"Xera"

(Ultima actualizaci??31-01-2020)

Ross Ainslie en Ortigueira

- concertos-

Sábado 15 de febreiro ás 20h no Teatro Da Beneficiencia De Ortigueira

Ross Ainslie & Tim Edey abrirán a programación do Festival do Mundo Celta 2020 co primeiro concerto do ciclo “Festival no teatro”.

Este excepcional dúo escocés está formado por dous xenios musicais numerosas veces galardoados, vellos amigos e dous dos mellores músicos da súa xeración, se unen para esta nova demostración dos seus talentos. O concerto terá lugar o sábado 15 de febreiro ás 20 h no teatro de beneficencia d(...)

2019

(Ultima actualizaci??06-12-2019)

Xabier díaz & Adufeiras de Salitre en Narón

- concertos-

Sábado 21 de decembro ás 20h no Padroado de Cultura Concello de Narón

DANZA E CANTO

"Noró" - Xabier díaz & Adufeiras de Salitre

Noró é unha revisión actual dun traballo de investigación e recuperación de música da Fonsagrada, Laxe, Nuez de Aliste, Vimianzo ou Quintanilla del Monte ..., pezas que conforman o noso ADN musical.

Este álbum é como un retrato da miña recente liña de tempo, como unha necesidade de rematar a talla e mellorar o método, como a insistencia do Tambourine, coma se(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2019)

VIII Festival Aturuxo en Os Bravos (Ourol. Lugo)

- concertos- festivais- Som do Galpom- Rosa Cedrón- Zënzar-

Venres 19 e sábado 20 de xullo

Venres 19, 21.00h. PREATURUXO

-----------------------------‐---‐---------------------

- Paella, xamón cocido, bocadillos.

- Música a cargo de FARRAPOS DE GHAITA.

- Foliada libre. Trae o teu instrumento e únete!

Sábado 20, ATURUXO

------------------------------------

- 13.30H. SESIÓN VERMÚ con ILLA PANCHA (programa MUSIQUEANDO DA DEPUTACIÓN DE LUGO).

- 14.30H. XANTAR (prezos populares).

- 16.00H. XOGOS tradicionais, interxeracionais e(...)

(Ultima actualizaci??19-06-2019)

Obradoiro de Carballesa en Lugo

- concertos-

Xoves 27 de xuño ás 20h

Organiza: OxeitO

Aprende a bailar esta variante de muiñeira da man de Xabier Iglesias. Teorí­a e práctica de este baile, puntos de O Caurel e O Incio, estructura e melodí­as. 10€ xeral 5€ alumnado de Oxeito

As Treboadas do Baixo Miño (Concello de Tomiño)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-06-2019)

- concertos-

Sábado 15 de xuño.

¿Cómo é a primeira gaita de barquín que apereu en #Tomiño e que foi recuperada?

¿Cómo se constrúen os bombos de #Treboada?

Este sábado descubrirémolo da man de #XerardoSantomé na última entrega dos #roteiros pola tradición musical da #PontevedraProvincia organizados pola AGG - Asociación de Gaiteiros Galegos e Deputación Pontevedra

Nel afondaremos na historia desta formación típica do Baixo Miño, visitaremos o obradoiro de Óscar Lobato (constructor de bombos de treboada (...)

XX Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-05-2019)

- Festa-

Sábado 1 de xuño no Mosteiro de Carboeiro

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A VIXÉSIMA EDICIÓN EN CARBOEIRO

Di o tango que vinte anos non son nada. Para a Santa Ferreña, tan ben acompañada no cartel, sono todo. A Asociación Intercultural Santa Ferreña celebra dúas décadas da cita ineludible coa música e cultura tradicional, coma sempre, o primeiro sábado de xuño, este ano o día 1, no Mosteiro de Carboeiro.

O sábado 1 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro acolle os Encontros de Mús(...)

Tanxugueiras no Agorasón Primavera (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??10-05-2019)

- concertos-

Venres 10 de maio ás 21h no Centro Ágora (Concello da Coruña)

Concerto De balde (Con INVITACIÓN)

O Servizo de Normalización Concello da Coruña organiza, con motivo do Día das Letras Galegas e para promover a lectura en lingua galega, o AgoraSón Primavera que este ano contará coas Tanxugueiras en concerto.

Para conseguir os convites, tedes que ir, desde este luns 29 abril até o 9 de maio, a unha das Bibliotecas Municipais da Coruña e retirar materiais en galego. Por cada carné de socia/o (...)

Unha homenaxe á Librarí­a Andel (Vigo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-03-2019)

- concertos-

O Ateneo Atlántico e Ora Galega queremos xuntarnos para encher Andel Libraría de palabras e música: así este venres 22, ás 20:00h organizamos alí un recital poético e músical para agradecer o seu labor impagable pola lingua galega e despedi-la como se merece.

Vinde a escoitar versos recitados por Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara Do Roxo, Antonio García Teijeiro, Lola Villar, Xavier Rodríguez Baixeras e moitos amigos máis, xunto con Pepe Cáccamo como presentador e a mús(...)

(Ultima actualizaci??15-03-2019)

Marzo na Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas- dequenvessendo-

PROGRAMACIÓN DE MARZO DE 2019

VENRES 1 21:00 6€

CAYUCO

Cayuco abre a programación de marzo acollendo o concerto de CAYUCO, o novo grupo formado por tres grandes músicos asentados en Galicia: Sérgio Tannus (guitarra eléctrica, viola caipira, mandolina, baixo e voz), Maurício Caruso (guitarra eléctrica e baixo) e LAR Legido (batería).

Venres 1 00.00

OS ESTALOTES

Foliada

Sábado 2 23.30

DJ CHIRI

DOMINGO 3, 10, 24 E 31 20:30 5 €

SUMRRA

XOVES 7 21:00 6€

Andrés Penabad

Multi pr(...)

(Ultima actualizaci??21-02-2019)

Uxí­a Senlle en Braga (Portugal)

- concertos-

Sábado, 23 de febreiro

Concerto de Uxía com CELINA DA PIEDADE como convidada, no marco do festival Convergências Galiza-Portugal.

Entradas aqui:

https://www.taquillaonline.es/Comprar/Bilhetes/71686-uxia_convida_celina_da_piedade-theatro_circo/

Uxía, uma das maiores embaixadoras da música galega, apresentará um repertorio cheio de sabores e cores, luminoso e mestiço, fruto do caminho nos máis de 30 anos de carreira acompanhada de uma banda de prestigiosos músicos de Galiza, Brasil, a(...)

(Ultima actualizaci??13-02-2019)

Caamaño-Ameixeiras nA Cova Céltica (A Coruña)

- concertos- aPenultima- Céltica-

Venres, 15 de febreiro ás 22:30h na Cova Céltica

Folk - Músicas do mundo - Balfolk

Caamaño-Ameixeiras son unha parella de aves que emiten sons de forma asombrosa que xeralmente aprenden das súas viaxes de marisma en marisma e que logo transmiten ao resto de aves da mesma especie. Son un sopro de aire fresco dentro do panorama musical de Galicia

(Festiletras)

Este duo formado por Antía Ameixeiras (violino) e Sabela Caamaño (Acordeón cromático) centrase nos ritmos folk europeos, ce(...)

Da Prosodia á Melodí­a - Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos (Lugo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??01-02-2019)

- concertos-

DA PROSODIA Á MELODÍA

Curso de análise da música tradicional e os seus arranxos

Destinatari@s: Músic@s e alumn@s de música tradicional en xeral, que queiran profundizar un pouco na análise dos nosos modos de cantar e tocar, e o xeito de arranxar pezas, sen deturpar o feito diferencial das nosas melodías.

Descripción:

Neste curso teórico e práctico (tod@s cantaremos e falaremos seguido) abordaremos o eido da afinación noutros folclores, para mergulhar despois no xeito de cantar existente en (...)

2018

Presentación en Vigo de Música no faiado, de Miguel A. Alonso Diz

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-12-2018)

- concertos-

Sábado, 15 de decembro ás 12h na libraría Andel.

Edicións Xerais de Galicia e Andel

convidan á presentación de

Música no faiado,

de Miguel A. Alonso Diz

e ilustrado por Laura Tova.

Participan no acto Miguel A. Alonso Diz, Laura Tova e Manuel Bragado.

Coa actuación musical de Patricia Moon e David Zarandón.

(Ultima actualizaci??14-12-2018)

Obradoiro de percusión en Compostela

- concertos-

Domingo, 16 de decembro no local da asociación A Xuntanza

Inscripcións ata 14 de decembro no 658030219.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rí­tmica e técnica.

Coñeceremos técnicas de diferentes culturas e paises, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.

Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.

Horario:

11-14´00

16´00-20´00

Prezos:

Percusións(...)

Obradoiro de percusións domésticas e pandeir@s en Cerceda

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??30-11-2018)

- concertos-

Domingo, 2 de decembro, na Antiga Unitaria, Lugar do Moucho, A Silva, Cerceda

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a riqueza rí­tmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e paí­ses, coas súas posibilidades de aplicación na música tradicional galega, no rock, funk, ou blues.

Esta dirixido a pandereteir@s, percusionistas e músicos en xeral con ganas de aprender ou experimentar.

Obradoiro de percusións tradicionais en Carballo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??22-11-2018)

- concertos-

Domingo, 23 de decembro

Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez.

Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219.

Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa.

Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a

riqueza rítmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de difere(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

V Xornadas sobre Baile Tradicional (Lugo)

- concertos-

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s abre o prazo de inscrición para as V Xornadas sobre Baile Tradicional, que terán lugar en Lugo o vindeiro 18 de novembro en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Estas xornadas, que están pensadas tanto para os profesionais do mundo da danza, como para todos aqueles interesados no baile galego que queiran completar os seus coñecementos e participar de xeito activo na mellora e dinamización da nosa tradición terán lugar na Trade(...)

(Ultima actualizaci??16-11-2018)

Obradoiro de percusións tradicionais en Carballo

- concertos-

Aquí vos presentamos o primeiro obradoiro de percusión tradicional no Casino 1889, será este próximo domingo 18 de novembro, curso impartido por Carlos Martínez.

Inscripcións ata 15 de novembro no telf: 658030219.

Prezo: 20€(perc. doméstica)//25€(Pandeiros)//35€ xornada completa.

Desconto do 20% para soci@s e idades dos 11 a 18 anos.

Curso pensado co obxetivo de ampliar as sonoridades, e a

riqueza rítmica e técnica.

O método é coñecer outras técnicas de diferentes culturas e países, coa(...)

Magosto en Redondela

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??09-11-2018)

- concertos-

O 1º MAGOSTO DA SINHA PACA vai ter lugar o vindeiro sábado 10 de novembro, das 17h ás 24h, no espazo da Feira do Gando da Avda. Mendiño de Redonderla.

A Plataforma de activistas culturais e artístas SINHA PACA continúa dando a coñecer as súas propostas e como estamos no tempo do frío e as castañas organizan o “1º magosto da Sinha PACA”, organizado polos colectivos Millo Verde e Arte Lixo, cunha xornada festiva interxeracional, diversa e multicultural que arrancará ás cinco da tarde con xogos(...)

Foliada no Lar (As Pontes)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??26-10-2018)

- Festa-

Este ano tócanos ao Grupo No Cómbaro empezar as Foliadas do Lar. Despois de superar as 100, xa estamos mirando cara as 200. Para conseguir o novo reto precisamos da vosa tan estimada axuda. Músic@s, bailador@s e público en xeral, sin vosoutr@s nada de esto serí­a posible.

Empezamos a nova tempada coa A.C. San Xiao do Trebo de Cariño que nos traerán unha actuación mui variada con música, baile e canto. Dende o Barbanza veñen os "Aquí­ e Alá" uns amigos que con gaita, acordeón e voces, han de f(...)

(Ultima actualizaci??17-09-2018)

II Festival Son Labreg@ (Chantada)

- concertos- festivais-

Sábado, 22 de detembro dende as 11:30h da mañá. Palestras, obradoiros, concertos (Liviao de Marrao (Chantada), Cuarta Xusta (Melide), Punkdereteiras (Chantada), DJ Peter) e moita festa!

Nota de prensa:

O Sindicato Labrego Galego presentou en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental. T(...)

V Foliada do Bosque (Carballo)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??06-09-2018)

- Festa-

Sábado 8 de setembro no Bosque de Añón

Gaiteir@s, pandereteir@s, tamborileir@s, bailadoras e bailadores, fainos moita ilusión convidaros á V Foliada do Bosque.

Outro ano máis ca foliada aberta na que tod@s poden participar. Non tedes máis que traer o voso instrumento (ou non) e unirse ós que estén tocando/bailando, Os asistentes fan a festa.

Os que viñestes os anos anteriores xa sabedes de que vai, os que non, achegádevos tamén a este encontro en torno á música tradicional: non o perdade(...)

(Ultima actualizaci??24-08-2018)

XXV Festival folclórico Internacional de Peitieiros (Gondomar)

- concertos-

O Centro Cultural de Peitieiros celebra do 20 ao 25 de agosto a VI Semana Cultural e o XXV Festival Folclórico Internacional, que terá lugar o vindeiro sábado 25 de agosto, ás 19:30 horas.

O programa da V Semana Cultural é o seguinte:

Os dí­as 20 e 21 ensaios abertos do grupo Ecos e Agarimos, ás 20:00 horas.

Mércores 22, xeira coorganizada co IEM sobre a toponimia do monte de Peitieiros: “Polos cumes de Peitieiros. A paisaxe nomeada”, guiada por Xosé Lois Vilar. O punto de encontro é ás (...)

Festival Aturuxo 2018 (Bravos. Ourol)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??16-07-2018)

- concertos-

Entrada e acampada de Balde.

Comida e bebida a prezos populares.

VENRES 20 - PREATURUXO - 20.30H.

- Actuación de ANDARIVEL.

- Cea con racións de paella a 5€.

- Foliada Libre.

SÁBADO 21

-13.30H. Concerto sesión vermú (programa Musiqueando da Deputación de Lugo) / Xantar / Haberá tamén bocatas, hamburguesas, etc.

- 17.00H. Xogos interxeracionais / Obradoiro de instrumentos con materiais reciclados.

- 18.00H. Obradoiro de baile a cargo de Pesdelán. 3€, Prazas Limitadas.

- 22.30H. Co(...)

XIX Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-07-2018)

- concertos-

Venres 13 e sábado 14 de xullo

Praza da Ferrarí­a

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza un ano máis, o Memorial Ricardo Portela, que xa vai pola súa 19 edición e que volverá a traer á cidade de Pontevedra unha fin de semana chea de música tradicional galega.

Os pasarrúas, que traerán de novo o toque pechado ás rúas e prazas da cidade, estarán a cargo de "Os Gaiteiros das Rí­as Baixas", "Pola Vila", "Os Re-voltas", "Os Asubios" e "Os Boucisca", na tarde do venres; e "A.C. Picuí­ña"(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2018)

II Plis Plas Festival de Navia (Vigo)

- concertos-

12 e 13 de maio en Navia

Chega a 2ª edición do festival adicado ás crianzas para gozar en familia!

Espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, mercadillo... e unha grande cantidade de actividades de balde e propostas de calidade e respectuosas coa infancia, que se celebrarán durante todo un fin de semana no Pau de Navia (Vigo).

Un festival urbano multidisciplinar para reivindicar os plans de lecer en familia e a calidade dos mesmos.

PLIS PLAS FESTIVAL é unha ini(...)

(Ultima actualizaci??27-04-2018)

Rastreros en Bueu

- concertos- aPenultima- AturuxoBar-

Venres 27 de abril no Aturuxo

No ano 1989, unha aldea de Chantada na provincia de Lugo, viu renacer o Punk. Influídos polas bandas do rock radikal vasco e do punk inglés nacían RASTREROS. Co paso dos anos incorporan ao punk as súas raíces: letras con temática costumista, o galego (ademais do castelán, o inglés e o catalán), e as melodías dunha gaita insumisa.

Todo isto colócaos como cofundadores do movemento galego musical por excelencia: O BRAVÚ. E froito diso é o seu primeiro disco: A pi(...)

(Ultima actualizaci??16-03-2018)

Os d'Abaixo en LEÓN

- concertos-

Venres 16 de marzo ás 21:00h

Teatro San Francisco, León

Rúa la corredera 1.

León.

Os d'Abaixo presentan "Quixera ser dos paxaros" no Teatro San Francisco de León, dentro do ciclo de Músicas do Mundo.

(Ultima actualizaci??16-03-2018)

Presentación en Vigo do libro-cd Maruxa das Cortellas

- concertos- O Fiadeiro-

Venres 16 de marzo ás 20:00h

Local da ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Presentación do Libro-CD “Maruxa das Cortellas, Tocadora do Pandeiro…” de Xulia Feixoo.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala

"Falar de Maruxa das Cortellas e? falar dunha das grandes tocadoras de pandeiro do pai?s. Maruxa foi a u?nica muller da su?a xeracio?n que tivo interese en aprender a tocar o pandeiro ao xeito das antigas da aldea.

A su?a figura foi clave na recupera(...)

(Ultima actualizaci??09-03-2018)

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah en Vigo

- aPenultima- Iguana-

Venres 9 de marzo ás 23:30h

La Iguana Club.

Churruca 14.

Vigo.

DELEITE AO VIVO presenta:

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah por primeira vez xuntos en Vigo e no Universo (é mentira isto último)

Dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

Ataque Escampe – Primeiros Bicos

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos

Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

>>

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2018/02/23/oh(...)

(Ultima actualizaci??26-01-2018)

Factoría de Subsistencia na Borriquita de Belém (Compostela)

- concertos-

Martes 30 de xaneiro ás 21:30h

Borriquita de Belém.

San Paio de Antealtares, 22.

Santiago de Compostela.

Factoría de Subsistencia na Borriquita de Belém

[5€ con consumición mínima]

Sabela Dacal - Acordeón e voz

Josito Porto - Guitarra e voz

Factoría De Subsistencia - (música de cansautor)

'A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quer(...)

2017

(Ultima actualizaci??10-11-2017)

Os Contos de Joselín en Narón

- concertos-

Domingo 12 de novembro ás 19:00h

Padroado de Cultura Concello de Narón.

Rúa Holanda s/n.

Narón.

Historias de mortos, de caciques, de curas, de personaxes singulares...

Baseado no libro "Os Contos de Joselín". Primeiros documentos sonoros do teatro galego ( 1929 - 1954 ).

Un espectáculo que fai estalar o riso en tódas as xeracións, dos maiores aos máis pequenos, sen distinción.

"Os Contos de Joselín" é un espectáculo que ten contadores - e cantadores - de luxo: Quico Cadaval (...)

(Ultima actualizaci??31-10-2017)

Gala de premios da música e da poesía galego-portuguesas (Compostela)

- concertos-

Martes 31 de outubro ás 21:00h

Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Rúa Nova, 21.

Santiago de Compostela.

Unha gala chea de música e de poesía do ámbito galego-lusófono, presentada por Isabel Risco e Quico Cadaval, coas intervencións dos músicos e poetas premiados.

aRi(t)mar galiza e portugal é unha iniciativa da Escola Oficial de

Idiomas de Santiago de Compostela, que leva a cabo agora a súa

segunda edición, e ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a

poesía e a músi(...)

(Ultima actualizaci??06-10-2017)

Os d'Abaixo na Fira Mediterrània Manresa

- concertos-

Este venres Os d'Abaixo presentan 'Quixera ser dos paxaros' na Fira Mediterrània Manresa. Será na carpa de Estrella Damm, sitiazo para bailar!

(Ultima actualizaci??24-09-2017)

Inicio do curso en Escolas da Terra (A Coruña)

- concertos-

Comeza o curso nas Escolas da Terra o vindeiro 2 de outubro :)

A semana previa, do luns 25 ao sábado 30 de setembro faremos XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, ás que poderá vir quen queira e sen compromiso.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS (os horarios varían lixeiramente respecto ao horario xeral do curso):

- Luns 25 - 16:30h - Zanfona, con Miro Casabella.

- Martes 26 - 18:30h - Baile adultos, con Belén Gómez.

- Martes 26 - 20:30h - Baile para foliadas, con Xurxo Fernandes* (confirmar).

- Marte(...)

(Ultima actualizaci??16-06-2017)

Os d'Abaixo no Var con Uve (Moaña)

- concertos-

Sábado 17 de xuño ás 22:30h

Var con Uve.

Soage Hermida, 115.

Moaña.

O sábado 17 de xuño ás 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 5€ , Os D´Abaixo presentan no Var Con Uve o seu segundo disco "Quixera ser dos paxaros" composto por temas nunca antes editados, provintes da investigación etnográfica. Un disco onde a voz cobra protagonismo e se convirte nun elemento principal. ( As entradas xa están a venta no propio local e tamén se poden reservar no teléfono 986 31 09 91)

Formac(...)

(Ultima actualizaci??14-06-2017)

III Curso de análise musical en O Fiadeiro (Vigo)

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 17 de xuño ás 10:00h

ACF O Fiadeiro.

R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo.

Vigo.

Curso de introdución á análise de cancións tradicionais

8 horas de duración.

Nº máximo de participantes: 15

Prezo socios 45,00 euros

Prezo non socios 50 euros

Contidos

O sistema de análise comprende os seguintes puntos:

• Aspectos básicos da notación e edición da partitura

• Conxunto de notas, ámbito, escala

• Compás, ritmo

• Cadencias, perfil melódico, forma

• Métrica poética, número de s(...)

(Ultima actualizaci??01-06-2017)

XVIII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro

- Festa-

Sábado 3 de xuño ás 13:00h

Mosteiro De Carboeiro.

Carboeiro.

Silleda.

OS ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL CELEBRAN A SÚA MAIORÍA DE IDADE

Organizada pola Asociación Intercultural Santa Ferreña, a xa consagrada cita coa música e cultura tradicional ten lugar, coma sempre, o primeiro sábado de xuño

Silleda, 21 de maio. Van xa dezaoito edicións deste encontro imprescindible para amantes da cultura e da música tradicionais: este sábado 3 de xuño, o Mosteiro de Carboeiro e a súa co(...)

(Ultima actualizaci??26-05-2017)

V Dálle Donaire - Festival de música e baile tradicionais en A Coruña

- concertos-

Sábado 27 de maio ás 18:30h

Centro Ágora.

Lugar da Gramela, 17.

A Coruña.

O sábado 27 de maio chega unha nova edición do #DálleDonaire, o festival onde a asociación amosa todo o aprendido durante o curso.

Nesta edición colaboraremos co Banco de Alimentos Rías Altas, non esquezades traer os vosos alimentos para axudar a quen máis o precisa. Acción coordinada por Obra Social "la Caixa".

As entradas xa están á vosa disposición en https://www.ticketea.com/entradas-festival-v-dalle-(...)

(Ultima actualizaci??20-05-2017)

Obradoiro 'Bailar a canda os tempos' en A Coruña

-

Sábado 20 de maio ás 17:30h

Fiandon. Libros de vello.

R/ San Roque 11.

A Coruña.

Este sábado pola tarde no Fiandon tedes unha cita co baile tradicional galego. Será un obradoiro teórico-práctico impartido por Carminha Do Porrinho e Chus Caramés, educadoras no ámbito da educación non formal e que actualmente ensinan baile en asociacións como a Gentalha do Pichel ou Itaca.

As mestras convidan a todas as persoas interesadas no ensino e na transmisión a ir bailar con elas e máis a ref(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

I Festival Boina e Txapela en Compostela

-

“I Festival de Música Boina e Txapela”

Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para (...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

I Festival Boina e Txapela en Compostela

- concertos-

“I Festival de Música Boina e Txapela”

Estilo libre, rap, rock e micro aberto

O vindeiro venres, 12 de maio, a partir das 19.00h, terá lugar, dentro das actividades do Proxecto Regueifesta, o “I Festival Boina e Txapela”, no Centro Xove da Almáciga, en Compostela.

No Festival Boina e Txapela actuarán García Mc e Dj Mil, Moudafaka e Riajos GatoPersa (AltoAsalto), Lydia Botana Bolboreta e, como artistas convidados desde Euskal Herria, Radio Revolución.

No Festival haberá un tempo para (...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Radio Cos presenta 'Pasatempo' en Compostela

- concertos-

Sábado 13 de maio ás 21:00h

Sala Capitol.

Rua Concepcion Arenal 5.

Santiago de Compostela.

Radio Cos presenta o sábado 13 de maio en Compostela o seu segundo e novo disco, ‘Pasatempo’

Radio Cos, a banda tradicional que lideran Quique Peón e Xurxo Fernandes, ten xa novo disco, titulado ‘Pasatempo’, que presentarán en directo o sábado 13 de maio ás 21 horas na Sala Capitol de Santiago. Os billetes xa están á venda na plataforma ticketea.com.

‘Pasatempo’ está inspirado no parque h(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

VIII "O berce de Donaire" en A Coruña

- concertos- AC Donaire-

Sábado 13 de maio ás 17:30h

Centro Ágora.

Lugar da Gramela, 17.

A Coruña.

Chega un ano máis o noso festival de música e baile tradicionais. Terá lugar o sábado 13 de maio no Centro Ágora e recibiremos á ACRD O'Castro (Miño) e á A.C. Nemeth (Carballo).

As entradas xa están dispoñibles na billeteira da Praza de Ourense e en Ticketea https://www.ticketea.com/entradas-festival-viii-berce-donaire-agora a 2€ (carné xove, desempregad@s, +65) e 3€ (xeral).

Agardámosvos!

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 13 de maio ás 11:00h

Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense),

O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entid(...)

(Ultima actualizaci??05-05-2017)

Os d´Abaixo presentan disco en Melide

- concertos-

Venres 5 de maio ás 23:30h

Fundacion Bowling Melide.

Av. Toques y Friol, 23 15800 Melide.

Mellid.

Os d'Abaixo son xa de sobra coñecidos no panorama actual do folk galego. Logo de xirar por festivais folk e festas tanto de Galicia como de fora (Euskadi, Francia, Gales..), agora presentan "Quixera ser dos paxaros", o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas nunca antes editados, provintes da investigación etnográfica á que tamén se adica a banda. Un disco onde a voz c(...)

(Ultima actualizaci??22-04-2017)

A nena e o grilo nun barquiño no Pazo da Cultura de Narón

- concertos-

Domingo 23 de abril ás 18:00h

Padroado de Cultura Concello de Narón.

Rúa Holanda s/n.

Narón.

O Padroado de Cultura Concello de Narón acolle este próximo domingo, 23 de abril ás 18h00, o espectáculo infantil de Magin Blanco Garcia, A nena e o grilo nun barquiño. Chega a Narón, dentro da súa xira por toda Galicia, para, durante 1 hora, ofrecer un grande espectáculo para xente miúda cheo de música, teatro e soños.

Neste espectáculo, A nena e o grilo, interpretados pola actriz Montse(...)

(Ultima actualizaci??28-03-2017)

II Xornadas de percusión tradicional en Pontevedra

-

Curso de 7 horas de duración impartido polo percusionista Andrés Vilán o 2 de abril en Pontevedra.

Haberá dúas modalidades de participación: como alumno activo (40 €) e como oínte (15 €).

Indicar a modalidade ao facer a inscrición.

Para a primeira modalidade só son necesarios uns coñecementos básicos sobre agarre, golpeo e ritmos tradicionais galegos.

Dirixida, principalmente, a tamborileiros de calquera nivel (desde inicial ata avanzado), percusionistas en xeral ou gaiteiros con coñ(...)

(Ultima actualizaci??24-03-2017)

Homenaxe a Ricardo Portela

- concertos-

Venres 24 de marzo (coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento)

Ás 12:30 na praza do concello de Cerdedo: Ofrenda floral

A partir das 17 h pasarrúas cos Gaiteiros das Rías Baixas, Os Alegres e o grupo Foula.

Ás 18.30h o descubremento dunha placa conmemorativa na rúa do Laranxo, 8.

A partir das 21 h no Teatro Principal: Gala Homenaxe

Ricardo Portela Bouzas (Viascón, 1920-Pontevedra-1992)

Ricardo foi o primoxénito do matrimonio de Emilio Portela e Adoración Bouzas. Emil(...)

(Ultima actualizaci??24-01-2017)

Radio Cos en Vigo

- concertos-

Venres 3 de febreiro ás 21:00h

Auditorio Do Concello.

Vigo.

Radio Cos, a banda tradicional que lideran Quique Peón e Xurxo Fernandes, ten xa novo disco, titulado ‘Pasatempo’, que presentarán en directo o venres 3 de febreiro ás 21 horas no Auditorio do Concello de Vigo. As entradas xa están á venda na plataforma ticketea.com.

‘Pasatempo’ está inspirado no parque homónimo de Betanzos, un precursos dos parques temáticos situado nesta vila que foi capital do Reino de Galicia, no que o (...)

(Ultima actualizaci??20-01-2017)

Irei a Darbo

- concertos-

Sábado 21 de xaneiro ás 20:30h

Cineclub Bueu.

Centro Social do Mar.

Bueu.

Proxección da curtametraxe 'Irei a Darbo', de romería un século despois.

O grupo Trébede da asociación cultural Peis d'hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreou unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. Nela participaron un total de 18 actores e 145 extras que traballaron en conxunto, caracterizados a nivel de vestiario e atrez(...)

2016

(Ultima actualizaci??24-11-2016)

IREI A DARBO. Presentación da curtametraxe en Cangas

- concertos-

Sábado 26 de novembro ás 21:30h

Auditorio Cangas.

Avenida de Lugo, 27.

Cangas.

"Irei a Darbo", de romería un século despois.

O Domingo 25 de setembro, no adro de Darbo, levouse a cabo a gravación dunha curtametraxe de ficción que mantivo expectante á parroquia canguesa. O grupo Trébede da asociación cultural Peis d'hos, liderado polo bailarín e mestre de baile tradicional Miguel Sotelo, recreamos unha romería a principios de século XX, partindo dun cadro do pintor Carlos Sobrino. N(...)

(Ultima actualizaci??20-11-2016)

Carlos Núñez na Catedral de Santiago de Compostela

- concertos- Carlos Núñez-

Mércores 23 de novembro ás 22:15h

Catedral de Santiago.

Praza Do Obradoiro.

Entrada gratuíta previa recollida de invitación nas sedes da Barrié en Vigo e Coruña ou no Pazo de Xelmirez en Santiago)

Concerto de Carlos Núñez acompañado de: Rodrigo Romaní, coro Cantabile do barrio coruñés de Monte Alto, Francisco Luengo, Sara Ruiz, Johanna Rose, Laura Puerto, Pedro Estevan,..

O concerto rende homenaxe sonora ao Pórtico da Gloria.

A Fundación Barrié, co gallo do seu 50 aniversario, o(...)

(Ultima actualizaci??11-11-2016)

O Poder do Arcabuz en Compostela

- concertos-

Domingo 13 de novembro ás 20:30h

Auditorio de Galicia.

Avenida do Burgo das Nacións, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela.

Quique Peón Cía presenta o vindeiro domingo 13 de novembro en Compostela o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailarín(...)

(Ultima actualizaci??10-11-2016)

Actuación da Agrupación O Fiadeiro en O Barco - Danza 3

- concertos- O Fiadeiro-

Sábado 12 de novembro ás 20:00h

Teatro Lauro Olmo, O Barco de Valdeorras

O próximo sábado 12 de novembro, a Agrupación O Fiadeiro representará a súa VIII Gala “Esta noite hai unha fía: nas catro esquinas”, no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras (Ourense). No escenario estarán un total de cincuenta artistas entre músicos e bailadores, sobre unha idea orixinal e bailes de Miguel Souto, con arranxos musicais de Rafa Crespo e Javier Feijoó “Xisco”, e vestiario de Begoña Martínez.

Ne(...)

(Ultima actualizaci??05-11-2016)

Lembrade Nós - Homenaxe á xeración Nós. En Ourense

- concertos-

Sábado 5 de novembro partir das 20h no Liceo de Ourense.

Real Coro Toxos e Froles

Grupo de Baile Perfecto Feijoo

Agrupación Abertal

Coral De Ruada

Entrada de balde

(Ultima actualizaci??19-08-2016)

Festa da Pandeira 2016 (Piornedo. Ancares)

- concertos-

O sábado 27 de agosto volta a Piornedo a XI Festa da Pandeira, o encontro anual de tocadoras das montañas de Galicia, Asturias e León, este ano con novidades!

Ás 16:00 desfrutaremos, por primeira vez nestes 11 anos de celebración, dunha introdución didáctica á pandeira e aos xeitos de tocala nos diferentes territorios a cargo de Xermán Muíños (Galicia), Rafa Busto (Bierzo) e Xosé Ambás (Asturias).

Ás 13:00 será a tradicional recepción das participantes ás portas do local da A.V. O Teixeiro(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Homenaxe a Rosalía e Castelao en Compostela, con NAO

- concertos-

Domingo 24 de xullo

Parque de Santo Domingo de Bonaval

Como cada véspera do Día da Patria, Galiza Nova reivindicará no 24 de Xullo no Parque de Bonaval a dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.

Será ás 17:30 hs e contaremos nesta edición da homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao cun concerto do inmenso grupo(...)

(Ultima actualizaci??21-07-2016)

Zona da Zanfona. XII Encontro Internacional. Rianxo

- concertos-

Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque chega a súa XII edición e estrea novo calendario (27 a 31 xullo) buscando os cálidos e longos días de verán para animar as rúas de Rianxo e ofrecer o punto de encontro e espazo de intercambio musical para as zanfonistas do país.

Na súa programación inclúense ofertas variadas e complementarias que van desde o público de veciñas e veciños de Rianxo e a comarca de Arousa e de Barbanza até o máis especializado sob(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2016)

Festival Costa dos Castros (Oia)

- concertos-

17, 18 e 19 de xuño

Concello de Oia

O Festival Costa dos Castros de folk e patrimonio histórico, nace como resultado do interese pola visibilización e divulgación do patrimonio cultural existente en concreto no Concello de Oia e en xeral en todo o País.

Por elo, non é un festival musical sen máis, senón que tamén permite a promoción e coñecemento da contorna oiense, así como outras cuestións relacionadas có patrimonio histórico,en especial a cultura castrexa, o desenvolvemento sostible,(...)

(Ultima actualizaci??07-06-2016)

Ghaitellon'16 - Pontecesures

- Festa-

Sábado 02 de xullo

Peirao de Pontecesures

Como cada ano dende o 2011, a partires das 16:00h. terá lugar o inicio do V Ghaitellon. Como xa saberedes trátase dunha xuntanza musical e cultural na cal intentamos desfrutar, promocionar e compartir a riqueza da música tracional. Para asistir so fai falla ter moitas ganas de troulear.

Pandereteir@s, gaiteir@s, taborileir@s, cantareir@s, bombeir@s,acordeonistas, zanfonistas, clarinetistas... músicos en xeral e os que non sodes músicos tamén,(...)

(Ultima actualizaci??01-06-2016)

Xuño '16 nas Crechas (Compostela)

- concertos- aPenultima- Crechas-

Mércores 1 e 8 22.30h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 2 21h 5€

BEGOÑA RIOBÓ E XOSÉ LIZ

Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, presétase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto.

Sábado 11 21h 4€

SEGUE-ME À CAPELA “San Joanices, Paganices e Outras Coisas de Mulher”

SEGUE(...)

(Ultima actualizaci??21-04-2016)

North American Symposium of Galician Studies en Ann Arbor - Michigan

- concertos-

Do 20 ao 23 de abril na Universidade de Michigan

Con María Reimóndez, Suso de Toro, Eloy Enciso, Miguel Anxo Murado, Valetín García Gómez, Pemón Bouzas, Lois Patiño, Felipe Lage Coro, Xosé Manuel Pereiro,Manuel Sendon, Bieito Romero, Benita Sampedro ,..

Pensado como continuación do primeiro congreso, organizado polo Galician Studies Research Group da University of Wisconsin-Milwaukee en maio del 2014, este segundo encontro na University of Michigan-Ann Arbor ten como obxectivo reuni-los inve(...)

(Ultima actualizaci??08-04-2016)

Xornadas De Musica Tradicional en O Grove

- concertos-

Sábado 09 de abril

Casa Da Cultura Manuel Lueiro Rey

A Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAITAS E PERCUDIÓN GALEGAS en horarios de 10:30 a(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Concurso De Xoves Gaiteiros E Xornadas De Musica Tradicional (O Grove)

- concertos-

Os próximos 9 e 10 de abril a Concellería de Xuventude do Concello do Grove, dirixida por Pilar Galiñanes, en colaboración coa Asociación Cultural Cantodorxo, está a organizar as IV XORNADAS DE MUSICA TRADICIONAL e o IV CONCURSO DE XOVES GAITEIROS SOLISTAS CONCELLO DE O GROVE que se vai celebrar na Casa de Cultura Manuel Lueiro Rey.

Xornadas

Concretamente, o sabado día 9 de abril celebranse as Xornadas de Música tradicional, con obradoiros de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO DE GAI(...)

(Ultima actualizaci??01-04-2016)

Festa Da Reconquista Da Vila De Vigo 2016

- concertos- Tarambainas-

Xoves 17 de marzo

Inauguración da exposición “Retallos da nosa historia” na Casa Galega da Cultura, na Praza da Constitución.

Lúns 28 de marzo

Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 11:00 horas na Porta do Sol.

Mércores 30 de marzo

Ensaio xeral da escenificación da Reconquista a partir das 20:00 horas na dársena nº2 do porto de Vigo, na rúa Gamboa e na Porta do Sol.

Xoves 31 de marzo

Celebración da "Reconquistiña" con máis de 300 nenas e nenos de Vigo:

11:00 (...)

(Ultima actualizaci??05-03-2016)

Homenaxe á muller traballadora en Camposancos

-

Será o día 8 de marzo - Día Internacional da Muller -, ás 20:00 h., no salón de actos da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposanco

O programa previsto para ese evento, comezará con unha proxección de fotografías antigas.

A continuación, lectura de manifesto e poemas, acompañados a guitarra por Bieito Álvarez, por: Ana Serrano, Lucía Martínez e Lucía De Lorenzo.

De seguido actuarán:

· Tino Baz e o Coro Cantares do Brueiro.

· Grupo de Pand(...)

(Ultima actualizaci??22-01-2016)

82 Foliada do Lar (As Pontes)

- Festa-

Venres 29 de Xaneiro no Lar

A falta de dous meses para cumprir o noso 10º aniversario , dende Marzo do 2006 ata hoxe con Foliadas mensuales de Setembro a Maio. Os comezos non parecí­an doados, pero grazas a tod@s vos: O Lar, músic@s, bailador@s e público en xeral, puñestedelo tan fácil que seguiremos facendo de estas xuntanzas, unha homenaxe mensual á nosa música tradicional que tamén grazas a vos está a facerse con un sitio no lugar que a tod@s nos gustarí­a e que é donde realmente lle corre(...)

2015

(Ultima actualizaci??17-12-2015)

X Festival Internacional Rebulir (Ramirás - Ourense)

- concertos-

A Asociación Cultural Rebulir coa colaboración do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense e grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Televisión de Galicia, Seat Celanova Motor, Castañam, Grupo Caldaria e Cafetería América organiza entre os días 18 e 20 de Decembro de 2015 a Décima Edición do FIR (Festival Internacional Rebulir).

Este evento co seu epicentro en Ramirás, pero c(...)

(Ultima actualizaci??12-11-2015)

Estrea de 'O Poder do Arcabuz' (Quique Peón Cía.) no Teatro Colón (A Coruña)

- concertos-

Os días 7 e 8 de decembro Quique Peón Cía estrea no Teatro Colón da Coruña o seu novo espectáculo: ‘O Poder de Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

A obra, que forma parte do programa de residencias do Teatro Colón, “é unha proposta tradi(...)

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

100 Aniversario Eferro (Viladecruces)

- concertos-

Sábado 19 de setembro

No taller, de 12h a 19h

- Home Orquestra

- Ruadeiras de Loimil

- As Subelas

- Sanjurjo and do Pico

- Raigañas de Cerqueda

- Viravolta títeres

- Isabel Risco

- Aldomir

- Cantata vernácula

- Os fondaos do pífaro

No ría, ás 20h

- Odaiko

- Bouba

- Sés

- Carapaus

Recollida de zapatos usados para doar aos servicios sociais dos concellos de Vila de Cruces, Mondariz, As Neves e ASOLPA Paradanta

Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia.(...)

(Ultima actualizaci??03-09-2015)

Setembro 2015 na Casa das Crechas (Compostela)

- aPenultima- Crechas-

Mércores 9, 16, 23 e 30 23h 1€

FOLIADA COA BANDA DAS CRECHAS

Xoves 3 ás 21h 5€

CROMÁTICA PISTONA

Cromática Pistona é unha banda de Madrid concibida como orquestra popular de swing-jazz-rock con vocación festiva, cuxa proposta musical, baseada nun repertorio orixinal con letras en varios idiomas, compleméntese cunha elegante posta en escena en directo: a diversión e o baile están asegurados.

Xoves 10 ás 21h 3€

OS PORCOTEIXOS

Os Porcoteixos, trÍo de música tradicional, facendo un perc(...)

(Ultima actualizaci??21-08-2015)

Praza dos Libros 2015. Feira da creatividade cultural (Carballo)

- concertos-

20 de agosto - 23 de agosto

Imaxinación, creatividade, música, palabras... Praza dos Libros 2015. Feira da creatividade cultural. Do xoves 20 ao domingo 23 de agosto

Xardín Municipal. Carballo.

XOVES 20

11.00 h Comezo da Praza dos Libros 2015.

12.30 h Inauguración e pregón de MILAGROS COTELO. Coa actuación da Banda de Gaitas de Carballo.

18.30 h CANTACONTOS. Espectáculo #infantil de Raquel Galavís.

19.45 h Presentación do libro “50 anos da HISTORIA DO FÚTBOL DA COSTA”, de X(...)

(Ultima actualizaci??03-07-2015)

XVI Memorial Ricardo Portela

-

A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas

O Rosal

Alber(...)

(Ultima actualizaci??20-04-2015)

VI O berce de Donaire - Festival infantil de música e baile tradicional

- concertos-

No décimo aniversario da A.C. Donaire organizamos varias actividades, unha delas o festival infantil "O Berce de Donaire", unha idea que nace pola inquedanza de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións.

Xa chegaron nestes cinco anos grupos de gran parte da xeografía galega e o 25 de abril chega a sexta edición ó Auditorio do Centro Ágora. Acompañarán á numerosa escola da Asociación Cultural Donaire a canteira de Queiroa dende Sada e Cantigas e fr(...)

2014

(Ultima actualizaci??05-11-2014)

Narf Trío na Universidade de Vigo

- concertos-

6 de novembro ás 18:30 h no Teatro Universitario do Campus de Vigo.

Volveremos a escoitar os fermosos poemas de Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock, coa particular visión, contemporánea e enérxica que lle imprimen LAR Legido, Alberte Rodríguez "HoChiMing" e Fran Pérez NARF.

É de balde e aberto ao público en xeral.

A presentación do concerto correrá a cargo do profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira.

(Ultima actualizaci??08-10-2014)

Leilía en Vigo

- concertos- Leilía-

Vigo escoitará a Leilía cantar 'ConSentimento' o vindeiro venres 17

(Ultima actualizaci??15-09-2014)

VIII Concurso de Música Tradicional de Luou - Teo

- concertos- Luou-

Outro ano máis estamos encantad@s de poder facervos chegar toda a información relativa ó xa "VIII Concurso de Música Tradicional" da A.C. A Mámoa de Luou - Teo.

A data na que terá lugar o evento será o vindeiro 19 de Outubro de 2014 no Edificio Social de Luou.

Agradeceríamos de todo corazón que na medida do posible a publicarades nos vosos medios ou a fixerades chegar ás persoas que máis lles pudera interesar do voso entorno.

Como nas anteriores edicións os participantes escóllense por rigur(...)

(Ultima actualizaci??09-09-2014)

Xornadas sobre organoloxía da gaita en Ourense

- concertos-

O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos... 

Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!!

Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus d(...)

(Ultima actualizaci??01-09-2014)

Setembro na Casa das Crechas

- concertos- aPenultima- Crechas-

Martes 2 ás 22.30h 5€

PABLO CASTAÑO TRÍO

Pablo Castaño Trío, unha das promesas do jazz galego que nos traerá pezas imprescindibles no repertorio tradicional jazzístico así como algúns temas orixinais. Unha proposta de música jazz liderada por un solista que se formou con grandes intérpretes que influíron directamente na evolución desta música: Reggie Workman, Jimmy Owens, Billy Harper, Chris Cheek, Antonio Hart, George Garzone e un longo etc.

Mércores 10 ás 23h

FOLIADA BANDA DAS CRECHAS

(...)