Dequenvessendo en Casa Xuntanza (A Pastoriza. Arteixo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 8 xuño ás 22:00h na Casa Xuntanza

Continuamos presentando a nova maqueta!!

Desta volta coincide no llº Aniversario de Casa Xuntanza. Haberá moitas sorpresas. NON O PERDADES!!

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Cantos de Taberna de Marin

- Festa-

Venres 7 xuño ás 21:30h

Participan: Son das Ondas, Son da Illa, Saljariteir@s e Zurrumalla

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

VI Tangaraño Cultural en Sobradelo (Xunqueira de Ambí­a)

- Festa- Roberto Sobrado-

Sábado 1 de xuño

Encontro culturar e festivo

12:00 Cóidate para coidar charla primeiros auxilios por Susana Pulgarín.

Foliada: Iniciativa polo Rural

13:00Concerto Xan de Verin Nickelharpa

13:30 As Utopias de Carlos de Xunqueira de Ambía.

14:00 Xantar Popular e Vegano ( por favor agradecemos reserva)

15:00Concerto Nacho Martimez cantautor

16:00 Poesía: Eduardo Estevez,Belén Senín e Carlos Rafael.

Obradoiro barro por Olería de Batán

16:20 Concerto Andrés Férnandez( Suso Vaamonde)

1(...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

Habelas Hainas na Pobra do Caramiñal

- concertos-

Sábado 1 de xuño ás 22.30h

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Cantos de Taberna en Compostela

- Festa-

Venres 24 de maio

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Estouciñando. Ciclo de Músicas e Obradoiros en Visantoña (Santiso. Terra de Melide)

- Festa-

Sábado 25 de maio en Visantoña

17:00h Obradoiro de Bombo e Pratiños con Chema Cebeiro

21:30h Concerto de ALVARIZA

Despois, Foliada aberta.

VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-05-2019)

- concertos-

Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C q(...)

2naFronteira en Pitíões das Júnias (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- concertos- 2naFronteira-

2naFronteira en Pitíões das Júnias o sábado 11 de maio. Cantando, tocando e disfrutando da compaña de amigas e amigos que alí­ nos reciben sempre co corazón aberto

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Cantos de Taberna en Marín

- concertos-

Venres 10 de maio, cos Muiñeiros do Sarela e Os Saljariteiros

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Foliada de Primavera en Begonte

- Festa-

Sábado 11 de maio ás 20:30h

Como todos os anos desde Castiñeiro Milenario queremos darlle a benvida á Primavera, do xeito que merece e como nos presta: organizando unha nova edición da Foliada de Primavera.

Comezaremos pola tarde, a partir das seis facendo un pequeno paseo para apañar flores e fentos e xestas e facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións da mestra da Primavera, Branca Villares faremos un maio, probaremos a facer algún “maio vivo” e cantaremos unh(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

XXXVII Festa dos Maios en Vigo

- concertos-

Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento princip(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Festa Sementeira e Música en Corzáns (Salvaterra de Miño)

- concertos-

A Asociación Quinta do Piñeiro é organizadora da ‘ Festa Sementeira e Música’ que alcanza este ano a 13ª edición e que nesta ocasión ha de celebrarse os días 11 e 12 de maio na área recreativa do Muiño dá Ponche, na parroquia de Corzáns, no municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Dous días nos que a artesanía, a diversión e a tradición estarán presentes.

A festa comezará o sábado pola mañá, cunha concentración de tractores clásicos que a continuación realizarán un roteiro polos p(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 11 de maio dende as 17:30h

Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos

Mostra de Oficios Artesáns

- Animación de rúa

- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s

Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo

As tamancas a escala – Tango Zapateiro

Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary

Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

I Xornadas de Acordeón en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-05-2019)

- concertos-

O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das pall(...)

(Ultima actualizaci??17-04-2019)

Selección de gaita solista para o XXXIV Trofeo MacCrimmon

- concertos-

O domingo, 28 de abril, na Cidade da Cultura (Compostela) coñeceranse os 4 finalistas que representarán a Galicia en Lorient

.

Participantes, por orde alfabética:

1-. Ismael García del Río.

2-. Adrián García Seoane.

3-. Sergio Gómez Martínez.

4-. María López Carballo.

5-. Laura López Suaréz.

6-. Diego Prieto González.

7-. Xesús Rodríguez Callejón.

8-. Manuel Ramón Seoane Sánchez.

9-. Jorge Miguel Vázquez Castro.

10-.Javier Vázquez López.

11-.Nadia Vázquez Martínez.

12-.Raquel (...)

(Ultima actualizaci??16-04-2019)

Programación de abril en Crechas (Compostela)

- concertos- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019

Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€

TATO LÓPEZ & CIA

Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de música(...)

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

Cantos de Taberna en Marín

- Festa-

Venres 12 de abril. II Ed. Cantos de Taberna en Marín con Os Saljariteiros e Regatos de Callobre

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

VI Foliada Nordestí­a en San Ciprián (Cervo)

- concertos-

Sábado 13 de abril en San Ciprián

11:00h Apertura Feira de Artesaní­a na Praza dos Campos

12:00h Cantos de taberna polos locales de hostelerí­a colaboradores

15:15h Xantar Popular na Praza dos Campos.

18:10h Xogos e obradoiros infantí­s na Praza dos Campos

19:00h Obradoiro de baile (próximamente máis info)

21:30h Actuación do grupo local A Rebolaxe (Na Prazoleta)

22:30h CONCERTOS (Na Prazoleta)

-Son do Xabre

-Os Carecos

-A Compañí­a do Ruí­do

Foliada libre cando se (...)

Foliada Aberta do Pichel (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-04-2019)

- Festa- aPenultima- gentalha-

Venres 12 de abril na Gentalha Do Pichel

Chega a última foliada aberta do curso no Pichel. Já logo venhem foliadas abondas polo pais adiante assi que... Vindes despedi-las connosco até o próximo curso?

Repifesta da Asociación Cultural Triskell (Arteixo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-04-2019)

- Festa- triskell-

Venres 5 de abril na Casa Xuntanza (A Pastoriza)

Nova fin de semana con nova Repifesta (foliada aberta dos venres).

Será, coma sempre, mañá venres, en Casa Xuntanza, a partir das 22:00.

Se gustas de tocar, cantar, bailar ou simplemente escoitar, únete a facer Xuntanzas con nós.

LUUUUMMMMEEEEE....!!!!

VI Cantos de Taberna en Sarria

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- Festa-

Festón o sábado 30 polas tabernas de Sarria, con gran fin de festa na Unión onde tocarán todo-los grupos presentados por Leo Arremecághona. Reserva a tua cea!

(Ultima actualizaci??29-03-2019)

Tanxugueiras en Lalín

- concertos-

Venres 29 de marzo ás 21h no Salón Teatro (Concello de Lalín)

TANXUGUEIRAS - A revolución das pandeiretas -

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepeti(...)

Cova Sesión Folk (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??27-03-2019)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Xoves 4 de abril

Comeza un novo proxecto na Cova Céltica, as "Cova Sesión Folk". Cova Sesión Folk consiste nun encontro de instrumentistas vencellad@s á música folk e tradicional na procura de crear espazos para a execución en clave folk tanto da música tradicional galega coma de outros panoramas da nosa contorna cultural. Estas xuntanzas serán todos os primeiros xoves de cada mes, a partir das 22h, e están abertas a calquer músic@ que queira participar.

Anímate e ben gozar da música ao viv(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

Mercado de Primavera do Valadouro

- concertos-

Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.

Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.

Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar

Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘

Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.

Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.

Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amen(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

II Foliada de Primavera en Rábade

- Festa-

O sábado 23 de marzo a partires das 17h no Centro Sociocultural de Rábade a Asociación Cultural Treboada organiza a Foliada de Primavera, que este ano contara cun curso de canto e pandeireta impartido por Javier Feijoo Chisco e a posterior actuación dos grupos participantes seguida de pinchos e foliada aberta.

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

IV Cantos de Taberna en Ribadeo.

- Festa-

Sábado 23 de marzo a partires das 20h

(Ultima actualizaci??21-03-2019)

Budiño presenta Fulgor en Boiro

- concertos-

BUDIÑO presenta "Fulgor"

SALA A Pousada da Galiza Imaxinaria (BOIRO)

23 MARZO / 21h.

ENTRADAS EN TICKETEA

- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

- Brais Morán: Guitarra, coros

- Fran Sanz: Baixo

- Ton Risco: Batería

- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte

.

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

.

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.

O abismo da creatividade,(...)

(Ultima actualizaci??21-03-2019)

II Polavila en Santalla

- concertos-

Sábado 30 de marzo

-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .

Bares participan(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Foliada na Taberna o 27 (Velouzás. Paderne)

- Festa-

Venres, 15 de marzo, a partir das 21:30

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Foliada de Balboa

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 16 de marzo

Dequenvessendo

Os Palletas

Foliada Aberta de Compostela

VII Serán Airiños da Fracha en Ponte Caldelas

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- Festa-

Sábado, 16 de marzo, a partires das 21h

Serán organizado pola Charanga tradicional Airiños da Fracha.

Colabora o Concello de Ponte Caldelas

Na antiga discoteca REIVI en PONTE CALDELAS

Comenzara sobre as 21:00 horas.

A orde de actuacións sera por orden de chegada, conforme vaian chegando os grupos, coma outros anos faranse duas listas, pares e impares, unha para pandereteir@s e outro para grup@s, a nosa intención facer mais ameno o Serán.

Teremos concurso de Aturuxos, con gran p(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

SÉS presenta RABIA AO SILENCIO en A Coruña

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Venres, 15 de marzo, ás 20:30h no Teatro Rosalí­a Castro

María Xosé Silvar "SES" - Guitarra, percusións e voz

Sabela Galbán - Frauta, acordeón e voz

Tito Calviño - Guitarras

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Budiño presenta Fulgor en Compostela

- concertos-

Venres, 15 de marzo, ás 21h na Sala Capitol.

- Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra

- Brais Morán: Guitarra, coros

- Fran Sanz: Baixo

- Ton Risco: Batería

- Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publica FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.

Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo.

O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco.

Pisar terra e querer(...)

Foliada de Entroido en Boiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- Festa-

Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶

A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa

(Ultima actualizaci??09-03-2019)

Foliada de Inverno en O Castro (Begonte)

- Festa-

Sábado 9 de marzo

Comezamos o ano cunha nova edición das Foliadas de Inverno de Castiñeiro Milenario, como sempre na Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

Nesta ocasión, os eventos previos á foliada, veñen con novidades, pois faremos a presentación do I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario. Un proxecto que levamos intentando sacar adiante desde hai tempo e que este ano, por fin, vai ver a luz. A primeira cita co Ciclo de Cine (do que teredes novidades en breve) v(...)

Serán de Meirol (Mondariz)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-03-2019)

- Festa-

Este é o noso cartel do SERÁN DE MEIROL DE 2019, O SÁBADO 9 DE MARZO A partir das 22:00 horas da noite, na CASA CULTURAL DE MEIROL, HABERÁ:

-GRUPOS DA COMARCA E ARREDORES.

-HABERÁ PARA PETISCAR

- O REMATE TOMAREMOS UN CHOCOLATIÑO QUENTIÑO

E O QUE NON FALTARÁ SERÁ A FESTA RACHADA!!! NON FALTEDES!!

(Ultima actualizaci??22-02-2019)

O Fiadeiro en Tomiño

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián

O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla).

A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

Foliada aberta en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-02-2019)

- Festa- Cántigas da Terra-

Sábado, 23 de febreiro, No local de Cántigas da Terra (Rúa Ramón del Cueto 31)

Música e baile polas Escolas da Terra, Cántigas da Terra e quen queira acompañarnos.