"gaita"

Santiago Lage Souto

Ver en Facebook


- euquedonacasa-



Pois aquí o compañeiro Miguel Vazquez mais eu, que non aguantábamos mais sen mandarlle unhas peciñas cos nosos punteiros en do brillante pechado. Aproveitando que este é o ano Portela quixemos por o noso graiño virtual con este temazo do repertorio do Mestre: a Muiñeira Grelada!

Airiños aires...

(Desculpade algún erro de sincronía, funcionamos mellor en persoa e con unha cervexiña ao lado!)

Gaitas: Obradoiro de gaitas Seivane

Percusión: Obradoiro JR

(Ultima actualizaci??25-04-2020)

Festival Online Solidario "Quedo, que teño que quedar"

- euquedonacasa-

Sábado 25 de abril a partires das 15h dende a web: https://www.facebook.com/groups/552107732063904/

Benvido ao "Quedo, que teño que quedar", un festival de solidariedade en liña, cuxo produto irá para Médicos Sen Fronteiras, unha organización que está a traballar na loita contra o COVID-19. Parécenos importante colaborar neste problema que afecta a todos, e xa sabes, calquera ping conta. A colaboración é absolutamente voluntaria! Xa que tamén podes gozar deste festival en liña, no que (...)

David Bellas e Xurxo Romaní

Ver en Facebook


- euquedonacasa-



Unhas pequenas músicas que tiña pendente fai tempo e a corentena permitiu. Unha colaboración co zanfonista Xurxo Romaní !

Que guay que a tecnoloxía permita estas cousas! Catalunya e Galiza unidas pola fermosa e pastoril música francesa do XVIII

Boa noite! Disfruten!

-VIELLE- PREMIÈRE SUITE (ŒUVRE XI)

Joseph Bodin de Boismortier (1689-1755)

Zanfona: Xurxo Romaní /Gaita: David Bellas

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

Foliada de entroido na Coruña

- Festa- Queiroa- - Xiradela- AC Donaire-

Xoves 20 de febreiro a partir das 21:30h. no Garufa Club

- Arnela e o grupo de gaitas de Queiroa

- Algarada da A. X. Xiradela

- Cascarilla e Pipiriteiras da A. C. Donaire.

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo)

- concertos-

9, 10 e 11 de abril en Lugo.

- Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional.

- Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional.

- Pablo Dalama: Gaita galega.

- Ana Edreira: Canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso).

Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódens(...)

(Ultima actualizaci??25-01-2020)

Nelson Quinteiro e Brais González presentan Músicas de Domingo en Salcedo (Pontevedra)

- concertos-

Domingo 2 de febreiro ás 18h no Centro Cultural Casa Verde de Salcedo

Artistas convidados: Alvaro Cardalda Melendez ao acordeón e Iago Prieto Castro á gaita. Voces e coros do Colectivo Mais Cantos.

Actución promovida pola Asociación Cultural Casa Verde a través da Rede PONTEGAL da Excma Deputación Provincial de Pontevedra.

Sam Brais no Furancho de Faísca (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-01-2020)

-

Ide afinando as gaitas, botándolhe cera as pandeiretas, tensando os tamboriles e os bombos, quedam muitas horas de baile, música e diverssom!!!

Compraze-nos comunicar que esta sexta-feira, 24 de Janeiro, abrimos o nosso furancho, o Chegar e Encher, na rua Igreja 21, desde as 20h00h. E para inaugurar a festa, contamos com a atuaçom de Os Ferraias da Etea às 22h30.

Por se fora pouco, a sexta-feira 31, às 21h00, também tocará o grupo Airinhos do Faísca.

Agardamos-vos a todas!

✊🎶&#(...)

2019

(Ultima actualizaci??06-12-2019)

Zoelas no Var con Uve (Moaña)

-

O sábado 7 de decembro ás 22:00 horas e cunha entrada de 5€ concerto de Zoelas no Var con Uve, presentando "Evelaités" dentro da RGMV. Reserva de entradas no 986 31 09 91

Dende Antas de Ulla e como mulleres do rural modernas, vivas, emprendedoras, creativas e soñadoras que son, afoutas netas, fillas e nais de esas mulleres que labraron e labrarán os regos dun mundo cheo de contradiccións, Z...OELAS ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de r(...)

(Ultima actualizaci??04-12-2019)

Pepe Vaamonde Trio na Cova Céltica

- Pepe Vaamonde Grupo- aPenultima- Celtica-

Xoves 5 de decembro ás 23h na A Cova Céltica

Pepe Vaamonde Trio é a formación reducida de Pepe Vaamonde Grupo e nace cunha clara idea musical, levar os catro traballos da banda aos torreiros, Os temas son escollidos do repertorio da banda, temas tradicionais que están prantexados para que a xente bote unhas boas bailas,

O trio está composto por:

Miryam González; acordión

Pipo Calviño; guitarra

Pepe VAamonde; gaitas, frautas e voz.

Para non perder

(Ultima actualizaci??22-11-2019)

Xornadas O Son da Gaita en Poio (Pontevedra)

-

XORNADAS O SON DA GAITA

Sábado 23 de novembro, 16-20 h

Sábado 30 de novembro, 10-14 h e 16-20 h

Casal de Ferreirós, Poio (Pontevedra)

Sábado 23/11, 16-20 h

A entonación e a afinación da gaita

Carlos Real e Oscar Ibáñez

Carlos Real (Explicación teórica)

O son e as súas características

Intervalos harmónicos: a combinación dos sons

Escalas: construción e tipos

Escalas das gaitas tradicionais e modernas.

Oscar Ibáñez (Aplicación práctica)

Punteiros tradicionais e actuais

Contexto(...)

VI Festival de música tradicional de Cerdedo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-10-2019)

- concertos-

Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo queremos anunciar que xa temos cartel para o noso VI Festival de música tradicional de Cerdedo que terá lugar o vindeiro sábado 19 de outubro no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:00h.

Ademáis disto, dicir que este ano 2019 é para nós unha data moi especial xa que o noso grupo de gaitas conmemora o seu 25 aniversario.

Grupos participantes:

▪️ Grupo de gaitas "No colo do vento" (Vigo)

▪️ A. C. Os Muíños de Olive(...)

(Ultima actualizaci??12-10-2019)

Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña

- concertos-

Concerto presentación do Libro-CD VILAVERDE de OS VIQUEIRAS, o vindeiro domingo dí­a 13 ás 19:00 horas.

Será no local de Cantigas da Terra da rúa Ramón del Cueto 31 en Monte Alto, A Coruña.

Interpretarán pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe, así­ como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes (A Coruña). As pezas, moitas delas cantada(...)

AIRIÑOS DA LAGOA (A Baíña. Baiona) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2019)

- concertos-

Queres aprender a tocar a gaita ou a percusión? Non o penses máis e ven a AIRIÑOS DA LAGOA!!

XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-10-2019)

-

Xa non queda nada para gozar coa nosa música tradicional no día mais emblemático das festas do San Froilán!!!

O vindeiro domingo 6 de outubro todos a Lugo!!! Dende a AGG organizamos a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, unha mostra que contará coas actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán.

Os Grupos participantes nesta edición son:(...)

A.C. Traspés (Vigo) - Novo Curso Escolar 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional...

Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)

Escolas Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- Retrouso de Cela-

Velaquí o cartaz oficial das Escolas Retrouso 2019/2020. 23 anos de experiencia para as mellores aulas de #baile, #gaita, #cantoepandeireta, #percusión e #músicaemovemento (para os máis peques).

Novidades deste curso:

👉Debora Pena volve a encargarse das clases de baile infantil.

👉 Volve Baile para foliadas. Os venres, dúas quendas, de iniciación e perfeccionamento, para dominar a improvisación tradi nos torreiros, con Miguel Sotelo.

👉 Patricia Torres estréase como m(...)