"baile tradicional"

(Ultima actualizaci??14-02-2020)

Obradoiro de baile tradicional galego en Quiroga

- concertos-

Sábado 7 de marzo de 16:30 a 20:30h

Obradoiro de baile, nivel iniciación, impartido por Javier Feijoo

(Ultima actualizaci??20-02-2020)

XVI Certame de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)

- concertos-

Domingo 26 de abril nos pavillóns da Fundación do Moble da Estrada

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo)

- concertos-

9, 10 e 11 de abril en Lugo.

- Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional.

- Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional.

- Pablo Dalama: Gaita galega.

- Ana Edreira: Canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso).

Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódens(...)

CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL - Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-02-2020)

- concertos-

Os próximos 28 e 29 de marzo celebraremos da man do @centro_musica_fingoi a Primera Edición do "CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL". Disfrutaremos dunha fin de semana chea de música galega e natureza, rodeados de grandes profesionais, con foliadas, ricos menús e concerto de Candorka Trío!

Prazas limitadas!

°

+INFO, INSCRICIÓNS E TARIFAS:

www.musica.fingoi.com

www.granxadebarreiros.com

TLF: 982 284 094

(Ultima actualizaci??07-02-2020)

NOVO ESPECTÁCULO DO GMBT XACARANDAINA - A Coruña

- concertos- Xacarandaina-

Mércores 12 de febreiro ás 21h no local do Centro Coreográfico Galego

“Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía.

Esta obra estará dirixida por Quique Peón axudado polos seus colaboradores habituais na dramaturxia da obra, compo(...)

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2020)

- concertos-

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO !

Empezamos a tempada de actuacións con unha que nos fai ben ilusión. O Domingo 9 de Febreiro estaremos participando do Domingo Oleiro de Xinzo de Limia. Empezaremos as 12:00 h. e voltaremos despois de xantar, animando rúas e prazas co noso grupo de música tradicional, baile tradicional, pandereteiras e cantareiros.

Grazas a Comisión do Entroido de Xinzo 2020 por contar con nós !

(Ultima actualizaci??24-01-2020)

Monográfico en Lugo: O Baile Na Terra Chá

- concertos-

Domingo 9 de febreiro ás 10h

Monográfico sobre os bailes tradicionais na comarca da Terra Chá impartido por Xabier Iglesias. Introdución teórica, área xeográfica, material de recollida, ritmos, contextualización, semellanzas e diferencias zonais. Visión global do baile tradicional desta comarca.

(Ultima actualizaci??15-01-2020)

V Curso de Música e Baile Tradicional de Ribadeo

- concertos-

18 e 19 de xaneiro na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

2019

(Ultima actualizaci??06-12-2019)

Festival de Nadal Vai de Roda

- concertos- Vai de Roda-

Sábado 14 de decembro ás 18h no Auditorio De Rianxo

Festival de música e baile tradicional organizado pola asociación Vai de Roda.

(Ultima actualizaci??12-10-2019)

Danza 3 en Vigo

- concertos- O Fiadeiro- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos-

Domingo 13 de outubro ás 19h no Teatro Afundación

O domingo 13 de outubro tedes unha oportunidade única para poder ver xuntos no escenario ós 3 grupos de música e baile tradicional que conforman o colectivo XOC para a recuperación, conservación, divulgación e defensa do Patrimonio Inmaterial de Galicia. No espectáculo "Danza 3 no teatro", presentado hoxe, amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore de Galicia recuperado e posto en escena por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF(...)

A.C. Traspés (Vigo) - Novo Curso Escolar 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional...

Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)

Presentación Cursos Penaguda 2019-2020 (Neaño. A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 19h no Centro Cultural de Dena

O domingo 29 de Setembro faremos un acto no que presentaremos os novos cursos de:

- Baile tradicional galego (tamén este ano con grupo de adultos)

- Canto e pandeireta

- Gaita e percusión (a partir de 8 anos e ata os 99)

í‰ un acto aberto para todo aquel que queira asistir.

Coñeceredes cales serán os nosos mestres e aproveitaremos tamén a ocasión para presentar a directiva da asociación, así­ como as pautas que vai a segui(...)

AF Tequexeteldere (A Estrada) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Última semana para formalizar a vosa matrícula nas Escolas de música e baile tradicional de @Tequexeteldere Af .

Escolas Val Do Fragoso (Vigo) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Escolas Val Do Fragoso

Baile tradicional

Canto e percusion

Grupos nenos e adultos

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

Xornadas de portas abertas de Lembranzas da Ría (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2019)

- concertos- Lembranzas da Ría-

Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión.

Sábado 14 de setembro

na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo

Contacto: 687 487 997

Asociación Cultural Lembranzas da Ría

(Ultima actualizaci??04-09-2019)

Obradoiros de Música e Baile Tradicional no C@urel

- concertos-

Sábado 28 de setembro

Obradoiros de Percusión a Man e Canto (Blanca Villares), Empalletado e Afinación de Gaita (Daniel Bellón) e O Bailar no C@urel (Montse Rivera)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

VIII Festival Lembranzas da Rí­a (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 22h

Praza da Palma (Cangas do Morrazo)

O VIII Festival Lembranzas da Rí­a terá lugar ás 22:00 horas do próximo sábado dí­a 31 de agosto na Praza da Palma (xardí­ns de Andrea) dentro da programación das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Participamos o Grupo de Música e baile Tradicional Traspés, do Concello de Vigo, e a propia asociación anfitrioa, Lembranzas da Rí­a.

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (A Guarda)

- concertos-

SONS MAREIROS (Programación musical)

Xoves 11 de xullo

11:30h 3a Idade

20h Gaiteiros do Fuscalho

23h Tino Baz

Presentación de “Si cantas es ti que cantas...”

Venres 12 de xullo

11;30h A Boalleira

19h:

FESTIVAL MÚSICO-POÉTICO GALEGO PORTUGUÉS

Baile tradicional e poesía de ambas beiras do Miño-Minho no Auditorio de San Bieito (a carón do porto). Coa colaboración de Vento Mareiro, Rancho de Póvoa de Varzim, Xamaraina, Dores Tembrás, Antía Otero e Anxo Angueira.

(...)

VIII Encontro de música e baile tradicional na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-07-2019)

- concertos-

Un ano máis e xa van oito, o SÁBADO día 6 de Xullo celebraremos o Encontro de música e baile tradicional na Pobra do Caramiñal. Como podedes ver o cartaz promete, así que non faltedes, pasaremos lista!!! Queremos agradecer de antemán á Concellería de Cultura e a súa técnico Fita pola colaboración que sempre nos prestan para a realización do festival e dende o ano pasado, á concellería de Turismo e a súa técnico Ángeles pola pedazo ruta de Valle Inclan que ofrece aos grupos participantes para que(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)

- concertos- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -

Sábado 6 de xullo

Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!

Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motore(...)

(Ultima actualizaci??21-06-2019)

V Xuntanza Folc Follas de Olivar (A Insua-Pontecaldelas)

- concertos-

O vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 12.00 horas, terá lugar a V Xuntanza Folk "Follas de Olivar" en A Ínsua (Carreira Ancha) Pontecaldelas, organizada polos Xeitosos da Ínsua.

Actuacións antes do xantar con Nós tamén imos e os Fervellos do Pío, logo xantar campestre e seguidamente obradoiro de baile tradicional con Damián Cordo e xa pola tardiña actuacións de Paiaso Peter Punk, A. C. Veira do Río, Os Xeitosos da Ínsua, Tradisón, Carapaus e Habelas Hainas!!!

Haberá tamén diversos po(...)

Tahúme (Riveira) presenta A mostra do Baile e da Música Tradicional

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-06-2019)

- concertos- Tahúme-

O sábado 29 de Xuño ás 21:30 na porta do sol (Praza da igrexa) teremos a nosa cita anual, na que levaremos a cabo unha mostra de música e baile tradicional de todas as seccións do grupo.

Non faltedes! Pasaremos lista!

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festival Fin de Curso de Xiradela (Arteixo)

- concertos- Xiradela-

Sábado 22 de Xuño ás 18:00 no anfiteatro; Música e baile Tradicional

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XXXII Noite Máxica en Balboa (O Bierzo)

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 22 de xuño

13h

Historias entorno á Zanfona (Bieito Romero)

17h

Taller de Baile Tradicional con Xabier Iglesias

19h

Actuacións de Abelladeira (Ponferrada), Xardois (Cervantes) e Son Do Xeito (Lugo).

23:30h

DEQUENVESSENDO

SEGUNDO CARBALLO Á ESQUERDA

CECINA DE LEÓN

...E FOLIADA ABERTA.

(Ultima actualizaci??13-06-2019)

Serán de Rianxo. Vai de Roda

- Festa- Vai de Roda-

Sábado 22 de xuño no Campo de Arriba.

Serán organizado pola Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda.

A partir das 20:00, Seranciño para xs máis pequenxs.

Desde as 22:00, Serán.

Inscrición de grupos no teléfono 698133962 (WhatsApp) ou en vaiderodarianxo@gmail.com.

Con zona de acampada e aloxamento. Reserva previa (prazas limitadas).

XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-05-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Domingo 2 de xuño no Pazo da Opera

O 15 de Xuño celebramos a nosa foliada infantil e a foliada no Parque de Santa Margarida . Se queredes anotarvos podedes facelo no noso correo : info@Xacarandaina.com

Ademais teremos concerto de @xisco.feijoo ás 21.30 horas.

Esperámosvos!

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

Festival 104 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)

- concertos- Toxos e Froles-

Sábado 1 de xuño ás 20h no Teatro Jofre

Festival de canto, música e baile tradicional. Reparto de entradas no despacho de billetes do Teatro Jofre a partir do martes 28 de maio ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

Festival Benéfico de Loita Contra o Cancro en Vilalba

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??21-05-2019)

- concertos-

O sábado 1 de xuño, ás 20:00h no auditorio Carmen Estévez, celebrarase o II Festival Benéfico a favor da Loita contra o Cancro, organizado pola Asociación de Veciños de San Cosme de Nete.

Festival que conta coas actuacións de “Mestura de Nete”, alumnos dos diferentes cursos de música impartidos en Nete polos seguintes profesores: acordeón (Andrés Penabad), gaita (Ángel Sendín), pandeireta e baile tradicional (Antía Maseda), tambor (Vanesa Siso), grupo de cantos coa colaboración de Branca Villa(...)

XV Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??29-03-2019)

- concertos-

Domingo 31 de marzo

Este domingo teremos unha nova edición do certame de baile tradicional, que este ano faremos nunha única xornada de mañá.

Esperámosvos no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada a partir das 11 da mañá, para disfrutar dunha agradable xornada de música e baile tradicional.

A todas as agrupacións participantes, moita sorte

(Ultima actualizaci??21-03-2019)

II Polavila en Santalla

- concertos-

Sábado 30 de marzo

-13:30 h: Vermú a cargo do grupo De Ninghures na carpa montada pola comisión de festas de Santalla na praza.

-16:00-18:00 h: Taller de baile tradicional asturiano e galego (se hai grupo mínimo) con Paulino Santirso e Vanessa Castro. Apúntate no tlf. 638551325

-18:00-23:00 h: Cantos de taberna polos bares de Santalla cos grupos “Os Amigos do Caldeiro”, “En faldas y a lo loco”, “Nela&Cía”, “Os do Trece”, “Trangalleiras”, “Os Húmedos del Eo”. .

Bares participan(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

VI Festival infantil de música e baile tradicional Peis D´Hos (Cangas)

- concertos-

Domingo 17 de marzo a partires das 18h no Auditorio de Cangas

Participan:

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

Lina e Lola (O Morrazo)

A.C. Peis d'Hos (Cangas)

(Ultima actualizaci??14-02-2019)

Monográfico en Pontevedra: Maneo de Bergantiños

- concertos- Trepia-

Domingo, 17 de febreiro

Organiza: Asociación Cultural Trépia

Cando falamos de baile tradicional, falamos de autenticidade e respeto, sen añadiduras nin florituras coreográficas para enriquecer. Polo contrario, trataremos de ser o máis fieis posible á realidade, chegando se cabe a adoptar estilos das vellas e vellos baliadores.

INSCRICIÓN -> https://goo.gl/xxqBeP

Metodo

Estudo dos distintos xeitos de bailar o maneo.

Estudo do movemento do corpo para cada distinto aire de pandeiret(...)

Iniciación ao Baile Galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??08-02-2019)

- concertos- Pesdebarro-

E ESTE SÁBADO 9 DE FEBREIRO NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 9 de febreiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente (...)

Presentación do libro Bailegramas e Curso de Baile Tradicional con Serxio Cobos en Cangas

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- concertos-

Sábado, 2 de febreiro no Auditorio Cangas

Presentación do libro Bailegramas de Sergio Cobos, sobre a representación gráfica dos movementos do baile tradicional galego.

(Ultima actualizaci??31-01-2019)

Baile tradicional nas Noites Abertas de Pontevedra

- Festa-

Venres 1 de febreiro a partires das 22:30h na Casa Azul

Curso de Iniciación ao Baile Galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??25-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

NOVA DATA PARA O CURSO DE INICIACIÒN AO BAILE GALEGO

Continuamos o sábado 26 de xaneiro, no CCultural Do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vi(...)

Presentación de Bailegramas en Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos- aPenultima- Cavicembalo-

Sábado 19 de xaneiro

Obradoiro-presentación dos Bailegramas, método de notación para baile tradicional. Tamén bailaremos danzas europeas que poderemos poñer en práctica pola noite no concerto de "Mala Herba" no clube Clavicémbalo

Obradoiro de iniciación ao baile tradicional en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??11-01-2019)

- concertos- Pesdebarro-

Sábado 12 de xaneiro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é divertirse e aprender, vale para(...)

Xornada de canto, música e baile tradiciónal na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-01-2019)

- concertos-

Domingo, 13 de xaneiro, na Praza Maior de Pobra do Caramiñal

DOMINGO 13 DE XANEIRO... Vive, Aprende e Goza do Noso 2019!!!

Un ano mais, e xa imos ca 4ª edición, organizamos, xunto ao Concello da Pobra do Caraminal, esta xornada adicada ao canto, ao baile e a música tradicional.

16 agupacións da contorna participarán no VERMÚ GHAITEIRO, que comezará ás 12:30h: Asociación Cultural Arrancadeira, A Dorniña de Abanqueiro, Asocación Cultural Os Liantes, Asociación Cultural e Deportiva Xiada,(...)

(Ultima actualizaci??09-01-2019)

Encontro de agrupacións de música e baile tradicional de Ames

- concertos-

Sábado 12 de xaneiro a partires das 18h na Casa da Cultura de Bertamiráns

AC Os Castros

AC Retranqueiros

AC Terras de Ames

AC Follas Novas

Maianas

Airiños do paseo de Colón

Germán Vázquez Soneira, gaiteiro da Maía (TRIOPLATA)

2018

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

A AGG organiza unhas novas xornadas de baile tradicional en Teo

- concertos-

A AGG organiza o vindeiro domingo 16 de Decembro no Concello de Teo, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de BaileTradicional que terán de protagonistas ó baile solto en Axeitos, o Fandango e o xénero no baile.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo do baile tradicional como Fran Sieira, Luis Prego, Carme Campo e Chus Caramés.

PROGRAMA:

Domingo 16 de decembro

09.45 – Apertura e entrega de documentación

10.00 – O baile (...)

Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego en Vilagarcía de Arousa

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-12-2018)

- concertos-

RECORDA Continuamos mañan sábado 15 de decembro, no Centro Cultural do Sixto, Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

Podedes vir e comprobar o doado que é diverti(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Trade(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

IX Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)

- Festa-

Domingo 18 de novembro a partir das 17h

Organizan: Grupo de Gaitas Charrúa e Escola de Baile Tradicional de Lourido

Magosto e Samaín Torres do Allo 2018 (Zas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-11-2018)

- Festa-

O próximo 3 de novembro as castañas e a música tradicional serán as protagonistas do #magosto que celebraremos a partir das 18:00 horas nas Torres do Allo onde nos acompañarán os grupos da Asociación Cultural Adro, da Asociación de Baile tradicional Churía e da AC Trubisquiña.

E para os nenos e nenas de 4 a 12 anos haberá obradoiros mooooi monstruosos ás 11:30 e ás 16:00 horas. Anótate no Centro Sociocultural de Baio ou no de Zas (ou en info@torresdoallo.gal. Agardámosvos!

(Ultima actualizaci??01-11-2018)

Monográficos de Música e Baile Tradicional en Goián (Tomiño)

- concertos-

Domingo 4 de novembro

Percusión miúda, impartido por Chuco

Domingo 11 de novembro

O pandeiro cadrado na Galiza, impartido por Xulia e Guillerme

Domingo 18 de novembro

As muiñeiras punteadas, impartido por Fran Sieira

Horarios de 10 a 14h e de 16h a 20h no Auditorio de Goiñan

(25€/obradoiro)

Obradoiro de iniciación ao baile en Rubiáns (Vilagarcía)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-10-2018)

- concertos-

Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego para bailar a muiñeira, xota, agarrados...

Ensinaranse as dinámicas e pasos do baile galego para desde xá, poñelas en práctica e disfrutar do acto de bailar.

O obradoiro comezará aportando o coñecemento dos recursos elementais do baile e motivar o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos.

.

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

Asociación Cultural "O Castro de Figueiras" (Compostela) - Curso 2018/2019

- concertos-

- Gaita e percusión: sábados de 11:00 a 13:00 h

- Baile tradicional: sábados de 13:30 a 14:30 h

no CSC de Figueiras.

(Ultima actualizaci??09-10-2018)

A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) - Curso 2018/2019

- concertos-

- Baile tradicional

- Pandeireta

- Gaita

- Percusión

Matrícula a través do correo electrónico asociación@rosaliacacheiras.org ou no número de teléfono 659058064.

Grupo O Souto (Rubiáns. Vilagarcía) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??02-10-2018)

- concertos-

Seguimos agardándovos neste novo curso no Grupo O Souto. Estamos desexando recibir novos e novas integrantes con moitas ganas de pasalo ben e disfrutar do canto, baile e música tradicional galega!

Pandereteiros e pandereteiras

Canto

Grupo de gaitas / Murga

Coro popular / tradicional

Percusión

Baile tradicional galego

Escola para os máis pequenos, que podrán optar a todo o arriba especificado!

(Ultima actualizaci??28-09-2018)

V CURSO DE MÚSICA E BAILE GALEGO (Salceda de Caselas)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza, en colaboración co concello de Salceda de Caselas, un curso intensivo que contará con catro especialidades a escoller:

- Baile tradicional - Impartido por Javier Feijoó "Xisco"

- Canto e pandeireta - Impartido por María Vidal

- Gaita - Impartido por Suso Vaamonde

- Percusión tradicional - Impartido por Francisco Estévez “Chuco”

O curso vai ter unha duración de 16 horas repartidas entre o sábado e o domingo, con horario de clases de 10:00 a 14:00(...)

(Ultima actualizaci??27-09-2018)

Obradoiros de música e baile tradicional en folgoso do C@urel

- concertos-

Sábado 17 de novembro.

Obradoiros de

Gaita (Pepe Vaamonde)

Pandeiro e Pandeira (Luis Prego)

Bailes e Danzas do C@urel (Xabi Iglesias).

E A partir das 21h Petiscos e Foliada

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Peisd´hos (Cangas) - Curso 2018/2019

- concertos-

Clases de acordeón, baile tradicional, gaita, música e movemento, pandeireta e canto tradicional e percusión no local de ensaio de Cimadevila

(Ultima actualizaci??25-09-2018)

Comezo das clases de Música e Baile Tradicional en Ouzande

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

O próximo sábado, 29 de setembro, comezarán as clases de música e baile tradicional en Ouzande.

Disciplinas: acordeón, gaita, percusión, pandeireta, baile e canto tradicional.

Todos os horarios e inscricións picando neste enlace:

http://carreiros.blogspot.com/2018/09/bailas-clases-de-musica-e-baile.html

ACGB (Asemble Cultural Galega de Barcelona) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??19-09-2018)

- concertos-

ACGB comezará a impartir aulas regulares de pandeireta e baile tradicional todos os xoves de 20.30 a 21.30 horas. Profesoras: Cristina Amarelo e Ester Bertran.

Data límite de inscrición: ata o día 30 de setembro. A primeira clase é gratuíta.

Para máis información: aulas.acgb@gmail.com ou acudindo ao Ateneu Roig no horario de aulas (informaránvos das cotas a pagar)

Imaxe: Festas de San Bartolo, Robledo de Son (Navia de Suarna - Os Ancares)

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

Clases de Baile Tradicional - Aires de Dorna (Ribeira) - Curso 2018/2019

- concertos-

Venres de 19h a 20h e de 20h a 21h na sala de ballet do conservatorio de Ribeira. Mes de setembro gratuíto

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

Escola de Música Tradicional A Xesteira (Couso) - Curso 2018/2019

- concertos-

BAILE TRADICIONAL (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 20:00

BAILE TRADICIONAL INFANTIL, 5 ANOS EN ADIANTE (Pichi Abollado), desde o 29 de setembro

Os Sábados, ás 19:15

PANDEIRETA E PERCUSIÓNS-CANTO TRADICIONAL (Xermán Muíños), desde o 5 de outubro

Os Sábados ás 18:30 (iniciación) e ás 19:30 (avanzado)

PERCUSIÓN DE MAN -pandeiro, lata, pandeira- (Xerm(...)

(Ultima actualizaci??13-09-2018)

AC Terra de Sena (Cee) - Curso 2018/2019

- concertos-

A PARTIR DO 1 DE OUTUBRO, no antigo instituto Agra de Raíces

BAILE TRADICIONAL: sábados a partir das 15:30

PANDEIRETA: Martes de 19:00 a 20:00 (nenos) e de 20:00 a 21:00 (adultos).

A cuota de soci@ é de 12€ ao ano

Asociación Cultural Xirandola (Bandeira) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2018)

- concertos- Xirandola-

Gústache o baile tradicional? E a música tradicional? #ÚNETE á familia :)

ABERTO PRAZO de MATRÍCULA 2018-2019 para formar parte da Asociación Cultural Xirandola.

#INFÓRMATE sin compromiso por mensaxe ou ben no 660452503.

Dende 1987 ensinando a cultura tradicional recollida directamente dos nosos ancestros. #DisfrutaConNós

PD: E para o "centenar e moito" de xirandolos que xa disfrutamos ano tras ano... preparádevos que a #VoltaAoCole é en Outubro jejejejejeje...

#COMPARTE e #FaiteXIRANDO(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Asociación Cultural Traspés (Pontevedra) - Curso 2018/2019

- concertos-

O vindeiro luns 17 de setembro comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre as actividades deste ano podes atopar: baile tradicional galego, pandeireta e canto tradicional, gaita galega, requinta, zanfona, percusión tradicional, acordeón diatónico, música para nenos, linguaxe musical, costura tradicional e pasamanerí­as, ukelele, guitarra, baile moderno, baile irlandés...

Coma tódolos anos, esta quincena será gratuí­ta para que probes todas as disciplinas que che ap(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (Compostela) - Curso 2018/2019

- concertos- Cantigas e Agarimos-

A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos comeza o luns día 3 de setembro o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

O período de inscripcións prolongarase ata o día 14 de setembro.

Á parte das materias máis tradicionais como baile, pandeireta, gaita e percusión, zanfona, Cantigas e Agarimos ofrece aulas de acordeón diatónico, piano, guitarra, canto, violín e solfexo, dirixidas a todas as idades. Os máis pequenos tamén teñen cabida nesta Agrupación, con actividades específicas como pres(...)

Escola de Música Tradicional de Poio - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos-

A Escola de Música Tradicional de Poio da comezo do novo curso;clases de gaita, percusión e baile tradicional. As clases de gaita e percusión serán impartidas os martes de 19:30h a 21:30h. e os sábados de 10:30h a 13:30h e as clases de baile serán os venres de 21:00h a 22:00h. O ensino e personalizado polo que non ten que cumprir o horario estrito. Todalas actividades se impartirán no pavillón de deportes do Colexio Isidora Riestra, na Seara-Poio. Telefono de contacto 650 84 85 33

Agrupacion Folklorica ALGAZARA (Celeiros. Ponteareas) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos-

☝️Comeza o curso tamen en Algazara.

➡️¿Queres aprender baile tradicional, canto, a tocar a pandeireta, tambor bombo ou a gaita?

¿Queres coñecer xente nova?

En #Algazara as portas sempre están abertas para recibir novos membros de 4 a 99 anos...

Se che gusta o folclore, preservar as nosas raices ou simplemente queres formar parte da nosa familia.

¡ven probar sen compromiso!

Clases os #Venres.

ℹ 609 505 554

agrupacion_algazara@yahoo.es

Asociación Cultural ADRO (Baio. Zas) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos-

📢📢📢 Comezamos as clases de baile tradicional, gaita, percusión e pandeireta!

🗓 6 de outubro

📍 Pavillón municipal de Baio

🕛 HORARIO: Se o ano pasado xa foches alumno ou alumna, preséntate no mesmo horario e se te queres anotar por primeira vez nalgunha das actividades agardámoste no pavillón de Baio a partir das 10:00 horas ou podes poñerte en contacto con nós a traves dunha mensaxe privada

Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo (Vigo) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-09-2018)

- concertos-

📆Xa comezamos as clases do curso 2018-2019!!👏👏🤗

🥁PERCUSIÓN TRADICIONAL Sábado 1 setembro, con Chuco Estévez.

🎶 GAITA E REQUINTA, Mércores 5 Setembro, con Luis Caruncho.

🎹ACORDEÓN, Xoves 6 Setembro, con Pedro Blanco.

🎻🕺💃 CORDAS NOVAS, grupo baile A BUXAINA e BAILES DE SALÓN, Sábado 8 Setembro.

👧👦ESCOLAS INFANTÍS PANDEIRETEIR@S, Xoves 20 Setembro, con Margó Gaioso.

🤸👫B(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

TradEscola (Lugo) - Curso 2018/2019

- concertos-

Chega setembro e na TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en Lugo, abrimos o prazo de matrícula para nov@s alumn@s nas aulas de música e baile tradicional (nen@s e adultos) para o curso 2018/2019, que se iniciará o 17 de setembro. (O prazo de matrícula estará aberto dende o día 5 ata o día 21 de setembro).

Na Tradescola impartimos as seguintes materias: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, pandeiro, canto e pan(...)

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Escola de Música e Baile Tradicional Vai de Roda (Rianxo) - Curso 2018/2019

- concertos- Vai de Roda-

Xa podes preinscribirte para o novo curso de Vai de Roda! Dende hoxe e ata o 28 de setembro realiza a túa preinscrición a través do noso teléfono, e-mail e redes sociais (por mensaxe privada).

As clases, para nenxs e adultxs, serán os sábados pola tarde (baile, pandeireta e canto no cuartel vello; gaita, acordeón e percusión no auditorio)

A.C. Donaire (A Coruña) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-09-2018)

- concertos- AC Donaire-

➡️ CURSO 18/19 EN DONAIRE! ⬅️

Aberto ata o 30 de setembro o prazo para inscribirse nas actividades da asociación no curso 18/19 que comeza en outubro.

🎤 Baile tradicional, pandeireta, gaita, percusión e acordeón para todas as idades e niveis. 🙂

- Horarios: www.acdonaire.com/asociacion/escola/

- Información: www.acdonaire.com/socios/alta/

📧 info@acdonaire.com ☎ 677 644 339

Herba Grileira (Melide) - Curso 2018/2019

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-09-2018)

- concertos-

Xa non falta nada, o dí­a 1 de outubro comezamos novo curso!! Ata daquela estás a tempo de inscribirte na nosa escola de música e baile tradicional. Aní­mate a formar parte de Herba Grileira!

(Ultima actualizaci??07-09-2018)

Noite de música tradicional en Ouzande (A Estrada)

- concertos- A Fervenza de Ouzande-

Venres, 7 de setembro ás 22h no Campo da Festa de Ouzande.

Haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. 

Actuacións Musicais

Os Xeitosos de Trazo (Trazo)

“Os Xeitosos de Trazo” nace por iniciativa municipal no inverno do ano 1979. Comeza c(...)

(Ultima actualizaci??06-09-2018)

Romarí­a do Monte de San Pedro (A Coruña)

- Festa-

Sábado, 8 de Setembro

Monte De San Pedro Coruña

Segunda edición! Un ano máis dispoñémonos a encher de entusiasmo e cultura un lugar simbólico pola súa posición privilexiada: O Monte de San Pedro.

Música ao vivo, xantar popular, xogos, conversas en torno a historia da cidade, teatro, baile, sorteos... durante todo un día ata o solpor.

Vermú amenizado con música Folk orixinal de Güintervan e micro-teatro da man do grupo Teatro Sobre Ruedas.

Disfrutaremos dun xantar 90% km0 con 250 (...)

(Ultima actualizaci??23-08-2018)

XXI Festival Tromentelo (Cangas)

- concertos-

Sábado, 25 de agosto

Xardins de Andrea, Cangas

Quedades todos convidados a desfrutar da música folk e do baile tradicional o sábado 25 de agosto partir das 22h. nos Xardí­ns de Andrea, para o XXI Festival Tromentelo, que se celebra no marco das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Este ano nos acompañará no esceario a Asociación Cultural os Muí­ños de Oliveira, de Ponteareas, e Pepe Vaamonde Grupo.

A A.C. Os Muí­ños de Oliveira ven a presentar o seu último espectáculo(...)

XVI Festival de baile e música tradicional en Rianxo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-08-2018)

- concertos-

Sábado 18 de agosto ás 21:30h na Praza Rafael Dieste

Xa entrado o verán chega o noso Festival de Música e Baile tradicional o cal xa vai pola súa XVI edición; para o noso festival contamos coa axuda e colaboración da Área de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización do Concello de Rianxo dentro da programación do Verán Cultural 2018.

Ademais tamén contamos coa colaboración da Deputación da Coruña e de diferentes comercios locais.

Durante o festival que dará comezo ás 21:(...)

(Ultima actualizaci??28-07-2018)

Festival de música e baile tradicional. O Corgo (Lugo)

- concertos- A Legua Dereita-

Domingo 29 de xullo na praia fluvial de O Corgo

GRUPOS PARTICIPANTES

Xilbarbeira Boiro de Boiro, A Coruña

As Cernellas de Santa María de Bóveda, Lugo

Troupelear de Neira de Rei, Lugo

A Legua Dereita de O Corgo, Lugo

Memorial Lola Diz + Memorial Henrique Otero (Moaña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- concertos-

Este ano cumprimos trinta anos celebrando o Memorial Lola Diz e seis anos do Memorial Henrique Otero !!!

O próximo sábado día 7 contaremos coa actriz galega Marian Bañobre como presentadora do festival e teremos como invitados ao Grupo de Danzas y Paloteo La Matilla, chegados dende Segovia.

O festival terá comezo cun pasarúas ás 21.30 horas pola Alameda de Moaña, a continuación, no palco da música, os nosos compañeiros segovianos amosarannos a súa tradición folklórica e remataremos cunh(...)

Cursos de verán da Universidade Popular de Corcubión

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-07-2018)

- concertos-

Os nosos cursos de verán están en marcha! Falta pouco para o mes de xullo e xa quedan poucas prazas para as aulas de: Pandeireta, canto e baile tradicional. Aínda estás a tempo de acudir!!!!

VII Encontro de música e baile tradicional na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-07-2018)

- concertos-

Sábado 7 de xullo ás 20:30 h na Praza do Emigrante, terá lugar o VII ENCONTRO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL.

Actuarán:

O Grupo de Gaitas XIADA e Pandereteiras RUADIÑA da Pobra do Caramiñal;

Cantareiras ALGARABÍA de Valdoviño (A Coruña);

Rancho floclórico MOLEIRINHAS do Seixal-Lourinha (Lisboa);

E Grupo de Baile NAIS DE ANAQUIÑOS de Chapela (Vigo).

Antes de comezar o Encontro todos os grupos participantes farán un un pequeno desfile polas rúas da Pobra ata chegar a Praza do Emigrant(...)

(Ultima actualizaci??07-06-2018)

Serán'01 en Compostela

- concertos-

Venres 8 de xuño ás 16:00h

Cidade da Cultura de Galicia.

Monte Gaiás Cidade Da Cultura, S/N.

Santiago de Compostela.

O "Serán'01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional" reunirá na Cidade da Cultura de Galicia entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.

O encontro contará con máis de 40 actuaci(...)