"pop"

(Ultima actualizaci??30-01-2020)

A fí­a de Tabeirós (A Estrada)

- Festa-

Domingo 9 de febreiro dende as 14h na Escola Vella de Tabeirós-A Estrada

A fí­a de Tabeirós pretende ser unha xuntanza popular na que disfrutar do noso folclore

(Ultima actualizaci??25-01-2020)

VII Serán Pousos da Area en Marín

- Festa-

O próximo sábado, 25 de xaneiro, o Multiusos da Praza de Abastos acollerá a sétima edición do Serán Pousos da Area, unha cita ineludible para os amantes da cultura popular organizada pola asociación do mesmo nome e que foi presentada hoxe no Concello xunto ca concelleira de Cutura, Beatriz Rodríguez.

O serán dará comezo ás 18.00 horas, ca apertura dos postos artesanais. A partir das 19.00 horas, comezarán os xogos tradicionais pensados para os máis pequenos, ata que ás 21.00 horas se faga a (...)

2019

(Ultima actualizaci??14-10-2019)

X Festival CORALIMIA (Xinzo de Limia)

- concertos-

Sábado 26 de outubro ás 20:30h na Igrexa parroquial de Sta. Mariña de Xinzo

X Festival de Coros de Música Popular. Coa Coral de Ruada e o Coro Aimil

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

II Romerí­a de Elviña e Castro (A Coruña)

- concertos- Tempo Novo- Triskell- Dequenvessendo- Tiruleque- Cántigas da Terra- Son Daquí-

Sábado 14 e domingo 15 de setembro

Praza Emilio Jaspe Deza, Lugar de Elviña (A Coruña). Diante do Local SRDC Tempo Novo e do Relámpago de Elviña.

A Romerí­a de Elviña e Castro é un evento festivo que se formula como espazo de encontro entre a veciñanza de Elviña e Castro, xente ligada a este territorio e persoas amantes da música tradicional.

Para tal fin o sábado 14 de setembro haberá un xantar popular e un festival de música tradicional galega. O domingo faremos de mañá un roteiro cu(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2019)

Son d´aldea (Santiago de Albá)

- concertos-

Venres 6 de setembro

16:30: RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES.

17:00 MESA REDONDA: AS PERSOAS MAIORES NO MEDIO RURAL.

20:00 PRESENTACIÓN DO LIBRO: AS NOVAS NA ALDEA, 2018

20:15 MONÓLOGO: “Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz).

21:00 CEA CON PRODUTOS DA ALDEA E ENCOMENDA.

22:00 Actuación da Asociación Cultural “PALACIO DO REI”.

Sábado 7 de setembro

9:00 RECEPCIÓN.

10:00 ROTEIRO TEATRAL: OS OLLOS DA EXPERIENCIA.

14:30 XANTAR NA ALDEA.

17:00 MOSTRA DE OFICIOS ARTESÁNS E ARTESANÍA ALIME(...)

Vitorino: Lendas da Música Portuguesa. En Espinho (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

- concertos-

30 e 31 de agosto

O Hotel Casino Chaves e o Casino Espinho recebem, em Agosto, mais uma “Lenda da Música Portuguesa”, o autor, compositor e intérprete Vitorino Salomé. Com trinta obras editadas, este grande embaixador da música popular alentejana já foi companheiro de palco de outros grandes artistas, como José Afonso, Adriano Correia de Oliveira, Sérgio Godinho ou Rui Veloso. Cantor coerente e fiel às suas origens, Vitorino Salomé viajou por várias formas e correntes musicais que o transf(...)

XL Festa do gaiteiro de Soutelo (Soutelo de Montes - Forcarei)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-08-2019)

- concertos-

XL Festa do gaiteiro de Soutelo - sábado 24 de agosto (Soutelo de Montes - Forcarei)

Para nós é un verdadeiro placer e unha honra poder participar un ano máis na Festa do gaiteiro de Soutelo, en homenaxe ao gran Avelino Cachafeiro Bugallo. Vai ser un día de troula dende a mañá ata a noite.

Este ano celébrase o 50 aniversario da edición do libro de Avelino Cachafeiro “Voando cas aas da vida”.

👉🏻 Programación para ese día:

🕥 11:30h: Pasarrúas

🕧 12:30h: (...)

(Ultima actualizaci??12-08-2019)

III Encontro Tradicional de San Roque (Cespón. Boiro)

- Festa- Tanxugueiras-

Sábado 17 de agosto no Campo de San Roque. Xogos populares, serán tradicional e concerto de Tanxugueiras

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Festas do Apostolo (Compostela)

- concertos-

19 de xullo 

*XLI Torneo de chave Festas do Apóstolo. Parque da Alameda.A carón da Escola Infantil de Santa Susana

19.30 h Torneo feminino

20.30 h Torneo masculino 

*22.30h Pregón desde os balcóns do Pazo de Raxoi a cargo de Luis Zahera. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Zalón. Praza do Obradoiro

*23.00h Concerto: Budiño. Praza da Quintana

*23.30h Concerto: Kind of Soul. Praza do Toural

 

20 de xullo

*'Día do Traxe Galego'

11.30 h Concentración de participantes na  Alameda e de(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2019)

XXII Romerí­a Popular Trompos os Pes (Marín)

- concertos- Romerías- Trompos ós Pés- romerí­a popular trompos os pes-

Xoves 25 de xullo dende as 10:30h na na Alameda Rosalía de Castro de Marín.

Actuacións de Trompos òs Pès, Treboeiros de Muimenta (Treboada), e Canto Tradicional con Aspuxen, Garatuxa e Peñaflor

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

Gulliver Fest (Narón)

- concertos- festivais-

2, 3 e 4 de agosto no Area Recreativa Muiño De Pedroso.

Adianto da programación:

VENRES, 2 DE AGOSTO

16:00 h. – APERTURA DO FESTIVAL

22:00 h. – CACHAS & COUSINS

23:30 h. – LA CHATA SOUL

01:30 h. – THE SKARNIVALS

SÁBADO, 3 DE AGOSTO

10:00 h. – CLASES DE IOGA (1 h. 30 m.)

12:00 h. – DE AQUÍ PARA ALÁ

13:00 h. – SESIÓN VERMOUTH

16:00 h. – XOGOS POPULARES

16:30 h. – CREA A TÚA CHAPA

17:30 h. – PECHAKUCHA(viaxes Narón)

19:00 h. – JORGE SIERRA(viaxes Narón)

22:00 h. – NA(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

X Festival Castro Galaico de Nogueiró (Braga. Portugal)

- concertos- festivais-

O Castro Galaico Festival Nogueiró - Música e Tradição, único nos seus propósitos e objetivos (unir a Nação Galaica, o Minho e Galiza) vai-se impondo no panorama Nacional.

Nesta histórica X Edição do festival, os brácaros regressam ao Castro da Consolação, em Nogueiró – Braga, para celebrar as raízes castreja, celta e galaica, através da recriação de um povoado, muita música, animação e uma vista fantástica sobre Bracara Avgvsta

A organização partilhada entre a União de Freguesias de No(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

Zona da Zanfona en Rianxo

- concertos- Zona da Zanfona-

Do 5 ao 7 de xullo.

Mércores 3 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

Ariel Ninas & Alba María. Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 5 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

Germán Díaz e Benxamín Otero: “13 cancións bonitas” + María e Manuela: “O conto da zanfona”

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 2(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)

- concertos- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -

Sábado 6 de xullo

Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!

Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motore(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

VIII Festival Aturuxo en Os Bravos (Ourol. Lugo)

- concertos- festivais- Som do Galpom- Rosa Cedrón- Zënzar-

Venres 19 e sábado 20 de xullo

Venres 19, 21.00h. PREATURUXO

-----------------------------‐---‐---------------------

- Paella, xamón cocido, bocadillos.

- Música a cargo de FARRAPOS DE GHAITA.

- Foliada libre. Trae o teu instrumento e únete!

Sábado 20, ATURUXO

------------------------------------

- 13.30H. SESIÓN VERMÚ con ILLA PANCHA (programa MUSIQUEANDO DA DEPUTACIÓN DE LUGO).

- 14.30H. XANTAR (prezos populares).

- 16.00H. XOGOS tradicionais, interxeracionais e(...)

(Ultima actualizaci??30-06-2019)

36 Festa da Carballeira de Zas

- concertos- festivais-

Venres 2 de Agosto

A partir das 21:00 h:

Perfusión

Susana Seivane

Celtic Social Club (Francia)

Dakidarría

Sábado 3 de Agosto

A partir das 12:00h

- Feira de artesanía e produtos ecolóxicos.

- Espazo de xogo infantil

- Sesión vermú

- Gran mexilloada popular

- Exhibición de talla con motoserra de Carlos Mariño

A partir das 14:00h

Os Farrapos

Fourth Moon (Reino Unido-Austria)

Vudú

Regueifa con Lupe Blanco e Alba María

Actuarán:

Grupos da A.C Castro-Meda de Zas

(...)

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

- concertos- Anxo Lorenzo- Tanxugueiras- Leilía- Andrés Penabad- festivais- Dequenvessendo- O Fiadeiro-

Do 11 ao 14 de xullo

Xoves 11

Túa (Murcia)

Dequenvessendo (Galiza)

Yuki Kojima Band (Xapón)

Stolennotes (Andalucía)

Gwendal (Bretaña)

Venres 12

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

Project Smok (Escocia)

The Moving Hearts (Irlanda)

Anxo Lorenzo Band (Galiza)

Escola de Gaitas de Ortigueira

Sábado 13

Bagad Kerlenn (Bretaña)

por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda)

Shoglenifty (Escocia)

Flook (Inglaterra)

Beltaine (Polonia)

Domingo 14

O Fiadeiro

Tanxugueiras

Leilía

Andrés Penabad Band.

(Ultima actualizaci??25-06-2019)

A Tribo das Flores (folk, pop, de taberna) en Ferrol

- concertos-

Venres 19 de xullo ás 23:45h na Sala La Room

"Como saí­dos dun aquelarre musical no medio do Monte, A Tribo das Flores é unha romerí­a de verán que condensa o folk e o pop, a canción tabernaria e a melodí­a máis delicada nunha proposta cantada en galego, castelán, italiano, inglés e portugués. O bardo Roger Arias é o mestre de ceremonias dun combo de frescura diletante completado co percusionista Sergio Cosmonautas, a cantante e guitarrista Amparo Arias, o acordeonista Nicolás Vidal e a co(...)

Festival Son da Industria (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-06-2019)

- concertos-

Festival

No Parque García Picher (Toys'R'Us) Vigo

Sábado 22/06/19

Desde as 21:00h

Concertos:

As Punkiereteiras

Su Garrido Pombo

Cuarta Xusta

Flow do toxo

Domingo, 23/06/19

Desde as 20:00h

Actuación infantil:

Brais Das Hortas

Concertos:

Blues do País

Os Putos

[Acendido da fogueira]

Sardiñas

Comida e bebida a prezos populares.

Actuacións de balde.

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

SONS DO SAR (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-06-2019)

- Festa-

Sábado 15 xuño ás 20:30h na Praza da Colexiata do Sar

Foliada con Colexiata de sar, Pena Maior de Marrozos, Aires de Compostela...e rematando concerto de ker cuez. Cantina e churrascada a prezos mais que populares.

(Ultima actualizaci??15-06-2019)

GILBERTO GIL en Vigo

- concertos-

Martes 16 xullo ás 21:30h no Auditorio Mar De Vigo

Símbolo e lenda da música popular brasileira, ex ministro de Cultura… a influencia de Gilberto Gil nas artes brasileiras é infinita.Este ano inicia de forma excepcional unha xira por Europa co disco ‘Ok ok ok’ (2018) co que regresa logo dunha convalecencia que ameazou a súa vida. Con este novo traballo volve ao top mundial da música, con temas que falan da familia, das amizades, da vellez ou da enfermidade, pero tamén contra as patrullas ide(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XII FOLK IN RIO en Touro (Compostela)

- concertos-

Domingo 16 de xuño ás 12h na área recreativa de Santaia, en Touro,

O programa musical ábrese ás once e media polos locais do Forte con cantos de taberna. Estarán os grupos Son do Souto e Muxicas da Silvei de San Fins de Sales; A Brincadeira de Carbia; A Pinguela de Barna; A Ferrina Furtiva de Redondela; Revi, Volta de O Pino; Fiadei de Antas de Ulla; O Ghusto do Boi de Lestedo; Sarillo de Aiazo de Frades; Vai Nela de Salgueiros; Arricandeira de Arzúa; Stihl Brothers de Compostela; e UGT, (...)

Serán´02 en Compostela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-06-2019)

- concertos-

Venres 28 de xuño ás 13h na Cidade da Cultura

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán´02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia.

Baixo a dirección artí­stica de Quique Peón, o Serán´02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así­ como de agrupacións infantí­s. Talleres para (...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

VI Tangaraño Cultural en Sobradelo (Xunqueira de Ambí­a)

- Festa- Roberto Sobrado-

Sábado 1 de xuño

Encontro culturar e festivo

12:00 Cóidate para coidar charla primeiros auxilios por Susana Pulgarín.

Foliada: Iniciativa polo Rural

13:00Concerto Xan de Verin Nickelharpa

13:30 As Utopias de Carlos de Xunqueira de Ambía.

14:00 Xantar Popular e Vegano ( por favor agradecemos reserva)

15:00Concerto Nacho Martimez cantautor

16:00 Poesía: Eduardo Estevez,Belén Senín e Carlos Rafael.

Obradoiro barro por Olería de Batán

16:20 Concerto Andrés Férnandez( Suso Vaamonde)

1(...)

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

XXXVII Festa dos Maios en Vigo

- concertos-

Domingo 12 de maio

Os actos festivos comezarán na citada Praza do Berbés ás dez e media da mañá con diversos talleres infantís; ás doce haberá unha sesión de contacontos, tamén dirixida aos máis pequenos, que irá seguida, a partir da una da tarde, da actuación dos grupos “Os Ferraias da Etea” e “ Pandereteiras de Frián”. Tras a comida popular, que comezará sobre as 14.30 horas, a intervención da banda de gaitas do Casco Vello, ás cinco da tarde, servirá de introdución ao acontecemento princip(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

(Ultima actualizaci??16-04-2019)

Programación de abril en Crechas (Compostela)

- concertos- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019

Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€

TATO LÓPEZ & CIA

Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de música(...)

(Ultima actualizaci??12-04-2019)

VI Foliada Nordestí­a en San Ciprián (Cervo)

- concertos-

Sábado 13 de abril en San Ciprián

11:00h Apertura Feira de Artesaní­a na Praza dos Campos

12:00h Cantos de taberna polos locales de hostelerí­a colaboradores

15:15h Xantar Popular na Praza dos Campos.

18:10h Xogos e obradoiros infantí­s na Praza dos Campos

19:00h Obradoiro de baile (próximamente máis info)

21:30h Actuación do grupo local A Rebolaxe (Na Prazoleta)

22:30h CONCERTOS (Na Prazoleta)

-Son do Xabre

-Os Carecos

-A Compañí­a do Ruí­do

Foliada libre cando se (...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

SÉS presenta RABIA AO SILENCIO en A Coruña

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Venres, 15 de marzo, ás 20:30h no Teatro Rosalí­a Castro

María Xosé Silvar "SES" - Guitarra, percusións e voz

Sabela Galbán - Frauta, acordeón e voz

Tito Calviño - Guitarras

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que(...)

Foliada de Entroido en Boiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-03-2019)

- Festa-

Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶

A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa

(Ultima actualizaci??08-02-2019)

Músicas Mesturadas en Lugo

- concertos-

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este xoves, no patio do Vello Cárcere, a segunda edición dunha proposta cultural que o pasado ano colleitou moito éxito: o ciclo Músicas Mesturadas. Trátase de 10 actuacións de música de fusión singulares que terán lugar neste centro cultural dende xaneiro a xuño, cuxa asistencia é totalmente de balde, ata completar cabida.

Carmen Basadre fixo énfase na programación deste ano, que contempla 6 cita(...)

(Ultima actualizaci??31-01-2019)

Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar (...)

Obradoiro de Canto e Pandeireta en Arzúa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2019)

- concertos-

Xa temos nova data para o obraodiro con Noemi Basanta Llanes unha adufeira de salitre que nos vai a ensinar un pouquiño máis acerca do canto e pandeireta. Quen se anima? Será o DOMINGO 3 de FEBREIRO ás 16:30 na ludoteca de Arzúa!

Noemi Basanta impartiu aulas regulares de canto e percusión na Escola viVAntes de Santiago de Compostela. Actualmente, é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén a directora do seu grupo de pandeireteiras. Nos últimos anos, ofreceu diversas conferencia(...)

(Ultima actualizaci??25-01-2019)

Serán O Fiadeiro (Vigo)

- Festa- O Fiadeiro-

A A.C.F O Fiadeiro convida a todos os seus amigos e seguidores, outro ano máis, ó noso serán.

Celebrarase no salón de actos da AA.VV. Santa Mariña de Cabral o sábado 26 de xaneiro a partir das 21:30 horas. A entrada é gratuíta e haberá bebida e comida a prezos populares. E xa ben entrada a noite, ofreceremos chocolate ben quente para todos os asistentes.

Abrirán o serán os grupos da asociación e a continuación agardamos por todos aquelas agrupacións ou músicos que veñan dispostos a contin(...)

Tecor Societário e Os Novos no Pichel (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos- aPenultima- gentalha-

Sábado 19 de Xaneiro na Gentalha Do Pichel

Desde a Gentalha queremos habilitar um espaço no Pichel para construir um local de ensaio para bandas. Para isto temos umha campanha de recadaçom de fundos. No bar do centro social há dous petinhos nos que podes fazer aportaçons. Como prato forte desta iniciativa começaremos com concertos solidários. O primeiro terá lugar o sábado 19 de Janeiro ás 22h00 com os grupos OS NOVOS e Tecor Societário.

Tecor Societário é um grupo de punk folk que mistu(...)

2018

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-12-2018)

- concertos-

Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren c(...)

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

Foliada Co Grupo De Zanfonas `Suso Vaamonde´ en Lugo

- concertos-

Sábado, 15 de decembro ás 23h en La Cosechera

Grupo Zanfonas "Suso Vaamonde"

En abril de 2013, Suso Vaamonde iniciou un ambicioso proxecto relacionado coa cultura musical galega: ensinando todos os instrumentos galegos populares en diferentes entidades (asociacións, concellos, sociedades ...).

Como resultado, hoxe Suso ensina en seis entidades diferentes, e ten máis de 250 alumnos que xogan a partir dos instrumentos máis coñecidos como a gaita, tambores, bombo, pandeiro, acordeón, etc., po(...)

Andrea Pousa en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Sábado, 1 de decembro, ás 20:30h no Vello Cárcere

Andrea Pousa presenta o seu primeiro álbum en solitario "RESPIRAR" EN CONCERTO no Vello Cárcere (Lugo).

"O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras".

Andrea Pousa, é rica e poderosa en creatividade, sensibilidade, dozura e temperamento. Ten a capacidade de convertir cada canción nunha obra de arte viva, sensitiva e transformadora.

Por máis de 10 anos, estudia Máster Class de canto e interpretación.

Foi me(...)

(Ultima actualizaci??22-11-2018)

Enredadas: Martirio, Uxí­a, Carmen Parí­s e Ugia Pedreira, en A Coruña

- concertos-

Xoves 22 de novembro no Teatro Colón A Coruña

O jazz flamenco de Martirio Página Oficial, a voz atlántica de Uxí­a, a forza maña de Carmen Parí­s e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artí­stica das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais”¦

Dirí­ase que son almas xemelgas de univer(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

II Magosto Contra a Mina en Bama - Touro

- Festa-

Sábado, 17 de Novembro de 2018

Bama, Galicia, Spain

Proyectarase o documental "Minarí­a Non" de Lentes Diverxentes.

Haberá, castañas, petiscos, chocolate con biscoito, e música popular con a A.C. Reviravolta Lardeiros

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

III edición do Magosto Popular do barrio da Industria (Vigo)

- concertos-

Venres 16 de novembro a partires das 18h

Comprácenos seguir tecendo redes con colectivos que apoian o galego. Neste caso contaremos a partir das sete coa banda tradicional da Revolta para animar a nosa festa.

E a partires das oito da tarde concertazo para pechar a festa con Blues do País!

Magosto en Redondela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-11-2018)

- concertos-

O 1º MAGOSTO DA SINHA PACA vai ter lugar o vindeiro sábado 10 de novembro, das 17h ás 24h, no espazo da Feira do Gando da Avda. Mendiño de Redonderla.

A Plataforma de activistas culturais e artístas SINHA PACA continúa dando a coñecer as súas propostas e como estamos no tempo do frío e as castañas organizan o “1º magosto da Sinha PACA”, organizado polos colectivos Millo Verde e Arte Lixo, cunha xornada festiva interxeracional, diversa e multicultural que arrancará ás cinco da tarde con xogos(...)

VIII MAGOSTO POPULAR E SERÁN DA CASTAÑA DA CAÑIZA

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-11-2018)

- Festa-

Sábado 10 de novembro, a partires das 21h30 no pavillón deportivo Carballo do Marco.

SERÁN DA CASTAÑA. Aberto o prazo de inscrición para os grupos que desexen participar ata o propio sábado. Número de teléfono para inscribirse: 600 610 686.

Anímate e participa !!!

O violí­n nas músicas populares - Monográfico (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-11-2018)

- concertos- Trepia-

Sábado 10 de novembro de 2018

Organiza:

Asociación Cultural Trépia

INICIACIÓN 10:00 a 14:00

Primeiro contacto co violí­n, este consistirá nun achegamento ao instrumento para persoas que se queran iniciar ou teñen moita curiosidade.

Non é preciso que teñas o instrumento, prestámoscho.

Como funciona un violí­n, falaremos sobre as primeiras nocións de xogo, os distintos tipos de violí­n que hai, o seu prezo e as súas posibilidades dentro da música, as diferentes técnicas ao interpreta(...)

I Magosto-Serán Lembranzas do Tambre (Sigüeiro. Oroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-11-2018)

- Festa-

Sábado 10 de Novembro, ás 21:30h no Centro Cultural de Sigüeiro, primeiro Magosto-Serán de Lembranzas do Tambre! Pola tarde haberá actividades para todos os rapaces! Entradas e castañas gratis para todos! Pinchos, refrescos e copas a prezos populares e moita moita foliada! Agardámosvos!

(Ultima actualizaci??03-11-2018)

X Congreso de Cultura Popular Terra de Trasancos

- concertos- Toxos e Froles-

Sábado, 3 de novembro

Organiza: Toxos e Froles

7º Encontro Lusogalaico en Monção (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-11-2018)

- concertos-

Sábado, 10 de novembro no Cine Teatro João Verde

O Grupo Popular Os Teimosos tem o prazer de apresentar a 7 Edição do Encontro Lusogalaico que será realizado no dia 10 de Novembro pelas 21:30. Neste evento poderão ver grupos de ambas as margens do rio Minho e muita animação! Apareçam, estamos a contar convosco!

III Cantos de Taberna en Noia

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-11-2018)

- Festa-

E iso de Cantos de Taberna, que é?

Pois consiste en xuntarse un mínimo de cinco amigos e amigas e un máximo de 10 para percorrer os bares do marabilloso casco histórico de Noia cantando pezas populares ou inventadas. Se xa lle arrimades instrumentos, é o novamás!

O conto é pasalo moi ben mentres facemos algo tan san coma cantar!

E para que non se vos seque a gorxa, as persoas participantes tedes unha consumición gratuita en cada local!

Quen quere máis?

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

Magosto no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)

(Ultima actualizaci??19-10-2018)

X Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño

- concertos- Berros do Castro- AC Donaire-

Sábado, 20 de outubro na Casa da Cultura de San Sadurniño

A A.F.C. Berros do Castro organiza a I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA, co obxectivo principal de promocionar, dinamizar e por en valor a

cultura popular galega.

Seguindo a estrutura das anteriores edicións, as xornadas de 2018 divídense en 3 bloques culturais. O primeiro bloque é de natureza expositiva, e nel se inclúe a exposición

“Raparigos: 50 anos de música tradicional”, que recolle unha selección de imaxes, documentos e ins(...)

Grupo O Souto (Rubiáns. Vilagarcía) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Seguimos agardándovos neste novo curso no Grupo O Souto. Estamos desexando recibir novos e novas integrantes con moitas ganas de pasalo ben e disfrutar do canto, baile e música tradicional galega!

Pandereteiros e pandereteiras

Canto

Grupo de gaitas / Murga

Coro popular / tradicional

Percusión

Baile tradicional galego

Escola para os máis pequenos, que podrán optar a todo o arriba especificado!

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

Aspenizasfolk VII (Páramos, Tui)

- concertos-

FESTIVAL DE MÚSICA FOLK SOLIDARIO FAMILIAS AFECTADAS PARAMOS:

O último fin de semana de setembro (días 28 e 29) organízase no Monte das Penizas en Paramos (Tui), un Festival Solidario para axudar as familias afectadas pola explosión do almacén ilegal de pirotecnia.

O venres 28 actuarán Xulio Lorenzo e Pelepau e no día do sábado 29 haberá música durante todo o día. Treboeiros da Muimenta e Os Estralos pola mañá. Deseguido unha fantástica comida popular (entrantes, lomo ao forno, postre, beb(...)

(Ultima actualizaci??24-09-2018)

Romarí­a de Santa Minia 2018 (Brión. A Coruña)

- concertos-

Os dí­as 26, 27 e 28 de setembro Brión celebra a tradicional Romarí­a de Santa Minia, unha das festas máis populares da comarca que un ano máis se prepara para recibir a milleiros de romeiros procedentes de toda Galicia.

Tres xornadas festivas que nesta ocasión se complementarán con dous dí­as máis de actividades durante a fin de semana. Unha romarí­a onde a devoción relixiosa se mestura co ambiente lúdico dunha celebración centenaria onde non faltarán as cerimonias litúrxicas, a música e(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

X Asaghieiras Master Festival (Lariño. A Coruña)

- concertos-

Sábado, 22 de setembro en Lariño

Convidámosvos a tod@s, grandes e pequechxs, a esta nova edición do Asaghieiras Master Festival no que, con moita ilusión e as forzas renovadas, presentamos unha xornada cargada de música de calidade, actividades para persoas de tódalas idades, comida e bebida a prezos populares nun entorno privilexiado da brava e fermosa Costa da Morte.

Ide reservando TODO O DÍA 22 DE SETEMBRO, pois agárdanvos:

-SESIÓN VERMÚ🎵🍷

-CHURRASCADA🍗(...)

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

Guadi Galego en Verín

- concertos-

Guadi Galego leva ao Concello de Verí­n o vindeiro 15 de setembro. ás 21:00 horas, "O mundo está parado" , o seu terceiro álbum en solitario. Dez temas redondos para deter o tempo, con letras que viaxan do persoal á reflexión colectiva sobre cuestións como a identidade e a coherencia. Os seus directos teñen esa sonoridad envolvente con aroma pop que traballou nos seus últimos discos e que alcanza a madurez con este último traballo. Unha selección de cancións sobre a necesidade de pararse a senti(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

Escola de Música Tradicional A Xesteira (Couso) - Curso 2018/2019

- concertos-

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 20:00

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 19:15

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro

Os Sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xerm(...)

Grupo Folclórico Hai que Roelo (Cuntis) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos-

Se che interesa aprender a bailar, tocar a gaita ou calquera outro instrumento popular galego ou ben unirte @s nos@s pandereteir@s... Non o dubides, ponte en contacto con nós no teléfono q aparece no cartaz, vía Facebook ou Instagram.

Seredes moi ben recibidos!!!

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (Vigo) - Curso 2018/2019

- concertos- O Fiadeiro-

Aberto prazo de inscrición para matricularte no novo curso en O Fiadeiro

Tes todo o mes de setembro para facelo

Actividades: Costura do traxe tradicional, acordeón, baile moderno, baile galego, canto popular e pandeireta, gaita , guitarra, música e movemento, percusión, piano, saxo e moitas mais.

Para todas as idades, nenos a partir dos 3 anos.

Pide información e matricúlate nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585, ou no noso local situado na Rúa Jesús Fernández Nº3 Baixo en Vigo, de lu(...)

Grupo de Bailes Populares IAR (A Coruña) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-09-2018)

- concertos-

Empezamos coas actividades do curso 2018-2019.

Información e pre-inscricións os martes e mércores de 20:00 a 21:30 H. no local da Asociación de Veciños, en Rúa Cerca, 30 - baixo.

A.C. Queiroga no Encontro Internacional de Música e Dança Popular en Figueira da Foz (Portugal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-09-2018)

- concertos- Queiroga-

Sábado 8 de setembro

Esta fin de semana os nosos gaiteiros estarán actuando en Figueira da Foz!

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Romería Elviña-Castro (A Coruña)

- concertos- festivais- dequenvessendo-

Venres 7 de setembro:

Tempo Novo celebra os seus 40 anos cun coloquio ás 20.00 horas no salón de actos.

Sábado 8 de setembro:

Inicio da romería con pregón a cargo de Manolo Rivas ás 12.00 horas, actuacións de Cántigas da Terra, recital de Carlos Casás, e logo do xantar coa Pulpeira de Melide, actuacións de Donaire, Son d’aquí e da Asociación de Amigos do Acordeón da Coruña.

Á noite regresa Carlos Casás con máis versos,e a partires das 21:30h concerto de Maghúa Pandereteiros e (...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Festas da Rúa de Baixo (Compostela

-

Aponta na agenda! Do 4 ao 9 de setembro voltam as afamadas e tradicionais Festas da Rua de Baixo!

Aqui tedes o programa completo, cheio de música, atividades, passeios...

4 de setembro

19:00 Decoramos a rua na fonte da Rua de Baixo

5 de setembro

Início do concurso da "Casa melhor decorada"

19:30 Passeio sonoro pola Rua de Baixo (saída diante da@@ Gentalha do Pichel)

6 de setembro

20:00 Cinema animal e pique-nique na fonte da Rua de Baixo

Traede mantele e comida para partilhar. (...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Xabier Díaz na V Festa Mariñeira de Barallobre (Fene)

- concertos-

Sábado 8 de setembro no peirao de Ballobre

- Carreira Popular

- IV edición do Campionato de Chave

- Paseos en Lancha pola Ría

- Degustación de produtos do mar

- Homenaxe aos 20 anos de Protección Civil en fene

- Concerto de Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre (19,30h)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

II Revolta Do Umia en Vilar de Mato , Cuntis

- concertos-

Sábado 8 de Setembro:

-12:00 Alborada por Vilar do Mato x Grupo Folclórico Hai que Roelo

-11:30 Roteiro Interpertativo - Exposicion de laminas da biobersidade x Alba González Picáns

-13:00 Monologo x #LoisPerez

-14:00 Sesion Vermú x A Vacaloura Vermella

-15:00 Xantar Popular

*Sobremesa Regueifas - Quique Estévez - Mani Braga

-17:00 Xogos e Obradoiros na contorna do rio

-18:30 Agrupacion de Baile e Musica Tradicional de Cuntis

-- 20:00 -- CONCERTOS --

- A Vacaloura Vermella (Folk(...)

V Foliada do Bosque (Carballo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-09-2018)

- Festa-

Sábado 8 de setembro no Bosque de Añón

Gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, bailadoras e bailadores, fainos moita ilusión convidaros á V Foliada do Bosque.

Outro ano máis ca foliada aberta na que tod@s poden participar. Non tedes máis que traer o voso instrumento (ou non) e unirse ós que estén tocando/bailando, Os asistentes fan a festa.

Os que viñestes os anos anteriores xa sabedes de que vai, os que non, achegádevos tamén a este encontro en torno á música tradicional: non o perdade(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2018)

Romarí­a do Monte de San Pedro (A Coruña)

- Festa-

Sábado, 8 de Setembro

Monte De San Pedro Coruña

Segunda edición! Un ano máis dispoñémonos a encher de entusiasmo e cultura un lugar simbólico pola súa posición privilexiada: O Monte de San Pedro.

Música ao vivo, xantar popular, xogos, conversas en torno a historia da cidade, teatro, baile, sorteos... durante todo un día ata o solpor.

Vermú amenizado con música Folk orixinal de Güintervan e micro-teatro da man do grupo Teatro Sobre Ruedas.

Disfrutaremos dun xantar 90% km0 con 250 (...)

FESTA Popular Froles Mareliñas (Chapela. Redondela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-09-2018)

- concertos- Froles Mareliñas-

Sábado 8 de setembro ás 11:00h

A.C. Sadeo

Os Carunchos

Froles Mareliñas

Naicosqueira

E ao remate Foliada Popular

------------

Coma tódolos anos celebramos a festa popular da nosa asociación.Será o Sábado 8 de setembro e terá lugar na Alameda Rosalía de Castro (en Chapela).

RESERVA XA O TEU MENÚ, NON QUEDES SEN ÉL (Churrasco, cahelos, pan e unha bebida) mercando o tique por un módico precio de 10€ na oficina de Seguros Soto ou na Cafetería Kima, ou no teléfono 687-382-508

Este (...)

(Ultima actualizaci??31-08-2018)

Son d'Aldea 2018 (Palas de Rei)

- concertos-

Venres 31 de agosto

16:30 Recepción de participantes

17:00 Mesa redonda

20:00 Monólogo. Xeografía do imaxinario, de Soledad Felloza.

21:00 Cea con produtos Da Aldea e encomenda.

22:00 Actuación da Asociación Cultural “A FONTE DE MERLÁN”

Sábado 1 de setembro

09:30 Recepción.

10:00 Roteiro teatral: As Novas Na Aldea

14:30 Xantar Na Aldea.

17:00 Mostra de oficios artesáns e artesanía Alimentar Na Aldea e xogos populares con Xotramu.

20:00 Actuación: As Fillas Bravas, de Chévere.

21:00(...)

(Ultima actualizaci??28-08-2018)

32 Festival da Poesí­a no Condado (Salvaterra do Minho)

- concertos- festivais- Festival da Poesí­a no Condado-

Sábado 1 de setembro

11.00hs – APERTURA DAS EXPOSIÇONS

(Covas de Dona Urraca)

11.00hs – II TORNEIO DE FUTEBOL GAÉLICO NO FESTIVAL DA POESIA

(Campo do Casal)

11.30hs – ABERTO DE BILHARDA

(Nas Muralhas)

11.30hs – PASSARUAS com RONCO&FOL

(Polas ruas da Vila)

12.00hs – TREBOADA – AMEAÇA DO BOMBO

12.00hs – TEATRO com O GRUPO DE TEATRO INFANTIL ATA SEMPRE DE ALXÉN, apresentando “XOGANDO AO XANDREZ”

(Casa do Conde)

13.30hs – 1º ASALTO POÉTICO

(Torreiro da Festa)

13.40hs – PO(...)

Experiencia MÁIS CANTOS en Sanxenxo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-08-2018)

- Festa-

Este venres, 24 de agosto, con motivo da apertura das Festas da Sanxenxo recibimos a espectacular encomenda dende a Concellerí­a de Turismo e Festas do Concello de Sanxenxo de organizar unha "Experiencia Mais Cantos" convidando a todo o que queira vir connosco a vestir de branco, portar frores, ramallos e elementos vexetais, e cantar as mil e unha pezas máis populares do repertorio tabernario polas rúas, prazas e espazos urbanos de Sanxenxo e recuperar os cabezudos da vila para organizar un fes(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XI Festival do río Belelle (Neda. A Coruña)

- concertos- festivais-

Sábado 25 agosto

13:30 charanga Santa Compaña a pe de campo.

16:00 xogos tradicionais para nenos.

18:00 xogos populares de adultos (tiro da corda masculino e femenino, carreira de sacos en grupos de 5 persoas e lanzamento de alpaca.)

21:00 Andarivel.

22:00 Birimbao.

23:00 Retumbatuke.

23:30 A Banda da Balbina.

01:00 Retumbatuke.

01:30 Rastreros.

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XVII Noite da Lúa Meiga (O Viso. Redondela)

- concertos-

O sábado 25 de agosto prográmase unha xornada de actividade continuada para todo tipo de públicos e idades.

Ás 10:00h da mañá realizarase a concentración de chimpíns decorados no Torreiro da Gándara xunto ao campo de fútbol e así proceder de seguido co Roteiro Musical e de Meighachimpíns ata o Miradoiro do monte Outeiro.

Ao chegar, e como novidade este ano, teremos xa concerto na “sesión vermú” onde nos acompañará o grupo TR3S POR C4ATRO. A continuación haberá xantar popular onde teremos p(...)

Festival 27373 de Música en Galego de Begonte

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-08-2018)

- concertos- festivais-

Sábado, 11 de Agosto

Club Fluvial de Begonte

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte, Non Estreses Aventura Offroad, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a de(...)

(Ultima actualizaci??03-08-2018)

XXXIX Festival de Pardiñas (Guitiriz)

- concertos- festivais-

Do venres, 3 ao domingo 5 de agosto

Venres 3 a partires das 20.30

Certame de Cantos de Taberna

Sábado 4

16h Aberto de Billarda

17h inicio da XXV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

18h Concerto de Maraghotas,

19h XXXIX Carreira Popular

21h Concertos:

-Bloquinho de Xermolos

-Faiscas da Pontraga

-TT Syndicate

-Kumbia Boruka

-Banda Xangai

Domingo 5

13h Turre´s Band

20.30h Concertos:

-Airiños da Freba

-Xosé Lois Romero & Aliboria

-Sin a De(...)

Xiv Festival Musical Intercultural Da Xuventude en Sobrado (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-08-2018)

- concertos-

Sábado 11 de agosto ás 22:00h

Concello de Sobrado.

Praza Portal 1.

Sobrado.

14ª Edición do Festival Musical Intercultural da Xuventude de Sobrado. Desta volta poderemos disfrutar da música tradicional galega con TREIXADURA, do pop-rock e as letras con compromiso de SES e da mellor músical española dos anos 80 con NUEVO PLAN