(Ultima actualizaci??13-02-2019)

I Festival Celtic Madrid

- concertos- festivais-

Venres 15 e sábado 16 de febreiro a partires das 20h en El Invernadero (Las Ventas)

Venres 15

MILLADOIRO

LA MUSGAÑA

XOSÉ LIZ

Sábado 16

CAPERCAILLIE

ANXO LORENZO

CASTROVERDE

Festival de Inverno da AC Airiños dos Carrís (O Castro. Cerdido)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2019)

- Festa-

Boaaas!!

Levábamos tempo caladiños🤐🤐 verdade?? Pois este era o motivo...cando non falamos algo tramamos!! 🎉🎉🎊🎊

Esperámosvos a todos o próximo 10 de febreiro no Castro (Cerdido) para disfrutar de todos estes grupos🎵🎶🎤🎼 e despois quentar o corpo con CHOCOLATE CON CHURROS!☕☕

Vadesvolo perder??

Cuarta Xusta no Aturuxo (Bueu)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- concertos- aPenultima- aturuxobar-

Domingo, 3 de febreiro de 2019

Aturuxo Bar (Bueu)

CUARTA XUSTA

Esta agrupación xorde a comezos do ano 2016 como resultado da paixón pola música dos seus integrantes. Así­ pois, Cuarta Xusta comeza a súa andaina versionando temas de grupos coñecidos e sobe por primeira vez ós escenarios no Festival Presume de Galego do mesmo ano, aí­nda que neste momento os instrumentos que se atopaban na banda difiren dos da actualidade, xa que as guitarras eran acústicas e non habí­a nin baixo nin bater(...)

(Ultima actualizaci??10-01-2019)

Romaría de San Amaro en Matamá (Vigo)

- concertos- festivais-

FESTIVAL FOLC os días 12 e 13 de xaneiro a partires das 21:30h

Venres 11: Grupo Folclórido da SCDAM, Airiños de Teis, Os Ventos de Comesaña e Pandereteiros Fiadeiro

Sábado 12: Setecuncas, Os Tabáns de Freixo, Algarabía, Pelepau

(Ultima actualizaci??28-12-2018)

VI Festival Abeloura (Boiro)

- concertos-

Sábado 29 de nadal na Casa da Cultura da Cachada

Asociación Fogofatuo Rianxo, Xamaraina da Guarda, A.f. Picos de Europa de Cangas de Onis, Xiada Pobra Do Caramiñal, Grupo de Pandereteiras As da Canteira,...

Rancho de Reis de Tahúme (Riveira)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-12-2018)

- concertos- Tahúme-

O vindeiro sábado 22 de Decembro presentamos o noso tradicional festival de Nadal. "O RANCHO DE REIS"

Agardámosvos a todos!

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

X Festival Infantil de Nadal (Cangas)

- concertos-

O sábado 22 de decembro de 2018 ás 18.00h

no CENTRO CÍVICO de Cangas,

bailarán os nenos e nenas das Asociacións

⭐ LEDICIA de Burela

⭐ OSORIO GUTIERREZ de Lourenzá

⭐ A SUBELA de Foz

Ao rematar chocolate e doces para todos!!!

Non faltedes!!! Vide bailar!!!

(Ultima actualizaci??21-12-2018)

XIII FIR-Festival Internacional Rebulir 2018

- concertos- Rebulir-

20 - 23 de Decembro 2018

Gala Central: Sábado 22 de Decembro. 19:00 h.

Ramirás - Celanova - Ourense

PROGRAMA:

XOVES 20 DE DECEMBRO

11:30 h. Presentación e APERTURA do Festival

Centro Cultural Marcos Valcarcel. Ourense

13:30 h. Inauguración da EXPOSICIÓN “As imaxes do Alén”

Centro Cultural de O Picouto. Ata o 31 de Decembro

15:00 h. Animación “aprendemos un mundo”

Residencia de Maiores “O Mosteiro”

19:30 h. OBRADOIROS

19:30 h. “Xogos e Bailes do mundo”

21:00 h. “Risoterapia Et(...)

Festival de Pandereteiras da A.F. Ximiela en Muros

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Imos comezar decembro cantando!!!

Convidámosvos este domingo 2 de decembro, ao festival de pandereteiras que imos organizar na casa da cultura en Muros.

Acompañárannos as Cantareiras Mestura de Meirás e Pandereteirxs do Tremuzo do Freixo. Non volo perdades!!!

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

XI Festival Folk Lume na Lareira (A Estrada)

- concertos- festivais-

Domingo 18 de novembro dende as 18h no Teatro Principal da Estrada

Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición, unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere, Os da Pereiriña ou As da Concertina Ricardo Ferreira de Portugal.

Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte do Padre Xiao, e un peche de festa a cargo da agrupación(...)

VI Magosto Foliadeiro en Compostela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-11-2018)

- Festa- Cantigas e Agarimos-

Sábado, 17 de novembro de 2018

Cantigas e Agarimos

Coa chegada do outono (aí­nda que de momento non o pareza) comezan os magostos. O noso será o sábado 17 de novembro, e estades todxs convidadxs a pasar unha noite de festa.

Aquí­ tedes o programa:

18.30h Espectáculo máxico co Mago Benxamí­n .

20.00h Festival do Magosto con grupos da Escola de Cantigas e Agarimos

22.00h MAGOSTO-FOLIADA (iremos actualizando os grupos participantes)

A partir de aquí­ foliada aberta!!!

ESPERÁMOSVOS!(...)

(Ultima actualizaci??03-11-2018)

Festival Folklórico en Porriño

- concertos-

Domingo 4 de novembro as 19:00 horas

GRUPO FOLKLÓRICO NOSA TERRA DE PEREIRAS

GRUPO FOLKLÓRICO PENEDIÑOS DE ATIOS

(Ultima actualizaci??02-11-2018)

Festival Folclórico `Folclore no Norte´ (Burela)

-

Sábado 3 de novembro a partires das 18:30h na Casa da Cultura

Coa participación de:

Arrikibar Dantza Elkartea (Bizcaia) e Ledicia SCR (Burela)

Entrada de balde.

Organiza: Sociedade Cultural Recreativa LEDICIA.

(Ultima actualizaci??31-10-2018)

IV Festival de Música Tradicional de A SENEIRA (Baiona)

- concertos-

Sábado 3 de novembro a partires das 19h no Auditorio V Centenario.

Coas actuacións de Xarope de Uva, O Son do Río e o grupo anfitrión, A Seneira.

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

AgoraSón 2018 (A Coruña)

- concertos-

O Ágora acollerá o 26 de outubro a versión máis feminina do AgoraSón, coa participación de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski

As voces femininas de A Banda da Loba e Sonia Lebedynski serán protagonistas no AgoraSón 2018, que se celebrará o venres 26 de outubro no centro Ágora. A cita, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña coa colaboración das Bibliotecas Municipais, segue a liña doutros eventos promovidos polo consistorio, como o Festival Nororeste Estrel(...)

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

Luar Na Lubre no MusicPort Festival (UK)

- concertos-

Sábado 20 de outubro en Whitby

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

Festival Nos Seus Pés (O Grove)

- concertos-

Venres 19 e sábado 20 de outubro

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

Zóupalle Festival II (Vigo)

- concertos-

Venres 19 de outubro

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

XXVIII Festival Folclórico Ancoradoira no Burgo (Culleredo)

- concertos-

Sábado 20 de outubro no Paseo Marítimo do Burgo

Escola de danza Vila de Baiona

Agrupación Folclórica Ancoradoira

Asociación Fogofatuo

Os Carecos

Fin de festa: concerto de Os Revenidos

Organiza: Agrupación Folclórica Ancoradoira

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

Festival Grelo Folc 2018

- concertos- festivais-

Sábado, 20 de outubro no Mosteiro de Monfero

A partir das 14.00h

Sesión vermú cos Folclóricos de Monfero

Xantar (15euroS) apuntarse no 696 166 277 ou oabordelo@gmail.com

A NABICIÑA. FESTIVAL INFANTIL

A partir das 16.30h Xogos Tradicionais

Ás 18.30h. CÉ ORQUESTRA PANTASMA co espectáculo 'A xogar, cantar e bailar'

A partir das 19.30 merenda gratis para todas as nenas e nenos!

A partir das 21.00h actuación de:

-CÉ ORQUESTRA PANTASMA

-TNT (Tanto nos Ten)

-LÉVEDO (Un proxecto das (...)

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

Músicas para a Semente

- concertos-

Domingo 14 de outubro ás 18:00h

Padroado de Cultura Concello de Narón.

Anotade nas vossas agendas, 14 de outubro decorrerá no Pazo da Cultura de Narón o festival "Músicas para a Semente", festival em apoio ao nosso projeto educativo.

Os bilhetes já estám à venda na bilheteira do Paço ao preço de 10 euros. As crianças até 5 anos entram de graça, e de 6 a 12 anos por 5 euros.

Com um espetacular cartaz contaremos com as atuaçons de Caxade, Sés, com quem colaborarám os Quenindiole e Pako(...)

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

Concerto Tanxedoras e Roberto Comesaña no Poemagosto (Allariz)

- concertos-

Sábado 13 de Outubro, ás 22h, dentro do Festival Internacional de Poesí­a en Allariz

O proxecto TANXEDORAS xorde en Vigo no ano 2003 promovido por un grupo de cantareiras que, tras formar parte de diversas agrupacións folclóricas, xuntáronse para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.

Chegan ó Poemagosto co seu 3º traballo discográfico, "1952", que leva por subtítulo "Homenaxe a Alan Lomax".

A formación i(...)

(Ultima actualizaci??05-10-2018)

Programa musical do San Froilán (Lugo)

- concertos-

PROGRAMA

Xoves 4 de outubro de 2018

21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, (...)

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

FestiVal das Brétemas (Ponteareas)

- concertos-

Venres 28 de setembro

20h

Presentación do libro “Mulleres de Gargamala"

21h

Obradoiro de danza tradicional

22h

Serán

Sábado 29 de setembro

12:30h

Sesión Vermú cos grupos As Carabuñeiras e Xénderal (12:30 h.)

22 h.

Concerto con Pandereteiras de Gargamala, Tamborililás, La Basu, Flow de Toxo, Kuban, Côco Dança Estímulo e Zënzar.

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

XIX Romaría na Pontraga (Tordoia. Ordes)

- concertos- festivais-

Sábado 29 de setembro

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

Aspenizasfolk VII (Páramos, Tui)

- concertos-

FESTIVAL DE MÚSICA FOLK SOLIDARIO FAMILIAS AFECTADAS PARAMOS:

O último fin de semana de setembro (días 28 e 29) organízase no Monte das Penizas en Paramos (Tui), un Festival Solidario para axudar as familias afectadas pola explosión do almacén ilegal de pirotecnia.

O venres 28 actuarán Xulio Lorenzo e Pelepau e no día do sábado 29 haberá música durante todo o día. Treboeiros da Muimenta e Os Estralos pola mañá. Deseguido unha fantástica comida popular (entrantes, lomo ao forno, postre, beb(...)

(Ultima actualizaci??24-09-2018)

Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)

- concertos-

Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

X Asaghieiras Master Festival (Lariño. A Coruña)

- concertos-

Sábado, 22 de setembro en Lariño

Convidámosvos a tod@s, grandes e pequechxs, a esta nova edición do Asaghieiras Master Festival no que, con moita ilusión e as forzas renovadas, presentamos unha xornada cargada de música de calidade, actividades para persoas de tódalas idades, comida e bebida a prezos populares nun entorno privilexiado da brava e fermosa Costa da Morte.

Ide reservando TODO O DÍA 22 DE SETEMBRO, pois agárdanvos:

-SESIÓN VERMÚ🎵🍷

-CHURRASCADA🍗(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

II PargaFestivalRock

- concertos-

Sábado, 22 de setembro na Carballeira de Parga

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Festival Esencias Galegas en Miño (A Coruña)

- concertos-

Sábado 22 de setembro a partires das 17h

Encontro folclórico de bandas de gaitas e sociedades culturais.

Participan:

Banda de gaitas San Xiao de Trebo, de Cariño

Banda de gaitas Os Sons da Ría, de Noia

Banda de Gaitas de San Panteleón

O festival comezará co desfile dos grupos polo centro da localidade de Miño e rematará coa actuación na praza do Parchís de todas as agrupacións.

Posteriormente, ás 20 horas celebrarase un concerto na praza Fernando Suerio, no campo da festa de San(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Festival da Millaxe (Mondariz)

- concertos-

O Sábado 22 de Setembro as 20:30 na Praza de Mondariz CEAR Castromao organiza a "Festival da Millaxe".

Actuará a Asociación de baile e danza Filandón e o Grupo Folclórico Castromao.

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Canteira Fest 2018 (Vilaboa)

- concertos-

O Canteira Fest é o primeiro festival orientado a mocidade no concello de Vilaboa e trata de achegar a xuventude a un ocio alternativo no rural. Terá lugar o 22 de setembro de 2018, na Canteira de Paredes (Vilaboa) e é de balde. Contará con artistas como: De Vacas, The Tetas Van, SonDaRúa, The Lelly Kellys, Sheila Patricia e Os Meninos. Ademais da actuación musical do grupo Migallas, que terá lugar pola tarde con diferentes actividades para os máis pequenos da casa. O festival contará cunha ofer(...)

(Ultima actualizaci??18-09-2018)

Romaría de San Miguel (Pastoriza. Arteixo)

- concertos- As Revolteadoras- Os Sobraos de Bergondo- Dequenvessendo- Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre- festivais- Triskell- Queiroga- Xiradela- dequenvessendo-

Sábado 29 de setembro, dende as 12h da mañá.

Música, teatro, artesáns da madeira...

A.C. Triskell

As Revolteadoras

Grupo de Gaitas da A.C. Queiroga

Os Sobraos de Bergondo

A.X. Xiradela

Dequenvessendo

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

(Ultima actualizaci??18-09-2018)

Anxo Lorenzo e Banda de Gaitas Triskell no II Festival de Bandas de Gaitas de Vega de Espinareda (Asturies)

- concertos- Anxo Lorenzo- festivais- triskell-

Sábado, 22 de setembro a partires das 17:30h

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

II Festival Son Labreg@ (Chantada)

- concertos- festivais-

Sábado, 22 de detembro dende as 11:30h da mañá. Palestras, obradoiros, concertos (Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada), DJ Peter) e moita festa!

Nota de prensa:

O Sindicato Labrego Galego presentou en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental. T(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

V Festival As Cores do Outono (A Pobra do Brollón)

- concertos- festivais-

O concello da Pobra do Brollón organiza a V edición do festival de música tradicional “As cores do outono”. A cita será o sábado 22 de setembro. A partir das 16.00 h. haberá Faladoiro con Bieito Romero, fundador de Luar na Lubre, será na Casa da Cultura “Olga Novo” e a partir das 19.30 h. haberá actuación do circo clown, “Circo Chosco”.

Os concertos comezarán ás 21.00 h. na área recreativa Samugueiros, estarán presentados polo humorista, poeta e dramaturgo Lois Pérez e correrán por conta de (...)

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

Folk n Cros en Culleredo

- concertos-

Venres 14 e sábado 15 de setembro na Explanada do Paseo Marítimo do Burgo.

VENRES 14

Foliada a partir das 20.00 h.

21.30: Festival folk, coa actuación de “Alén do Mar”

SÁBADO 15

Explanada do Paseo Marítimo do Burgo.

12.30 h: Festival Romería, coa actuación de “Terra de Sena” (Cee), “Garrulaxe” (Cecebre) e “Alfaia” (A Coruña).

18.00 h: Actuación de “Bico da balouta” (Agolada), “Xeitura” (Muros) e “Catalmibre Tradicional” (Culleredo).

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

III Miúdo Fest (Tameiga. Mos)

- concertos-

Esta sábado, a partir das 16:00 da tarde, en Tameiga, no Territorio Cultural As Pedriñas, o Miúdo Fest!!! o festival para as crianzas máis festeiras da casa! CHUCHES A MIL | RADIO BULE BULE de Paco Nogueiras | MARÍA FUMAÇA e o domingo BB CIRCUS

XII Xornada da CULTURA Tradicional GALEGA en A Bouza (Dorrón. Sanxenxo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-09-2018)

- concertos-

Domingo 16 de setembro no Campo da Festa

Este ano adicamos a Exposición, novamente, aos Alcumes de DORRÓN...que hai material para dar e tomar!!!

Alcumes de toda a vida do noso pobo...estarán expostos durante toda a semana na Casa da Fábrica

Os Carainos, Os do Cotro, Os Xirros...son algúns dos exemplos de alcumes que recollemos.. Non vola perdades!!!

E o FESTIVAL FOLCLÓRICO onde estaremos acompañados por Grupo Folclórico Punteirolo de Vila de Cruces e Grupo de Cantares e Dançares de San Pa(...)

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

II Festival de Música Rebelde en Ponteareas

- concertos-

Sábado 15 de setembro no Parque Feira Vella

- Ezetaerre

- Skarnivals

- Sondarúa