(Ultima actualizaci??17-06-2009)

Carta aberta aos organizadores do festival de Ortigueira e ás xentes da vila de Ortigueira

- festival- Ortigueira-

Co galo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade p(...)

1 comentario

A `Tradicción´ sen trampas de Nova Galega de Danza

- concertos- Nova Galega de Danza- Tradicción-

"Achegarnos máis á raíz foi un reto", di Pedro Lamas

Ó. IGLESIAS

O camiño da Nova Galega de Danza (NGD), inédito en Galicia na súa mestura de tradición e danza contemporánea, segue producindo. O seu terceiro proxecto, Tradicción, presentado hai agora nove meses no Teatro Rosalía, sae en disco o vindeiro 16 de xuño. "Comercialmente, a vida dun espectáculo son dous anos e medio como moito, así que aínda estamos na xestación", di Pedro Lamas, compositor e director musical da Nova Galega.(...)