"xornadas"

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

Xornadas de portas abertas de Lembranzas da Ría (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2019)

- concertos- Lembranzas da Ría-

Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión.

Sábado 14 de setembro

na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo

Contacto: 687 487 997

Asociación Cultural Lembranzas da Ría

VI Foliada POST Xornadas de Cantigas e Agarimos (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-07-2019)

- Cantigas e Agarimos-

O vindeiro 27 de xullo celébrase na Praza da Quintana a Xornada de folclore galego e, unha vez rematada, Cantigas e Agarimos organiza a VI FOLIADA POST-XORNADAS.

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??09-07-2019)

XX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

O venres 12 e o sábado 13 de Xullo de 2019 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, naceu hai 20 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.

Durante os dous días nos que transcorre o Memorial, ademais da Mostra de artesanía de in(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

I Xornadas de Acordeón en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-05-2019)

- concertos-

O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das pall(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

A Música tradicional Re-Vista (Xornadas do CVC de Valladares. Vigo)

- concertos-

10, 17, 19 e 24 de marzo, ás 19h no Auditorio do CVC de Valladares

Día 10

TANXEDORAS

OS TERRIBLES DE DONAS

Día 17

Anxo Pintos e Begoña Riobó

CANS DE PALLEIRO

Día 19

GONZALO CARIDE Banda

COMANDO CURUXÁS

Día 24

Melró

TANTO NOS TEN

IV XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL en Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- concertos-

Nesta edición, como novidade, teremos un obradoiro de iniciación (14 de abril) e outro de perfeccionamento (17 de marzo).

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO

Curso de 4 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 17 de marzo en Pontevedra (de 16 a 20 horas).

Dirixido axs asistentes a algunha das tres edicións anteriores ou xente con coñecementos previos.

Material necesario: tambor e baquetas.

Prezo: 25 €.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).

Inscrición e informa(...)

(Ultima actualizaci??08-02-2019)

II Xornadas de Música Tradicional Os Sobraos de Bergondo

- concertos-

Domingo 10 de febreiro de 16h a 20h no Local Social de Carnoedo

Obradoiro de fabricación dun pandeiro cadrado. Imparte Xosé Maceda.

Festa dos Reis en A Mezquita

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-01-2019)

- concertos-

A Festa dos Reis é unha festividade tradicional con séculos de historia que se celebra nos primeiros días de xaneiro na localidade de A Mezquita.

O calendario festivo constará de catro xornadas:

🎵 2 de Xaneiro - Cantar os reis: o primeiro día anunciaremos a festa cantando coplas tradicionais diante das vivendas das aldeas.

💰 3 de Xaneiro - O día de pedir: neste segundo día, os zamarreiros chamarán ás portas das casas para pedir o aguinaldo. A veciñanza adoita axudar a fest(...)

2018

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

A AGG organiza unhas novas xornadas de baile tradicional en Teo

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.

PROGRAMA:

Domingo 16 de decembro

09.45 – Apertura e entrega de documentación

10.00 – O baile (...)

(Ultima actualizaci??30-11-2018)

Xornadas da Gaita no Mar (Rianxo)

- concertos-

Este domingo estaremos en Rianxo nunha nova edición das Xornadas a Gaita no Mar.

Con estas xornadas organizadas pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración con Cultura da Deputación de A Coruña e o Concello de Rianxo, queremos recoñecer a gran contribución que fixeron os mariñeiros gaiteiros no espallamento da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar.

Queremos aproveitar a ocasión para render unha mais qu(...)

(Ultima actualizaci??18-11-2018)

Xornadas de percusión tradicional en Compostela

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de Novembro en Santiago de Compostela, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na quenda da mañá, e a pandeira na quenda da tarde.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo da percusión como Chema Cebeiro, Miguel López "Chino" e Blanca Villares.

PROGRAMA:

Domingo 25 de novembro

10.00 - 11.30 – Obradoiro de bombo con p(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Trade(...)

II XORNADAS DE PORTAS ABERTAS en Peis d´hos (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-11-2018)

- concertos-

Venres 16 e sábado 17 de novembro

Esta fin de semana vén cheí­ña de obradoiros para todas as idades e niveis, e DE BALDE!!!

Sen necesidade de inscrición nin reserva, tan só pasade polo local e metédevos na aula que prefirades!

Aquí­ tendes toda a info!

(Ultima actualizaci??01-11-2018)

I Xornadas Zanfonas Abertas (Lérez - Pontevedra)

- concertos-

Os vindeiros día 2 e 3 de novembro terán lugar as I Xornadas Zanfonas Abertas organizadas pola Agrupación Gaiteiros das Rías Baixas. Terán lugar na Casa da Cultura de Lérez (Rúa Leandro del Río 12 - Pontevedra) e contarán co seguinte programa:

Día 2

-19.30 horas: Charla coloquio (entrada libre) "A zanfona. Pasado e presente"- Participan: Anxo Pintos, Luciano Pérez e Carlos do Viso.

Día 3

-De 9.30 a 20.00 horas: Xornada de Zanfonas Abertas a cargo de Carlos do Viso

Iniciación co in(...)

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

X Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

- concertos- Berros do Castro- AC Donaire-

Sábado, 20 de outubro na Casa da Cultura de San Sadurniño

A A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a

cultura popular galega.

Seguindo a estrutura das anteriores edicións, as xornadas de 2018 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición

“Raparigos: 50 anos de música tradicional”, que recolle unha selección de imaxes, documentos e ins(...)

Asociacion Cultural Retranqueiros (Ames. Bertamiráns) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E GRATUITAS OS DIAS 13 ( 17.30 A 20.30 H) E 14 DE SETEMBRO ( 16.30 A 22.30).

PODERÁSE PROBAR CADA AULA NO SEU HORARIO CORRESPONDENTE (VEXASE NA IMAXE).

O LOCAL PARA AS PROBAS SERÁ NO BAIXO DA IGLESIA NOVA DO MILLADOIRO.

VÉMONOS!!!

(Ultima actualizaci??24-09-2018)

Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)

- concertos-

Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e(...)

(Ultima actualizaci??20-09-2018)

Agrupación Folklórica Vento Mareiro (A Guarda) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de baile, canto e pandeireta

Xornadas de portas abertas durante o mes de setembro.

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

VI Xornadas arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo-Cotobade)

- concertos-

Sábado 15 de setembro na Casa da Gaita (en Viascón).

Entrada de balde, previa reserva de praza no teléfono 986 847 074 ou en secretaria@gaiteirosgalegos.gal

PROGRAMA

10.00 – Apertura e entrega de documentación

10.15 – Relatorio I: “A dataçao de instrumentos históricos através da dendrocronologia”. Alexandra Lauw

11.00 Quenda de preguntas

11.10 – Relatorio II: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

12.40 Quenda de preguntas

12.50 – D(...)

Xornadas Etnográficas do Morrazo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-08-2018)

-

Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:

28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional

29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez

30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego

31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e (...)

2naFronteira no V Fiadeiro de Pitôes (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-07-2018)

- concertos- 2naFronteira-

Domingo, 22 de Xullo

Pitões das Júnias, Montalegre

Pitôes é unha aldea do concello de Montealegre en Portugal que pertence ó parque Nacional Peneda- Gêres. Accédese fácilmente dende Xinzo, pola fronteira de Randín. Ou ben, vindo de Braga, collendo a nacional en dirección a Montealegre. A freguesía de Pitôes aosta polo rural e mantén viva a vida cultural da aldea con moitas actividades no ano. Esta, o Fiadeiro de contos, é unha das principais. 2naFronteira porá a música na festa de peche d(...)

(Ultima actualizaci??06-07-2018)

XIV Xornadas Muros Mira ao Mar

- concertos-

Xornadas de Cultura Mariñeira, do 6 ao 8 de xullo.

Pasarrúas cos grupos:

Agrocovo, Faltriqueira, Galanía, Longarela, O Rumial, Xeitura, Ximiela,

Orfeón Ría de Muros, Flashtop Circus, Iago Prieto, David Álvarez e

Nelson Quinteiro

Actuación (praza do Mercado)

Sábado:

21.15 | BAIUCA

Domingo:

13.00 | DAVIDE SALVADO

20.15 | Certame coral de Cantos Mariñeiros: CORAL D.

DIEGO DE MUROS, SAN XOÁN DE SERRES e AGUSTÍN GONZÁLEZ DE LOURO.

Concertos (Curro da praza)

Venres:

23.00(...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

Xornadas de percusión tradicional en Narón

- concertos- A Píntega Marela-

Este sábado 18 de novembro, a partir das 10:00 horas, terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas Xornadas de Percusión Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración do Padroado.

O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Gui(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

II Xornadas de canto e tradición oral (Vide-As Neves)

- concertos-

Sábado 18 e domingo 19 de novembro na escola unitaria de Vide.

Obradoiros impartidos por: Luis Preogo

Organiza: Asociación Cultural Unitaria Vide. As Neves.

(Ultima actualizaci??24-09-2017)

Inicio do curso en Escolas da Terra (A Coruña)

- concertos-

Comeza o curso nas Escolas da Terra o vindeiro 2 de outubro :)

A semana previa, do luns 25 ao sábado 30 de setembro faremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, ás que poderá vir quen queira e sen compromiso.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (os horarios varían lixeiramente respecto ao horario xeral do curso):

- Luns 25 - 16:30h - Zanfona, con Miro Casabella.

- Martes 26 - 18:30h - Baile adultos, con Belén Gómez.

- Martes 26 - 20:30h - Baile para foliadas, con Xurxo Fernandes* (confirmar).

- Marte(...)

(Ultima actualizaci??24-09-2017)

As Brañas de Andrés (Compostela). Xornadas de Portas Abertas

- concertos-

As Brañas de Andrés.

Rúa Vista Alegre nº 9-11.

Santiago de Compostela.

Durante a semana do 25 ao 30 de setembro celebraremos as xornadas de portas abertas no noso local.

Todas as actividades serán de balde pero hai prazas limitadas, bulide a anotarvos para non quedar sen sitio!!

(Ultima actualizaci??22-09-2017)

XVI Xornadas culturais O Fiadeiro (Vigo)

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 23 de setembro a partires das 17:30h no barrio do Calvario (Vigo)

(Ultima actualizaci??14-09-2017)

V Xornadas arredor da música tradicional (Viascón. Cotobade)

- concertos-

Sábado 16 de setembro ás 10:00h

AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos.

Galiza.

O vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unh(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2017)

Corme Folki 2017

- concertos-

Venres 21 de xullo ás 22:00h

Praza da Ribeira. Corme.

CORME FOLKI

"As da furna" voltamos con forzas renovadas, evolucionando da "Noite de Encanos na Furna" ao "Corme Folki", acercando a festa ao pobo.

Un outro ano máis, e iste ano con cambio de formato, mais nom de enerxía, a música e a cultura sen ánimo de lucro danse cita no corasóm da Costa da Morte, na vila de Corme ... coa complicidade dos encantos desfruraremos a finde do 21 e 22 de xullo dunhas xornadas de festa e alegria at(...)

(Ultima actualizaci??29-06-2017)

Foliad@len en san Cristovo de Cea (Ourense)

- Festa-

Venres 30 de xuño ás 21:00h

Lareira da Alén.

San Cristovo de Cea.

Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca d(...)

(Ultima actualizaci??28-04-2017)

Día da Danza en A Coruña

- concertos- A. C. Donaire- A.C. Son d'aquí e A. C. Xacarandaina-

Venres 28, sábado 29 e domingo 30 de abril ás 18:30h

Praza de María Pita, A Coruña

O Concello da Coruña celebrará o Día da Danza 2017 con tres xornadas de actuacións na rúa, unha programación organizada en colaboración con tres entidades de música e baile tradicional locais, que se estenderá polas rúas da cidade desde o venres, 28 de abril, até o domingo 30.

Así, as asociacións culturais A. C. Donaire, A.C. Son d'aquí e A. C. Xacarandaina ofrecerán ao vivo unha escolma do seu traballo(...)

(Ultima actualizaci??28-03-2017)

II Xornadas de percusión tradicional en Pontevedra

-

Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €).

Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.

Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñ(...)

2016

(Ultima actualizaci??17-12-2016)

Xornadas de baile tradicional galego en Teo

- concertos-

Sábado 17 de decembro ás 16:30h

Casa común de Oza, Teo.

Dende a Asociaci@n de Gaiteir@s Galeg@s e coa colaboración da Deputación de A Coruña e o Concello de Teo, organizamos unhas novas xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional que terán lugar os vindeiros 17 e 18 de decembro na Casa Común de Oza, no concello de Teo, A Coruña.

Nestas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tra(...)

(Ultima actualizaci??17-12-2016)

Xornadas de percusión tradicional en As Pontes

- concertos-

Sábado 17 de decembro ás 10:15h

Local Social Lar (Poblado As Veigas – Concello As Pontes – A Coruña.

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG, coa colaboración da Deputación de A Coruña e do grupo de empresa Endesa (As Pontes) organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na xornada do sábado, e á percusión de man na xornada do domingo.

Contaremos con obradoiros prácticos da man de expertos no mundo da per(...)

(Ultima actualizaci??26-11-2016)

Pandereteiras Bouba en As Neves

- concertos-

Domingo 27 de novembro ás 13 h no mercado das Neves.

I Xornadas de Canto e Tradición Oral.

Coa actuación das Pandereteiras Bouba.

Entrada de balde.

Organiza: Asociación Cultural Unitaria de Vide

(Ultima actualizaci??18-11-2016)

III Xornadas de baile tradicional en Lugo

- concertos-

Sábado 19 de Novembro na Tradescola (Rúa Pintor Corredoira nº 4)

10.15h – Entrega de documentación e apertura

10.30h – Relatorio - Obradoiro I.

Relatorio – As Moliñeiras. Por Xabier Iglesias.

11.00h. Quenda de preguntas

12.15h. Obradoiro práctico: As Moliñeiras

12.15h – Descanso

12.30h – Relatorio - Obradoiro II

Relatorio – O baile no Concello de Avión (Ourense). Por Miguel Sotelo.

13.00h. Quenda de preguntas

13.15h. Obradoiro práctico: O baile na Edreira Vella e Boeixos, ao x(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2016)

IIIas Xornadas Formativas en Música Tradicional en Sedes (Narón)

- concertos-

Sábado 19 de novembro.

Percusión de man con Felisa Segade, Baile tradicional con Montse Rivera e actuación de Tanxugueiras

Xa podedes inscribirvos e recibir información en vairanhalameu@gmail.com ou directamente no Centro Cívico social de Sedes.

O día dos obradoiros argallaremos un xantar de convivio se queres inscribirvos tamén na comida avisade. Ten un custe de 10 €.

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

II Xornadas sobre os Seráns

- concertos-

Sábado 12 de novembro a partires das 11:00h no Concello de Pazos de Borbén.

11.00h – Semblanza a Domingo Amoedo

Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h – Relatorio I

A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa

12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h – Obradoiro de baile

Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Franc(...)

(Ultima actualizaci??07-10-2016)

Xornadas de Música ao Vivo en Boiro

- concertos-

Venres 14 e Sábado 15 de outubro

(Ultima actualizaci??24-09-2016)

XV Xornadas de Portas Abertas O Fiadeiro (Vigo)

- concertos-

Sábado 24 de setembro

18.15 Riamonte, da recollida ao escenario

Proxección audivisual e presentación a cargo de Miguel Souto e Sergio Cobos

19.30 Aula de baile tradicional na rúa.

Imparte Sergio Cobos

Aberta para todos/as

(Ultima actualizaci??20-09-2016)

VIII Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño)

- concertos- Berros do Castro-

Sábado 24 de setembro

VIII Xornadas de Cultura Popular Galega

De cores, ferreñas e música

Lugar: Casa da Cultura do Concello de San Sadurniño

Horarios: Obradoiro: de 10.00 h a 18.00 h. Concertos: a partir das 20.00 h

En outubro de 2009, a A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a cultura popular galega.

Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2016 divídense en 3 bloq(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2016)

Xornadas de Folclore Galego en Compostelas

- concertos-

Sábado 16 de xullo,

Praza da Quintana

Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia

(Ultima actualizaci??15-04-2016)

Xornadas de Educación e Cultura Tradicional (Sarreaus)

- concertos-

PROGRAMA:

SíBADO 16

10:30h Recepción e entrega de material

11h Panel: "O pobo- escola de Lodoselo. 30 anos de historia". Imparte: Antonio Rodrí­guez

12h Relatorio: "O patrimonio oral como recurso educativo". Imparte: Antón Castro

14h Xantar

16:30h "Bailar a canda os tempos. Xénero e orientacións metodolóxicas para o baile". Imparten: Carme Campo e Chus Caramés

18:30h Relatorio-concerto: "O gaiteiro verde". Imparte: Xavier Blanco

21:30h Cea

22:30h Velada: "Tradicións (...)

(Ultima actualizaci??08-04-2016)

Xornadas De Musica Tradicional en O Grove

- concertos-

Sábado 09 de abril

Casa Da Cultura Manuel Lueiro Rey

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAITAS E PERCUDIÓN GALEGAS en horarios de 10:30 a(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Concurso De Xoves Gaiteiros E Xornadas De Musica Tradicional (O Grove)

- concertos-

Os próximos 9 e 10 de abril a Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL e o IV CONCURSO DE XOVES GAITEIROS SOLISTAS CONCELLO DE O GROVE que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Xornadas

Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAI(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Abril 2016 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Sábado 2 21h 5€

KLEBER ALBUQUERQUE

Kleber Albuquerque ten máis de 300 cancións - varias delas gravadas por importantes intérpretes da música brasileira. Traballa en colaboración con compositores de primeira liña da moderna trova de seu país, como Zeca Baleiro, Dante Ozzetti e Fred Martins, recibindo importantes premios no Brasil, en especial por súas cancións compostas para teatro. Na súa primeira xira pola Europa, o cantante e compositor brasileiro mostra cancións de seu novo show "Psicoaudi(...)

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

II Xornadas formativas de Música Tradicional en Sedes (Narón)

- concertos-

Sábado 30 de Xañeiro

Velaí­ o tedes!!!, as inscrición podedelas facer en vairanhalameu@gmail.com.

Non esquezades que sobre as 19:30 Efraim Dí­az presentará o CD ” O Pito Galego” e sobre as 21:30 h. Repichocón!!!

Dispoñemos da posibilidade de quedarse a comer para tó dalas persoas que o desexedes prezo 10 €.

2015

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

I Xornadas sobre o Serán

- concertos-

Como xa vos anunciabamos hai uns días, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.

Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de (...)

(Ultima actualizaci??26-11-2015)

VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela

- concertos-

A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.

Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compos(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2015)

II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña

-

Programa das II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos que terán lugar o no Centro Cultural Ágora (A Coruña) o vindeiro sábado 7 de novembro.

09.45h - Entrega de documentación e apertura da Xornada

10.00h - Relatorio

Mercedes Peón: “Xénero é creación colectiva”

10.45h - Quenda de preguntas

11.00h - Descanso

11.30h - Relatorio - Obradoiro

Francisco Feijoo (Chisco)– "As Xotas no sul de Galiza"

13.30h - Xantar

16.30h - Mesa(...)

(Ultima actualizaci??23-10-2015)

Apertura do curso en Xirondiña (Freans De Deva - Ourense)

- concertos-

O 23 de Outubro voltamos as aulas de música e baile tradicional en Xirondiña ! Comezamos as 18 h. cunha xornadas de portas abertas onde aqueles nenos e maiores que queiran probar poden asistir sen ningún tipo de compromiso as aulas, e posteriormente as 20 h. teremos un acto de presentación para pais, nais e familiares. QUEDADES CONVIDAD@S !!!

(Ultima actualizaci??28-09-2015)

Mini e Mero pechan as xornadas Literaturas de cego (Prado - Lalín)

- concertos-

Sábado 24 de outubro ás 20:30h no Pazo de Liñares

(Ultima actualizaci??25-09-2015)

III Xornadas arredor da Música Tradicional en Pontevedra

- concertos-

O vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...

Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2015)

XIV Xornadas de Portas Abertas O Fiadeiro

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado, 19 de setembro entre 11:00 y 20:00

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo (Vigo)

Comezamos o novo curso e que mellor que celebrándoo na rúa e na nosa sede para que veñades a compartir unha xornada con nos e participedes das nosas actividades.

De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 Exposición de traxes e instrumentos (dentro do noso local)

De 12.00 a 14.00 Pasarrúas dos diferentes grupos musicais da escola polo Calvario.

De 18.00 a 20.00 No escenario que haberá fora do noso local se(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos no Concello de Brión

- concertos-

O vindeiro día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión).

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas.

O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis (...)

(Ultima actualizaci??08-09-2015)

A voltas co Baile no Museo do Pobo Galego (Compostela)

- concertos-

Aberta a preinscrición nas xornadas "A voltas co Baile". Este ano centrarémonos na muiñeira da man de Luís Prego no 12 de setembro en horario de mañá e tarde.

Máis información: http://www.museodopobo.gal/

(Ultima actualizaci??11-07-2015)

XII Encontro en embarcacións tradicionais de Galicia (Boiro)

- concertos-

Do 9 ao 12 de xullo de 2015

Do 9 ao 12 de xullo de 2015

Xoves 9:

09:45 h Xornadas Técnicas (na Asoc. de Mexilloeiros no peirao)

11:00h Comezo da navegación

11:00h. Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)

13:00h Marusía de música con Arume e os da Boina

17:00h Navegación e actividades a flote e

17:00h Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)

18:00h Inauguración oficial

18:30h Izado de velas e saúdo das embarc(...)

2014

(Ultima actualizaci??10-12-2014)

I Xornadas de danza e musica da FGGD. (Vigo)

- concertos-

O vindeiro sábado 13 de decembro, celebrarase na cidade de Vigo, estas primeiras xornadas para todos o nosos asociados, tamen e se quedan praza baleiras poderan inscribirse todas as persoas que dexesen participar. Os mestres seran, Miguel Sotelo para Baile, Paulo González para Gaita e Xabier Díaz para Canto e Pandeireta.

Esperamosvos.

(Ultima actualizaci??14-11-2014)

V edicion das Xornadas de Baile Tradicional - AGG

- concertos-

Estas xornadas, que naceron coa intencion de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran publico interesado neste aspecto da tradicion galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castinieirinio (Virxe de Fatima s/n ? Santiago de Compostela).

Habera dous obradoiros:

As 10.15 horas: Montse Rivera Crespo

"A Carballesa no Courel"

As 12.00 horas : Pablo Diaz Carro

"Maneo en Bergantinios"

As prazas son limitadas. As insc(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2014)

Obradoiro de Composición Folc - O Porriño

- concertos-

Os sábados 8 e 15 de novembro celebrarase un curso de iniciación á composición de música folc impartido e coordinado polo Mestre e Compositor Ernesto Campos.

O horario será de 16:00 a 20:00 para os dous sábados e, entrambas xornadas farase unha coordinación activa da formación mediante apoio virtual empregando redes sociais.

O custe das inscripcións será de 50 euros por alumno e a mesma realizarase no seguinte enderezo electrónico: forxarte@gmail.com, ou no teléfono 605 90 15 25 (Fern(...)

(Ultima actualizaci??19-09-2014)

Xornadas de Portas Abertas en O Fiadeiro (Vigo)

- concertos- O Fiadeiro-

O Fiadeiro comezamos o novo curso e que mellor que celebrándoo na rúa e na nosa sede para que veñades a compartir unha xornada con nos e participedes das nosas actividades.

De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 exposición de traxes e instrumentos (dentro do noso local)

De 12.00 a 14.00 Pasarrúas dos diferentes grupos musicais da escola polo Calvario

De 17.00 a 20.00 No escenario que haberá fora do noso local se farán concertos/animacións das distintas actividades da nosa escola

Ve(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2014)

Xornadas sobre organoloxía da gaita en Ourense

- concertos-

O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos... 

Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!!

Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus d(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2014)

IV Edición Son d'Aldea (Santiago de Albá - Palas de Rei. Lugo)

- concertos-

Venres 5 e sábado 6 de setembro

Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través de dúas xornadas de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa):

- Venres pola tarde: unha xornada de reflexión académica e de debate sobor de diferentes aspectos do rural galego, acompañada dunha pequena peza teatral, e que finaliza coa degustación de diferentes pratos elaborados con produtos típoc(...)

(Ultima actualizaci??13-06-2014)

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS AULAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL PARA O VINDEIRO CURSO 2014/2015

- concertos-

A TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. 

A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, (...)

(Ultima actualizaci??28-02-2014)

Os vellos entroidos que veñen

- entroido2014-

CULTURAGALEGA.ORG

Cada vez son mais a iniciativas que pulan por recobrar festas de Entroido por todo o pais. A volta do Merdeiro de Vigo, o Entroido Ribeirao de Lugo ou o retorno a Compostela dos Xenerais do Ulla son so alguns exemplos recentes dunha tendencia cada vez mais forte. No entanto, a ansia de espectaculo ou o excesivo particularismo poden deturpar estas celebracions. Rafael Quintia, da Sociedade Antropoloxica Galega, fala con nos sobre estes procesos ao abeiro da II Xornadas sobr(...)

(Ultima actualizaci??27-06-2014)

IX Xornadas de Pesca do Pindo: "Ondas do mar, que sacan e dan"

- concertos-

PROGRAMACIÓN CONTINUADA OS DÍAS 23, 24, 25, 26, 27, 28 E 29 DE XUÑO

ACTIVIDADES PARA NENAS E NENOS

>>Luns 23 de xuño

-17:30h: Obradoiro no medio mariño

>>Martes 24 de xuño

-18:30h: Obradoiro de cestería

>>Mércores 25 de xuño

-18:30: Obradoiro de cestería

>>Xoves 26 de xuño

-17:30h: Obradoiro no medio mariño

>>Venres 27 de xuño

-18:00h. Acreditación dos asistentes e recollida de documentación.

-18:30h. Entrega de certificados de asistencia e aos nenos/as que participaron n(...)

(Ultima actualizaci??02-02-2014)

A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares en Cervantes.

- concertos-

A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares que se impartirá en Cervantes.

O vindeiro dí­a 20 de febreiro a partir das 11.30 horas terán lugar dous concertos didácticos de música tradicional no CPI de Cervantes dirixidos á poboación en idade escolar que contarán cos nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CEIP da Ponte de Doiras.

Nos concertos farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron (...)

2013

(Ultima actualizaci??22-11-2013)

Cuarteto Caramuxo inaugura as xornadas "Son horas Sonoras" da Escola de Música Mundo Sonoro (Vigo)

- concertos-

23 de Novembro, ás 19h na Escola de Música Mundo Sonoro (Rúa As Teixuguerias, 19. Vigo). Entradas limitadas, reserva en: 886 136 063.

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)

- concertos-

II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha inten(...)

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

V XORNADAS MOURAS: Encontros etnográficos en As Pontes

- concertos-

26 e 27 de outubro

Museo Etnográfico Monte Caxado

As Pontes de Garcí­a Rodrí­guez (A Coruña)

+ INFORMACIóN E INSCRICIÓNS:

ttp://www.amigus.org/festas/xornadas_mouras_2013/