Festival Online Solidario "Quedo, que teño que quedar" Sábado 25 de abril a partires das 15h dende a web: https://www.facebook.com/groups/552107732063904/ Benvido ao "Quedo, que teño que quedar", un festival de solidariedade en liña, cuxo produto irá para Médicos Sen Fronteiras, unha organización que está a traballar na loita contra o COVID-19. Parécenos importante colaborar neste problema que afecta a todos, e xa sabes, calquera ping conta. A colaboración é absolutamente voluntaria! Xa que tamén podes gozar deste festival en liña, no que (...)
Bos tarde, dende a Asociación cultural Maravallada, queremos celebrar mañan, 25 de Abril, a Revolución dos caraveís do país veciño, farémolo da maneira que maís nos gusta, que é , cantando, convidámosvos a todos a cantar dende as vosas casas, fiestras ou balcons, as 21 hrs! Estade atentos á nosa páxina e canle de youtube!!👍 Subiremos un video para cantar con todos nos.🥀 Non faltedes á cita!
SonDeSeu OFG en confinamento. Mar de Vigo 2020, versión 62 móbiles 2 Versión de Mar de Vigo, tema arranxado por Rodrigo Romaní presente no 1º CD de SonDeSeu de título homónimo. A gravación foi realizada dende 62 móbiles sen edición de audio posterior agás na ecualización e panoramización. Gravado polas músicas e músicos de SDS na semana do 13 ao 19 de abril. Edición final de vídeo e mestua de audio: Rodrigo Romaní