"publicacions"

2018

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

VI Xornadas arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo-Cotobade)

- concertos-

Sábado 15 de setembro na Casa da Gaita (en Viascón).

Entrada de balde, previa reserva de praza no teléfono 986 847 074 ou en secretaria@gaiteirosgalegos.gal

PROGRAMA

10.00 – Apertura e entrega de documentación

10.15 – Relatorio I: “A dataçao de instrumentos históricos através da dendrocronologia”. Alexandra Lauw

11.00 Quenda de preguntas

11.10 – Relatorio II: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

12.40 Quenda de preguntas

12.50 – D(...)

2017

(Ultima actualizaci??14-06-2017)

III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo)

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 17 de xuño ás 10:00h

ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Curso de introdución á análise de cancións tradicionais

8 horas de duración.

Nº máximo de participantes: 15

Prezo socios 45,00 euros

Prezo non socios 50 euros

Contidos

O sistema de análise comprende os seguintes puntos:

• Aspectos básicos da notación e edición da partitura

• Conxunto de notas, ámbito, escala

• Compás, ritmo

• Cadencias, perfil melódico, forma

• Métrica poética, número de s(...)

2015

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña)

- concertos-

Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradi(...)

(Ultima actualizaci??25-09-2015)

III Xornadas arredor da Música Tradicional en Pontevedra

- concertos-

O vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...

Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos no Concello de Brión

- concertos-

O vindeiro día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión).

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas.

O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis (...)

2013

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela)

- concertos-

II Xornadas arredor da Música Tradicional

Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro.

Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha inten(...)

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

I Xornada feroz de Música Galega en As Pontes

- concertos-

I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

Temos o pracer de presentarvos a que será a primeira actividade de carácter formativo organizada polo noso grupo: a I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA. Celebrarase o vindeiro 25 de Maio, e consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.

Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 hor(...)

2012

(Ultima actualizaci??25-11-2012)

I Xornadas arredor da Música Tradicional

- concertos- Son do Fol- Pablo Carpintero- Chichisos- Olga Kirk- Pablo Díaz- David Bellas-

No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012.

Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosarans(...)

2011

(Ultima actualizaci??18-09-2011)

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

- concertos- Asociación de Gaiteiros Galegos-

Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta a organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de música tradicional, que se celebrará no AUditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011

As catro edicións anteriores demostran como esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñe(...)

2010

(Ultima actualizaci??29-06-2010)

REBULIR: III CONCURSO DE FOTOGRAFíA ANTIGA

- concertos- fotografía- antiga. rebulir-

A Escola de Baile e Música Tradicional “Rebulir” de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquí­n Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o “IIIº Concurso de Fotografí­a Antiga”, plantexándose os seguintes obxectivos: Recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar as costumes, traxes, instrumentos, oficios... etc que(...)

2009

(Ultima actualizaci??12-11-2009)

DUF'09. VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

- pandiero- aCentral Folque-

Entre o 11 e o 14 de novembro terá lugar en Pontevedra o VI Encontro Internacional de Pandeiros de Mao, DUF. País convidado: Brasil. Actividades: concertos, obradoiros, exhibicións, charlas, programación infantil. Festival co gallo desta familia de instrumentos con tanta presenza na Galiza (pandeiretas, pandeiras, adufes) e espallada por outras partes do mundo.Nesta VI edición dase continuidade a unha nova etapa iniciada na pasada edición na historia do festival: o equilibrio entre a oferta ao p(...)

(Ultima actualizaci??27-04-2009)

TRECE LÚAS XA Á VENDA

- concertos-

Xa se pode atopar nas tendas, distribuído por A Lonxa Cultural, o novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros Galegos Trece Lúas. Como en anteriores publicacións, os socios e socias da AGG poden mercar o seu exemplar cun prezo reducido de 10 € + gastos de envio, solicitándoo a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, nº7 en P(...)

(Ultima actualizaci??23-04-2009)

IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA

- concertos-

A Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento.

Este ano, o seminario celébrase o sá(...)

IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA

- concertos-

Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento.

Este ano, o seminario celébrase o (...)

(Ultima actualizaci??10-03-2009)

A web Patrimonio.org reúne na Rede a información sobre o patrimonio cultural galego

- concertos-

A Consellaría de Cultura e Deporte vén de poñer en marcha Patrimonio.org, a plataforma en Internet da Dirección Xeral de Patrimonio que reúne os recursos na Rede sobre patrimonio cultural galego. A web conta con información práctica e de actualidade, fotos, vídeos, lexislación, rutas e un buscador de elementos patrimoniais.

A web nace coas fichas de 122 dos máis destacados elementos do patrimonio cultural galego. Castelos, pazos, pontes, igrexas, mosteiros, patrimonio etnográfico, castros, (...)

2008

HOXE ALALA DE CASTRO FLOXO

-

Hoxe, luns, día 23/06/2008

Hoxe o Alalá vai facer unha viaxe no tempo da mellor forma posible: indo de romaría a Vilanova dos Infantes. Alí os veciños ceden os baixos das súas casas para que se instalen artesáns que veñen de toda Galicia amosar o seu saber tradicional. Así que se queredes aprender oficios, bailar, cantar ou comer como facían os nosos avós este é o lugar; o único requisito é vir con ganas de divertirse e de aprender un pouco máis sobre nós mesmos. A Romaría Raigame só s(...)

1999

A Asociación Internacional de Estudos Galegos celebra en Bahía o seu oitavo congreso

- concertos-

Baixo o lema Galicia do outro lado do Atlántico. Voces reunidas na Bahía, celébrase dende mañá na cidade brasileira a oitava edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A perspectiva deste encontro é afrontar a cuestión cultural galega dende unha perspectiva máis ampla posible, polo que mestura nas súas sesións estudos críticos e investigacións, con diversas manifestacións da creación literaria e musical.

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, abri(...)