"Traspés"
2019
XV Encontro Folclórico en Vigo O próximo domingo 27 de outubro, ás 18:00h, no S.C.D.R. Helios de Bembrive, cuarta parte do XV Encontro Folclórico que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Participan: - Helios de Bembrive. - Traspés. - Andarela.
Venres 25 de outubro ás 23h na Nave de Vidán Rosalía de Castro de Cacheiras. Os Campantes da Baña. Pandereteiros Traspés
O vindeiro luns, día 30 de setembro, comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés. Entre outras actividades podes atopar as de: baile tradicional galego, baile moderno, baile irlandés, costura tradicional e pasamanerías, música para nenos/as, baixo, contrabaixo, guitarra, ukelele, requinta, linguaxe musical, acordeón diatónico, gaita galega, percusión tradicional, pandeireta e canto tradicional... Non o penses máis e inscríbete... Podes facelo a través do teléfono 88611603(...)
Sábado 31 de agosto ás 22h Praza da Palma (Cangas do Morrazo) O VIII Festival Lembranzas da Ría terá lugar ás 22:00 horas do próximo sábado día 31 de agosto na Praza da Palma (xardíns de Andrea) dentro da programación das Festas do Cristo do Concello de Cangas do Morrazo. Participamos o Grupo de Música e baile Tradicional Traspés, do Concello de Vigo, e a propia asociación anfitrioa, Lembranzas da Ría.
XXIII Festival Folclórico Baíña (Baiona) Sábado 7 de setembro, ás 22h na Praza do Concello de Baiona Organiza: Asociación Folclórica "Airiños Da Lagoa" de Baíña. - A Ponte Vella (Teo - A Coruña) - Lagharteiras (Mos) - Traspés (Vigo)
O vindeiro 27 de xullo celébrase na Praza da Quintana a Xornada de folclore galego e, unha vez rematada, Cantigas e Agarimos organiza a VI FOLIADA POST-XORNADAS.
XVIII Festival retrouso e VI RETRO-Foliada en cela (Bueu. Pontevedra) Sábado 13 de xullo ás 21h Cela (Bueu) O sábado 13 de xullo de 2019, no eirado de Cela (Bueu) chega á maioría de idade o Festival Retrouso e á sexta edición a súa Retro-Foliada. Para quentar, actuará o grupo Retrouso e o grpo Castromao de Mondariz. A partir das 22h, abrirán a RetroFoliada Alxibeiras, Cantigas e Agarimos, Trébede, os gaiteiros de Naicosqueira, Traspés, Prima de Buxo e Son d'aquí. e A partir de aí foliada aberta ata que o corpo aghante!
Xoves 11 de xullo: Desde as 19:00h: Semente da Arte Galega, Loureiro Verde, Acordeóns de Valladares, Padereiteiras e Gaiteiros de Rueiro e Gaitas de Pardavila. Desde as 22:30: SONDESEU Orquesta Folk de Galicia Venres 12 de xullo: Desde as 19:00h: Froles Novas, Pandeireta e Acordeóns de Helios, Lembranzas Galegas e Asubío Desde as 22:00h: HEREDEIROS DA CRUS TONY LOMBA E ELIO DOS SANTOS Sábado 13 de xullo: Desde as 11:00h: Andarela, A Buxaina, Gaitas de Atlántida(...)
O vindeiro sábado día 15 de xuño, terá lugar o noso tradicional Serán Traspés, que coma tódolos anos será na Alameda de Sárdoma (Vigo) a partir das 22 h. Este ano ademais, faremos cadrar o acto de Fin de Curso con esta data, así que a partir das 20 h. terán lugar pequenas actuacións por parte dos diferentes grupos que temos na Escola da Asociación. Non perdas a ocasión de vir bailar e cantar nesta festa… VEN TROULEAR CON NÓS!!
Este domingo, día 26 de maio, vai ter lugar unha nova edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional, coma sempre, será no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), que ten a entrada pola rúa Marqués de Valladares. Ao igual que en anos anteriores, no VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C q(...)
2018
XIV Encontro Folclórico en Cabral (Vigo) Domingo 30 de setembro a partires das 18h no C.C.R. de Cabral A Buxaina Cotogrande Froles Novas Traspés
Asociación Cultural Traspés (Pontevedra) - Curso 2018/2019 O vindeiro luns 17 de setembro comezamos o novo curso escolar na Asociación Cultural Traspés. Entre as actividades deste ano podes atopar: baile tradicional galego, pandeireta e canto tradicional, gaita galega, requinta, zanfona, percusión tradicional, acordeón diatónico, música para nenos, linguaxe musical, costura tradicional e pasamanerías, ukelele, guitarra, baile moderno, baile irlandés... Coma tódolos anos, esta quincena será gratuíta para que probes todas as disciplinas que che ap(...)
XXII Festival Folclórico Baíña´18 (Baiona) Sábado, 1 de setembro Baiona, Galiza O día 1 de setembro, ás 22h na Praza do Concello de Baiona, celebrarase o XXII Festival Folclórico que organiza a "Asociación Folclórica Airiños da Lagoa" de Baíña. Este ano contaremos coa participación dos seguintes grupos: - Agrupación Folclórica "Valle de Camargo" (Cantabria) - Pandereteiros Traspés (Vigo) - Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela) En caso de mal tempo o evento terá lugar no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona(...)
Traspés no XXXVIII Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto Martes 24 de xullo a partires das 21h
Sábado 19 de maio 12:OO H. Apertura da carpa na praza do Concello: Inauguración da Mostra de Oficios e Exposición 12:00 H. Roteiros cos grupos participantes. (Peregrina - Ferraría - Curros Enríquez - Abastos - Leña - Concello) 14:30 H. Pausa xantar 17:3O H. COLOQUIOS / CONFERENCIA: Arredor da tradición "Mulleres de Gargamala!" con Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio na Praza do Concello OBRADOIROS EN ABERTO: 18:30 H Obradoiro toques de leghón (Anaïs Barbier) 19:0O H. Obra(...)
2017
Encontro Folclórico en Valladares Venres 8 de decembro ás 19:00h CVC de Valladares - Vigo. Camiño do Pedregal, 6 -Valadares. Vigo. Encontro Folclórico que organiza a Área de Cultura do Centro Veciñal e Cultural de Valladares coa participación do grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, o grupo Queixumes e aos grupos Aturuxo, Amieiras e Ledicias.
XVI Festival Retrouso e IV Retro-Foliada (Cela - Bueu) Xa está aquí, un ano máis, o FESTIVAL RETROUSO!!! Convidámosvos a que veñades ao Eirado de Cela (Bueu) o vindeiro sábado 8 de xullo a partir das 21:00h. Nesta XVI edición contaremos coa participación do grupo Pousos da Area de Marín e Andorinhos de Espargo que chegan dende a localidade de Aveiro, no país veciño. Ademais, as distintas formacións da nosa asociación farán coma vén sendo habitual a súa actuación de baile, de gaita e de pandeireta. E tralo gran éxito acadado nos anos ante(...)
Traspés presenta o espectáculo PONTEVEDRA en Vigo Domingo 25 de xuño ás 20:00h Teatro Afundación Vigo. Policarpo Sanz, 13. Vigo. O día 25 de xuño ás 20 h. no Teatro Afundación de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés presenta: PONTEVEDRA. "As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia. Herdeiros pois daquelas fontes teatrais deno(...)
Traspés, O Coto, Atlántida de Matamá, e Cotogrande de Cabral en Vigo no Día Internacional da Danza Sábado 29 de abril ás 20:00h Praza do Emigrante (As Travesas) Vigo. Este sábado con motivo do Día Internacional da Danza, Traspés, O Coto, Atlántida de Matamá, e Cotogrande de Cabral estarán na Praza do Emigrante (As Travesas), ás 20 h.