"Ugía Pedreira"

(Ultima actualizaci??11-07-2019)

Abride a Fiestra 2019 (Padrón)

- concertos-

13 e 14 de xullo. Casa Museo Rosalí­a De Castro

SÁBADO 13 DE XULLO

19.00 Visita teatralizada con Os Quinquilláns

20.00 Recital poético con poetas galegos e internacionais lendo poemas de Rosalía (no Auditorio da Casa-Museo)

21.00. Concerto de Cristina Pato, con Roberto Comesaña

DOMINGO 14 DE XULLO

Con feira de produtos rosalianos toda a xornada e ludoteca para nenas e nenos.

11.00-11.30 Visita guiada pola horta da Casa, por Carlos Dacal

11.30-12.00 Visita guiada pola Casa, po(...)

(Ultima actualizaci??09-03-2019)

Enredadas en Compostela

- concertos-

Sábado 9 de marzo ás 20.30 h, no Auditorio de Galicia,

‘Enredadas: coplas e alalás’ con Uxía, Ugia Pedreira, Martirio Página Oficial e Carmen París.

Espectáculo radiofónico Radio Boga (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??18-01-2019)

- concertos-

Día: 19 de xaneiro

Lugar: Fundación Luis Seoane (A Coruña)

Hora: 20:30

Desde Galicia Emigrante a Recordando a Galicia, desde Luis Seoane ata Maruxa Boga, o espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación, a crítica... Coa participación musical en directo de Ugia Pedreira, o dúo de Marina Oural Villapol e Chefa Alonso, e(...)

2018

(Ultima actualizaci??22-11-2018)

Enredadas: Martirio, Uxí­a, Carmen Parí­s e Ugia Pedreira, en A Coruña

- concertos-

Xoves 22 de novembro no Teatro Colón A Coruña

O jazz flamenco de Martirio Página Oficial, a voz atlántica de Uxí­a, a forza maña de Carmen Parí­s e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira reúnense para celebrar a madurez artí­stica das catro.

Teñen en común moito máis do que parece a simple vista. Todas loitaron por un labor necesario de reconversión da canción popular española, da copla, do canto telúrico galego, da jota con aires tropicais”¦

Dirí­ase que son almas xemelgas de univer(...)

2017

(Ultima actualizaci??19-12-2017)

Cristina Pato no concerto de Nadal da Universidade de Vigo

- concertos-

Martes 19 de nadal ás 20.30 h no Teatro Afundación (Rúa Policarpo Sanz, 13)

Concerto de Nadal da Universidade de Vigo arredor do Pergameo Vindel, protagonizado por Cristina Pato, xunto co Grupo Martín Códax de música antiga; Anxo Pintos, Begoña Riobó, WÖYZA, Yago Vázquez, Miguel Cabana, Roberto Comesaña e O Coro Da Mariña dirixido por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier.

(Ultima actualizaci??20-10-2017)

Clases de Pandeireta e de Baile Tradicional na Arca da Noe (Vilar de Santos)

- concertos-

Aqui temos os novos cursos de pandeireta e de baile tradicional da Arca.

Começamos 20 de outubro ( sextas-feiras (venres) cada 15 dias) .

17h00- 18h30 Curso de pandeireta e canto. Nível I

18h30- 20h00 Curso de pandeireta tradicional. Nível II

20h00- 21h30 Curso de baile tradicional

Preço: 15€ curso ao mês

Aponta-te enviando uma sms ao facebook da Arca.

Est@s são @s profes:

Patricia

Cantora no grupo Coanhadeira e colaboradora no grupo Pesdelán.

Começa a sua andaina (...)

2016

(Ultima actualizaci??06-11-2016)

Davide Salvado en Salasón (Cangas)

- concertos- aPenultima- salason-

Domingo, 20 de Novembro ás 20:30 h.

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davi(...)

2014

(Ultima actualizaci??03-09-2014)

Sés - Concertos en setembro

- María Xosé Silvar (Sés)-

Martes 2 Setembro - Festas de San Ramón - Vilalba

Venres 5 Setembro - Meninas de Canido - Ferrol

Sábado 6 Setembro - Festival da Poesía do Condado - Salvaterra

Venres 12 Setembro - Teatro de Ribadeo - SES & Ugia Pedreira

Sábado 13 Setembro - Festival de la Luz - Boimorto

Venres 19 Setembro - O Grove - Náutico (Praia da Barrosa)

Sábado 20 Setembro - Foliagra - Agra do Orzán (A Coruña)

Sábado 4 Outubro - San Froilán - Lugo

(Ultima actualizaci??14-08-2014)

Derradeiros concertos de Marful: Redondela e Lugo (San Froilán)

- concertos- Marful-

Redondela, Casa da Torre. Sábado 16 de agosto ás 22:30h

Lugo, Praza de Santa María, Festas de San Froilán. Mércores 8 de outubro, 21h.

“Que pasa cando se xuntan catro talentosos músicos procedentes de

diversas tendencias musicais?

Poden pasar Marabillas Auténticas, Revolucionarias e Funanbuleras,

Unicas e Libres: MARFUL”.

Marful é un grupo fóra do común, que abriu unha brecha estética no

país, logo seguida por outros. Combinan ritmos bailables procedentes

de América e europeos: tang(...)

2012

(Ultima actualizaci??04-09-2012)

A Escola livre da MPG Comeza un ano máis

- concertos- aCentral Folque-

Reserva xa a túa praza

Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento(...)

2014

(Ultima actualizaci??10-02-2014)

Desaramar, novo proxecto musical, preséntase o 7 de Marzo en A Coruña

- concertos-

7 de marzo ás nove da noite Centro Agora da Coruña.

“Desaramar” é a forza da música fronte a todas esas lacras socias que seguimos sen poder erradicar. Creado por Maria Xose Silvar (Sés), o proxecto tenta extender a idea de que unha outra sociedade é posíbel.

Podemos erradicar a violencia contra as mulleres, ou contra a diferenza en xeral, educando na igualdade e facendo arte en igualdade. Para isto, promovemos un espectáculo musical en que Sés, apoiada pola súa banda e numerosos colaborad(...)

(Ultima actualizaci??11-01-2014)

Rede de Músicas Soltas. Redondela 2014

-

PROGRAMA

- Acrobata: Ugia Pedreira & Fred Martins, 11 de xaneiro

- Radio Cos: concerto conversado, 15 de febreiro

- Caxade, 15 de marzo,

- Jazzologias, 12 de abril

- Narf: nas tardes escuras, 17 de maio,

- Kepa Junquera + Xabier Díaz: Galiza, 14 xuño

A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia por músicos galegos. Así temos os novos discos de Caxade, Fran Pérez "Narf" e Radio Cos, actuación(...)

2013

(Ultima actualizaci??25-10-2013)

Marful + Convidados no Gaiás (Compostela)

- concertos-

Venres 25 de Outubro

Magosto no Gaiás. Concerto de Marful, banda completa, + convidados: Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, José Manuel Dí­az (contrabaixo), Leandro Deltell (baterí­a) + NARF (voz) e David Herrington (trompeta).

(Ultima actualizaci??15-06-2013)

Sés presenta o seu segundo disco no III CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO

- concertos- María Xosé Silvar (Sés)-

O próximo sábado 15 de xuño terá lugar, ás 21.00h no Teatro Pastor Díaz (Rúa Constanza de Castro, 19) de Viveiro, o III CONCERTO MÚSICAS E LETRAS EN FEMININO. O evento, que xa vai pola súa terceira edición e que se está a consolidar como unha das citas culturais anuais máis agardada nesta época do ano na Mariña, segue apostando pola promoción da creación artística das mulleres galegas, tanto das que se achegan ás diferentes artes dunha forma amateur, de desenvolvemento persoal, como daquelas que(...)

(Ultima actualizaci??21-04-2013)

Rede de Músicas Soltas. Celanova 2013

- concertos- aCentral Folque-

sábado, 27 de abril, 20:30

Davide Salvado+Najla Shami

sábado, 1 de xuño, 20:30

Dúo Fdez & Quintá

sábado, 29 de xuño, 20:30

Sérgio Tannus Trio

sábado, 28 de setembro, 20:30

Jazzología en concerto

sábado, 19 de outubro, 20:30

Ugia Pedreira en concerto

sábado, 30 de novembro, 20:30

Mónica de Nut

A Rede de Música Soltas de Celanova son concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos(...)

(Ultima actualizaci??20-03-2013)

Rede de Músicas Soltas. Rianxo 2013

- concertos- aCentral Folque-

venres, 22 de marzo, 20:30

Acrobata

venres, 26 de abril, 20:30

Fdez & Quintá

venres, 24 de maio, 20:30

Sérgio Tannus

venres, 14 de xuño, 20:30

Jazzologia

venres, 18 de outubro, 20:30

Davide Salvado

venres, 22 de novembro, 20:30

Xan Campos

Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs, de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga vivir e movernos(...)

2012

(Ultima actualizaci??18-12-2012)

Sergio Tannus presenta Son Brasilego en Compostela

- concertos-

O último projecto do músico de Niteroi, Sérgio Tannus, fala da mistura musical das duas tradições das beiras do Atlântico, da mão de um artista acolhido na Galiza que apresenta um disco cheio de colaborações e amizades: choro, moinheira, MPB, MPG, rock, roll, samba, jota... Sérgio acompanha-se dos também brasileiros Serginho Sales (Minas Gerais) e Paulo Silva (Bahía) e uma constelação de mais de 20 artistas do Brasil, Portugal e Galiza, entre outros, Uxía, António Zambujo, Joao Afonso, Ugia Ped(...)

(Ultima actualizaci??24-11-2012)

MUSICA CON RISCO en Allariz

- concertos-

A Fundación Vicente Risco e varios empresarios de Allariz, en colaboración co Concello de Allariz, organizan un ciclo de concertos “Música con risco” que se desenvolverán nos vindeiros meses en diferentes locais e espazos públicos da vila.

O día 24 de novembro dará comezo o programa musical con dous concertos: César Morán estará no restaurante Alarico coa súa musicalización de poemas de Álvaro cunqueiro (ás 20:30h) e O Leo i Arremecághona! Actuarán no Roi Xordo (ás 00.00h)

A primeira tem(...)

(Ultima actualizaci??13-11-2012)

Marful en concerto en Vigo e Ourense

- concertos- Marful-

Marful, coa súa formación de sexteto (Pedro Pascual, Marcos Teira, Pablo Pascual, Ugia Pedreira, Jose Diaz e Leandro Deltell) estarán o vindeiro xoves 15 de outubro a partir das 20:30 en Ourense e o 16 en Vigo nos seus respectivos auditorios.

(Ultima actualizaci??09-11-2012)

Músicas Doces en Arzúa - Petiscos musicais na hora do café

- concertos- Xoan Curiel- Mónica de Nut- Davide Salvado- Ugia Pedreira- aCentral Folque-

As Músicas Doces son petiscos musicais servidos á hora do café, na sobremesa das tardes; pasteis sonoros á luz do día. A confitaría La Esquina de Arzúa acubilla este ciclo de concertos de pequeno formato para audiencias reducidas, lugares íntimos e próximos para conectar público e artistas. Entre novembro do 2012 e xuño do 2013 La Esquina convértese no lugar máis atractivo onde parar en Arzúa.

2º DOMINGO DE MES

domingo, 11 de novembro - Xoan Curiel

domingo, 9 de decembro - Mónica de Nut

domingo, 13 de xaneiro - Celso Sanmartín

domingo, 10 de febreiro - Davide Salvado

domingo, 10 de marzo - Ugia Pedreira

domingo, 14 de abril - Ariel Ninas

domingo, 12 de maio - Benxamín Otero

domingo, 9 de xuño - Carlos Quintá

(Ultima actualizaci??13-07-2012)

Son de Mulleres, Respostas á invisibilidade da muller na música, en Ribadeo

- Ugía Pedreira- María Xosé Silvar (Sés)-

O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo (sede da Escola Municipal de Música e Danza) acollerá o vindeiro 13 de xullo a xornada “Son de mulleres. Respostas á invisibilidade da muller na música” coa que se pretende potenciar cambios de actitudes que axuden na procura da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na arte.

Ao longo da historia da música o esquecemento e o descoñecemento sobre as mulleres compositoras ou intérpretes foi constante e mantense vivo aínda na actualidade. Xa q(...)

(Ultima actualizaci??08-05-2012)

O “Acrobata” emprende o voo e leva a Ugia Pedreira e Fred Martins a Inglaterra

- concertos- Acróbata-

Ugia Pedreira e Fred Martins viaxarán a Londres e Oxford para presentar alí o seu disco “Acrobata”. O mércores 9 ofrecerán un concerto no Trangallán de Londres, onde tamén farán ao día seguinte un recital no Instituto Vicente Cañada Blanch.

O venres 11 a cita será en Oxford, en cuxa universidade o presentarán de mañá, para xa de tarde facelo na Libraría Albion Beatnik.

Londres e Oxford poderán desfrutar nesta semana desta conxunción artística entre estes dous grandes compositores que unen, de (...)

(Ultima actualizaci??13-04-2012)

Petiscos Musicais en A Escondida (Espasante)

- Petiscos Musicais- aCentral Folque-

Os Petiscos Musicais son concertos para o bo padal e mellor ouvido do público, servidos con xantares propios a cada acción musical que se presenta. A Escondida é o café concerto de Espasante, aló no porto, onde o cheiro a mar e a guiso confúndese co bruar de Ortegal e as melodías da mellor música popular.

Recitais e cociña nun ambiente propio. Cantar, bailar e saber comer: Acrobata, NARF, Primordias e Ariel Ninas servidos con receitas en variacións de legumes e fabas por Marina Oural Villapol(...)

(Ultima actualizaci??22-03-2012)

ST Música Presente 2012

- concertos- Liorna- Riobó- Loaira- Ugia Pedreira-

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), abre a cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova edición deséñase en colaboración con Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas) e acollerá os directos protagonizados por Liorna(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

Acróbata no SantiAutor

- concertos-

Este xoves 15 de marzo ás 22.30 h o dúo brasilego de Fred Martins e Ugia Pedreira interpretarán temas de Acrobata para o concerto seu no Santiautor deste ano. Este festival de cancións e cantautores para o público santiagués do Pub SónaR na zona vella. As entradas anticipadas xa están á vendana Reixa Tenda, Quiosco de Concheiros e no propio Sónar Pub.

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

25 Aniversario da Casa das Crechas (Compostela)

- concertos- Casa das Crechas- aPenultima- Crechas-

- Os artistas que participarán na Festa son: Banda das Crechas, Xosé Manuel Budiño, Carlos Blanco, Ugia Pedreira e Fred Martins, Uxía e Sérgio Tannus, Narf, Carlos Santiago, os magos Romarís e Cayetano Lledó, o Coro da Rá, Lilí dos Toxos, Acibreira, Davide Salvado, Alborada, Sara Vidal, Camilo Franco, Najla, Califa Swing Trio, Alejandro Vargas, o Coro da Rá, Xoán Curiel e Tony Lomba.

- Presentouse unha programación de aniversario que se estenderá ao longo de todo o ano

- A festa do 14 de m(...)

(Ultima actualizaci??14-03-2012)

O canto agochado entre pipotes

- concertos- cantos de taberna-

A RECUPERACIóN DO CANTO DE TABERNA CONTA CON CADA VEZ MáIS ADEPTOS NO PAíS

¿Quen dixo que as tabernas de toda a vida están condenadas á desaparición? Nos últimos anos multiplícanse as iniciativas para lles dar nova a vida da man da música. Os cantos tabernarios resoan por todos os recantos do país cada vez con máis forza. Pontevedra é a última en se sumar á iniciativa, da man de Maravallada, cun ciclo dedicado a esta forma da nosa tradición. Os que se queiran iniciar, téñeno ven sinxelo, xa e(...)

2011

(Ultima actualizaci??17-12-2011)

concerto-despedida Nordestin@s

- concertos- despedida- concerto- música- Nordestinas- Nordestin@s- Abe- Guadi- Ugia-

No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006,

o único disco das Nordestin@s.

Todo o público presente naquel concerto

aínda lembramos hoxe ese momento cheo de calidade, elegancia e emoción intensa.

Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade, beleza e máis elegancia.

As Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial,

unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume,

unhas medias, uns zapatos, un arranxo especial, unha camiseta,

u(...)

(Ultima actualizaci??14-09-2011)

Entrevista a Oscar Fernández:(Os Cempés) en Galiciaé: Novo disco para o Nadal

- concertos- Os Cempés-

Oscar Fernández: ''Tíñamos que reconducir o proxecto. A formación non estaba sendo prolífica''13/09/2011 - David Canto / GaliciaéOs Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústic(...)

(Ultima actualizaci??17-08-2011)

Nordestin@s en concerto, o venres 19 no Auditorio de Rianxo

- concertos- Nordestin@s-

Volven as NOITES FOLC á programación do Verán Cultural 2011 organizada pola Área de Educación e Cultura. Desta volta cun concerto do grupo NORDESTINAS ao abeiro do programa GALICIA É MUSICA promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia

Dúas voces galegas de máxima actualidade: Guadi Galego Berrogüetto, Espido) e Ugia Pedreira (Chouteira, Marful, Acróbata) fan castelos de area con composicións propias, rodeada do salitre do repertorio mariñeiro do Norte. Todo isto vai env(...)

(Ultima actualizaci??28-07-2011)

Presencia galega no I Encontro de Escritores da Lusofonia

- Uxía- Ugía Pedreira-

Do venres 29 ao domingo 31 de xullo, no Palácio da Brejoeira de Monção (no Alto Minho) terá lugar o I Encontro de Escritores da Lusofonia, onde "Escritores, músicos, criadores... pessoas de diferentes âmbitos da cultura e das artes vão reflectir sobre a realidade da lusofonia (tentando fugir dos tópicos), sobre as novas tecnologias e a sua relação com a literatura e as artes em geral, e sobre os movimentos do chamado Altermundo (ecoloxismo, empreendedorismo, antibelicismo, feminismo, decrescimen(...)

(Ultima actualizaci??17-06-2011)

éMundial | Evento comemorativo dos 30 anos da Associaí§om Galega da Lí­ngua. Porque o galego”¦ í‰ MUNDIAL!

- concertos- aPenultima- Crechas-

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) cumpre 30 anos em 2011, umha idade pouco comum no tecido associativo galego. Para o festejar organiza o éMundial, umha semana de eventos para mostrar que a língua da Galiza é assim, «mundial». Será de 4 a 9 de julho em Santiago de Compostela.

Música, mesas redondas, vídeo, gastronomia, obradoiros de leitura ou roteiros gastronómicos som só algumhas das propostas que decorrerám durante a segunda semana do mês de julho em espaços como o parque de Sam Domingo(...)

(Ultima actualizaci??13-04-2011)

Marful no Auditorio de Galicia

- concertos- Marful-

Depois dos elógios a peso, mais elógios e cariños que recebe e dá este grupo alá donde vai co seu manual. Depois da casa da Música de Porto, de rematar a primeira edición do disco chegam a Compostela como as anduriñas na primavera, chegan a súa cidade de xuntanzas e andanzas. Marcos Teira, Ugia Pedreira, Pedro Pascual, Pablo Pascual acompañados de L.A.R Legido e Xacobe Martinez de Sumrá.

...combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che(...)

(Ultima actualizaci??07-04-2011)

Arte Fresca do Dí­a na Praza de Abastos de Pontevedra

- concertos- aCentral Folque-

INTERVENCIÓNS ARTÍSTICASNA PRAZA DE ABASTOS DE PONTEVEDRA.Arte fresca do día son actuacións de diversas disciplinas artísticas adaptadas especialmente ao espazo do Mercado da zona vella de Pontevedra. Seis mañás adicadas á danza, teatro, circo, palabra, circo e, por suposto, música. A arte noutros lugares de representacións, novos ámbitos para a arte, novas costumes para o comercio.:)Seis venres -tres de abril, tres de maio- nos que se dan a man o NOVO CIRCO de Pista Catro facendo malabares cos (...)

2010

(Ultima actualizaci??17-09-2010)

Aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG

- concertos- aCentral Folque-

Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG, a sección docente d'aCentral Folque en Santiago de Compostela con ensino regular en diferentes instrumentos populares e con mestres en activo nos circuítos profesionais do folk e a música tradicional coma Edelmiro Fernández "Chuco" Estévez, Paulina Ceremuzynska, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Pedro Pascual, Roberto Sala e Gutier Álvarez.

As aulas estarán repartidas entre tres Centros Socioculturais de Santiago (Castiñ(...)

(Ultima actualizaci??06-08-2010)

Guadi Galego, Marful e Uxía. Músicas Portuarias en Vilagarcía De Arousa

- concertos- aCentral Folque-

A Alameda de Vilagarcía volverá a encherse de música da man do ciclo de concertos ao aire libre ‘Músicas portuarias’ organizado pola concellería de Cultura coa colaboración de A Central Folque. A programación deste ciclo céntrase en tres das voces femininas máis importantes da Galicia, que presentarán en Vilagarcía os seus últimos proxectos: o Marful de Ugía Pedreira, Guadi Galego co Alejandro Vargas New Trío e o Uxía Trío.

Os concertos, que serán de balde, terán lugar o venres 6, o sábado 7 e (...)

(Ultima actualizaci??26-02-2010)

Obradoiro de Cancións de Berce tradicionais (Tomiño)

- concertos-

Ugía Pedreira imparte un taller de nanas para pais

A oficina de Igualdade de Tomiño organiza un «obradoiro de nanas». Unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo axudar a pais e nais na crianza dos seus fillos. A actividade, que impartirá a cantante galega Ugia Pedreira, do grupo «Marful», celebrarase o sábado, de 12 a 14 e de 16 a 18 horas, no Centro Goianés. No obradoiro trataranse nanas e cancións de berce tradicionais así como as súas posibles versións para a actualidade.

OBRADOI(...)

(Ultima actualizaci??13-01-2010)

Tertulia Cultural de Tempos Novos

- concertos- tertulia- Ugia Pedreira- Quique costas- Xoan Manuel Estevez- Nordesia-

Distintas persoas vinculadas ao mundo da música folque, desde a creación e interpretación, á xestión ou a crítica, conversarán arredor do que significa este estilo dentro do contexto musical do país. Entre outros, participarán Ugia Pedreira (A Central Folque), Quique Costas (Nordesía) e Xoan Manuel Estévez (autor de "Crónica do folk galego")

2009

(Ultima actualizaci??15-06-2009)

Descarga Ao Vivo. Cuba - Galiza 09

- concertos- Cuba- aCentral Folque-

O ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE O FOLQUE E O ISA En febreiro de 2007, Ugia Pedreira, na altura directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, viaxa á Habana e entrevístase coa director do Instituto Superior de Arte (ISA) de Cuba. Este foi o alicerce de futuras colaboracións entre o que despois pasou a ser aCentral Folque e o ISA. Deste acordo de colaboración internacional xurdiron dous proxectos até o momento: 1. Unha investigación levada a cabo por Ramom Pinhe(...)

A Central Folque renova a música popular galega

- concertos- aCentral Folque-

Para aclarar que os ritmos tradicionais non son só un feixe de gaitas, esta organización impulsa o estudo e promoción dos novos sons que se producen nestes intres no país.

Víctor Paz Morandeira

“Para distinguir o de aquí, hai que ter unha visión multicultural”. É a tese de Sergio Fernández, músico catalán que toca a gaita e que agora vén de se lanzar á aventura co acordeón diatónico. Reside en Galicia, e a única forma que ten de se familiarizar con este instrumento é a través dun mestre(...)

Entrevista a Abe Rábade: ``Son un pouco jedi´´

- concertos-

Abe Rábade, experto pianista de jazz, metido en proxectos tan interesantes coma o seu trío ou Nordestin@s, ensina aos cativos a escoitar no Auditorio de Galicia

Abe Rábade (Compostela, 1977), cuspe un dialéctico bebop frenético antes de que se lle poida facer ningunha pregunta. Tan incisivo na fala como na creación musical, comenta que a edición en DVD do seu último álbum, Open Doors, lle está a supoñer novos e interesantes retos e, como quen non quere a cousa, a conversa acaba pasando ao fu(...)

2008

Representación de aCentral Folque no Brasil

- concertos-

Dentro da viaxe que Ugia Pedreira está a facer no Brasil este Natal e producto do contacto que tivo durante o Culturgal con Makely Ka, Ugia Pedreira será convidada especial deste artista que presentará o seu disco en Río de Janeiro estes días.

Será o 29 e 30 de decembro ás 21h no centro cultural Carioca e na Cinematheque de Rio de Janeiro.

Acompañando a este cantor de Minas Gerais estará tamén Marcos Suzzano, un grande mestre do pandeiro brasileiro. Ugia cantará cancións con Makely e algun(...)

(Ultima actualizaci??21-11-2008)

2ª conversa aberta na EAEM, o 22 de Novembro

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque está a argallar unha serie de mesas redondas baixo a

denominación “conversas abertas” na que varios ponentes

relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos

da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e

comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de

profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,…

participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé

educativa de aCentral Folq(...)

(Ultima actualizaci??06-11-2008)

3º concerto matutino: mostra de instrumentos populares

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, está o organizar

unha serie de concertos nas mañás dos domingos en distintos centros

socio-culturais de Santiago de Compostela. Son actuacións dos

profesores de aCentral en combinación especial que viu xa a Edelmiro

Fernández e Miguel Souto no CSC de Conxo e a Ugia Pedreira e Óscar

Fernández no CSC de O Castiñeiriño

Para pechar esta serie haberá unha mostra de instrumentos a cargo

de Roberto Sala no CSC de Fontiñas.

Esta mo(...)

(Ultima actualizaci??30-10-2008)

2º concerto matutino no CSC do Castiñeiriño o domingo 2 novembro

- concertos- aCentral Folque-

Este domingo ás 12.30 h celébrase o 2º concerto matutino a cargo do

dúo Ugia Pedreira e Óscar Fernández dentro da serie de actividades

que o Centro Galego de Música Popular organiza en locais socio-

culturais de Santiago onde mestres de aCentral Folque Compostela

actúan en formacións miúdas.

Para a segunda entrega serán Ugia Pedreira (directora de aCentral e

cantante de recoñecido prestixio) e Óscar Fernández (mestre e músico

de referencia do folque galego). Comparten escea nun dúo(...)

1 comentario

(Ultima actualizaci??20-10-2008)

folque.com 3.0 » adianto actividades trimestrais de aCentral Folque

- concertos- aCentral Folque-

aCentral Folque organiza actividades de carácter pedagóxico e

escénico ao redor da música popular galega.

O 1º concerto será este domingo, un concerto matutino a cargo dos

mestres de aCFC Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco”

(Gaita e tambor) ás 13.00 h no Centro Sociocultural de Conxo.

PROGRAMA

Concertos matutinos. Centros socioculturais de Santiago

Domingo 26 de outubro_13.00 h

Dúo Edelmiro Fernández e Francisco Estévez “Chuco”. (Gaita e tambor)

Centro Sociocultu(...)

Ecléctica Ensemble saca un novo disco de fusión

- concertos-

Producido por Ramom Pinheiro e Nacho Muñoz, o CD sae á venda co el selo Falcatruada nunha edición dobre (vinilo e cd) e limitada a 900 exemplares. Tódo-los temas están dispoñibels para descarga libre no portal web de Eclectica Esemble (www.eclecticaesemble.com)

Levan dez anos xogando a mezclar a música tradicional con calqueira tipo de linguaxe artístico. Froito delo nace un disco co que poñen o punto e a aparte a unha traxectoria sen plans de futuro coñecidos.

Ecléctica Ensemble naceu en 20(...)

2 comentarios

O Conservatorio Folque trasládase en Santiago para ampliar o seu proxecto musical

- concertos- aCentral Folque-

(http://folque.com/cmn-wp/ ->Abrese do 15 de setembro até o 1 de outubro, o plazo de prematrícula para o acceso no curso 2008/2009 de aCentral Folque Compostela.

Arte total. Ecléctica Ensemble, espectáculo no CGAC. Sábado 21 Junho

-

Por fim!!! Ecléctica Ensemble presenta vinilo minidisc, ainda que nom hà grupo…haverá uma festa artistada com Quico Cadaval de mestre de ceremónias, Ramom Pinheiro (director da producçom), Davide Salvado, Richard Rivera, Ugia Pedreira, membros originais do projecto, Nacho Munhoz, Lez Cameselle, Luzia Aldao, Estevo Creus, Nathan Carter, Pancho Lapeña, Misha Bies Golas, Lhosca Arias, Xurxo Pinheiro, Fernando Abreu, Óscar Fernandez………. e tanta gente que participou com nós nestos anos em palco e des(...)

1999

Uxía ultima en Lisboa un disco que combina musicas do Atlántico

-

A nova produción chegará ao mercado en outono, sete anos despois da súa última obra

Enviar noticia Imprimir noticia

(Firma: C.F.)

Sete anos despois Uxía última o seu novo disco. Un disco que buscará título antes de outono e que, despois da primeira audición, revelará unha Uxía diferente, cos ouvidos postos no Atlántico, revisando desde Galicia ritmos e ambientes dese territorio que como lugar común chamamos Lusofonía.

A cantante galega leva dous meses en Lisboa, gravando nos arredores (...)

Artistas e productores defenden a competencia de Xosé Manuel Blanco

-

Artistas e produtores culturais, tanto galegos como do resto do Estado, emitiron onte un comunicado no que recoñecen en Xosé Manuel Blanco, “un profesional cunha longa traxectoria no mundo do espectáculo”, tras as críticas vertidas polo PPdeG contra el.

Os asinantes responden así ás acusacións do Partido Popular dun suposto “trato de favor” ao irmán do conselleiro de Industria, Fernando Blanco, por parte da Consellería de Cultura ao contratar os servizos da súa empresa por valor de 180.0(...)

El grupo gallego Nordestin@s se coloca entre los cien discos más vendidos de la Navidad en Espa

- concertos-

Setecientos discos a la semana. Es el ritmo de venta que el trío Nordestin@s ha conseguido alcanzar desde que el pasado 11 de diciembre pusieron en los escaparates su homónimo disco de debú. El trío formado por Guadi Galego, Ugía Pedreira y Abe Rábade ha despachado en veinte días más de dos mil copias, una cifra modesta si se compara con los incesantemente promocionados trabajos de artistas como Alejandro Sanz o Il Divo, que con su disco Siempre ocupa esta semana el número uno de ventas con una (...)

O Couto lembra o instrumento que perseguiron os cregos

-

Acollerá o sábado o cuarto Encontro galego do acordeón diatónico

Os músicos máis famosos de Bos Aires nos anos corenta naceron na parroquia de Tella

«O instrumento rei da música galega», segundo o denominou onte a directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, Ugia Pedreira, recibirá o sábado unha merecida homenaxe. Será na Casa dos Veciños de O Couto (Ponteceso), que este ano acollerá o cuarto Encontro galego de acordeón diatónico, que en edicións anteriores celebro(...)

Un disco-libro para nenos recupera a tradición do Nadal en Galicia

- concertos- O Fiadeiro-

«O quiquiriquí», grabado no estudio Casa de Tolos de Gondomar, presentouse onte en Vigo

No traballo participan artistas como Uxía ou o ex Siniestro Total, Miguel Costas

A Asociación de Gaiteiros Galegos e mailos estudios Casa de Tolos asociaronse para facer un documento audiovisual onde se reflexaran diferentes aspectos culturais, tradicionais e antropolóxicos do Nadal en Galicia, que foi bautizado como O quiquiriquí . O proxecto, iniciado a mediados do ano pasado, comezou a tomar form(...)

2 comentarios

Nordestinas graban esta noite seu primeiro disco no Principal

- concertos-

Ugia Pedreira e Guadi Galego achéganse á música popular do norte

Abe Rábade acompaña este experimento de dúas das voces galegas de máis actualidade

(Lugar: m. b. | santiago)

Dúas das máis destacadas voces femininas do panorama musical galego actual, Ugia Pedreira e Guadi Galego, Nordestinas, e un dos músicos de jazz galegos máis internacionais, Abe Rábade, ofrecerán as dez desta noite, no Teatro Principal, un concerto, no que se acercarán á música popular do norte de Galicia que ll(...)

Marful - “O músico dos anos 50 en Galicia estaba moi ben considerado”

- concertos- Marful-

04.06.2006

Hai catro anos uníanse outros tantos talentos, Ugia Pedreira, Pedro

Pascual, Pablo Alonso e Marcos Teira e nacía Marful, un grupo galego de

“música popular urbana”, como se definen. Agora acaban de editar o seu

primeiro disco, no que fusionan ritmos que se podían escoitar nas vilas

galegas dos anos trinta e corenta nun cóctel que actualiza letras e

voces dos vellos cafés cantantes; música para bailar

VANESA OLIVEIRA

PRESENTACIÓN. O grupo estreará o dis(...)

Portal Galego da Língua - Marful, música galega de concerto em Lisboa

- concertos- Marful-

Entrevistamos Ugia Pedreira, a voz do grupo

Raquel Miragaia.- No próximo 20 de Maio, Marful actuará em Lisboa nos actos de comemoraçom das Letras Galegas. O concerto será às 19h na Biblioteca Museu República e Resistência (Estrada Benfica, 419). Apresentarám o seu primeiro disco que acaba de ser publicado neste mesmo mês.

[+...]

Saiu Marful

- concertos- Marful-

Marful proponnos unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50, nos salóns de baile e nos cafés cantantes. Unha época musical marcada polos ritmos de tradición americana que coabitaban coa música popular e a canción melódica. Música elegante para unhas letras persoais e irónicas, letras en femenino feitas pola propia Ugia Pedreira e por escritores como Anxo Quintela, Ricardo Carvalho Calero, Olga Nogueira, Manolo Pipas ou o francés Jacques Prévert.

(...)

Ugia Pedreira presenta a nova aposta do seu grupo, Marful

- concertos- Marful-

A cantante focense recupera ritmos que soaban nas vilas galegas entre os anos 30 e 50

Unha cocteleira inspirada nos ritmos que soaban nas vilas galegas, entre os anos 30 e 50; esa é a proposta que fai Marful no seu primeiro traballo discográfico. O grupo o lidera Ugia Pedreira, unha moza de Vilaronte (Foz), que a pesar da súa xuventude ten tras de si unha dilatada traxectoria. Na actualidade é directora do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e gravou tres discos con Chouteir(...)