"tradescola"

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

Entroido na Tradescola - Lugo

- entroido- tradescola-

O vindeiro martes día 18 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido coñecendo un pouco mais do Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo)

Ao remate da (...)

2019

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

(Ultima actualizaci??21-06-2019)

Foliada 10 Aniversario da Tradescola (Lugo)

- Festa-

Sábado 22 de xuño a partir das 19h. Actuación de Os Carunchos e Foliada Libre

I Xornadas de Acordeón en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??03-05-2019)

- concertos-

O vindeiro venres 3 de maio de 2019 terán lugar en Lugo as I Xornadas de Acordeón organizadas pola AGG. Estas xornadas, contarán cun obradoiro impartido por Stéphanie Simon, especialista en mecánica, reparación e afinación de acordeóns, considerada unha das figuras máis respetadas dentro do mundo do acordeón.

No curso, Stéphanie amosará os aspectos básicos sobre o funcionamiento do acordeón, a mecánica deste, como abordar pequenos problemas técnicos, o traballo coa cera e a afinación das pall(...)

2018

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Trade(...)

(Ultima actualizaci??05-10-2018)

Programa musical do San Froilán (Lugo)

- concertos-

PROGRAMA

Xoves 4 de outubro de 2018

21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, (...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

TradEscola (Lugo) - Curso 2018/2019

- concertos-

Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pan(...)

2017

(Ultima actualizaci??06-05-2017)

Grupo de zanfonas da Tradescola en Outeiro de Rei.

- concertos-

Sábado 6 de maio ás 20:00h

O Grupo de zanfonas da Tradescola realizará un concerto na Casa-Museo Manuel María.

(Ultima actualizaci??07-04-2017)

Encontro de zanfona galega en Cervantes (Lugo)

- concertos-

Sábado 8 de abril ás 15:00h

Campa Da Braña.

Degrada, S/N.

Cervantes.

A Aula de Zanfona da Tradescola está a organizar o Encontro de zanfona galega que terá lugar os vindeiros días 8 e 9 de abril, na Campa da Braña (Cervantes).

Na xornada do sabado 8 de abril contaremos cunha charla de Pablo Quintana sobor das súas investigacións da zanfona en Galicia e unha clase-obradoiro de posta en escea e interpretación de romances de cego impartida por Antón Castro.

Posteriormente haberá unh(...)

2016

(Ultima actualizaci??18-11-2016)

III Xornadas de baile tradicional en Lugo

- concertos-

Sábado 19 de Novembro na Tradescola (Rúa Pintor Corredoira nº 4)

10.15h – Entrega de documentación e apertura

10.30h – Relatorio - Obradoiro I.

Relatorio – As Moliñeiras. Por Xabier Iglesias.

11.00h. Quenda de preguntas

12.15h. Obradoiro práctico: As Moliñeiras

12.15h – Descanso

12.30h – Relatorio - Obradoiro II

Relatorio – O baile no Concello de Avión (Ourense). Por Miguel Sotelo.

13.00h. Quenda de preguntas

13.15h. Obradoiro práctico: O baile na Edreira Vella e Boeixos, ao x(...)

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

Zanfoneiros/as da Tradescola en Chantada e Muras (Lugo)

- concertos-

Sábado 14 de maio ás 18h no Auditorio Municipal de Chantada.

Sábado 28 de maio ás 11h na Área recreativa da Veiga. Muras.

Dentro da programación dos "seráns culturais" que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

(Ultima actualizaci??28-04-2016)

A Tradescola presenta "Sons de Maio" en Lugo

- concertos-

Xoves 19 de maio ás 20h na Praza de San Marcos, dentro da programación dos "seráns culturais" que organiza a Área de Cultura da Deputación de Lugo.

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Obradoiro de técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado

- concertos-

A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele).

Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentaci(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Presentación en Lugo do libro "Pito Galego, Método Práctico" Edt. Ouvirmos

- concertos-

Xoves, 19 de novembro ás 19:30

Lugo, Tradescola, Complexo Residencial Xuvenil 'Lug II', Rúa Pintor Corredoira, 4. Cp27001 Lugo

www.pitogalego.gal

2014

(Ultima actualizaci??13-06-2014)

A TRADESCOLA ABRE O PRAZO DE PREINSCRICIÓN NAS AULAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL PARA O VINDEIRO CURSO 2014/2015

- concertos-

A TRADESCOLA,  o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. 

A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, (...)

2013

(Ultima actualizaci??20-09-2013)

Aberto o prazo de preinscripción nas Aulas de Música e Baile tradicional da TRADESCOLA.(Lugo)

- concertos-

O CURSO 2013/2014 INICIARASE O VINDEIRO 14 DE OUTUBRO

Máis de 250 alumnos realizaron xa a preinscripción para o curso 2013/2014, e as matrí­culas iniciaranse nos vindeiros dí­as.

 A TRADESCOLA,  o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, ten aberto o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional. Actualmente conta con máis de 250 preinscripcións feitas, e iniciará as matriculas nos vindeiros dí­as. Poste(...)

2012

2014

(Ultima actualizaci??06-02-2014)

Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal en Pazos de Borben

- concertos-

Obradoiro intensivo de canto e tecnica vocal aplicada à musica tradicional galega

- Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...)

- Dia: 15 fevereiro

- Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar)

- Lugar: Casa Rural "Maria da Pepa"

- Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opcion de preparar a paparota na propria casa....

Traballara-se sobre exercizos e recursos de tecnica vocal, (...)

(Ultima actualizaci??04-02-2014)

Obradoiro intensivo Maghúa de canto tradicional e técnica vocal + visita ao Serán dos Namorados!!!!

- concertos- Asociación Cultural Maghúa-

Obradoiro intensivo de canto e técnica vocal aplicada à música tradicional galega

- Profesora: Xela Conde (SondeSeu, Tradescola, O Fiadeiro...)

- Día: 15 fevereiro

- Horario: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (6 horas con parada para xantar)

- Lugar: Casa Rural "María da Pepa"

- Prezo: 40€ (Inclue Obradoiro e aloxamento na Casa Rural. Para xantar temos a opción de preparar a paparota na própria casa....

Traballará-se sobre exercizos e recursos de técnica vocal, prepararán-se algúns (...)

(Ultima actualizaci??02-02-2014)

A Tradescola organiza unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares en Cervantes.

- concertos-

A Tradescola está a preparar unhas novas xornadas didácticas de música tradicional para escolares que se impartirá en Cervantes.

O vindeiro dí­a 20 de febreiro a partir das 11.30 horas terán lugar dous concertos didácticos de música tradicional no CPI de Cervantes dirixidos á poboación en idade escolar que contarán cos nenos e nenas do CPI de Cervantes e do CEIP da Ponte de Doiras.

Nos concertos farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron (...)