"critica"

2019

(Ultima actualizaci??01-12-2019)

Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto

- concertos-

5 de decembro ás 20:30h

Auditorio Municipal de Celanova (Ourense)

14 de decembro ás 21h

Auditorio Municipal de Burela

2 de febreiro ás 20h

Sala Capitol de Compostela

O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a trav(...)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

Espectáculo radiofónico Radio Boga (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos-

Día: 19 de xaneiro

Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)

Hora: 20:30

Desde Galicia Emigrante a Recordando a Galicia, desde Luis Seoane ata Maruxa Boga, o espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación, a crítica... Coa participación musical en directo de Ugia Pedreira, o dúo de Marina Oural Villapol e Chefa Alonso, e(...)

2018

(Ultima actualizaci??26-01-2018)

Kneves no autoblues Chicago-Fornelos ao vivo no Pichel

- concertos-

Venres 26 de xaneiro ás 22:30h

Gentalha Do Pichel.

Rua Santa Clara, 21.

Santiago de Compostela.

KNeves no autoblues Chicago-Fornelos som 5 artistas da comarca do Condado, com muitos anos no mundo da música acima.

Do mesmo jeito que venhem de diversas partes do mundo (Chicago, Irlanda, As Neves, Fornelos, Ponte Areias ... ) também venhem de distintas formaçons as quais levam anos no panorama musical galego.

KNeves no autoblues "ghomita" toda a criatividade poética e musical de Kiko (...)

2017

(Ultima actualizaci??24-11-2017)

Gabi Buarque (Brasil) en Vilar de Santos. Ourense

- concertos-

Venres 24 de novembro ás 22:00h

A Arca da Noe.

Rua do Forno, 13, Vilar de Santos.

Ourense.

24 de novembro, às 22H00, aterra na Arca a brasileira Gabi Buarque.

Nascida na cidade do Rio de Janeiro, Gabi Buarque, cantora, compositora e instrumentista, mostrou-se geminiana desde cedo.

Aos 17 anos Gabi Buarque começa a cantar profissionalmente, inicia a faculdade de Desenho Industrial e o Curso Técnico de Canto Popular. Não faltou muito pra que a música falasse mais alto. No entanto, c(...)

(Ultima actualizaci??22-09-2017)

Anxo Blas presenta Paragüeiro Trobador en Vigo

- concertos-

Venres 22 de setembro ás 23:30

Galo Do Vento

San Vicente 10.

Vigo.

Anxo Blas achégase a Vigo para presentar a súa xira Paragüerio Trobador.

Prefiro ser paragüeiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paragüeiros de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con crítica, con retranca, musicando poemas de amor, de(...)

(Ultima actualizaci??28-04-2017)

Vizcaíno presenta DIÁSPORA en Monterroso

- concertos-

Venres 28 de abril ás 23:30h

La Clave Eventos.

Rúa Benigno Vázquez, 19.

Monterroso.

"Diáspora", é o segundo traballo de estudo de Vizcaíno, autor dos once temas que compoñen este novo proxecto.

Un álbum eléctrico, con tintes acústicos e letras e músicas que contan historias a pé de rúa, dende o corazón contento ate o amor ferido ou a crítica social.

La Clave, recibe a Vizcaíno o vindeiro 28 de abril, a partir das 23.30 horas. cun concerto onde o artista presentará cada un dos tem(...)

2016

(Ultima actualizaci??08-12-2016)

Davide Salvado a só en Monterroso

- concertos-

Venres 9 de decembro ás 23:30h

A Clave. Rúa Benigno Vázquez, 19. Monterroso.

En decembro, visita a Clave un artista único.

Davide Salvado, un dos intérpretes da música de raíz, máis recoñecidos internacionalmente pola crítica e público especializados.

DAVIDE SALVADO é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas.

De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu (...)

(Ultima actualizaci??02-12-2016)

Xosé Manuel Budiño. Concerto 'Paralaia' 20 Aniversario en Pontevedra

- concertos-

Sábado 3 de decembro ás 21:30h

Pazo da Cultura de Pontevedra.

Rúa Alexandre Bóveda.

Pontevedra.

Budiño celebra o 20 Aniversario de “Paralaia”, o seu álbum de debut aclamado pola crítica, cunha edición remasterizada en formato libro-disco.

BUDIÑO

CONCERTO “PARALAIA' 20 ANIVERSARIO

AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

SÁBADO 3 DE DECEMBRO 2016 - 21:30 H.

Convidada especial: MERCEDES PEÓN

ISAAC PALACÍN: batería, percusións

SÉRGIO TANNUS: guitarra, viola caipira

SA(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Novo disco de Guadi Galego: O mundo está parado

-

Guadi Galego volta á escena cun novo traballo en novembro: O MUNDO ESTÁ PARADO

Co seu anterior LUAS DE OUTUBRO E AGOSTO (Fol Música 2014), a compositora GUADI GALEGO conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

O vindeiro 4 de novembro Guadi vai publicar o seu terceiro disco en solitario, O MUNDO ESTÁ PARADO, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están prese(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2016)

Ruper Ordorika e Isaac Xubín en Compostela

- concertos-

Martes 25 de outubro ás 20:30 na Sala Capitol

Os versos de Joseba Sarrionandia recompilados na antoloxía “Tempo de exilio”, soarán en galego e en éuscaro grazas ás voces do tradutor da obra na nosa lingua, Isaac Xubín, e do cantautor vasco Ruper Ordorika. Ambos protagonizarán un recital poético este martes día 25 na Sala Capitol (rúa Concepción Arenal, 5), a partir das 20:30 horas, con entrada libre. Esta actuación enmárcase nunha xira(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2016)

Presentación do disco SONS DE NÓS no teatro Colón (A Coruña)

- concertos- 2naFronteira-

Xoves 15 de setembro ás 21h no Teatro Colón

Acompañados por grandes músicos convidados, 2naFronteira presenta, nun concerto único na cidade da Coruña, o seu disco SONS DE NÓS, que leva colleitado excelentes críticas do público e dos medios. Textos da revista Nós coa habitual música intensa e de calidade que caracteriza as composicións deste dúo.

Ademáis de Carmen Penim (voz) e Maurizio Polsinelli (piano acústico do teatro e harmonio) contarán con Pablo Rodríguez, guitarrista coruñés intern(...)

(Ultima actualizaci??13-05-2016)

Maio nas Crechas (Compostela)

- aPenultima- Crechas-

Xoves 12 21h 3€

VIRANDEIRA FOLK

Virandeira Folk prosegue adiante na súa andadura polo panorama musical galego coa presentación dun novo disco, Metamorfose, unha proposta musical viva, fresca, moderna e singular. A banda viguesa acadou unha gran recepción por parte da crítica en 2012 cO seu debut discográfico, Sons do Atlántico. Virandeira é unha banda de folk fusión que aposta pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha visión da música que foxe do contemporizador na procura do ecléctico, f(...)

(Ultima actualizaci??06-01-2016)

Cantata Vernácula na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Sábado, 9 de janeiro, às 22h00, aterra na Arca, Cantata Vernácula.

CANTATA VERNÁCULA são: Xoán Porto "Guancho" (acordeão e voz) e Suso Vaamonde (zanfona e voz). Este duo de músicos sem preconceitos está considerado pola crítica actual como o máximo exponente da ressurgente corrente denominada"Nova Troba Truana". De facto, são os únicos representantes deste estilo.

Se quer escutar boa música, e, ainda por cima, quer escachar de risa e desfrutar do humor e a retranca com novas letras (...)

2015

(Ultima actualizaci??28-09-2015)

Outubro '15 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

PROGRAMACIÓN DO MES DE OUTUBRO 2015

Xoves 1 (dous pases: 21h e 22.30h) 4€

NO ES PAÍS PARA COÑOS

Trata, desde a comedia e a crítica satírica, preocupacións femininas con respecto á saúde sexual, o embarazo, o aborto e as relacións amorosas. Pretende empoderar ás mulleres e facelas conscientes da súa sexualidade, os seus dereitos e mellorar a súa independencia emocional. Precisamente por isto, visibiliza aos eternos (eternas) actores (actrices) secundarios (secundarias) no mundo da cul(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2015)

AC REBULIR (Vilavidal, Cartelle) - Apertura do curso 2015-2016 e presentacion das actividades do X Aniversario

- concertos-

O vindeiro día venres 25 de Setembro teremos a tradicional presentación do curso 2015-2016 as 20 h. no local de Rebulir. Este ano seá especial posto que cumplimos 10 anos de traballo, e queremos ter un programa especial de actividades que aproveitaremos para anunciar neste día.

Tamén, se celebrará a continuación a asamblea anual da asociación para escoitar e dar ideas, e críticas de mellora.

(Ultima actualizaci??25-05-2015)

Uxía & Narf presentan "As baladas da Galiza imaxinaria" - Compostela

- concertos- Narf- Uxía Senlle-

Mércores 10 de xuño, ás 21h no Salón Teatro de Compostela

Dous grandes da música galega, UXÍA e NARF, publican en xuño de 2015 o seu primeiro disco conxunto: 'As baladas da Galiza imaxinaria' e ofrecen un concerto no Salón Teatro de Santiago de Compostela o 10 de xuño.

Trátase dun proxecto que nace do talento e da sensibilidade de dous artistas que en cada balada abren portas e ventás aos corazóns inquedos e aventureiros. Eles cóntano así:

"Na primavera de 2014 cantamos xuntos por pri(...)

2014

(Ultima actualizaci??19-12-2014)

En Clave de Fado na Arca (Ourense)

- concertos-

Sábado, 20 de dezembro, às 21h30, chega à Arca, En Clave de Fado.

Clave de fado, fundado por Iria Estévez, Gonzo Piña e Pepe Piña, nasceu no final de 2009 como grupo de versões. A princípios de 2014 unem-se Isaac Garabatos e Paco Dicenta.

O projeto, desenhado pela vocalista, Iria Estévez, estava orientado originalmente à criação de versões de grandes temas da música galega e portuguesa partindo do fado, contribuindo a uma visão nova sobre a música portuguesa e por excelência, o fado.

O pr(...)

(Ultima actualizaci??04-02-2014)

Despois de 18 anos de carreira ininterrumpida, Berrogüetto anuncia a súa disolución.

-

Moi malas, terribles, noticias dende Vigo: Este é o comunicado co que Berrogüetto anuncian a súa disolución. Dende aquí queremos enviarlles os nosos mellores desexos a todos e cada un dos seus compoñentes. Non o dubidedes: seguiremos ás vosas carreiras alí onde vos leven!

Facémolo cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados.

Logo de 5 discos e un libro-disco editados e un bo feixe de inesquecibles concertos, poñemos fin á nosa carreira como grupo, conscie(...)

2013

(Ultima actualizaci??18-09-2013)

Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir (Concello de Ramirás. Ourense) - 2013-2014

- concertos-

Un Setembro máis a Asociación Rebulir en colaboración co Concello de Ramirás presentará as actividades do curso. O Sábado día 28 de Setembro as 18:00 h., convocamos a todos aqueles pais,nais, familiares e interesad@s a unha xuntanza onde se presentarán os horarios, profesorado, grupos, actividades... e todas as novidades para o ano 2013/2014.

Tras este acto de apertura organizamos unha asamblea aberta onde a directiva actual da asociación presentará o balance económico e as actividades prev(...)