"Zas"
2020
O vindeiro martes día 18 de febreiro darémoslle a benvida ao entroido coñecendo un pouco mais do Entroido Ribeirao da man dos nosos compañeiros da Asociación Amigos do Entroido Ribeirao que nos ofrecerán unha charla sobre o seu Entroido para que todos os asistentes coñezamos un pouco máis desta parte do noso patrimonio inmaterial. Será no salón de actos da Tradescola (Centro Lug 2 - Rúa Pintor Corredoira 4 - Lugo) a partir das 16.30 horas.(entrada de balde ata completar aforo) Ao remate da (...)
XXXVIII Curso de Cultura Tradicional da Asoc. Cántigas e Frores (Lugo) 9, 10 e 11 de abril en Lugo. - Xisco Feijoò e Artur Puga: Baile tradicional. - Miguel Anxo Lòpez ‘Chino’: Percusión tradicional. - Pablo Dalama: Gaita galega. - Ana Edreira: Canto tradicional. O prezo da matrícula é de 45€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 55€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419. As inscricións pódens(...)
Os próximos 28 e 29 de marzo celebraremos da man do @centro_musica_fingoi a Primera Edición do "CURSO DE COMPOSICIÓN E CREACIÓN DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL". Disfrutaremos dunha fin de semana chea de música galega e natureza, rodeados de grandes profesionais, con foliadas, ricos menús e concerto de Candorka Trío! Prazas limitadas! ° +INFO, INSCRICIÓNS E TARIFAS: www.musica.fingoi.com www.granxadebarreiros.com TLF: 982 284 094
Programa completo 1 de febreiro. Petardazo Animación nas rúas a cargo de Xituma Batuke e Festicultores ata as 3:00 horas. 2 de febreiro. Domingo Fareleiro A partir das 17:00 horas, comezo das « fareladas» na Praza maior de Xinzo e no Casco Lanuxe. 8 de febreiro. Colgamento do Meco Saída do Meco á noitiña desde a praza de Oriente ata a Praza Maior polo Casco Lanuxe da vila acompañado pola súa comitiva. 23:00 horas, concerto de Xosé Lois Romero & Alib(...)
REBULIR NO ENTROIDO DE XINZO ! Empezamos a tempada de actuacións con unha que nos fai ben ilusión. O Domingo 9 de Febreiro estaremos participando do Domingo Oleiro de Xinzo de Limia. Empezaremos as 12:00 h. e voltaremos despois de xantar, animando rúas e prazas co noso grupo de música tradicional, baile tradicional, pandereteiras e cantareiros. Grazas a Comisión do Entroido de Xinzo 2020 por contar con nós !
VII Serán Pousos da Area en Marín O próximo sábado, 25 de xaneiro, o Multiusos da Praza de Abastos acollerá a sétima edición do Serán Pousos da Area, unha cita ineludible para os amantes da cultura popular organizada pola asociación do mesmo nome e que foi presentada hoxe no Concello xunto ca concelleira de Cutura, Beatriz Rodríguez. O serán dará comezo ás 18.00 horas, ca apertura dos postos artesanais. A partir das 19.00 horas, comezarán os xogos tradicionais pensados para os máis pequenos, ata que ás 21.00 horas se faga a (...)
Monográfico en Lugo: O Baile Na Terra Chá Domingo 9 de febreiro ás 10h Monográfico sobre os bailes tradicionais na comarca da Terra Chá impartido por Xabier Iglesias. Introdución teórica, área xeográfica, material de recollida, ritmos, contextualización, semellanzas e diferencias zonais. Visión global do baile tradicional desta comarca.
Obradoiro en Xinzo de Limia: O bailar na Limia con Montse Riveira NOVO OBRADORIO o vindeiro 25/01/2020 no Casino Antelano: O BAILAR NA LIMIA CON MONTSE RIVERA!! MONTSERRAT RIVERA CRESPO Dende moi nova, Montserrat Rivera participa en diferentes agrupacions folcloricas galegas chegando a desempenar durante cerca de 9 anos o cargo de directora do corpo de baile e pandereteiras da Agrupacion Folclorica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) e dende o ano 2012 leva a direcion do Grupo de Brincadeira (Santiago de Compostela). Desenvolve unha incesante a(...)
Baile dos Toxos en Vilamor (O Caurel) Sábado 25 de xaneiro en Vilamor - O Courel Un evento donde se trata de recuperar os valores destas festas de inverno na Serra do COUREL Programa: 12:00 .- Misa na honra do Patrón San Vicente 13:00.- Sesión Vermut no Quintairo (praza do pobo) 14:30.- Xantar. Habera servizo de Pulperia e Churrasco 16:30 .- Campionato de Chia-lo EIXE. Por PARELLAS E INDIVUDUAL- Trofeo para os tres primeiros clasificados e recordo a tódolos participantes 19:00 Comezo do baile nos toxos 19:00 Concurso d(...)
2019
O sábado 7 de decembro ás 22:00 horas e cunha entrada de 5€ concerto de Zoelas no Var con Uve, presentando "Evelaités" dentro da RGMV. Reserva de entradas no 986 31 09 91 Dende Antas de Ulla e como mulleres do rural modernas, vivas, emprendedoras, creativas e soñadoras que son, afoutas netas, fillas e nais de esas mulleres que labraron e labrarán os regos dun mundo cheo de contradiccións, Z...OELAS ofrece unha proposta musical en galego, cantada por mulleres, no que a mestura de r(...)
Xabier díaz & Adufeiras de Salitre en Narón Sábado 21 de decembro ás 20h no Padroado de Cultura Concello de Narón DANZA E CANTO "Noró" - Xabier díaz & Adufeiras de Salitre Noró é unha revisión actual dun traballo de investigación e recuperación de música da Fonsagrada, Laxe, Nuez de Aliste, Vimianzo ou Quintanilla del Monte ..., pezas que conforman o noso ADN musical. Este álbum é como un retrato da miña recente liña de tempo, como unha necesidade de rematar a talla e mellorar o método, como a insistencia do Tambourine, coma se(...)
O 23 de novembro en #Mazaricos: “Tradición en feminino”,con obradoiros prácticos, charla e mesa de debate. Unhas xornadas subvencionadas coas axudas para actividades culturais da Cultura da Deputación da Coruña Prazas limitadas, tendo @s soci@s da #AGG prazo de inscrición preferente. De balde Mais info: secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Xornadas O Son da Gaita en Poio (Pontevedra) XORNADAS O SON DA GAITA Sábado 23 de novembro, 16-20 h Sábado 30 de novembro, 10-14 h e 16-20 h Casal de Ferreirós, Poio (Pontevedra) Sábado 23/11, 16-20 h A entonación e a afinación da gaita Carlos Real e Oscar Ibáñez Carlos Real (Explicación teórica) O son e as súas características Intervalos harmónicos: a combinación dos sons Escalas: construción e tipos Escalas das gaitas tradicionais e modernas. Oscar Ibáñez (Aplicación práctica) Punteiros tradicionais e actuais Contexto(...)
Concerto presentación do Libro-CD Vilaverde de Os Viqueiras en A Coruña Concerto presentación do Libro-CD VILAVERDE de OS VIQUEIRAS, o vindeiro domingo día 13 ás 19:00 horas. Será no local de Cantigas da Terra da rúa Ramón del Cueto 31 en Monte Alto, A Coruña. Interpretarán pezas do libro-disco titulado "VILAVERDE", nome da aldea de Ordes onde naceu o fundador do grupo: Manuel Viqueira Vieites, o gaiteiro de Vilaverde, ao cal rinden homenaxe, así como a todos os vellos músicos tradicionais da bisbarra de Ordes (A Coruña). As pezas, moitas delas cantada(...)
IX Festival de Cantareiras Mestura (Valdoviño) Sábado 26 de outubro ás 18:30h no local da Asociación de veciños de Meirás Pan Sen Fron Lembranzas do Condado Rosalía de Castro de Cacheiras Cantareiras Mestura
Cantadas e serenatas polas rúas e prazas de Cangas Domingo 13 de outubro dende as 18h Cantadas e serenatas polas rúas e prazas de Concello de Cangas do Morrazo, con Nelson Quinteiro Cabaret e os Colectivos Mais Cantos de Marín, Pontevedra e Lourido.
Sábado 26 de outubro ás 21h Restaurante Casa Miraz OUTRO ANO MíIS AQUí ESTAMOS OS DE TEIXEIRO ORGHANIZANDO PARA FACER FESTA. TEREMOS PINCHOS ,CHOCOLATE E LARPEIRA. TAMí‰N HAY UN LUGAR HABILITADO PARA DORMIR PARA OS QUE QUEIRADES APROVEITAR ATA O FINAL.HABERí CONCURSO DE DISFRACES E DE CABAZAS. CALQUERA DíšBIDA CHAMAR A : FLOR - 638209047 MARTA- 699943961 SABELA -647539569