"Voces Ceibes"

2018

Miro Casabella en Moaña

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??12-05-2018)

- concertos-

O sábado 12 de maio ás 22:30 horas e cunha entrada anticipada de 3€, concerto de Miro Casabella no Var Con Uve, teléfono de reservas 986 31 09 91.

Miro Casabella é o último representante en activo de Voces Ceibes, foi galardoado co Premio Especial da música Var con Uve 2010, no apartado do patrimonio musical de Galicia, pola súa aportación singular á historia musical de Galicia, recoñecéndolle o importante labor feito polo grupo Voces Ceibes nos anos 60, cando aínda cantar, e moito máis en gale(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-05-2013)

R estrea un documental sobre a música galega nos anos setenta

- concertos-

«De Voces Ceibes a Milladoiro», dirixido por Antón Seoane, conta o cambio entre 1973 e 1978

Foron anos «emocionantes». Así cualifica os cinco anos entre 1973 e 1978 Antón Seoane, integrante de Milladoiro e codirector do documental que hoxe se presenta no Centro Galego das Artes da Imaxe, De Voces Ceibes a Milladoiro. Unha memoria do movemento popular da canción galega. O documental, coproducido por R e Casa de Tolos, estrease ás seis da tarde na sede coruñesa do CGAI, pero xa pode ser visto p(...)

2012

(Ultima actualizaci??13-02-2012)

Moaña volve repartir os Grammy galegos - Faro de Vigo

- concertos- Var con Uve- Luar Na Lubre- Ludovaina- Anxo Lorenzo- Vicente Araguas- Xosé Manuel Budiño-

(Fotografía: Integrantes do xurado, xunto ao responsable do Var con Uve, anuncian os gañadores. // Gonzalo Núñez)

Achégase marzo e, por terceiro ano, entregaranse os Premios dá Música Var con Uve, uns galardóns que reúnen en Moaña aos personaxes e grupos máis destacados da escena tradicional galega. O cantautor e fundador de Voces Ceibes Vicente Araguas será o gran protagonista dunha gala na que tamén se premiará ao gaiteiro Anxo Lorenzo, aos grupos Luar na Lubre e Ludovaina, á Agrupación Cul(...)

2011

(Ultima actualizaci??01-07-2011)

Acústico de Miro Casabella en Moaña

- concertos- Miro Casabella- Xose Manuel Budiño-

O cantautor natural de O Valadouro e derradeiro compoñente en activo do colectivo Voces Ceibes, Miro Casabella, mañá sábado 2 de xullo ás dez e media da noite vai ofrecer un concerto no Var con Uve ((rúa Soage Hermida 115, Abelendo, Moaña). Neste directo de balde, Miro contará coa colaboración especial do gaiteiro moañés Xosé Manuel Budiño.

2009

A memoria das voces

- concertos- Voces Ceibes- Grupo Doa-

Mario Regueira analiza os libros presentados nas últimas semanas sobre Benedicto e Miro Casabella.

É sabido que os movementos da canción protesta dos 60 e 70 sufriron os seus propios procesos de marxinación e esquecemento, especialmente aqueles que tentaron ser feitos en linguas minorizadas. Porén, vascos e cataláns conservaron até hai pouco a vixencia musical e testemuñal dalgunhas das figuras que formaran en tempos Els Setze Jutges e Ez dok a(...)

(Ultima actualizaci??01-02-2009)

Benedicto: `Existe unha lenda negra sobre Voces Ceibes´

- concertos-

Foto: Paco Vilabarros

(Mar Barros)

'Botar unha ollada serena para atrás' é a intención coa que Benedicto García Villar (Compostela, 1947) escribiu o seu libro de memorias 'Sonata de amigos' (Xerais). Nas súas páxinas, este fundador de Voces Ceibes, rememora as súas orixes, a súa formación, a loita antifranquista e a música entendida como instrumento de intervención social.

No libro ofrece unha crónica biográfica que é a vez musical e persoal. Nela narra todos os(...)

2008

Voces Ceibes

- concertos-

Maria Xesús Nogueira .

A Pasada semana a Universidade de Santiago e a Fundación 10 de Marzo celebraban unha homenaxe ao grupo Voces Ceibes con motivo do corenta aniversario da súa creación. O lugar escollido para o evento, o Salón de Actos da Facultade de Medicina, non podía ser máis significativo, pois foi alí onde os membros do grupo conseguiran organizar, en abril de 1968, e sorteando as coñecidas prohibicións do réxime, un concorrido e exitoso concerto no que soaron as cancións do que sería(...)

(Ultima actualizaci??10-12-2008)

A Fundación 10 de Marzo presenta o Libro "SONATA DE AMIGOS", de Benedicto García Villar

- concertos-

NOVA ACTUALIZADA

“O vindeiro venres 12 de decembro, ás 19.30 horas, presentarase no Salón de

Actos da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19; Santiago de Compostela) o

libro de “Sonata de amigos”, de Benedicto García Villar, editado por Edicións

Xerais de Galicia en colaboración coa Fundación 10 de Marzo

Tomarán a palabra Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia,

Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de Marzo, Emilio Pérez Touriño,

presidente da Xunta(...)

(Ultima actualizaci??09-12-2008)

Vicente Araguas revelará `O que non contei en Voces Ceibes´

- concertos-

Erguéronse a voz en canto hai corenta anos contra o franquismo, nun

concerto inesquecible na Facultade de Medicina da Universidade de

Santigo. A lenda de Voces Ceibes reconstruíuse a pasada semana nun

recital de homenaxe no escenario orixinal ao que asistiron os

membros orixinais daquela aventura musical e reivindicativa. Entre

eles, o poeta e escritor Vicente Araguas, quen anunciou en

Radiofusiòn que a celebración deste novo recital serviralle de punto de

partida a un novo libro q(...)

(Ultima actualizaci??02-12-2008)

4 de decembro: Homenaxe a Voces Ceibes

- concertos- Voces Ceibes-

O vindeiro xoves 4 de decembro, a partir das 19,30 horas, a

Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa

Fundación 10 de Marzo, realizará unha “Homenaxe a Voces Ceibes”

1 comentario

(Ultima actualizaci??05-11-2008)

‘Neste país interesa máis aparentar, enviando embaixadas culturais’

- concertos- Grupo Doa-

Se falamos de Ramiro Cecilio Casabella López (Ferreira do

Valadouro, 1946) estamos a falar de canción galega. Miro Casabella,

nome polo que se lle coñece máis, estivo vencellado nos seus inicios

ao grupo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo de folk DOA. Agora, a

piques de publicarse a súa biografía, preséntase na Coruña o día 16

de outubro (Teatro Rosalía de Castro, 21 horas), cun concerto en

compañía do cantautor catalán Raimon. Todo un luxo.

(...)

Que lembra do primeiro encontr(...)

O legado da canción protesta

- concertos- Voces Ceibes-

Son voces protagonistas da lembranza (e permanencia) dunha época na que

agromou a reinvindicación da cultura e a lingua propia, nos estertores do

franquismo. Miro Casabella e Raimon contan para ANT TV as dificultades polas

que pasaron durante o fascismo, pero tamén como despois foron ingnorados.

A loita contra a inxustiza e o sometemento de Galiza e a reivindicación da lingua

tiveron unha voz propia nos estertores do franquismo: o 9 de maio de 1967, o

cantautor Raimon (Xátiva(...)

(Ultima actualizaci??18-10-2008)

Galaxia edita de Xan Fraga o libro `Miro Casabella e a Nova Canción Galega´

- concertos-

Volve Miro Casabella

Unha das voces máis representativas do que no seu día se denominou a Nova Canción Galega. Xan Fraga escribe a súa biografía ("Miro Casabella e a Nova Canción Galega") e repasa un período importante e emocionante da nosa cultura contemporánea: dende os anos 60 para acá. Anos contra a ditadura de Franco e a prol da esperanza.

O cantante valenciá Raimon e Miro Casabella ofreceron o pasado xoves un recital no Teatro Rosalía de Castro da Coruña que constituíu un verdadeiro(...)

(Ultima actualizaci??03-10-2008)

Nova Cançó e Voces Ceibes: Raimon e Miro Casabella. o 16 de Outono no Teatro Rosalía

- concertos-

(Forografía: Miro Casabella nun primeiro

plano, detrás Benedicto fala con Raimon -á dereita- .

Foto pertencente ao arquivo de Voces Ceibes)

``No ano 1967, o día nove de maio, no estadio da residencia de

Estudiantes de Santiago de Compostela, Raimon deu, na súa língoa, un recital da

súas propias canciós que tivo un ésito cramoroso. Este recital foi o que fixo

comprender a tódolos que a él asistimos a necesidade imperiosa de crear unha

nova canción en galego. Unha canción feita no(...)

1999

Bugallo entrega a Araguas e á Aula Castelao os premios Pedrón de Ouro

-

BA asociación foi distinguida pola súa defensa da cultura galega e o escritor recibiu o galardón de Honra.

Redacción / padrón

A Aula Castelao de Filosofía e Vicente Araguas recibiron onte os premios Pedrón de Ouro e Pedrón de Honra, que concede anualmente a Fundación do Pedrón de Ouro. O acto, na súa cuadraxésima segunda edición, estivo presidido pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón.

Como é costume, o evento comezou cunha ofrenda flora(...)

Caraveis para as voces ceibes

- concertos- Voces Ceibes-

Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canción galega, reúnense na Coruña para honrar a Jose Afonso.

A. R..A Coruña

"Durante os últimos vinte anos, ninguén cantou á palabra en Galicia". É Miro Casabella, músico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un dos seus compañeiros no movemento musical da última década do franquismo, Benedicto, pequeno e de fala rápida.

Non é doado velos xuntos. Onte reuníronse na (...)