"asociación de gaiteiros galegos"
VII Xornadas Arredor da Música Tradicional en Viascón (Cerdedo) O sábado 28 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas Arredor da Música Tradicional. Serán de balde previa inscrición PROGRAMA 10.15 – Apertura e entrega de documentación 10.30 – Relatorio I - Demostración “O pandeiro de paos”. María Vidal e Xermán Muíños 11.20 Quenda de preguntas 11.30 – Relatorio II “Florencio, o Cego dos Vilares. Aproximación ao estilo interpretativo a través da anál(...)
Xornadas de Baile Tradicional en Lugo O domingo 22 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, xunto colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, unha nova edición das Xornadas de Baile Tradicional. Serán de balde previa inscrición, tendo preferencia @s soci@s da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e alumn@s da Tradescola, que terán de prazo ata o día 18. Despois desa data, si quedan prazas dispoñibles cubriranse coas solicitudes de inscrición de non soci@s, segundo orde de chegada. Programa: 11.45 - Apertura (...)
Sábado 15 de xuño. ¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada? ¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada? Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada (...)
Domingo 9 de xuño ¡Da casa natal de Casto Sampedro en Redondela ao seu “Despacho” en Pontevedra! Os roteiros musicais da AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra chegan este domingo a #Redondela e #Pontevedra, para afondar no legado de #CastoSampedro, quen tivo un papel inestimable na recuperación dun gran volume de material sobre a nosa música tradicional e a quen lle debemos o “Cancionero musical de Galicia”. Percorrido que faremos con Xavier Groba e coa música de(...)
2018
Programa musical do San Froilán (Lugo) PROGRAMA Xoves 4 de outubro de 2018 21.00 h Os Pelúdez entre nós + Los Gofiones + Cabezudos no pregón. 21.00 h Pasarrúas da charanga Clave de Sol pola rúa da Raíña, pr. Maior, Ruanova e pr. da Soidade 21.15 h Concerto de Los Gofiones na pr. de Santa María 22.15 h Concerto da Orquestra Folk Sondeseu + invitados: Vanesa Muela, Xuacu Amieva e Luis Peixoto, os mestres de Sondeseu, Begoña Riobó, Javier Feijoo Xisco, Anxo Pintos, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní, (...)
2017
Xornadas de percusión tradicional en Narón Este sábado 18 de novembro, a partir das 10:00 horas, terán lugar no Café Teatro do Pazo da Cultura unhas Xornadas de Percusión Tradicional, organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos coa colaboración do Padroado. O programa previsto para estas Xornadas de Percusión Tradicional comezará ás 10.00 horas coa entrega de documentación e a partir das 10.30 iniciarase o primeiro dos obradoiros, sobre “O pandeiro cadrado na Galiza”, a cargo de dous profesionais da percusión, Xulia Feixoo e Gui(...)
V Xornadas arredor da música tradicional (Viascón. Cotobade) Sábado 16 de setembro ás 10:00h AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos. Galiza. O vindeiro 16 de setembro terá lugar na Casa da Gaita as V Xornadas arredor da Música tradicional organizadas pola AGG. Unha cita ineludible, non só para todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas, nesta quinta edición botaremos unh(...)
XXXV Curso de Cultura Tradicional ‘Cántigas e Frores’ en Lugo Aberto o prazo de inscrición para o XXXV Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ‘Cántigas e Frores’. Este celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Julia Feijoo para percusión tradicional, Pablo Seoane para gaita galega e Javier Feijoo 'Xisco' para canto tradicional. O prezo da matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o r(...)
Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento) Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula. Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8. A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992) Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emil(...)
2016
Obradoiro de técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, achegarase o sábado 2 de abril en horario de 11:00 a 14:00 horas a Ribadeo para impartir un obradoiro de Técnica de base, afinación e repertorio en aberto e pechado da gaita, guiado polo músico e mestre da Tradescola Jose Manuel López (Josele). Neste obradoiro @s asistentes traballarán aspectos da técnica básica de gaita, respiración, tempero e afinación, dixitación, ornamentaci(...)
2015
Como xa vos anunciabamos hai uns días, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento. Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de (...)
VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela. Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compos(...)
II Xornadas de Baile Tradicional - A Coruña Programa das II Xornadas de Baile Tradicional organizadas pola Asociación de Gaiteiros Galegos que terán lugar o no Centro Cultural Ágora (A Coruña) o vindeiro sábado 7 de novembro. 09.45h - Entrega de documentación e apertura da Xornada 10.00h - Relatorio Mercedes Peón: “Xénero é creación colectiva” 10.45h - Quenda de preguntas 11.00h - Descanso 11.30h - Relatorio - Obradoiro Francisco Feijoo (Chisco)– "As Xotas no sul de Galiza" 13.30h - Xantar 16.30h - Mesa(...)
III Xornadas arredor da Música Tradicional en Pontevedra O vindeiro sábado 3 de outubro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza na Casa das Campás en Pontevedra a que será a III edición das Xornadas arredor da Música Tradicional. Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos... Dende a AGG continuamos a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a(...)
IV Xornadas de Percusión Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos no Concello de Brión O vindeiro día 19 de setembro de 2015, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Percusión Tradicional, que terán lugar na Casa da Cultura do Concello de Brión (Carballeira de Santa Minia, nº 5 , Concello de Brión). No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG organiza estas xornadas sobre Percusión Tradicional que terán ao Pandeiro e á Pandeira como protagonistas. O encargado de impartir os obradoiros prácticos destos dous instrumentos será Luis (...)
A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra. Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son: Afonso Castro. Gaitas O Rosal Alber(...)
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña. Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!! Este ano ademáis, é a XX edición do Xa(...)
2014
V edicion das Xornadas de Baile Tradicional - AGG Estas xornadas, que naceron coa intencion de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran publico interesado neste aspecto da tradicion galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castinieirinio (Virxe de Fatima s/n ? Santiago de Compostela). Habera dous obradoiros: As 10.15 horas: Montse Rivera Crespo "A Carballesa no Courel" As 12.00 horas : Pablo Diaz Carro "Maneo en Bergantinios" As prazas son limitadas. As insc(...)
San Froilán 2014 (Lugo) - Programación tradicional/folk SÁBADO 4 13h. Actuación de Airiños do Neira no Campo Castelo. 13:15. Concerto de Batital na praza de Santa María. 13:30. Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo e a zona dos viños. 18:30. Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María. 20h. Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo pola praza de Comandante Manso e o Campo Castelo. 21h. Pasarrúas de Andaina pola zona dos viños. 21:30. Concerto de Les Tambours du Bronx na praza Horta do Seminario. 23h. Concerto de Sés(...)
Xornadas sobre organoloxía da gaita en Ourense O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos... Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!! Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus d(...)
A TRADESCOLA, o centro de ensino de música e de baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, abre o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional para o vindeiro curso que se iniciará no outono. A TRADESCOLA, que este ano contou con máis de 230 alumnos matriculados, conta no seu equipo docente con 9 dos mellores mestres no eido da música tradicional para impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, (...)
2013
Aberto o prazo de preinscripción nas Aulas de Música e Baile tradicional da TRADESCOLA.(Lugo) O CURSO 2013/2014 INICIARASE O VINDEIRO 14 DE OUTUBRO Máis de 250 alumnos realizaron xa a preinscripción para o curso 2013/2014, e as matrículas iniciaranse nos vindeiros días. A TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, ten aberto o prazo de preinscripción nas aulas de música e baile tradicional. Actualmente conta con máis de 250 preinscripcións feitas, e iniciará as matriculas nos vindeiros días. Poste(...)
2015
San Froilán 2015 (Lugo) - Programación Folque/Tradicional SÁBADO 3 11.30 h. Os Campeiros de San Xoán do Campo, zona peonil da ronda da Muralla. 00.00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños. DOMINGO 4 13.15 h. Sesión vermú Batital na praza da Soidade. 13.30 h. Pasarrúas de Os Xílgaros de Lugo polo Recinto histórico (Campo Castelo, San Pedro, Raiña, Quiroga Ballesteros). 18.00 h. Actuación de A Volta do Agro na praza Maior. 19.00 h. Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María. 20.00 h. Pasarrúas de Airiños (...)
2014
A AGG organiza a XIX Edición do Xantar Gaiteiro (As Pontes) A Asociación de Gaiteiros Galegos xa está a organizar a XIX edición do tradicional Xantar Gaiteiro, que se celebra coa chegada da primavera. Este ano ademáis, é unha edición especial, xa que celebramos o 25 aniversario da Asociación de Gaiteiros Galegos, polo que non pode faltar ninguén!! A Data e o lugar elixido serán os seguintes: Domingo 23 de Marzo, As Pontes. Este xantar é a excusa perfecta para para pasar un día en compaña dos que gustamos da nosa música tradicional, cunha (...)
2013
A AGG organiza unha Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade) A AGG organiza o vindeiro sábado 14 de decembro unha xornada de percusión na Casa da Gaita, na que ademais haberá tempo para lembrar ao insigne gaiteiro Ricardo Portela, primeiro presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos. O programa será o seguinte: 10:30 h Charla: “Análise dos patróns rítmicos empregados na percusión tradicional galega no século XX”. Cristian Silva 11:15 h Charla: “A orixe da percusión tradicional galega”. Rosa Sánchez e Pablo Carpintero 12:00 h Desca(...)
A AGG organiza as II Xornadas arredor da Música Tradicional no Auditorio CGAC (Compostela) II Xornadas arredor da Música Tradicional Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro. Despois do éxito acadado na I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional celebradas en Lugo no 2012, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova edición que terá lugar en Compostela, no Auditorio do CGAC os vindeiros días 16 e 17 de novembro. Serán dous días adicados á música e á cultura tradicional, non só de Galicia, senon tamén doutros lugares da península. Unha inten(...)
Homenaxe a Santiago Caneiro (Narón) Os alumnos da Escola de Música de Narón organizan unha merecida homenaxe a Santiago Caneiro, Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos, para a que nos solicitan unha colaboración que orgullosamente prestamos. Se alguén quere vir arroupar a Santi Caneiro neste día tan especial e disfrutar deste acto no que contaremos con boa música, será benvido. A homenaxe terá lugar o vindeiro domingo día 20 de outubro ás 19 horas no Pazo de Cultura de Narón. A entrada é gratuíta, a retira(...)
XV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas - Lugo O vindeiro 6 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Lugo. Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa. A mostra contará cos seguintes grupos: Arume - (Boiro) A Coruña
(...)
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as IV Xornadas de Baile Tradicional (Compostela) A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza o vindeiro sábado 19 de outubro a IV edición das Xornadas de Baile Tradicional. Estas xornads que todos os anos acadaron un grande éxito, xa van pola cuarta edición e desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima s/n - Compostela). Haberá dous obradoiros: 10:00h Francisco Feijoo "Chisco": Técnicas de improvisación para o baile solto 11:30h Xabier Iglesias: Contrucción de puntos dos Ancares As prazas so(...)
San Froilán 2013 | do 4 ao 12 de outubro - Lugo Resumo da programación (podedes consultala completa aqui) Venres 4 de Outubro 19:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo Cantareiros as Regas palas Gándaras, Sagrado Corazón, barrio da Estación, praza do Cantiño e rúa San Pedro. 21:30 h. Concerto de Heredeiros da Crus na praza Horta do Seminario. 24:00 h. Pasarrúas dos Festicultores pola zona dos viños Sábado 5 de Outubro 12:00 h. Pasarrúas de música tradicional galega do grupo de gaitas e baile Airiños de Orbazai po(...)
Bocadiños de Música (Viascón - Cotobade) O Concello de Cotobade en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos pon en marcha o vindeiro venres o ciclo "Bocados de Música" na Casa da Gaita de Viascón. Esta actividade ten como finalidade promocionar a gastronomía local, a música do Concello de Cotobade e o Museo da Casa da Gaita. Farase unha mención especial á parroquia de Borela, dando a coñecer o folclore e o gusto polas tradicións que aínda perviven grazas ao tesón dos veciños da parroquia. Estes concertos teñen unha (...)
Alalá despídese cun programa adicado á Asociación de Gaiteiros Galegos Alalá despídense co capítulo nº 210, dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos. Emitirase o vindeiro domingo 8 de Setembro a partir das 19.15 h. "Moitas grazas a tódolos compoñentes da Asociación que tan xenerosamente colaboraron con nós durante estes anos como protagonistas dos diversos Alalás ou axudándonos a comprender a música tradicional. Grazas tamén a tódolos informantes, músicos e xente da música galega. E grazas, por suposto, ó noso público. Quedan moitos músicos, grupos(...)
XIV Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) Un ano máis xa está aquí o Memorial Ricardo Portela que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración co Concello de Pontevedra. Nesta ocasión continuamos na liña trazada a anterior edición coa colocación da mostra de artesanía e os concertos na Praza da Ferrería e pasarrúas ao longo de todo o día. Ademais aproveitaremos a ocasión para facer unha homenaxe ao emblemático gaiteiro Xan Tilve Castro, máis coñecido como Xan de Campañó de quen Ricardo Portela aprendeu o seu bo facer coa (...)
XVIII Xantar Gaiteiro en Melide Un ano máis, e coincidindo coa chegada da primavera, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XVIII Xantar Gaiteiro . Será o vindeiro Domingo 24 de Marzo, ás 14:45 horas, no Hotel Carlos´ 96 de Melide ( A Coruña) . Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos festa na rúa, visitas, exposicións e como non, o xantar(...)
ALBORADA PARA ROSALíA DE CASTRO Prezad@s amig@s: Este ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" por Rosalía de Castro. Dende a Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo, estanse a organizar distintos actos para conmemorar os cento cincuenta anos desta obra única. Logo de que a Real Academia Galega se puxese en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos para a organización dunha destas actividades, a AGG decidiu unirse a estas entidades para promover a “ Alborada p(...)
2012
O Nadal chega á Tradescola!! (Lugo) O VINDEIRO VENRES 21 DE DECEMBRO CHEGA O NADAL Á TRADESCOLA!!!!!!!!!!! O vindeiro venres día 21 de Decembro rematan as clases na Tradescola para voltar de novo xa no ano que ven o martes día 8 de Xaneiro. Estamos a organizar varias actividades para ese día (21 de decembro) no Centro Lug II (na Tradescola). -Para os nenos e papás da Tradescola teremos a partir das 18.00 horas un obradoiro de cantos e bailes de Nadal a cargo de Xabier Iglesias. -Seguidamente ás 19.30 horas estará con nos(...)
I Xornadas arredor da Música Tradicional No seu afán de promocionar e divulgar a cultura tradicional, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza este ano a que será a I edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán en Lugo os días 15 e 16 de decembro de 2012. Esta cita está destinada non só a aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senón que tamén será un encontro de interese para os que queiran saber máis tanto da nosa cultura como doutras tradicións, xa que ademais da galega amosarans(...)
XIV Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas dentro das festas de San Froilán (Lugo) O vindeiro 7 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a que será a XIV edición da Mostra de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos grazas ao interese e colaboración da Concellería de Cultura, Turimo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo. Lugo será de novo referencia en toda Galicia demostrando que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa. A mostra contará cun total de 16 formació(...)
Memorial Ricardo Portela en Pontevedra A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición presenta importantes novidades, segundo explicaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante da Asociación de Gaiteiros galegos que colabora co Concello na organización do Memorial. Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. P(...)
Café da Memoria - Gaiteiros (Museo do Pobo - Compostela Xoves, 28 de xuño de 2012, ás 18:00 h. Unha parola con café compartida cos nosos e nosas maiores. Un xeito de achegármonos ás súas experiencias: á súa nenez e mocidade, ao traballo, ao amor, ás celebracións, aos cambios das últimas décadas... Relatos que nos poden axudar a interpretar o mundo no que vivimos. Un encontro que conta coa xenerosidade de persoas que traballan encol da recuperación da nosa memoria colectiva e daqueles que son fonte viva da historia recente. Grazas aos mús(...)
Visita guiada á Casa da Gaita en Viascón (Cotobade - Pontevedra) Xoves 28 de Xuño. Organizan Os Chichisos coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos
Programa do Seminario de Percusión (Melide) A Asociación de Gaiteiros Galegos, na súa pretensión de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, organiza o vindeiro sábado 28 de abril como ven sendo habitual, coincidindo coa Foliada de Melide, un seminario que ao igual que as últimas edicións que espertaron un grande interese, versará sobre percusión tradicional. Os instrumentos de percusión moitas veces quedan relegados aun segundo plano, nembargantes a música tradicional galega é moi rica nesta tipoloxía de instrumentos, que compl(...)
O focense que ensina canto tradicional en Oxford (vía Asociación de Gaiteiros Galegos) Mano Panforreteiro estrea un espectáculo que combina inglés, alemán e galego O focense Mano Panforreteiro cambiou de residencia en xaneiro do 2010. Asentouse en Oxford, onde se adica a dar cursos de música, a actuar, a compoñer... En días pasados foi noticia por ser un dos creadores (xunto con Sabine Müller) dun espectáculo músico-teatral con poemas de Bertolt Brecht e música de Hanns Eisler, que se estreou o 1 deste mes. Leva por título I hear that in N(...)
Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas Asociación de Gaiteiros Galegos: Hoxe temos que informar dunha triste nova, sentimos a perda dun membro destacado e ben querido do colectivo da música tradicional, faleceu D. Xosé Manuel Seivane, os 90 anos, dedicou toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura. D. Xosé Manuel Seivane será enterrado, o domingo 29 de Xaneiro, as catro da tarde, en San Xurxo (Riveira de Piquín). A capela ardente estará, a partir de hoxe v(...)
2011
V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta a organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de música tradicional, que se celebrará no AUditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011 As catro edicións anteriores demostran como esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñe(...)
As festas de San Froilán apostan pola Música Galega Máis de 15 grupos galegos actuarán nas festas de San Froilán, do 4 ao 12 de Outubro. Aquí tedes un adianto do que se presenta coma o maior Festival de música galega deste ano na Galiza: Martes 4FESTIVAL MÚSICA DE NOSO Praza de Campo Castelo Cabraret, Labregos do Tempo dos Sputniks e Medomedá Mercores 5Praza de Santa María Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera Xoves 6Praza de Santa María Os Cempés Venres 7Praza da Horta do Seminario Berrogüetto Sabado 8(...)
Gomes Mouro no programa a Pé de Rúa Continua o programa "A Pé de Rúa" que a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver durante o verán e que promove a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos que fan atuacións a pé da rúa. “A Pé de Rúa” e unha iniciativa que busca dar resposta a un amplo número de formacións de música tradicional, para permitirlles actuar no seu entorno máis propio, coma sempre foi a súa interpretación, en vivo, sen medios técnicos, e nunha (...)
A Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver o seu programa "A Pé de Rúa", que terá lugar por distintas vilas de Galicia ao longo de todo o verán. Esta fin de semana, terán lugar distintos pasarrúas a cargo desta programación nas seguintes vilas: Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Cambados, "Os Viqueiras de Ordes". Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Verín, "Asociación Cultural Trepia". Domingo 14 de Agosto,(...)
O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á q(...)
A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva . A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos au(...)
MOSTRA DE ARTESANÍA E EXPOSICIÓNS Os postos de artesanía permanecerán instalados durante toda a fin de semana na Praza do Convento. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais, talla de madeira, coiro… etc CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA O sábado 30 de abril, na primeira xornada da Foliada celebrarase o 3º Concurso de cantos de taberna. Participarán quince formacións (...)
Inauguración da Casa da Gaita e Xantar Gaiteiro O Concello de Cotobade e a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro sábado 26 de marzo do 2011 á INAUGURACIÓN DA CASA DA GAITA, que acollerá unha EXPOSICIÓN SOBRE A GAITA DE FOL e RICARDO PORTELA, un dos seus máximos expoñentes na provincia de Pontevedra. Ao remate terá lugar o XANTAR GAITEIRO que se celebrará por primeira vez neste emprazamento, no lugar de Quintán, 3. Viascón – Cotobade (ao lado de Restaurante Casa Manolo). Pontevedra. PROGRAMA DA INAUGURAC(...)
Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Chantada. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo. O vindeiro día 27 de Xaneiro en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Música de Chantada, dirixi(...)
2010
Suspéndese o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional A Xunta de Galicia negoulle o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do Congreso de ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos A Asociación de Gaiteiros Galegos, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reun(...)
Mestr@ de baile tradicional e mestr@ de linguaxe musical na Tradescola. Dende a Tradescola, ofértase aos soci@s da AGG a posibilidade de acceder a un posto de traballo para o vindeiro curso 2010/2011 como mestr@ de baile tradicional e a outro como mestr@ de linguaxe musical. Os candidat@s deberán enviar o seu curriculo á AGG, antes do dez de setembro a través dalgún dos seguintes medios: Por correo ordinario: Tradescola - Asociación de Gaiteiros Galegos,Rúa Pintor Corredoira Nº 4 – 27002 - Lugo Por correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com trad(...)
O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano. O Incio, 25 de Agosto de 2010. Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
(...)
SABADO 7 DE AGOSTO BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA) 22:00h ÄL JAWALA (ALEMANIA) 23:30h CANTECA DE MACAO (MADRID) 01:00h GALEGOZ (GALIZA) 03:00h DOMINGO 8 DE AGOSTO CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA) 12:00h é as 170:30h PELEPAU (GALIZA) 13:30 é as 20:00 PABLO SEOANE (GALIZA) 20:30h XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA) 22:00h ALALÉ (IRLANDA) 00:00h GÜINTERVAN (GALIZA) 01:30h XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL Un ano máis a Asoc(...)
Xoves 24 de Xullo: O PAZO DAS MUSAS, revista oral nº 22 COLABORAN NESTE NÚMERO Fernando Arribas Arias Profesor de EXB e Licenciado en Humanidades, traballa como Técnico de Difusión no Museo Provincial de Lugo. Etnógrafo e Historiador de Cine, leva publicados diversos traballos sobre a sétima arte en Lugo e sobre os cruceiros da Terra Chá. Conferenciante e investigador, actualmente prepara a súa tese de Doutoramento sobre os cruceiros galegos. Membro da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico-Artístico de Lugo en representación do Consello da(...)
Sons miúdos - A MúSICA PARA NENOS AFIANZA A SúA PRESENZA NO NOSO PAíS Moito se ten falado nos últimos anos do bo momento que vive a música galega, cunha grande cantidade de grupos e variedade de estilos. Ao carón dos nomes máis coñecidos, existe toda unha serie de producións que sobreviven centradas nun sector de público que a miúdo pasa desapercibido no panorama musical: os máis novos. Aínda que poida semellar o contrario, no noso país contamos cunha boa lista de propostas musicais pensadas especificamente para nenos e nenas. Vaia por diante que no pa(...)
2009
Mostra de patrimonio inmaterial 2009 Despois do éxito acadado pola Mostra de PCI organizada o ano pasado na cidade das Burgas, e coa intención de visibilizar de novo este patrimonio e concienciar a sociedade da necesidade de salvagardalo, a Asociación de Gaiteiros Galegos o Concello de Ourense e todos os parceiros do proxecto Ronsel organizan e patrocinan esta Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial na cidade de Ourense. No Portal do Patrimonio que desenvolve o proxecto Ronsel, pódense ver fotografías e vídeos gravados pola TV da (...)
IV Congreso de ensinantes de música tradicional galega A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza a IV edición do Congreso de ensinantes de música tradicional galega co patrocinio da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e a AS-PG, e a colaboración de CIG-Ensino. Será durante os días 30, 31 de outubro e 1 de Novembro no Auditorio da Facultade de Veterinaria da cidade de Lugo. O prazo de inscrición estará aberto entre os días 9 e 23 de Outubro.Calquera cultura que queira gozar de boa saúde haberá de preocuparse de ter presenza nos distintos (...)
Xornada didactica sobre musica tradicional galega en Lugo A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 17 de Setembro unha xornada didáctica sobre música tradicional en Lugo. Esta xornada, estará guiada polos profesoras da Tradescola Xela Conde e Pedro Lamas. Esta actividade terá lugar no salón de Actos do CRX LugII de Lugo (sede da Tradescola) o xoves 17 de Setembro a partir das 17:30 h da tarde. Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao(...)
Novo disco en Ghastas Pista: 13 Lúas A Asociación de Gaiteiros Galegos preséntavos un novo traballo audiovisual que leva por nome "Trece Lúas". As lúas que compoñen o ciclo do ano, ou os doce meses do calendario; as lúas que dende tempos ancestrais foron guía da vida; as lúas que puxeron data aos traballos e tamén ás festas; as lúas que levan aparelladas unha fonda tradición cultural que chega ate os nosos días e a(...)
Presentación na e-Trad da publicación O BERCE DAS PALLETAS de Xoán Ramón Marín Martínez. Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo e-Trad Rúa García Barbón, nº 5 VIGO O xoves 25 de xuño, ás 19:00 horas, preséntase no Auditorio da e-Trad, a publicación O BERCE DAS PALLETAS: Método de construción de palletas e pallóns. Este traballo, con textos e ilustracións de Xoán Ramón Marín, enmárcase dentro da liña de difusión e posta en valor da tradición cultural galega na que traballa a Asociación de Gaiteiros Galegos. A dito acto asistirán Xoán Ramón Marín, autor do(...)
O PATRIMONIO INMATERIAL NA MARIÑA. A literatura oral na canción galega contará coa participación dos músicos Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias ( Mini e Mero ) e desenvolveráse no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro ( Travesía da Mariña ) O VENRES día 12 de xuño, ás 20 horas Mini e Mero é un dúo de cantautores chairegos, formado por Xosé Luís Rivas Cruz (Mini, nado en Begonte o 18 de xuño de 1951) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero, Vilalba, 27 de xuño de 1951), músicos, poetas, mestres e investigadores do(...)
O novo traballo editorial da Asociación de Gaiteiros Galegos, 'O berce das palletas', xa está dispoñible para socios cun prezo reducido de 5 € + gastos de envio. Pode conseguir este libro solicitándoo a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, 7 en Pontevedra, ou na Tradescola (Pintor Corredoira, 4) en Lugo. 'O berce das palletas' (...)
XORNADA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN RIBADEO A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para o vindeiro día 10 de Maio, unha xornada didáctica en Ribadeo dedicada ao baile tradicional e ao canto e pandeireta. Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por duas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Uxía Cribeiro. Nesta actividade, que terá lugar no IES Dionisio Gamallo Fierro, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento tanto de ba(...)
Xa se pode atopar nas tendas, distribuído por A Lonxa Cultural, o novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros Galegos Trece Lúas. Como en anteriores publicacións, os socios e socias da AGG poden mercar o seu exemplar cun prezo reducido de 10 € + gastos de envio, solicitándoo a través do correo electrónico: secretaria@gaiteirosgalegos.com ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén existe a opción de mercalo directamente na oficina da AGG situada na rúa Alfonso XIII, nº7 en P(...)
IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA A Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento. Este ano, o seminario celébrase o sá(...)
Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro sábado 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte. Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos. (...)
A.C. Seixebra: `AS VOCES DOS NOSOS NENOS EN TRECE LÚAS´ O pasado 3 de abril a Asociación de Gaiteiros Galegos presentou o seu novo traballo audiovisual Trece Lúas. Isto significa que os pais e nais de Seixebra xa poden escoitar as voces dos seus fillos nas cancións que se corresponden cos meses de xuño, xullo e novembro. Ademais tamén temos a oportunidade de velos falando sobre os distintos meses do ano no DVD que acompaña o CD. O mes de Xuño con Flor da auga é un solo de María que merece a pena escoitar. En xullo xa podemos sentir as voces dos (...)
IV SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos un ano máis ao Seminario sobre Palletas e Pallóns para Gaita Galega. Unha actividade que camiña pola súa cuarta edición, e a través da cal pretendemos dar a coñecer os segredos destes pequenos anacos de cana, fundamentais para acadar un correcto son e afinación na gaita. Así trataremos diversas temáticas, dende a historia das palletas á súa construción e tipos e a súa correcta selección, uso e mantemento. Este ano, o seminario celébrase o (...)
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 5 de Abril, ás 14:00 horas, no restaurante Aixiña de Ourense.Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidado/as despois do xantar.Para asistir ao XIV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día (...)
XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores Xa está aberto o prazo de matrícula para o XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega. XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA 9, 10 e 11 de abril de 2009 LUGAR: Auditorio Municipal Gustavo Freire Parque da Milagrosa. Avda. da coruña s/n (Lugo) ESPECIALIDADES: 1. Técnicas de gaita 2. Técnicas de canto e pandeireta 3. Técnicas de baile tradicional 4. Técnicas de percusión tradicional 5. Técnicas de zanfona Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 4 e 5(...)
XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL DA ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS A Asociación de Gaiteiros Galegos presenta as Primeiras Xornadas de Baile Tradicional coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais. Durante estas Xornadas analizarase o estado do baile tradicional en Galiza, tomando as medidas oportunas para a súa normalización, potenciando o seu ensino e prop(...)
TRECE LÚAS, O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL POMOVIDO POLA AGG Tralo éxito acadado polos traballos O Quiquiriquí e PeloGato24, a Asociación de Gaiteiros Galegos está rematando unha nova proposta audiovisual, que verá a luz en Febreiro e levará por título Trece Lúas. Coas tradicións relacionadas cos ciclos do ano como fío condutor, Trece Lúas preséntase nun formato que inclúe un libreto de 64 páxinas, un CD e un DVD. No disco atoparanse 12 temas elaborados sobre melodías tradicionais, cunha temática correspondente a cada mes do ano, interpretados por músicos(...)
2008
TRADESCOLA - Monográfico sobre os Cantos de Nadal A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, que recentemente abriu as súas portas en Lugo, dedica o seu primeiro monográfico sobre música tradicional aos Cantos de Nadal. Esta xornada terá lugar a mañá do sábado 20 de Decembro no salón de actos do Centro Residencial Xuvenil Lug II, (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 – Lugo) a partires das 11.00 h. Os Cantares de Nadal, Cantares de Aninovo e os Cantares de Reis, foron a desculpa perfecta p(...)
Xa están publicadas as actas do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega Xa están publicadas as actas do II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega que a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou os días 7,8 e 9 de decembro do pasado ano 2007 en Santiago de Compostela. Nelas recóllense todos os relatorios, mesas redondas, obradoiros e comunicacións que se presentaron neste importante evento. Nesta publicación de 290 páxinas pódese atopar información sobre temas tan interesantes como o coidado da voz, xogos populares e tradicionais galegos,(...)
DIVERSOS CENTROS ESCOLARES VISITAN A EXPOSICIÓN DA V MOSTRA DE CUARTETOS DE MARÍN A exposición permanecerá aberta ao público no Museo Municipal Manuel Torres ata o día 29 de Novembro. Exposicións, debates, conferencias e actuacións musicais conforman unha proposta que pretende por en valor a música tradicional. Diversos centros escolares do concello de Marín están a visitar estes días o Museo Municipal Manuel Torres para ver a exposición da V Mostra de Cuartetos que organiza a Asociación de Gaiteiros Galegos. Os alumnos e alumnas poden, deste xeito, ollar fo(...)
PRESENTACIÓN DA TRADESCOLA - Lugo Asociación de Gaiteiros Galegos encargarase de xestionar a Tradescola, que contará coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude - dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia- e a Área de Cultura da Deputación A TRADESCOLA é un novo proxecto educativo no eido da música e baile tradicionais. Este centro de ensino estará xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos e ofrecerá docencia especializada, cunha proposta educativa estruturada que lle permitirá ao alumnado adquirir unha fo(...)