"pandeireta"

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

V Foliada de Primavera en Rábade

- Festa-

Sábado 4 de abril.

Con cursos de baile (con Xisco Feijoó) e canto e pandeireta (con María Vidal).

A partir das 8,30 foliada cos grupos participantes e para finalizar un concerto de Pepe Vaamonde trío.

Para participar anotádevos no correo asociacionculturaltreboada@gmail.com ou no teléfono 615150521.

Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil Treboada.

Sam Brais no Furancho de Faísca (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-01-2020)

-

Ide afinando as gaitas, botándolhe cera as pandeiretas, tensando os tamboriles e os bombos, quedam muitas horas de baile, música e diverssom!!!

Compraze-nos comunicar que esta sexta-feira, 24 de Janeiro, abrimos o nosso furancho, o Chegar e Encher, na rua Igreja 21, desde as 20h00h. E para inaugurar a festa, contamos com a atuaçom de Os Ferraias da Etea às 22h30.

Por se fora pouco, a sexta-feira 31, às 21h00, também tocará o grupo Airinhos do Faísca.

Agardamos-vos a todas!

✊🎶&#(...)

(Ultima actualizaci??12-01-2020)

Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira

- concertos-

NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano:

O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!!

MONTSERRAT RIVERA CRESPO

Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion

Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante a(...)

2019

(Ultima actualizaci??01-12-2019)

Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto

- concertos-

5 de decembro ás 20:30h

Auditorio Municipal de Celanova (Ourense)

14 de decembro ás 21h

Auditorio Municipal de Burela

2 de febreiro ás 20h

Sala Capitol de Compostela

O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a trav(...)

Curso de pandeireta e canto en Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-10-2019)

- concertos-

Miro Regueira, da Laracha, é ben coñecido e recoñecido dentro do mundo da música tradicional en Galicia, tanto pola súa participación nalgunhas das formacións máis destacadas do país como polo seu amplo labor profesional no ámbito da formación. A súa proposta para o Casino1889 é un curso de aprendizaxe de pandeireta e canto tradicionais, sen ningún tipo de engadido ou artificio; un curso sen máis obriga que a de transmitir unha aprendizaxe que, de xeito lúdico, nos leve a acadar os obxectivos e (...)

A.C. Traspés (Vigo) - Novo Curso Escolar 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional...

Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)

Escolas Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- Retrouso de Cela-

Velaquí o cartaz oficial das Escolas Retrouso 2019/2020. 23 anos de experiencia para as mellores aulas de #baile, #gaita, #cantoepandeireta, #percusión e #músicaemovemento (para os máis peques).

Novidades deste curso:

👉Debora Pena volve a encargarse das clases de baile infantil.

👉 Volve Baile para foliadas. Os venres, dúas quendas, de iniciación e perfeccionamento, para dominar a improvisación tradi nos torreiros, con Miguel Sotelo.

👉 Patricia Torres estréase como m(...)

Presentación Cursos Penaguda 2019-2020 (Neaño. A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 19h no Centro Cultural de Dena

O domingo 29 de Setembro faremos un acto no que presentaremos os novos cursos de:

- Baile tradicional galego (tamén este ano con grupo de adultos)

- Canto e pandeireta

- Gaita e percusión (a partir de 8 anos e ata os 99)

í‰ un acto aberto para todo aquel que queira asistir.

Coñeceredes cales serán os nosos mestres e aproveitaremos tamén a ocasión para presentar a directiva da asociación, así­ como as pautas que vai a segui(...)

Novo curso no C.C. A Ponte Vella (Teo. Compostela) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Comeza o novo curso no C.C. A Ponte Vella e con el abre o prazo para facer as vosas matrículas!!! Ata o 30 de setembro podedes anotarvos nas aulas de pandeireta, percusión, gaita, acordeón e baile.

Agardámovos!

Xornadas de portas abertas de Lembranzas da Ría (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2019)

- concertos- Lembranzas da Ría-

Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión.

Sábado 14 de setembro

na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo

Contacto: 687 487 997

Asociación Cultural Lembranzas da Ría

(Ultima actualizaci??28-08-2019)

XXXI Festa Da Istoria. Ribadavia

- concertos-

Xoves 29 de agosto

23:00

CONCERTO “SON DA ISTORIA”, HABELAS HAINAS

Grupo de Música Folk, Praza da Madalena

Venres 29 de agosto

10:30

X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:30

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:30

APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre(...)

III serán Antromillo Concerto Raiceira (A Guía, Randufe. Tui)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-08-2019)

- concertos-

Sábado 24 de agosto

21h serán III Antromillo

Vén cantar ao serán "III Antromillo" no bar Pancho! Cancións de sempre, das que se cantaban "antromillo".

Trae a pandeireta, a zanfona, a gaita, o pandeiro, as cunchas... e a voz para cantarmos xunts!

2230h concerto RAICEIRA

Despois temos o concerto das fantásticas RAICEIRA que non podedes perder, que veñen dos nortes galegos!

Con percusión, voz e violonchelo teremos unha noite de verán das de lembrar!

(Ultima actualizaci??22-08-2019)

Taller en Palas de Rei: A Pandeireta e o Canto en Bergantiños

- concertos-

Sábado 28 de setembro

A Casa do Rio

Para este taller son necesarios coñecimentos básicos de pandeireta.

A partir das 18:00 🕕 haberá unha foliada para aplicar o que se aprendeu.

Aportacións:

40€ (inclúe comida) inscribí­ndose ata o 16 de Setembro (incluí­do).

50€ para inscricións posteriores.

Mais info: 653820444

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Festa da Cultura en Vigo

- concertos- Sondeseu- MITIC- Traspés- Corisco- O Fiadeiro-

Xoves 11 de xullo:

Desde as 19:00h:

Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila.

Desde as 22:30:

SONDESEU Orquesta Folk de Galicia

Venres 12 de xullo:

Desde as 19:00h:

Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubí­o

Desde as 22:00h:

HEREDEIROS DA CRUS TONY LOMBA E ELIO DOS SANTOS

Sábado 13 de xullo:

Desde as 11:00h:

Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida(...)

I Bailando Ás Flores (A Pobra do Caramiñal)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-05-2019)

- concertos-

Sábado 25 de maio na Pobra do Caramiñal

En que consiste o bailando ás flores?

Durante dous fin de semana bailaremos ás flores polas prazas da vila acompañados de grupos da Pobra e da contorna!

Aquí vos presentamos o cartel da primeira xornada: o día 25.

Contamos ca participación de

A.C. Pedra da Aroña

Andavía Gaiteiros

A.F. Chorimas de Queiruga e Pandeireteiras Bailadela

Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas e os Caraveiros

Queremos agradecer á concellaría de cultura a súa ax(...)

Festival Benéfico de Loita Contra o Cancro en Vilalba

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-05-2019)

- concertos-

O sábado 1 de xuño, ás 20:00h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase o II Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.

Festival que conta coas actuacións de “Mestura de Nete”, alumnos dos diferentes cursos de música impartidos en Nete polos seguintes profesores: acordeón (Andrés Penabad), gaita (Ángel Sendín), pandeireta e baile tradicional (Antía Maseda), tambor (Vanesa Siso), grupo de cantos coa colaboración de Branca Villa(...)

V Foliada de Cervo (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- Festa-

O vindeiro 11 de maio celébrase a #VFoliadaCervo e a XIII Festa de degustación da carne de porco na Praza do Souto (Cervo).

◇PROGRAMA

11h 30 Obradoiro de regueira con Lupe Blanco e Manolo Maseda (Inscricións: https://goo.gl/forms/sG8nWwSyYnaVPXZ02)

13h 30 sesión vermú amenizada con regueifas e o coro tradicional Dorna

16h 30 Obradoiro de canto e pandeireta para a rapazada

Obradoiro de baile

19h 15 FOLIADA

- Os do 21 (O Vicedo)

- A Rebolaxe (San Cibrao)

- Cant(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

Festival da Escola de Baile e Pandeireta CARAMIÑAS (Pobra do Caramiñal)

- concertos-

Domingo 5 de maio a partires das 19:30h no teatro Elma

Participan:

G.M.B.T. Tahume

A.C. Pedra da Aroña

Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas

Aula de Gaita e Percusión Tradicional A Gandaina

Obradoiro de Felisa Segade e Xermán Muiños en Vilar de Santos (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- concertos-

Novo rumo: 31 de março com Felisa Segade e Xermán Muiños.

Domingo, 31 de março, de 11h00 a 14h00 e de 16h00 a 19h00 (6horas). Obradoiro de Tradição e musicalidade de Ourense com Felisa Segade e Xermán Muiños

OBRADOIRO

Com este obradoiro querem aproximar-se à Ourense, onde tem encontrado instrumentos, modos e sonoridades específicos e próprios, configurando um leque de imenso atrativo. Vão trabalhar sobre o panorama geral de instrumentos como a lata, a caçola (ou tijola), as cunchas, as co(...)

(Ultima actualizaci??29-03-2019)

Tanxugueiras en Lalín

- concertos-

Venres 29 de marzo ás 21h no Salón Teatro (Concello de Lalín)

TANXUGUEIRAS - A revolución das pandeiretas -

Partindo dun coñecemento rigoroso da tradición e das músicas de transmisión oral, entre Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dáse un encontro único onde a maxia, a naturalidade, a espontaneidade e a comuñón musical xorden desde o primeiro minuto e fan que revolucionen o panorama musical galego.

O mundo da pandeireta e o baile está a vivir en Galicia a un momento irrepeti(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

II Foliada de Primavera en Rábade

- Festa-

O sábado 23 de marzo a partires das 17h no Centro Sociocultural de Rábade a Asociación Cultural Treboada organiza a Foliada de Primavera, que este ano contara cun curso de canto e pandeireta impartido por Javier Feijoo Chisco e a posterior actuación dos grupos participantes seguida de pinchos e foliada aberta.

(Ultima actualizaci??10-03-2019)

Obradoiro avanzado se Pandeireta en Santa Cruz (Oleiros)

- concertos-

Sábado 24 de marzo no Centro Cívico de Santa Cruz

Imparte: Javier Feijoo

Organiza: Grupo de Baile e Gaitas Santaia

Foliada de Pandeireta en Tordoia

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-02-2019)

- Festa-

Sábado 16 de febreiro a partir das 21h en Pontepedra - Cabaleiros (Tordoia)

Foliada aberta, coa participación de:

- A.C. Nunca é Tarde

- Sementes do Arte de Ordes

- Folque Ruada da Silva

- Trouleiros de Lesta

- San Martiño de Cerceda

- Pandereteiras das Encrobas

- Pandereteiras de Rodís

- Os Xeitosos de Trazo

- A.C. O Castro de Figueiras

- Camiño Real de Poulo

- Xentiña de Trazo

Organiza: A.C. Nunca é Tarde

(Ultima actualizaci??14-02-2019)

Monográfico en Pontevedra: Maneo de Bergantiños

- concertos- Trepia-

Domingo, 17 de febreiro

Organiza: Asociación Cultural Trépia

Cando falamos de baile tradicional, falamos de autenticidade e respeto, sen añadiduras nin florituras coreográficas para enriquecer. Polo contrario, trataremos de ser o máis fieis posible á realidade, chegando se cabe a adoptar estilos das vellas e vellos baliadores.

INSCRICIÓN -> https://goo.gl/xxqBeP

Metodo

Estudo dos distintos xeitos de bailar o maneo.

Estudo do movemento do corpo para cada distinto aire de pandeiret(...)

Pandeireta e Canto Tradicional Galego nas Noites Abertas de Pontevedra

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- Festa-

Como xa vos dixemos, volve Noites Abertas!!! E un ano máis estaremos participando nelas non só cunha actividade, senón con dúas!

Aquí tendes a tarxeta da actividade de pandeireta e canto tradicional galego, o venres 1 de febreiro de 20:00h a 21:30h, na Casa Azul en Pontevedra. Vinde aprender unhas nocións básicas sobre este instrumento para poder acompañar ao canto en calquera festa do país!

Esta fin de semana comezamos a nosa participación dentro da programación de Noites Abertas 2019, orga(...)

(Ultima actualizaci??01-02-2019)

Curso Avanzado de Percusión Tradicional en Sarria

- concertos-

O próximo domingo día 3 de febreiro haberá un curso de percusión tradicional para alumnos que xa teñen nivel para tocar con pandeireta ou tamboril. Non está enfocado a xente que está aprendendo a manexar o instrumento.

Será impartido polo percusionista Marcos Pérez Saburido

(Kihnos Saburido).

Prezo por alumno: 15 €

O horario do curso será:

– Mañá: de 10:00 a 14:00 horas

– Tarde: de 16:00 a 20:00 horas

Os interesados poden persoarse o mesmo día do curso á hora de comenzo no Lar social de (...)

(Ultima actualizaci??31-01-2019)

Monográficos da Central Folque - Inverno 2019 (Compostela)

- concertos- aCentral Folque-

Estes son os Monográficos de inverno de 2019 que aCentral Folque organiza en Santiago de Compostela. Cursos que a Escola de Música d’aCentral Folque ofrece para algúns sábados dos meses de febreiro e marzo de 2019, unha variedade diferente para a práctica instrumental, de voz e do baile en Compostela. Cursos específicos en diversas especialidades instrumentais para afondar en aspectos relativos á interpretación, técnica, repertorio, movemento e discurso cos mestres que os imparten. Terán lugar (...)

Obradoiro de Canto e Pandeireta en Arzúa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2019)

- concertos-

Xa temos nova data para o obraodiro con Noemi Basanta Llanes unha adufeira de salitre que nos vai a ensinar un pouquiño máis acerca do canto e pandeireta. Quen se anima? Será o DOMINGO 3 de FEBREIRO ás 16:30 na ludoteca de Arzúa!

Noemi Basanta impartiu aulas regulares de canto e percusión na Escola viVAntes de Santiago de Compostela. Actualmente, é mestra na Asociación Cultural Cántigas e Frores e tamén a directora do seu grupo de pandeireteiras. Nos últimos anos, ofreceu diversas conferencia(...)

Obradoiro de Pandeiro Cadrado na Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2019)

- concertos-

Moi boa tarde!, temos un novo e interesantísimo obradoiro preparado para para vos!. 😄

O próximo domingo 27 de xaneiro podedes vir aprender todo sobre o pandeiro cadrado na Galiza. Un obradoiro, que terá un enfoque teórico-práctico e no que saberemos da historia e etimoloxía do instrumento e faremos montaxe de repertorio da tradición oral galega con pandeiro cadrado, aprendendo toques, melodías e estilos de distintos ritmos e de distintos lugares. Impartirase no CEIP Eusebio da Guarda,(...)

(Ultima actualizaci??18-01-2019)

IV Curso de Música Tradicional Galega de Ribadeo

- concertos-

A Asociación Cultural Ronqueta xunto co Cuarteto Tradicional Illa Pancha organizan para os días 19 e 20 de xaneiro o IV Curso de Música Tradicional Galega, coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Será impartido por catro grandes mestres como son Pepe Vaamonde (gaita), Miguel Anxo López “Chino” (percusión), Xavier Feijóo “Chisco” (canto e pandeireta) e Fran Sieira (baile) e será nas instalacións da EMMeD.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición xa está aberto. O prezo será de 40 e(...)

Tecor Societário e Os Novos no Pichel (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos- aPenultima- gentalha-

Sábado 19 de Xaneiro na Gentalha Do Pichel

Desde a Gentalha queremos habilitar um espaço no Pichel para construir um local de ensaio para bandas. Para isto temos umha campanha de recadaçom de fundos. No bar do centro social há dous petinhos nos que podes fazer aportaçons. Como prato forte desta iniciativa começaremos com concertos solidários. O primeiro terá lugar o sábado 19 de Janeiro ás 22h00 com os grupos OS NOVOS e Tecor Societário.

Tecor Societário é um grupo de punk folk que mistu(...)

Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-01-2019)

- concertos-

Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal

DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!

Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada,(...)

2018

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-12-2018)

- concertos-

Sábado, 29 de decembro, ás 23h

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero son dous referentes da música popular galega actual. Nas súas longas traxectorias como intérpretes, compositores, docentes ou investigadores, teñen formado parte de destacados grupos e proxectos como Leliadoura,Luvas Verdes , Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde Lamas & Romero, Nova Galicia de Danza, Xacarandaina, Orquestra de Jazz de Galicia, Aliboria ademáis de seren os autores da colección didáctica Pel & Madeira, e teren c(...)

As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-11-2018)

- concertos-

Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conser(...)

(Ultima actualizaci??01-11-2018)

O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.

- Festa-

O vindeiro domingo 4 de Novembro a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e o Concello de Mondariz coa colaboración da Deputación de Pontevedra organizan O SERÁN DESTA ALDEA: O CEO. Xornada do Baile Comunal en Mondariz.

Unha xornada lúdica onde compartiremos tradición, tocando, cantando e bailando. Cada ano centrarémonos nunha aldea, homenaxeando ás súas tocadoras de xeito que poidamos reivindicar ás nosas grandes mestras da tradición e colaborar a consolidalas como o referente vivo que teñen que ser.(...)

(Ultima actualizaci??31-10-2018)

Foliada De Santos en Monterroso

- Festa-

Mércores, 31 de outubro

19.00 a 21.00 horas OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA con DAVIDE SALVADO.

Prazas limitadas. Info e inscricións en:

www.facebook.com/25Xastres

25xastres@gmail.com

WhatsApp a 630650419 / 699591447

(NO ESPAZO CULTURAL LORENZO VARELA)

https://g.co/kgs/PnhPHJ

22.00 CONCERTO TANGO EN XANEIRO

Restaurante Pacior.

23.00 FOLIADA E MAGOSTO

Restaurante Pacior.

(Ultima actualizaci??31-10-2018)

Serán do Samaí­n no Calvario (Vigo)

- Festa- O Fiadeiro-

Mércores 31 de outubro a partir das 19.00 diante do mercado do Calvario.

Abrirán o serán os mais pequenos e a continuación haberá varias agrupacións tocando e cantanto, así­ que se formas parte dalgunha agrupación de gaitas ou pandeireta non dubides en vir a participar.

Haberá festa ata ás 23.30, e repartirase chocolate e rosca para todos os asistentes

Actuarán o "Cuarteto tradicional de Lembrazas Galegas", "Grupo Pandereteiras Chorouví­a da AVCD de Cabral", "Grupo de gaitas choran as (...)

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

Magosto no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

Concerto Tanxedoras e Roberto Comesaña no Poemagosto (Allariz)

- concertos-

Sábado 13 de Outubro, ás 22h, dentro do Festival Internacional de Poesí­a en Allariz

O proxecto TANXEDORAS xorde en Vigo no ano 2003 promovido por un grupo de cantareiras que, tras formar parte de diversas agrupacións folclóricas, xuntáronse para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.

Chegan ó Poemagosto co seu 3º traballo discográfico, "1952", que leva por subtítulo "Homenaxe a Alan Lomax".

A formación i(...)

(Ultima actualizaci??11-10-2018)

I Encontro de Música Tradicional Os Sobraos de Bergondo

- concertos-

Venres 12 e o sábado 13 de outubro.

Obradoiros de Gaita galega, Percusión Tradicional, Baile Galego, Acordeón, Pandeireta e canto, Fabricación dun pandeiro, Obradoiro de Colares, Inicio a Zanfona e Enredos Musicais.

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

Sociedad Parroquial de Vedra (Bós Aires) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto

A Subela (Foz) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-10-2018)

- concertos-

gaita, percusión, baile, pandeireta, canto

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) - Curso 2018/2019

- concertos-

- Baile tradicional

- Pandeireta

- Gaita

- Percusión

Matrícula a través do correo electrónico asociación@rosaliacacheiras.org ou no número de teléfono 659058064.

A. F. Recordos Da Nosa Terra (Bueu) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Clases de baile, canto, pandeireta, gaita e percusión

(Ultima actualizaci??01-10-2018)

O'Bringuelo Cultura Tradicional (Arzúa) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de pandeireta, gaita, percusión, baile e acordeón

(Ultima actualizaci??30-09-2018)

Amigos da Gaita Galega (Ribadeo) - Curso 2018/2019

- concertos-

Impártense clases, tanto infantil como adultos de:

Baile.

Pandeireta e Canto.

Gaita e Percusión

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO (Salceda de Caselas)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza, en colaboración co concello de Salceda de Caselas, un curso intensivo que contará con catro especialidades a escoller:

- Baile tradicional - Impartido por Javier Feijoó "Xisco"

- Canto e pandeireta - Impartido por María Vidal

- Gaita - Impartido por Suso Vaamonde

- Percusión tradicional - Impartido por Francisco Estévez “Chuco”

O curso vai ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de clases de 10:00 a 14:00(...)

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Asociación Folclórica Cultural e Veciñal Andarela (Vigo) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de percusión, canto, pandeireta, gaita, acordeón, baile,...

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Peisd´hos (Cangas) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de acordeón, baile tradicional, gaita, música e movemento, pandeireta e canto tradicional e percusión no local de ensaio de Cimadevila

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Asociación Cultural e Deportiva A Meda do Castro (Sada) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Comezo das clases de Música e Baile Tradicional en Ouzande

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

O próximo sábado, 29 de setembro, comezarán as clases de música e baile tradicional en Ouzande.

Disciplinas: acordeón, gaita, percusión, pandeireta, baile e canto tradicional.

Todos os horarios e inscricións picando neste enlace:

http://carreiros.blogspot.com/2018/09/bailas-clases-de-musica-e-baile.html

Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-09-2018)

- concertos- Pan Sen Fron- Tempo Novo-

OBRADOIRO PAN.SEN.FRON.

Para a xente que quedou fóra do curso faremos unha nova edición do Obradoiro de Cantos de Voda Sefardís. Será o vindeiro domingo 23 de setembro e estará orientado a xente cun nivel medio de canto e pandeireta.

HORARIO: 12.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00

PREZO: 30 ouros (SOCIOS) 50 ouros (NON SOCIOS)

MÁIS INFO E INSCRICIÓN: pansenfron@gmail.com

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

A Fervenza de Ouzande (A Estrada) - Curso 2018/2019

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Dan comezo as clases deste novo curso. Un ano máis, a Asociación ofrece a todas as persoas interesadas as diferentes disciplinas destas clases que comezaron no ano 2002.

Estas serán: Acordeón, gaita, percusión, pandeireta, baile e canto tradicional.

As clases darán comezo o próximo 29 de setembro, e terán lugar todos os sábados nos horarios que se detallan ao final.

As persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse no correo electrónico da asociación: carreirosouzande@gm(...)

Asoc Mulleres De Curtis A Carballeira - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-09-2018)

- concertos-

Clases de baile, canto, pandeireta, gaita, percusión...

(Ultima actualizaci??20-09-2018)

Agrupación Folklórica Vento Mareiro (A Guarda) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de baile, canto e pandeireta

Xornadas de portas abertas durante o mes de setembro.

(Ultima actualizaci??20-09-2018)

Escola Municipal de Música de Lugo - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de Gaita, Percusión Tradicional, Grupo Tradicional, Grupo de Pandeiretas e Pito Pastoril Galego

Centro Galego de Alicante - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-09-2018)

- concertos-

Vai rematando o verán e volve a oferta de cursos de música galega tradicional ó Centro. A partires do dí­a 6 de Outubro os nosos mestres Isa González Madrigal, Rubén Nogueira e Anxo Varela voltarán á carga con acordeón, pandeireta e canto, percusión tradicional e gaita galega. Lembrámosvos que non é necesario ter coñecementos musicáis nin experiencia previa. Agardámosvos!

Asociación Cultural Amigos da Pandeireta (Monforte) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-09-2018)

- concertos-

A.C. Amigos da Pandeireta....Comeza o novo curso, fai a túa inscrición e proba a nosa oferta de actividades, con profesores " Os mellores" e nós encantados coa túa elección...

ACGB (Asemble Cultural Galega de Barcelona) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-09-2018)

- concertos-

ACGB comezará a impartir aulas regulares de pandeireta e baile tradicional todos os xoves de 20.30 a 21.30 horas. Profesoras: Cristina Amarelo e Ester Bertran.

Data límite de inscrición: ata o día 30 de setembro. A primeira clase é gratuíta.

Para máis información: aulas.acgb@gmail.com ou acudindo ao Ateneu Roig no horario de aulas (informaránvos das cotas a pagar)

Imaxe: Festas de San Bartolo, Robledo de Son (Navia de Suarna - Os Ancares)

(Ultima actualizaci??19-09-2018)

Asociación Cultural O Amanexo

- concertos-

gaita, percusión, pandeireta, canto, baile

(Ultima actualizaci??18-09-2018)

Asociación Cultural Triskell (Arteixo) - Cursos 2018/2019

- concertos- triskell-

Clases de gaita, percusión, pandeireta, canto, acordeón e baile

(Ultima actualizaci??18-09-2018)

Escola de Música de Coles (Ourense) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de gaita e pandeireta.

Tfno: 988 20 51 34

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

A.C. Camiño Real de Poulo - Curso 2018/2019

-

Clases de baile, pandeireta, gaita, percusión e acordeón cromático.

(Ultima actualizaci??16-09-2018)

Asociación Folclórica Cultural Orballo - Curso 2018/2019

- concertos- Orballo-

Clases de baile, canto tradicional, pandeireta, gaita e percusión tradicional.

Todas as actividades agás gaita, a partir dos tres anos (ou cumprindo os tres anos no curso) en adiante.

Infórmate escribindo a orballo@orballo.org ou pasando polo local de ensaio de Orballo da Avda. da Coruña 16, 1º andar, os venres a partir das 17h.

(Ultima actualizaci??16-09-2018)

Asociacion Cultural Os Xeitosos de Trazo - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de acordeón, baile, gaita, pandeireta, percusión. Sábados pola tarde no pavillón de Viaño Pequeno

(Ultima actualizaci??14-09-2018)

Lembranzas da Ría (Cangas) - Curso 2018/2019

- concertos-

Local de ensaio de Cimadevila. Rúa do Palomar, s/n.

Inicio do curso o 1 de outubro con clases de baile, gaita, canto e pandeireta, acordeón e percusión.

Podedes consultar e solicitar información a través da páxina de Facebook, por teléfono (687 487 997) e correo electrónico (contacto@lembranzasdaria.com)

Escola Tradicional de Barbude (A Estrada)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2018)

- concertos-

Este sábado comeza o novo curso na nosa escola, ¡aí­nda estás a tempo de matricularte!

Aprende a tocar a gaita, a pandeireta, o bombo, o tamboril ou o acordeón, aprende a solfexar, a bailar ou a cantar mentres riscas a pandeireta ou as cunchas.

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

Escola de Música Tradicional A Xesteira (Couso) - Curso 2018/2019

- concertos-

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 20:00

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 19:15

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro

Os Sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xerm(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

AC Terra de Sena (Cee) - Curso 2018/2019

- concertos-

A PARTIR DO 1 DE OUTUBRO, no antigo instituto Agra de Raíces

BAILE TRADICIONAL: sábados a partir das 15:30

PANDEIRETA: Martes de 19:00 a 20:00 (nenos) e de 20:00 a 21:00 (adultos).

A cuota de soci@ é de 12€ ao ano

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

AOFT (Asociación Ourensá de Folclore Tradicional) - Curso 2018/2019

- concertos-

A partir do 10 de setembro comeza o prazo de preinscripción para as distintas actividades propostas pola escola, para así ver das actividades do pasado curso, as posibles plazas que queden libres para este que comeza.

Podes facela dos seguintes xeitos!

- Nos correos aoftou@hotmail.com ou gabelairas@yahoo.es indicando o nome, apelidos, un teléfono de contacto e actividade á que desexas asistir.

- Nos teléfonos: 654173524 – 654173498

- Falando coa tua mestra ou o teu mestre directamente!

(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

Asociación de música e danza tradicional Queiroa (Sada) - Curso 2018/2019

- concertos-

Aulas de baile e pandeireta no colexio de Mondego e na escola de Carnoedo, con Miguel Abad e Iria Moldes.

Tamboril e o bombo con Tonecho Castelos

Gaita en Carnoedo, con Ismael García

Acordeón no colexio de Mondego con Tonecho Castelos e Xullo Xermade

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Asociación Cultural Traspés (Pontevedra) - Curso 2018/2019

- concertos-

O vindeiro luns 17 de setembro comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre as actividades deste ano podes atopar: baile tradicional galego, pandeireta e canto tradicional, gaita galega, requinta, zanfona, percusión tradicional, acordeón diatónico, música para nenos, linguaxe musical, costura tradicional e pasamanerí­as, ukelele, guitarra, baile moderno, baile irlandés...

Coma tódolos anos, esta quincena será gratuí­ta para que probes todas as disciplinas que che ap(...)

Asociación Cultural Retrouso de Cela - Horarios definitivos (Curso 2018/2019)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos- Retrouso de Cela-

O cartel DEFINITIVO, con horarios e a incorporación de Alba Juncal como profe de iniciación adultos de canto e pandeireta. Botade un ollo aos horarios! Arrancan as aulas a comezos de outubro!!