(Ultima actualizaci??30-07-2014)

Narf Trío e o Rock tuareg de Tinariwen (Malí) na Praza da Quintana

- concertos-

30 de xullo, Praza da Quintana, entrada gratuíta

22.00 h: Narf Trío (Compostela)

23.00: Tinariwen (Malí)

O mércores 30 de xullo a partir das 23 horas actúa na Praza da Quintana Tinariwen, chegados desde Malí e nacidos das rebelións tuaregs de finais dos anos 70 para converterse nunha revelación internacional. Tanto é así que en 2011 gañaron o Premio Grammy ao mellor álbum de World Music co seu traballo “Tassili”, que supón un regreso ás raíces nómades do pobo tuareg, coas guitarras evoc(...)

(Ultima actualizaci??19-07-2014)

I Romaría de Ames Novo

- concertos- festivais-

Xornada lúdica, orientada tanto ao público adulto como ao familiar, con xogos música, debate, actividades... Evento político entendico como espazo de encontro de cara á construción dunha candidatura aberta e inclusiva da cidadanía amesá, que canalice as ansias transformadoras da institución municipal.

PROGRAMA

13:00 Acto Político. Intervención de Pilar Candocia e dos representantes das organizacións políticas (AGE en Europa, Anova, Compromiso x Galicia, Espazo Ecosocialista, Equo e Esquerda(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2014)

Mil Festas Máis para a Lingua Galega, 20 de Xuño en Vilagarcía

- concertos-

Venres, 20 de Xuño ás 20:30

Avda. Mariña, s/n-Vilagarcia

O grupo TREIXADURA, arredor do que xira este ano a campaña das MIL FESTAS MÁIS PARA A LINGUA GALEGA, representa a exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclóre, despois de 25 anos de existencia e traballo a prol da recuperación da música tradicional galega. Velaí porque o próximo día 26 de xuño, en colaboración co concello de Vilagarcia de Arousa e a Secretaría Xeral de Política, levaremos a cabo a presentación da camp(...)

(Ultima actualizaci??16-05-2014)

Festa da Lingua en Carballo

- concertos-

Festa da Lingua coa música festeira de OS TRES TREBÓNS (Xurxo Souto, Antón Díaz, Fran Amil...), o hip hop de GARCÍA Mc (do colectivo Dios ke te Crew), a lectura do manifesto da mocidade "Polo futuro da nosa lingua" (Cristina Fuentes, Andrea Loureiro e Sabela Lista) e a entrega do X Premio a artigos xornalísticos normalizadores a José Casás.

VENRES 16 DE MAIO

21.00 h

PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

ENTRADA LIBRE E DE BALDE

(Ultima actualizaci??28-03-2014)

Narf Trío en Ribadeo

- concertos-

O próximo sábado, día 29 de marzo, ás 20:30, NARF TRÍO ofrecerá un concerto no Teatro Hernán Naval de Ribadeo presentando o novo disco/libro "Nas Tardes Escuras", con textos de Rosalía de Castro.

O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez "Ho Chi Ming" no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

Entradas a 3 e 5 €.

A non perder!!

(Ultima actualizaci??14-03-2014)

Homenagem a Luísa Villalta e Diaz Castro: Recital de poesia e música

- concertos-

Isabel Rei Samartim - A Equipa de Dinamização da Língua Galega (EDLG) do Conservatório Profissional de Compostela organiza um recital de poesia e música em homenagem à poeta e música galega Luísa Villalta e José Maria Diaz Castro. O ato terá lugar às 19h da sexta-feira, dia 14 de março, no auditório do centro.

Quando se cumprem os dez anos da prematura morte da violinista e poeta Luísa Villalta Gomez (1957-2004), o conservatório homenageia à que tem sido uma das nossas melhores poetas. Mem(...)

(Ultima actualizaci??07-03-2014)

Talabarte no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Venres 7 de Marzo

Talabarte | Música tradicional contemporánea

Quim Farinha: violín; Pedro Pascual: acordeón diatónico; Kin García: contrabaixo

Un novo concepto de formación en Galicia, estritamente acústico e baseado na música tradicional... Xuntos, propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e de outras latitudes. O repertorio complétase con composicións propias. Todo isto aliñado con distintos enfoques estéticos que van desde a linguaxe do jazz, pasando polo tango, ata(...)

(Ultima actualizaci??29-11-2013)

Culturgal 2013 (Pontevedra)

- concertos- 2naFronteira-

Venres 29 de novembro

19.30. Mónica de Nut.

20h. Camarada Nimoy.

20h. Bravú XX.

(Con Xurxo Souto de mestre de cerimonias o acto será un avance do que vai ser o proxecto Bravú XX.)

22.30h. Concerto Zënzar. Sala Karma

Sábado 30 novembro

12.30h. Presentación Cantos na Maré.

12.30h. Bolboreta. Lydia Botana

12.45h. O pan de millo. Migallas Teatro.

13h. Presentación libro-disco Corasons

(Kalandraka)

13.30h. Presentación libro-disco Caxade.

13.30h Davide Salvado.

(...)

(Ultima actualizaci??22-11-2013)

II Festival da lusofonia «Estou Lá» en Ourense

- concertos-

Ourense, sexta-feira, 22 de novembro

19h00 na Vento do Sul

- Lançamento do poemário 22 poemas, uma confisão e um esclarecimento de Mário Herrero

- Recital poético com Belem de Andrade e Concha Rousia

23h00 no Faíscas

- Concerto de Rui Davide (PT) e Xoán Curiel (Gz)

Organiza Pró-AGLP e AGAL

Colabora: Concelharia de Cultura de Ourense

Estamos lá, na in-consciência coletiva que nos une, nas canções de embalar que nos arrastam até praias quentinhas e acolhedoras, nas vozes das nossas(...)

Najla Shami presenta "Na lingua que eu falo" en Foz

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-10-2013)

- concertos-

7 de novembro na Librería Bahía

(Ultima actualizaci??30-10-2013)

Najla Shami en Ribadeo

- concertos- acentral folque-

Neste domingo 3 de novembro Najla Shami actuará en Ribadeo acompañada por Sérgio Tannus apresentando algún tema de Na lingua que eu falo. O concerto pertence ao ciclo "Músicas Posíbeis" que organizan aCentral Folque. Ás 19 horas no Teatro Cine.

Esta fin de semana a Concellaría de Cultura de Ribadeo segue coa súa programación do ciclo das Músicas Posíbeis, "unha aposta a favor da música de calidade, galega ou estranxeira, co denominador común de seren propostas pouco doadas de escoitar no(...)

(Ultima actualizaci??23-10-2013)

Leilí­a: vinte e catro anos de camiño para unir pasado e presente - Homenaxe e actuación en Compostela

- concertos-

A cita está marcada no calendario. Leilía estará coas súas cantigas o vindeiro xoves, día 24, no Palacio de Congresos na XXIV Gala Gallegos del Año.

Foron pioneiras na recuperación do esquecemento da nosa tradición oral. A finais dos oitenta, Leilía, aquel grupo de seis mulleres iniciaban unha andaina baseada na posta en valor das pandeiretas e voces, máis alá dun simple acompañamento á música de baile. Despois de cinco traballos discográficos recoñecendo a creatividade da muller galega, lev(...)

(Ultima actualizaci??19-10-2013)

Festival de Bandas de Línguas Ameaçadas na Cámara Municipal de Alcanena (Portugal)

- concertos-

18 e 19 de outubro

Local: Fábrica de Cultura, Minde

O Festival de Bandas de Línguas Ameaçadas é uma das atividades do evento internacional ELE 2013 (Endangered Languages in Europe 2013) que o CIDLeS - Centro Interdisciplinar de Documentação Linguística e Social irá realizar entre 17 e 19 de outubro.

Organizado em parceria com a Casa do Povo de Minde, o Festival contará com a presença de 6 bandas, oriundas de diferentes países europeus, nomeadamente da Espanha (Galiza e País Basco), Portug(...)

(Ultima actualizaci??12-10-2013)

I FESTIVAL POLA RESISTENCIA - 12 de Outubro no Torreiro da Festa (Vigo)

- concertos-

Son tempos duros, tempos de loita para a clase traballadora. O Estado Espanhol tenta anularnos como pobo, a través do silenzo, da represión, da dispersión, a través da anulación da nosa lingua, da nosa cultura, ... O patriarcado tenta anularnos como mulleres, quere facernos prisioneiras, mandar no noso corpo, e no noso corpo mandamos nos ... O capitalismo arrasa os nosos dereitos como Clase Traballadora, salarios ínfimos,traballos sen contrato ... e é por iso que nestes tempos temos e debemos qu(...)

(Ultima actualizaci??11-10-2013)

VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, a celebrar en Lugo o 9 de novembro

- concertos-

A VI Xornada de Literatura de Tradición Oral: Historias, mitos e monstros do mar de Galicia, que terá lugar o sábado 9 de novembro, é convocada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega, en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo.

Aberto o prazo de inscrición (até o 6 de novembro):

- O profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario que teñan interese no tí­tulo da Consell(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2013)

Nova Galega de Danza celebra o seu 10 Aniversario con un novo espectáculo

- concertos-

SETEMBRO

Setembro 27 y 28 Teatro Rosalía de Castro, A Coruña

OCTUBRO

Octubro 15 Teatro Principal, Santiago de Compostela

Octubro 26 Auditorio Municipal Mera ( Oleiros )

NOVEMBRO

Novembro 2 Auditorio Municipal de Vilagarcía

Novembro 16 e 17 Real Coliseo Carlos III de San Lorenzo do Escorial ( Festival Madrid en Danza )

DECEMBRO

Decembro 14 Auditorio Municipal de Narón

Decembro 21 Teatro Principal, Ourense

(Ultima actualizaci??21-09-2013)

BASES I CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES “CASTAÑAZO ROCK” - Chantada (Lugo)

- concertos-

Tes unha banda musical que está dando os seus primeiros pasos no mundo da música e queres formar parte do cartel do CASTAÑAZO ROCK 2013 o 2 de Novembro en Chantada (Lugo)compartindo escenario coas bandas Lendakaris Muertos, Nao, Che Sudaka, Dakidarria e Bongo Botrako?

Esta é a tua oportunidade de facelo, os pasos a seguir son moi sinxelos:

Escribe un e-mail a castanhazorock@hotmail.com ata o xoves&(...)

(Ultima actualizaci??19-09-2013)

Festival Sons Tránsitos (10, 11 e 12 de Outubro no Teatro Principal de Compostela)

- concertos-

xoves 10 de outubro - 20.30h

AMESMALÚA

ELISEO PARRA

venres 11 de outubro - 20.30h

PEDRO PASTOR

CHICO CÉSAR

sábado 12 de outubro - 20.30h

LA MUSGAÑA

PENTALFA

ACETRE

TRÁNSITOS, festival da mobilidade e da diversidade cultural, iniciou a súa andadura no Auditorio de Tenerife hai agora sete anos, sendo un Festival que en pouco tempo conseguiu transcender as fronteiras do arquipélago pola súa orixinalidade na posta en marcha e pola aposta arriscada da súa programación, mantendo co(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2013)

6ª Xornada de "Campas e Campaneiros" - 21 de Setembro en Oia

- concertos- Chichisos- Campás e Campaneiros-

6ª XORNADA DE CAMPAS E CAMPANEIROS

PATRIMONIO SONORO E LINGUAXE TRADICIONAL

- 11.30 Visita á igrexa monacal de Santa María de Oia,

guiada por membros da Asociación Cultural Amigos

do Mosteiro de Oia.

- 12.30 Presentación do libro “As Campás Galegas.

Fundicións” de Celso García Alonso, na Oficina de

Turismo do Concello.

- 14.00 Xantar.

- 16.30 Comezo da demostración dos toques das

campás por JESUSA CRESPO DOMINGUEZ

(CAMPANEIRA) E RORY VICENTE DORADO

CARMODY (EX SACRISTÁN E C(...)

(Ultima actualizaci??27-08-2013)

Lugo: Segundo Obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritoras e Escritores da AELG, do 24 de setembro ao 17 de decembro

- concertos-

Está aberto o prazo para solicitar unha das 25 prazas do segundo obradoiro de Narración Oral da Escola de Escritores/as da AELG, que se adxudicarán por orde de solicitude, con preferencia ás persoas participantes no primeiro obradoiro, celebrado o ano pasado.

O obradoiro, financiado pola Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, é gratuíto, e será impartido polos escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo. A última das sesións será unha clase maxistral (...)

(Ultima actualizaci??23-08-2013)

XIII Festival da Terra e Da Lingua da Fundaçom Artábria (Narom)

- concertos- aPenultima- Artabria-

13 e 14 de Setembro no Passeio Marítimo de Júvia (Narom).

O sábado 14 a partires das 22:30h

Ulträqäns

Zënzar

Sacha na Horta

Colhom de Lola

(Ultima actualizaci??15-08-2013)

24 FRAMES (jazz/Madrid) xoves 15 as 22h 5€

- concertos- aPenultima- labranza-

24 frames presenta 24 frames, seu primeiro album.

Onde e posible atopar un pensamento musical libre, musica contemporanea con  linguaxe cinematografica.

24 frames imaxina unha banda sonora  diferente en cada unha das suas actuacions, buscando conexions entre extructuras musicais e historias  cinematograficas.

seus compoñentes son:

Tomás Esteras: piano, Rhodes y guitarra.

Ví­ctor Montesino: contrabajo.

Luis Erades: alto y saxo tenor, clarinete.

Fernando Alandes: tambores.

(Ultima actualizaci??26-05-2013)

Homenaxe a Fito (A Roda) en Redondela

- concertos- A Roda- Treixadura-

O vindeiro martes día 28 de maio ás 20:00h terá lugar no multiusos de Redondela unha presentación do vídeo realizado pola plataforma galeguizargaliza adicado a Fito.

O evento contará coa actuación de Treixadura e algúns membros de A Roda.

Ver video

(Ultima actualizaci??24-05-2013)

Festa pola Lingua: en galego, sen Wert-goña! - No Club Clavicembalo (Lugo)

- concertos- Ulträqäns- aPenultima- Clavicembalo-

Venres 24 de Maio a partires das 23h

Monólogo de Anxo Manoel:

Animaliños. Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Actuación de:

Ultraqäns

Entrada: 5 euros (3 euros socios/as de Cultura do País)

Organizan:

A.C. Cultura do País

Liga Estudantil Galega

(Ultima actualizaci??20-05-2013)

Uxía Senlle na Escola Oficial de Idiomas de Compostela: MARTES 21, 20 HS

- concertos- Uxía Senlle- Sergio Tannus- Paulo Silva- Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela-

Concerto de Uxía Senlle "a voz do Atlántico" acompañada dos "brasilegos" Sergio Tannus e Paulo Silva. Uxía concibe escribindo palabras e músicas que saen do máis profundo e íntimo do ser, da alma. É unha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal. MARTES 21 de maio ás 20:00 no Salón de actos da EOI.

Como chegares? Pica sobre a seguinte ligazón: goo.gl/maps/fyo6d

(Ultima actualizaci??13-05-2013)

CANCELADO - O Bule-Bule. Concertos na véspera do Día das Letras na Sala Capitol (Compostela)

- concertos- Ruxe-Ruxe- Os da Ría- Banda Crebinsky-

O xoves 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celebrarase un concerto por todo o alto na Sala Capitol de Santiago de Compostela, con motivo da festividade da lingua.

O cartel estará formado por tres bandas galegas: Ruxe-Ruxe, Os da Ría e Banda Crebinsky, as tres con estilos inconfundibles e que ademais que se caracterizan pola calidade das súas propostas e o compromiso con Galicia.

A noite será unha auténtica festa, apta para todos os públicos, no que a boa música, o espírito trans(...)

(Ultima actualizaci??11-05-2013)

I Foliada Festa da Lingua (Marí­n)

- Festa-

1 comentario

(Ultima actualizaci??06-05-2013)

III Português Perto. Aquelas Nossas Músicas - Ourense

- concertos- Clave de Fado-

De 7 a 10 de maio decorre em Ourense «III Português Perto. Aquelas Nossas Músicas», uma viagem pela língua portuguesa e a sua música, uma nova maneira para descobrir a Galiza através do Brasil, Angola, Portugal…

A seguir, reproduzimos o programa:

Terça-feira, 7 de maio

20h00- Conta-contos - Quico Cadaval (Galiza). Sala Emilia Pardo Bazán do edifício de Faculdades.

Quarta-feira, 8 de maio

18h00, 20h00, 23h00- Filme “Tabu” de Miguel Gomes (Portugal). Cineclube Padre Feijoo no (...)

(Ultima actualizaci??03-05-2013)

Maio 2013 nas Crechas

- concertos- Banda Baile Asalto- Som do Galpom- Radio Cos- Sérgio Tannus- Crechas- aPenultima- Crechas-

Xoves día 2

CELINA DA PIEDADE

de 18h30 a 20h30

Obradoiro de Canto Tradicional Alentejano

[inscripcións en aitanacrechas@gmail.com curso 8€ / curso + concerto 15€]

ás 22h30 concerto (8€)

Ten compartido palcos con Rodrigo Leão ou Mayra Andrade, levando o seu acordeón ate os mais diferentes contextos. E agora, Celina da Piedade estréase a solo, con “Em Casa”, un disco cheo de sorpresas. Nalgún lugar entre as formas e as cores tradicionais, com viaxes polas danzas portuguesas e un sen(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2013)

Uxí­a e João Afonso no Café Cultural Aureinse

- concertos- Uxía Senlle- aPenultima- auriense-

Este venres, 3 de Maio ás 21h30 na Sala Auriense de Ourense,

Uxía e João Afonso reunirémonos para falar e cantar.

'De Lés a Lés' é unha charla distendida, cantos e palabras para celebrar que á música lle corresponde comunicar a emoción -e o pensamento- deses lugares próximos (Galiza e Portugal), das cancións que están no ar e que son de tod@s.

Cantar é unha forma de ofrecer a alma, de coñecermonos. Lembraremos tamén os cantos que nos foron aproximando dende que nos vimos pela primeira vez, o(...)

(Ultima actualizaci??04-03-2013)

Coetus (Orquestra de Percusión Ibérica + Eliseo Parra). Mércores 13 de Marzo en Compostela

- concertos-

Aleix Tobias, percusionista catalán, viaxou a dististos lugares do mundo na procura de novas linguaxes e técnicas de tambores. Ademáis, tocou con Eliseo Parra durante dez anos, e aprendeu con el as maravillas da música popular ibérica. Xuntando estas experiencias, decidiu reunir a doce percusionistas e crear unha orquestra de percusión.

En efecto, na Península Ibérica hai unha serie de instrumentos de percusión, en grande parte descoñecidos, que ao longo da historia serviron para acompañ(...)

(Ultima actualizaci??01-03-2013)

Obradoiro de Danzas do Mundo no SalaSon (Cangas)

- concertos- Salasón- aPenultima- salason-

Neste obradoiro preténdese realizar un achegamento ás distintas culturas do mundo a través da súa linguaxe máis universal, a danza, utilizándoa como medio de comunicación e expresión. Aprenderanse danzas colectivas de diferentes países facilitando a integración e fomentando o respecto e a tolerancia cara a diversidade cultural.

HORARIO: de 11:00 a 14:00, e de 16:30 a 18:30

PREZO: 12€

MESTRA: Beatriz Díaz

CONCERTO-BAILE

E pola tarde, ás 20:00, baile-concerto con “Son Bretoned”, formado po(...)

(Ultima actualizaci??13-02-2013)

Ciclo Lubicán 2013 (Lugo)

- concertos- Rodrigo Romaní- Os Minhotos- Narf- María Xosé Silvar (Sés)-

21 de febreiro

Casa do Saber, 20:30 h

Rodrigo Romaní

Presentando o disco As Arpas de Breogán

14 de marzo

Auditorio Gustavo Freire, 20:30 h

Os Minhotos

Concerto de presentación do CD Pinga D´Auga

4 de abril

Casa do Saber, 20:30 h

Fran Pérez [NARF]

con Marcos Teira

Presenta Cancións da Lingua Viaxeira

23 de maio

Casa do Saber, 20:30 h

María Xosé Silvar, “Sés”

Presentando o seu novo traballo: CO XENIO DESTROZADO

13 de xuño

Auditorio Facultade de Veterinaria, 20:30 h

Brist(...)

(Ultima actualizaci??08-02-2013)

ALBORADA PARA ROSALíA DE CASTRO

-

Prezad@s amig@s:

Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro.

Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única.

Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada p(...)

(Ultima actualizaci??23-11-2012)

Concerto-presentación: “Manüele de pandeireta e canto tradicional vol. 1″ (2ª edición)

- concertos- Manüele de pandeireta-

Venres 23 de Novembro ás 21:30

A Casa de Ana (Travesía da Ruibal, 15, Pontevedra)

Xandre Outeiro, da man de Ediciones Intermitentes, presenta a segunda tirada do "Manüele de pandeireta e canto tradicional", unha edición revisada e ampliada dun volume didáctico pioneiro que viu a luz por primeira vez no abril pasado e que está a ter unha demanda cada vez maior.

Desta volta, ademais de toda necesaria explicación sobre o libro e o soporte a el vencellado, o autor e músico ofrecerá unha int(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2012)

Datas e lugares das presentación do Método Infantil de Gaita Galega "SON DO FOL"

- concertos-

A AGG, infórmavos das vindeiras datas da presentación da súa última publicación, "Son do Fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.

“Son do Fol” será presentado en:

Santiago de Compostela:

Mércores 24 de Outubro no Consello da Cultura Galega - Auditorio. 19.00 horas.

Vigo:

Martes 6 de Novembro no Conservatorio Profesional de Música - Biblioteca. 20.00 horas.

P(...)

(Ultima actualizaci??04-10-2012)

Festival Leverelem...das artes da fala (Pontevedra)

- concertos- aCentral Folque-

O primeiro festival do mundo adicado ás artes da fala, á oralidade como medio artístico e de expresión, sen fronteiras estilísticas, sobre a tradición oral, a poesía, a comunicación, o teatro, a canción, o conto, a retórica, a expresión vocal, a regueifa, o cabaret, con música, radio, humor, verso, verbo, improvisación, mensaxe subliminal e lingua.

Leverelem..das artes da fala Son dúas noites de espectáculos senlleiros na cidade de Pontevedra para reflexionar ludicamente sobre a lingua e (...)

(Ultima actualizaci??04-10-2012)

XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo)

- concertos- San Froilán- Alvariza- Viqueiras- Terribles de Donas- Chichisos- Xarín- Ruote- Brincadeira-

O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.

A mostra contará cun total de 16 formació(...)

(Ultima actualizaci??16-09-2012)

Xornada de Campás e Campaneiros

- concertos- Campás e Campaneiros-

22 de Setembro na Igrexa Parroquial de Santa María de Lamas, Boqueixón - A Coruña

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distinto(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2012)

Presentación do novo traballo de Uxía, homenaxe a Manuel María, no teatro Colón

- concertos- Uxía Senlle-

Xoves 13 de Setembro ás 20h30 no Teatro Colón de A Coruña.

Presentación do novo traballo de Uxía Senlle, ANDANDO A TERRA, un percorrido pola obra do Poeta da Terra Chá. Melodías de Uxía, Sergio Tannus , e algunha adaptación de clásicos da música galega como O CARRO:

Uxía estará acompañada por:

Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquinho, viola caipira e percusión

Serginho Sales: PIano e acordeón

Paulo Silva: Percusión

TEXTO DE UXÍA-

PRESENTACIÓN CD ANDAND A TERRA.

UXÍA CANTA A MANUEL MARÍA(...)