"inmaterial"

(Ultima actualizaci??20-06-2019)

Festival Daquelas que cantan (Mos, Pontevedra)

- concertos- Malvela- Uxía Senlle-

I Festival Daquelas que cantan: A voz das mulleres no Camiño portugués, un festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres que se vai celebrar en Mos (Pontevedra) os próximos 21 e 22 de xuño.

Un encontro de música vocal protagonizada polas mulleres, que teñen sido depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial.

👉PAZO DE MOS (Mos, Pontevedra)

📢 VENRES, 21 DE XUÑO:

🕔 16:00 - 19:00: Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (P(...)

Xacarandaina en A Estrada (DANZA 3)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.

Gala 40 anos de Xacarandaina en A Coruña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-04-2019)

- concertos- Xacarandaina-

O sábado 6 de abril no Teatro Colón celebrarase unha gala na que se presentará o disco ’40 anos Xacarandaina’ na que participarán máis de 50 artistas entre pandereteiras, músicos, gaiteiros, percusionistas, cantareiras e coro.

Será unha gala creada para a ocasión na que o obxectivo principal será promover e divulgar a noso arte inmaterial, facendo que o espectador viaxe no tempo a través das melodías e ritmos de Galicia. Actuarán máis de cincuenta artistas entre pandereteiras, músicos, gai(...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

O Fiadeiro en Baltar

- concertos- O Fiadeiro-

AGRUPACIÓN O FIADEIRO

dentro do ciclo...

DANZA 3 - Folclore na rúa

Sábado 18 de novembro de 2017 ás 22:00h

Lugar: Baltar (no pabellón de deportes)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Baltar

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da C(...)

(Ultima actualizaci??29-06-2017)

Foliad@len en san Cristovo de Cea (Ourense)

- Festa-

Venres 30 de xuño ás 21:00h

Lareira da Alén.

San Cristovo de Cea.

Dicía Xosé Filgueira Valverde que a FOLIADA era unha “reunión de aldeáns para divertirse cantando e bailando”. No diccionario Galego da Rima (1950) apuntábase que era unha “diversión nun souto, eira, turreiro ou casa grande, onde se baila e fanselle as beiras as mozas” engadindo que a denominación de “fiadas” ou “foliadas” ou “filazones” provén da época dos brigantinos, primeiros poboadores de Galicia (Brigo, patriarca d(...)

2016

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

II Xornadas sobre os Seráns

- concertos-

Sábado 12 de novembro a partires das 11:00h no Concello de Pazos de Borbén.

11.00h – Semblanza a Domingo Amoedo

Colocación dun ramo de flores na Casa da veciñanza de A Ermida.

11.30h – Relatorio I

A i-aña nas Vesadas do Condado - Paradanta: Elementos rituais (O ramo, o baile e os leghóns). Por Guillerme Ignacio Costa

12:15h. - Quenda de preguntas

12.30h – Obradoiro de baile

Impartido por Lina Rodriguez, de Lordelo (Mondariz) e Lola Amoedo, de Toutón. E coa participación de Franc(...)

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

Gala X Aniversario Armadanzas de Laraño (Compostela)

- concertos- Armadanzas-

Domingo, 31 de xaneiro ás 19h no Auditorio Abanca (Rúa do Preguntoiro)

A Gala X Aniversario dos Armadanzas de Laraño será un espectáculo no que o fío condutor é a historia de María, unha rapaza Zamorana que chega a Compostela, para realizar os seus estudos universitarios. Na facultade coñece a Xan, natural de Laraño, amante da música, baile e costumes tradicionais. A obra fará un percorrido polas festas anuais de Compostela. Dende as celebracións máis rurais, como o San Martiño de Laraño; (...)

2015

(Ultima actualizaci??04-12-2015)

Actuación da agrupación O Fiadeiro en Rianxo

- concertos- -

A agrupación O Fiadeiro actuará o próximo venres 04 de decembro no auditorio de Rianxo co motivo do Ciclo Danza 3 promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Día: Venres 4 de decembro de 2015

Hora: 21.30

Lugar: Auditorio de Rianxo

Prezo: 5,00 euros

O Fiadeiro representará a VIII Edición “ESTA NOITE HAI UNHA FÍA” – NAS CATRO ESQUINAS

Neste espectáculo póñense de manifesto as diferenzas e similitudes nas festas populares ao longo dos catro puntos cardin(...)

(Ultima actualizaci??21-09-2015)

Traspés de Varanda en Mondariz

- concertos-

Domingo, 20 de setembro ás 19h na Praza de Mondariz.

Organiza: Traspés

Ir “De Varanda”, é dicir, ir de troula ou festa, é o termo que dá nome a esta II mostra de música e baile tradicional, onde Traspés interpretará Foliadas, Polavilas, Seráns, Pandeiretadas, Rondas, Ruadas, Fiadas, etc. termos todos eles que denominan xeitos de entender a festa e a troula noutros tempos xa pasados, pero afortunadamente, non esquecidos polos informantes.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música(...)

(Ultima actualizaci??20-05-2015)

Devir con Anxo Pintos e Xabier Díaz no Día Mundial da Diversidade Cultural

- concertos-

Xoves 21 de maio, ás 20:30h en AFundación. Cantón Grande 21-24. 15003 A Coruña

Entrada libre ata completar aforo

Devir é unha viaxe sonora dende as nosas raíces ata a fusión de novos sons e harmonías protagonizada por persoas con diversidade funcional da Fundación Igualarte

Celebramos o xoves 21 de maio na Sede Afundación da Coruña cunha programación especial, da que disfrutaremos desde a experiencia da diversidade de públicos e de artistas. Queremos reivi(...)

(Ultima actualizaci??20-04-2015)

Traspés de Varanda en Arbo

- concertos-

Este venres día 24 de abril, ás 20:30 h., no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, dentro da programación da LV Festa da Lamprea, Traspés presenta a súa II Mostra de Música e Baile Tradicional.

“Traspés de Varanda”, é a II mostra de música e baile tradicional levada a cabo pola A.C. Traspés da man da Deputación de Pontevedra. De 90 minutos de duración aproximada, achega ao público pinceladas do noso patrimonio inmaterial (en moitos casos xa esquecido da vida cotiá dos galegos e galegas), dan(...)

2014

(Ultima actualizaci??28-08-2014)

DeRaíz en Redondela (I Mostra de Música e Baile Tradicional)

- concertos-

O día 29 de agosto, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, representará a súa I Mostra de folclore na Praza da Casa da Torre (Redondela), ás 22 h.

"deRaíz” , I Mostra de Música e Baile tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de camp(...)

(Ultima actualizaci??22-08-2014)

Danza 3 chega esta fin de semana ás rúas de Noia e Xove da man de Xacarandaina

- concertos-

A agrupación coruñesa actúa este sábado 23 en Noia e o domingo 24 en Xove

Consellería de Cultura e Educación propón para esta fin de semana dúas novas citas de ‘Danza 3. Folclore na rúa’, que terán lugar na tarde do sábado 23 en Noia e na do domingo 24 en Xove da man de Xacarandaina. A agrupación coruñesa protagoniza este ciclo xunto a Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e O Fiadeiro de Vigo.

En total, este programa para a difusión da danza e a música tradicionais desenvolverá n(...)

2013

(Ultima actualizaci??28-09-2013)

Xa está á venda o libro sobre Germán V. Soneira

- concertos-

Xa está á venda o libro que versa en torno á figura de Germán V. Soneira, o gaiteiro do coñecido Sexteto Hermanos Lamas de Cornide.

"Quixemos facer unha recompilación da traxectoria vital de Germán, unha figura que no mundo global actual supón un achado de incuestionable valor etnográfico” apuntan os autores.

Este gaiteiro, natural de Ames, naceu no ano 39 e na súa infancia e xuventude tocou cos Hermanos Lamas. ós 21 anos emigrou ao Brasil onde estivo ata os anos 70. Esta paréntese na(...)

(Ultima actualizaci??14-11-2013)

deRaí­z - I Mostra de Música e Baile Tradicional (Vigo)

- concertos-

Sábado 30 de Novembro no Cine Teatro Salesianos (Vigo)

"De Raí­z" , I Mostra de Música e Baile Tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artí­stico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolto polos seus integrantes ao longo destes anos. Dende Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica.

Ano (...)

(Ultima actualizaci??20-10-2013)

V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos"

- concertos- Toxos e Froles-

O vindeiro Sábado 26 de Outubro (partires das 18h e con entrada libre e gratuíta) o Real Coro "Toxos e Froles" organiza no seu local social (rúa Magdalena 220 de Ferrol) o V Congreso de Música Tradicional "Terra de Trasancos".

Este ano contará coa presenza de:

- Antón Fernández, ex-presidente e corista da Agrupación "Cantigas e Agarimos" de Santiago de Compostela.

O obxectivo da súa charla será dar a coñece-la iniciativa de conqueri-la Declaración de Patrimonio Inmaterial da Humanida(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2013)

CANTIGAS E AGARIMOS en Marín, dentro do Ciclo DANZA 3. Folclore na Rúa.

- concertos- Cantigas e Agarimos-

Domingode 8 de setembro de 2013 ás 20:00h

Alameda Rosalía de Castro en Marín(Pontevedra)

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha destas agrupación a di(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2013)

Actuación da Agrupación O Fiadeiro en Ponteareas no Ciclo Danza 3: Folclore na rúa

- concertos- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

Sábado 07 de setembro de 2013 ás 19:30h na Praza Maior de Ponteareas (Pontevedra)

Entrada: de balde.

Organiza: Agadic, Concello de Ponteareas

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o fo(...)

(Ultima actualizaci??08-08-2013)

Danza 3. Folclore na Rúa

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

O programa de difusión do baile e da música tradicionais Danza 3 regresa á súa cita anual co público galego da man das agrupacións Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, O Fiadeiro de Vigo e Xacarandaina da Coruña. O ciclo está patrocinado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), e conta ademais coa colaboración dos nove concellos nos que se desenvolven outras tantas actuacións.

Baixo o lema "Folcl(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2013)

Cantigas e Agarimos en Celanova

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

Sábado 10 de agosto no Claustro Barroco do Mosteiro de San Salvador, Celanova (Ourense)

O proxecto Danza 3 levado a cabo conxuntamente entre o AGADIC e as agrupacións

Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, Xacarandaina de A Coruña, e o

grupo de baile e música O Fiadeiro de Vigo, pretende dignificar e amosar a riqueza

do extenso e amplo patrimonio inmaterial da Cultura Galega.

Nesta ocasión, o proxecto pretende acercar o folclore á rúa levando a cada unha

destas agrupación (...)

2012

(Ultima actualizaci??24-03-2012)

DANZA 3. Espectáculos de baile e música tradicional

- concertos- Xacarandaina- O Fiadeiro- Cantigas e Agarimos-

As agrupacións Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos presentan “Danza 3”, un proxecto arredor do folclore que desenvolve tres espectáculos de música e baile tradicional.

O proxecto aúna as claves que fundamentaron a recuperación do folclore galego e a súa consideración como un conxunto de saberes intrinsecamente valioso (o traballo de campo, a compilación de material videográfico, a edición e publicación de discos e monografías baseados neste material, etc.) cos elementos que cabe atop(...)

1 comentario

2011

(Ultima actualizaci??19-09-2011)

Mini e Mero reciben o Premio Ramón Piñeiro-Facer Paí­s

- concertos- Mini e Mero- A Quenlla-

Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co Premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, Mini, e Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero, actuais compoñentes do grupo A Quenlla, formaron parte tamén de Fuxan os ventos. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural Val (...)

(Ultima actualizaci??23-06-2011)

A voz de Xabier Díaz desenterra as raíces do auténtico San Xoán

- Xabier Díaz-

(vía gaiteirosgalegos.com)

O compositor, etnógrafo e profesor Xabier Díaz salpicou coa súa voz, a mesma que lle dá forma ás cancións de Berrogüetto, a «praza da fartura» de «fento macho, codeso, fiúncho, herba de San Xoán, espadana e romeu» para dar inicio a catro días de intensas celebracións devolvéndolle o lugar que se merece á tradición musical e o folclore de Bergantiños.

Con palabras que recordaban os seus pasos por Ardaña e Nétoma e as pegadas dos castreños por Vilela e Oza fixo unh(...)

2010

(Ultima actualizaci??12-01-2010)

Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS

- concertos- nenos-

Moito se ten falado nos últimos anos do bo momento que vive a música galega, cunha grande cantidade de grupos e variedade de estilos. Ao carón dos nomes máis coñecidos, existe toda unha serie de producións que sobreviven centradas nun sector de público que a miúdo pasa desapercibido no panorama musical: os máis novos. Aínda que poida semellar o contrario, no noso país contamos cunha boa lista de propostas musicais pensadas especificamente para nenos e nenas.

Vaia por diante que no pa(...)

2009

(Ultima actualizaci??10-11-2009)

Mostra de patrimonio inmaterial 2009

- concertos- Patrimonio- inmaterial- ronsel-

Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. No Portal do Patrimonio que desenvolve o proxecto Ronsel, pódense ver fotografías e vídeos gravados pola TV da (...)

Iván Area: “A sociedade que non conserve o seu patrimonio inmaterial caerá no olvido”

- concertos- Ronsel- Patrimonio Inmaterial- Iván Area-

O Proxecto Ronsel, creado polas tres universidades galegas e a Consellería de Cultura, leva dende 2007 traballando para salvagardar, preservar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) de Galicia, un labor que nunca terá fin, pero que é necesario para lembrar o que fai único a un pobo. Iván Area, coordinador de Ronsel, explica os obxectivos desta iniciativa.

Que é o patrimonio inmaterial?

Significa un xiro respecto da idea convencional de patrimonio. O que se fai non é ocupars(...)

(Ultima actualizaci??24-06-2009)

Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade

- Patrimonio Oral- Museo do Pobo Galego-

O Xoves 25 de xuño ás 18h00 terá lugar no Museo do Pobo Galego a presentación pública do

Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).

O APOI xorde como consecuencia da evolución do proxecto “Sons e Voces da Identidade”,

programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o

Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego pon a andar en abril de

2007.

Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente

nu(...)

(Ultima actualizaci??11-06-2009)

O PATRIMONIO INMATERIAL NA MARIÑA.

- concertos- Mini e Mero- A Quenlla- Mariña- Patrimonio-

A literatura oral na canción galega

contará coa participación dos músicos

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias ( Mini e Mero )

e desenvolveráse no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro

( Travesía da Mariña )

O VENRES día 12 de xuño, ás 20 horas

Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini, nado en Begonte o 18 de xuño de 1951) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero, Vilalba, 27 de xuño de 1951), músicos, poetas, mestres e investigadores do(...)

(Ultima actualizaci??02-06-2009)

XV Edición de Ponte...nas ondas! - Os tesouros vivos

- concertos- Ponte nas ondas-

Ponte...nas ondas ! realizará o 5 de xuño a XV xornada interescolar de comunicación coa emisión en directo por Internet dunha programación realizada por alumndado de máis de 60 centros educativos de Galiza, Portugal e América.

O patrimonio cultural inmaterial continúa a ser o soporte das actividades promovidas desde Ponte...nas ondas!

Convidamos aos centros educativos e a todas as persoas a seguir a programación audiovisual do 5 de xuño desdes esta mesma Web.

A partir das 10 hs. de(...)

(Ultima actualizaci??21-05-2009)

Presentación das actividades dos 15 anos de Ponte...nas ondas!

- Ponte nas ondas-

Ponte... nas ondas! presentou o martes 19 de maio no museo VERBUM - Casa das Palabras de Vigo as actividades que con motivos dos 15 anos está a desenvolver.

A XV edición da xornada da comunicación o 5 de xuño- 24 horas de programación emitidas por televisión a través de Internet.

A Revista Oral dos Tesouros Vivos dentro da VIII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa o día 5 ás 21 hs. no Verbum, retransmitida en directo por televisión a través de Internet

O fallo dos premiados no III Certam(...)

Disco e Video-clip dos Terribles de Donas

-

Que dirán, que dirán, que dirán? Que dirán, que dirán, por aí? Que dirán, quedirán, que dirán? Os Terribles xa estamos aquí. Os Terribles acaban de grabar en Casa de Tolos (Gondomar) o su primeiro disco compacto que sairá pronto ao mercadonunLibro-CD. A charanga máis veterana da comarca do Val Miñor xa deixou para aposteridadeaquelas cancións que alegraron a vida a miles de galegos en tempos depenurias. Patrimonio inmaterial Era de xustiza que una banda quetanto sonou en innumerables aconteci(...)

(Ultima actualizaci??15-02-2009)

Convócase o III Certame de Recolla da Tradición Oral

- concertos-

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas Ondas! pon en marcha, un ano máis, o certame de recolla da tradición oral galego-portuguesa, en cinco categorías: para educación primaria, secundaria, Bacharelato, ensino profesional e Universidade

De novo, Ponte... nas Ondas! convoca, en colaboración coa Consellaría de Cultura e Deporte, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Direcção Regional de Cultura do Norte (DRCN) de Portugal e a Direcção Regional de Educação do Norte (DREN), este (...)

2008

(Ultima actualizaci??11-12-2008)

As gravacións da música galega (1975-2000) - Xaime Estévez

- concertos-

A presente publicación nace da tese de doutoramento feita por Xaime

Estévez na UNED de Madrid baixo a dirección da doutora Pilar Lago

Castro, tese que mereceu premio extraordinario de doutorado da

Uned concedido o ano 2007. O AGADIC e a editorial Tristram

acordaron a edición dunha parte deste traballo polo seu grande

interese divulgativo e de posta en valor do noso patrimonio cultural.

Entre dúas e tres mil horas, cando menos, fixeron falla ao longo de

seis anos para chegar a esta (...)

(Ultima actualizaci??04-12-2008)

V DIA DO ORGULLO GAITEIRO, 13 de decembro no Auditorio de Ourense

- concertos-

Organiza: AOFT-Gomes Mouro

(todas as actividades nas salas anexas do Auditorio de Ourense):

16:00 a 18:00 Emisión de Lume na Palleira en directo con

Emilio Españadero

18:15: a 19:00 Charla didáctica e audicións "O Acordeón diatónico na

Galiza" con Félix Cástro e Xoán Pedro Blanco

19:00 a 19:30 Acto Homenaxe: a "Ermelinda Seguín Matías",

cantareira de Sarreaus e Premio novas iniciativas o "Proxecto Ronsel"

de salvagarda e Posta en valor do patrimonio Cultural Inmaterial de

Gal(...)

(Ultima actualizaci??28-11-2008)

Foro de Cultura Local - 28 e 29 de Novembro en Compostela

- concertos-

As asociacións e outras entidades de cultura local galegas

desenvolveron desde hai máis de vinte e cinco anos un insubstituíble

labor de promoción dos estudos e divulgación dos coñecementos

sobre a historia e os diferentes tipos de patrimonios locais. Este labor,

ademais da función educadora que promoveu entre os cidadáns,

serviu tamén para a conservación e posta en valor do patrimonio

material e inmaterial que, sen este traballo, ficaría hoxe en parte

desaparecido ou, cando menos,(...)

(Ultima actualizaci??12-11-2008)

Chega a II Xornada de Xogo Tradicional Galego-Portugués - Venres 14 de Novembro en Salvaterra

- concertos-

Seguindo a dinámica de dar a coñecer o patrimonio tradicional

común a unha beira e outra do Miño, e transmitilo no contexto

escolar, 'Ponte... nas Ondas!' organiza unha reunión lúdica e non

competitiva.

No contexto dunha semana moi especial para o xogo tradicional

(lembremos que "polo San Martiño, peóns ao camiño"), a asociación

Ponte... nas Ondas! Organiza un día de convivencia entre rapaces e

rapazas de escolas galegas e portuguesas, no marco dunha serie de

actividades que se(...)

(Ultima actualizaci??30-10-2008)

II Mostra de Patrimonio Cultura Inmaterial Galego Portugués. Ourense do 8 ao 11 de novembro

- concertos-

A II Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués celebrarase do 8 ao 11 de novembro en Ourense coa intención de dar a coñecer as manifestacións da nosa cultura tradicional. Na praza Maior da cidade reviviranse usos, representacións, técnicas e coñecementos tradicionais que conforman o noso patrimonio.

A mostra insírese dentro do proxecto Ronsel, nacido da colaboración das consellarías de Cultura e Deporte, (...)

A Escola de Música Tradicional de Lugo arrinca en novembro

- concertos-

A primeira Escola de Música Tradicional multidisciplinar da provincia de Lugo, situada no centro Lugh 2 –na rúa Pintor Corredoira da capital lucense-, comezará a funcionar a principios do mes de novembro. Será xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e contará coa colaboración económica da Dirección Xeral de Xuventude e a área de Cultura da Deputación Provincial, que achegarán uns 120.000 euros ao ano.

Se se cumpre o calendario previsto, o prazo de matrícula para o novo curso será aber(...)

1999

MOSTRA DO PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL GALEGO PORTUGUÉS

-

O mércores 7 de novembro de 2007, ás 19:00 horas, na Praza da Ferrería en Pontevedra, terá lugar a inauguración da Mostra do Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués, organizada polo proxecto RONSEL en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos e a Asociación “Ponte...nas Ondas!”.

Este evento celebrarase do 7 ao 11 de novembro adicando cada un dos días a un dos ámbitos nos que a UNESCO clasifica o PCI. Así o mércores día 7, comezaremos co "Día da Oralidade", no que poderemos dis(...)

A Academia asturiana nega que a fala do Eo-Navia sexa galego

- concertos-

Un informe sostén que a pertenza á súa familia baséase en criterios políticos e non filolóxicos.

(Xesús Fraga | redacción)«É arbitario cientificamente e é un exercicio de voluntarismo político incluír esta variedade lingüística dentro do ámbito da lingua galega». Con estas palabras a Academia de la Llingua Asturiana nega nun informe do 2006 a pertenza á familia do galego da variante falada no territorio asturiano entre o Eo e o Navia. Dende hai uns dez anos, a institución asturiana vén denunc(...)