"videoclip"

2018

Tanxugueiras en Melide

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-11-2018)

- concertos-

Este venres estaremos na Sala a fundación en Melide!

Temos moitas ganas de estar alí de novo.

Querémos vervos alí e petalo!!!

Antes do noso concerto estará MJ Pérez ensinado o seu novo videoclip e unha curta documental, nós non o imos perder!!

Estade atentxs as nosas redes sociais, pronto daremos novas moi interesantes

2017

(Ultima actualizaci??18-07-2017)

Caxade en Bueu

- concertos- aPenultima- AturuxoBar-

Martes 18 de xullo ás 21:30h

Aturuxo Bar (Bueu).

Pazos Fontenla, 59.

Bueu.

Actividade ao aire libre se o tempo acompaña

CAXADE é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Un proxecto transgresor que publicou o seu primeiro disco "A Dança dos Moscas" hai pouco máis de dous anos e que comezou, subindo vídeos en youtube que tiveron grande repercusión e fixo que o público demandase concertos da banda.

Logo de 100 concertos de presentación do seu primeiro disco por Galiza e Portugal (es(...)

(Ultima actualizaci??17-02-2017)

MJ PÉREZ en Allariz

- concertos-

Sábado 18 de febreiro no Roi Xordo (Praza dos Mesons, 3)

MJ Pérez inicia este 2017 con máis forza ca nunca. Logo de rematar o 2016 por todo o alto cun segundo posto no Concurso Musical da Deputación da Coruña e de presentar o seu novo videoclip e single "A Peza Solta", esta artista arzuá non para. Comeza agora a súa nova xira 2017, na que irá despedindo o seu último traballo "Guerrilleira" para abrir as portas a novos horizontes. Armada ata os dentes cun bo lote de cancións e acompañada de(...)

(Ultima actualizaci??23-01-2017)

Presentación do videoclip de Samarúas en A Coruña

- concertos-

Venres 27 de xaneiro ás 19:00h

Fnac.

Praza De Lugo.

A Coruña.

O venres 27 de xaneiro, Samarúas presenta en Fnac #ACoruña o seu primeiro videoclip. "Non" é unha peza audiovisual creada sobre un poema de Celso Emilio Ferreiro ao que se achegan diferentes claves: poética, social, persoal... Esta obra é o resultado da colaboración con mmweb.es, encargados do apartado visual. Agardámosvos!

2016

(Ultima actualizaci??04-10-2016)

Presentación-concerto do disco de Sindicato da noite, en Andel (Vigo)

- concertos-

Xoves 6 de outubro ás 20:00h

Andel Libraría

Camelias, 102

Vigo

Convidamos á presentación-concerto do primeiro disco de Sindicato da noite.

Na presentación participará José Manuel Díaz, (baixista e o líder da banda) acompañado de Felipe Villar (guitarrista).

Falarán do disco, tocarán algúns temas, responderán ás preguntas que queiran facer os asistentes e, ao rematar, proxectarase o videoclip, gravado integramente en Vigo. Ademais asinarán exemplares do disco.

(Ultima actualizaci??23-01-2016)

Quero Cantar - Concurso de música infantil da Deputación da Coruña

- concertos-

Coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, a Deputación da Coruña convoca o I Concurso musical infantil “Quero Cantar”. Cancións con letra en galego interpretadas por nenas e nenos de ata 12 anos de idade.

Podedes enviar as vosas maquetas entre o 15 de xaneiro e o 15 de abril.

Establécense os seguintes premios:

• Premio ás 10 propostas mellor clasificadas na 2ª Fase do concurso:

Gravación en estudio da canción e a súa ed(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Concertos NA RAÍZ. Ferrol

- concertos-

A Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol presenta NA RAÍZ, un ciclo de concertos protagonizados por artistas que rachan con moldes e prexuízos desde o coñecemento da tradición.

Catro citas no Teatro Jofre con seis nomes que son sinónimo de compromiso artístico, calidade e atemporalidade.

venres 30 de outubro, 20:30 h.

RAÚL RODRÍGUEZ “Razón de Son” (Andalucía)

Este músico, productor e antropólogo sevillano recolle no libro-disco “Razón de Son” 20 anos de investigación sobre a m(...)

2014

(Ultima actualizaci??16-05-2014)

Concerto/presentación do NOVO EP de GUEZOS "Un longo camiño" en Ourense

-

O VENRES 16 de maio presentamos no Auriense "Un longo camiño". Un EP edición limitada co que queremos celebrar o noso 15 aniversario con saúde e novos proxectos. Será a primeira oportunidade de facervos fisicamente con este disco. Contén 4 temas e o videoclip "lévame". Insistimos, é unha EDICIÓN LIMITADA feita con todo o noso cariño e que poderedes mercar, ademais do 16 no Auriense, nos próximos concertos primavera/verán ata que se esgote. Recordamos tamén que os anteriores traballos de Guezos v(...)

2012

(Ultima actualizaci??11-12-2012)

Ponte... nas ondas! compila o seu traballo nun libro-CD-DVD

- concertos-

Compilar o traballo da iniciativa Ponte... nas ondas! nun volume non é sinxelo. Os coordinadores deste proxecto educativo de comunicación presentaron a pasada fin de semana, no marco do Culturgal, Na ponte, un libro-CD-DVD que amosa unha pequena parte do material producido neste tempo. No apartado sonoro, poden escoitarse vinte e tres cancións que fixeron parte desta iniciativa, da man de artistas como Xosé Manuel Budiño, Lenine, Timbila Muzimba, Xoan Curiel, SocorroLira, Aline Frazao ou Luís Pa(...)

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD

- concertos- Luar Na Lubre-

Sons da Lubre nas Noites de Luar, é o nome da caixa de luxo que condensa a historia, inconclusa, da formación coruñesa. Unha caixa na que se recolle o seu xeito de sentir i entende-lo país e o seu entorno, e o modo de plasmalo na súa música.

Tanto o deseño e as ilustracións, da artista plástica Estefanía Domínguez Cagigao, como a parte conceptual, céntranse no universo mitolóxico da etnografía galega. E deste xeito os 3 CDs que inclúe o traballo preséntanse con nome propio

- Os trasnos, pequenos seres bulideiros que andan por bosques e camiños, cando non asaltan as casas coas súas trasnadas; marcan o nome do CD que recolle as suits instrumentais con algúns dos seus temas máis emblemáticos.

-Fadas, recolle o contido lírico: baladas, romances e tradicionais e poemas musicados polo grupo.

-Encantos, os seres mitolóxicos que gardan os tesouros, reúne as colaboracións que tivo Luar Na Lubre dende os seus comezos (Miro Casabella, Luz Casal, Pablo Milanés, Ismael Serrano, Pedro Guerra, Diana Navarro, Adriana Varela, Lila Downs..)

Ademáis na caixa inclúese un libreto con prólogo/biografía de Nonito Pereira, e un DVD con videoclips do grupo e o concerto gravado en directo na Praza da Quintana o pasado 31 de xullo. (..)

(Ultima actualizaci??20-03-2012)

Riobó presenta o seu primeiro videoclip “Fox”

- concertos- Riobó-

Logo da publicación do seu primeiro traballo discográfico en 2011, editado por Zouma Records, a banda de Begoña Riobó presenta o seu primeiro videoclip sobre o tema contido no disco “Fox”.

Xa está dispoñible para visualizalo na canle oficial de Youtube de Zouma Records.

(Ultima actualizaci??16-03-2012)

RUXE-RUXE - Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras (2012)

- concertos- Ruxe-Ruxe-

Desde o compostelán barrio de Aríns sae o oitavo traballo discográfico dos Ruxe-Ruxe, a través do seu propio selo Lobicán Records poñen na rúa Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. Dezasete cancións compoñen este traballo da banda gravado en Nigrán nas instalacións de Oceano Estudio co produtor Javier Abreu como xa fixeran no anterior traballo Na fura de diante(Lobicán records,2010). Como é habitual no grupo foron quen de congregar valiosas colaboracións para o seu disco como Xavier Día(...)

2011

DOA "Levosa fremosa" VC

- DOA- Galicia- musica- "Pero Meogo"- folk- galego-portugues- videoclip- folmusica-

DOA "Levousa fremosa". Susana de Lorenzo: voz soprano, harmonium; Oscar Fernandez: zanfona; Bernardo Martínez: percusión, teclados; Xoan PIñón: laude, guitarra eléctrica e acústica; Xaquín Blanco: gaitas, frautas, cromorno e xafón. Videoclio do seu ultimo traballo "A fronda dos cevos" (FOL MUSICA)

(Ultima actualizaci??09-02-2011)

Foro Musical Percebe Son

- concertos-

O próximo xoves 17 de febreiro de 2011 terá lugar en Vigo o "Percebe Son",

foro musical, cultural e de entretemento organizado polos alumnos de 2º

de Producción Audiovisual do I.E.S. Audiovisual de Vigo (avenida Eduardo

Cabello, s/n, Bouzas, xusto detrás do Instituto de Investigacións Mariñas-

CSIC).

O foro “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais e musicais do

Equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. Audiovisual de Vigo e dos

alumnos de 2º de Produción Audiovisual, de Radi(...)

2010

BURATOS - Novo Videoclip de Ruxe-Ruxe

- concertos- Ruxe-Ruxe-

VELAQUÍ O NOVO VIDEOCLIP!!!!

ESTREA MUNDIAL!!!! Aquí tendes Buratos, o primeiro videoclip do disco "Na fura de diante"!!!! Feito e aquelado por Pixel Films e escrito e dirixido por Jairo Iglesias (que son, todos, absolutamente brutais!!!). O prota é o xenial Marquinhos Drinkin, dos Medomedá!! (e nos tamén saímos facendo o cheíñas, polo video!!)

Estamos absolutamente emocionados co video, e esperamos que vos guste o mesmiño que nos gustou a nós!!!

E temos que pedir un berro moi forte, e(...)

(Ultima actualizaci??12-01-2010)

Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS

- concertos- nenos-

Moito se ten falado nos últimos anos do bo momento que vive a música galega, cunha grande cantidade de grupos e variedade de estilos. Ao carón dos nomes máis coñecidos, existe toda unha serie de producións que sobreviven centradas nun sector de público que a miúdo pasa desapercibido no panorama musical: os máis novos. Aínda que poida semellar o contrario, no noso país contamos cunha boa lista de propostas musicais pensadas especificamente para nenos e nenas.

Vaia por diante que no pa(...)

2009

(Ultima actualizaci??09-06-2009)

Som do Galpom presentan o seu primeiro videoclip

- concertos- som do galpom- falcatruada- verve- audiovisual- videoclip- quedamos- nesa- praza- stop- motion-

A banda santiaguesa Som do Galpom ven de estrear o seu primeiro videoclip "Quedamos nesa Praza", do seu album debut "Em Terra de Ninguém" (Falcatruada).

A produción do videoclip correu a cargo da productora viguesa Verve Audiovisual, que empregou unha novedosa técnica de stop motion para a súa realización. Segundo relataron na rolda de prensa da presentación do videoclip na Fnac da Coruña, o proceso foi moi laborioso, xa que empregaron máis de 1000 fotografías.

Fanny + Alexander: Estreando disco e videoclip

- concertos- Fanny- Alexander- Regueifa Plataforma-

Hoxe saiu por fin Alfaias, o novo disco. A edición en mp3 xa se pode descargar de balde no netlabel A Regueifa e a edición comercial en CD -para os poucos fetichistas do palpable que aínda quedan- irá chegando ás tendas ao longo das vindeiras semanas ainda que tamén o venderemos directamente a traves de A Regueifa Tenda a partir de mañán mesmo. Xunto co disco estreamos videoclip, o de enriba, do tema Espida de Credo, un dos temas máis bailables do disco con letra por certo de Emma Couceiro.Aqui (...)

(Ultima actualizaci??16-04-2009)

Primeira Mostra de Vídeoclips Cidade da Coruña

- concertos-

Video Killed The Radio Star” foi unha marabillosa canción editada a finais dos 70, chegou a alcanzar o número un durante máis dun ano nas listas de todo o planeta. Interpretada pola banda británica The Buggles, o tema trascendeu a nivel mundial principalmente polo seu vídeo clip, un traballo dirixido polo cineasta autraliano Russell Mulcahy (Os Inmortais, con Christopher Lambert) que foi o primeiro vídeo musical emitido pola canle norteamericana MTV no 1981, exactamente o 1 de agosto.

Ta(...)

2008

(Ultima actualizaci??13-11-2008)

A Consellaría de Cultura elaborará o primeiro Plan Galego da Industria Musical

-

O PROCESO PORASE EN MARCHA EN 2009

A Consellaría de Cultura redactará un plan coas liñas estratéxicas a desenvolver para potenciar a industria musical galega. Así o anunciou Ánxela Bugallo hoxe no Parlamento, onde explicou o traballo realizado nestes catro anos para a promoción da música galega cunha política integral e ambiciosa, baseada na aposta pola visibilidade social e a promoción exterior.

Ánxela(...)

1 comentario

1999

Xornal :Remata o MIDEM, a feira de música europea, con éxito da delegación galega

-

A presenza galega en Midem (Cannes), a principal feira da industria musical de Europa, está a ser un éxito, segundo afirmaron as empresas que acudiron dentro do stand institucional organizado pola Consellaría de Cultura e Deporte e o IGAEM. Hoxe xoves pecha esta edición, na que estiveron presentes nove empresas galegas, a maioría delas por primeira vez, baixo o paraugas da marca GalicianTunes (http://www.galiciantunes.com).

Segundo a organización do stand, o material promocional (un libro-guí(...)

Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia

- concertos- O Fiadeiro-

«O quiquiriquí», grabado no estudio Casa de Tolos de Gondomar, presentouse onte en Vigo

No traballo participan artistas como Uxía ou o ex Siniestro Total, Miguel Costas

A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asociaronse para facer un documento audiovisual onde se reflexaran diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia, que foi bautizado como O quiquiriquí . O proxecto, iniciado a mediados do ano pasado, comezou a tomar form(...)

2 comentarios