"mostra"

(Ultima actualizaci??31-01-2020)

Ross Ainslie en Ortigueira

- concertos-

Sábado 15 de febreiro ás 20h no Teatro Da Beneficiencia De Ortigueira

Ross Ainslie & Tim Edey abrirán a programación do Festival do Mundo Celta 2020 co primeiro concerto do ciclo “Festival no teatro”.

Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia d(...)

2019

XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-10-2019)

-

Xa non queda nada para gozar coa nosa música tradicional no día mais emblemático das festas do San Froilán!!!

O vindeiro domingo 6 de outubro todos a Lugo!!! Dende a AGG organizamos a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, unha mostra que contará coas actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son:(...)

Presentacion Curso 2019 - 2020 da A.C. Trepia (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos- Trepia-

Luns 30 de setembro ás 20h na Casa da Luz

Esta Presentación ten como obxetivo achegar o programa deste novo curso a toda a xente que queira pasar por alí, así como de amosar unha pequena mostra do traballo desenrolado nas aulas.

Dende esta asociación animamos a todas aquelas persoas que estean interesadas na aprendizaxe, promoción e divulgación da cultura galega a compartir connosco ese momento e coñecer mais polo miúdo o proxecto e actividades que xunto coa escola Trépia fai esta asoci(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2019)

VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo)

- concertos-

O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional.

Serán de balde previa inscrición

PROGRAMA

10.15 – Apertura e entrega de documentación

10.30 – Relatorio I - Demostración

“O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio II

“Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2019)

Son d´aldea (Santiago de Albá)

- concertos-

Venres 6 de setembro

16:30: RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES.

17:00 MESA REDONDA: AS PERSOAS MAIORES NO MEDIO RURAL.

20:00 PRESENTACIÓN DO LIBRO: AS NOVAS NA ALDEA, 2018

20:15 MONÓLOGO: “Daló de onde eu veño…”; CAXOTO (Felipe Díaz).

21:00 CEA CON PRODUTOS DA ALDEA E ENCOMENDA.

22:00 Actuación da Asociación Cultural “PALACIO DO REI”.

Sábado 7 de setembro

9:00 RECEPCIÓN.

10:00 ROTEIRO TEATRAL: OS OLLOS DA EXPERIENCIA.

14:30 XANTAR NA ALDEA.

17:00 MOSTRA DE OFICIOS ARTESÁNS E ARTESANÍA ALIME(...)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

IV Serán Careco Solidario (San Claudio. Ortigueira)

- Festa-

Sábado 31 de agosto

San Claudio, Ortigueira

Polo día: Sesión Vermú con Folk Sol-Dama e a Escola de Gaitas de Ortigueira; xantar amenizado por Os Sobraos, No Combarro e Os do 21; Obradoiros de baile (Marcos Botana); Mostra de Baile (Os do 21 e A.F. Ancoradoira) e Concerto de Os Carecos

E pola noite, foliada con:

-Joel Padín

-A.C. Son D'Aquí

-As Ferriñas de os do 21

-A.F. San Xiao do Trebo

-Lingoreteiras

-Zinco en Zocas

-Pandereteiras da Asoc. Amigos da Gaita Galega

-Anda(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

XXXI Mostra Folclórica do Valadouro

- concertos-

Sábado 31 de agosto, a partir das 19:00h na Praza De Santa María.

Grupo Folclórico do Vale do Homem (Portugal)

Asociación Cultural Troula do Ortegal (San Adrián de Veiga - Ortigueira)

Asociación Cultural Amado Lar (O Valadouro)

(Ultima actualizaci??28-08-2019)

XXXI Festa Da Istoria. Ribadavia

- concertos-

Xoves 29 de agosto

23:00

CONCERTO “SON DA ISTORIA”, HABELAS HAINAS

Grupo de Música Folk, Praza da Madalena

Venres 29 de agosto

10:30

X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:30

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:30

APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2019)

7ª edição Sons da Celtibéria en Vilanova de Famalicão (Portugal)

- concertos-

23 e 24 de agosto

Sexta 23

18h - Arruada pelas ruas da aldeia Grupo Zés P’reiras Os Delaenses

21h30 - Exibição Musical Pedra D’Agua

22h30 - Exibição Musical Banda Marcial de Arnoso Santa Maria

Sábado 24

20h30 - Animação do recinto pelo Grupo de Concertinas Monte Santo André (Arnoso Santa Eulália)

21h30 - Concerto Gaiteiros da Ponte Velha (Santo Tirso)

22h30 - Espetáculo “Da Terra” de Óscar Ibáñez & Tribo (Galiza - ESP)

No recinto e durante o Festival Mostra de Produtos da Terra e (...)

(Ultima actualizaci??08-08-2019)

XX Festa Folc de Vilariño (Cangas)

- concertos- festivais-

▪️ 17 de agosto ás 22:00h.

- Fiandola

- Luar na Lubre

- Kumpania Algazarra

- Dixebra

7ª Mostra de Instrumentos de Música Tradicional:

▪️ Martes 13.

- Encontro Pandereteiro

▪️ Mércores 14.

- Rock no Hío

- Enxeito

- Impulsos criminais

- The Lelli Kelly's

▪️ Xoves 15.

- Fantoches Baj

- Blanca Autable & Chuchi Alcuadrado

- Trébede

(Ultima actualizaci??24-07-2019)

Feira dos Bicos en Monterroso

- Festa-

Domingo 28 de xullo

PROGRAMA

11:00 .- Apertura da Feira e dos distíntos postos de artesanía para a venta .

11:15.- Obradoiro FACENDO PAN gratuíto .

11:30.- Inicio das demostrarcións de oficios por parte dos distíntos artesáns e asociacións:

-Palilleiras (Palilleiras de Monterroso)

-Cesteiro (Manuel Fernández)

-Torneiro-artesán de instruentos musicais galegos (Xosé Piñeiro –NEBRA) .

-Olaría Artesanal de Gundivós. (prog. Promoción da artesanía 2019 da Deputación de Lugo)

-Talla en m(...)

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Carlos Núñez en Campo Lameiro (Pontevedra)

- concertos- Carlos Núñez-

Domingo 14 de xullo ás 19h

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

O concerto será completamente en acústico e terá lugar en diferentes emprazamentos do Parque Arqueolóxico, así que se aconsella só para persoas cunha mobilidade e capacidade auditiva normais e para nen@s a partir de 7 anos. Asimesmo aconsellamos levar un coxín ou toalla para poder sentarse no chan.

Antes do concerto, ás 18.30 o arqueólogo especialista en petroglifos Manuel Santos Estévez e Carlos darán unh(...)

(Ultima actualizaci??09-07-2019)

XX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

O venres 12 e o sábado 13 de Xullo de 2019 terá lugar na cidade de Pontevedra o Memorial Ricardo Portela. Este memorial organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello de Pontevedra, naceu hai 20 anos coa finalidade de honrar ao Gaiteiro de Viascón, firme defensor da dignidade da gaita e do gaiteiro e mestre recuperador da forma de interpretar este instrumento en toque pechado.

Durante os dous días nos que transcorre o Memorial, ademais da Mostra de artesanía de in(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

XV Xornadas de cultura mariñeira Muros Mira ao Mar

- concertos- Muros Mira ao Mar- Treixadura- Brincadeira-

Venres 5, sábado 6 e domingo 6 de xullo

VENRES, 5 xullo

11.00 h Visita guiada “A vida no areal”

11.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

11.15 h Pasacalles Longarela

11.30 h Obradoiro infantil: “Oficios”

11.45 h Visita guiada conxunto histórico

12.30 h Visita guiada colección permanente “Conserveira de Sel”

12.45 h Animación musical: “O cego na feira”

13.00 h Mostra de traballos artesanais: “Traballos en Coiro”

18.00 h Apertura do mercado, obradoiros e exposicións

18(...)

(Ultima actualizaci??04-07-2019)

X Mostra Trazantes de Tenorio (Cerdedo)

- concertos- Trazantes de Tenorio- Cantigas de Elena- Xacarandaina-

Sábado 20 de xullo ás 19:30h no Adro de Tenorio

SFUS Ceifeiras e Campinos, A.C. Seixos Albos, Xacarandaina, As Cantigas de Elena, Son das Tabernas,...

Tahúme (Riveira) presenta A mostra do Baile e da Música Tradicional

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-06-2019)

- concertos- Tahúme-

O sábado 29 de Xuño ás 21:30 na porta do sol (Praza da igrexa) teremos a nosa cita anual, na que levaremos a cabo unha mostra de música e baile tradicional de todas as seccións do grupo.

Non faltedes! Pasaremos lista!

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

Novedades Carminha e Dios Ke te Crew no Esmorga Dirt - San Xoan 2019 (Sarria)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-06-2019)

- concertos-

Sábado 22 de xuño ás 12h

Praza da Vila, 27619 Sarria (Lugo)

O 22 de xuño con motivo das festas patronais de San Xoan en Sarria (Lugo) terá lugar un evento no que se mesturará gastronomí­a local, música, deporte e cultura urbana.

Todo o evento transcurrirá ubicado nunha fermosa praza pública da Vila, que consta de varios emprazamentos (anfiteatro e varias zonas de lecer)

A festa arrinca durante a mañá con dous parques de Skate e Parkour habilitados para impartir obradoiros a través (...)

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

As Treboadas do Baixo Miño (Concello de Tomiño)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Sábado 15 de xuño.

¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada?

¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada?

Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra

Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada (...)

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

VII Festa Amanexa en Dexo (Oleiros)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-05-2019)

- Festa-

O vindeiro 25 de maio celebramos o noso festival, asi que reservade ese día nas axendas que non volo podedes perder.

Comezaremos a tarde coas actuacións:

- Airiños de Fene

- A.C.F O Pedrón

- A.C. O Amanexo

Poderemos encheremos o bandullo na churrascada e despois a tocar, cantar, bailar e disfrutar toda a noite na FOLIADA.

Durante toda a tarde poderemos disfrutar dunha mostra de artesanía da man de Zeltia ao Aire, Lucecús e Carracucarte.

(Ultima actualizaci??10-05-2019)

Noite de Fiadeiro en Vilavidal-Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 11 de maio dende as 17:30h

Organiza: Asociación Cultural REBULIR

PROGRAMA:

17:30 h. Apertura FEIRA de produtos artesáns e gastronómicos

Mostra de Oficios Artesáns

- Animación de rúa

- Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo

17:30 h. OBRADOIROS para nen@s

Enredos e Brinquedos – con CCP Xaquín Lorenzo

As tamancas a escala – Tango Zapateiro

Peiteados e Pulseiras – Artesanía Mary

Xogos Cooperativos - Xurxemurxe

18:30 h. CONCERTO da Banda Municipal de Música de Rami(...)

(Ultima actualizaci??03-05-2019)

VIII Festa da Sementeira do Millo en Matamá (Vigo)

- concertos-

Domingo 05 de maio.

A FESTA comezará pola mañán, ás 10:30h coa SAÍDA DO CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa acompañado pola música das gaitas e percusión da Banda de Gaitas do Casco Vello.

Unha vez chegado ao lugar da festa os bois comezarán cos traballos da labranza da leira acompañado polos cantos das Cantareiras da Sociedade Atlántida de Matamá (12h).

A partir das 14h e para recuperar folgos, serviráse un XANTAR POPULAR.

E xa pola tarde haberá diversas actuacións musicais (Ape(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2019)

Mercado de Primavera do Valadouro

- concertos-

Venres 22 de marzo, dende as 21h

Pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo.

Concerto de Miro Casabella coa banda de gaitas Dambara.

Xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar

Inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘

Concerto a partires das 23h de Cuarta Xusta e Zënzar.

Sábado 23 de marzo dende as 10h

Segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.

Ás 11.30 desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amen(...)

(Ultima actualizaci??22-02-2019)

O Fiadeiro en Tomiño

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 23 de febreiro ás 22h no Auditorio de Goián

O Fiadeiro ten o pracer de poder mostrar o seu repertorio de bailes e músicas tradicionais galegas así como o noso particular aporte á recuperación das antigas orquestras, no Auditorio de Goian, en Tomiño, por un respectable e simbólico prezo de 3 euros (billetes á venda unha hora antes na taquilla).

A actuación será ás 22 horas. Non se esquezan… haberá sorpresas e música e baile para todos os públicos!

2018

As Cantigas de Elena na Arca da Noe (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-12-2018)

- concertos-

15 de dezembro, às 22h00,chegam à Arca, As Cantigas de Elena. Maravilhaaaaa!!

As Cantigas de Elena é um projeto que recompila melodias recolhidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de julho de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena lembrava multidão de melodias, algumas delas muito antigas, e as cantava de um modo irrepetível. Numa sobremesa de jantar de Natal de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González decidiram que as form(...)

As Cantigas De Elena Na Cosechera (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??23-11-2018)

- concertos-

Sábado, 24 de novembro

AS CANTIGAS DE ELENA

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928) por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, moitas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa da cea de noite boa do ano 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conser(...)

(Ultima actualizaci??22-11-2018)

Enredadas: Martirio, Uxí­a, Carmen Parí­s e Ugia Pedreira, en A Coruña

- concertos-

Xoves 22 de novembro no Teatro Colón A Coruña

O jazz flamenco de Martirio Página Oficial, a voz atlántica de Uxí­a, a forza maña de Carmen Parí­s e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artí­stica das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais”¦

Dirí­ase que son almas xemelgas de univer(...)

(Ultima actualizaci??26-10-2018)

Magosto no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Sábado 27 de outubro na Cidade da Cultura

Chegou o outono e con el unha das festas con máis arraigo na cultura popular galega: o Magosto! Xa é unha tradición que viñades festexalo con nós á Cidade da Cultura con castañas —asadas ou de ingrediente principal en petiscos— e con boa música; a que poñen Xosé Lois Romero & Aliboria. Mais este ano, ademais, convidámosvos —a todas as persoas que o desexedes— a participar nun pequeno obradoiro de percusión tradicional con tarrañolas, impartido polo pr(...)

(Ultima actualizaci??05-10-2018)

Programa musical do San Froilán (Lugo)

- concertos-

PROGRAMA

Xoves 4 de outubro de 2018

21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón.

21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raí­ña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade

21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa Marí­a

22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquí­n Xesteira e Rodrigo Romaní­, (...)

Campás e campaneiros (A Fonsagrada)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-09-2018)

- concertos-

Sábado, 29 de setembro.

16:30.-Museo Comarcal

Presentación do libro "A Linguaxe das campás. Etnografía dos sinos"

17:30.-San Martiño de Suarna

Comezo da demostración dos toques das campás por Roque Santamarina Fernández, campaneiro

(Ultima actualizaci??21-09-2018)

Ciclo DOCE: Garcí­a MC e Dj Mil Alto Asalto en A Coruña

- concertos-

Sábado, 22 de setembro ás 22h na Sala Mardi Gras

Anticipada 8€ (Descontos dispoñibles para músicos e colectivos de Hip Hop en enradas@salamardigras.com ). Billeteira 10€

Entrada de menores consultar en: salamardigras.com

García Mc e Dj Mil, a volta ás orixes da Cultura Hip Hop cun Mc e un Dj man a man representando a vella escola. O referente internacional do rap en galego con 20 anos de rimas ás súas costas (Deus Ke te Crew) e o máximo expoñente do turtablism galego actualmente, unen f(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

FESTA Popular Froles Mareliñas (Chapela. Redondela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-09-2018)

- concertos- Froles Mareliñas-

Sábado 8 de setembro ás 11:00h

A.C. Sadeo

Os Carunchos

Froles Mareliñas

Naicosqueira

E ao remate Foliada Popular

------------

Coma tódolos anos celebramos a festa popular da nosa asociación.Será o Sábado 8 de setembro e terá lugar na Alameda Rosalía de Castro (en Chapela).

RESERVA XA O TEU MENÚ, NON QUEDES SEN ÉL (Churrasco, cahelos, pan e unha bebida) mercando o tique por un módico precio de 10€ na oficina de Seguros Soto ou na Cafetería Kima, ou no teléfono 687-382-508

Este (...)

(Ultima actualizaci??31-08-2018)

Son d'Aldea 2018 (Palas de Rei)

- concertos-

Venres 31 de agosto

16:30 Recepción de participantes

17:00 Mesa redonda

20:00 Monólogo. Xeografía do imaxinario, de Soledad Felloza.

21:00 Cea con produtos Da Aldea e encomenda.

22:00 Actuación da Asociación Cultural “A FONTE DE MERLÁN”

Sábado 1 de setembro

09:30 Recepción.

10:00 Roteiro teatral: As Novas Na Aldea

14:30 Xantar Na Aldea.

17:00 Mostra de oficios artesáns e artesanía Alimentar Na Aldea e xogos populares con Xotramu.

20:00 Actuación: As Fillas Bravas, de Chévere.

21:00(...)

Xornadas Etnográficas do Morrazo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-08-2018)

-

Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:

28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional

29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez

30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego

31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e (...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

Festa da Istoria 2018 (Ribadavia)

- concertos-

PROGRAMA FESTA DA ISTORIA - 2018

VENRES 24

10:30

IX CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:00

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:00 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:00

CAMPAMENTO MEDIEVAL

Laboratorio de Recreación Histórica Viv´arte e Asociación Torques

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre)

11:00 a 14:00 e 18:00 a 23:00 (...)

Festa Pon un Sancosmeiro (Noia)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-08-2018)

-

A Asociaición Pon un Sancosmeiro, convídavos o 18 de agosto, durante todo o día, a mostra de traxe tradicional galego, nas rúas do casco antigo da vila de Noia.

Haberá obradoiros, música tradicional galega e moito máis.

Xabier Dí­az e Adufeiras de Salitre en Trives

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-08-2018)

- concertos-

O vindeiro 17 de agosto chegan a Trives, facendo así a súa primeira actuación na provincia co seu novo traballo discográfico “Noró”. Un concerto de música tradicional na que mostran unha declaración de amor ao norte, á súa música e á súa xente.

Noró, nace tralo éxito acadado co anterior traballo, The Tambourine Man, un dos discos máis vendidos da música galega nos últimos anos, co que ademais recibiron diversos premios e fixeron xira por toda Europa. En Noró hai un gran traballo de recuperació(...)

Festival 27373 de Música en Galego de Begonte

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-08-2018)

- concertos- festivais-

Sábado, 11 de Agosto

Club Fluvial de Begonte

O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequen@s e ás familias. A partires das 12:00 comezamos coas actividades deportivas que estarán a cargo da empresa de Begonte, Non Estreses Aventura Offroad, que vai ofrecer paseos en canoa pola marabillosa contorna do río Ladra, esta actividade prolongarase ata ben entrada a tarde.

A partires da unha a Asociación Cultural Bolboreta Fiandeira comezará a de(...)

(Ultima actualizaci??03-08-2018)

XXXIX Festival de Pardiñas (Guitiriz)

- concertos- festivais-

Do venres, 3 ao domingo 5 de agosto

Venres 3 a partires das 20.30

Certame de Cantos de Taberna

Sábado 4

16h Aberto de Billarda

17h inicio da XXV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

18h Concerto de Maraghotas,

19h XXXIX Carreira Popular

21h Concertos:

-Bloquinho de Xermolos

-Faiscas da Pontraga

-TT Syndicate

-Kumbia Boruka

-Banda Xangai

Domingo 5

13h Turre´s Band

20.30h Concertos:

-Airiños da Freba

-Xosé Lois Romero & Aliboria

-Sin a De(...)

Festival Gadélica Sargadelos (Cervo. Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-07-2018)

-

Aquí­ tedes o cartaz con todo o que vai haber durante os dí­as 27, 28 e 29 de Xullo en Gadélica Sargadelos.

Por terceiro ano consecutivo, Gadélica presenta o seu encontro coa cultura e o arte, no máxico entorno de Sargadelos, cunha proposta suxerente e vangardista para mentes inquietas e corpos vitais. Expresións musicais emerxentes da música electrónica, combinaranse con unha morea de actividades ...de diversa í­ndole, que farán disfrutar ós asistentes ao largo das máis de 48 horas do fe(...)

(Ultima actualizaci??19-07-2018)

V Foliada Nordestí­a en San Cibrao (Cervo)

- concertos-

20 e 21 de xullo do 2018.

VENRES 20 XULLO

19:30h FESTIVAL FOLKLÓRICO INFANTIL

- Mistura de Lieiro

- Amado Lar O Valadouro

- Saiñas Xove

- Asoc. Bágoas da Terra - Viveiro

- A.f. O Arco da Vella

22:30h SERÁN

- A Rebolaxe

- Tombal Sessions

- Airiños do Xunco

- Ledicia Scr

00:00h Os Viqueiras de Ordes

01:00h FOLIADA LIBRE

SÁBADO 21 XULLO

12:00h CANTOS DE TABERNA (Cos grupos: A Rebolaxe, Os Misturos, Ledicia Scr, Os Sobraos, OS Do 21, Buxos Verdes, Pandereteiras de An(...)

Nova Galega de Danza en As Pontes

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-07-2018)

- concertos-

Domingo 15 de xullo

Seguinte parada de SON, As Pontes de García Rodríguez!

Fainos especial ilusión poder actuar na que consideramos a nosa segunda casa! Este domingo ás 22:30 no pavillón polideportivo estará a compañía co seu último espectáculo!

Link venda de entradas: www.Ticketea.com (5€) ou na taquilla do auditorio Alovi Sábado 14 de 12-13:30h e Domingo 15 a partir das 21h no pavillón polideportivo.

SON foi premiado na MIT Mostra Internacional de Teatro Ribadavia co Premio do P(...)

(Ultima actualizaci??14-07-2018)

V Festival de Música e Danza Tradicional ATURUXOS AO SON DA RÍA (CANGAS)

- concertos-

O certame celebra a súa quinta edición coa danza e o folclore como protagonistas -Actúan Soavela, Peis D'Hos, Ximalveira, Lembranzas dá Ría e Pais de San Roque

A V edición do festival de música e danza tradicional "Aturuxos ao son dá ría" arrinca o 13 de xullo cun cartel composto polas coñecidas bandas galegas Peis D'Hos, Ximalveira, a agrupación Lembranzas dá Ría e as escolas de danzas Pais de San Roque e Soavela. As actuacións terán lugar nas prazas dá Constitución, dá Palma e dás Pontes.(...)

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Venres 13 e sábado 14 de xullo

Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña"(...)

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-07-2018)

-

Recorda que o vindeiro venres estaremos na praza da Ferraría no XIX Memorial Ricardo Portela, coa mostra de artesáns, pasarrúas, concertos e a homenaxe a María Grande Sobral, "Maruxa das Cortellas".

Non podes faltar!!!

Memorial Lola Diz + Memorial Henrique Otero (Moaña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- concertos-

Este ano cumprimos trinta anos celebrando o Memorial Lola Diz e seis anos do Memorial Henrique Otero !!!

O próximo sábado día 7 contaremos coa actriz galega Marian Bañobre como presentadora do festival e teremos como invitados ao Grupo de Danzas y Paloteo La Matilla, chegados dende Segovia.

O festival terá comezo cun pasarúas ás 21.30 horas pola Alameda de Moaña, a continuación, no palco da música, os nosos compañeiros segovianos amosarannos a súa tradición folklórica e remataremos cunh(...)

Mostra de traxes tradicionais en Redondela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

-

Propoñémosvos acudir esta tarde a esta mostra de traxes tradicionais que terá lugar en Redondela

(Ultima actualizaci??06-07-2018)

XXIII Asalto ao Castelo de Vimianzo

- concertos-

SÁBADO 30 DE XUÑO

21:00 | IV Legua Irmandiña (Praza do Concello)

DE MARTES 3 DE XULLO…

…A VENRES 6 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros Medievais Infantís (Casa da Cultura)

…A SÁBADO 7 12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario mínimo) | XI PINCHOS IRMANDIÑOS

…A DOMINGO 8 10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía ao Vivo (Castelo)

…A DOMINGO 8 12:00 | Visita guiada (Castelo)

MÉRCORES 4 DE XULLO

21:30 | Preestrea da Representación Teatral Asalto 2018 (Casa da Cultu(...)

XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-07-2018)

- concertos- festivais-

Presentamos o cartel do XXXIV Festival Intercéltico do Morrazo a celebrarse entre o 26 e o 28 de xullo. Coas actuacións dos grupos e bandas de Moaña Acf Solaina, Meiramar Axóuxeres, Asociación Cultural e folclórica Charaviscas, Gaiteiros de Moaña, Moañesa de Música e Danza, Breogán de Moaña, os galegos Budiño e Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, os bretóns PLANTEC e os escoceses Project Smok e Capercaillie.

Para completar esta gran edición do FIM, realizaranse actividades paralelas como a Mo(...)

(Ultima actualizaci??15-05-2018)

VIII Aña Urbana en Pontevedra

- concertos-

Sábado 19 de maio

12:OO H. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición

12:00 H. Roteiros cos grupos participantes. (Peregrina - Ferraría - Curros Enríquez - Abastos - Leña - Concello)

14:30 H. Pausa xantar

17:3O H. COLOQUIOS / CONFERENCIA: Arredor da tradición "Mulleres de Gargamala!" con Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio na Praza do Concello

OBRADOIROS EN ABERTO:

18:30 H Obradoiro toques de leghón (Anaïs Barbier)

19:0O H. Obra(...)

(Ultima actualizaci??27-04-2018)

Tiruleque en Cangas

- concertos- aPenultima- salason-

Sábado 28 de abril ás 22:30h

Salason Cangas.

Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas, Pontevedra.

Cangas.

Na primavera de 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de cinco rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.

Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade cre(...)

(Ultima actualizaci??27-04-2018)

Rodrigo Romani na Coruña

- concertos-

Venres 27 de abril ás 20:30h

Teatro Rosalía de Castro.

Rúa Rego de Auga, número 37.

A Coruña.

Rodrigo Romani estrea na Coruña o seu novo traballo discográ?co, 'Fios de ouro no ar', un álbum concebido para recrear un xogo sónico de luces e sombras, de penumbras estilísticas, de discursos entreverados con alusións a músicas de diversas orixes nas que a tradición oral da música popular vertebra un producto inconfundiblemente galego. A súa tradución ao directo dá como resultado un concer(...)

(Ultima actualizaci??19-04-2018)

FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO 28 - 29 ABRIL EN MATAMÁ (VIGO)

- concertos- SEMENTEIRA-

A Asociación COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA, xa estamos preparando a sétima edición da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO que se celebrará en Matamá (Vigo) os días 28 e 29 de abril.

A festa comezará o sábado 28 coas xa tradicionais OLIMPIADAS DO CAMPO para pasar unha tarde de deporte e bo humor participando en diversas probas como o : "lanzamento de sacho", "debullar millo", "lanzamento de boina", "carreira de trespés", ....

Xa á tardiña actuará o coñecido mús(...)

(Ultima actualizaci??13-04-2018)

9º Curso de Música Tradicional en Sarria

- concertos-

Sábado 14 de abril ás 09:30h

Granxa de Barreiros.

LU-633.

Sarria.

O Curso está destinado a público a partir de 18 años, interesados/as na musica tradicional galega, músicos, mestres de educación musical, profesionais da música, danza, teatro,... e ten como obxectivo mostrar unha visión completa da música tradicional galega, participando e disfrutando os alumnos dunha visión global do folclore.

Os profesores participantes son os seguintes: Pepe Vaamonde (Gaita), Miguel Anxo López Buj(...)

(Ultima actualizaci??07-04-2018)

Treixadura en Noia

- concertos- Treixadura-

Sábado 7 de abril ás 22:00h

Unha vez máis Treixadura regresa á vila de Noia. Agradecidos e desexosos por podervos mostrar un adianto do que será o vindeiro traballo discográfico do grupo, "Inda canto!"

(Ultima actualizaci??14-03-2018)

VIII edição do festival ‘Português Perto’ em Ourense

- concertos-

Un ano máis, o campus de Ourense volverá a abrir as súas portas para homenaxear e difundir a cultura lusófona coa celebración de Português Perto. Aquelas nossas músicas. A oitava edición desta iniciativa, asentada xa no calendario cultural universitario, celebrarase do 12 ao 16 de marzo. Entre as novidades deste ano está unha exposición de banda deseñada sobre as Cantigas de Santa María.

O día 15 de marzo, Tiago Pereira presentará o proxecto A música portuguesa a gostar dela propia, e a sala (...)

2017

(Ultima actualizaci??15-12-2017)

Tanxugueiras na sala A Fundación (Melide)

- concertos-

Venres 15 de decembro ás 23:30h

Fundacion Bowling Melide.

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboración(...)

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

O Fiadeiro en Baltar

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h

Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)

(Ultima actualizaci??21-10-2017)

SADEO en Sampaio (Vigo)

- concertos-

Sábado 21 de outubro ás 21:00h

A.V.C.D Sampaio

Rúa Casal de Arriba, 6.

Vigo.

A Asociación de Veciños de Sampaio celebra esta fin de semana o seu Outono Cultural.

O GBMT SADEO participará desta celebración na noite do sábado cunha pequena mostra do noso folclore.

(Ultima actualizaci??20-10-2017)

MJ Pérez presenta "Casandra" en Melide

- concertos-

Venres 20 de outubro ás 23:30h

Fundacion Bowling Melide.

A cantautora MJ Pérez presenta o seu terceiro traballo discográfico (primeiro de estudio) na sala A Fundación (Melide) . Será o venres 20 de outubro, na que MJ estará acompañada da súa banda ao completo.

Deste xeito, MJ Pérez compartirá ao vivo o que poderemos atopar neste álbum que marca un antes e un despois na súa traxectoria. Trátase dun traballo no que, sen deixar de lado a esencia, a artista explora novos camiños e estilo(...)

(Ultima actualizaci??15-09-2017)

Rebeliom do Inframundo + Skandalogz en Salason (Cangas)

- concertos-

Sábado 16 de setembro ás 22:00h

Salason Cangas.

Rúa Lirio, 30, 36940 Cangas, Pontevedra.

Cangas.

Os Rebeliom do Inframundo e Skandalo GZ pechan a sua xira conxunta por salas en Salason Cangas. Unha noite de ska/punk e rap galego onde ambas bandas demostrarán porque son duas das bandas en mellor forma da Galiza.

Skandalo GZ presenta a sua xira #10AnosDeLoita, o seu décimo aniversario sobre os escenario con este novo EP.

Rebeliom do Inframundo, pola sua banda achégase o final da (...)

(Ultima actualizaci??30-08-2017)

Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

- concertos- Meiramar-

Mércores 30 de agosto ás 22:00h

Avenida de Castelao (Cangas).

Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.

"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, on(...)

(Ultima actualizaci??04-08-2017)

XXXVIII Festival de Pardiñas (Guitiriz)

- concertos- festivais-

Venres 4 agosto

20.30: V Certame Cantos de Taberna

Sábado 5 agosto

17.00: XXVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

XXXVIII Mostra de Artesanía

Pregón Antón Corral

18:00h -> Fernando Meireles

19:00h XXXVIII Carreira Popular

21:00h -> Bloquinhos de Xermolos

22:15h -> Os Melidaos

23:35h -> Quique Escamilla

00:10h -> Kalakan & Luís Peixoto

01:45h -> Cúig

04:00h -> Skandalo Gz

Domingo 6 agosto

11:30h XXVIII Mos(...)

(Ultima actualizaci??27-07-2017)

XXXIII Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)

- concertos- festivais-

26, 27, 28 e 29 de xullo

MÉRCORES 26

as 20:00 na Casa do Concello: A Alborada dun Soño, Libro de Fina Fernández

XOVES 27

as 20:30 no Palco da Música: Solaina, Meiramar Axóuxeres

as 21:30 no Palco Principal: XABIER DIAZ e ADUFEIRAS DE SALITRE

as 23:00 no Palco Principal: TEJEDOR

VENRES 28

Mostra de instrumentos tradicionais nas haimas do paseo de Moaña.

as 21:00 no Palco da Música: Charaviscas e Gaiteiros de Moaña

as 22:00 no Palco Principal: FIANDOLA

as 23:30 no Palco Principal:(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2017)

VIII Mostra Trazantes de Tenorio (Cotobade. Pontevedra)

- concertos-

Sábado 22 de xullo ás 19:00h

Entidad Tenorio, 36120 Cotobade (Pontevedra),

O vindeiro 22 de Xullo, a A.C. Os Trazantes de Tenorio celebramos o noso festival no adro de Tenorio (Cotobade). Estamos encantados de celebrar o noso gran día con todos vos. Unha tarde chea de música, baile e moitas sorpresas. Este ano contamos coa presencia dos grupos: "A.C. O Castro" de Baión, "Rancho folclórico e cultural de Tardariz" de Portugal, "A.C. Vides Novas" de Poio, a colaboración da "Asociación doTr(...)

(Ultima actualizaci??07-07-2017)

XVIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

- concertos-

Venres 07 de xullo (Praza da Ferraría)

De 17.00h. a 21.30h. - XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

17.30h. a 20.30h. - Pasarrúas: Gaiteiros das Rías Baixas, Enxebres de Cacheiras, Seitura, Gomes Mouro e Berros do Castro

21.00h. - Concerto: Tiruleque

Sábado 08 de xullo (Praza da Ferraría)

De 11.30h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.30h. - XV Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais

De 11.30h. a 13.30h. e de 17.30 a 20.30h. - Pasarrúas: A. C. Picuiña, Os Carunchos, Lubicáns(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2017)

Actuación O Fiadeiro en Chapela (Redondela) - Ciclo Danza3

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Domingo 2 de xullo de 2017 ás 12:00h

No paseo da Praia de Arealonga

Chapela (Redondela)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Redondela

Nesta ocasión, o grupo de baile e música de O Fiadeiro, pretende dar mostra do seu amplo repertorio a pe de rúa. Para esta proposta, contará cún repertorio baseado en pezas e bailes do seu propio arquivo, que adaptará ás necesidades do momento. Creando en 60 minutos un es(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2017)

31 festival de Xirandola (A Bandeira. Silleda)

- concertos-

Sábado 1 de Xullo, ás 19:30 horas, na Bandeira (Praza Juán Salgueiro)

Seguindo coas actividades do noso 30 aniversario, queremos convidarvos un espectáculo ÚNICO, onde a música, canto, e baile, son PROTAGONÍSTAS ABSOLUTOS deste show de innovación cultural, onde a cultura musical e o baile se unen en tódolos seus niveis.

A mixtura da Asociación Cultural Xirandola, cos nosos amigos da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e o Coro Vales Mahía serán os protagonistas deste evento, xunt(...)

(Ultima actualizaci??01-07-2017)

Serán fin de curso O Fiadeiro (Vigo)

- Festa- O Fiadeiro-

Sábado 1 de xullo ás 18:00h

Avda. Sta. Mariña, 95 – Cabral.

Vigo.

O Fiadeiro despide o curso cunha tarde de espectáculos e noite de festa tradicional

O sábado 1 de Xullo os alumnos e alumnas da escola da A.C.F. O Fiadeiro darán mostra de todo o aprendido durante o curso, será ás 18 horas no salón de actos da A.V. Santa Mariña de Cabral (avda. Sta. Mariña nº 95). Durante as horas que durará o acto actuarán os diferentes grupos da escola de baile moderno, baile tradicional, canto e p(...)

(Ultima actualizaci??16-06-2017)

X Festival das Escolas Retrouso (Bueu)

- concertos- Retrouso de Cela-

Sábado 17 de xuño ás 19:00h

Centro Social Do Mar De Bueu.

Bueu.

Chegou a fin do curso. Tempo de repasar o aprendido e recoller froitos de tanto esforzo. O sábado 17 habemos facer unha mostra aberta da fermosura de músicas que soan nas aulas das Escolas Retrouso, con intervencións das aulas de acordeón, baile, canto, gaita e percusión e A Quinta Ferreña como grupo convidado.

(Ultima actualizaci??01-06-2017)

XVIII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

- Festa-

Sábado 3 de xuño ás 13:00h

Mosteiro De Carboeiro.

Carboeiro.

Silleda.

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A SÚA MAIORÍA DE IDADE

Organizada pola Asociación Intercultural Santa Ferreña, a xa consagrada cita coa música e cultura tradicional ten lugar, coma sempre, o primeiro sábado de xuño

Silleda, 21 de maio. Van xa dezaoito edicións deste encontro imprescindible para amantes da cultura e da música tradicionais: este sábado 3 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro e a súa co(...)

(Ultima actualizaci??01-06-2017)

XLVI Día Da Muiñeira en Pontevedra

- concertos-

Venres 2 de xuño ás 19:30h

Deputación Provincial de Pontevedra.

Avenida Montero Ríos, S/N.

Pontevedra.

Un ano máis a Asociación Cultural Duos Pontes organiza esta gran demostración de folclore na rúa. Para nós é un pracer participar un ano máis. Os nenos participan e disfrutan do día, e os maiores somos como nenos e disfrutamos ainda máis ca eles.

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Moendo Muiñeiras en Betanzos

- concertos-

Venres 12 de maio

aula de cultura xulio cuns betanzos

Chega o Muiño de Moendo Muiñeiras a Betanzos. A obra que mostra o baile tradicional máis noso, a muiñeira con outro formato onde se misturan a trama dunha historia de amor e de vida, a música e o baile chega a Betanzos o venres 12 de maio dentro do programa Cultura no Camiño 2017, coordinado por Turismo de Galicia e a través do Agadic co patrocinio de Gadis. Será na Aula de Cultura Xulio Cuns ás 20:00 con entrada libre e aforo limitad(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 13 de maio ás 11:00h

Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense),

O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entid(...)

(Ultima actualizaci??23-01-2017)

Bloquinho Aperta nas festas de San Brais en Bembrive (Vigo)

- concertos-

Sábado 28 de xaneiro, sesión vermú dende as 12:30h

FURANCHO ENDULZA TU VIDA.

Camiño novelos, 28 Bembrive.

Vigo.

MOSTRA DE AULAS APERTA DENDE AS 17H DENDE O FURANCHO, con pasarrúas por Bembrive.

Chega o Bloquinho de Aperta e a Escola Aperta con moita animación, percusión, baile con ritmos do Brasil.