"fotografía"

2019

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Abride a Fiestra 2019 (Padrón)

- concertos-

13 e 14 de xullo. Casa Museo Rosalí­a De Castro

SÁBADO 13 DE XULLO

19.00 Visita teatralizada con Os Quinquilláns

20.00 Recital poético con poetas galegos e internacionais lendo poemas de Rosalía (no Auditorio da Casa-Museo)

21.00. Concerto de Cristina Pato, con Roberto Comesaña

DOMINGO 14 DE XULLO

Con feira de produtos rosalianos toda a xornada e ludoteca para nenas e nenos.

11.00-11.30 Visita guiada pola horta da Casa, por Carlos Dacal

11.30-12.00 Visita guiada pola Casa, po(...)

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

Festival Benéfico de Loita Contra o Cancro en Vilalba

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-05-2019)

- concertos-

O sábado 1 de xuño, ás 20:00h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase o II Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.

Festival que conta coas actuacións de “Mestura de Nete”, alumnos dos diferentes cursos de música impartidos en Nete polos seguintes profesores: acordeón (Andrés Penabad), gaita (Ángel Sendín), pandeireta e baile tradicional (Antía Maseda), tambor (Vanesa Siso), grupo de cantos coa colaboración de Branca Villa(...)

2018

Tatán Chapeu na Arca da Noe (Vilar de Santos)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-12-2018)

- concertos-

Sábado, 22 de dezembro, às 22h, temos o luxo de ter connosco a Tatán Chapeu.

Espetáculo musical de Tatán Cunha com a colaboração de Uxía e Magín Blanco, entre outros.

Chapeu é um projeto musical de Tatán que arranca em 2015 com a colaboração de Pablo Vidal e Uxía na criação musical e arranjos vários. A proposta conta com letras de Tatán e colaborações de Uxía e Magin Blanco nas letras das músicas Chapeu e Veludo e algodão, e Carlos Blanco em Mutua de decesos

Chapeu é uma dúzia de música(...)

Obradoiros Festival de Ortigueira

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??04-07-2018)

- festivais-

QUERES APUNTARTE AOS #OBRADOIROS? - Iniciación á #Zanfona - Iniciación ao #Bodhran - Iniciación ao Tin #whistle e ao Low whistle - #Baile galego - 3º obradoiro de #fotografía na #rúa, con Xulio Villarino PRAZAS LIMITADAS! Inscríbete en: obradoiros.festival@concellodeortigueira.com galioart.fotografia@gmail.com (foto na rúa) Participa en #Ortigueira2018!

(Ultima actualizaci??05-05-2018)

1º Concurso de Música Tradicional Soalleira de Dorrón

- concertos-

Domingo 6 de maio ás 10:00h

Auditorio Emilio Pardo Bazán - Sanxenxo.

BASES

1. Poderán participar asociacións folclóricas, culturais, xuvenís, de veciños, ANPAS… sen ánimo de lucro.

2. Modalidade: pandeireta e percusión tradicional, distribuidos nas seguintes categorías:

CATEGORÍA A: Ata 11 anos

CATEGORÍA B: De 11 a 16

CATEGORÍA C: De 16 en diante

3. A media de idade do grupo determina a categoría, ningún compoñente poderá superar máis de dous anos a idade máxima.

4. A peza(...)

2017

(Ultima actualizaci??17-11-2017)

MOENDO Muiñeiras en Mazaricos

- concertos-

Sábado 18 de novembro ás 22:00h

Castelao, 1 - A PICOTA - 15256 Mazaricos. CASA DA CULTURA.

Moendo Muiñeiras. A obra que mezcla baile tradicional, teatro, música e cancións a partes iguais chega a Mazaricos dentro da programación da Rede de Cultura da Deputación da Coruña, organizado polo Concello de Mazaricos.

Con Montse Rivera, Xabier Iglesias e Pablo Pintor. Coa direción de Paloma Lugilde e na parte técnica o equipo de ASA-SON.

A ENTRADA É DE BALDE

Moendo Muiñeiras é un espectácul(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2017)

Compostela Contemporánea - Festival Internacional de Muralismo e Intervencións Urbanas

- concertos-

COMPOSTELA CONTEMPORÁNEA 2017:

MURALISTAS:

- Cestola na Cachola (Galiza/Almería)

- Farid Rueda (México)

- Lula Goce (Galiza)

- Isaac Mahow (Zaragoza)

MASTER CLASSES: (18,19,20,21,22 e 23 de setembro)

- "Realismo no Graffiti", impartida por SEKONE

- "Introdución ao Stencil", impartida por Nin9 St.

- Retrato rápido: "Cando as series eran ao mediodía", impartida por Yoseba MP

CONCERTOS / Venres 22

AltoAsalto

XENDERAL

2PASOS& Thomas Dylan

CONFERENCIAS e MESA REDONDA / Domingo (...)

(Ultima actualizaci??30-08-2017)

Espectáculo "Festa na Vila" nas Festas do Cristo de Cangas

- concertos- Meiramar-

Mércores 30 de agosto ás 22:00h

Avenida de Castelao (Cangas).

Lembranzas da Ría presenta este espectáculo de baile e música popular en conxunto coa Banda de Música Airiños do Morrazo de Moaña, a Escola Municipal de Artes Escénicas de Cangas, Meiramar-Axóuxeres e a Coral Lestonnac.

"Festa na Vila" mostra o baile e músicas tradicionais das romarías e festas amenizadas por cuartetos de gaiteiros, charangas e bandas de música. Un percorrido dende principios do século XX ata a súa metade, on(...)

(Ultima actualizaci??24-02-2017)

Presentación de indoevindo de Milesios en Lugo

- concertos-

Venres 24 de febreiro ás 21:00h

Casa do Saber (Domus do Mitreo), Lugo.

Presentación oficial do novo libro-CD de Milesios Música Celta con fotografías de Daniel Díaz Trigo dentro do ciclo Lubicán.

2016

(Ultima actualizaci??22-12-2016)

Todomedre presenta: Os Amigos dos Músicos en Ourense

- concertos-

Venres 23 de decembro ás 20:00h

Auditorio Municipal de Ourense.

Rúa Da Canle, 2.

Ourense.

TODOMEDRE presenta en Ourense as novas propostas da canción popular galega. O espazo cultural TODOMEDRE e o Café & Pop Torgal presentan un novo ciclo de

concertos centrado na renovación da música popular en galego, no que participarán algunhas das bandas e proxectos máis interesantes do país.

Os Amigos dos Músicos

23 de decembro, 20:00h

Auditorio Municipal de Ourense

10 euros

Posibil(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Novo disco de Guadi Galego: O mundo está parado

-

Guadi Galego volta á escena cun novo traballo en novembro: O MUNDO ESTÁ PARADO

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están prese(...)

(Ultima actualizaci??05-03-2016)

Homenaxe á muller traballadora en Camposancos

-

Será o día 8 de marzo - Día Internacional da Muller -, ás 20:00 h., no salón de actos da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposanco

O programa previsto para ese evento, comezará con unha proxección de fotografías antigas.

A continuación, lectura de manifesto e poemas, acompañados a guitarra por Bieito Álvarez, por: Ana Serrano, Lucía Martínez e Lucía De Lorenzo.

De seguido actuarán:

· Tino Baz e o Coro Cantares do Brueiro.

· Grupo de Pand(...)

2015

(Ultima actualizaci??03-09-2015)

XXIX Festival de Poesía do Condado (Salvaterra)

- concertos- festivais- Festival da Poesí­a no Condado-

4 e 5 de setembro

Esta fim-de-semana celebra-se a 29ª ediçom da festa, dedicado ao lema ‘Migrantes’.

Actuam Cuarteto Caramuxo, Caxade, Ataque Escampe, Pega Monstro, Festicultores e os DJs Irmãos Makossa.

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado suma-se ao chamado solidário com as pessoas refugiadas que estám a chegar à Europa desde o Oriente Próximo e a África, e reclama que Salvaterra de Minho e as demais vilas e cidades do Condado e de toda Galiza se convertam em terra de asil(...)

2014

(Ultima actualizaci??17-09-2014)

Cursos 2014/2015 no Gomes Gaioso (A Coruña)

- concertos-

A oferta de cursos para este ano é a seguinte: AGAL, êuscaro, inglês, francês, português, catalám, alemám,iniciçom ao russo, pandeireta iniciaçom e avançado, couro, fotografia e photoshop, clarinete e acordeom e gaita.

Se estiveres interessado nalgum curso pode passar polo Centro Social de quarta a sexta de 20h a 23h, terças de 17h a 20h e sábados de 21h a 23h. Também podes escrever a gomesgaioso [arroba] gmail [ponto] com ou ligar para o 652907401.

Se tiveres algum curso que ofertar fala (...)

(Ultima actualizaci??03-09-2014)

Actividades AAVV Oza Gaiteira-Os Castros (A Coruña)

- concertos- Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros-

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.

Deste xeito, entre este mes de setembro e o de outubro comezamos con: bordado, ioga, manualidades, sevillanas, pandeireta, gaita, tamboril, acordeón , violín e talleres de informática, estudando como o(...)

(Ultima actualizaci??03-09-2014)

Os cursos do Pichel..em breve! (Compostela)

- concertos-

Em setembro começaremos a dar informaçom detalhada de todos os cursos que o centro social vai acolher a partir deste outono!

Começaram a princípios de outubro com:

Cursos em relaçom com a música: guitarra, baixo, música para peto, pandeireta e canto, gaita, tambor, pandeireta acompanhamento, tres níveis de baile tradicional, dança tribal, coro

Cursos de línguas: português, catalam, francês e inglês

Também haverá taichi, pilates, fotografia e teatro

Na manhá também aprenderemos gai(...)

(Ultima actualizaci??21-05-2014)

Novo traballo de Ataque Escampe: O disco Vermello

-

(capa do disco, deseñada polo artista Misha Bies Golas, a fotografía promocional, feita por Alba Viñas e María Esteirán)

Nas próximas semanas sairá en formato Compact Disc, pero mañá, 22 de maio, Ataque Escampe colgarán na rede (en Bandcamp) a edición dixital do seu novo traballo: O disco vermello (Discos da Maquina), gravado nos Estudios Abrigueiro con Arturo Vaquero entre os meses de febreiro e maio de 2014.j 11 cancións co compromiso coa realidade e a poética da supervivencia como nexos c(...)

2012

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

26 anos de Luar Na Lubre recóllense nunha caixa de 3 Cds e 1 DVD

- concertos- Luar Na Lubre-

Sons da Lubre nas Noites de Luar, é o nome da caixa de luxo que condensa a historia, inconclusa, da formación coruñesa. Unha caixa na que se recolle o seu xeito de sentir i entende-lo país e o seu entorno, e o modo de plasmalo na súa música.

Tanto o deseño e as ilustracións, da artista plástica Estefanía Domínguez Cagigao, como a parte conceptual, céntranse no universo mitolóxico da etnografía galega. E deste xeito os 3 CDs que inclúe o traballo preséntanse con nome propio

- Os trasnos, pequenos seres bulideiros que andan por bosques e camiños, cando non asaltan as casas coas súas trasnadas; marcan o nome do CD que recolle as suits instrumentais con algúns dos seus temas máis emblemáticos.

-Fadas, recolle o contido lírico: baladas, romances e tradicionais e poemas musicados polo grupo.

-Encantos, os seres mitolóxicos que gardan os tesouros, reúne as colaboracións que tivo Luar Na Lubre dende os seus comezos (Miro Casabella, Luz Casal, Pablo Milanés, Ismael Serrano, Pedro Guerra, Diana Navarro, Adriana Varela, Lila Downs..)

Ademáis na caixa inclúese un libreto con prólogo/biografía de Nonito Pereira, e un DVD con videoclips do grupo e o concerto gravado en directo na Praza da Quintana o pasado 31 de xullo. (..)

2014

(Ultima actualizaci??14-08-2014)

Unha noite no muíño da Fervenza de Ouzande

- Festa- A Fervenza de Ouzande-

Fonte: Catrogatos.com

Este sábado 16 de Agosto celebrase unha nova edición de UNHA NOITE NO MUIÑO.

A Partir das 10 da noite no Muiño do Rubio, na Fervenza de Ouzande.

Haberá festa e música para unha noite de convivencia e lecer.

Hai que levar a cea e gana de pasalo ben.

É imprescindible levar linterna para o camiño, onde poderás levar algunha que outra sorpresa.

Estás convidado/ Estás convidada.

Na Festa do Muiño poden participar todolos veciños e os seus amigos tamén. Par(...)