"baile"

(Ultima actualizaci??05-02-2020)

XVI Edición do Venrespirar (Ourense)

- Festa-

4º VENRES DE MES de febreiro a xuño de 2020

Venres 28 de Febreiro no Liceo de Ourense:

- ás 20:00 h.: OBRADOIRO "BAILES DE AQUÍ E DE ACOLÁ" facilitado por Gabi Reboredo.

- a partir das 22:00 h.: Baile-Concerto + Foliada.

A volta do Sonoro Maxí­n!! En Compostela con Gatibu

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-01-2020)

- concertos-

Venres 28 de febreiro ás 21h na Sala Malatesta

O Sonoro MaxÍn volve á carga!!

Cando o chifro soa e roda a tarazana, as navallas e os coitelos abandonan os petos e os fondos dos caixóns, onde durmen. Ocupan a rúa. Procuran un novo fío. Buscan cortar de novo. Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os (...)

(Ultima actualizaci??14-02-2020)

Obradoiro de baile tradicional galego en Quiroga

- concertos-

Sábado 7 de marzo de 16:30 a 20:30h

Obradoiro de baile, nivel iniciación, impartido por Javier Feijoo

Rebulir en Punxin (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-02-2020)

- concertos-

O 2020 comezou forte para Rebulir. O vindeiro día 7 de Marzo estaremos con unha actuación de rúa na Festa do Xabarin e da Caza en Punxin (Ourense). Ata alí iremos todas as seccións oficiais para facer dous pases:

- As 12:30 h. - Con Baile, Pandereteiras, Cantareiros e Sección Instrumental

- As 17:30 h. - Só Sección Instrumental

(Ultima actualizaci??20-02-2020)

XVI Certame de Baile Tradicional Tequexetéldere (A Estrada)

- concertos-

Domingo 26 de abril nos pavillóns da Fundación do Moble da Estrada

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

Entroido na Tradescola - Lugo

- entroido- tradescola-

O vindeiro martes día 18 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido coñecendo un pouco mais do Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo)

Ao remate da (...)

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

Entroido Tradicional de Darbo (Cangas do Morrazo)

-

Domingo 23 de febreiro.

Ás 17:00h dende o lugar de O Piñeiro, saída da comparsa cos gaiteiros acompañando ás Damas e Galáns ata o baile na antiga escola, no lugar de Seixo.

Pola noite Baile diante da Rectoral de Darbo. Haberá carpa

(Ultima actualizaci??13-02-2020)

V Foliada de Primavera en Rábade

- Festa-

Sábado 4 de abril.

Con cursos de baile (con Xisco Feijoó) e canto e pandeireta (con María Vidal).

A partir das 8,30 foliada cos grupos participantes e para finalizar un concerto de Pepe Vaamonde trío.

Para participar anotádevos no correo asociacionculturaltreboada@gmail.com ou no teléfono 615150521.

Organiza a Asociación Cultural e Xuvenil Treboada.

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo)

- concertos-

9, 10 e 11 de abril en Lugo.

- Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional.

- Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional.

- Pablo Dalama: Gaita galega.

- Ana Edreira: Canto tradicional.

O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso).

Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.

As inscricións pódens(...)

(Ultima actualizaci??12-02-2020)

XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA

- concertos- Festa- lacón- foliada- música- tradicional- baile- Saiñas-

Sábado 14 de marzo

16.00 Obradoiros Infantís (a partir de 5 anos)

- Complementos artesanais (Imavi)

- Instrumentos musicais (Xaneco)

20.30 Festa do Lacón

Sopa, lacón, pataca, chourizo, pan e bebida (9€*)

*8€ venda anticipada en Estética Marta, Pizzería Cervecería Onde Sempre, Peluquería Carlos e Restaurante Pulpería O Refugio

22.30 Foliada

-Pandereteiros de Cantigas e Agarimos (Santiago)

-Argallo de Xacarandaina (A Coruña)

-Gaiteiros e Pandereteiras de Santaia (Oleiros)

-Pander(...)

CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL - Lugo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-02-2020)

- concertos-

Os próximos 28 e 29 de marzo celebraremos da man do @centro_musica_fingoi a Primera Edición do "CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL". Disfrutaremos dunha fin de semana chea de música galega e natureza, rodeados de grandes profesionais, con foliadas, ricos menús e concerto de Candorka Trío!

Prazas limitadas!

°

+INFO, INSCRICIÓNS E TARIFAS:

www.musica.fingoi.com

www.granxadebarreiros.com

TLF: 982 284 094

(Ultima actualizaci??07-02-2020)

NOVO ESPECTÁCULO DO GMBT XACARANDAINA - A Coruña

- concertos- Xacarandaina-

Mércores 12 de febreiro ás 21h no local do Centro Coreográfico Galego

“Endaterra” é o título do novo espectáculo, que imos comezar a montar, no Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina.

Con el queremos poñer en valor a variante do Camiño Inglés, entrando polo porto de A Coruña até Santiago de Compostela, seguindo camiño até a súa prolongación natural: Fisterra-Muxía.

Esta obra estará dirixida por Quique Peón axudado polos seus colaboradores habituais na dramaturxia da obra, compo(...)

Arredor da Tradición en Bueu

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-01-2020)

- concertos- aPenultima- AturuxoBar-

Domingo 9 de febreiro, Foliada-vermú Arredor da Tradición no Aturuxo Bar (Bueu). Pechamos xeira e queremos celebrar con vós que imos a por outra. Haberá músicas e bailes, ledicias e sorpresas. Viva.

(Ultima actualizaci??30-01-2020)

Entroido de Xinzo 2020

- concertos-

Programa completo

1 de febreiro. Petardazo

Animación nas rúas a cargo de Xituma Batuke e Festicultores ata as 3:00 horas.

2 de febreiro. Domingo Fareleiro

A partir das 17:00 horas, comezo das « fareladas» na Praza maior de Xinzo e no Casco Lanuxe.

8 de febreiro. Colgamento do Meco

Saída do Meco á noitiña desde a praza de Oriente ata a Praza Maior polo Casco Lanuxe da vila acompañado pola súa comitiva.

23:00 horas, concerto de Xosé Lois Romero & Alib(...)

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-01-2020)

- concertos-

REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO !

Empezamos a tempada de actuacións con unha que nos fai ben ilusión. O Domingo 9 de Febreiro estaremos participando do Domingo Oleiro de Xinzo de Limia. Empezaremos as 12:00 h. e voltaremos despois de xantar, animando rúas e prazas co noso grupo de música tradicional, baile tradicional, pandereteiras e cantareiros.

Grazas a Comisión do Entroido de Xinzo 2020 por contar con nós !

(Ultima actualizaci??24-01-2020)

Monográfico en Lugo: O Baile Na Terra Chá

- concertos-

Domingo 9 de febreiro ás 10h

Monográfico sobre os bailes tradicionais na comarca da Terra Chá impartido por Xabier Iglesias. Introdución teórica, área xeográfica, material de recollida, ritmos, contextualización, semellanzas e diferencias zonais. Visión global do baile tradicional desta comarca.

De Ningures na Foliada Nordestí­a (San Ciprián)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-01-2020)

- concertos-

Comezamos coa programación da Foliada Nordestía da man do grupo De Ninghures.

De Ninghures é unha agrupación de música tradicional conformada por xente nova comprometida coa música, baile e lingua galega, e chegan a San Ciprián o vindeiro 4 de abril para ofrecernos un concerto cheo de festa e diversión que de seguro desfrutaremos todos.

Sam Brais no Furancho de Faísca (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-01-2020)

-

Ide afinando as gaitas, botándolhe cera as pandeiretas, tensando os tamboriles e os bombos, quedam muitas horas de baile, música e diverssom!!!

Compraze-nos comunicar que esta sexta-feira, 24 de Janeiro, abrimos o nosso furancho, o Chegar e Encher, na rua Igreja 21, desde as 20h00h. E para inaugurar a festa, contamos com a atuaçom de Os Ferraias da Etea às 22h30.

Por se fora pouco, a sexta-feira 31, às 21h00, também tocará o grupo Airinhos do Faísca.

Agardamos-vos a todas!

✊🎶&#(...)

(Ultima actualizaci??15-01-2020)

Obradoiro de baile solto con Castañolas en Arteixo (A Coruña)

- concertos- Xiradela-

Domingo 26 de xaneiro

Imparte: Xisco Feijoo

Organiza: Xiradela

(Ultima actualizaci??15-01-2020)

V Curso de Música e Baile Tradicional de Ribadeo

- concertos-

18 e 19 de xaneiro na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

(Ultima actualizaci??12-01-2020)

Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira

- concertos-

NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano:

O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!!

MONTSERRAT RIVERA CRESPO

Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion

Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante a(...)

(Ultima actualizaci??12-01-2020)

Baile dos Toxos en Vilamor (O Caurel)

- Festa-

Sábado 25 de xaneiro en Vilamor - O Courel

Un evento donde se trata de recuperar os valores destas festas de inverno na Serra do COUREL

Programa:

12:00 .- Misa na honra do Patrón San Vicente

13:00.- Sesión Vermut no Quintairo (praza do pobo)

14:30.- Xantar. Habera servizo de Pulperia e Churrasco

16:30 .- Campionato de Chia-lo EIXE. Por PARELLAS E INDIVUDUAL- Trofeo para os tres primeiros clasificados e recordo a tódolos participantes

19:00 Comezo do baile nos toxos

19:00 Concurso d(...)

2019

(Ultima actualizaci??06-12-2019)

Festival de Nadal Vai de Roda

- concertos- Vai de Roda-

Sábado 14 de decembro ás 18h no Auditorio De Rianxo

Festival de música e baile tradicional organizado pola asociación Vai de Roda.

(Ultima actualizaci??01-12-2019)

Tanxugueiras presenta novo disco: Contrapunto

- concertos-

5 de decembro ás 20:30h

Auditorio Municipal de Celanova (Ourense)

14 de decembro ás 21h

Auditorio Municipal de Burela

2 de febreiro ás 20h

Sala Capitol de Compostela

O segundo disco de Tanxugueiras, Contrapunto, pódese escoitar dende hoxe nas principais plataformas dixitais. Despois de lanzar dous adiantos, as cancións Desposorio e Perfidia acompañados de sendos videoclips, o grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a trav(...)

EntreSoños no Centro Cí­vico e Cultural de Arteixo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??15-11-2019)

- concertos-

Este venres 15 de novembro ás 20:45 horas presentamos “EntreSoños” no Centro Cívico e Cultural de Arteixo a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios como o espectáculo de danza máis programado neste ano.

Reserva de entras na billeteira do CCC de Arteixo de 11:30 a 13:30 e dende 2 horas antes das función.

Nesta ocasión estaremos moi ben acompañados, facendo unha pequena colaboración, de parte do corpo de baile da A.x. Xiradela.

O Soño, o meu Soño, o máis prezado dos meus tesouros, a(...)

(Ultima actualizaci??24-10-2019)

Foliada de Santos en Monterroso (Lugo)

- Festa-

Venres 1 de novembro ás 22h

19.00 OBRADOIRO de BAILE con XISCO FEIJOO.

21.15 PINCHOS para grupos participantes na Foliada.

22.00 FOLIADIÑA INFANTIL.

22.30 CONCERTO de XISCO FEIJOO TRÍO.

23.30 FOLIADA

(Ultima actualizaci??12-10-2019)

Danza 3 en Vigo

- concertos- O Fiadeiro- Xacarandaina- Cantigas e Agarimos-

Domingo 13 de outubro ás 19h no Teatro Afundación

O domingo 13 de outubro tedes unha oportunidade única para poder ver xuntos no escenario ós 3 grupos de música e baile tradicional que conforman o colectivo XOC para a recuperación, conservación, divulgación e defensa do Patrimonio Inmaterial de Galicia. No espectáculo "Danza 3 no teatro", presentado hoxe, amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore de Galicia recuperado e posto en escena por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF(...)

Rebulir - Inicio Curso 2019-2020 (Ramirás. Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??27-09-2019)

- concertos-

Venres 27 de setembro ás 20h

Centro Cultural O Picouto

Acto de Apertura do Curso 2019-2020 da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir

Venres 27 de Setembro as 20:00 h. no Centro Cultural de O PICOUTO

A Baila do Outono - Comezo do Curso da A.C. Algaravía (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

Venres 27 de setembro ás 20:30h no Bar Orellas

Convidámosvos a todas á nossa baila pra dar benvida ao outono e celebrar como cada ano, o comezo dos nossos cursos de baile e canto e percusión tradicional. Antes iremos todas á concentración polo clima, polo que a baila dará comezo logo deste encontro.

A.C. Traspés (Vigo) - Novo Curso Escolar 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-09-2019)

- concertos-

O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés.

Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional...

Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)

Escolas Retrouso de Cela (Bueu) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- Retrouso de Cela-

Velaquí o cartaz oficial das Escolas Retrouso 2019/2020. 23 anos de experiencia para as mellores aulas de #baile, #gaita, #cantoepandeireta, #percusión e #músicaemovemento (para os máis peques).

Novidades deste curso:

👉Debora Pena volve a encargarse das clases de baile infantil.

👉 Volve Baile para foliadas. Os venres, dúas quendas, de iniciación e perfeccionamento, para dominar a improvisación tradi nos torreiros, con Miguel Sotelo.

👉 Patricia Torres estréase como m(...)

Presentación Cursos Penaguda 2019-2020 (Neaño. A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Domingo 29 de setembro ás 19h no Centro Cultural de Dena

O domingo 29 de Setembro faremos un acto no que presentaremos os novos cursos de:

- Baile tradicional galego (tamén este ano con grupo de adultos)

- Canto e pandeireta

- Gaita e percusión (a partir de 8 anos e ata os 99)

í‰ un acto aberto para todo aquel que queira asistir.

Coñeceredes cales serán os nosos mestres e aproveitaremos tamén a ocasión para presentar a directiva da asociación, así­ como as pautas que vai a segui(...)

Airiños do Neira (Baralla. Lugo) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

O venres dí­a 20 empezamos novo curso ca escola de baile e o sábado 21 cas escolas de música,ven a probar este mes con nós sen ningún tipo de compromiso, esperámoste!!!!!!!!

AF Tequexeteldere (A Estrada) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Última semana para formalizar a vosa matrícula nas Escolas de música e baile tradicional de @Tequexeteldere Af .

Concerto de Outono de aCentral Folque (Compostela)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos- aCentral Folque-

🌱🎶Desde aCentral Folque querémosvos convidar á estrea dun novo curso académico o vindeiro mércores 25 de setembro ás 20.30 h da EMaCF co Concerto de Outono na Sala Mozart do Auditorio de Galicia con entrada libre. Alumnado e mestres da EMaCF ofrecerán un recital variado coa representatividade de cada aula que se imparte na Escola.

👉🎻🥁🎤Zanfonas, violinos, cantos, regueifas, bailes, percusións de man e algunha sorpresa que se poderá escoitar e ver(...)

Novo curso no C.C. A Ponte Vella (Teo. Compostela) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Comeza o novo curso no C.C. A Ponte Vella e con el abre o prazo para facer as vosas matrículas!!! Ata o 30 de setembro podedes anotarvos nas aulas de pandeireta, percusión, gaita, acordeón e baile.

Agardámovos!

Escolas Val Do Fragoso (Vigo) - Curso 2019/2020

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-09-2019)

- concertos-

Escolas Val Do Fragoso

Baile tradicional

Canto e percusion

Grupos nenos e adultos

(Ultima actualizaci??20-09-2019)

Xornadas de Baile Tradicional en Lugo

- concertos- tradescola- asociación de gaiteiros galegos-

O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional.

Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada.

Programa:

11.45 - Apertura (...)

(Ultima actualizaci??13-09-2019)

V Festival Intercéltico O Son do Pazo (Mos)

- concertos- festivais-

13 e 14 de setembro

Venres 13

-Airiños do Castelo

-Böj

-Algarabía

Sábado 14

Sesión vermú con Zurrumalla

Regueifas de Lupe Blanco e Bieito Lobariñas.

Animación de rúa con Os Monifates, Treboada Baixo Miño, Airiños do Castelo

Obradoiro abierto de baile irlandés

Concertos de:

-Atlántida

-Arume

-Pepe Vaamonde Grupo

-Airiños da Freba

Xornadas de portas abertas de Lembranzas da Ría (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-09-2019)

- concertos- Lembranzas da Ría-

Celebraremos unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as actividades que realizamos na nosa escola con talleres de iniciación ao baile tradicional, pandeireta e percusión, gaita. Se queres iniciarte na música e baile tradicional e non te decides en que tes aquí unha oportunidade de probar para axudarte a tomar a decisión.

Sábado 14 de setembro

na Alameda Nova do Concello de Cangas do Morrazo

Contacto: 687 487 997

Asociación Cultural Lembranzas da Ría

(Ultima actualizaci??04-09-2019)

Obradoiros de Música e Baile Tradicional no C@urel

- concertos-

Sábado 28 de setembro

Obradoiros de Percusión a Man e Canto (Blanca Villares), Empalletado e Afinación de Gaita (Daniel Bellón) e O Bailar no C@urel (Montse Rivera)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

Brúa en Compostela

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 14:30h no Embora Bar Cultural

Brúa nace da amizade agromada á calor das foliadas compostelás. Traballan partindo fundamentalmente da tradición galega, incluíndo tamén pezas de tradicións irmás, como a asturiana ou a portuguesa, e tamén algunhas de composición propia.

No seu son, baseado na linguaxe do folk atlántico, nótase o pulso das foliadas e máis o contacto con outras músicas europeas. Gostan dun estilo directo e sinxelo, máis coidando os arranxos e pondo espec(...)

VI Festival Agrocuir da Ulloa (Monterroso)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

-

Venres 30 e sábado 31 de agosto

----------------------- PROGRAMA DETALLADO -----------------------

VENRES 30 DE AGOSTO.

16.00 HORAS / CENTRO SOCIOCULTURAL

.

.

🎥🌈PROXECCIÓN de Noite Irisada, documental sobre a loita dos colectivos galegos de gais e lesbianas durante as últimas décadas.

Fernando Rodríguez Gómez, produtor executivo do documental, adianta que na realización desta peza audiovisual mudou a súa perspectiva sobre a situación das persoas diversas no en(...)

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

3ª Romaxe Urbana Folk no Alobre (O Castriño. Vilagarcí­a)

- concertos- Bailegramas- Cé Orquestra Pantasma- Os terribles de Arousa- Donicelas Folk Tradicional- Xistra de Coruxo- Fiandola- Pesdebarro-

Domingo 1 de setembro no Parque do Castriño en Vilagarcía de Arousa

Con actividades dende a primeira hora da mañá: roteiros, sesión vermú con Cé Orquestra Pantasma, xantar, obradoiro de baile galego e presentaciòn do libro bailegramas con Sergio Cobos.

E a partir das 18:30h concertos de Os terribles de Arousa, Donicelas Folk Tradicional, Xistra de Coruxo e Fiandola.

Organiza: A.C. Pesdebarro

(Ultima actualizaci??30-08-2019)

IV Serán Careco Solidario (San Claudio. Ortigueira)

- Festa-

Sábado 31 de agosto

San Claudio, Ortigueira

Polo día: Sesión Vermú con Folk Sol-Dama e a Escola de Gaitas de Ortigueira; xantar amenizado por Os Sobraos, No Combarro e Os do 21; Obradoiros de baile (Marcos Botana); Mostra de Baile (Os do 21 e A.F. Ancoradoira) e Concerto de Os Carecos

E pola noite, foliada con:

-Joel Padín

-A.C. Son D'Aquí

-As Ferriñas de os do 21

-A.F. San Xiao do Trebo

-Lingoreteiras

-Zinco en Zocas

-Pandereteiras da Asoc. Amigos da Gaita Galega

-Anda(...)

VIII Festival Lembranzas da Rí­a (Cangas)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-08-2019)

- concertos-

Sábado 31 de agosto ás 22h

Praza da Palma (Cangas do Morrazo)

O VIII Festival Lembranzas da Rí­a terá lugar ás 22:00 horas do próximo sábado dí­a 31 de agosto na Praza da Palma (xardí­ns de Andrea) dentro da programación das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo.

Participamos o Grupo de Música e baile Tradicional Traspés, do Concello de Vigo, e a propia asociación anfitrioa, Lembranzas da Rí­a.

(Ultima actualizaci??28-08-2019)

XXXI Festa Da Istoria. Ribadavia

- concertos-

Xoves 29 de agosto

23:00

CONCERTO “SON DA ISTORIA”, HABELAS HAINAS

Grupo de Música Folk, Praza da Madalena

Venres 29 de agosto

10:30

X CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

Incricións no Club Artístico de 10:30 a 11:30 h

Polas prazas e rúas do Centro Histórico

11:30

APERTURA DO MERCADO ARTESANAL

Na Alameda

11:30 a 15:00 e 18:00 a 23:00

11:30

APERTURA DAS PORTAS DO CASTELO

Animación, teatro, recreacións históricas, oficios da época e música

Castelo dos Sarmiento (Entrada libre(...)

(Ultima actualizaci??23-08-2019)

XXXI Festa do Requeixo na Capela

- concertos-

Domingo 25 de agosto

Grupo de Gaitas "Trouleada", Anxo Lorenzo, Grupo de Baile A Marola, Isidro Vidal,...

(Ultima actualizaci??22-08-2019)

XIV Festa da Pandeira en Piornedo (Cervantes. Lugo)

- concertos-

Sábado 24 de agosto

Como cada ano, o penúltimo sábado de agosto é úa data marcada no calendario, na que Piornedo (Donís, Cervantes) se transforma en capital das músicas da montaña. O protagonismo é prás mulleres que conservaron letras ancestrales iun xeito de interpretalas á pandeira que asombra a leigos e entendidos.

Este 24/08/2019 haberá novidades. A primeira sesión da tarde reunirá as tocadoras veteranas nun coloquio con inerpretaciois. A segunda parte reunirá os músicos e bailaríns qu(...)

Bagdad de Tréguier en Tempo Novo (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-08-2019)

- concertos- Tempo Novo-

O xoves 22 de agosto estará connosco a banda do pobo de Tréguier, na Bretaña francesa (Bagad de Tréguier). Queremos convidarvos e animarvos a botar uns bailes bretóns; así­ como a traer os vosos instrumentos e participar nun intercambio cultural entre Galicia e Bretaña.

(Ultima actualizaci??11-08-2019)

XXIV Festival As Nosas Músicas de COUSO (A Estrada)

- concertos- Festivais-

Mércores 14 de agosto

Sesión Vermú coa Requinta de Xián, e diversas actividades durante o día (Xogos Tradicionais, Danza no Entroido do Ulla, Iniciación ao baile). A partir das 22h, concerto dre Melidaos, Os da Porfía, Comando Curuxás, Campantes da Baña e Fanfarria Taquikardia

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (A Guarda)

- concertos-

SONS MAREIROS (Programación musical)

Xoves 11 de xullo

11:30h 3a Idade

20h Gaiteiros do Fuscalho

23h Tino Baz

Presentación de “Si cantas es ti que cantas...”

Venres 12 de xullo

11;30h A Boalleira

19h:

FESTIVAL MÚSICO-POÉTICO GALEGO PORTUGUÉS

Baile tradicional e poesía de ambas beiras do Miño-Minho no Auditorio de San Bieito (a carón do porto). Coa colaboración de Vento Mareiro, Rancho de Póvoa de Varzim, Xamaraina, Dores Tembrás, Antía Otero e Anxo Angueira.

(...)

VIII Encontro de música e baile tradicional na Pobra do Caramiñal

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??05-07-2019)

- concertos-

Un ano máis e xa van oito, o SÁBADO día 6 de Xullo celebraremos o Encontro de música e baile tradicional na Pobra do Caramiñal. Como podedes ver o cartaz promete, así que non faltedes, pasaremos lista!!! Queremos agradecer de antemán á Concellería de Cultura e a súa técnico Fita pola colaboración que sempre nos prestan para a realización do festival e dende o ano pasado, á concellería de Turismo e a súa técnico Ángeles pola pedazo ruta de Valle Inclan que ofrece aos grupos participantes para que(...)

(Ultima actualizaci??05-07-2019)

Zona da Zanfona en Rianxo

- concertos- Zona da Zanfona-

Do 5 ao 7 de xullo.

Mércores 3 xullo.

Concerto Ambulante Mercadiño Praza Castelao. 12 h

Ariel Ninas & Alba María. Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo o mércores na praza Castelao, presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercadiño.

Venres 5 xullo.

Concerto ZdZ Praza Rafael Dieste. 22.30 h

Germán Díaz e Benxamín Otero: “13 cancións bonitas” + María e Manuela: “O conto da zanfona”

Curso Zanfona (iniciación) Auditorio de Rianxo. 16 – 2(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

XXVI Festival Río Castro (Narahío. San Sadurniño)

- concertos- festivais- Festival Río Castro- Lenda Ártabra- Os Melidaos- Tiruleque- -

Sábado 6 de xullo

Achegádevos a Narahío a pasar unha boa xornada de colegueo. Sendo respectuosos con toda a xente e coa veciñanza,sendo respectuosos tamén co entorno e medio. Se non vides con esa idea ,xa sabedes,quizas tedes que buscar outro sitio no que vos atopedes máis comodos noutro lugar.

Vémonos en Narahío o sábado 6 de xullo para pasar unha boa xornada!

Desde primeiras horas da mañá convidámoste a que veñas de merenda á beira do río Castro. Porén, para irmos quentando motore(...)

Serán d´aquí­ 2019. Monte Alto

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-06-2019)

- Festa-

Sábado 29 de xuño ás 11h

Praza dos Avós. Monte Alto.

Outro ano máis voltamos para encher Monte Alto de música, baile e moita festa!. O vindeiro 29 de Xuño o Serán d\'aquí­ de Monte Alto estará de novo na Praza dos Avós, en pleno corazón do barrio, con ruadas, sesión vermú, xogos para a xente miuda, obradoiros e festa, moita festa, cunha chea de agrupacións que porán música durante todo o serán e a noite. Non faltarán os sorteos e as sorpresas!, e tampouco podedes faltar vos!!

Agardámosv(...)

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

Foliada Casino Antelano (Xinzo de Limia)

- Festa-

Sábado 29 de xuño

Concerto de Xisco Feijoo Trío, Obradoiros de baile e Foliada coas Pandereteiras do casino, Xoaniñas, As Bruxas, Cantaralai, Os Rampeiros

(Ultima actualizaci??26-06-2019)

41 Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

- concertos- Anxo Lorenzo- Tanxugueiras- Leilía- Andrés Penabad- festivais- Dequenvessendo- O Fiadeiro-

Do 11 ao 14 de xullo

Xoves 11

Túa (Murcia)

Dequenvessendo (Galiza)

Yuki Kojima Band (Xapón)

Stolennotes (Andalucía)

Gwendal (Bretaña)

Venres 12

Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

Project Smok (Escocia)

The Moving Hearts (Irlanda)

Anxo Lorenzo Band (Galiza)

Escola de Gaitas de Ortigueira

Sábado 13

Bagad Kerlenn (Bretaña)

por Dominic Graham School of Irish Dance (Irlanda)

Shoglenifty (Escocia)

Flook (Inglaterra)

Beltaine (Polonia)

Domingo 14

O Fiadeiro

Tanxugueiras

Leilía

Andrés Penabad Band.

(Ultima actualizaci??21-06-2019)

V Xuntanza Folc Follas de Olivar (A Insua-Pontecaldelas)

- concertos-

O vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 12.00 horas, terá lugar a V Xuntanza Folk "Follas de Olivar" en A Ínsua (Carreira Ancha) Pontecaldelas, organizada polos Xeitosos da Ínsua.

Actuacións antes do xantar con Nós tamén imos e os Fervellos do Pío, logo xantar campestre e seguidamente obradoiro de baile tradicional con Damián Cordo e xa pola tardiña actuacións de Paiaso Peter Punk, A. C. Veira do Río, Os Xeitosos da Ínsua, Tradisón, Carapaus e Habelas Hainas!!!

Haberá tamén diversos po(...)

Tahúme (Riveira) presenta A mostra do Baile e da Música Tradicional

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??20-06-2019)

- concertos- Tahúme-

O sábado 29 de Xuño ás 21:30 na porta do sol (Praza da igrexa) teremos a nosa cita anual, na que levaremos a cabo unha mostra de música e baile tradicional de todas as seccións do grupo.

Non faltedes! Pasaremos lista!

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Obradoiro de Carballesa en Lugo

- concertos-

Xoves 27 de xuño ás 20h

Organiza: OxeitO

Aprende a bailar esta variante de muiñeira da man de Xabier Iglesias. Teorí­a e práctica de este baile, puntos de O Caurel e O Incio, estructura e melodí­as. 10€ xeral 5€ alumnado de Oxeito

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

VII Festival de Baile e Música Tradicional en Arins (Compostela)

- concertos-

Sábado 22 de xuño a partir das 18:30h no local social de Aríns

Organiza: AF Coto Da Nai

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festival Fin de Curso de Xiradela (Arteixo)

- concertos- Xiradela-

Sábado 22 de Xuño ás 18:00 no anfiteatro; Música e baile Tradicional

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Festas de San Xoán Santiago de Compostela 2019

- concertos-

Do 21 ao 23 de xuño

PROGRAMA Todas as actividades son na PRAZA DE MAZARELOS a menos que se indique outra localización. VENRES 21 DE XUÑO18 h a 00 h. Festival de San Xoán na praza de Mazarelos: Mercadiño artesán con demostración ao vivo, 'Espazo Palleiro' para peques e zona gastronómica 'Área Asardiñada'. Entrada de balde.

18 h a 20 h. Obradoiro de pintado de pratiños decorativos de polbo. Actividade de balde para todos os públicos.

19:30 h a 21:30 h. Obradoiro de baile tradicional(...)

(Ultima actualizaci??15-06-2019)

XIV Festa dos FOROS (Seixalbo. Ourense)

- concertos-

Venres 28 de xuño

22:00 h - Representación teatral "Hoxe aquí, mañán alá" de Marga Seara (Auditorio de Penouzos)

Sábado 29 de xuño*

12:30 h - Sesión vermú co #TríoMotobomba

18:30 h - Baile galego

19:30 h - Comeza a música con Airiños de Caldelas

20:30 h - Entrega do Premio Freire Carril 2019 a Luz Fandiño (local AAVV)

21:00 h - Roteiro polas bodegas** da vila e pasarrúas da man de Airiños de Caldelas

23:30 h - Concerto de Guezos

*Ó longo de todo o día haberá postos de artesanía, (...)

(Ultima actualizaci??14-06-2019)

XXXII Noite Máxica en Balboa (O Bierzo)

- concertos- dequenvessendo-

Sábado 22 de xuño

13h

Historias entorno á Zanfona (Bieito Romero)

17h

Taller de Baile Tradicional con Xabier Iglesias

19h

Actuacións de Abelladeira (Ponferrada), Xardois (Cervantes) e Son Do Xeito (Lugo).

23:30h

DEQUENVESSENDO

SEGUNDO CARBALLO Á ESQUERDA

CECINA DE LEÓN

...E FOLIADA ABERTA.

Escola VIVA ANTES (Compostela): Iniciación ao baile solto da Comarca de Bergantiños

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Este domingo 16 temos o obradoiro de "Iniciación ao baile solto da Comarca de Bergantiños"‼️

Queres coller e sacar puntos de maneo nas festas do vrau? Esta é a túa oportunidade! xa que contaremos con Ramón do Serrador para esta súper masterclass 😊

Reservade a vosa plaza!

Información e inscripcións polo mail da escola.

XIV Encontro de Danzas do Mundo no Carballiño

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??13-06-2019)

- concertos-

Venres 21 ao domingo 23 de xuño na Residencia de Tempo Libre de Carballiño

Monteira, Grupo de Danzas do Mundo, organiza a que vai ser a décimocuarta edición do Encontro de danzas do mundo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño(Ourense), concibido para compartir momentos de música, baile, ou simplemente para estar xuntos, aberto a todas as persoas que se queiran apuntar, independentemente da súa habilidade para a danza.

Coma sempre, faremos obradoiros de danzas e tamén teremos música (...)

(Ultima actualizaci??13-06-2019)

Venrespirar 15º Aniversario (Ourense)

- Festa-

O 28 de Junho dende as 20.00 h. até as 02.00 h. no Mirador de San Francisco.

15º Aniversario do Venrespirar "Festa Tradicional Itinerante":

- 20.00 h.: VENRESPIRINHO com Bea Dí­az.

- 22.00 h.: BAILE CONCERTO com Suán e De Ninghures.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao Facebook de Venrespirar, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio dí­a falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

(Ultima actualizaci??13-06-2019)

Serán de Rianxo. Vai de Roda

- Festa- Vai de Roda-

Sábado 22 de xuño no Campo de Arriba.

Serán organizado pola Asociación de Música e Baile Tradicional Vai de Roda.

A partir das 20:00, Seranciño para xs máis pequenxs.

Desde as 22:00, Serán.

Inscrición de grupos no teléfono 698133962 (WhatsApp) ou en vaiderodarianxo@gmail.com.

Con zona de acampada e aloxamento. Reserva previa (prazas limitadas).

(Ultima actualizaci??12-06-2019)

VII Dálle Donaire (A Coruña)

- concertos- AC Donaire-

Sábado 15 de xuño ás 18:30h no Centro Ágora

A Asociación Cultural Donaire presenta o VII Dálle Donaire, un festival de música e baile tradicionais que no que ver o traballo realizado polos distintos grupos que a conforman ao longo do presente curso.

Entradas dispoñibles en: https://www.ticketea.com/entradas-vii-dalle-donaire-agora/

Serán´02 en Compostela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-06-2019)

- concertos-

Venres 28 de xuño ás 13h na Cidade da Cultura

As bandas de música serán as grandes protagonistas do Serán´02. Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta de Galicia para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia.

Baixo a dirección artí­stica de Quique Peón, o Serán´02 terá lugar o 28, 29 e 30 de xuño e incluirá concertos de bandas tanto galegas como de fóra de Galicia, así­ como de agrupacións infantí­s. Talleres para (...)

Sons do Alborexar (Festival Infantil) en Lestedo (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos-

Domingo, 9 de xuño as 6:30 da tarde

En Lestedo (ainda que pode cambiar de ubicación pola previsión meteorolóxica)

O domingo organizamos o noso primeiro festival infantil. É un acto que nos fai moita ilusión xa que vendrán visitarnos grupos que comparten moito con nós.

Nesta ocasión devolvennos a visita os nosos compañeiros de Queiroa, intentaremos estar á altura do seu fantástico festival do que desfrutamos este pasado domingo.

Tamén nos visitan uns amigos e veciños, nos que se(...)

Xacarandaina en A Estrada (DANZA 3)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??07-06-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Un ano máis presentamos xunto a ACF O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos o ciclo de Espectáculos de Baile e Música Tradicional, DANZA 3. Con esta edición de 2019 de Danza 3, colaboramos por sétimo ano consecutivo co colectivo XOC, traballando para dar visibilidade ao folclore galego e pola recuperación do noso Patrimonio inmaterial.

Comezamos coa actuación dos Pandereteiros de Xacarandaina, Os do Fondo da Barra no RECINTO FERIAL DA ESTRADA o vindeiro 8 DE XUÑO ás 12.30h.

(Ultima actualizaci??07-06-2019)

Romarí­a Xeitosa en Begonte (Lugo)

- Festa-

Domingo 9 xuño ás 12:00h no clube fluvial

Oxeito celebra a súa Romarí­a Xeitosa dentro da Foliada do Ensino Público. Haberá xogos, obradoiros e moita música e baile.

I Intercambio Multicultural de Música Tradicional da Estrada

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-05-2019)

- concertos-

Sábado 1 de xuño

Chega Xuño e nós imos quentando motores para as festas que se aveciñan este verán!!!

Este sábado a Banda de gaitas estará na Estrada, tamén estarán o grupo de baile da escola de Ximiela e o de adultos no dí­a da Muiñeira de Negreira!!!!!!! Festa Rachada!!

XXXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-05-2019)

- concertos- Xacarandaina-

Domingo 2 de xuño no Pazo da Opera

O 15 de Xuño celebramos a nosa foliada infantil e a foliada no Parque de Santa Margarida . Se queredes anotarvos podedes facelo no noso correo : info@Xacarandaina.com

Ademais teremos concerto de @xisco.feijoo ás 21.30 horas.

Esperámosvos!

Venrespirar ao Xardí­n do Posí­o (Ourense)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??31-05-2019)

- Festa-

Venres 31 de maio no Xardí­n do Posí­o

15º Edición do Venrespirar, "Festa Tradicional Itinerante":

- 20.00 h.: VENRESPIRINHO coas nossas queridas sócias Maruxa e Ieda.

- 22.00 h.: BAILE CONCERTO com Argalleiros e Os da Cantina.

- 00.00 h.: FOLIADA. Anótate escribindo ao noso Facebook, ou no telf. 677090949; tamén podes facelo o propio día falando coa organización. Iredes tocando segundo a orde de inscrición.

O 31 de Maio dende as 20.00 h. até as 02.00 h. no Xardín do Posío.

Lo(...)

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

Festival 104 Aniversario do Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)

- concertos- Toxos e Froles-

Sábado 1 de xuño ás 20h no Teatro Jofre

Festival de canto, música e baile tradicional. Reparto de entradas no despacho de billetes do Teatro Jofre a partir do martes 28 de maio ata completar aforo. Máximo 2 por persoa.

(Ultima actualizaci??31-05-2019)

III Festival Abrente Folk en Torroso (Mos)

- concertos- festivais-

Domingo 2 de xuño ás 18:30h no Auditorio Centro Dotacional de Torroso (Mos) .

Festival organizado polo C. C. Abrente e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Torroso.

Neste ano o acto homenaxe será ao mestre gaiteiro José Martínez e participaran as seguintes agrupacións:

- Pandereteiras Arume de Guizán

- Grupo de baile Celado de Cela

- Coro galego Abrente

- Moañesa de Música e Danza

- Grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo

- Os T(...)