"Traxe Tradicional"

2018

(Ultima actualizaci??12-09-2018)

Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro (Vigo) - Curso 2018/2019

- concertos- O Fiadeiro-

Aberto prazo de inscrición para matricularte no novo curso en O Fiadeiro

Tes todo o mes de setembro para facelo

Actividades: Costura do traxe tradicional, acordeón, baile moderno, baile galego, canto popular e pandeireta, gaita , guitarra, música e movemento, percusión, piano, saxo e moitas mais.

Para todas as idades, nenos a partir dos 3 anos.

Pide información e matricúlate nos teléfonos 629 585 355 / 986 253 585, ou no noso local situado na Rúa Jesús Fernández Nº3 Baixo en Vigo, de lu(...)

Xornadas Etnográficas do Morrazo

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??28-08-2018)

-

Proxecto promovido pola Mancomunidade do Morrazo e organizado pola Asociación Cultural Peis d'hos, con obradoiros de música, baile e traxe tradicionais galegos, charlas e exposicións.

PROGRAMA:

28/08-02/09, Bueu: exposición do traxe tradicional de Lugo Traxandaina Traxe Tradicional

29/08, Moaña: Obradoiro de cestería ecolóxica con Mª Xosé Martínez

30/08, Bueu: Presentación da páxina web da APOI - Museo do Pobo Galego

31/08, Moaña: Obradoiro de gaita con Bruno Villamor de Cántigas e (...)

Romarí­a de Santa Margarida (A Coruña)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??24-08-2018)

- concertos-

PROGRAMACIÓN COMPLETA DA ROMARÍA 2018!

Esta semana, o baile e música tradicionais enchen A Coruña cunha Romaría de Santa Margarida que pecha as festas #maríapita18.

* Actividades previas que van dende unha exposición de traxes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas en comercios, a presentación de "Mulleres de Gargamala" con Arredor da Tradición en Bar-Ambigú (Tempo Novo-Relámpago), singladura tabernaria e unha interesante xornada con Brincadeira sobre o traxe.

* Obradoiros e actuac(...)

Festa Pon un Sancosmeiro (Noia)

Ver en Facebook


(Ultima actualizaci??14-08-2018)

-

A Asociaición Pon un Sancosmeiro, convídavos o 18 de agosto, durante todo o día, a mostra de traxe tradicional galego, nas rúas do casco antigo da vila de Noia.

Haberá obradoiros, música tradicional galega e moito máis.

(Ultima actualizaci??05-05-2018)

1º Concurso de Música Tradicional Soalleira de Dorrón

- concertos-

Domingo 6 de maio ás 10:00h

Auditorio Emilio Pardo Bazán - Sanxenxo.

BASES

1. Poderán participar asociacións folclóricas, culturais, xuvenís, de veciños, ANPAS… sen ánimo de lucro.

2. Modalidade: pandeireta e percusión tradicional, distribuidos nas seguintes categorías:

CATEGORÍA A: Ata 11 anos

CATEGORÍA B: De 11 a 16

CATEGORÍA C: De 16 en diante

3. A media de idade do grupo determina a categoría, ningún compoñente poderá superar máis de dous anos a idade máxima.

4. A peza(...)

2017

(Ultima actualizaci??30-08-2017)

O Son do Pazo - III Festival Intercéltico (Mos. Pontevedra)

- concertos- festivais-

Un ano máis, chega o Festival Intercéltico O Son do Pazo a Mos. Unha terceira edición cargada de novidades para un festival que , tras moito traballo e ilusión, pretende deleitar e facer pasar uns días ben bonitos ao público asistente. O cartel reunido para este ano conta cuns grupos de sobra coñecidos no mundo da música galega, con estilos variados e longas carreiras ás súas costas.

A entrada ao festival é GRATUÍTA.

O venres 1 de setembro comezamos ás 22:30h cos concertos de:

- Airiños(...)

(Ultima actualizaci??18-07-2017)

VIII Mostra Trazantes de Tenorio (Cotobade. Pontevedra)

- concertos-

Sábado 22 de xullo ás 19:00h

Entidad Tenorio, 36120 Cotobade (Pontevedra),

O vindeiro 22 de Xullo, a A.C. Os Trazantes de Tenorio celebramos o noso festival no adro de Tenorio (Cotobade). Estamos encantados de celebrar o noso gran día con todos vos. Unha tarde chea de música, baile e moitas sorpresas. Este ano contamos coa presencia dos grupos: "A.C. O Castro" de Baión, "Rancho folclórico e cultural de Tardariz" de Portugal, "A.C. Vides Novas" de Poio, a colaboración da "Asociación doTr(...)

(Ultima actualizaci??12-05-2017)

Noite de Fiadeiro 2017. Ramirás (Ourense)

- Festa-

Sábado 13 de maio ás 11:00h

Vilavidal, 32811 Ramirás (Ourense),

O vindeiro 13 de Maio celebrarase en Vilavidal, Concello de Ramirás, unha nova edición da Noite de Fiadeiro. Con esta serán XI as ocasións nas que se leva recuperado a esencia dos antigos fiadeiros celebrados na comarca. Deste xeito, o colectivo Rebulir Cultura Tradicional, coa colaboración do Concello de Ramirás, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia, Abanca e Socitransa xunto coa axuda de ducias de empresas e entid(...)

2016

(Ultima actualizaci??10-09-2016)

O Traxe vai á rúa (Compostela)

- concertos- Brincadeira-

Este sábado día 10 o traxe vai á rúa con Brincadeira!

Dende as 17h estaremos na praza do Toural cunha mostra de traxes, roupeiro, photocall e proxección de imaxes.

Ás 17h obradoiro de colares e ás 19h obradoiro de botóns de fío (Inscricións para os obradorios en gbrincadeira@gmail.com).

Ademáis poderás atoparnos animando as rúas de Compostela dende as 17h ata as 21h.

Convidámosvos a participar canda nós nesta xornada para coñecer máis sobre o noso traxe tradicional.

2015

(Ultima actualizaci??10-09-2015)

I Festival Folclórico "Mestureando"

- concertos-

Domingo 13 de setembro a partir das 18:00h no torreiro de festas de San Andrés de Comesaña (Vigo)

Organiza: Asociación de Folclore Tradicional Os Ventos de Comesaña

Participan:

Asociación do Traxe Tradicional (Pontevedra)

Grupo Etnográfico "A Buxaina" (Coruxo)

Grupo Folclórico Breogán (Moaña)

A.F.T Os Ventos de Comesaña (San Andrés)

(Ultima actualizaci??22-08-2015)

Foliada Tradicional e XXVII Festival da A.C. Pedra da Aroña en Escarabote (Boiro)

- Festa- festivais-

Venres 21 e Sábado 22 de agosto no peirao de Escarabote

O venres estará adicado a FOLIADA, na que participarán grupos como Adorniña Abanqueiro, Aixola Pandereteiras, Gaitas Barlovento, As pandereteiras de Aroña, Rianxeiras da Covecha, A.c. Fiadeira, Lumieira, Nunca E Tarde, entre outros... Pero esperamos que logo todos vos animedes a bailar polo menos unha muiñeira na foliada libre!!

Tamén contaremos cunha barra na que serviremos bebida e diferentes tapas como MEXILLÓNS e CHURRASCO a prezos (...)

(Ultima actualizaci??18-06-2015)

Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

- concertos- Xacarandaina-

Domingo, 21 de xuño no Centro Ágora

Nova edición do Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

Este concurso consta dunha única modalidade dividida en tres categorías. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

Ademais haberá un único premio ao mellor bailador e á mellor bailadora, que se decidirán entre todas as persoas participantes das tres categorías. (...)

(Ultima actualizaci??18-04-2015)

IV Foliada Varacuncas en Santa Baia (Rodeiro)

- Festa-

Venres 18 de abril

As 16:00 comeza o Obradoiro de Gaita con David Bellas, os participantes tentade estar algo antes.

As 17:00 comeza o Obradoiro de Davide Salvado , igualmente facede por chegar algo antes.

As 19:00 comeza o Obradoiro de Baile con Alexandre Sotelino

As 20:30 abrimos o torreiro xa cos alumnos de baile

Pola tarde comezaremos a colocar os postos de artesanía e comprácenos comunicarvos que contamos con:

1 - Rosquillas casa da Xorxa.

2 - Os Alegres ,instrumentos tradicio(...)

2014

(Ultima actualizaci??03-10-2014)

San Froilán 2014 (Lugo) - Programación tradicional/folk

- concertos-

SÁBADO 4

13h. Actuación de Airiños do Neira no Campo Castelo.

13:15. Concerto de Batital na praza de Santa María.

13:30. Pasarrúas dos Trastiños de Castelo por Recatelo e a zona dos viños.

18:30. Concerto de Airiños de Orbazai na praza de Santa María.

20h. Pasarrúas dos Xílgaros de Lugo pola praza de Comandante Manso e o Campo Castelo.

21h. Pasarrúas de Andaina pola zona dos viños.

21:30. Concerto de Les Tambours du Bronx na praza Horta do Seminario.

23h. Concerto de Sés(...)

(Ultima actualizaci??19-09-2014)

XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

- concertos- aPenultima- Mel- Gaiteiro-

(Fonte: Malmequer)

O vindeiro sabado 20 de Setembro, tera lugar no municipio de Ponteareas o XLVII Concurso de Gaitas que se celebrara no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 20.00 horas.

As inscripciones seran gratuitas e o prazo para inscribirse termina o 12 de setembro.

Os grupos participantes deberan presentarse o mesmo dia do concurso as 19.00 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer as ruas interpretando melodias galegas ata o Auditorio.

(...)

(Ultima actualizaci??07-09-2014)

Comezo do curson a escola da A.C. Trépia (Pontevedra)

- concertos- Trepia-

O vindeiro 15 de setembro será o comezo oficial das aulas na escola da A.C. Trépia. A partires de entón incorporaremos novas aulas nun curso cheo de novidades.

As aulas infantis (Programa Tátara-Tátara) comezarán na primeira semana de outubro, xunto coas aulas do itinerário "Leirados" (aulas individualizadas de instrumento en grupos reducidos)

O prazo de matrícula está xa aberto (ata o 31 de outubro). Podedes facer as vosas inscricións por e-mail , ou achegando-vos polo local o dia da pres(...)

(Ultima actualizaci??21-08-2014)

XXI Festival Folclórico en Peitieiros (Gondomar)

- concertos-

Fonte: Infogauda

Este venres 22 de agosto ás 20:00h. no Centro Cultural remata a Semana Cultural organizada polo Centro Cultural de Peitieiros, cunha charla e mostra do Traxe tradicional a cargo da deseñadora e costureira de traxes tradicionais galegos Patricia González. Os seus traxes teñen aires renovados, mais mantendo a esencia do século XIX e principios do XX. Patricia González tamén elabora fundas de moitos instrumentos musicais, entre eles gaitas. Esta costureira da parroquia de Saián(...)

2012

2014

(Ultima actualizaci??06-02-2014)

Trofeo Maccrimmon de Lorient

- concertos-

CONCURSO - SELECCION DE GAITEIROS SOLISTAS

TROFEO MACCRIMMON ? LORIENT

1. Poderan participar todolos gaiteiros nados en Galicia que o desexen, asi como aqueles que estando na diaspora tenian ascendencia galega ou acrediten pertencer a algun centro ou entidade galega.

2. O obxecto desta iniciativa e seleccionar os catro gaiteiros que representaran a Galicia na final do XXVIII Trofeo MacCrimmon de Gaita, que se celebrara o 2 de agosto de 2014 durante o Festival Interceltique de L(...)

2013

(Ultima actualizaci??10-04-2013)

IX Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere - A Estrada

- concertos- tequexeteldere-

21 de abril de 2013

Teatro Principal da Estrada

BASES

Co fin de difundir e ensalzar a nosa cultura e tradicións, convócase o IX Concurso de Baile Tradicional organizado por Tequexetéldere. Nel poderán participar grupos de asociacións folclóricas, veciñais, recreativas, de veciños,... etc.

Estableceranse catro categorías para participar:

-Categoría A: Ata os 10 anos.

-Categoría B: de 10 a 12 anos.

-Categoría C: de 12 a 16 anos.

-Categoría D: máis de 16 anos

A categoría determina(...)