"lavozdegalicia"

2018

(Ultima actualizaci??09-03-2018)

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah en Vigo

- aPenultima- Iguana-

Venres 9 de marzo ás 23:30h

La Iguana Club.

Churruca 14.

Vigo.

DELEITE AO VIVO presenta:

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah por primeira vez xuntos en Vigo e no Universo (é mentira isto último)

Dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

Ataque Escampe – Primeiros Bicos

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos

Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

>>

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2018/02/23/oh(...)

2012

(Ultima actualizaci??26-10-2012)

Os Folkgazais (música en galego de Asturias) presentan HAIGA

- concertos-

Venres 26 e sábado 27 no cine teatro de Ribadeo.




(Ultima actualizaci??13-01-2012)

A crítica internacional consagra a Doa e a Mercedes Peón

- Doa- "Mercedes Peon"- folk- critica- fugas- musica- Galicia- Galiza- "Dolores Vázquez"- lavozdegalicia-

FUGAS "A Voz de Galicia" 13.1.2012.

A crítica internacional consagra a DOA e a Mercedes Peón. Artigo de Dolores Vázquez.

Catalogacións de referencia en Europa e USA recomendan traballos de músicos galegos entre os mellores álbums no 2011.

2011

(Ultima actualizaci??19-09-2011)

Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer Paí­s

- concertos- Mini e Mero- A Quenlla-

Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, actuais compoñentes do grupo A Quenlla, formaron parte tamén de Fuxan os ventos. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural Val (...)

(Ultima actualizaci??29-08-2011)

Fol de Veneno e Media Ducia presentan "A Escote" no XXX Aniversario do monolito Pondaliano

- concertos- Fol de Veneno-

Este venres na Taberna A Eira de Ponteceso, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano (http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/08/28/0003_201108C28C8991.htm), terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailad(...)

1999

Luar na Lubre se atreve con el rock en su décimo disco

- concertos- Luar Na Lubre-

En el estudio de grabación. Me siento un privilegiado. Estoy a punto de convertirme en la primera persona, al margen de los componentes del grupo, que tiene la oportunidad de escuchar algunos de los temas que Luar na Lubre incluirá en su próximo disco, Camiños da fin da terra . «Levamos dende o mes de maio coa gravación e por fin rematamos. O día 16 de outubro o presentamos na Fnac e o 25 no Teatro Colón», apunta Bieito Romero , líder del grupo de música celta más importante de Galicia y una ref(...)

Uxía ultima en Lisboa un disco que combina musicas do Atlántico

-

A nova produción chegará ao mercado en outono, sete anos despois da súa última obra

Enviar noticia Imprimir noticia

(Firma: C.F.)

Sete anos despois Uxía última o seu novo disco. Un disco que buscará título antes de outono e que, despois da primeira audición, revelará unha Uxía diferente, cos ouvidos postos no Atlántico, revisando desde Galicia ritmos e ambientes dese territorio que como lugar común chamamos Lusofonía.

A cantante galega leva dous meses en Lisboa, gravando nos arredores (...)

Anxo Pintos e Óscar Fernández iniciaron onte as xornadas naronesas da zanfoña

-

Autor da imaxe: RAFAEL ESTÉVEZ

(Lugar: ferrol)

Co característico son deste instrumento medieval, os especialistas Anxo Pintos (Berrogüetto) e Óscar Fernández (Os Cempés) inauguraron onte no auditorio municipal do Alto o terceiro encontro dedicado á zanfoña que se organiza en Narón.

ás 20.30 horas, as formacións bOnOvO (encabezada pola zanfoña de Fernández ) e Lizgairo (composta por nomes da talla de Pintos e Rodrigo R(...)

Milladoiro publica o seu novo disco, dedicado a Manuel María

- concertos- Milladoiro-

En «Unha estrela por guía», que onte chegou ás tendas, a banda musica poemas do lugués

O vixésimo álbum do grupo será o primeiro no que todos os temas sexan vocais

* Colaboracións: Luís Tosar, Leilía y Mabel Ribera poñen a súa voz

(Firma: Ángel Varela )

Milladoiro decidiu no seu novo disco unir a súa inspiración á de Manuel María, o gran bardo lucense falecido no 2004. Onte chegou as tendas o álbum baixo o título Unha estrela por guía , composto por dez cancións e un tema denomin(...)

A Xunta elixe as 50 mellores pezas da música galega

-

20/01/2007

(Firma: Concha Pino | Lugar: santiago)

A calidade musical e ter un disco editado foron os criterios de base para reunir aos 50 grupos e solistas representativos da realidade musical galega, sen exclusións idiomáticas nin de estilo para levar á feira Midem unha visión panorámica da música feita en Galicia baixo a marca GalicianTunes. A marca foi creada para a Midem, pero desaparecerá no momento que a Consellería de Cultura teña desenvolvida a que van usar para a proxección internacio(...)

2 comentarios

Morre en Bos Aires Cesáreo Rodríguez, o gran mestre gaiteiro da diáspora galega

- Cántigas da Terra-

(Firma: Arturo Lezcano González | Lugar: bos aires)

Acompañado polo acordes do Himno Galego interpretados por un gaiteiro, Cesáreo Rodríguez Varela foi soterrado onte no cemiterio da Chacarita, en Bos Aires, onde morreu o pasado luns pola mañá á idade de 84 anos logo dun accidente doméstico. Numerosos representantes da colectividade galega na Arxentina, alumnos e ex alumnos, amigos e familia despediron a Rodríguez Varela, considerado o mestre dos mestres gaiteiros e o artífice da pervivencia(...)

Tres locales de Lugo entran en la Rede Galega de Salas de Música en vivo

-

Es un programa del IGAEM destinado a promocionar a nuevos grupos gallegos

El Clavincémbalo, de la capital, Planeta, de Sarria y Moday de Chantada son los elegidos

(Firma: X. R. Penoucos | Lugar: sarria)

Las Salas Planeta y Moday, de Sarria y Chantada, y la capitalina Clavincémbalo han sido seleccionadas para formar parte de la Rede Galega de Música ao Vivo. Es una iniciativa conjunta de la dirección xeral de Creación e Difusión Cultural de la Consellería de Cutura, el Instituto Galego d(...)

El grupo gallego Nordestin@s se coloca entre los cien discos más vendidos de la Navidad en Espa

- concertos-

Setecientos discos a la semana. Es el ritmo de venta que el trío Nordestin@s ha conseguido alcanzar desde que el pasado 11 de diciembre pusieron en los escaparates su homónimo disco de debú. El trío formado por Guadi Galego, Ugía Pedreira y Abe Rábade ha despachado en veinte días más de dos mil copias, una cifra modesta si se compara con los incesantemente promocionados trabajos de artistas como Alejandro Sanz o Il Divo, que con su disco Siempre ocupa esta semana el número uno de ventas con una (...)

Os músicos galegos piden máis apoios á súa promoción exterior

-

Luar na Lubre vén de pechar un acordo de colaboración coa Xunta para a súa xira internacional

Os grupos reclaman que se valore o seu papel como embaixadores da cultura de Galicia

Milladoiro:Un folk pouco coidado para a súa repercusión fóraEloi Caldeiro: Recoñecer os selos como impulsores de novos talentos

(Xesús Fraga | redacción)

Luar na Lubre vén de rematar unha xira que levou ao grupo folk galego a actuar en 50 cidades repartidas por dez países de tres c(...)

O Couto lembra o instrumento que perseguiron os cregos

-

Acollerá o sábado o cuarto Encontro galego do acordeón diatónico

Os músicos máis famosos de Bos Aires nos anos corenta naceron na parroquia de Tella

«O instrumento rei da música galega», segundo o denominou onte a directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, Ugia Pedreira, recibirá o sábado unha merecida homenaxe. Será na Casa dos Veciños de O Couto (Ponteceso), que este ano acollerá o cuarto Encontro galego de acordeón diatónico, que en edicións anteriores celebro(...)

Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia

- concertos- O Fiadeiro-

«O quiquiriquí», grabado no estudio Casa de Tolos de Gondomar, presentouse onte en Vigo

No traballo participan artistas como Uxía ou o ex Siniestro Total, Miguel Costas

A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asociaronse para facer un documento audiovisual onde se reflexaran diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia, que foi bautizado como O quiquiriquí . O proxecto, iniciado a mediados do ano pasado, comezou a tomar form(...)

2 comentarios

Un cedé recolle gravacións realizadas polo coro De Ruada no ano 1929

- concertos-

A editora galega Ouvirmos foi a encargada de recompilar máis de vinte temas musicais

O traballo contén un libro que conta a historia da coral e mostra fotografías da época

(Firma: Cándida Andaluz | Lugar: ourense)

O Centro Cultural da Deputación é escenario ás 19.30 de hoxe da presentación ao público de parte da historia da cidade. Da man da editorial Ouvirmos editáronse un total de 12 gravacións realizadas por o entonces coro De Ruada -agora coral De Ruada- para a casa Regal en 1929.(...)

Un ourensano se convierte en el primer licenciado de España en gaita

-

El ourensano Xosé Luis Miguélez tuvo que invertir catorce años para obtener su titulación

LLEVA TODA su vida tocando la gaita, pero necesitó 14 años de enseñanza reglada para convertirse en el primer titulado superior en Música Tradicional de toda España.

Xosé Luís Miguélez, ourensano de 34 años, empezó en la Escola de Gaitas de su ciudad natal y luego se trasladó al conservatorio de Vigo en el año 1990. Para entonces, la docencia de este instrumento había alcanzado el grado intermedio. (...)

«Cantigas xa estaba aí cando o bum do folclore»

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Entrevista | Pedro Senande

Este colectivo que empezou como coro celebra os seus 85 anos cunha gala especial

(Concha Pino | santiago)

A asociación Cantigas e Agarimos cumpre 85 anos. Celébrao hoxe, cunha gala no Auditorio de Galicia na que repasarán a historia dunha entidade pola que pasaron, e seguen a pasar, ducias de composteláns para aprender a cantar, bailar, tocar a pandeireta, a gaita, o bombo ou o pandeireta. Toda unha canteira da que saen os integrantes dos corpos de b(...)

A compañía Nova Galega de Danza presenta «Engado»

- concertos-

A compañía Nova Galega de Danza presenta hoxe no Pazo da Cultura o seu segundo espectáculo, Alento, no que afonda no camiño de fusionar en vivo a tradición folclórica galega coa danza contemporánea.

Seis músicos e cinco bailaríns -tres homes e duas mulleres- participan neste espectáculo que conta con vestiario do deseñador vigués Cristóbal Vidal, que enscolleu a compañía para presentar o seu primeiro desfile individual na Pasarela Gaudí do pasado ano.

Segundo subliñou o coreógrafo da c(...)