"Vigo"
2020
SonDeSeu OFG en confinamento. Mar de Vigo 2020, versión 62 móbiles 2 Versión de Mar de Vigo, tema arranxado por Rodrigo Romaní presente no 1º CD de SonDeSeu de título homónimo. A gravación foi realizada dende 62 móbiles sen edición de audio posterior agás na ecualización e panoramización. Gravado polas músicas e músicos de SDS na semana do 13 ao 19 de abril. Edición final de vídeo e mestua de audio: Rodrigo Romaní
FESTIBULLÓN - Setembro do 2020 en Tameiga (Vigo. Mos) 5 de setembro no monte do Rebullón. Con Gogol Bordello, Dropkick Murphys, O Jarbanzo Negro e Diplomáticos de Monte Alto
Contrafoliadas no Contrabajo con entrada a 3€ ás 22:30 horas: Xoves 13/02 Paraíso Canto + Foliada Xoves 20/02 María Jorge & Pedro Fariñas + Foliada Xoves 27/02 Comanda Poallada + Foliada
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Vigo Domingo 19 de abril ás 19h no Teatro Afundación As Catedrais Silenciadas é o terceiro álbum do músico Xabier Díaz xunto coas Adufeiras de Salitre, quizais a obra que mellor reflicte a esencia do seu encontro e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade
Maria Xosé Silvar (SÉS) - Xiras LATINOAMÉRICA e Presentación LIBERAR AS ARTERIAS LATINOAMÉRICA 2Feb Festival Mujeres a la Patagonia - Bariloche (ARG) Entradas: https://cutt.ly/9rb4MqB 6Feb Magnolio Sala - Montevideo (URU) Entradas: https://magnoliosala.uy/ 9Feb Torquato Tasso - Buenos Aires (ARG) Entradas: https://www.torquatotasso.com.ar/ses/ 13Feb Centro Cultural Juan De Salazar - Asunción (PRY) 15Feb Jardines del CCESV - San Salvador (SLV) 16Feb Festival Int. de Arte y Cultura de Suchitoto (SLV) Xira presentación "LIBERAR AS ARTERIAS" 28Feb(...)
Ide afinando as gaitas, botándolhe cera as pandeiretas, tensando os tamboriles e os bombos, quedam muitas horas de baile, música e diverssom!!! Compraze-nos comunicar que esta sexta-feira, 24 de Janeiro, abrimos o nosso furancho, o Chegar e Encher, na rua Igreja 21, desde as 20h00h. E para inaugurar a festa, contamos com a atuaçom de Os Ferraias da Etea às 22h30. Por se fora pouco, a sexta-feira 31, às 21h00, também tocará o grupo Airinhos do Faísca. Agardamos-vos a todas! ✊🎶(...)
Romaría de San Amaro en Matamá (Vigo) Sábado 18 de xaneiro. Festival Folc con Setecuncas, Algarabía, Folc de Coiro e Oscar Ibáñez (sustituíndo a Susana Seivane por enfermidade)
Os Carunchos, Zurrumalla e Os escaravellos en Vigo Sábado 15 de febreiro ás 21:30h na Sala Rebullón Os Carunchos + Zurrumalla+ Os escaravellos. Entradas á venda anticipadamente a 6€ na Cantina as pedriñas.
2019
Davide Salvado e ANDOA no Mondo Club (Vigo) Venres 3 de xaneiro de 2020 ás 21h no Mondo Club - Davide Salvado con Fransy González e Daniel Pardo - ANDOA (Ricardo Mouriño, Iago Boente Garcia e Roi Adrio)
XV Encontro Folclórico en Vigo O próximo domingo 27 de outubro, ás 18:00h, no S.C.D.R. Helios de Bembrive, cuarta parte do XV Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Participan: - Helios de Bembrive. - Traspés. - Andarela.
Dende a Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo queremos anunciar que xa temos cartel para o noso VI Festival de música tradicional de Cerdedo que terá lugar o vindeiro sábado 19 de outubro no Centro Cultural de Cerdedo ás 20:00h. Ademáis disto, dicir que este ano 2019 é para nós unha data moi especial xa que o noso grupo de gaitas conmemora o seu 25 aniversario. Grupos participantes: ▪️ Grupo de gaitas "No colo do vento" (Vigo) ▪️ A. C. Os Muíños de Olive(...)
Domingo 13 de outubro ás 19h no Teatro Afundación O domingo 13 de outubro tedes unha oportunidade única para poder ver xuntos no escenario ós 3 grupos de música e baile tradicional que conforman o colectivo XOC para a recuperación, conservación, divulgación e defensa do Patrimonio Inmaterial de Galicia. No espectáculo "Danza 3 no teatro", presentado hoxe, amosaranse bailes, músicas, cantos e traxes do folclore de Galicia recuperado e posto en escena por A. C. Xacarandaina de A Coruña, ACF(...)
Xa non queda nada para gozar coa nosa música tradicional no día mais emblemático das festas do San Froilán!!! O vindeiro domingo 6 de outubro todos a Lugo!!! Dende a AGG organizamos a XXI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, unha mostra que contará coas actuacións de numerosos grupos de música tradicional galega, que encherán da nosa música o casco vello da cidade de Lugo no día máis emblemático das festas do San Froilán. Os Grupos participantes nesta edición son:(...)