DEZ ANOS GHASTANDO PISTA Crea a túa conta
O 18 de Maio Ghastas Pista? cumple 10 anos de existencia na rede e disponse a comezar unha nova etapa. A intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta dentro da web.
A partir do Venres 3 e durante as tres primeiras fins de semana de xullo haberá Ultranoite, os Venres e Sábados ás 23,00h.
Unha Ultranoite titulada "Ultraleite" para bufonear cos temas que están quentando este verán: o conflito lingüístico, as marcas brancas, o convenio do metal, a ameaza de peche da NASA ou ese camiño que se guía pola Vía Láctea. Coa equipa habitual de actores, actrices, músicos, cantantes e vedetes e coa actuación especial da Década Lactosa.
En xullo prolóngase a tempada cunha Ultranoite Ultraleite especialmente deseñada para refresacar o bochorno das noites do verán.
Un repaso en clave cabareteira e bufonesca da actualidade: o conflito lingüistico provocado polo governo galego, as marcas brancas e o sector leiteiro, as marchas do metal, os eres e os kakás..., ou o intento de peche da nasa.
Coma sempre, música en directo, vídeos inmediatos, teatro fresco para cada noite e unhas boas doses de mala hostia mesturada con moito humor
PROGRAMACIÓN FESTAS DO VERÁN. CARME 2009Xoves 9 de xullo21:30 hParque Eguren Festival Folclórico Internacional:Ballet Folclórico Monterrey de MéxicoFolklorystyczna Rownica de PoloniaAsociación Cultural Anxuíña da GalizaSábado 11 de xullo22:00 hAlamedaIII Certame de Bandas de Gaitas Virxe do Carme 2009:Banda de Gaitas Os Coribantes de PontecaldelasBanda de Gaitas Manxadoira de BueuBanda de Gaitas Airiños de San Xulián de Marín Domingo 12 de xullo9:00 hXXVII Trofeo Virxe do Carme de Ciclismo20:00 ..>>
PROGRAMACIÓN FESTAS DO VERÁN. CARME 2009
Xoves 9 de xullo 21:30 h Parque Eguren Festival Folclórico Internacional: Ballet Folclórico Monterrey de México Folklorystyczna Rownica de Polonia Asociación Cultural Anxuíña da Galiza
Sábado 11 de xullo 22:00 h Alameda III Certame de Bandas de Gaitas Virxe do Carme 2009: Banda de Gaitas Os Coribantes de Pontecaldelas Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu Banda de Gaitas Airiños de San Xulián de Marín
Domingo 12 de xullo 9:00 h XXVII Trofeo Virxe do Carme de Ciclismo
20:00 h Templo Antigo Concerto de Corais: Centro Novo Lembranzas Thalassa
Martes 14 de xullo 12:00 h Pasarrúas da Charanga Air Jalisia
18:00 h Parque Eguren e Centro Socio-Comunitario Xuntanza cós Maiores. Ameniza Air Jalisia
Mércores 15 de xullo
12:00 h Pasarrúas da Charanga O Santiaguiño
19:30 h Parque Eguren Pregón a cargo de Xurxo Souto Amenizan Airiños de San Xulián
20:00 h Parque Eguren Los Lunnis
22:00 h Praza de España Monólogo das “Cantareiras Ardebullo” Nucha e Mucha
23:00 h Praza de España Verbena. Orquestra Gran Parada
Xoves 16 de xullo
12:00 h Pasarrúas da Charanga O Santiaguiño
18:30 h Saída dende o Concello Ofrenda Floral
19:00 h Procesión marítimo-terrestre da Nosa Virxe do Carme
19:00 h Parque Eguren Obradoiro de Percusión por Trópico de Grelos
20:30 h Alameda Fantoche Baj co seu espectáculo “Zampón o Lambón”
21:30 h Polas rúas de Marín Desfile do “Batuke Galego” de Trópico de Grelos
22:00 h Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado Monólogo de Avelino González
23:00 h Alameda Verbena. Orquestra Marbella
00:00 h Paseo Marítimo Alcalde Blanco Gran Tirada de Fogos de Artificio
Venres 17 de xullo
12:00 h e 18:00 h Pasarrúas da Charanga Air Jalisia
20:30 h Alameda “Zancalino” co seu espectáculo de rúa “Perigo”
22:00 h Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado Monólogo de Quico Cadaval
23:00 h Alameda Verbena. Orquestra Televisión Nordés
23:30 h Parque Eguren Concerto. Rosendo
Sábado 18 de xullo
12:00 h e 18:00 h Pasarrúas da Charanga Apeles
20:30 h Polas rúas de Marín Batalla de Flores
22:00 h Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado Monólogo de Avelino González
23:00 h Alameda Verbena. Orquestra Miramar
23:30 h Parque Eguren II Festibalan Concerto. Dios que te Crew + Skacha
Domingo 19 de xullo 11:00 h Praza do Reloxio VII Romaría popular Trompos ós pés
22:00 h Rúa Augusto Miranda, diante do Mercado II Marín Jazz Festival Vicente Maciá Quintet: Vicente Maciá - saxo tenor Virxilio da Silva - guitarra Iago Vázquez - fender rhodes Miguel Ângelo Coelho - contrabaixo Max Gómez - batería Chvonology Quartet: Fernando Sánchez - saxo alto Seiu Caneda - piano Pablo Pérez - contarbaixo Chus Pazos – batería
23:00 h Alameda Verbena. Orquestra Abanico
00:00 h Paseo Marítimo Alcalde Blanco Gran Tirada de Fogos de Artificio
00:30 Café Naval Jam-Session de Jazz
Verán cultural
Martes 28 de xullo 22:30 h Parque Eguren Cine na rúa. Mamma Mía!
Venres 7 de agosto Circo Acrobático de Pekín
Sábado 8 de agosto 22:30 h Parque Eguren Cine na rúa. Kung-Fu Panda
Sábado 29 de agosto 21:00 h CEIP Carballal XIII Festival Folclórico Virxe dos Remedios
Brañas Folk prepara xa o lanzamento do seu novo disco
(texto engadido o día 3/ / 7/ / 09 )
A banda ourensá Brañas Folk ultima xa os preparativos para o lanzamento do seu próximo disco "Alalá do Cebreiro" (PAI - Música 2009) que verá a luz próximamente. Un traballo que recolle entre outros, arreglos de temas tradicionais e medievais como o Canto das Chirimías da Catedral de Santiago de Compostela.
Este novo traballo conta con importantes colaboracións de músicos e cantantes como Pancho Álvarez, Uxía, Laura Amado ou Sonia Lebedinsky.
O CD deste traballo contará cunha pista interactiva multimedia con contidos adicionais: fotografías, e catro video clips de temas do propio disco.
A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome "Trece Lúas". As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e agora queremos lembrar. Convidámosvos a facer unha viaxe no tempo, unha viaxe de doce meses con cadansúa canción, co ciclo do ano como fondo da escena. "Trece Lúas" é unha proposta de lecer, para gustar da nosa música, aquela que sempre estivo aí e que neste disco presentamos dun xeito actualizado. Pero esta proposta vai moito máis alá. Como continuación da liña seguida en traballos editados anteriormente "O Quiquiriquí" e "Pelo Gato 24", trátase dun material didáctico que pretendemos axude en boa medida á difusión da nosa cultura.
Unha ferramenta pensada para facer chegar, sobre todo aos máis novos, un anaco do que somos e do que queremos seguir sendo.
Desde a Asociación de Gaiteiros Galegos temos a convicción de que o futuro das nosas tradicións, o garante da súa supervivencia, está na xuventude.
Debemos achar a maneira de que a liña de transmisión cultural se adapte aos tempos para seguir sendo efectiva.
Así elaboramos "Trece Lúas", dun xeito respectuoso coas nosas tradicións e ao mesmo tempo atractivo, aplicando as novas tecnoloxías das que dispoñemos.
Agardamos que poida ser utilizado como elemento educativo en calquera dos ámbitos, xa sexa escolar ou familiar, e supoña un paso máis de cara á normalización da nosa música tradicional. Esperamos que vos guste..
O próximo 19 de xullo a ONG Viraventos organiza coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a partires das 12:00 h, unha Romaría Solidaria, na que haberá postos de comida e bebida, música galega e senegalesa, performances, venda de artigos de comercio xusto e de artigos de segunda man, así como actividades lúdicas e didácticas para nenas/os.
A ONG Viraventos, é unha ONG de Inmigración, Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento. O obxetivo desta Romaría Solidaria é a recaudación de fondos para o mantemento da actividade da ONG e para os proxectos de cooperación internacional que estan a desenrolar en Senegal e Palestina.
Nesta xornada festiva na que participarán: Cancións para Antía, Bailadela, Cántigas da Terra, Donaire, Dorna, Frouma, Cata Almibre, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes, Troulando e Tumbalobos Orquestra, o interese non só é recaudar a maior cantidade de cartos para as actividades que a organización realiza, senón pasar un bo día de romaría todos xuntos, participando dunha festa solidaria e multicultural.
Agradecemosvos de anteman a vosa participación. Vide e colaborade!
● A Rapa das Bestas: “ O sentir dun pobo: Sabucedo” ● O Mestre de Sabucedo
22:00 "Sons da Rapa", festival de música na carballeira do Campo do Medio. Actuacións:
● Os Tres Trebóns
● Os Chiquiliquatres
● Som do Galpom
-SABADO 4 DE XULLO-
06:30 Misa na alborada
07:00 Saída ó monte dende O Celeiro
11:30 Xuntanza das greas no Peón, no monte
12:00 Apertura das Exposicións e Pasarruas
15:00 Chegada das bestas a Sabucedo
16:00 Comenzo da ludoteca con xogos e actividades para os máis cativos ó carón do picadeiro. Durará ate as 20:00 horas
19:30 Primeiro curro *
22:30 Verbena no Campo do Medio
-DOMINGO 5 DE XULLO-
10:00 Pasarruas
11:00 Comenzo da Ludoteca con xogos e actividades para os máis cativos ó carón do picadeiro. Durará ate as 21:00 horas ininterrumpidamente
12:00 Segundo curro *
16:30 Serán na carballeira do Campo do Medio. Está aberto para todos aqueles que queiran vir bailar e tocar.
18:30 Concerto da Banda Cultural de A Estrada.
22:30 Verbena no Campo do Medio
-LUNS 6 DE XULLO-
12:30 Terceiro curro
18:00 Solta das bestas para o monte.
* As esntradas para o Curro poden adquirirse anticipadamente no Teleclube de Sabucedo ou na OMIX da Estrada (Oficina Municipal de Información Xuvenil). Tamén se poderá reservar a entrada chamando ó teléfono 652348477 e recollendoa logo na taquilla do Curro o mesmo día do acto.
O prezo das entrdas será de 5 € para os nenos menores de 13 anos e 10 € para todos os demáis.
Despois de moitos anos de actividades a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organiza a súa I Festa de Fin de curso este sábado 4 de xullo na Praza do Berbés.
A partir das 17:30 -Exposicións das diversas aulas de manualidades e obradoiros da Asociación -Xogos e deportes diversos -Exhibición de diversas grabacións das Festas dos Maios e da Reconquista
A partir das 20:00 Actuación das diversas aulas da Asociación: -Baile Tradicional -Percusión e gaita -Acordeón -Bailes do mundo -Danza Oriental
Murcia acollerá entre o 29 de outubro e o 31 de xaneiro de 2010 a exposición Alfonso X El Sabio, que organiza Caja Mediterráneo, o concello e mais a comunidade autónoma. A iniciativa reunirá por vez primeira os catros exemplares que se conservan destas composicións en galego-portugués, así coma diferentes obras realizadas baixo o mandato deste monarca. Tamén se poderá ver, entre as preto de 200 pezas expostas, a figura de marfil coñecida coma Virxe Abrideira, que se conserva en Allariz.
Arranca unha nova edición do Festival do Río Castro, un clásico do verán que xa vai pola 16ª edición. SÁBADO, 4 DE XULLO. Apuntade este día na vosa axenda. Agardamos por vós, como sempre, no lugar da Bóla.
12.00 Concurso de merendas. 15.30 Xogos infantís co grupo Sapo Animación de Ferrol 17.00 Peter Punk , pertecente a Coperactiva Cultural mostrando un dos mellores espectáculos do clown galego, premiado como mellor espectáculo polo público do Festival Mundoclown 08. Tratase dun show para todos os públicos, con moi bo nivel de malabares e xogos e cunha divertida participación do público. Capionato de deporte Popular ,Tiro de corda, serrado con tronzador, chave, etc.
22.00 Música Tradicional co grupo BERROS DO CASTRO de Narahio. 23.00 Pesdelán , de Santiago. 00.00 Os Tres Trebóns , de Coruña
O programa Alalá confirma a continuación para a próxima tempada, que será a quinta. Agradecemos a todo o público o apoio ó programa, que permitirá que sigamos traballando na divulgación da música tradicional e a cultura galegas. Durante esta 4ª tempada a audiencia media do programa foi un 18,6 % en horarios de máxima audiencia, a mellor media por tempada rexistrada polo programa dende que empezou. Gracias a todos.
O Xoves 25 de xuño ás 18h00 terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación pública do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). O APOI xorde como consecuencia da evolución do proxecto “Sons e Voces da Identidade”, programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de 2007. Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente nunhas 600 cintas recollidas directamente, ou baixo a súa dirección, por Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, profesores e cultivadores do folklore. Trátase de materiais gravados nos últimos 35 anos de informantes da Galicia rural. Tamén se dispuña no fondo do Museo dunha colección de gravacións realizadas en 1994 como resultado do proxecto interactivo museo-escola “Recupera-la tradición oral”. Despois dun laborioso proceso de tratamento das gravacións orixinais, transcrición e construción dunha base de datos, o APOI está en condicións de entrar en funcionamento. Un arquivo destas características, público e accesible e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará desde o Museo a ser un arquivo do pobo galego que teña a ben participar nel. Neste momento xa está accesible en Internet a páxina web www.apoi-mpg.org, que ha ser o aloxamento do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. No acto de presentación, as persoas responsables do desenvolvemento do proxecto, compiladores e técnicos, estarán a disposición dos asistentes para responder a todas as cuestións que poidan resultar de interese.
2º ano do festival que amosa músicas feitas desde os lugares do mundo con cheiro a mar.
Actividades: concertos, paseos musicais pola ría e circuíto de cantos tabernarios. Artistas internacionais de Brasil, Galiza, Bretaña, Francia e Inglaterra.
As viaxes recollidas polos músicos do noso tempo chegan a Ferrol da man do Ciclo de Músicas Portuarias. Unha cita no mes de xullo con música mariñeira na cidade departamental que, desde as súas orixes na vila de pescadores do Ferrol Vello ao futuro das autoestradas marítimas, ten coma referente cultural o mar. Na primeira edición do ano pasado estiveron, entre outros Mísia -fado-, Marcelo Mercadante -tango- ou Anabel Santiago -tonada asturiana- que ofreceron un festival de calidade e diversidade. Este ano ademais dos concertos no Teatro Jofre, haberá outras actividades coma os paseos en barco pola ría con música ao vivo a cargo de dúos instrumentais e un circuíto de tabernas polos barrios de Ferrol onde aínda se canta espontaneamente. O ciclo terá lugar en Ferrol entre o 4 e o 18 de xullo, concentrando as actividades nas fins de semana. Os concertos terán unha entrada única de 10 € (abono por 20 €. O resto das actividades son de balde PROGRAMACIÓN FRED MARTINS (Brasil). Novo e premiado compositor brasileiro presentando o seu último disco “Guanaraba” do 2008. Será a primeira actuación en Galiza deste artista recoñecido internacionalmente. Teatro Jofre, Sábado 4 de xullo. 21,30 h
UXÍA (Galiza) A gran dama da canción galega presentando o seu disco “Eterno Navegar”, un traballo que mestura sons de países lusófonos e mariñeiros. Teatro Jofre, Sábado 11 de xullo. 21,30 h
NOLWENN KORBELL (Bretaña). Vangarda do canto en lingua bretoa, unha referencia do atlantismo desde estoutro Finis terrae europeo. Teatro Jofre, Sábado 18 de xullo. 21,30 h
+ Actividades paralelas:
PASEOS MUSICAIS en barco pola ría os días dos concertos amenizados con dúos de prestixio: Clonmela, Verdegaio e Salix Alba.
CIRCUITO DE CANTOS TABERNARIOS Percorrido polas tabernas e bares dos barrios onde aínda se canta espontaneamente.
RELACIÓN DOS GRUPOS GALEGOS QUE VAN PARTICIPAR, ESTE ANO, NO 39º FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT, ANO ADICADO A GALICIA:BANDA DE GAITAS, AIRIÑOS DE FENEGRUPO DE DANZAS, XACARANDAINABANDA DE GAITAS, MOXENAS MÚSICAL GALEGAGRUPO FOLK, PRADAIRO ( NO CONCURSO: LOÏC RAISON )CREMA DE GAITASON DE SEU SUSANA SEIVANE CARLOS NUÑEZBE ..>>
RELACIÓN DOS GRUPOS GALEGOS QUE VAN PARTICIPAR, ESTE ANO, NO 39º FESTIVAL INTERCELTIQUE DE LORIENT, ANO ADICADO A GALICIA:
BANDA DE GAITAS, AIRIÑOS DE FENE
GRUPO DE DANZAS, XACARANDAINA
BANDA DE GAITAS, MOXENAS MÚSICAL GALEGA
GRUPO FOLK, PRADAIRO ( NO CONCURSO: LOÏC RAISON )
CREMA DE GAITA
SON DE SEU SUSANA SEIVANE
CARLOS NUÑEZ
BERROGÜETTO
PRÓ CONCURSO MAC CRIMMOM DE SOLISTAS DE GAITA:
ALBERTO COYA PABLO DALAMA PEDRO ALVAREZ XURXO FERNANDEZ
PROGRAMA ACTUACIÓNS NO PAVILLÓN DE GALICIA (TURGALICIA)
VIERNES, 31/07 18:00h. • Edelmiro Fernández 19:30h. • Marta Quintana é a súa banda 21:00h. • BellónMaceiras Quinteto 22:15h. • Fía na Roca
Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez
00:00h. Espectáculo "Queimada"
SÁBADO, 01/08
12:00h. • BellónMaceiras Quinteto 13:30h. • Marta Quintana e a súa 15:00h. • Edelmiro Fernández
Ambientación Pabellón • Alba Gutiérrez
18:00h. • Marta Quintana e a súa banda 19:30h • Edelmiro Fernández 21:00h. • Fía na Roca 22:15h. • Berrogüeto
Ambientación Pabellón • Alba Gutiérrez
00:00h. Espectáculo "Queimada"
DOMINGO, 02/08
12:00h. • Fía na Roca 13:30h. • Rosa Cedrón 15:00h. • BellónMaceiras Quinteto
Ambientación Pabellón • Alberto Coya & Alba Gutiérrez
A gran cita europea do mundo celta no verán é o Festival de Lorient e o pais invitado este ano e Galicia. A e-Trad estará presente coa orquestra folk Sondeseu, con quen a escola mantén unha forte relación, que protagoniza a presenza da música galega. Asimesmo, o director da escola, Rodrigo Romaní ten sido invitado pola organización a impartir unha conferencia sobre a historia da música galega dentro das actividades que leva a cabo a Université Populaire Bretonne.
A Asociación ORAL de Galiza do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acaban de abrir unha interesante páxina web sobre o canto improvisado, a máis completa feita até hoxe desde Galiza e que pretende ser un aglutinador desta manifestación cultural que entronca aos regueifeiros, brindeiros, payadores, repentistas, bertzolaris,… de todo o mundo e ás novas correntes coma a do hip-hop, o poetry slam ou os match improvisadores. Así se presenta esta web:
“Dende a ORAL creamos este sitio coa intención de abrir unha ventá, a través da internet, a todas aquelas persoas interesadas e con inquedanza nesta vertente da improvisación oral rimada.
A regueifa é a manifestación máis estendida no noso país do secular arte popular da improvisación oral en verso do que se atopan referencias dende a Antiga Grecia e Roma pasando polas cantigas de escarnio e maldicir da Idade Media ata os nosos días.
Pero non só falaremos da súa orixe, da súa técnica, de cómo aprendela e practicala ou simplemente gozala, senón tamén doutras manifestacións tan antigas como a mesma regueifa, ou mesmo tan modernas coma o Hip-Hop e de cómo se poden relacionar. Ademais será a ágora onde falar destas disciplinas e de lugar de contacto entre os regueifeiros e o seu público. Tentarase asemade que serva para estar ao cabo da actividade dos regueifeiros e da asociación para que todos e todas saiban onde e cando acudir a un enfrontamento entre regueifeiros ou a un obradoiro ou un xantar regueifeiro.
Tamén serve para abrir un espazo no que se poida regueifar en liña en tempo real, ver actuacións e escoitar regueifas dende calquera parte do mundo.
Por último, pero non menos importante ten o obxectivo de achegar e recopilar información e documentación para ir enchendo o oco que hai no tocante ao estudo formal e profundo que a regueifa e o resto de formas de improvisación oral merecen dentro do marco da nosa Cultura Popular e Tradicional. Contacto
Asociación Oral de Galiza Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Estrada Xeral de Valladares, 261 36315 Vigo - Pontevedra Telf.: 986 467 053 Fax: 986 467 052
Co galo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade p ..>>
Co galo de que xa queda menos dun mes para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e que aínda non se fixo a presentación, ocorreuseme facer unha nova carta aberta para tratar de que a organización entenda que é necesario por, entre outras medidas, o cobro dunha entrada para o acceso á zona de acampada de Morouzos, logrando así dous obxectivos. Un deles, parar a decadencia do festival que está a levalo á súa desaparición. O outro, tratar de conseguir un público menor en cantidade pero maior en calidade, para lograr así que o Festival de Ortigueira sexa realmente o mellor festival de toda a península Ibérica.
A quen máis lle interesa que o festival non desapareza e que gañe calidade? aos mesmos veciños de Ortigueira, así que a eles, principalmente, vai dirixida:
A todos aqueles interesados pero especialmente aos cidadáns de Ortigueira:
Ano tras ano, por estas datas, o meu corazón vai latindo cada vez máis animado segundo vaise achegando o día en que comece o festival de Ortigueira. É para min algo moi especial poder ir aló a disfrutar dos concertos, das vistas, da festa, da vila, das xentes. Son catro días marabillosos nos que logro esquecer ao resto do mundo.
Máis hai algo que, tamén ano tras ano, vai facendo que agrome en min unha dúbida: si deixar de ir ou non ao festival, porque cada ano que pasa, o festival de Ortigueira vaise parecendo menos a aquela pequena idea que fai xa trinta anos levaron adiante os rapaces da Banda de Gaitas de Ortigueira. E así, este festival, pouco a pouco, é cada vez máis un macrobotellón e unha macrofesta das drogas. Non estou en contra nin do un nin do outro, por mais que eu non probe máis droga que o viño, a cervexa, xa saben, cousas desas, ou algún cigarriño con herba aromática de cando en vez. Non estou en contra de todo o que se fai no festival actual porque cada un é libre de facer ca súa capa un saio, pero iso non quere dicir que me pareza ben o que está a acontecer no festival.
Explícome. Eu considero, que a vista do que é o festival nestes últimos anos e do que xa aconteceu fai vinte tantos anos, que o festival está condenado a deixar de facerse.
Actualmente, segundo a organización van ao festival unhas cen mil persoas. Cantas desas persoas van realmente aos concertos? Botando contas e sendo xeneroso, eu diría que a ver os concertos van unhas corenta mil persoas por día de concerto. Polo tanto… onde están as outras sesenta mil? Pois a maior parte da xente que ven o festival queda na zona de acampada de Morouzos e só pisa o pobo si se lles esgotan as provisións ou a bebida. Morouzos, un lugar público e protexido, énchese de tendas e de chiringuitos onde non deixa de soar a música nin de pasar drogas de todo tipo en todas as noites do festival, como se fora unha macrodiscoteca tecno calquera. Así tan só unha pequena parte dos cen mil van ao pobo a ver os concertos e a facer gasto nos bares, nos supermercados, nas tendas.
Eu explícolles todo isto porque quero propoñerlles dúas posibilidades do que vai acontecer no festival no futuro e vostedes terán que escoller unha.
Nunha delas as cousas seguen como están. A zona de Morouzos segue a ser unha macrodiscoteca, chea de alcohol, drogas e xente que vai ás carpas onde só poñen música dance ou grandes éxitos pop. As tendas están pegadas unhas ás outras e os rapaces desas tendas, para poder comer algo quente ou para poder ver de noite mentres beben, fan fogueiras, con ramas arrincadas das árbores ou incluso árbores novos enteiros. Segue a haber roubos e problemas. O ano que ven, ou o seguinte, ou mesmo este, haberá unha pelexa grande e morrerán un ou dous rapaces. Batalla campal no piñeiral de Morouzos. A cousa pode non rematar aí. Imaxinen que no medio da pelexa, ou símplemente por culpa dun borracho, prende lume unha tenda e o lume pasa rapidamente dunha tenda a outra sen control e sen bombeiros que paren rápido a emerxencia, e o lume esténdese por todo o bosque… cantas persoas poderían morrer? Mentras aos concertos só van as mesmas persoas que ían os anos anteriores, ou menos porque xa non soportan o ambiente de Morouzos e non tendo outra alternativa para aloxarse deciden deixar de ir.
A outra opción que lles plantexo e poñer entrada para poder acampar. Doce, quince, vinte euros por persoa máis outros tantos por tenda. Nesta situación seguramente de cen mil persoas tan só irán ao festival a metade, unhas cincuenta mil, pero todas esas serán persoas que queiran ver os concertos, que vaian á vila a pasear, que fagan gasto nos bares, tendas e restaurantes da vila… Deixaran de ir aqueles aos que o festival ben pouco lles importa, os que pasan catro días borrachísimos ou postos ata arriba de pastillas en Morouzos entre música tecno e que non pisan a vila máis que ó baixar do tren. Por que agora xa non van familias a acampar como antes? simplemente porque o ambente de Morouzos xa non é familiar!!!
Que prefiren entón, que desapareza o festival e así tamén eses cartos que tan ben lle veñen ás xentes da vila, ou facer que o festival dure outros trinta anos máis poñendo unha entrada, para que só vaia xente interesada nos concertos, na vila de Ortigueira e seguir facendo caixa verán tras verán?
Así que, se prefiren a primeira opción, pois adiante, non teñen que facer nada e todo chegará. Se prefiren a segunda opción, está nas súas mans, xentes de Ortigueira, lograr o cambio, porque a min, un pobre rapaz do sur de Galicia, o alcalde de Ortigueira, a organización do festival, non me coñecen e tanto lles ten a miña opinión. Pero vostedes son persoas que poden protestarlle na porta do fermoso concello que teñen, persoas que eles coñecen, que poden presionalos directamente para que este ano o festival cobre entrada para acampar en Morouzos e que chegue a ser o grandioso festival folk galego tal como o é o festival de Lorient na bretaña francesa. Mobilícense, protesten, falen con quen teñan que falar, únanse para que o festival de Ortigueira non desapareza.
Aínda están a tempo de facer que este ano a organización cobre entrada para acampar!!!
O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA. Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento: 1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinhe ..>>
O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA
En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA.
Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento:
1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinheiro (profesor de historia da música) no veran de 2007 da que sairá o libro A la Habana quiero ir (Ed Sotelo Blanco, 2009)
2. E a Descarga ao vivo, un espectáculo de fusión de música galega e cubana artellado no inverno de 2007 e estreado no Teatro Mella da Habana en febreiro 2008
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba
O libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego.
A la Habana quiero ir (Ed. Sotelo Blanco 2009) compendia meses de investigación en Cuba de Ramom Pinheiro. Ademais do libro, o espectáculo Descarga ao vivo, do que Pinheiro é director artístico, ofreceranos a finais de xullo un repertorio de temas saídos desta investigación.
A finais do século XIX e princ. do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que “gallego” se convertiu en sinónimo de Peninsular. Cunha comunidade tan grande axiña se fixeron necesarios símbolos de identidade e así se estrea o himno galego na Habana en 1907.
Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exilados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos. Levantou tumbas, removeu memorias e apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego. E así se foi xestando a Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia.
A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, presentouse no mes de febreiro na Habana, na Feira Internacional do Libro. Poderán adquirirse exemplares desta edición nos concertos da Descarga ao vivo na Coruña (23 de xullo, Teatro Rosalía) e Vigo (30 de xullo, Teatro Caixanova).
DESCARGA AO VIVO. O espectáculo que fusiona a música galega e a cubana
Cun elenco musical de luxo e uns arranxos musicais entre o jazz latino e o folque europeo, a Descarga ao vivo preséntase por fin en Galiza en tres concertos exclusivos:
23 de xullo. A Coruña. Teatro Rosalía de Castro
25 de xullo. Compostela. Campus Sur
30 de xullo. Vigo. Teatro Caixanova
A Descarga ao vivo nace dun acordo de colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano. Profesores de ambos centros conforman esta orquesta mixta que nos achegará a finais de xullo os sons que facían bailar a galegos e mulatos nos xardíns da Tropical, na capital cubana.
Entre os 12 temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas para a emigración galega coma a “Alborada de Veiga” ou “Un adiós a Mariquiña” e temas inéditos, froito da investigación de Ramón Pinheiro, como “O Indiano” de Ricardo Fortes Albarellos, “Del Ferrol a La Habana” de Juan Parga ou o tema “Cuba-Galicia” do compositor cubano Guillermo Tomás.
Cónvocase a preincrición das probas de acceso para o vindeiro curso. Se queres saber a oferta educativa, clica aqui Se queres consultar os horarios do vindeiro curso, clica aqui Se queres facer a preinscrición nalgunha especialidade, clica aqui Lembra que tes ata o 9 de setembro para facer a túa preinscrición! O alumnado que non remata este ano o seu itinerario ten que facer a reserva de praza para o vindeiro curso en secretaría (horario de atención ao público, de 16 a 19h de luns a venres) antes do 30 de xuño.
Como en anteriores ocasións, Edicións do Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.
O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).
Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.
Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio). Neste ano, o certame chegará á súa cuarta edición e a organización agarda unha participación semellante ou superior á da pasada edición.
Nos vindeiros días sae á venda o primeiro traballo discográfico do grupo, titulado Caminantes de Finisterre. O disco consta de 15 temas entre os que aparecen arranxos sobre temas tradicionais de Galicia, Asturias, Irlanda i Escocia, xunto a tres temas de autoría do grupo. O material foi rexistrado e mesturado durante distintas sesións ao longo dos primeiros anos de vida do grupo nos estudios Argot de La Plata e masterizado en Steps Ahead de Buenos Aires a finais de 2008.
Así que despois de moito tempo i esforzo demos por pechado este proceso para poñer o resultado a disposición dos que se interesaron ou se acheguen á nosa proposta.
O disco estará á veda nas nosas vindeiras presentacións en vivo e comunicándose a traves do enderezo: caminantesdefinisterre@yahoo.com.ar. En breve informaremos sobre novos puntos de venda ao público.
1º- Romería tradicional e campestre na Área Recreativa de A Santaia (Touro), no que teremos a Banda de Música de Touro e logo Xogos tradicionais a cargo da Asociación Galega de Xogos tradicionais así como unha demostración de Artesanía (Coiro, licores, barro, cesteiro, instrumentos, follas secas, etc...)
2º - A segunda parte, consistirá no festival "Folk in Rio", xa que se fai nunha carballeira situada á beira do Río (A Santaia). Neste festival, tal e como podedes comprobar no cartel que sea acompaña, estarán os seguintes grupos: - O Rancho Folclórico de Río Tinto (Porto - Portugal). - Grupo de Gaitas a Esmorga de Beseño (Touro) - ACASDU (Touro) - A Reviravolta de Lardeiros (O Pino) - A Requinta de Xián (Boqueixón).
Este verán, unha nova expedición musical parte para Bretaña. Do 31 de xullo ao 9 de agosto celébrase na vila de Lorient a 39ª edición do Festival Intercéltico, a cita internacional máis importante para o mundo folk, que este ano conta con Galicia como país homenaxeado, sendo convidado de honra.
A programación de grupos galegos no Festival Intercéltico de Lorient afiánzase nesta edición con Berrogüetto, Fía na roca, BellónMaceiras e bOnOvO, catro grupos con diferentes experiencias no Festival. Dous deles, Fía na roca e BellónMaceiras, veñen de participar en edicións previas do Intercéltico, nas que tiveron unha gran acollida por parte do público. A expedición deste ano conta tamén con bOnOvO, que pon o seu primeiro pé en Bretaña este verán, a onde volverá de xira en Outubro; e con Berrogüetto, un dos grupos máis aclamados e con ampla bagaxe do noso país, que actuará por vez primeira no Festival Intercéltico de Lorient.
Berrogüetto, BellónMaceiras, bOnOvO e Fía na roca; catro formacións de estilos diferentes, pero cun obxectivo común: demostrar que o folk galego de calidade pisa forte tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.
A literatura oral na canción galega contará coa participación dos músicos Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias ( Mini e Mero ) e desenvolveráse no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ( Travesía da Mariña ) O VENRES día 12 de xuño, ás 20 horas
Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini, nado en Begonte o 18 de xuño de 1951) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero, Vilalba, 27 de xuño de 1951), músicos, poetas, mestres e investigadores do folklore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla. Ademais da súa produción discográfica cos devanditos grupos, teñen participado por separado ou conxuntamente noutros discos de música galega, como o Quiquiriqui producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla (creación e adaptación musical súa) e publicado diversos libros. É salientable o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Chá natal e nas zonas onde exercen o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini). O arquivo sonoro froito deste labor, e composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade, que ha estar dispoñible no web do museo. No campo educativo son autores de diveros libros de texto de ciencias sociais, naturais e lingua galega para o ensino infantil e primario. En abril de 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio de 2009.
O gaiteiro Carlos Núñez narra para La Voz as semellanzas que atopa entre a fala do interior do país tropical e o galegoSe damos unha volta polo Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo atoparemos un vídeo no que Caetano Veloso nos di que o portugués do Brasil é a mellor lingua do mundo para cantar. ¿Lembrades cando na escola nos contaban aquilo de que o rei Alfonso X o Sabio, mentres utilizaba o castelán para as leis, escribía as cantigas en galego?Alí sorpréndenos unha xigantesca árbore xenealóx ..>>
O gaiteiro Carlos Núñez narra para La Voz as semellanzas que atopa entre a fala do interior do país tropical e o galego
Se damos unha volta polo Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo atoparemos un vídeo no que Caetano Veloso nos di que o portugués do Brasil é a mellor lingua do mundo para cantar. ¿Lembrades cando na escola nos contaban aquilo de que o rei Alfonso X o Sabio, mentres utilizaba o castelán para as leis, escribía as cantigas en galego?
Alí sorpréndenos unha xigantesca árbore xenealóxica das linguas na que aparece o nacemento do portugués, fillo do latín vulgar coma o francés, o castelán, o catalán e o provenzal. E atención: nin rastro do galego...
Afortunadamente, tras o noso desencanto, na «sala interactiva» deste museo, xenialmente concibida polo meu amigo o erudito e artista José Miguel Wisnik, descubrimos como os meniños e os estudantes xogan e cantan a ritmo de rap o Ondas do mar de Vigo do noso Martín Códax, facendo unha ponte co Rúas do meu São Paulo do seu Mario de Andrade. Había tempo que eu intuía que a utilización do RAP ( rhythm and poetry ) permitiría a reinterpretación dunha canción que levaba esperando máis de cen anos: a Alborada de Rosalía de Castro. Naquel museo comprendín que ninguén mellor que os brasileiros para facer con mestría esa «poesía ritmada».
Calquera galego ao aterrar no Brasil ten a sensación de chegar a outro planeta, cunha paisaxe tropical e humana moi diferente. É a lingua a primeira en abrazar ao novo visitante... En poucas horas, esqueceremos que o que falan non é galego, senón un portugués sorprendentemente próximo ao galego. Tamén no museo achamos que a explicación disto parece ser que o portugués do Brasil ficou aferrado a unha versión arcaica da lingua, conservando variantes hoxe rexionais en Portugal. Se cadra, xusto como moitos portugueses perciben hoxe o galego.
Polo que ata agora me explicaron, aínda non están estudadas as posibles conexións entre o portugués do Brasil e o galego, porque oficialmente son dúas linguas diferentes. Pero tamén hai lingüistas que consideran que realmente son tres linguas: portugués do Brasil, portugués europeo e galego. E hainos que consideran que son só unha, malia que na actualidade haxa diferenzas importantes, especialmente na escrita.
Outra maneira que teñen de chamarlle a este suposto arcaísmo brasileiro é medievalismo. Esta idea está moi espallada no Brasil. Alí gustan de pensar que nalgúns recantos no mítico Sertão segue viva a Idade Media europea ou ibérica.
É sorprendente como aínda hoxe no Nordeste -a primeira rexión do Brasil en ser colonizada- seguen vivos moitos costumes medievalizantes: os romances, a literatura de cordel coma a dos nosos cegos nas romarías, os improvisadores e repentistas como os das nosas regueifas.
Modernistas e xeración Nós
Esta herdanza tivo tamén o seu reflexo na alta cultura , sobre todo a partir dos modernistas nos anos 20. Eles foron os grandes creadores do imaxinario brasileiro tal e como hoxe o coñecemos, baseado na misciginaçao -a mestura de indíxenas, africanos e europeos-. Interesáronse moito polo folclore e a música. E tamén estudaron esta parte medievalizante do Brasil. Como vimos no museo, os seus grandes poetas como Mario de Andrade e Manuel Bandeira, mesmo escribiron á maneira dun Meendinho ou Martín Códax, como fixeron aquí os neotrovadoristas.
Como nos comentou o antropólogo António Medeiros, «modernista adora arcaísmo». El salientou as semellanzas entre o Manifesto modernista no Brasil do 1922 e o galego de Nós, do 20. Un membro daquela xeración, Guilherme de Almeida, visitou Galicia no ano 33 e chegou a publicar un artigo na revista Nós , titulado Galliza, pátria da Canção . Non debemos esquecer que as cantigas galego-portuguesas eran poesía mais tamén música, e un brasileiro non ía pasar iso por alto... O seu cicerone en Galicia foi Valentín Paz Andrade.
E chegamos á tese dun dos nosos pioneiros, Paz Andrade: no Brasil consérvase moito da vella Gallaecia, que estaría aínda ben presente na cultura dos portugueses cando estes desembarcan no Brasil. Posteriormente, o galaico diluiríase en Portugal coa influencia de Lisboa, do sur, e na costa do Brasil, mais ficaría vivo no interior.
Paz Andrade estudou a galecidade, moi especialmente na obra do para moitos máis importante escritor brasileiro do século XX: o mineiro João Guimarães Rosa, quizais pouco coñecido fóra do Brasil por non tratar na súa obra a cultura do carnaval, praia e samba, senón a dese descoñecido interior. Minas Gerais é un estado máis grande que España. Culturalmente, mesmo na paisaxe, é do máis próximo a Galicia que achei alí. Os mineiros son parecidos a nós mesmo nos tópicos: son desconfiados, responden a unha pregunta con outra pregunta, son conservadores e calados, misteriosos?
No seu impresionante rastrexo, Paz Andrade atopou palabras e expresións tan galegas como: lusco-fusco, aquí e acolá, sol-se-por, arco da vella, demo, lobisomen, orballo, corozas, queixume, vagalume... E costumes como os toques das campás ou sinos, as alfombras de flores no Corpus, o carro de bois, a coca, as penlas, as fogueiras de San Xoán? Eu, que estiven alí, pódovos asegurar que todo isto é verídico. Incluso non puiden resistirme a gravar dúas cancións mineiras no disco de tan galegas como soaban.
O segredo de que a cultura de Minas sexa tan parecida á nosa é aparentemente sinxelo: cando no século XVIII se descubre a riqueza mineira no interior brasileiro os principais poboadores foron os miñotos, ou sexa, os galegos de Portugal. Lembremos que o Miño era o sur da Gallaecia histórica, que se parte en dúas, dando orixe a Portugal. O Miño, como Galicia, disfruta da revolución provocada polo millo chegado de América, a riqueza que se ve aínda nas construcións barrocas pero que provoca un exceso de poboación que ten que emigrar.
É curioso que este éxodo de miñotos a Minas está dalgún xeito na orixe da emigración galega ao Brasil. Os galegos emigran a Portugal desde sempre. Pero moi especialmente enchen este baleiro deixado polos miñotos e de aí pasarían ás cidades, Porto e Lisboa. Nelas escoitan as historias de riqueza dos brasileiros retornados e comezan a emigración galega a partir do XIX e XX que coñecemos.
A banda santiaguesa Som do Galpom ven de estrear o seu primeiro videoclip "Quedamos nesa Praza", do seu album debut "Em Terra de Ninguém" (Falcatruada). A produción do videoclip correu a cargo da productora viguesa Verve Audiovisual, que empregou unha novedosa técnica de stop motion para a súa realización. Segundo relataron na rolda de prensa da presentación do videoclip na Fnac da Coruña, o proceso foi moi laborioso, xa que empregaron máis de 1000 fotografías.
O grupo escocés Wolfstone formará parte do cartel artístico do próximo Festival Ortigueira. É o primeiro grupo internacional confirmado da cita folk, organizada polo Concello de Ortigueira co patrocinio de Xacobeo, de Estrella Galicia e da Deputación da Coruña, que alcanzará do 9 ao 12 de xullo a súa XXV edición.
A formación, fixa na maioría das quinielas de favoritos dos afeccionados, será o sábado 11 de xullo un dos pratos fortes da oferta do Escenario Estrella Galicia, un palco que dará cabida, un ano máis na súa programación, a sons celtas e outras músicas de raíz europeas.
A banda que lideran o violinista de Inverness Duncan Chisholm e Stuart Eaglesham (guitarra acústica, voz) volverá pisar as táboas de Ortigueira, tras seis anos de ausencia. Farao cunha formación renovada e cun produto evolucionado, que se sustancia no seu décimo traballo discográfico, "Terra firma", no que gañan peso os temas cantados.
Máis de dúas décadas de traxectoria permiten presentar a Wolfstone como paradigma do entendemento entre o folk tradicional e o rock máis duro. Isto tradúcese en directos enérxicos, nos que non faltarán as palmas e os saltos do público, aínda a pesar de que o grupo que asinaba o disco "Not Enough Shouting" (balbordo insuficiente) temperouse.
A batería de Alyn Cosker domina a impoñente base rítmica deste sexteto de virtuosos que completan Stevie Saint (gaitas escocesas e flutas), Colin Cunningham (baixo) e Davie Dunsmuir (guitarra eléctrica), ademais das pezas fundamentais da banda, o dúo fundador.
En 2009, Wolfstone volverá a asomar ao Escenario Estrella Galicia. Consciente de que garante festa ao grande, o Concello confiaralle aos escoceses o día grande do Festival. A presenza da banda no cartel é, dende aquel 2003 en que trunfaron con "Almost an island", unha demanda continua dos folkies.
O sábado 4 de xullo ás 21:00 h no auditorio da Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada celébrase a Gala Queiroa "O noso ritmo". O grupo Queiroa xurdiu no outono de 2002 coa intención de encher un vacío que existía en determinadas parroquias de Sada e foi crecendo ata convertirse nun referente cultural na comarca das Mariñas.
Nesta gala participarán todolos alumnos das escolas e os mestres.
O 17 de Maio manifestabamonos en defensa da lingua galega. Mais esta defensa non pode limitarse a unha paseo ata a Quintana. E non só hai que defender escolas en galego, hai que defender a presenza do galego en tódo-los ambitos, e o musical é MOI IMPORTANTE. E se deixamos que desapareza un programa como Aberto por Reformas, sen facer o menor ruido, estamos cometendo un grave erro.
O gaiteiro galego Carlos Núñez conta para La Voz de Galicia a súa experiencia de un ano en Brasil dedicado a investigar e a preparar o seu novo disco, «Alborada do Brasil», de próxima aparición.Veño de pasar un ano percorrendo Brasil, gravando o meu novo disco. Lanzarémolo dentro de dúas semanas. Chamarase Alborada do Brasil en homenaxe a unhas proféticas palabras que deixou escritas o meu avó. O seu pai, meu bisavó, José María Núñez, emigrou alí a principios do século XX dende A Mezquita (Ouren ..>>
O gaiteiro galego Carlos Núñez conta para La Voz de Galicia a súa experiencia de un ano en Brasil dedicado a investigar e a preparar o seu novo disco, «Alborada do Brasil», de próxima aparición.
Veño de pasar un ano percorrendo Brasil, gravando o meu novo disco. Lanzarémolo dentro de dúas semanas. Chamarase Alborada do Brasil en homenaxe a unhas proféticas palabras que deixou escritas o meu avó. O seu pai, meu bisavó, José María Núñez, emigrou alí a principios do século XX dende A Mezquita (Ourense) e desapareceu. Sempre se dixo que o mataran por celos profesionais. El era músico, coma min, e sempre sospeitei o que as pesquisas están confirmando: que, en realidade, como moitos galegos, iniciou unha nova vida no Novo Mundo.
Pero isto non é o máis importante da historia. A cuestión é que esta frutífera exploración musical acabou por se converter nunha auténtica viaxe iniciática na que aprendín unha chea de cousas que atinxen a Galicia. Estas son as que gustaría de compartir con vós nesta serie de artigos que hoxe comeza, esperando que as miñas andanzas polo Brasil sirvan a máis xente.
Onde pervive a alma da gaita
Brasil sempre ten sido para os galegos unha patria secreta onde desaparecer. En Brasil falan a lingua seguramente máis semellante ao galego que existe, se non é a mesma... No Brasil segue viva a alma da gaita, transmutada noutros instrumentos. Alí, a cultura das cantigas medievais galego-portuguesas, os nosos instrumentos musicais cáseque desaparecidos, as nosas tradicións... mesturáronse e fixéronse universais. En Brasil vive o noso pasado e quen sabe se o noso futuro.
Alí atopamos a nosa desexada síntese entre a cultura urbana e rural. No Brasil, as ondas do mar, a alborada, as noites de luar, as estrelas, as fogueiras de san Xoán, as sereas, as bruxas e o orballo, por non falar dos nosos diminutivos... gozan do glamour do artisticamente universal. Dito con outras palabras: no Brasil vive unha Galicia cool . Imaxinade a cara coa que ficaron os da Sony cando lles contei todo isto mentres escoitabamos o disco: «¡Carallo con estos gallegos! Ahora van y crean la música galego-brasileira!».
O caso é que volvo a casa convencido de que a nosa relación con Brasil pode ser clave para Galicia na nosa continua reinvención do país e, por que non dicilo, na creación de novos mercados. Sei que está todo por facer, pero penso que poderíamos estar diante dunha nova conexión artística tan potente como foi a música celta, coa que dalgún xeito conseguimos, dende mediados dos anos noventa, poñer a Galicia no mapa para moita xente.
Na ronda de sabios que entrevistamos para o documental que estamos a facer en paralelo ao disco, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, xa nos avisou: «Brasil é unha grande aposta, non só económica, senón tamén cultural». O meu amigo Manuel Bragado, director de Xerais, resumiuno en tres palabras: «Brasil somos nós». Hai pouco tempo, Juan Luis Cebrián foi aínda máis alá e dixo que «Galicia ten a sorte de ser a terra das cantigas e pode ser a ponte de España e Europa co Brasil».
Sorprende que semellante mina non teña sido explorada por Galicia. Brasil non forma parte do noso imaxinario de afinidades como Arxentina, Cuba, Irlanda ou Portugal. Ata agora a nosa relación con este xigante de xa case douscentos millóns de habitantes debémoslla ao calado e tenaz traballo dos nosos emigrantes, aos non sempre comprendidos reintegracionistas e amantes da lusofonía e a algún pioneiro como don Valentín Paz Andrade, que nos anos setenta publicou unha xoia da que xa falaremos a próxima semana e que nos descobre un novo concepto: a Galecidade do Brasil.
Ninguén lles dixo de nós
O brasileiro de a pé descoñece a existencia de Galicia. Non é a súa culpa, nunca llo contaron. Era duro para Portugal recoñecer que parte da súa cultura vén dun territorio «lá na Espanha». Incluso ignoran onde está exactamente Santiago de Compostela. En cambio, o Camiño fascínaos, proba é o éxito sen precedentes do escritor Paulo Coelho.
Cando descobren que «todo iso» vén dese misterioso país, que non trae aparellado o «imperialismo» europeo, que tanto amola aos brasileiros, entón apúntanse sen dubidalo... Dalgún xeito Galicia axuda aos brasileiros a descubrírense a eles mesmos, nunha parte da súa historia que nunca lles contaran.
Nélida, a introdutora
Comeza a renacer un orgullo sen precedentes. A galego-brasileira Nélida Piñón, primeira muller presidenta da Academia Brasileira das Letras, nas súas aparicións televisivas e na súa obra, fala habitualmente do seu pequeno país de orixe. Trátase dunha persoa cunha intelixencia e enerxía deslubrantes.
Nélida foi un dos meus introdutores na jet cultural de Rio de Janeiro. Nas elites brasileiras dáste de conta do importante que é a música para o país. Todos, absolutamente todos, dende os escritores, os políticos, os empresarios, os militares... saben de música. Todos teñen os seus gustos musicais ben definidos e saben que no fondo, a música é unha das identidades máis fortes de Brasil, por enriba doutras artes. Lembremos a Gilberto Gil como carismático ministro de cultura.
Cecais o único lugar do Brasil onde todos saben que é un galego sexa Salvador de Bahía. Alí a nosa comunidade é potente e está moi ben organizada. Carlinhos Brown contounos que os galegos foron os primeiros en darlle traballo, nunha panadería. Gravar con este xenio indomable foi algo máis que música, foi unha experiencia antropolóxica.
Ter diante ao meu tocaio do Candeal ulíndote e examinándote, como faría un paisano noso, confirmoume a teoría que fun consolidando en Bahía: que entre negros e galegos hai algo moi profundo que nos une e produce unha irreprimible atracción. Quizais por iso no Brasil galego tamén significa 'louro, rubio, branquiño'. Son os opostos que se atraen.
Os outros grandes centros actuais do «poderío galego» son São Paulo e Rio de Janeiro. Alí, é curioso que máis que exhibirse, sempre tenden a esconderse misteriosamente... No Brasil os galegos aprenderon a organizarse en empresas con varios socios. Raro é atopar cabezas visibles, con excepcións que ben darían unha novela ou un filme...
Os galegos alí sempre se camuflaron como portugueses, máis que españois, ou simplemente como brasileiros. Este é un país que se come todo, non crea guetos étnicos. Todo ser humano transfórmase nun tempo récord en brasileiro. Iso mesmo acho que fixo o meu bisavó.
É posible que as percepcións dun músico non sexan científicas, pero como dixo un tal Leite de Vasconcellos: «Os artistas adivinham muitas vezes o que, por outro lado, os investigadores de História descobrem a custa de fatigante labor cerebral».
FESTA VOZES NOVAS 25 de Junho de 2009 Sala Nasa 21.30 hh. Entrada: 8 € anticipada (O Pichel, A Reixa, Gong e web da Nasa) / 10 € taquilha Sacha na Horta, Ataque Escampe e Arremecághona's Produçións, com a intervençom de O Leo de Matamá e En-Riquinho
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo “Xocas” da Deputación de Ourense, convoca o II Concurso de Fotografía Antiga. Este bosquéxase como principais obxectivos: recuperar da memoria fotográfica de Ramirás e Comarca de Terras de Celanova, , fomentar a investigación, recolleita e indagación de tipo etnográfico entre os participantes, e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios, etc que eran tradicionais nesta zona.
A dito concurso poderán presentarse tanto colectivos como persoas a xeito particular. Premiarase a mellor colección de fotografías, aínda que tamén existen dous premios especiais, un para a fotografía máis antiga e outro para a mellor fotografía. O prazo de presentación de fotografías remata o día 31 de Agosto, podendo entregalas ata este momento na sede da Escola Rebulir ou ben no Concello de Ramirás. A entrega de premios realizarase no mes de Setembro coincidindo co acto de presentación do curso.
Na pasada edición do concurso foron recollidas máis dun centenar de fotografías que retrataban desde festas e cerimonias (bautizos, enterros, comuñóns, entroido...) até os momentos da vida de cotío e o traballo (a malla, a vendima, na sega, cociñando...) e por suposto moitos retratos . Con esta segunda edición continuamos o proxecto de elaborar un arquivo fotográfico, o que fará que estas imaxes non queden perdidas en arcas e baúis senón que sexan un referente para consultar a historia de Ramirás e os Concellos limítrofes.
Axúntase a dita nota de prensa o cartaz desta edición, as bases do concurso e a ficha para a recolleita de fotografías (En PDF). Para máis información poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 639 90 80 05 ou ben no enderezo electrónico rebulir@hotmail.com.
Coanhadeira vencedores do IV Concurso de Música Folk `Escenario Prau´
(texto engadido o día 25/ / 5/ / 09 )
O grupo ourensan gañou o pasado sábado o concurso cántabro `Escenario Prau´ no que participaron 20 grupos procedentes de toda a península, e tamén de Arxentina, Italia e Venezuela
A gaiteira e cantante lanza ao mercado o seu terceiro disco: 'Os soños que volven', onde recrea temas que interpretaba na súa infancia. Presentarase en xuño.
Coincidindo co décimo aniversario do seu primeiro disco, a gaiteira e cantante Susana Seivane, lanza ao mercado o seu cuarto traballo: Os soños que volven. Estará nas tendas o vindeiro mes de xuño.
Trátase dun disco no que a artista une a súa longa experiencia nos escenarios do mundo e a paixón polo tradicional, recuperando os temas que interpretaba na súa infancia; vellas cancións rescatadas agora, dándolles unha perspectiva actual, marcada polos directos de Seivane.
O disco está composto por 14 temas, e está editado polo selo discográfico da propia Susana Seivane, Enavíes Música. A produción e os arranxos corren a cargo de Seivane e a súa banda. Na gravación colaboraron músicos da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas e Harry Price, entre outros.
Acaba de sair á rúa o novo disco de Guadi Galego, ‘Benzón’, un traballo de inspiración propia e múltiples colaboracións.
Guadi Galego devece pola música tradicional galega. As súas cancións teñen ese sabor vello e novo a un tempo. Neste disco tivo o bo ollo de rodearse de grandes músic@s e letristas de aquí que revitalizan e perpetúan cunha visión contemporánea o noso rico e fermoso acervo popular. A inspiración e beleza dos arranxos veu dada quizais, polo amor profundo que profesan á nosa música e tamén ao traballo rigoroso de Guadi neste campo onde aínda hai tanto que arar.
Foi cociñado na casa, entre amig@s, cos aloumiños precisos. Ben o puido facer ela soa, pero quixo amosar o incríbel mosaico de creadores de mundos polos que ela tamén transita valente, ecléctica e sen prexuízos. Do novo folk ao jazz, do tradicional ao pop. Cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega dende a súa revolucionaria irrupción.
Hoxe está máis plena e madura ca nunca como compositora, letrista e intérprete e sabe moi ben de onde vén, cal é a súa orixe e sen perder de vista o berce, poderá alcanzar o universo todo coas mans. Da Paradanta a París, da Serra da Capelada á Habana.
Esta morena de Cedeira trae canda ela o recendo salgado dos portos do norte e a brisa fresca do talento mariñeiro prendido da súa voz. Na súa leira medran barcos vellos, utopías, folliñas de alecrín, o eco dos nosos antergos e unha fonte de melodías e palabras que nunca seca.
Cativa e seduce polo fondo sentimento que lle imprime á súa música, pola intensidade coa que di cada sílaba como se quixera salvarnos do medo e da dor. Emotiva e fráxil, serena que serpea nos nosos corazóns, os pés nus nunha terra que ama e que fai máis nosa cando ela a viste co seu canto.
O tempo se cadra, para de vez, e déixanos beber a amizade nunha taberna ao norte do alén.
Como é un CD/DVD, desta vez o que atoparedes na web son anacos da grabación do concerto i, en breve, tamén algún extracto do documental.
``Despois de 24 anos percorrendo os cinco continentes. Despois de 26 países visitados. Despois de dar as grazas en 12 idiomas distintos… Era o momento de publicar o noso primeiro CD/DVD en directo. Un agasallo para o noso público e un testemuño para toda a xente que participou como espectador nos nosos máis de 800 espectáculos, e que contribuíron para que LUAR NA LUBRE sexa actualmente, o que é: un dos grupos internacionais máis importantes da música celta.´´
Crea a túa conta O 18 de Maio Ghastas Pista? cumple 10 anos de existencia na rede e disponse a comezar unha nova etapa.
A intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta dentro da web.
Ábrese o prazo de recepción de candidaturas ao concurso musical organizado por Vieiros e a Radio Galega.
Este sábado abriuse o prazo de recepción de candidaturas para a cuarta edición de A Polo Ghit, o concurso que procura a canción galega do verán. Os grupos e solistas que queiran participar no concurso organizado por Vieiros e a Radio Galega poden enviar as súas cancións aos dous medios.
Lembramos que os temas teñen que ser orixinais, a letra debe estar en galego e teñen que ter as características típicas dunha canción do verán. Haberanse de mandar en formato MP3 aos enderezos electrónicos apologhit@vieiros.com e apologhit@crtvg.es, ou ben en formato físico por correo tradicional a Extrarradio, Radio Galega, San Marcos, 15820 Santiago de Compostela e mais a Vieiros, Rúa do Pombal, 43, soto, 15705 Santiago de Compostela.
Os arquivos ou discos terán que ir acompañados dos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista. Nas próximas semanas publicaranse as bases desta edición de A Polo Ghit, activarase a web do concurso e comezarán a publicarse nela e a soar no programa Extrarradio da Radio Galega as primeiras candidaturas recibidas.
Catro anos de andaina Na anterior edición de A Polo Ghit participaron 82 cancións. Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags, foi a gañadora, e representou a Galiza no festival de linguas minorizadas Liet Lavlut, que se desenvolveu en Laponia no mes de outubro pasado. Biocultivos, de Sacha na Horta, foi a primeira clasificada na edición de 2007 e In the ocean de Pulpiño Viascón, gañou o primeiro certame, en 2006.
O Tragasons, programa de músicas do nosso planeta realizado em língua galego-portuguesa, voa além do Atlântico e começa a soar na emissora FM La Tribu, no 88,7 FM de Buenos Aires. Será a partir de esta sexta-feira, 8 de maio, polas 16:30 hora local (21:30 horas da Galiza e do resto do Estado Espanhol, 20:30 horas de Portugal).
O Tragasons já se emite na Rádio Filispim de Ferrol (Galiza) os sábados as 17 horas, as terças-feiras às 21 e as quintas polas 10 da manhã.
Leonard Cohen, que o pasado ano volveu aos escenarios tras quince anos sen ofrecer un concerto, fará este verán unha xira por España con citas confirmadas xa en Vigo, Xirona, Madrid, Granada, Bilbao e Barcelona, asegurou o promotora Doutor Music.
O músico canadense actuará o 13 de agosto no Parque Castrelos de Vigo, o día 15 no Festival Jardins de Cap Roig en Xirona, o 12 de setembro no Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid, o día 13 no Coliseo de Atarfe en Granada, o 17 no Bec de Bilbao e o día 21 no Palau Sant Jordi de Barcelona.
Un gran ano O 2008 foi un gran ano para Leonard Cohen cunha viaxe por todo o mundo, con concertos de tres horas, esgotando entradas e recibindo grandes ovacións nun periplo que resume o disco e DVD recentemente publicado por Sony, 'Live In London', gravado na Area de Londres.
Temas como 'Suzanne' a 'Dance me to the end of love', pasando por 'Hallelujah' ou 'First we take Manhattan', xa clásicos do seu repertorio, soarán este verán en España.
Un total de 13 grupos galegos de diferentes estilos musicais actuará este ano en Cataluña en virtude do acordo establecido entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Institut Catalá de les Indústries Culturais (ICIC) para a extensión da Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) a 9 salas catalás. Serán 30 os concertos programados no marco deste primeiro circuíto RGMV-Catalunya, que se desenvolverá de marzo a xuño e de setembro a novembro. (..) Con esta iniciativa, a AGADIC dá un paso máis na promoción exterior da música galega trala positiva experiencia que significou o intercambio entre a Rede de Música ao Vivo e o circuíto portugués OuTonalidades no último trimestre do pasado ano, cando 5 formacións galegas protagonizaron 15 concertos no país veciño, e 6 bandas de Portugal ofreceron 21 actuacións en Galicia. Ambos programas enmárcanse nunha máis ampla liña de traballo na que se sitúa igualmente o apoio institucional á participación do sector musical galego en feiras e encontros internacionais.
Se tes algun problema enviando a noticia -imaxe demasiado grande, documentos pdf, etc.. - podes enviala a: ghastaspista@gmail.com
Crea a túa conta en Ghastas Pista?. O rexistro de usuarios está en preparación e fase de probas, pero a intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta.
LEMBRATE DE GHASTAS PISTA?
CANDO NAVEGUES
Envía as noticias que atopes, con só dous 'clicks'
Engade o seguinte enlace aos teus favoritos ou á barra de marcadores
(pinchar nel co botón dereito e selecciona esa opción)
e poderás engadir enviar noticias a esta páxina dende calquer web:
cando atopes algunha nova interesante, navegando pola rede,
só terás que ir aos favoritos/marcadores,
pinchar no enlace que gardaches..
e aparecerás nesta páxina co formulario xa preparado para editar
(se na outra web seleccionaches parte do tamén aparecera no formulario),
modificar (ou non) os datos e subir a noticia a esta páxina