
A axenda de concertos e outras festas queda temporalmente en pausa, pero tentaremos contarvos o que se move pola rede. Colabora!: info@ghastaspista.com
#EUQUEDONACASA
2014
antroido 2014. OUZANDE FAXION WEEK (A Estrada) A semana da MODA EN OUZANDE. Hai que irse preparando porque este antroido a parroquia ponse de etiqueta: top model, príncipes e raíñas, famoseo, drags queens, paparazzis, seguratas, e a tendencia deste ano: as KATIUSKAS... Así que, se tés ganas de participar, asiste á reunión do próximo sábado 22 de febreiro ás 5 da tarde no local social do campo da festa: podes traer ideas, disfraces, complementos, instrumentos... ESTÁN CONVIDADOS ESPECIALMENTE TODOS OS RAPACES E RAPAZAS DA PARROQUIA. Ademais(...)
CULTURAGALEGA.ORG Cada vez son mais a iniciativas que pulan por recobrar festas de Entroido por todo o pais. A volta do Merdeiro de Vigo, o Entroido Ribeirao de Lugo ou o retorno a Compostela dos Xenerais do Ulla son so alguns exemplos recentes dunha tendencia cada vez mais forte. No entanto, a ansia de espectaculo ou o excesivo particularismo poden deturpar estas celebracions. Rafael Quintia, da Sociedade Antropoloxica Galega, fala con nos sobre estes procesos ao abeiro da II Xornadas sobr(...)
Entroido Vigo 2014. Programación (Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo) Mañá comenzarán seis días de festa para tódalas idades. Seis días de Entroido nos que disfrutaremos de concursos, desfiles, a queima do Meco, música, baile... A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo temos todo preparado. A continuación poderedes saber os horarios de tódalas actividades programadas para o Entroido de Vigo 2014. - Venres 28 de Febreiro Murgas, charangas, merdeiros e treboadas animarán as ruas dende a (...)
Foliada de entroido en Salason (Cangas) Venres, 7 de marzo / 23:00 h. Tóda-las persoas que acudan disfrazadas teñen a primeira copa a metade de precio, animádevos!!
Entruido nas escolas Semente no Centro Cívico de Teis (Vigo) PGL - As Escolas de Ensino Galego Semente celebram o entruido com vontade pedagógica e participativa. Da Semente Vigo tenhem marcado o encontro "sementando a semente" para sábado, dia 1 de março, em Teis; da Semente Compostela organizam entre os dias 3 e 5 de março o acampamento "as peliqueiras picheleiras".
Mes de Marzo cheiño de actividades en A Baiuca (Arteixo) A BAIUCA ferve!!! Día 1, sábado: Entroido con pratos de cocido galego e postres tradicionais da época… E boa música!!! Día 8, sábado: II sidrada nA BAIUCA con sidras de Euskadi, Asturies e por suposto as galegas + Viandas propias do tempo. Día 14, venres: Presentación para a prensa e público o C.D. “Crossing” de Andrés Penabad. Día 15, sábado: San Patricio 2014, patrón de Irlanda con festas de Guinness e Murphys + Jam Session. Día 22, sábado: Iº Aniversario dA BAIUCA: Festa Racha(...)
Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs. Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.Venres 28 de febreiro 17h Auditorio Milladoiro Entrada libre
Celebración Entroido Antrospinos. "Bituin de Tris" Este venres, 28 de Febreiro, o Entroido celébrase en Taragoña (Rianxo), da man de Antrospinos. O xa famoso Bituin de Tris, chega xa á sua cuarta edición. Ó esceario do Centro Cultural de Taragoña, subiranse imitadores de artistas, tales como Paloma San Basilio, Happiness, Marta Sánchez, David Bustamante, Pimpinela entre outros moitos, que de seguro o farán pasar en grande ás persoas que se acerquen ata o Centro Cultural.
Cea de Entroido e concerto de Recambios Tucho en Corcubión Sábado, 1 de marzo Chega o entroido, e non pode faltar a cita do Praia de Quenxe! Este ano aparte de ofrecerche a habitual cea de entroido, tamen che ofrecemos, xunto ou por separado, un pedazo de concerto! Como cea, teremos un menú inspirado nesta época a un prezo imbatible! Lacón prensado e pimentón Croquetas de cocido Orella en tempura Codillo asado, puré de pataca e tomatiños Filloa rechea e mini orella Viño branco e tinto Auga Café e infusións (...)
Entruido no Gaioso (Atochas - Monte Allto, Corunha) Sábado, 1 de marzo Rua Marcóni 9, rés-do-chao esquerda, Corunha (Atochas - Monte Allto) Para o sábado 1 de março o Centro Social está a preparar um entruido bem animado. Será a partir das 21h e podes trazer, para além do teu disfarce, instrumentos para a foliada. Nós daremos chouriços com pam de graça. Será que nom tés pensado vir? Entruido no Gaioso
Entroido na C.S.A. a Cova dos Ratos (Vigo) Sábado, 1 de marzo C.S.A. a Cova dos Ratos - Rúa Romil nº 3 (Baixo). Vigo- Gz Este vindeiro sábado 1 de marzo, a partires das 20:30h, achégate polo C.S.A. a Cova dos Ratos e vén celebrar o entroido coa escola de ensino galego Semente Vigo. Haberá proxección, cea solidaria vegana a prezos populares e foliada. Aquí vos deixamos os horarios: 20:30h: Proxección do documental “Os merdeiros, a recuperaçom”. Documental que trata sobre a recuperación de esta figura do entroido Vigués na zona v(...)
Festa de Antroido da ARC Os Tilos (Compostela) Rúa Ameneiro, número 8, 15894 Este venres 28 dende ás 17:00h. celebra con nós a chegada do Antroido, participa na festa que temos organizada para toda a familia. E se o teu é a cociña podedes participar no Concurso de pratos típicos de Antroido. (recepción ata ás 17:30h. antes do comezo da merenda). Soci@s: gratuito Non soci@s: Adultos/-as: 2€ --- Nenos/-as: 1€ Contamos con todos e todas vós para pasar un gran tarde en familia!!!
Seráns da Nave (Compostela) - SERÁN DE ENTROIDO!! Xoves 6 de marzo A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela) Serán de entroido! Vide disfrazados/as! Quen vén tocar esa noite? 21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana 22h30 . AF Colexiata do Sar 23h15 . Carapaus 24h00 . Arrueiro 01h00 . Foliada aberta até ás 03h00
Deixandar e O Son da Triga na III Festa de Entroido de O Rosal Deixandar, grupo rosaleiro de música tradicional galega, actuará este venres 28 de febreiro (22:00 horas) xunto con O Son da Triga, do Condado, na terceira edición da festa de Entroido, "Da-lhe co Sacho", organizada polo Centro Social Fuscalho (A Guarda). Tal e como reza o cartel, a partir das 19:00 horas, haberá xogos populares (zancos, lanzamento de boina...), premio ao mellor disfraz, etc. Máis información: http://fuscalho.blogspot.com.es/
VI HORA GALEGA NO BAR BALOCA (CAMBADOS) COINCIDINDO CO VENRES DE ENTROIDO Venres, 28 de Febreiro AS BULIDEIRAS DE FONTECARMOA ANIMARÁN O ACTO Aínda que coincide co Venres de Entroido, o Bar Baloca non quixo deixar pasar a oportunidade para proceder a celebración do VI Hora Galega, onde repiten as Bulideiras de Fontecarmoa, quen xa deran o callo na III edición. Ademais os do Baloca anímanos a ir disfrazados, pois coincide con Venres de Entroido e ademais hai o excepcional sorteo do XAMÓN, podedes mercar as rifas durante esta semana e o mesmo día no Bar Baloca. Dur(...)