Comezamos coa programación da Foliada Nordestía da man do grupo De Ninghures. De Ninghures é unha agrupación de música tradicional conformada por xente nova comprometida coa música, baile e lingua galega, e chegan a San Ciprián o vindeiro 4 de abril para ofrecernos un concerto cheo de festa e diversión que de seguro desfrutaremos todos.
Cuarteto Tradicional Illa Pancha en Ribadeo Domingo 12 de xaneiro, ás 17:30h na Escola de Vilaselán Actuación dentro do programa “Músicas comunais nas parroquias” que organiza o Concello de Ribadeo.
V Curso de Música e Baile Tradicional de Ribadeo 18 e 19 de xaneiro na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo
Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano: O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!! MONTSERRAT RIVERA CRESPO Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante a(...)
Obradoiro de Pandeiro en A Coruña O sábado 25 de xaneiro, Noemi Basanta impartirá este curso que procurará desenvolver recursos técnicos e/ou resolver posibles problemas de execución que presente o alumnado. A finalidade é fomentar a autonomía e mellorar o xeito de tocar. Ofreceranse directrices transversais que estarán ao servizo do repertorio tradicional mais colocando en primeiro plano, por enriba das peculiaridades de cada zona, a destreza e a eficacia co instrumento. O prazo para inscribirse está aberto ata o vindeiro 22(...)
As cantareiras da Escola de Música Tradicional do Pereiro de Aguiar, "Sómosche d'herbas", teñen o pracer de convidarvos ao concerto que ofrecerán o vindeiro día 4 de Xaneiro no centro de día dos Gozos as 18:00. A entrada será de valde. Non faltedes!!!
O sábado 7 de decembro ás 22:00 horas e cunha entrada de 5€ concerto de Zoelas no Var con Uve, presentando "Evelaités" dentro da RGMV. Reserva de entradas no 986 31 09 91 Dende Antas de Ulla e como mulleres do rural modernas, vivas, emprendedoras, creativas e soñadoras que son, afoutas netas, fillas e nais de esas mulleres que labraron e labrarán os regos dun mundo cheo de contradiccións, Z...OELAS ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de r(...)
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Compostela Domingo 29 de decembro ás 19:30h na Sala Capitol O tradicional concerto de fin de ano. Esta vez acompañad@s polas Cantareiras de Cantigas e Frores (Lugo)
Sábado 14 de decembro ás 18h no Auditorio De Rianxo Festival de música e baile tradicional organizado pola asociación Vai de Roda.
Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto 5 de decembro ás 20:30h Auditorio Municipal de Celanova (Ourense) 14 de decembro ás 21h Auditorio Municipal de Burela 2 de febreiro ás 20h Sala Capitol de Compostela O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a trav(...)