Xa sabedes! Achegade-vos a Santaia de Gorgullos (Tordoia), ao bar Becerra, para desfrutar dunha noite de festa acompañados polo grupo Maghúa, polos Panxoleiros de Santaia, por Flor da Maquía e por Bouba Pandeireteiras.... Apartir das 22.00 h do 26 de natal. Organiza A.C. Brisas do Quenllo
III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir , o 20 de nadal en Ramirás - Sábado día 20 de Decembro, no Polideportivo de O Picouto (Concello de Ramirás), III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir coa participación dos grupos: Retrouso de Cela (Bueu), Brisas do Quenllo (Tordoia), Etnográfico Vila Praia de Ancora (Portugal), Castro Floxo (Ourense) e Rebulir (Ramirás) Ademáis: - Sábado día 27 de Decembro. Obradoiro de Xogos Bailados para todas as idades as 17:00 h no Local de Rebulir. - Sábado día 3 de Xaneiro. Inauguración da Exposición(...)