"percusión"

(Ultima actualizaci??12-10-2019)

Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña

- concertos-

Concerto presentación do Libro-CD VILAVERDE de OS VIQUEIRAS, o vindeiro domingo dí­a 13 ás 19:00 horas.

Será no local de Cantigas da Terra da rúa Ramón del Cueto 31 en Monte Alto, A Coruña.

Interpretarán pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe, así­ como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes (A Coruña). As pezas, moitas delas cantada(...)

AIRIÑOS DA LAGOA (A Baíña. Baiona) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2019)

- concertos-

Queres aprender a tocar a gaita ou a percusión? Non o penses máis e ven a AIRIÑOS DA LAGOA!!

(Ultima actualizaci??28-09-2019)

Maina Materia en Pontecaldelas

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 13h no Albergue Jamarte

Maina Materia son:

Lidia India, Eugenia Sanmartín e Carmen Sixto

voces, guitarras, percusións, teclados, composicións e arranxos.

As tres son da comarca de Ferrolterra, nesta Galicia onde a chuvia é arte, e deus botouse unha sestiña. Mais temos o sol na cabeza e saímos ás rúas sen paraugas.

As tres son músicas de moito camiño en directos, eclécticas e con melomanía sen tratar...

O seu proxecto común constrúese compartindo as suas mu(...)

A Baila do Outono - Comezo do Curso da A.C. Algaravía (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

Venres 27 de setembro ás 20:30h no Bar Orellas

Convidámosvos a todas á nossa baila pra dar benvida ao outono e celebrar como cada ano, o comezo dos nossos cursos de baile e canto e percusión tradicional. Antes iremos todas á concentración polo clima, polo que a baila dará comezo logo deste encontro.

A.C. Traspés (Vigo) - Novo Curso Escolar 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional...

Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)

(Ultima actualizaci??23-09-2019)

Aula Aberta de Percusión por Alex Ruiz (Escolas da Terra. A Coruña)

- concertos-

Aulas abertas de percusión por Álex Ruíz o martes 24 de setembro ás 19:30h, Local parroquial da Nosa Señora do Socorro dos Rosais (Praza. Del Padre Gil, 1

Escolas Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- Retrouso de Cela-

Velaquí o cartaz oficial das Escolas Retrouso 2019/2020. 23 anos de experiencia para as mellores aulas de #baile, #gaita, #cantoepandeireta, #percusión e #músicaemovemento (para os máis peques).

Novidades deste curso:

👉Debora Pena volve a encargarse das clases de baile infantil.

👉 Volve Baile para foliadas. Os venres, dúas quendas, de iniciación e perfeccionamento, para dominar a improvisación tradi nos torreiros, con Miguel Sotelo.

👉 Patricia Torres estréase como m(...)

Presentación Cursos Penaguda 2019-2020 (Neaño. A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 19h no Centro Cultural de Dena

O domingo 29 de Setembro faremos un acto no que presentaremos os novos cursos de:

- Baile tradicional galego (tamén este ano con grupo de adultos)

- Canto e pandeireta

- Gaita e percusión (a partir de 8 anos e ata os 99)

í‰ un acto aberto para todo aquel que queira asistir.

Coñeceredes cales serán os nosos mestres e aproveitaremos tamén a ocasión para presentar a directiva da asociación, así­ como as pautas que vai a segui(...)

Concerto de Outono de aCentral Folque (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- aCentral Folque-

🌱🎶Desde aCentral Folque querémosvos convidar á estrea dun novo curso académico o vindeiro mércores 25 de setembro ás 20.30 h da EMaCF co Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia con entrada libre. Alumnado e mestres da EMaCF ofrecerán un recital variado coa representatividade de cada aula que se imparte na Escola.

👉🎻🥁🎤Zanfonas, violinos, cantos, regueifas, bailes, percusións de man e algunha sorpresa que se poderá escoitar e ver(...)

Novo curso no C.C. A Ponte Vella (Teo. Compostela) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Comeza o novo curso no C.C. A Ponte Vella e con el abre o prazo para facer as vosas matrículas!!! Ata o 30 de setembro podedes anotarvos nas aulas de pandeireta, percusión, gaita, acordeón e baile.

Agardámovos!

Escolas Val Do Fragoso (Vigo) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Escolas Val Do Fragoso

Baile tradicional

Canto e percusion

Grupos nenos e adultos

Xornadas de portas abertas de Lembranzas da Ría (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2019)

- concertos- Lembranzas da Ría-

Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión.

Sábado 14 de setembro

na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo

Contacto: 687 487 997

Asociación Cultural Lembranzas da Ría

(Ultima actualizaci??04-09-2019)

Obradoiros de Música e Baile Tradicional no C@urel

- concertos-

Sábado 28 de setembro

Obradoiros de Percusión a Man e Canto (Blanca Villares), Empalletado e Afinación de Gaita (Daniel Bellón) e O Bailar no C@urel (Montse Rivera)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

Brúa en Compostela

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 14:30h no Embora Bar Cultural

Brúa nace da amizade agromada á calor das foliadas compostelás. Traballan partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén pezas de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén algunhas de composición propia.

No seu son, baseado na linguaxe do folk atlántico, nótase o pulso das foliadas e máis o contacto con outras músicas europeas. Gostan dun estilo directo e sinxelo, máis coidando os arranxos e pondo espec(...)

III serán Antromillo Concerto Raiceira (A Guía, Randufe. Tui)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-08-2019)

- concertos-

Sábado 24 de agosto

21h serán III Antromillo

Vén cantar ao serán "III Antromillo" no bar Pancho! Cancións de sempre, das que se cantaban "antromillo".

Trae a pandeireta, a zanfona, a gaita, o pandeiro, as cunchas... e a voz para cantarmos xunts!

2230h concerto RAICEIRA

Despois temos o concerto das fantásticas RAICEIRA que non podedes perder, que veñen dos nortes galegos!

Con percusión, voz e violonchelo teremos unha noite de verán das de lembrar!

(Ultima actualizaci??12-08-2019)

MJ Pérez na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Sábado 24 de agosto ás 22:30h

MJ Pérez visitará A Arca da Noe nun concerto único. Tras dous anos xirando por diversas vilas de Galiza e Portugal co seu último disco "Casandra", MJ regresa á Arca da Noe para compartir o seu último traballo con sabor a despedida. Dende que "Casandra" viu a luz a finais de 2017, MJ non tivo ocasión de presentar este disco na provincia de Ourense. Esta será a primeira vez, na que este álbum chega para dicir tamén "adeus" e dar paso ao novo traballo que a cantaut(...)

(Ultima actualizaci??15-07-2019)

Presentación do libro Ericia, de Xosé Luí­s Ramos Suárez

- concertos- Cántigas da Terra-

O vindeiro mércores 17 de xullo ás 19:30 presentación de ERICIA, PRIMEIRO LIBRO, O TRÁNSITO, polo seu autor Xosé Luís Ramos Suárez., será en Cántigas da Terra na Rúa de Ramón del Cueto 31, Monte Alto, A Coruña.

"ERICIA é un conto de fantasía, configurado en forma de triloxía na que se ofrece unha versión moi particular e “lóxica” de moitos mitos, lendas e historias, dende Adán e Eva (Ames e Abes), Caín e Abel, e outras historias da Biblia, do Ramayana e do Mahábharata, do Leabhar Ghabhála Éren(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

Ví­a Sacra Fest. Xullo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

LAR LEGIDO E AMIGOS

Martes 2, 9 e 30 as 18.30

L.A.R. Legido sorprenderanos de novo este verán coas súas propostas musicais acompañadas, en cada ocasión, dunha formación deferente, sempre de amigos. Que sorpresa nos traerá nesta edición de VIA SACRA 5 STARS FEST ....

TRIO DUBHLINN

Martes 16 as 18:30

A vila de Dubhlinn, ou Doolin, na costa de Clare é a casa da música tradicional irlandesa. É onde a gaita local uilleann e o "auténtico gaiteiro" Blackie O'Connell; o ilustre acompañante d(...)

(Ultima actualizaci??25-06-2019)

A Tribo das Flores (folk, pop, de taberna) en Ferrol

- concertos-

Venres 19 de xullo ás 23:45h na Sala La Room

"Como saí­dos dun aquelarre musical no medio do Monte, A Tribo das Flores é unha romerí­a de verán que condensa o folk e o pop, a canción tabernaria e a melodí­a máis delicada nunha proposta cantada en galego, castelán, italiano, inglés e portugués. O bardo Roger Arias é o mestre de ceremonias dun combo de frescura diletante completado co percusionista Sergio Cosmonautas, a cantante e guitarrista Amparo Arias, o acordeonista Nicolás Vidal e a co(...)

Aulas de gaita e percusión en Corcubión (Curso especial de verán)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-06-2019)

- concertos-

Curso especial de verán. “Gaita e Percusión Tradicional” dirixida a tódalas idades, a partires dos 5 anos. Tanto para iniciarse nos instrumentos coma para a súa perfección. As aulas serán impartidas en horario de mañá. Así­ poderás ter as tardes libres para ir á praia!!!

Chama xa para apuntarte, comezamos en xullo!!!!

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??18-06-2019)

Dequenvessendo: Concertos de verán - Presentación da maqueta

- concertos- dequenvessendo-

Bieito Romero (gaita, frauta traveseira)

Pablo Rosales (gaita, whistle, zanfona)

Miguel Rosales (acordeón diatónico)

Miguel Ocampo (bodhran, tambor, percusións)

Natahel Regueiro (guitarra acústica)

Irene Cerqueiro (voz, teclado, frauta traveseira)

(Ultima actualizaci??16-06-2019)

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardis en Sanxenxo

- concertos-

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardis impartido por Xurxo Fernandes.

Domingo 7 de xullo en Sanxenxo.

Precisase nivel medio de canto/percusión.

Infórmate: cantosdevoda@gmail.com

Organiza A.C. Abiñadoira.

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

Raiceira no Clavicembalo (Lugo)

- concertos- aPenultima- Clavicembalo-

Sábado 14 de xuño ás 23.30

Raiceira é un dúo formado por Sabela Vázquez (cello) e Carme López (voz, percusións e gaita) que reinterpreta melodías extraídas da tradición oral galega explorando novos ritmos e harmonías.

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Obradoiro de Percusión Tradicional en Boiro

- concertos-

Sábado 25 de maio na Escola de Música do Concello de Boiro

(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Dequenvessendo en Fisterra

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 25 de maio a partires das 20h no Bela Fisterra

Bieito Romero (gaita, frauta traveseira)

Pablo Rosales (gaita, whistle, zanfona)

Miguel Rosales (acordeón diatónico)

Miguel Ocampo (bodhran, tambor, percusións)

Natahel Regueiro (guitarra acústica)

Irene Cerqueiro (voz, teclado, frauta traveseira)




(Ultima actualizaci??24-05-2019)

Dequenvessendo na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Celtica- dequenvessendo-

Venres 24 de maio a partires das 22:30h

Bieito Romero (gaita, frauta traveseira)

Pablo Rosales (gaita, whistle, zanfona)

Miguel Rosales (acordeón diatónico)

Miguel Ocampo (bodhran, tambor, percusións)

Natahel Regueiro (guitarra acústica)

Irene Cerqueiro (voz, teclado, frauta traveseira)




VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-05-2019)

- concertos-

Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares.

Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C q(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

Festival da Escola de Baile e Pandeireta CARAMIÑAS (Pobra do Caramiñal)

- concertos-

Domingo 5 de maio a partires das 19:30h no teatro Elma

Participan:

G.M.B.T. Tahume

A.C. Pedra da Aroña

Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas

Aula de Gaita e Percusión Tradicional A Gandaina

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

(Ultima actualizaci??29-04-2019)

Andoa Trio Folk na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres 3 de maio ás 22:30h

ANDOA Trí­o Folk; é unha fantástica banda de músicas folk atlánticas, como son a irlandesa, escocesa, galega...

Os componentes de ANDOA; Ricardo Mouriño (low whistle, frauta travesera e gaita), Iago Boente (bouzouki) e Roi Adrio (percusións) teñen unha ampla traxectoria no mundo da música tradicional así­ como noutros xéneros musicais que van desde o reggae, jazz, etce.

Teñen compartido escenario con Xabier Dí­az, Talabarte, Gí¼intervan, Backwest (Irlanda) o(...)

(Ultima actualizaci??23-04-2019)

Dequenvessendo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

Venres 26 de abril a partires das 21h

Bieito Romero (gaita, frauta traveseira)

Pablo Rosales (gaita, whistle, zanfona)

Miguel Rosales (acordeón diatónico)

Miguel Ocampo (bodhran, tambor, percusións)

Natahel Regueiro (guitarra acústica)

Irene Cerqueiro (voz, teclado, frauta traveseira)





(Ultima actualizaci??16-04-2019)

Programación de abril en Crechas (Compostela)

- concertos- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE ABRIL DE 2019

Reservas aquí: reservascrechas@gmail.com

MÉRCORES 3, 10, 24 22:30 1,50 €

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21:00 5€

TATO LÓPEZ & CIA

Tato López presenta o que será o seu próximo traballo e que neste concerto na Casa das Crechas, fará unha presentación dalgúns dos temas que o conforman. “Rebelión” é o nome co que vai dar esta volta ao mundo coas súas cancións, que van desde o gipsy ata o tango, dende a zamba argentina ata o folk. Cun claro son de música(...)

Gala 40 anos de Xacarandaina en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-04-2019)

- concertos- Xacarandaina-

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gai(...)

Curso de percusión tradicional con Vanesa Muela en O Val (Narón)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- concertos-

Domingo 31 de marzo no Local social do Val.

Organiza: A.VV. Os Irmandiños

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€

CAYUCO

Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00

OS ESTALOTES

Foliada

Sábado 2 23.30

DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €

SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€

Andrés Penabad

Multi pr(...)

Lirolai en O Rosal (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- concertos-

O próximo domingo 17 de marzo, chega un día moi importante para nos. A presentación do novo disco na nosa casa, diante da nosa xente. Como podedes ver no cartel, estaremos acompañados pola Coral San Telmo de Tui, que tamén participa no disco e dos amigos da Escola de gaitas e percusión da provincia de Pontevera, aparte de outras sorpresas

IV XORNADAS DE PERCUSIÓN TRADICIONAL en Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-03-2019)

- concertos-

Nesta edición, como novidade, teremos un obradoiro de iniciación (14 de abril) e outro de perfeccionamento (17 de marzo).

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO

Curso de 4 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 17 de marzo en Pontevedra (de 16 a 20 horas).

Dirixido axs asistentes a algunha das tres edicións anteriores ou xente con coñecementos previos.

Material necesario: tambor e baquetas.

Prezo: 25 €.

Prazas limitadas (segundo orde de inscrición).

Inscrición e informa(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

SÉS presenta RABIA AO SILENCIO en A Coruña

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

Venres, 15 de marzo, ás 20:30h no Teatro Rosalí­a Castro

María Xosé Silvar "SES" - Guitarra, percusións e voz

Sabela Galbán - Frauta, acordeón e voz

Tito Calviño - Guitarras

A “rabia ao silencio” que cantaba Yupanki da nome a este espectáculo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un espectáculo acústico, máis íntimo e directo do que(...)

(Ultima actualizaci??09-03-2019)

Cursos de especialización de música tradicional galega en Pontevedra

- concertos-

Sábado 9 de marzo

Curso de especialización: “RECURSOS ORNAMENTAIS NA INTERPRETACIÓN DA GAITA GALEGA”

De 9:30h. a 14:00h. Salón de actos E.Enxeñaría Forestal-Pontevedra

PROGRAMA:

Afinación da gaita galega.

Melloras e recursos na dixitación.

Técnicas de tempero.

Picados e batementos

Adornos na interpretación.

REQUISITOS:

COÑECEMENTOS BÁSICOS DE GAITA

POÑENTE:

XAQUÍN XESTEIRA LOSADA

Sábado 23 de marzo

De 9:30h. a 14:00h. Salón de Actos- E.Enxeñaría Forestal- Pontevedra

Curso de(...)

Seso Durán en Bueu

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-02-2019)

- concertos- aPenultima- aturuxobar-

Domingo, 24 de febreiro, ás 20:30h no bar Aturuxo

Son da memoria é un disco que xira arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.

A Guerra civil vén sendo un tema tratado artísticamente desde o seu mesmo acontecer. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste disco. Un cable eléctrico conecta pasado e presente: o golpe, a dictadura, a Transición, os fondeados nas rías polos falanxistas, os afogados na (...)

(Ultima actualizaci??21-02-2019)

Obradoiro de Percusión Tradicional en Negreira

- concertos-

Sábado 23 de febreiro na Escola de Música de Negreira

Febreiro na Casa das Crechas (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- concertos- Sumrrá- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN CASA DAS CRECHAS FEBREIRO 2019

Do 9 ao 28

PEQUENA

Exposición Luis Berroy (pintura)

Inauguración o sábado 9 ás 20 horas.

DOMINGO 3 21:00 5€

XACOBE MARTINEZ ANTELO TRÍO

Xacobe Martínez Antelo Trío presenta o novo repertorio que integrará o seu próximo disco, que gravarán en Marzo de 2019. Esta formación xenuinamente jazzística, é ao mesmo tempo transfonteiriza e pioneira en novos terreos tan sorprendentes como inhabitados. Xosé Miguélez ao saxo tenor, Max Gómez á bater(...)

(Ultima actualizaci??01-02-2019)

Curso Avanzado de Percusión Tradicional en Sarria

- concertos-

O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento.

Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido

(Kihnos Saburido).

Prezo por alumno: 15 €

O horario do curso será:

– Mañá: de 10:00 a 14:00 horas

– Tarde: de 16:00 a 20:00 horas

Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de (...)

Obradoiro de Canto e Pandeireta en Arzúa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2019)

- concertos-

Xa temos nova data para o obraodiro con Noemi Basanta Llanes unha adufeira de salitre que nos vai a ensinar un pouquiño máis acerca do canto e pandeireta. Quen se anima? Será o DOMINGO 3 de FEBREIRO ás 16:30 na ludoteca de Arzúa!

Noemi Basanta impartiu aulas regulares de canto e percusión na Escola viVAntes de Santiago de Compostela. Actualmente, é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén a directora do seu grupo de pandeireteiras. Nos últimos anos, ofreceu diversas conferencia(...)

(Ultima actualizaci??18-01-2019)

IV Curso de Música Tradicional Galega de Ribadeo

- concertos-

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan para os días 19 e 20 de xaneiro o IV Curso de Música Tradicional Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Será impartido por catro grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión), Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) e Fran Sieira (baile) e será nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O prezo será de 40 e(...)

Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-01-2019)

- concertos-

Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal

DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!

Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada,(...)

2018

(Ultima actualizaci??28-12-2018)

Uxí­a na illa de Arousa

- concertos-

Sábado, 29 de decembro, no Auditorio Municipal

Uxía presenta o seu último disco (UXIA-O) co seu luxazo de banda!

Quim Farinha: violín.

Bleuenn Le Friec: arpa clásica.

Isaac Palacín: percusión.

Santi Cribeiro: acordeón.

Sérgio Tannus: guitarra, viola caipira e dirección musical.

Jose Manuel Diaz Iglesias contrabaixo.

Arturo Abrigueiro: técnico de son.

Daniel Rodriguez Juncal: técnico de luces.

Entradas anticipadas: 12 euros.

Entradas en taquilla: 14 euros.

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-12-2018)

- concertos-

Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren c(...)

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

Obradoiro de percusión en Compostela

- concertos-

Domingo, 16 de decembro no local da asociación A Xuntanza

Inscripcións ata 14 de decembro no 658030219.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rí­tmica e técnica.

Coñeceremos técnicas de diferentes culturas e paises, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.

Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.

Horario:

11-14´00

16´00-20´00

Prezos:

Percusións(...)

Obradoiro de percusións domésticas e pandeir@s en Cerceda

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Domingo, 2 de decembro, na Antiga Unitaria, Lugar do Moucho, A Silva, Cerceda

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rí­tmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e paí­ses, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.

Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.

(Ultima actualizaci??30-11-2018)

Dequenvessendo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

Venres, 30 de novembro, ás 21h

Dequenvessendo é un novo grupo de folk creado na Coruña e formado por sete compoñentes: Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel

(guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

Obradoiro de percusións tradicionais en Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-11-2018)

- concertos-

Domingo, 23 de decembro

Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez.

Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219.

Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa.

Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a

riqueza rítmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de difere(...)

(Ultima actualizaci??22-11-2018)

Davide Salvado en Compostela

- concertos- aPenultima- Crechas-

Venres 23 de novembro ás 21h na Casa das Crechas

Davide Salvado despí­dese de "Lobos" para centrarse no que será o seu novo espectáculo. Con este concerto, Davide, acompañado por Santi Cribeiro (acordeón), Carlos Freire (percusión) e Pablo Dalama (saxo), pon fin a unha xira que levou á banda por boa parte do Estado, Canadá, Finlandia, Bélxica ou Portugal.

(Ultima actualizaci??18-11-2018)

Xornadas de percusión tradicional en Compostela

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de Novembro en Santiago de Compostela, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de protagonistas ao tambor e ao bombo na quenda da mañá, e a pandeira na quenda da tarde.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo da percusión como Chema Cebeiro, Miguel López "Chino" e Blanca Villares.

PROGRAMA:

Domingo 25 de novembro

10.00 - 11.30 – Obradoiro de bombo con p(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

Dequenvessendo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- dequenvessendo-

Venres 16 de novembro. Concerto a partires das 21h seguido de foliada (ás 23:30h) con Os Estalotes.

Dequenvessendo. agrupación formada por Miguel Rosales Reboiras (acordeón e teclado), Pablo Rosales Reboiras (zanfona, whistle e gaita), Miguel Ocampo Bermúdez (percusión), Bieito Romero Diéguez (frauta traveseira e gaita), Nathael Regueiro Arguibel (guitarras), Irene Cerqueiro Espinosa (frauta, teclado e voz) e Javier Ferreiro Barreiro (son) a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo.

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

Obradoiro de percusións tradicionais en Carballo

- concertos-

Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez.

Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219.

Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa.

Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a

riqueza rítmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e países, coa(...)

Magosto en Redondela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-11-2018)

- concertos-

O 1º MAGOSTO DA SINHA PACA vai ter lugar o vindeiro sábado 10 de novembro, das 17h ás 24h, no espazo da Feira do Gando da Avda. Mendiño de Redonderla.

A Plataforma de activistas culturais e artístas SINHA PACA continúa dando a coñecer as súas propostas e como estamos no tempo do frío e as castañas organizan o “1º magosto da Sinha PACA”, organizado polos colectivos Millo Verde e Arte Lixo, cunha xornada festiva interxeracional, diversa e multicultural que arrancará ás cinco da tarde con xogos(...)

(Ultima actualizaci??01-11-2018)

Monográficos de Música e Baile Tradicional en Goián (Tomiño)

- concertos-

Domingo 4 de novembro

Percusión miúda, impartido por Chuco

Domingo 11 de novembro

O pandeiro cadrado na Galiza, impartido por Xulia e Guillerme

Domingo 18 de novembro

As muiñeiras punteadas, impartido por Fran Sieira

Horarios de 10 a 14h e de 16h a 20h no Auditorio de Goiñan

(25€/obradoiro)

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

Magosto no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

Tribalistas en Compostela

- concertos-

Venres, 26 de outubro no Multiusos Fontes do Sar

Compostela é unha das cidades elixidas por Tribalistas para a súa xira por Europa, que os levará tamén por Portugal, Reino Unido, Alemaña, Francia, Suí­za e Italia. O trí­o formado por Marisa Monte, Arnaldo Antunes e Carlinhos Brown regresa quince anos despois de venderen tres millóns de discos para facer unha xira mundial.

A cita será o venres 26 de outubro ás 21 horas no Multiúsos de Sar, e contará cun artista convidado. Tribalistas é (...)

Obradoiro de Multipercusión Galega en Vigo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-10-2018)

- concertos-

Domingo 21 de outubro. Impartido por Luis Prego

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

Outubro na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN OUTUBRO EN CRECHAS

reservas@reservascrechas@gmail.com

Mércores 3 e 17 22:30 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

XOVES 4 21.00 - 6€ [RGMV]

DOUS

DOUS estrea por vez primeira en Compostela o 4 de outubro en cuarteto o seu último traballo discográfico “A viaxe de Yoyo” xunto a unha selección de pezas dos seus discos anteriores. Fernando Abreu nos clarinetes e Pablo Carrera nas guitarras estarán acompañados neste concerto polos colaboradores habituais dos seu discos: o contrabaixi(...)

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

Talleres de Pandeiro en Pontecesures

- concertos-

Sábado 13 de outubro: Taller de Pandeiro Vegano con Ricardo Marcos Casás

Domingo 14 de outubro: Taller de Canto e Percusión con pandeiro (galego e portugés) con Davide Salvado

Información e inscricións: acasadorio.arte@gmail.com

E no teléfono 653820444

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

I Encontro de Música Tradicional Os Sobraos de Bergondo

- concertos-

Venres 12 e o sábado 13 de outubro.

Obradoiros de Gaita galega, Percusión Tradicional, Baile Galego, Acordeón, Pandeireta e canto, Fabricación dun pandeiro, Obradoiro de Colares, Inicio a Zanfona e Enredos Musicais.

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

Sociedad Parroquial de Vedra (Bós Aires) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto

A Subela (Foz) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-10-2018)

- concertos-

gaita, percusión, baile, pandeireta, canto

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

Asociación Cultural "O Castro de Figueiras" (Compostela) - Curso 2018/2019

- concertos-

- Gaita e percusión: sábados de 11:00 a 13:00 h

- Baile tradicional: sábados de 13:30 a 14:30 h

no CSC de Figueiras.

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) - Curso 2018/2019

- concertos-

- Baile tradicional

- Pandeireta

- Gaita

- Percusión

Matrícula a través do correo electrónico asociación@rosaliacacheiras.org ou no número de teléfono 659058064.

Escola Vivantes (Compostela) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-10-2018)

- concertos-

PROGRAMACIóN VA! 2018/2019

Este ano ademais de contar coas aulas regulares de: canto e percusión de man!, baile! gaita!, a cargo de Beatriz Mariño, Rebeca Tallón e Xacobe Varela, traemos novedades:

- Aulas especí­ficas! sobre técnica de pandeiro e pandeira a cargo de Noemi Basanta

- Monográficos de percusión, canto e pandeira, baile! a cargo de Kinhos Saburido, Carolina Vázquez e Ramón do Serrador.

Ide tomando nota que comezamos en Outubro!!

(Ultima actualizaci??08-10-2018)

Os Viqueiras na Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Domingo, 14 de Outubro ás 13h

OS VIQUEIRAS

Interpretan pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe así­ como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes. As pezas, moitas delas cantadas, foron recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque personal. Preparádevos para bailar porque é imposible non moverse ao ritmo dos Viqueiras.

Eles son: Manuel V(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2018)

Novos Aires de Couso (Gondomar) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de gaita (Marcos Castro) e percusión (Silvia Posada).

As aulas son balde os luns de 20h a 22h no Centro Cultural de Couso (Gondomar).

Asociación Cultural e Folclórica Solaina (Berducedo. Moaña) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Clases de baile, gaita e percusión na Casa da Cultura de Berducedo

A. F. Recordos Da Nosa Terra (Bueu) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Clases de baile, canto, pandeireta, gaita e percusión

Centro Cultural Pontesampaio (Pontevedra) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Clases de gaita e percusión. Os sábados de 11:30 a 13h. Mestre Lois Prado.

Baile galego para nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade. Venres de 5 a 6 da tarde. Mestres Diana e Borja.

Baile galego para os non tan nenos, mozos e mozas, maiores.... quen se anime. Venres primeiro turno de 6 a 7 e o segundo de 7 a 8. Mestres Tere e Sergio.

Grupo O Souto (Rubiáns. Vilagarcía) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Seguimos agardándovos neste novo curso no Grupo O Souto. Estamos desexando recibir novos e novas integrantes con moitas ganas de pasalo ben e disfrutar do canto, baile e música tradicional galega!

Pandereteiros e pandereteiras

Canto

Grupo de gaitas / Murga

Coro popular / tradicional

Percusión

Baile tradicional galego

Escola para os máis pequenos, que podrán optar a todo o arriba especificado!