(Ultima actualizaci??24-11-2012)

MUSICA CON RISCO en Allariz

- concertos-

A Fundación Vicente Risco e varios empresarios de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz, organizan un ciclo de concertos “Música con risco” que se desenvolverán nos vindeiros meses en diferentes locais e espazos públicos da vila.

O día 24 de novembro dará comezo o programa musical con dous concertos: César Morán estará no restaurante Alarico coa súa musicalización de poemas de Álvaro cunqueiro (ás 20:30h) e O Leo i Arremecághona! Actuarán no Roi Xordo (ás 00.00h)

A primeira tem(...)

(Ultima actualizaci??13-11-2012)

Marful en concerto en Vigo e Ourense

- concertos- Marful-

Marful, coa súa formación de sexteto (Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, Ugia Pedreira, Jose Diaz e Leandro Deltell) estarán o vindeiro xoves 15 de outubro a partir das 20:30 en Ourense e o 16 en Vigo nos seus respectivos auditorios.

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

Músicas Doces en Arzúa - Petiscos musicais na hora do café

- concertos- Xoan Curiel- Mónica de Nut- Davide Salvado- Ugia Pedreira- aCentral Folque-

As Músicas Doces son petiscos musicais servidos á hora do café, na sobremesa das tardes; pasteis sonoros á luz do día. A confitaría La Esquina de Arzúa acubilla este ciclo de concertos de pequeno formato para audiencias reducidas, lugares íntimos e próximos para conectar público e artistas. Entre novembro do 2012 e xuño do 2013 La Esquina convértese no lugar máis atractivo onde parar en Arzúa.

2º DOMINGO DE MES

domingo, 11 de novembro - Xoan Curiel

domingo, 9 de decembro - Mónica de Nut

domingo, 13 de xaneiro - Celso Sanmartín

domingo, 10 de febreiro - Davide Salvado

domingo, 10 de marzo - Ugia Pedreira

domingo, 14 de abril - Ariel Ninas

domingo, 12 de maio - Benxamín Otero

domingo, 9 de xuño - Carlos Quintá

(Ultima actualizaci??13-07-2012)

Son de Mulleres, Respostas á invisibilidade da muller na música, en Ribadeo

- Ugía Pedreira- María Xosé Silvar (Sés)-

O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo (sede da Escola Municipal de Música e Danza) acollerá o vindeiro 13 de xullo a xornada “Son de mulleres. Respostas á invisibilidade da muller na música” coa que se pretende potenciar cambios de actitudes que axuden na procura da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na arte.

Ao longo da historia da música o esquecemento e o descoñecemento sobre as mulleres compositoras ou intérpretes foi constante e mantense vivo aínda na actualidade. Xa q(...)

(Ultima actualizaci??08-05-2012)

O “Acrobata” emprende o voo e leva a Ugia Pedreira e Fred Martins a Inglaterra

- concertos- Acróbata-

Ugia Pedreira e Fred Martins viaxarán a Londres e Oxford para presentar alí o seu disco “Acrobata”. O mércores 9 ofrecerán un concerto no Trangallán de Londres, onde tamén farán ao día seguinte un recital no Instituto Vicente Cañada Blanch.

O venres 11 a cita será en Oxford, en cuxa universidade o presentarán de mañá, para xa de tarde facelo na Libraría Albion Beatnik.

Londres e Oxford poderán desfrutar nesta semana desta conxunción artística entre estes dous grandes compositores que unen, de (...)

(Ultima actualizaci??13-04-2012)

Petiscos Musicais en A Escondida (Espasante)

- Petiscos Musicais- aCentral Folque-

Os Petiscos Musicais son concertos para o bo padal e mellor ouvido do público, servidos con xantares propios a cada acción musical que se presenta. A Escondida é o café concerto de Espasante, aló no porto, onde o cheiro a mar e a guiso confúndese co bruar de Ortegal e as melodías da mellor música popular.

Recitais e cociña nun ambiente propio. Cantar, bailar e saber comer: Acrobata, NARF, Primordias e Ariel Ninas servidos con receitas en variacións de legumes e fabas por Marina Oural Villapol(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2012)

ST Música Presente 2012

- concertos- Liorna- Riobó- Loaira- Ugia Pedreira-

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre a cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova edición deséñase en colaboración con Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e acollerá os directos protagonizados por Liorna(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

Acróbata no SantiAutor

- concertos-

Este xoves 15 de marzo ás 22.30 h o dúo brasilego de Fred Martins e Ugia Pedreira interpretarán temas de Acrobata para o concerto seu no Santiautor deste ano. Este festival de cancións e cantautores para o público santiagués do Pub SónaR na zona vella. As entradas anticipadas xa están á vendana Reixa Tenda, Quiosco de Concheiros e no propio Sónar Pub.

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

25 Aniversario da Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- Casa das Crechas- aPenultima- Crechas-

- Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.

- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano

- A festa do 14 de m(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

O canto agochado entre pipotes

- concertos- cantos de taberna-

A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS

¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa e(...)