"entroido"
2020
Festa de Entrudo e Convívio Gaiteiro en Vilanova de Gaia (Portugal) Sábado 22 de febreiro Festa de Entrudo da Cardo-Amarelo 17h00 - Oficina de Polifonia Tradicional Portuguesa 18h00 - Oficina de Danças Tradicionais Portuguesas 19h30 - Concerto dos alunos da Cardo-Amarelo 20h00 - Convívio Gaiteiro
XI Festa do Petote en Cerdedo - Cotobade Domingo 16 de febreiro -Desfile de comparsas con madamitas, folións e As Flores do Carnaval -Pregón do gaiteiro Óscar Ibáñez -Degustación gratuíta de petote e outros produtos de Entroido (...)
En Herba Grileira dámoslle a benvida ao Entroido cun VENRES DE COMADREO!! O 21 á noitiña andaremos disfrazados pola zona dos viños de Melide acompañad@s da charanga "Os amigos". Vístete de comadre e súmate á nosa festa. Que non quede ninguén na casa!!
O vindeiro martes día 18 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido coñecendo un pouco mais do Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo) Ao remate da (...)
Entroido Tradicional de Darbo (Cangas do Morrazo) Domingo 23 de febreiro. Ás 17:00h dende o lugar de O Piñeiro, saída da comparsa cos gaiteiros acompañando ás Damas e Galáns ata o baile na antiga escola, no lugar de Seixo. Pola noite Baile diante da Rectoral de Darbo. Haberá carpa
Xoves 20 de febreiro a partir das 21:30h. no Garufa Club - Arnela e o grupo de gaitas de Queiroa - Algarada da A. X. Xiradela - Cascarilla e Pipiriteiras da A. C. Donaire.
Bos días amigos!! Xa chega o #entroido, e este ano estaremos nas rúas de Xinzo de Limia o vindeiro 9 de Febreiro, no #DomingoOleiro, animando, bailando, cantando e pasandoo en grande. Estaremos cos nosos compañeiros de Rebulir Cultura Tradicional
Programa completo 1 de febreiro. Petardazo Animación nas rúas a cargo de Xituma Batuke e Festicultores ata as 3:00 horas. 2 de febreiro. Domingo Fareleiro A partir das 17:00 horas, comezo das « fareladas» na Praza maior de Xinzo e no Casco Lanuxe. 8 de febreiro. Colgamento do Meco Saída do Meco á noitiña desde a praza de Oriente ata a Praza Maior polo Casco Lanuxe da vila acompañado pola súa comitiva. 23:00 horas, concerto de Xosé Lois Romero & Alib(...)
REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO ! Empezamos a tempada de actuacións con unha que nos fai ben ilusión. O Domingo 9 de Febreiro estaremos participando do Domingo Oleiro de Xinzo de Limia. Empezaremos as 12:00 h. e voltaremos despois de xantar, animando rúas e prazas co noso grupo de música tradicional, baile tradicional, pandereteiras e cantareiros. Grazas a Comisión do Entroido de Xinzo 2020 por contar con nós !
Xosé Lois Romero e Aliboria no Entroido de Xinzo Sábado 8 de febreiro ás 23h Colgamento do Meco - Entroido de Xinzo de Limia
2019
Espectáculo Os Ollos de Miss Margaret - Vilamarín Domingo 29 de setembro ás 20h no Auditorio Municipal de Villamarín Chega a VILAMARÍN "Os Ollos de Miss Margaret" un espectáculo da AC. Rebulir de Ramirás en colaboración coa compañía teatral Arunrun e coa participación do Grupo de Teatro de Vilamarín. Sobre o escenario recréanse diferentes escenas vividas e sentidas pola nosa protagonista, e que nos achegan a Galicia dos anos 20. Un país de contrastes, cunha rica e variada cultura que era encarnada e transmitida polos seus habitantes du(...)
XXIV Festival As Nosas Músicas de COUSO (A Estrada) Mércores 14 de agosto Sesión Vermú coa Requinta de Xián, e diversas actividades durante o día (Xogos Tradicionais, Danza no Entroido do Ulla, Iniciación ao baile). A partir das 22h, concerto dre Melidaos, Os da Porfía, Comando Curuxás, Campantes da Baña e Fanfarria Taquikardia
Traémosvos unha sorpresiña para comezar o día! O próximo domingo 10 de marzo FOLIADA DO ENTROIDO 🎭🎶 A partir das 12:00h no porto de Escarabote ➡️ foliada con grupos da zona, xantar a prezos populares e sobremesa con filloas, orellas e música. Ao remate do Felipiño seguiremos a festa 🎉 e non vos preocupedes polo tempo... en caso de chuvia haberá carpa
Despois de desfrutar do entroido, começamos uma nova travessia: MARÇO 9 de março, às 22h, concerto de Maskarpone 15 de março, às 22h00, concerto de Raiceira 16 de março, às 22h00, concerto de La Casa de los ingleses 17 de março, às 20h30, Poemas+ concerto Arancha Nogueira + Quico Valeiras + Roberto Sobrado 22 de março, às 22h00, concerto de Sara Cangas 23 de março, às 22h00, concerto de O Modulador de Ondas 30 de março, às 18h30, Espetáculo de Circo com Duend(...)
Sábado 9 de marzo Boas camarada! Tendes gañas de festa? 🎉🎉🎉😍 Aquí vos deixamos o cartaz da I Ruada de Entroido que andamos a argallar, con grupos que vos iremos desvelando pouco a pouco ademáis de un milleiro de novas... ☺️☺️ Vaste perder esta cita? Agardámoste o día 9 a partires das 17:00h na praza do parque de Bandeira, prepara o teu disfraz e as túas ganas de troula. 👏💃 Se ademáis tes un grupo e che apetece (...)