galego aos campamentos de verán ::



:: Novo proxecto de música tradicional contemporánea: Talabarte ::



:: Guí­a didáctica de instrumentos galegos « Ouvirmos ::



:: Quempallou presenta “Once Anos Mallando” ::



:: As cancións perdidas do pazo ::



:: Unha cáscara de noz convertida en barco ::


:: Berrogüetto filma unha actuación histórica ::



:: "Ven bailar Carmiña", primeiro single do novo disco de Luar Na Lubre, "SOLSTICIO" ::



:: Trasmundi pon son á nosa mitoloxía ::



:: Delorán. Primeiro Single do novo disco de Mercedes Peón: ...---... (S.O.S.) ::


:: Pancho Álvarez: Sólidos Galicianos ::


:: Cuarteto Caramuxo - Tiruriru ::


:: Lizgairo - Diacroní­as ::


:: ENGADO - Nova Galega de Danza (Música de Xosé Lois Romero) ::


:: Tiruleque ::


:: Susana Seivane - Os Soños que Volven ::



:: Noitarega, "XXI" novo disco ::



:: Foliada en Ponteareas o domingo 16-05-2010 ::



:: IX ROMARIA RAIGAME ::



:: Dous + Tres = Folkfusión ::



:: Entrevista a Berrogüetto en Galiciaé ::


:: "A nena e o grilo", un libro CD onde a música é un xogo ::



:: Outonalidades: inscrición para o 2010 ::



:: Furancho Matamafolk, Vigo ::



:: "Danza de Meirol", o single do novo disco de Berrogüetto ::



:: O goberno do PP retíralle o apoio ao ensino e difusión da música tradicional galega ::



:: A música de Pradolongo, nominada aos 'Hollywood Music in Media Awards' ::



:: Cuarteto Caramuxo presenta `Tiruriru´, o pracer de facer música ::



:: PAI Música presenta a súa aplicación para iPhone: iPAI ::



:: NOVOS CURSOS na Gentalha do Pichel ::


:: Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido” ::


:: Búscase profesor de gaita en Barcelona ::


:: Ben Falado ! ! ! ::



:: Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco ::


:: Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas ::



:: Proximas Presentacións de Caminantes de Finisterre ::



:: Rodrigo Romaní, director da e-Trad, invitado a dar unha conferencia no festival de Lorient ::



:: aCentral folque » regueifa.org, nova web ::



:: Roque Malasartes - Show de Lançamento do CD `A memoria das Naus´ ::



:: CONVOCADA A PREINSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO DO CURSO 2009-2010 ::



:: Na rúa o disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva ::



:: Caminantes de Finisterre - Folk Celta: Novo Disco ::


:: A «galecidade» do Brasil (segunda entrega) ::



:: Programación na Casa das Crechas en Xuño ::



:: `Benzón´ de Guadi Galego ::



:: Luar Na Lubre, Ao Vivo, en Ghastas Pista ::



:: Introterra, novo disco de Pepe Vaamonde ::



:: `O Berce das Palletas´ ::


:: Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip ::



:: Novo libro/DVD de Edicions do Cumio - Agustín Lorenzo Loroño. O Gaiteiro de Catoira ::



:: `Lume Forestal´ um adinato do novo de Cuchufellos ::



:: TRECE LÚAS XA Á VENDA ::



:: A Regueifa Blog: XURXO ROMANI - Escarnho e maldizer (2009) ::



:: Un libro indaga nas representacións dos galegos na Arxentina ::



:: Pepe Vaamonde Grupo busca as súas raíces autoeditando o seu terceiro disco ::



:: A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ ::


:: Luar na Lubre e Ismael Serrano homenaxean ao pobo palestino ::



:: O novo disco dos Carunchos xa está no forno. ::



:: Hoxe sae á venda o Cd/Dvd de Luar Na Lubre, `Ao Vivo´ ::


:: Camaxe - `Airexa´. Novo Disco en Ghastas Pista ::



:: `Post-Bravú´ será o novo trabalho de Machina ::



:: Novos discos discos de Galegoz e Som do Galpom ::



:: Xa está na rúa o número 12 de ETNO-FOLK, Revista Galega de Etnomusicoloxía ::



:: aCentral folque » O V Encontro coa Zanfona nun documental made in USA ::



:: Fundación Xeito Novo - ESCUELA DE CANTO Y BAILES TRADICIONALES DE GALICIA ::


:: `En Galego´, Novo Disco dos Carunchos ::



:: Sólidos Galicianos de Pancho Alvarez - Lanzamento dixital exclusivo de PAI Música ::



:: Lar Gallego (Chile): Inscripciones Clases ::



:: 30 anos da publicación do único álbum de N.H.U. ::


:: TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG ::



:: PROJECTO [`TREPIA] - Projecto [`trepia] (2009) ::



:: O Último Gaiteiro tradicional de Torres Vedras ::



:: A música tradicional de Ferrolterra en imaxes ::


:: NOISE PROJECT ESTREAN DOUS TEMAS DE ADIANTO DO SEU VINDEIRO DISCO ::


:: Novo disco en Ghastas Pista: GS21 - Isolma ::


:: Novo disco dos Milladoiro é o hino da euroregião ::


:: O Arquivo Nacional dixitalizará os fondos de Roxelio Groba ::



:: As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez ::



:: Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´ ::



:: `Os soños que volven´ - Novo disco de Susana Seivane ::



:: Kastomä: Novo disco en Nadal ::



:: SOM DO GALPOM EDITARÁ CON FALCATRUADA O SEU PRIMEIRO LP EN PRIMAVERA ::



:: Roi Casal presenta o seu debú en solitario - Lendas Douradas ::



:: Xa á venda `Vellas Artes´, o novo disco de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero ::



:: Dous libros analizan a identidade e a presenza galega en Arxentina e Cuba ::



:: Ouvirmos organiza un videocasting a través de internet para seleccionar artistas ::



:: Isolma. CD e DVD de GS21 ::



:: Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´ ::



:: Xa está na rúa o número 32 da `Revista Atenea´ ::



:: Xa está online A Grileira Nº10 ::



:: GZ POP! na revista catalá ENDERROCK ::



:: Presentado o libro CD-DVD de Cantos en Contos ::



:: PAI Música editará Cantos na Maré ::


:: Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión ::


:: Buscando poemas musicados (en galego ) ::


:: Xornal :Presentan no Clube de Prensa un número de Cartafolk adicado a Berrogüetto ::


:: Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia ::


:: Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929 ::


:: Presentación do libro `Miro Casabella e a nova canción galega´ en A Coruña ::



:: Presentación do CD Son de Rianxo ::



:: A Quinta das Lágrimas, o novo disco de Milladoiro, estará á venda a partir do 24 de novembro ::



:: La Voz lanza unha colección de libro-discos de música tradicional ::



:: Presentación de Itinerarios Histórico-Musicais en Lugo, Ourense e Vigo ::



:: Ouvirmos presenta o libro-disco `Itinerarios Histórico-Musicais. Ourense´ ::



:: A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar ::



:: Presentación do libro O vestido de onte ::



:: Novo disco de Luar Na Lubre `Ao vivo´ ::



:: Luar Na Lubre - Ao Vivo. CD+DVD á venda o 31 de Marzo ::



:: Labazada de estrea [CD e formazom] ::


:: `Seremos muitos, seremos alguem´ - JOSÉ AFONSO A VOZ DA LIBERDADE ::



:: A BANDA DAS CRECHAS GRABA O SEU DISCO AO VIVO ::



:: Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto ::



:: Presentación do libro-disco `O QUINTETO MONTERREY DE JOSÉ POSADA: NOS XARDÍNS DA TROPICAL´ ::



:: Libro-cd Os sons da Limia: Música tradicional ::



:: XEOMETRÍAS MÁXICAS DE GALICIA de Bieito Romero. ::



:: Presentación na e-Trad do volume Agustín Lorenzo Loroño. ::



:: Quince MAIOS sairá á rúa co xornal A NOSA TERRA ::



:: Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. ::



:: Festival con V de Valarés 2009 ::



:: Lanzamiento 2do disco de Leira do Son: `A Nosa Maneira´ ::



:: Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven» ::



:: Once máis 15, poemas musicados ::



:: Distribuiranse gratuitamente 14.000 exemplares das primeiras gravacions ourensanas ::



:: I Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra) ::



:: e-trad: Convocada a inscrición no Obradoiro de Danzas e Músicas do Mundo. Prorrogado prazo de inscrición ao 25 Nov. ::



:: XORNADA INTENSIVA DE ZANFONA CON ANXO PINTOS EN MONTERROSO ::



:: Programa completo de AchegArte ::



:: Así­ fan os bailadores... ::



:: PRESENTACIÓN DO DISCO DE FREIXO NAS PONTES ::



:: Presentación do libro "Os instrumentos musicais na tradición galega" ::



:: Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 ::



:: Arquivo das Daníças do Alentejo ::



:: PIPOTAZO MACEDA 2010 ::



:: 'Sós', tí­tulo do cuarto traballo de Mercedes Peón ::



:: PRE-LANZAMENTO DE ‘NA PUNTA DO PÉ’ ::



:: Concerto Presentación do novo disco de Pradairo: PATEADO ::



:: Aberto o prazo de inscrición dos CURSOS FOLK FERROLTERRA ::



:: O Grupo Doa presenta "A Fronda dos Cervos" ::



:: PRESENTACION DO 1º DISCO DOS VIQUEIRAS ::


 

 

OUTRAS NOVAS




 

Voltar á páxina principal