(Ultima actualizaci??20-11-2013)

Xornada:A música tradicional hoxe (Compostela)

- concertos-

XOVES 21 DE NOVEMBRO DE 2013

Esta xornada está pensada para facer unha análise da situación da música tradicional no mo-mento actual, unha vez perdido xa totalmente o seu carácter funcional e sopesar os riscos aos que está sometida, debido fundamentalmente á vaga globalizadora que nos invade. Así­ mesmo, estudar posibles actuacións na difusión, ensino e posta en valor de toda a riqueza cultural que representa a nosa música popular para mostrala ás novas xeracións.

PROGRAMA

16:45 h(...)

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

A Tradescola organiza unha nova xornada didáctica de música tradicional na Pobra do Brollón

- concertos-

A Tradescola está a preparar unha nova xornada didáctica de música tradicional aberta para todo o público na Pobra do Brollón. O vindeiro día 25 de Maio ás 11.30 horas, terá lugar un concerto didáctico de música tradicional na Casa da Cultura desta vila. O concerto estará impartido polo mestre da Tradescola Luis Correa “O Caruncho”.

Coa realización destas xornadas, a Tradescola pretende achegar, potenciar e difundir entre a poboación a nosa música tradicional, axudar a que se coñezan os nosos(...)

(Ultima actualizaci??07-03-2013)

XVIII Xantar Gaiteiro en Melide

-

Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro . Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´ 96 de Melide ( A Coruña) .

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar(...)

(Ultima actualizaci??18-12-2012)

O Nadal chega á Tradescola!! (Lugo)

- Tradescola- Nadal- Pablo Díaz-

O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!!

O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola).

-Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias.

-Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos(...)

(Ultima actualizaci??24-04-2012)

Concerto-Presentación do CD de Agustí­n Sánchez “Pezas de aquí­ e acolᔝ na Tradescola (Lugo)

- concertos- Tradescola-

O vindeiro mércores 25 de Abril, ás 21.00 horas, terá lugar o concerto – presentación do novo disco de Agustín Sánchez “PEZAS DE AQUÍ E ACOLÁ” na TRADESCOLA, ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 – Lugo)

“Pezas de aquí e acolᔠé o título do primeiro traballo discográfico de Agustín Sánchez dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, no que se recolle unha selección das súas composicións e arranxos para esta formación. Partindo sempre da tradición do seu lugar de orixe, Galiza, Agustín (...)

X aniversario VARACUNCAS en Santa Baia (Rodeiro)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-04-2012)

- concertos- Asociación Fiadeira-

21 de Abril en Santa Baia (Rodeiro)

Este ano o grupo de música tradicional Os Varacuncas celebramos o noso X aniversario.

Con motivo de esta celebración queremos convidarvos a unha noite de festa e boa música para agradecervos a todos/as o voso apoio durante estes últimos dez anos.

Horario:

- 21:30: Comenzo da festa.

- 22:00: Actuación do grupo de teatro Os Kamabariteiros.

- 22:45: Serán:

Os grupos que xa están confirmados son:

- Os Arandos (Rodeiro).

- Piconas d'o Irixo (...)

(Ultima actualizaci??08-03-2012)

Xornada de Palletas e Pallóns na Tradescola

- concertos- Tradescola-

O vindeiro día 10 de marzo terá lugar na Tradescola un curso de confección de palletas e pallóns a cargo do artesán Jaime Pena. Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, os alumnos poderán adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, como colocalos nun (...)

(Ultima actualizaci??18-09-2011)

Obradoiros e mostra de canto e baile tradicional en Monforte

- concertos- Amigos da Pandeireta- Tradescola-

Domingo, 25 de setembro 2011

no local da A.C. Amigos da Pandeireta, rúa Rosalía de Castro, Monforte de Lemos:

Obradoiros e Mostra de canto e baile tradicional impartidos por profesores da Tradescola.

11:00 a 13:00 Baile tradicional e creación, impartido por Xabier Iglesias.

16:00 a 18:00 Técnica vocal para o canto tradicional galego, impartido por Begoña Lorenzo.

18:00 a 19:30 Baile tradicional agarrado, impartido por Xabier Iglesias.

Para finalizar, a Mostra, actividade lúdica (...)

(Ultima actualizaci??21-06-2011)

Fin de curso na TRADESCOLA

- concertos-

O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á q(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2011)

A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

- concertos- Tradescola-

A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos au(...)